Cualedro Índice Xeografía | Economía | Demografía | Servizos e infraestruturas | Estado e características da edificación | Patrimonio histórico e artístico | Galería de imaxes | Parroquias | Lugares de Cualedro | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónmellorar este artigo41°59′00″N 07°35′00″O / 41.98333, -7.58333www.cualedro.eseINEIGE"Evolución do uso do galego por concellos"Vista de satélite de Cualedro en WikimapiaeeWorldCat3167353743124219343983
AllarizAmoeiroA ArnoiaAviónBaltarBandeBaños de MolgasBarbadásO Barco de ValdeorrasBeadeBearizOs BlancosBoborásA BolaO BoloCalvos de RandínCarballeda de AviaCarballeda de ValdeorrasO CarballiñoCartelleCastrelo de MiñoCastrelo do ValCastro CaldelasCelanovaCenlleChandrexa de QueixaColesCortegadaCualedroEntrimoEsgosGomesendeA GudiñaO IrixoLaroucoLazaLeiroLobeiraLobiosMacedaManzanedaMasideMelónA MercaA MezquitaMontederramoMonterreiMuíñosNogueira de RamuínOímbraOurensePaderne de AllarizPadrendaParada de SilO Pereiro de AguiarA PeroxaPetínPiñorA Pobra de TrivesPontedevaPorqueiraPunxínQuintela de LeiradoRairiz de VeigaRamirásRibadaviaRiósA RúaRubiáSan AmaroSan Cibrao das ViñasSan Cristovo de CeaSan Xoán de RíoSandiásSarreausTaboadelaA TeixeiraToénTrasmirasA VeigaVereaVerínViana do BoloVilamarínVilamartín de ValdeorrasVilar de BarrioVilar de SantosVilardevósVilariño de ConsoXinzo de LimiaXunqueira de AmbíaXunqueira de Espadanedo
Cualedro
provincia de Ourensecomarca de VerínIGE2014Verín-Monterreidiocese de OurensenomenclátorLazaSarreausMonterreiBaltarXinzo de LimiaTrasmirasMontalegrePortugalA-52N-525IAEempregoLimia2002construciónhostalaríaturismo ruralforestaisSanta Baia de MontesindustriacanteirasIGEevoluciónséculo XX1900GaliciaemigraciónAlemañaFranciaSuízaVerín1999pirámide demográficaemigración2001migratorioprovincia de OurensecentroeuropeosEstado Español198119912001parroquiaagropecuaria2002Comarca de Verín-MonterreiLazaCastrelo do ValVilardevósGarda CivilEspañaPortugaldepuraciónaugas residuaisSerra do LaroucoChavesTámegaMonterreiAntonio Rodríguez ColmeneromiliariosCelanovaAllarizXunqueira de AmbíaVilar de PerdizesPlan Director de Infraestruturas de Galicia 2001-2010VigoportoaeroportoGrupo CastromilSantiago de CompostelaA-53Lalín1959cachotaríacantaríaAtás (Santa María)Baldriz (San Bartolomeu)Carzoá (San Roque)Cualedro (Santa María)Lucenza (Santa María)Montes (Santa Baia)Rebordondo (San Martiño)San Millao (Santa María)Vilela (Santiago)A Xironda (San Salvador)Lugares de Cualedro
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Cualedro
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Coordenadas: 41°59′00″N 07°35′00″O / 41.98333, -7.58333
Cualedro | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Cualedro. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | cuadrelao (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Verín |
Poboación | 1.700 hab. (2018) |
Área | 117,6 km² |
Densidade | 14,46 hab./km² |
Entidades de poboación | 10 parroquias |
Capital do concello | Cualedro |
Política (2015) | |
Alcalde | Luciano Rivero Cuquejo (PPdeG) |
Concelleiros | PPdeG: 8 Outros: CxG-CCTT 1 |
Eleccións municipais en Cualedro | |
Uso do galego[2] (2011) | |
Galegofalantes | 88,42% |
Na rede | |
www.cualedro.es | |
Cualedro é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.808 habitantes.
Índice
1 Xeografía
2 Economía
3 Demografía
3.1 Evolución da poboación
3.1.1 Contexto xeográfico
3.1.2 Distribución territorial
3.2 Estrutura poboacional actual
4 Servizos e infraestruturas
4.1 Espazos libres e equipamentos
4.1.1 Equipamentos
4.2 Redes de servizos
4.2.1 Infraestruturas do ciclo da auga
4.2.2 Saneamento
4.2.3 Infraestruturas tradicionais: a rede de fontes
4.2.4 Rede eléctrica
4.2.5 Residuos sólidos urbanos
4.2.6 Rede de telecomunicacións
4.3 Rede viaria
4.3.1 Viario histórico
4.3.2 Rede de camiños
4.3.3 Estado actual da rede viaria
4.3.4 Situación do viario nos núcleos
4.3.5 Viario da concentración parcelaria
4.3.6 Transporte público; mobilidade e accesibilidade
5 Estado e características da edificación
5.1 Estado da edificación
5.2 Características da edificación
5.2.1 A casa de agra
5.2.2 A arquitectura urbana
5.2.3 A nova vivenda unifamiliar
6 Patrimonio histórico e artístico
7 Galería de imaxes
8 Parroquias
9 Lugares de Cualedro
10 Notas
11 Véxase tamén
11.1 Ligazóns externas
Xeografía |
Está integrado na comarca de Verín-Monterrei e pertence ao Partido Xudicial de Verín e á diocese de Ourense. Abarca unha superficie de 117,5 km². A capital é a vila de Cualedro, na parroquia homónima, sita a 840 m sobre o nivel do mar. O termo municipal de Cualedro, segundo o nomenclátor de 1996, ten un total de vinte entidades singulares de poboación agrupadas en dez parroquias, sendo practicamente inexistentes os asentamentos dispersos.
Limita ao norte con Laza e Sarreaus, ao leste con Laza e Monterrei, ao oeste con Baltar, Xinzo de Limia, Trasmiras e Sarreaus, ao sur con Montalegre, en Portugal.
As vías de comunicación máis importantes coa cidade son a autovía A-52 e a estrada N-525, que teñen accesos á capital do municipio nos lugares de Lamas e As Estibadas, respectivamente.
Economía |
Segundo o censo do IAE, a actividade económica no Concello é moi feble e a existente crea pouco emprego, dado que a meirande parte da actividade é levada a cabo polos propios titulares. Das actividades rurais tradicionais, a agricultura na súa vertente empresarial é practicamente inexistente. Só existen datos acerca da produción de pataca adscrita á denominación de orixe da Limia. Canto á gandaría ten certa relevancia. Existen 12 explotacións, segundo o censo do IAE do 2002. A meirande parte das altas danse no sector do comercio minorista. Porén, esta actividade, que se sitúa no interior dos núcleos, tende a desaparecer, pois os seus titulares son persoas de idade avanzada.
Outro dos sectores con implantación é a construción; hai un número de altas importante de empresas construtoras, ademais de 11 altas en albanelaría. A meirande parte delas corresponden a empresarios autónomos, aínda que existen tres sociedades limitadas. No ámbito da hostalaría destacan os tradicionais cafés-bares, con 15 altas. Esta é outra actividade característica do interior dos núcleos, que presenta unha evolución similar á do comercio minorista no senso da súa desaparición coa xubilación dos titulares. Neste sector convén destacar a existencia dun establecemento de turismo rural na Xironda. Resulta relevante a existencia de 9 altas en servizos forestais, a maioría no núcleo de Santa Baia de Montes.
No referente á industria, a actividade fundamental céntrase nas canteiras, outro sector de particular relevancia no tecido empresarial do concello. Tamén existen dous obradoiros de confección na Xironda. O sector de servizos céntrase fundamentalmente nas actividades básicas en todo o Concello, que se sitúan na capital municipal. No tocante á distribución territorial das actividades podemos observar que Cualedro, como núcleo central do Concello, concentra o maior número de altas, se ben tanto A Xironda como Montes, con 19 altas cada un, son os dous polos de actividade máis importantes e teñen unha situación xeográfica relevante, A Xironda pola súa proximidade á raia portuguesa, e Montes pola proximidade ao enlace da autovía.
O dato da implantación das formas societarias é relevante, a fin de acreditar a feble actividade económica existente no Concello. De 130 altas só existen 11 empresas con forma societaria, que representan o 8,46 % do total.
Demografía |
En 2014 tiña unha poboación de 1.808 persoas segundo o IGE (2.316 en 2003), o que dá unha densidade de 19,01 hab./km².
Censo Total | 1.808 (2014) |
Menores de 15 anos | 95 (5.25 %) |
Entre 15 e 64 anos | 943 (52.16 %) |
Maiores de 65 anos | 770 (42.59 %) |
Evolución da poboación de Cualedro Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
3.097 | 4.327 | 5.001 | 5.642 | 2.286 | 2.049 | 13 | 14 | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Evolución da poboación |
Contexto xeográfico |
A evolución da poboación do termo municipal aparece historicamente vencellada á dinámica demográfica da comarca de Monterrei. A poboación total do municipio de Cualedro medrou gradualmente dende principios do século XX ata os anos 60, e aínda nesta década aumentou en maior medida que en décadas anteriores, namentres que a poboación do resto dos municipios da comarca, que dende principios de século seguían a mesma tendencia, xa comezaba a diminuír na década dos 50, proceso que chega ata a actualidade e que fai que as cifras poboacionais sexan inferiores ás de 1900. Este feito é común nas comarcas do interior de Galicia e está relacionado coa emigración de segunda etapa, que se dirixiu a Europa Central (Alemaña, Francia, Suíza), pero principalmente ás grandes capitais do Estado e da propia Galicia.
Na década dos sesenta, debido á forte migración, a cabeceira comarcal actuou como centro de absorción das funcións sociais e, polo tanto, atraeu o asentamento da poboación que foron perdendo os municipios veciños. Isto supuxo para Verín un incremento de poboación dun 15 % nos últimos 10 anos. O seu peso demográfico no conxunto da comarca pasou dun 42 % en 1991 a un 47 % en 1999. Este crecemento de Verín ten o seu límite na inversión da pirámide demográfica dos concellos emisores. A emigración ten un carácter decisivo na dinámica demográfica e na estrutura poboacional do municipio. A saída de grandes continxentes de poboación no pasado apunta o problema da inversión da pirámide poboacional. Analizando os datos do 2001 obsérvase un saldo migratorio equilibrado con respecto ao conxunto do Estado, fronte aos saldos migratorios negativos que presentan tanto a provincia de Ourense como Galicia mesma.
A composición por idades é moi semellante nos datos de emigración como de inmigración. Cómpre salientar a importancia do retorno dos emigrados de máis de trinta anos. Isto é debido a que Cualedro non se caracteriza por unha emigración de primeira etapa, senón principalmente de segunda, é dicir, que o seu destino son os países centroeuropeos, aínda que a alternativa maioritaria foi o Estado Español.
Distribución territorial |
A distribución territorial da poboación de Cualedro mantívose máis ou menos estable nos últimos 30 anos. A excepción é o censo de 1981, que mostra alteracións atribuíbles ao cambio progresivo nos criterios de altas e baixas. Esta situación só terminou de regularizarse en 1991. Porén, detéctanse dous procesos diferenciais, postos en evidencia na comparación dos padróns dos anos 1991 e 2001: a crise demográfica é máis intensa no norte, na parroquia de Baldriz, e no centro, nas parroquias de Vilela e Carzoá. Isto percíbese máis claramente cando agrupamos os territorios parroquiais atendendo ás unidades xeográficas: hai tres unidades (Montes-Rebordondo e Atás-Penaverde ao norte, e Lucenza-A Xironda-San Millao ao sur) que aguantan máis dentro dun contexto de declive demográfico. Se no caso das dúas primeiras ten un papel fundamental a súa maior accesibilidade (N-525 e agora a A-52), no caso das parroquias do sur hai que atribuír esta resistencia a un soporte territorial máis rico, que dá lugar a un maior desenvolvemento da produtividade agropecuaria e a un sistema de asentamentos máis viable polo seu tamaño e a súa concentración.
Estrutura poboacional actual |
Segundo o Padrón Municipal de Habitantes a 31 de decembro do 2002, a poboación de dereito de Cualedro ascende a 2.452 habitantes. Esta poboación repártese nun territorio de 117,6 km², o que supón unha densidade media de 20,85 hab./km².
No concello de Cualedro a estrutura de poboación por sexos aparece equilibrada, cunha pequena vantaxe dos homes fronte ás mulleres. O número de homes en 2002 era de 1.236, o que representa sobre o total un 50,4 %, mentres que o número de mulleres foi de 1.216, o que supón unha porcentaxe do 49,6 %. Esta pequena diferenza vaise incrementando se analizamos a porcentaxe de poboación feminina e masculina por tramos de idade, chegando a acadar algo máis de 12 puntos porcentuais cando chegamos á poboación da 4ª idade. Isto débese a que a taxa de mortalidade masculina é máis alta e non é atribuíble á emigración porque nesta zona, igual ca noutras do interior, e a diferenza da costa, o proceso afectou a ambos sexos. Co avellentamento progresivo da poboación o máis probable é que esta relación se inverta a medio prazo, xa que as mulleres son máis lonxevas.
O grupo con poboación de menores de 15 anos representa para Cualedro é un 6,48 % do seu total poboacional, porcentaxe moi por baixa en comparanza coa media galega, que está nun 12,12 %. Verbo do grupo dos maiores de 65 anos as diferenzas son de novo notorias, xa que para Cualedro representa un 35,11 % da poboación, moi superior á media galega, que é dun 20,31 %. Xaora, o grupo de adultos considerado poboación activa en Cualedro é inferior ao existente noutros ámbitos territoriais superiores, o que amosa a existencia dunha menor porcentaxe de persoas en idade de traballaren, coas repercusións que isto ten para a dinamización económica do municipio.
Estes datos indican que no municipio o índice de avellentamento é alto con respecto á media galega, posiblemente polos saldos migratorios das últimas décadas. Existe unha dependencia infantil baixa, do 11,1 % e unha dependencia de maiores do 59,9 %. A poboación de Cualedro ten avellentado progresivamente nos últimos 20 anos. Dende o ano 1991 a dinámica demográfica propia xa non é quen de garantir a substitución xeracional. A idade media pasou dos 32 anos en 1986 a 54 anos dez anos despois (a metade da poboación ten 54 anos ou máis). Na actualidade hai un mozo por cada catro vellos e o índice de dependencia xa superaba o 65 % en 1996 (só unha de cada tres persoas está en idade de traballar). Aínda que non é a poboación de Cualedro a máis avellentada da Comarca de Verín-Monterrei, a súa idade media só está por baixo dos concellos das serras do macizo ourensán: Laza, Castrelo do Val e Vilardevós. A pirámide de poboación foise invertendo entre finais dos 80 e mediados dos 90. Esta inversión vaise acentuando co tempo, camiñando cara a unha estrutura extremadamente avellentada, dependente e condenada a minguar progresivamente. A falta dun relevo xeracional que lle permita remontar esta situación fai que sexan os factores migratorios os únicos que poden axudar a cambiar esta estrutura: o retorno da emigración máis nova e a chegada de inmigrantes non nativos. A actual pirámide de poboación por sexos e idades reforza a tendencia á inversión antes apuntada. A idade media tende a estabilizarse, o que é mostra dunha maior lonxevidade e unhas mellores condicións de vida para os maiores, pero tamén é moi importante a emigración de terceira idade cara ás cidades e vilas para vivir con familiares (o retorno de familias emigradas e a marcha dos máis vellos son os dous compoñentes fundamentais do movemento demográfico). Case o 37 % da poboación ten máis de 65 anos, o que da idea do seu extremo avellentamento. Nunha proxección a 10 anos vista atopamos a Cualedro con máis dun 40 % de poboación na terceira e cuarta idade.
A formación da poboación de Cualedro caracterízase polo alto grao de analfabetismo (13,60 %) e de persoas sen estudos (65,80 %). Estes datos de 1996 son peores para as mulleres no primeiro caso (20,7 % de analfabetismo fronte ao 6,7 % nos homes) e peores para os homes no segundo caso (71,3 % de persoas de sexo masculino sen remataren estudos primarios). Isto débese á discriminación de xénero no primeiro caso e a unha máis temperá incorporación ao traballo dos homes no segundo caso. Estas cifras veñen dicir que unha boa parte da poboación en idade de traballar que reside no termo municipal non ten formación básica, aínda que saiba ler e escribir. Este é, hoxe en día, un dos freos máis graves para o desenvolvemento económico e social de Cualedro. A taxa de actividade é, por razóns demográficas, moi baixa (un 39,2 %). Ao redor dun 40 % da poboación activa está en paro. Desta, un 90 % xa traballou e non traballa, é dicir, que ou ben provén de sectores moi enfeblecidos da economía (agricultura sobre todo) e non foron quen de reciclaren o seu propio posto de traballo noutras actividades, ou ben son emigrantes que regresaron ao quedaren sen emprego. Estas dúas razóns (a crise demográfica e a falta de formación dos recursos humanos do municipio), fan que sexa unha debilidade estratéxica de cara ao futuro desenvolvemento económico de Cualedro, e fai máis necesario aínda que por unha razón demográfica atraer inmigración foránea relativamente cualificada e procurar o retorno dos emigrantes máis formados. Nun contexto no que, como vemos, o emprego é un ben escaso, só atopan o seu lugar aqueles que teñen certa formación: o número de traballadores sen cualificación non chega ao 16 % do total. O sector que proporciona máis postos de traballo é o de servizos (34 %) seguido do sector primario (31,7 %) e a construción (26,1 %). A industria só emprega a un 8,2 % da poboación ocupada. O excesivo peso laboral do sector primario reflicte a precariedade económica e a dependencia da poboación respecto da agricultura.
Servizos e infraestruturas |
Os asentamentos de Cualedro teñen as características propias dos núcleos tradicionais do territorio de Monterrei. Isto é: unha gran compactidade, con vivendas pequenas e contiguas directamente sobre a rúa, quedando só algúns espazos de uso comunal (presentes en todos os núcleos) e reservando o maior terreo posible para as actividades agrícolas e gandeiras. Xérase así unha estrutura do territorio cun viario, unha rede de equipamentos e espazos comunais específicos que perdura ata os nosos días. Sobre ela superponse a nova articulación do territorio cos seus corredores, rede de estradas, parcelario, equipamentos e espazos públicos que responden aos novos usos e formas de vida.
Espazos libres e equipamentos |
Equipamentos |
Os equipamentos teñen por obxecto proveren á poboación dos servizos administrativos, sanitarios, asistenciais, educativos, culturais, deportivos, relixiosos e complementarios da vida cidadá. Nos asentamentos tradicionais deste territorio, moi compactos, os servizos da forma de vida rural tradicional resolvíanse nuns elementos comunais, concretamente o forno, a igrexa e, ocasionalmente, o muíño. No Concello de Cualedro todos os núcleos posúen un forno comunal, a maioría recuperados na actualidade para uso dotacional. Sobresaen os fornos de bo tamaño, con contrafortes e cuberta de laxes de pedra d'A Saceda e Vilamaior da Xironda. Xeralmente o forno sitúase dentro do núcleo, nunha rúa que pola súa importancia na vida cotiá as veces tomará o seu nome (Lucenza, A Xironda). Na estrutura territorial tradicional a igrexa ten un carácter preferente. Nos núcleos máis antigos e vinculados a grandes corredores, incluso aos camiños de Santiago (Lucenza, A Xironda, Atás) a igrexa aparece nunha posición central e elevada, xerando ao seu redor un adro potente.
Cualedro conta cunha boa colección de muíños. Localízanse dous amplos conxuntos: un en Santa María das Mercedes, no río Baldriz (en proceso de recuperación), e outro, de maior número, en San Millao, no río Pichos, moi degradado, aínda que de grande valor e potencialidade, dada a súa proximidade ao castro de San Millao, declarado Ben de Interese Cultural. Os outros muíños (Montes, A Xironda) son de menor entidade, lóxico tendo en conta a climatoloxía e hidrografía do territorio (regatos escasos de pouco caudal moi estacional). Nos anos cincuenta constrúese en Cualedro un muíño eléctrico, elemento singular, hoxe en día fóra de uso. Tamén no s. XX aparece unha rede de escolas nos núcleos. Trátase de edificios estandarizados que se localizan nos bordos dos asentamentos. Na actualidade estanse a recuperar para uso cultural, servindo de centros cívicos para a vida veciñal.
Os novos modos de vida e a chegada da nova estrutura territorial suscitan a creación de novas dotacións no Concello. Na actualidade a meirande parte dos servizos localízanse na capital, Cualedro. Este feito, agravado pola deficiente accesibilidade orixinal, obrigou non só a reforzar o transporte público e mellorar a rede viaria, senón tamén a localizar servizos fóra da capital aproveitando as estruturas existentes. En xeral, podemos dicir que os servizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz) se sitúan na capital, na Casa do Concello, así como os servizos asistenciais. Tamén en Cualedro, o cuartel da Garda Civil. Non existe asistencia propiamente dita aos anciáns. A poboación de Cualedro está moi avellentada, como no resto da provincia. O equipamento sanitario é ambulatorio, no Centro de Saúde, en Cualedro. Ten servizo de urxencias só de 8 a 15 horas e non existe servizo de ambulancias, o que crea unha situación de risco. Existe un centro de saúde en Vilar de Perdizes (Portugal); a colaboración transnacional en materia de saúde, tanto de pacientes como de profesionais, está garantida polo convenio entre España e Portugal: este pode ser un sector de crecemento dadas as curtas distancias entre os núcleos na fronteira. O equipamento educativo localízase en Cualedro (CEIP Vicente Risco, infantil e primaria) e en Vilamaior da Xironda (a única escola unitaria en funcionamento na actualidade). A dotación é suficiente, incluso quen de soportar un posible crecemento da poboación. Os problemas veñen do transporte escolar, moi feble, que obriga a cambios de vivenda e impide as actividades extra-escolares.
A dotación de equipamentos culturais é a máis extensa. Ademais da Casa da Cultura (con biblioteca) en Cualedro, e o museo en Vilamaior da Xironda, o Concello conta cunha rede de centros cívicos nos núcleos: as Casas do Pobo. Excepto a da Saceda (de propiedade veciñal), todas localízanse nas escolas, convenientemente rehabilitadas.
Principalmente, observamos que os equipamentos de Sistema Xeral están completos excepto no tocante á dotación asistencial. As maiores carencias aparecen no Sistema Local de dotación aos núcleos; aínda que os fornos se están a recuperar para uso dotacional non semellan suficientes, sobre todo nos núcleos do norte do Municipio, onde detectamos fortes carencias, agravadas polas deficiencias na accesibilidade aos equipamentos centrais. Dada a poboación e a importancia de Santa Baia de Montes e Vilamaior da Xironda é un atraso a escasa dotación destes núcleos, especialmente en Montes, onde só atopamos equipamentos deportivos (campo de fútbol) e dotacionais (forno), alén de cemiterio e equipamento relixioso.
Redes de servizos |
Infraestruturas do ciclo da auga |
No Concello de Cualedro as redes son independentes: cada núcleo conta con captación, depósito, rede de distribución, sumidoiros e depuración propias. A titularidade da rede é municipal, e neste momento o Concello está mellorando e completando as infraestruturas de todos os núcleos: mellora e reforzo de depósitos e fosas sépticas; potabilización da auga; e instalación de contadores (actuación importante en favor da xestión da auga).
A dotación da auga do Concello é abonda, se ben algúns núcleos (As Estibadas, Moimenta, San Millao) teñen un caudal insuficiente, especialmente en verán. A calidade da auga é moi boa, pero na meirande parte dos núcleos non existe sistema de potabilización en detrimento da súa calidade final para o consumo. É destacable que non hai vivendas sen servizo de abastecemento o saneamento en ningún dos núcleos (só fican fóra do sistema algunhas fontes). Isto débese en boa parte á compactidade dos núcleos e a carencia de dispersos no Concello. A existencia de núcleos con límites ben definidos permite que as redes de servizo sexan economicamente sustentables.
Saneamento |
Os núcleos de Cualedro contan cunha rede completa municipal de saneamento; son independentes en cada núcleo e unitarias (saneamento e pluviais xuntas). Nos tramos novos que o Concello está executando (A Xironda, Rebordondo etc.) a rede é separativa. O sistema é antigo, con posibles problemas de estanquidade. Os materiais, dependendo da data de colocación, son fibrocemento e formigón; o seu diámetro, totalmente insuficiente, é de 30 cm. Como sucede coa rede de abastecemento, os elementos de control e os sumidoiros aparecen nalgúns núcleos cubertos de asfalto, con evidentes problemas de inaccesibilidade.
A depuración das augas residuais é colectiva, municipal e a través de fosas sépticas. En xeral, o estado das fosas é regular, con moitos problemas de mantemento, rebase etc.
Infraestruturas tradicionais: a rede de fontes |
Cualedro conta cunha sorprendente colección de fontes nos seus núcleos, que enriquecen o espazo público. Todas están en uso pero, en xeral, necesitan limpeza e mantemento. Apreciamos dous tipos: fontes–manancial, cubertas con laxes de pedra ou bóveda (A Xironda, San Martiño, Montes etc.) e fontes con pión, co cano nun extremo ou central (Baldriz, Carzoá etc.) Ademais, o Concello conta con numerosos lavadoiros, moitos deles recuperados e en bo uso, moitos con cuberta (lixeira, de madeira ou metálica). Teñen interese como xeradores de espazo público de calidade e puntos de reunión.
Rede eléctrica |
Dúas liñas de alta tensión atravesan de leste a oeste o concello de Cualedro. Todos os núcleos contan con subministración eléctrica; só o servizo de Santa María das Mercedes depende da rede de Laza (pasando pola Requeixada, Carraxo e O Santo). Atopamos transformadores (case todos sobre poste, algúns en torreta) en todos os núcleos, excepto en Moimenta e Lamalonga, que conectan con Vilela. As enerxías limpas supoñen un xacemento de negocio e emprego, así como unha economía complementaria. O Concello conta con capacidades ambientais, de accesibilidade e técnicas para soportar estas producións. Neste senso a única experiencia é o Parque Eólico da Serra do Larouco, de Eólicas do Sil, composto por 32 aeroxeradores da 1ª fase (27,2 megavatios) e 17 aeroxeradores da 2ª fase (14,45 megavatios), que xera anualmente 108.000 xigavatios a unha subestación transformadora conectada á liña xeral de Alta Tensión. A súa implantación en detalle é discutible pola incidencia nas áreas de afección de distintos elementos patrimoniais.
Residuos sólidos urbanos |
Todos os núcleos de Cualedro contan co servizo de recollida de residuos sólidos urbanos. A recollida é selectiva e mancomunada (vertedoiro en Verín, SOGAMA). Esta recollida faise unha vez á semana: semella unha frecuencia insuficiente, especialmente no verán. A limpeza dos contedores realízana os propios veciños. Existen contedores en todos os núcleos que, aínda que suficientes, poderían reforzarse. Non hai papeleiras nos núcleos (excepto unha en Atás). Só hai servizo de limpeza de rúas na capital, Cualedro. Atopamos sete vertedoiros incontrolados de certa entidade.
Rede de telecomunicacións |
Todos os núcleos contan con servizo de telefonía. Hai tempo existían cabinas de teléfono en cada núcleo, pero foron eliminadas. Con respecto á telefonía móbil, atopamos moitos problemas de cobertura; tamén é significativo o solape de operadores de España e Portugal.
Rede viaria |
Cualedro localízase ao sur da provincia de Ourense, xunto á fronteira portuguesa. Comparte co resto do interior de Galicia e rexión norte de Portugal os factores que produciron certo illamento e "fuga" de recursos, principalmente malas conexións por estrada e ferrocarril. Pero isto non foi sempre así. Existe en Cualedro un territorio fortemente humanizado e traballado, cun amplo patrimonio arqueolóxico. Un dos accesos naturais dende a Meseta a Galicia é o corredor que aproveitou o camiño de Santiago e, actualmente, a estrada N-525. Como vemos, e sucede en toda Galicia, os grandes eixes son basicamente os mesmos, os sistemas viarios superpóñense. Analizaremos o viario histórico (intentarase dar unha visión xeral da rede viaria ao longo da historia, sempre de forma xeral, xa que se trata dun tema cheo de polémica: escasa documentación, mobilidade dos trazados e elementos etc; tamén se analizará o viario miúdo, o rueiro tradicional propio do sistema das agras) e a xerarquía viaria actual, co obxecto de planificar actuacións de mellora na accesibilidade e na calidade do rueiro, de aproveitamento das potencialidades existentes e de recuperación de parte dos trazados con interese patrimonial, social, paisaxístico e ecolóxico.
Viario histórico |
Os primeiros itinerarios que podemos reconstruír son as vías romanas, ante a dificultade de reformular a rede camiñeira dos antigos castros prerromanos. Porén, é lóxico supor que estes trazados romanos seguiron uns pasos que xa existían cando chegaron. O corredor que comunicaba Chaves (Portugal) con Ourense, entrando en Galicia por Feces de Abaixo, divídese en dúas vías romanas secundarias remontando o Támega cara ao val de Monterrei. Ambas as dúas pasarían polo territorio do actual Concello de Cualedro. A primeira, a do lado leste, pasaría pola civitas de Forum Limicorum-Nocelo da Pena (segundo Antonio Rodríguez Colmenero); a segunda, a do lado oeste, dende Verín cara a Xinzo de Limia, documentado pola Mansío Germinae e os miliarios de Rebordondo. Este último itinerario será máis tarde camiño medieval, moi importante economicamente, máis que o Camiño Francés, xa que comunicaba tanto con Portugal como coa Meseta. Dende Lama d'Arcos (Tras–os–Montes) por Feces de Abaixo ata Verín, Monterrei e Albarellos, chegando a Rebordondo por Infesta; pasa por Penaverde e As Estibadas cara a Xinzo de Limia (segundo Elisa Ferreira). Tamén existe outro acceso dende Portugal cara a Xinzo, o corredor A Xironda–Lucenza, posible vía romana secundaria e futuro camiño real. Dende Gralhas e Boticas (Portugal) pasando pola Xironda (cruzando as pontes de Perteiro e do Madeiro) e Lucenza cara a Gundín. Estes corredores perduran na Idade Media, comunicando un territorio moi activo, primeiro baixo o dominio do mosteiro de Celanova e logo da casa condal de Monterrei. A isto súmase a importancia que empeza a ter o camiño de Santiago e as peregrinacións. Os camiños seguen os itinerarios coñecidos (as antigas vías romanas logo camiños medievais e camiños reais), o primeiro deles por Feces de Abaixo ata Verín e Monterrei, seguindo as actuais N-532 e N-525, pasando pola agra de Rebordondo collendo A Brea ou Verea ata Lamas; dende alí, na bifurcación da Peneda do Moucho en Penaverde cara a As Corvaceiras e virando a As Estibadas ; este camiño bifúrcase –a Allariz por Xinzo e a Allariz por Xunqueira de Ambía. O outro vai de Chaves a A Xironda, pasando por Seara Velha e Vilar de Perdizes. Observamos cómo uns núcleos comezan a ter unha relevancia forte no territorio do actual Cualedro: Rebordondo, Penaverde, As Estibadas e, especialmente, Lucenza e A Xironda.
Rede de camiños |
Paralelamente a estes grandes eixes vertebradores do territorio, aparece outro viario máis miúdo e capilar que dá resposta ao sistema produtivo desenvolvido polo ser humano: as agras; co fin de preservar a meirande parte da terra para a explotación agrícola, os asentamentos concéntranse orixinando núcleos compactos e densos. Xérase así unha estrutura viaria moi clara: unha rede camiñeira principal que conecta os núcleos, unha rede de accesibilidade ás agras, unha rede de conexión coa agra, e o rueiro dentro dos núcleos. Este sistema chega ata o s. XX case intacto, como observamos no espectacular voo do 59: unhas agras potentes e uns núcleos de bordos limpos, cuns espazos de transición de hortas ou cortiñas. Nos camiños e rúas importantes sitúanse os elementos relevantes da vida cotiá: as igrexas, o forno, as airas etc. De entre estes elementos, no municipio de Cualedro destacan as fontes, pola súa abundancia e a súa calidade. Toda esta estrutura permanece hoxe en día máis ou menos intacta, dependendo da incidencia das últimas actuacións: as novas infraestruturas viarias e o trazado da concentración parcelaria.
Estado actual da rede viaria |
No transcurso do s. XX o rural entra en crise e comeza un proceso de despoboamento e deterioración económica, agravado pola falta de servizos e comunicacións axeitadas. Na segunda metade do século comezan as obras para vertebrar o país. As estradas xerais redimensiónanse e cualifícanse. Este proceso continúa hoxe, completándose a rede viaria (actualmente, Plan Director de Infraestruturas de Galicia 2001-2010). A rede de estradas está, en xeral, en bo estado e ben dimensionada, aparecendo como punto de oportunidade o no A-52–N-525, en Lamas, por dous motivos: a A-52 como corredor de conexión entre Vigo (porto, aeroporto) e a Meseta; e a inadecuación dos enlaces coas estradas de Verín fai que sexa más cómodo acceder a Verín na saída de Cualedro e a través da N-525 (15 km). Semella un lugar idóneo para colocar unha área de servizo. Por outra banda, a conexión con Portugal a través da CV-315 (Cualedro–A Xironda) é outro punto de oportunidade: reforzar a conexión e interrelación transfronteiriza, recuperando un fluxo tradicional histórico.
Situación do viario nos núcleos |
Como dixemos, o sistema tradicional de núcleos e agras presente en Cualedro xera unha estrutura viaria concreta: unha rede camiñeira principal de conexión dos núcleos; unha rede de accesibilidade ás agras; unha rede de conexión coa agra, cuns espazos de transición de hortas ou cortiñas; e o rueiro dentro dos núcleos, de gran riqueza, con múltiples espazos intersticiais. Os camiños vinculados á agra perdéronse en moitos lugares a causa da concentración parcelaria, a contracción da explotación agrícola e o uso do coche. Dentro dos núcleos perdura o rueiro tradicional, aínda que bastante degradado. O uso de pavimentos inadecuados (regos asfálticos ou aglomerados de cemento) e sobre todo a súa execución indebida, xeran graves problemas: os elementos de control das redes de abastecemento de auga e saneamento non son accesibles; aparecen problemas de rasantes –acceso ás vivendas, equipamentos, rúas etc; ao tratarse de pavimentos impermeables, a drenaxe de pluviais complícase, agravado polo cubrimento dos sumidoiros con rego asfáltico (ademais, ao existir gando en algúns núcleos, a evacuación faise imposible); perda da calidade ambiental e da riqueza do conxunto; a falta de criterio fixo que se cubrisen de asfalto elementos vexetais de interese (soutos, parras etc.).
Viario da concentración parcelaria |
O proceso físico máis agresivo que sufriu este territorio é a concentración parcelaria. A dureza do seu trazado superponse ao viario preexistente e chega ata os núcleos destruíndo moitos espazos intermedios de interese: lugares a carón de fontes, soutos, hortas etc. Noutros casos estes elementos comunais elimínanse para colocar vivenda nova apoiándose nas novas vías.
Transporte público; mobilidade e accesibilidade |
O transporte colectivo de viaxeiros está garantido en Cualedro. O servizo depende da empresa Villalon S. A., do Grupo Castromil. A pesar de que as liñas foron reforzadas ultimamente, os sábados e domingos non hai servizo, o que causa un grave problema, dada a dependencia dos núcleos coa capital municipal e Verín. Todos os núcleos están conectados co transporte público en maior ou menor medida. As marquesiñas, de propiedade municipal, son claramente mellorables. As liñas e os horarios non están sinalizados. Dada a debilidade do servizo, faise patente ea dependencia dos cidadáns do coche ou do taxi (parada en Cualedro), en detrimento da accesibilidade aos servizos (centralizados basicamente na capital municipal ou Verín) e a mobilidade intramunicipal (núcleos non moi apartados pero escasamente conectados).
A accesibilidade do norte do Concello (As Mercedes, Baldriz) é a todas luces insuficiente: mala conexión por liñas de transporte colectivo, viario de acceso en peores condiciones, pouquidade de servizos dotacionais etc. Con respecto á accesibilidade extramunicipal, a autovía A-52 coloca ao Concello de Cualedro nun lugar privilexiado: conexión Vigo–Meseta (aeroportos, portos); conexión Ourense (conexión con Santiago de Compostela a través da autoestrada A-53, actualmente en construción o treito Lalín–Ourense); conexión Verín–Chaves (en tramitación a autovía Verín–fronteira Portuguesa). É relevante a conexión entre a A-52 e a N-525. A mobilidade extramunicipal é forte dada a dependencia de servizos de Verín, aínda que os movementos Cualedro–Verín por motivos de traballo non semellan os desexables.
Estado e características da edificación |
Estado da edificación |
A capital municipal é o núcleo máis complexo. Na súa evolución durante o século XX aparecen dinámicas que non existen nos demais asentamentos do territorio. O seu xermolo é un núcleo tradicional, formado probablemente na idade moderna. O núcleo tradicional é compacto, denso e de bordos pechados, as características propias do modelo de asentamento.
O núcleo apóiase no camiño real que percorre o territorio de norte a sur, é dicir, de Portugal a Cualedro en dirección a Santo André e Vila de Rei; o punto no que este camiño se bifurca cara a Penaverde é a cabeza do núcleo. Trátase dun núcleo de tamaño medio, cunhas 128 vivendas. A estrada CV-220, que continúa na CV-8- e CV-315, produce un cruzamento importante sito tanxente ao núcleo. A súa extensión moderna en característica escuadra de casarío arrimado ás diferentes estradas, ocupa a parte central da agra. Malia o tamaño das expansións acontecidas ao longo do século XX, hai que pensar que na foto aérea do voo de 1959 só existen as edificacións que formalizan o cruzamento de estradas comarcais ata a nova igrexa, a Casa do Concello, o vello Cuartel da Garda Civil, o muíño eléctrico e varias casas próximas, unha ringleira de edificación auxiliar nun bordo da feira e outra ringleira residencial que fai a transición entre o núcleo tradicional e a nova estrada. Esta ringleira, probablemente a máis antiga das construcións citadas, é un claro exemplo de arquitectura urbana. A Alameda, xa formalizada en 1959, apunta o desenvolvemento de carácter urbano que se vai producir nas décadas seguintes. Todos os espazos e trazas sobre os que continuará este proceso están definidos na primeira metade do século XX e comezou entón a súa transformación de lóxica urbana: o Toural, a feira, o cruzamento da Alameda, e a contorna do muíño, algúns deles de orixe rural. Noutros núcleos de tamaño importante, como Lucenza o Montes, hai un salto do núcleo tradicional á extensión de vivenda unifamiliar illada. Só en Cualedro, e en menor medida na Xironda, aparece un crecemento que segue unha lóxica de compactidade e xeración de espazo público. En Cualedro esta lóxica reviste un carácter urbano, que resulta máis dubidoso na Xironda, enmarcada nas funciones de núcleo rural. A urbanidade da capital municipal é determinada, ademais de pola construción do espazo, polas actividades: administración municipal, Correos, Guardia Civil, comercio, parque, centro de saúde e colexio.
A actividade edificatoria nos últimos 30 ou 35 anos vén marcada por un proceso de nova edificación intenso. O núcleo tradicional de Cualedro experimentou os procesos comúns aos núcleos rurais. A introdución de nova edificación dentro das aldeas provocou a substitución dunha boa parte das edificacións tradicionais. A construción de vivenda unifamiliar fóra dos núcleos provocou, paralelamente, o abandono da vivenda tradicional. Dos vinte núcleos de poboación do termo Municipal só a capital tiña nos anos 60 unha certa estrutura urbana. Isto permitiulle asumir o proceso de duplicación sen grandes costos medioambientais. A lectura do estado da edificación nos núcleos explica en que medida coexistiron ou se impuxeron os procesos novos aos tradicionais, dando conta da reversibilidade das súas consecuencias na calidade medioambiental dos asentamentos. O carácter e o estado material dos edificios é consecuencia dos diferentes graos de intervención nas últimas décadas, da situación respecto do núcleo tradicional e da idade da edificación.
No núcleo urbano de Cualedro a vivenda tradicional representa o 30 % do total, fronte ao 50 % no total do concello. O núcleo tradicional de Cualedro ten unha dinámica moi semellante á dos demais núcleos rurais; as expansións urbanas que se xeraron arredor afectaron levemente ao desenvolvemento do conxunto tradicional. Apréciase un lixeiro aumento na tendencia negativa: maior abandono e menor rehabilitación. As vivendas abandonadas e en ruínas supoñen o 30 % das vivendas tradicionais, e no conxunto do Municipio alcanzan o 24,5 %. Respecto á rehabilitación de vivenda, no solo urbano realizáronse nun 9 % das vivendas tradicionais, mentres que no conxunto do municipio chegaron ao 17 %. A substitución de vivenda no conxunto tradicional é tamén lixeiramente superior: un 34 % fronte a un 33 % de media no Municipio. En calquera caso, a vivenda nova (segundo a análise dos Censos de poboación e vivenda dende 1961 ata 2001) experimenta un claro retroceso. Das vivendas construídas dende 1981 no territorio de Cualedro, só un 30 % corresponden á década 1991-2001. O núcleo urbano de Cualedro participa deste proceso, de xeito que a aparición de nova vivenda no chan urbano reflicte unha demanda moi baixa. A rehabilitación, aínda que por baixo da media municipal, é unha tendencia recente. Segundo o que se observa, tende a crecer lentamente e a absorber gran parte da demanda, en especial a de segunda vivenda.
Características da edificación |
No núcleo urbano aparece unha maior diversidade de tipoloxías respecto aos núcleos rurais. No conxunto tradicional a casa da agra é a tipoloxía existente, encadrada plenamente na tipoloxía común aos núcleos rurais. Nas expansións dáse a particularidade da casa urbana, tanto do século XIX como do XX. Por último, tamén existe a vivenda unifamiliar illada construída nos últimos trinta anos.
A casa de agra |
Trátase dunha edificación tradicional, resolta con materiais comúns a ela: pedra nos muros e vigas e forxados de madeira. Nos muros emprégase a técnica da cachotaría, con pezas de cantaría. Os muros completos de cantaría son excepcionais. O núcleo de Cualedro recibe bo granito gris das canteiras próximas, polo que é este o material de construción xeneralizado. Aparecen con frecuencia grandes perpiaños longos e outras pezas de cantaría con certa abundancia, polo que a factura das construcións se sitúa por riba da calidade media. A casa media ten 6 m de fronte, 10 m de fondo e andar baixo e primeiro. A superficie construída media por cada andar no núcleo de Cualedro cifrouse en 58,30 m², fronte aos 57,50 m² no conxunto do Municipio. Por iso a superficie útil total da vivenda estímase en 41,42 m², tendo en conta que o andar terreo estaría dedicado a cortello.
Nesta vivenda media, no sobrado teñen cabida dúas ou tres estancias: unha metade destínase a cociña (onde a pequena lareira é recentemente substituída por unha cociña bilbaína), que é a estancia principal e na que desembarca o patín exterior de acceso. O andar terreo destínase exclusivamente a cortello e almacén de aparellos, forraxe e comestibles. O patín, de cantaría, trátase dunha peza moi elaborada. O patín máis común colócase perpendicular á casa, e con forma truncada, de xeito que é máis estreito abaixo que arriba. Dependendo do trazado e a angostura da rúa, aparecen con moita frecuencia patíns en L, que poden adoptar solucións complicadas en dobre patín, ou polo contrario estreitos patíns paralelos ao muro. As edificacións en esquina poden adoptar un muro curvo polo que discorre o patín coa mesma forma. Non son frecuentes solainas e corredores, en especial nos edificios máis antigos, polo que nos patíns no núcleo de Cualedro se observan todo tipo de solucións arquitectónicas.
A arquitectura urbana |
Esta tipoloxía acompaña a pegada urbana que tenta influír na formalización dos espazos públicos. Durante finais do século XIX e na primeira metade do século XX, non se trata dunha tipoloxía en si, senón dunha tendencia no acabado e aparencia dalgúns edificios. En case todos os núcleos, pero en especial nos máis grandes, aparecen algunhas mostras de casas do s. XIX con aditamentos ennobrecedores, como relevos e balcóns. Esta arquitectura esténdese na primeira parte do s. XX. Nas extensións do núcleo de Cualedro avanza rapidamente cara a unha tipoloxía urbana con baixo comercial e arquitectura seriada. Gran parte da vivenda urbana xurdida no cruzamento de estradas corresponde aos anos 50 e 60 do século pasado, aínda que aparecen algúns exemplos anteriores. O andar terreo é un simple almacén, obradoiro, local comercial ou parte da vivenda, pero non cortello. En principio, xa que logo, responden a un medio de vida non estritamente rural. Tamén, coma noutros núcleos, aparecen substituíndo outros edificios ou colmatando leiras baleiras, aínda que tamén poden ampliar e reformar pezas dun só andar.
A principal diferenza respecto da vivenda tradicional é que se introduce a mellora dalgúns estándares: maior altura libre entre os forxados e vans de maior tamaño na vivenda, con balcóns e corredores. As cubertas son de tella plana, con solución dos beirís en madeira e sobresaíntes, cubrindo balcóns con reixas de forxa e pequenos corredores. Herdan os elementos do s. XIX, como pequenos balcóns e portas balconeiras. Introducen as carpinterías de ferro. Están construídas con perpiaño de granito gris local. A súa aparencia é lixeira –ao que axudan as delicadas galerías de ferro e os beirís longos- e ambientalmente están en escala. Esta arquitectura doméstica segue indo paralela a un proceso de simboloxía urbana e equipamento nas vilas de maior peso, como Cualedro, Lucenza ou A Xironda.
A nova vivenda unifamiliar |
A nova vivenda unifamiliar responde á tipoloxía repartida por toda Galicia de casa illada dentro da parcela. Ten planta cadrada de polo menos 10x10 m e baixo e unha altura. Na fachada principal ou perimetral aparece un corredor ou terraza exterior, ao que dan grandes xanelas. É frecuente adornar o tellado cunha ou varias chemineas. En Cualedro non era frecuente o faiado, pero máis recentemente levantáronse casas con esta solución, o que favorece o emprego do tellado a dúas augas con pincho alto e faiados. O garaxe colócase á parte, acaroado á casa ou ao peche da parcela. Este é un elemento que acada importancia visual, non sendo na zona demasiado alto (arredor de 1,5 m). Remátase con reixas, celosías e vexetación. A construción deste tipo de vivenda comeza nos anos 60 e continúa ata hoxe, variando o seu aspecto exterior segundo as tendencias e acabados máis vixentes, pero a tipoloxía básica permanece inalterable. No solo urbano de Cualedro aparecen ao longo das estradas CV-8 e CV-202 a medida que a vivenda entre medianeiras vai esponxándose.
Patrimonio histórico e artístico |
Castro de San Millao.
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cualedro.
Igrexa de Santa María de Atás.
Escudo de Cualedro en pedra na fachada da casa do concello.
Placa altimétrica do concello.
Cruceiro na alameda do cruceiro.
Igrexa de Santa María de Cualedro.
Parroquias |
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cualedro | |
---|---|
Atás (Santa María) | Baldriz (San Bartolomeu) | Carzoá (San Roque) | Cualedro (Santa María) | Lucenza (Santa María) | Montes (Santa Baia) | Rebordondo (San Martiño) | San Millao (Santa María) | Vilela (Santiago) | A Xironda (San Salvador) |
Lugares de Cualedro |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cualedro vexa: Lugares de Cualedro.
Notas |
↑ Véxase no Galizionario.
↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cualedro |
Ligazóns externas |
- Vista de satélite de Cualedro en Wikimapia
|
|
|
Categoría:
- Cualedro
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.448","walltime":"1.033","ppvisitednodes":"value":1386,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":47300,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3413,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6152,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 880.376 1 -total"," 14.38% 126.611 1 Modelo:Concello"," 12.90% 113.604 1 Modelo:Infobox"," 11.94% 105.128 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 5.11% 45.022 1 Modelo:Listaref"," 4.50% 39.600 1 Modelo:Cita_web"," 3.77% 33.232 1 Modelo:FormatoWiki"," 3.47% 30.514 1 Modelo:Ambox"," 3.08% 27.112 1 Modelo:Commonscat"," 2.95% 25.980 1 Modelo:ConcellosVerín"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.184","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4340451,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1250","timestamp":"20190319025603","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Cualedro","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Cualedro","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q601546","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q601546","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-12-14T21:04:49Z","dateModified":"2019-01-25T09:30:13Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/09/Igrexa_de_Santa_Mar%C3%ADa_de_Cualedro%2C_Cualedro.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":203,"wgHostname":"mw1245"););