Skip to main content

Provincia de Ourense Índice Datos xeográficos | Orografía | Hidrografía | Clima | Zonas bioxeográficas | Zonas protexidas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónINEIGE"Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2017. Ourense""gl.wiktionary.org"o orixinalPáxina Oficial de Turismo da provincia de OurensePáxina da eeeWorldCat123167893120036344ID31149644104629-8n81110615ID348988

AllarizAmoeiroA ArnoiaAviónBaltarBandeBaños de MolgasBarbadásO Barco de ValdeorrasBeadeBearizOs BlancosBoborásA BolaO BoloCalvos de RandínCarballeda de AviaCarballeda de ValdeorrasO CarballiñoCartelleCastrelo de MiñoCastrelo do ValCastro CaldelasCelanovaCenlleChandrexa de QueixaColesCortegadaCualedroEntrimoEsgosGomesendeA GudiñaO IrixoLaroucoLazaLeiroLobeiraLobiosMacedaManzanedaMasideMelónA MercaA MezquitaMontederramoMonterreiMuíñosNogueira de RamuínOímbraOurensePaderne de AllarizPadrendaParada de SilO Pereiro de AguiarA PeroxaPetínPiñorA Pobra de TrivesPontedevaPorqueiraPunxínQuintela de LeiradoRairiz de VeigaRamirásRibadaviaRiósA RúaRubiáSan AmaroSan Cibrao das ViñasSan Cristovo de CeaSan Xoán de RíoSandiásSarreausTaboadelaA TeixeiraToénTrasmirasA VeigaVereaVerínViana do BoloVilamarínVilamartín de ValdeorrasVilar de BarrioVilar de SantosVilardevósVilariño de ConsoXinzo de LimiaXunqueira de AmbíaXunqueira de EspadanedoA CoruñaLugoOurensePontevedra


Provincia de OurenseProvincias de España


GaliciaJavier de Burgos1833GaliciaOurenseIGEcapitalBarbadásO Pereiro de AguiarSan Cibrao das Viñasconcellos da provincia de Ourenseprovincia de PontevedraLugoSuídoFaro de AviónCoto da PuzaMarcofánUceiroAlledoFaro de Aviónrío UllaOitavénTeaatlánticachuviasEnciña da Lastraserra do EixePena Trevincaserra Segundeiraserra CalvaMontoutoMacizo CentralCabeza GrandeO InvernadeiroQueixaSeixoserra de San MamedeFonte do SantoNeoxenoBoloOurenseLimiaval de Macedaval de Verínserra do Xurésserra do Laroucoserra de Penas Libresserra da EsculqueiraPenedo dos Tres ReinosMiñoSilcuncasLimiaDourorío Miñorío SilLimiaDouroPearesCortegada de MiñoBúbalAviaLoñaBarbañaArnoiarefránCovasRubiáValdeorrasMacizo Centralserra do Eixeserra SegundeiraXaresCambaConsoNaveaLimiaesteiroViana do CasteloPortugalrío SalasDouroTámegaBúbalduriensesMenteDiabredoTuelaoceániconivo-pluvialdesxeoQuirogafervenzasrío Cenzaencoro do VaoOurensefranquismorío XaresPradaA VeigaCastrelo de MiñoRibeiroGalizaoceánicogradiente térmicoSeoaneCarballiñoLimiaTámegaxeadasXinzo de Limiarío MiñoSilRibeiroValdeorrascapitalviñonéboasxeadasOurenseMacizo CentralEixeSegundeiraMesón de HerosaGudiñaprovincia de Lugoaciñeirassobreirasérbedoscarballocarballo cerquiñorebolosamieirosbidueirassalgueiroschopostoxosxestasucespiornosgarrigamaquisestebaslavandacantroxoazaiatomiñoouregoeucaliptospiñeiroscastiñeiroMacizo CentralChandrexa de QueixaA Pobra de Trivessoutosvíbora de Seoaneréptilescobravíbora fociñudaperdiz charrelaserra do XurésParques naturaisZonas de Especial Protección de AvesZEPAMonumentos naturaisLugares de Importancia ComunitariaLIC2007










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Provincia de Ourense




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura
















Provincia de Ourense

Provincia de Ourense - Bandera.svg


Situacion Provincia de Ourense.PNG
Capital
Ourense
Área7 273 km2
Poboación311 680 (2017)[1]
Densidade42,85 hab./km²
Concellos92
XentilicioOurensán, Ourensá[2]

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.




Índice





  • 1 Datos xeográficos

    • 1.1 Localización


    • 1.2 Superficie, demografía


    • 1.3 Localidades importantes



  • 2 Orografía


  • 3 Hidrografía


  • 4 Clima

    • 4.1 Dominio oceánico de transición


    • 4.2 Dominio oceánico continentalizado


    • 4.3 Dominio oceánico-mediterráneo


    • 4.4 Dominio oceánico de montaña



  • 5 Zonas bioxeográficas


  • 6 Zonas protexidas


  • 7 Notas


  • 8 Véxase tamén

    • 8.1 Bibliografía


    • 8.2 Ligazóns externas





Datos xeográficos |



Localización |


Provincia suroriental de Galicia e a única sen litoral marítimo. Limita, a saber:


  • Ao norte, coas provincias de Lugo e Pontevedra.

  • Ao oeste, coa provincia de Pontevedra e mais co distrito de Viana do Castelo, Portugal.

  • Ao sur, e de oeste a leste, cos distritos de Viana do Castelo, Braga, Vila Real e Braganza, pertencentes a Portugal, .

  • Ao leste, coas provincias castelán-leonesas de León e Zamora.


Superficie, demografía |


A provincia de Ourense ocupa 7.273,26 km². Neles, vive unha poboación de 311 680 habitantes (IGE 2017).
Como resultado, Ourense ten unha densidade de poboación de 42,85 hab/km²; moi lonxe da media galega. Preto dun terzo da poboación provincial vive na actualidade na capital, e aproximadamente o 45% do censo da provincia reside na comarca de Ourense, onde se atopan, a maiores da capital, tres dos restantes 10 concellos máis poboados da provincia (Barbadás, O Pereiro de Aguiar, e San Cibrao das Viñas).































Evolución da poboación de Provincia de Ourense   Fontes: INE e IGE.

1900

1930

1950

1981

2004

2009

2011

2012

2013

2014

2015

2016

2017

2018
419.665
476.336
494.283
430.159
339.555
335.219
330.257
326.724
322.293
318.235
318.391

13
14

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Localidades importantes |


Excepto o da capital, ningún dos outros 92 concellos provinciais acada os 15.000 habitantes. A lista ordenada dos once máis importantes nos inicios do ano 2017 era a seguinte:






































Concellos máis poboados (2017)
Posición
Concello
Poboación

Escudo de Ourense.svg Ourense
105.636

Verín.svg Verín
13.889

Escudo O Carballiño.jpg O Carballiño
13.854

Escudo de O Barco de Valdeorras.svg O Barco de Valdeorras
13.581

Escudo de Barbadás.svg Barbadás
10.791

Escudo de Xinzo de Limia.svg Xinzo de Limia
9.875

Escudo de Pereiro de Aguiar.svg O Pereiro de Aguiar
6.228

Allariz.svg Allariz
6.026

Escudo de Celanova.svg Celanova
5.455
10ª
San Cibrao das Viñas.svgSan Cibrao das Viñas
5.184
11ª
Ribadavia.svgRibadavia
5.095



Na lista dos concellos da provincia de Ourense poden verse todos.



Orografía |


É unha provincia cunha altitude media non moi elevada, pero moi montañosa.


As terras, sitas no oeste da provincia, nos límites coa provincia de Pontevedra e de Lugo, atópanse dentro da Dorsal galega, é dicir, o sistema montañoso occidental de Galiza, con serras como a do Suído ou a do Faro de Avión, que poden acadar nas súas cotas máximas alturas de arredor de 1.000 m: Coto da Puza con 1.035 m., Marcofán de 939 m, Uceiro de 1.003 m, Alledo 1.013 m, atinxindo o punto máis alto no propio Faro de Avión con 1.155 m. Son materiais moi antigos, fundamentalmente graníticos, cortados por fracturas por onde corren os ríos (Arenteiro, Cea, Avia etc.), que conforman os vales. O aspecto de conxunto é macizo e serve de divisoria entre os ríos mencionados e as cuncas do río Ulla, Oitavén, Tea (este afluente do mesmo Miño), ao tempo que actúa como unha primeira barreira fronte á influencia atlántica, mais a súa altura relativamente baixa e os vales transversais non impiden o paso das chuvias, aínda que as atenúan.


A zona centro-oriental é moito máis accidentada, presentando maiores altitudes. Estas atinxen nos puntos máis altos nas serras que limitan coas provincias de León e Zamora: serra da Enciña da Lastra (Tara, 1.099), serra do Eixe (Pena Trevinca, 2.127 m, o punto máis elevado da comunidade), serra Segundeira, serra Calva (Montouto, 2.045 m). No centro domina o Macizo Central ourensán, no que se desenvolven unha serie de serras en disposición radial, de menor altitude, pero que facilmente poden superar os 1.500 m: Cabeza Grande (1.778 m), O Invernadeiro-Queixa (Seixo, 1.707 m), serra de San Mamede (Fonte do Santo, 1.618 m). Este relevo foi orixinado en boa parte polos movementos tectónicos do Neoxeno, formándose como consecuencia, no só alzamentos, senón tamén depresións, máis ou menos amplas e máis ou menos altas, que as veces poden aparecer como amplas foxas. Así no leste temos a depresión do Bolo; ao norte e oeste do val Sil-Miño - que pode abrirse en amplitude e escalonarse, como a de Ourense -; no sur, a Limia, o val de Maceda e o val de Verín.


Polo sur, os mesmos fenómenos tectónicos aludidos, crearon outra serie de serras de distinta orientación (oeste-leste), que teñen unha menor altura, pero superior á das serras occidentais, e que dificultaron, tradicionalmente, a comunicación con Portugal, salvo pola depresión de Verín: serra do Xurés (Nevosa, 1.539 m), serra do Larouco (Larouco, 1.525 m), serra de Penas Libres (Mairos, 1.083 m), serra da Esculqueira (Penedo dos Tres Reinos, 1.025 m.)




Valgada do río San Lázaro, Macizo Central ourensán



Hidrografía |




Tramo do río Arnoia


A provincia ourensá vese percorrida por infinidade de ríos. Deles, o máis importante é o Miño, recentemente afluído o Sil neste, nun punto do límite coa provincia de Lugo.


Hidrograficamente a provincia de Ourense está dividida en tres cuncas: a do Miño, a do Limia e a do Douro. A cunca do río Miño ocupa unha boa parte da provincia: 4.837 km² (da que corresponden á subcunca do río Sil 2.545 km²); a do Limia ocupa nesta provincia 1.395 km²; por último, a do Douro, as bacías dos ríos cuxas augas acaban no Douro abranguen 1.117 km².


O Miño ten unha parte pequena do seu curso dentro dos límites provinciais: entra á altura dos Peares e abandónaos en Cortegada de Miño. Á parte do Sil, os seus afluentes principais son o Búbal e o Avia pola dereita, e o Loña, Barbaña, e Arnoia pola esquerda. O Sil, que como é sabido é o afluente principal do Miño, ocupa máis da metade da cunca miñota na provincia, e desde logo na confluencia de ambos, nos Peares, contén maior caudal, facendo bo o refrán: "O Miño leva a fama, e o Sil a auga". O Sil entra na provincia, procedente do Bierzo, pola freguesía de Covas, no concello de Rubiá, ocupando unha posición central na depresión do Valdeorras. Desde os seus confíns serve, na maior parte do seu curso, de límite coa provincia de Lugo, ata Os Peares, punto de unión co Miño. O seu afluente principal é, sen dúbida, o Bibei (97 km), que drena augas das serras máis elevadas da provincia: Macizo Central, serra do Eixe, serra Segundeira, por medio do Xares, Camba, Conso e Navea, principalmente.


O Limia forma de seu unha cunca independente, pois vai dar directamente ao Atlántico, formando o esteiro de Viana do Castelo, en Portugal, onde transmuta o seu nome como Lima. O río Salas, que aflúe pola súa esquerda, é o máis importante tributario.


Varios ríos acaban coas súas augas no Douro, en Portugal; o máis importante é sen dúbida o Támega, que ten unha lonxitude total de 145 km, superior á da maioría dos ríos galegos; o seu afluente máis importante é un segundo Búbal. O resto dos ríos durienses teñen un curto percorrido dentro da provincia, e os máis destacábeis son o Mente e o Diabredo, que a final son subafluentes do Douro, por intermedio do Tuela.


A maioría destes ríos teñen un réxime fluvial de tipo oceánico; os seus máximos niveis de caudal son invernais, como corresponde ao clima atlántico dominante; mais o Sil e os seus afluentes, por mor do montañoso das súas cuncas, gozan de réxime nivo-pluvial, prolongando os máximos caudais durante a primavera, debido ao desxeo.


Con frecuencia o percorrido montañoso encaixa os ríos, obrigándoos a moverse entre bordos de gran pendente, o que ten creado algunhas das paisaxes máis fermosas da provincia, como son os diversos canóns do Sil (o de Covas, na súa entrada en Galiza, ou o comprendido entre Quiroga e os Peares). O cambio de materiais dos solos orixinou ás veces potentes fervenzas, das que cabería destacar a do río Cenza, nese pequeno afluente do Bibei. Por outra banda nesas mesmas vertentes o aproveitamento agrícola, ao tempo que axudaba a fixar as ladeiras, axudou ao embelecemento paisaxístico coa construción de socalcos escalonados, polo normal plantados con videiras. Isto é observábel, dentro dos límites provincias, nas ribeiras do Bibei, á altura do encoro do Vao, ou ben no curso do Miño entre os Peares e a cidade de Ourense.


Esta riqueza hídrica fixo que se construísen encoros por todos lados, asolagándose con frecuencia algúns dos vales máis ricos da provincia, o que non deixou de provocar protestas en pleno franquismo, sendo destacábeis as provocadas polo encoro do río Xares en Prada, no concello de A Veiga, a fins dos anos 50, e as da presa de Castrelo de Miño, sobre o Miño, no Ribeiro, a comezos dos 60.[Cómpre referencia]



Clima |


Climaticamente a provincia de Ourense, como toda Galiza, pertence ao tipo oceánico, caracterizado en liñas xerais por temperaturas suaves ao longo de todo o ano - con máximas estivais e mínimas invernais -, e precipitacións tamén durante todo o ano - con máximos invernais e mínimos estivais -. Porén non é o clima da costa (este mesmo ten sido cualificado de hiper-húmido na súa zona sur). A posición interior do territorio ourensán e a existencia dun relevo elevado propician diferenzas, carecendo por outra banda de homoxeneidade en toda a provincia. Basicamente distínguense catro zonas climáticas ourensás:



Dominio oceánico de transición |


Aparece na zona noroccidental da provincia. Sen que chova como na costa, as precipitacións acadan valores en torno aos 1.500 mm, as temperaturas medias anuais, que ostentan o menor gradiente térmico da provincia, son suaves, acadando entre 12 e 14 °C de media. Os veráns poden cualificarse de frescos, pois non se atinxen nin os 20 °C de media. As precipitacións anuais andan arredor dos 1.500 mm, pero hai unha certa aridez estival. Un exemplo é Seoane, no concello do Carballiño:













































Seoane
1931-1960xanfebmarzabrmaixuñxullagostsetoutnovdec
ANUAL
Temp. media (°C)5,16,48,410,412,615,717,917,615,712,47,85,5
11,1
Precipitacións (mm)2041511851109850273857129176199
1423


Dominio oceánico continentalizado |


Corresponde á zona meridional da provincia: depresións da Limia e do Támega. As temperaturas medias anuais están entre 10º e 11 °C, e as precipitacións sobre 900 mm anuais. Porén as temperaturas invernais son frías, con abundantes días de xeadas, mentres a seca estival, con alto déficit de precipitacións, pode durar ata catro meses. Este dominio enlaza co da meseta central lucense, pero está rota a continuidade rómpese nos vales do Sil-Miño. Os datos básicos do clima de Xinzo de Limia poden mostralo:













































Xinzo de Limia
1931-1960xanfebmarzabrmaixuñxullagostsetoutnovdec
ANUAL
Temp. media (°C)4,54,97,89,212,215,217,517,715,211,27,84,9
10,5
Precipitacións (mm)94941196774512024529399134
921


Dominio oceánico-mediterráneo |


Esténdese polos vales do río Miño e do Sil, desde o Ribeiro ao Valdeorras, incluíndose a depresión da capital. A flora, e mesmo os cultivos dominantes, testemuñan o influxo mediterráneo. Son os países do viño. É a zona máis seca da Galiza, con medias de insolación superiores a 2.500 horas/ano e precipitacións por embaixo dos 800 mm. As temperaturas medias anuais rondan os 14º, con veráns calorosos (é doado atinxir e superar os 40º en días estivais), mais os invernos, polo illamento dos vales, son fríos, con frecuentes néboas e xeadas. Un exemplo pode ser a mesma cidade de Ourense:













































Ourense
1931-1960xanfebmarzabrmaixuñxullagostsetoutnovdec
ANUAL
Temp. media (°C)6,97,710,812,616,019,422,121,419,214,710,07,7
14,0
Precipitacións (mm)9078995662421720438995128
818


Dominio oceánico de montaña |


Basicamente corresponde ás zonas provinciais das serras do Macizo Central e as serras orientais (Eixe, Segundeira). As precipitacións acadan os valores da Galiza costeira nos 1.000 m. de altura, atinxíndose 1.500 mm ou máis. En cotas máis altas supéranse esas cifras. No inverno, as temperaturas medias mensuais poden caer por embaixo do 0 °C. Un exemplo pode ser Mesón de Herosa, a 900 msnm, no concello da Gudiña:













































Mesón de Erosa
1931-1960xanfebmarzabrmaixuñxullagostsetoutnovdec
ANUAL
Temp. media (°C)3,64,27,28,812,015,317,818,015,511,57,74,4
10,3
Precipitacións (mm)15712715512016873134093124204200
1474


Zonas bioxeográficas |




Souto de Rozabales e castiñeiro de Pumbariños.


A provincia de Ourense, pertence á zona bioxeográfica Eurosiberiana, como o resto da Galiza, pero a súa situación especial fai que se atope en transición entre a provincia Atlántica daquela, e a provincia Carpetano-Ibérico-Leonesa que xa forma parte da rexión Mediterránea. Esta zona de transición comprende tamén parte da provincia de Lugo.


A flora está marcada por especies típicas mediterráneas: aciñeiras, sobreiras, érbedos, que mesmo poden formar matos boscosos nas partes máis meridionais e orientais da provincia. A especie típica da flora galega o carballo (Quercus robur), presente na parte occidental da provincia, está substituído no Centro-Sur e Oriente provincial polo carballo cerquiño, que nas comarcas máis orientais denominan rebolos. Nos ríos os amieiros, bidueiras e salgueiros, típicos da provincia Atlántica, conviven nas beiras dos ríos e outros lugares húmidos, con chopos, que son máis mediterráneos. A vexetación degradada, aínda con predominio de toxos e xestas, nas zonas occidentais da provincia, ve xurdir grandes extensións de uces, que tinxen de morado ou branco, abas enteiras dos montes, recobrando a cor amarela a grande altura cos piornos. Aparecen tamén plantas aromáticas, típicas da garriga e do maquis mediterráneo: estebas, lavanda, cantroxo ou azaia (Lavandula pedunculata), tomiño, ourego etc.


A intervención humana mudou a paisaxe boscosa, introducindo eucaliptos, piñeiros e, desde moito máis antigamente, o castiñeiro. Mais entanto o eucalipto está reducido ás terras baixas occidentais, o piñeiro está adaptado en toda a provincia, aínda que a certas alturas medra con dificultade. O castiñeiro forma masas boscosas relativamente extensas en concellos do Macizo Central, como Chandrexa de Queixa ou A Pobra de Trives, mentres noutros son soutos maiores ou menores.


A fauna, consecuentemente, pode contar con especies tanto atlánticas como mediterráneas. Mentres a velenosa víbora de Seoane (Vipera seoanei) está espallada ata o Norte de Galiza, outras especies de réptiles prefiren medios máis cálidos, polo que son relativamente abundantes nesta provincia, entre elas cabe indicar a outra cobra velenosa galega a víbora fociñuda (Vipera latasti). Varias son as especies emblemáticas en perigo, como a perdiz charrela (Perdix perdix) propia das alturas, que ten o límite meridional de expansión precisamente na serra do Xurés.



Zonas protexidas |




Canón do Sil.


A provincia conta con varias zonas de protección ambiental, con distintas cualificacións:


Parques naturais:



  • Baixa Limia-Serra do Xurés,


  • Serra da Enciña da Lastra,


  • O Invernadeiro.

Os dous primeiros son tamén Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA).


Monumentos naturais:



  • Souto de Rozabales.

Lugares de Importancia Comunitaria (LIC):



  • Pena Veidosa,


  • Canón do Sil, compartido coa provincia de Lugo,


  • Río Támega, en todo o seu transcurso galego,


  • Pena Maseira, nos concellos da Mezquita e A Gudiña, nas lindes montañosas con Portugal e a provincia de Zamora,


  • Macizo Central,


  • Pena Trevinca.

Estes dous últimos lugares están en trámites para seren declarados parques naturais.


Asemade está prevista a declaración de LIC, neste ano de 2007, para:



  • Serra do Suído, a compartir coa provincia de Pontevedra.


Notas |




  1. IGE (ed.). "Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2017. Ourense". 


  2. "gl.wiktionary.org". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2006. Consultado o 04 de xullo de 2008. 



Véxase tamén |





Bibliografía |



Ligazóns externas |


  • Páxina Oficial de Turismo da provincia de Ourense


  • Páxina da CRTVG sobre a provincia de Ourense.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Provincia_de_Ourense&oldid=5007830"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.432","walltime":"0.548","ppvisitednodes":"value":739,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":41587,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":760,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3472,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 375.254 1 -total"," 38.91% 146.029 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.48% 54.328 1 Modelo:Listaref"," 13.82% 51.857 1 Modelo:Sen_notas"," 13.41% 50.303 2 Modelo:Ambox"," 13.22% 49.625 1 Modelo:Commonscat"," 12.68% 47.597 2 Modelo:Cita_web"," 12.44% 46.666 1 Modelo:Irmáns"," 11.56% 43.396 1 Modelo:Caixa_lateral"," 5.62% 21.072 3 Modelo:Navbox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.179","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5220224,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1304","timestamp":"20190331182320","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Provincia de Ourense","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Provincia_de_Ourense","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q95038","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q95038","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-11-05T11:41:47Z","dateModified":"2018-12-07T16:25:10Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/5e/Provincia_de_Ourense_-_Bandera.svg","headline":"provincia galega"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":155,"wgHostname":"mw1332"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020