Skip to main content

Cornizó Índice Distribución | Uso medicinal | Intoxicación | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasDiccionario de diccionarios. Corpus lexicográfico da lingua galegaDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasClaviceps purpurea, cornezuelo del centeno"A historia do 'dentón', o LSD do centeo que está na base da industria farmacéutica galega"e2518502100198695974832881029583CLAVPU20428162059525147936021210519281162059NBNSYS0000015599511113076946353100428

AscomicetosCereaisFitopatoloxía


fungoascomicetoscenteocarunchomilloácido lisérxicoalcaloidesPío Font Querremedios caseirosNeira VilasMemorias dun neno labregoEladio RodríguezoxitócicaspartosabortivoLSDIdade Mediaergotismoilla de San Antónlazaretogangrenosaconvulsiva1670Louis-René Tulasnefungo












Cornizó




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Cornizó

Claviceps purpurea
Claviceps purpurea

Clasificación científica
















Reino:

Fungi


División:

Ascomycota


Clase:

Sordariomycetes

Subclase:

Hypocreomycetidae


Orde:

Hypocreales


Familia:

Clavicipitaceae


Xénero:

Claviceps


Nome binomial

Claviceps purpurea
(Fr.) Tul. 1853

O cornizó (Claviceps purpurea)[1] é un fungo do grupo dos ascomicetos que parasita diversos cereais, especialmente o centeo. Aparece adherido ás espigas coa forma dunha excrecencia alongada de 1 a 5 cm e de cor negra ou púrpura, unha ou dúas por espiga infectada. Tamén recibe os nomes de caruncho, cornecello, cornello, cornicelo, cornilló, cornizolo, dente de can, dentón, gornicelo ou gran de corvo [2]. A denominación caruncho dáselle tamén a outro fungo distinto, que ataca o millo, o Ustilago zeae.[3]


O fungo segrega diversas substancias bioquímicas, das que caben destacar o ácido lisérxico e os seus alcaloides derivados: ergotamina, ergocristina, ergocriptina e ergometrina, de acción farmacolóxica diversa e combinada (vasoconstritora, psicoactiva etc.).




Índice





  • 1 Distribución


  • 2 Uso medicinal


  • 3 Intoxicación


  • 4 Notas


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Outros artigos


    • 5.2 Bibliografía


    • 5.3 Ligazóns externas





Distribución |


O cornizó é de distribución ubicua, pero, no caso de España, parece ser especialmente abundante en Galicia (tamén en Asturias e norte de Portugal). O farmacéutico catalán Pío Font Quer fíxoo notar sen lugar a dúbidas:



Podo dicir tamén que sen telo observado nas miñas xa longas peregrinacións por España, non fixen senón asomarme a Galicia por Pedrafita e no primeiro campo de centeo do propio porto vino copiosísimo (Font Quer:25).


En Galicia, o cornizó vendíase libremente; eu mesmo vino en mans das aldeás, colocado en saquiños abertos, no mercado de Sarria, en 1935 (idem, 25).

De feito, ata mediados do século pasado era habitual recollelo nos campos de pan para vendelo nas feiras ou gardalo na casa entre outros remedios caseiros; hoxe é moi escaso porque tamén o é o propio centeo.


Neira Vilas cóntao así, cando describe as actividades de Balbino en Memorias dun neno labrego:



No tempo da sega adicámonos a xuntar cornello. Andivémolo agro todo. Con tal de non tripar o centeo, ós donos non lles importaba que sacásemos o grao de corvo. Dempois de mollalo chegamos ás tres libras. Tamén fixemos angazos de pau, para vendelos no Sanmartiño, e algunhas ravelas. Lelo gardaba os cartos que iamos gañando, nunha caixiña con pecho.[4]

Eladio Rodríguez recolleu este refrán: Chuvia na semana da Ascensión, cría nos trigos mourón.



Uso medicinal |




Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Tradicionalmente usouse o cornizó polas súas propiedades oxitócicas e vasoconstritoras, por exemplo para acelerar os partos lentos ou para coutar as hemorraxias posparto; mesmo, noutras ocasións, como abortivo. En calquera caso, o seu uso en mans inexpertas é moi perigoso. Noutra liña terapéutica, tamén se usou como fonte de LSD, droga alucinóxena.



Intoxicación |




Estromas do fungo.



Artigo principal: Ergotismo.

Desde a Idade Media coñécese a intoxicación por consumo de pan elaborado co cereal contaminado con cornello. Esta intoxicación, que cursaba de forma epidémica, coñécese hoxe como ergotismo e, na antigüidade, como lume sagrado ou lume de santo Antonio. Precisamente, na illa de San Antón (A Coruña) houbo ata o século XVI un lazareto para acoller estes enfermos, do que só queda a capela:


"Parece ser que a capela era parte dun pequeno lazareto onde se mantiñan illados os doentes de "ergotismo gangrenoso", unha doenza provocada pola inxestión de alimentos contaminados que afectou especialmente os mariñeiros"

A intoxicación cursaba dunha forma gangrenosa (con forte proído e ardentía nas extremidades, que chegaba á necrose e perda de dedos, mans ou pés) ou de forma convulsiva (con violentas e dolorosas convulsións musculares e alteracións psíquicas).


A relación entre esta intoxicación e o cornello do centeo foi establecida por vez primeira polo médico francés Thuillier, en 1670, ao descartar unha orixe infecciosa, xa que afectaba principalmente aos campesiños máis pobres (que comían máis pan centeo e aproveitaban absolutamente todo o gran, san ou enfermo) e non resultaba contaxiosa: unha persoa podía morrer intoxicada e os seus familiares, que convivían con el, non mostrar síntoma ningún. Finalmente, comprobou que aqueles anos nos que os campos estaban especialmente infestados, a epidemia era moito máis virulenta, así como que os labregos coas leiras máis inzadas, enfermaban sempre con máis intensidade.


Séculos despois, o experto en fungos Louis-René Tulasne, tamén francés, demostrou que a orixe do cornizó era un fungo que medraba no cereal.



Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cornizó.


  2. Nomes tomados do Diccionario de diccionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega.


  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caruncho.


  4. Memorias dun neno labrego, 106. Xosé Neira Vilas. Ediciós do Castro, Sada, 1972.



Véxase tamén |



Outros artigos |



  • Dentón (peixe)



Bibliografía |


  • FONT QUER, Pío: Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Labor, Barcelona, 1978.

  • RIGUEIRO RODRÍGUEZ, Antonio e outros: Guía de plantas medicinais de Galicia. Galaxia, 1996.


Ligazóns externas |



  • Claviceps purpurea, cornezuelo del centeno (en castelán)


  • Pérez Pena, M. (5 de febreiro de 2019). "A historia do 'dentón', o LSD do centeo que está na base da industria farmacéutica galega". Praza Pública. 




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cornizó&oldid=5057161"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.432","walltime":"0.915","ppvisitednodes":"value":1251,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":30561,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2052,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":18,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2189,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":19,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 838.694 1 -total"," 74.79% 627.247 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 4.72% 39.608 1 Modelo:Taxobox"," 4.70% 39.441 1 Modelo:Cita_novas"," 4.13% 34.633 1 Modelo:Commons"," 3.79% 31.816 1 Modelo:Irmáns"," 3.42% 28.676 1 Modelo:Caixa_lateral"," 2.94% 24.662 1 Modelo:Micoloxía"," 2.77% 23.221 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 2.65% 22.209 1 Modelo:Navbox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.253","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4491304,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1311","timestamp":"20190512082608","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Cornizu00f3","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Corniz%C3%B3","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q217227","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q217227","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-05-26T17:39:15Z","dateModified":"2019-02-07T19:04:30Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/5d/Mutterkorn_090719.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":120,"wgHostname":"mw1261"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos