Skip to main content

Dereito romano Índice Definición | Antecedentes | Evolución no Dereito Romano | Postclásico | Influencia e importancia | Véxase tamén | Menú de navegaciónThe Roman Law Library1639ID46124050306-9893300569668

Dereito romano


romanos21 de abril-753Xustiniano IRenacemento4761453ConstantinoplaEugène PetitDaniel Antokoletz-451-450GreciaLei das XII Táboasarcaísmo gregoSenadoGreciaLei das XII TáboasForo Romano-367EdictoTribunos da PlebeImperioEdictosConstituciónsUlpianoPapinianoModestinoGaioPauloTeodosio IIArcadioreinos xermánicosHonoriovisigodoAlarico IIemperadorXustinianoCorpus Iuris CivilisRecesvintoséculo IXReino de LeónSete PartidasAfonso X O Sabiohistoriaséculo IIIrecompilaciónXustinianoDominadoImperioDiocleciano284565-130230Leibnitzdereito civildereito mercantilDereito privadodereito civilobrigaciónsdereito de familiaIgrexa Católicadereito mercantildereito penaldereito público












Dereito romano




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura














Roma

Monarquía

República

Imperio
Principado
Dominado
Imperio de Occidente
Imperio de Oriente

Maxistrados Ordinarios:

  • Cónsul

  • Pretor

  • Cuestor

  • Promaxistrado


  • Edil

  • Tribuno da plebe

  • Censor

  • Gobernador


Maxistrados Extraordinarios:

  • Ditador

  • Magister equitum


  • Triumvirato

  • Decemviro


Oficiais e Títulos:

  • Pontífice Máximo

  • Legatus

  • Dux

  • Officium

  • Praefectus

  • Vicarius

  • Vigintisexviri


  • Magister militum

  • Imperator

  • Princeps Senatus

  • Emperador

  • Augusto

  • César

  • Tetrarquía


Institucións e normas:

  • Asembleas romanas

  • Senado romano

  • Constitución republicana


  • Dereito romano

  • Cursus honorum

  • Colexiatura

Dereito romano, como feito histórico pasado, é o conxunto de normas e razoamentos xurídicos creados polos romanos desde a súa fundación (21 de abril do ano -753) ata a obra codificadora do emperador Xustiniano I (o coñecido desde o Renacemento como Corpus Iuris Civilis).




Índice





  • 1 Definición


  • 2 Antecedentes

    • 2.1 Na época republicana


    • 2.2 Na época imperial


    • 2.3 Na época imperial



  • 3 Evolución no Dereito Romano


  • 4 Postclásico


  • 5 Influencia e importancia


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos


    • 6.2 Ligazóns externas





Definición |


Conxunto de normas penais, recoñecidas polas autoridades romanas, desde a fundación de roma o 21 de abril do 753; ata a caída do imperio romano de Occidente no 476 d.C. e en Oriente recoñecido polas autoridades bizantinas ata o ano 1453 pola caída de Constantinopla en mans dos turcos.


Eugène Petit define ao dereito romano como


O conxunto de principios de dereito que rexeron a sociedade romana, nas diversas épocas da súa existencia, desde a súa orixe ata a morte do emperador Xustiniano.

Daniel Antokoletz dános dous conceptos de Dereito romano:



  1. Sentido amplo (lato sensu). É o conxunto de normas xurídicas positivas e consuetudinarias que rexeron a Roma e territorios baixo a súa dominación, desde os tempos primitivos ata a morte do Emperador Xustiniano I no século VI da era cristiá.


  2. Sentido restrinxido (stricto sensu). O dereito romano é o contido da obra lexislativa de Justiniano I, coñecida co nome de Corpus Iuris Civilis.


Antecedentes |



Na época republicana |


O nacemento do dereito romano débese entre outras causas á división existente na sociedade romana entre patricios e plebeos, no entanto antes do ano -451--450, non coñecemos un sistema unificado para a península, é por iso que debemos remontarnos a Grecia, berce da civilización occidental, onde estaba presente o período ático, ou do dereito grego ático, de onde podemos presumir foron permeadas algunhas disposicións presentes na Lei das XII Táboas.


Agora ben, as tradicións legais romanas estaban en mans dos patricios e todos os asuntos relacionados co que nós coñecemos como dereito recaían sobre o Pontifex Maximus, evidentemente patricio, coñecéndose como dereito pontifical. Os plebeos descoñecían como ían ser xulgados exactamente e normalmente os patricios aplicaban a tradición pontifical segundo conviña aos seus intereses. Por iso, unha das reclamacións plebeas, a imaxe do que ocorrera nas cidades do arcaísmo grego, solicitaron a codificación da tradición en forma de leis. Para iso, o Senado acordou enviar unha comisión a Grecia para informarse sobre as leis das cidades, e despois decidiuse a abolición das maxistraturas patricias e do tribunado da plebe, entregando o poder a unha comisión de decenviros, que debían codificar as leis romanas nun período dun ano. Esta comisión elaborou X táboas de leis bastante xustas e, xa que logo, favorables aos plebeos, pero, ao non estar terminado o traballo, nomeouse unha segunda comisión decenviral, moito máis conservadora, que elaborou as dúas últimas táboas, con leis netamente antiplebeas, que, por exemplo, prohibían os matrimonios mixtos. Esta comisión intentou perpetuarse no poder, pero foi deposta e o sistema de maxistraturas empezou a funcionar de novo. O resultado foi o primeiro corpo legal coñecido e estruturado, chamado Lei das XII Táboas, do ano -451, e que foron expostas publicamente no Foro Romano.


No ano -367, as Leges Liciniae-Sextiae culminaron o proceso de igualación entre patricios e plebeos, permitindo o acceso progresivo destes últimos ás maxistraturas e sacerdocios, aínda que o primeiro Pontifex Maximus plebeo tivo que esperar máis dun século.


A compilación lexislativa foise realizando de forma acumulativa a través dos Edictos do Pretor. A partir da Lei das XII Táboas, os Pretores asumiron a función xurisdicional, e para poder tipificar novos casos emitían ao comezo do seu mandato un Edicto no que indicaban que era punible, no que asumían como propios os edictos de pretores anteriores, e corrixían ou abolían as disposicións recibidas.


Ao principio os pretores eran só dous, un o Praetor Vrbanus dedicábase a xulgar os asuntos nos que participasen cidadáns romanos, mentres que o outro, o Praetor Peregrinus, atendía os casos nos que exclusivamente interviñesen non cidadáns. Os casos tratados eran bastante variados, pero a maioría derivaban de asuntos comerciais. Así, as relacións comerciais obrigaron á creación do precedente do chamada dereito contractual, un dereito ultro citroque obligatio (que obriga a ambas as partes), a partir do cal nace o chamado Ius Gentium ou Dereito de Xentes.


O sistema legal romano foi complicándose cada vez máis, xa que os Tribunos da Plebe a través dos Comitia Tributa elaboraban Plebiscitos sobre os máis variados asuntos, políticos, económicos, xurisdicionais, mentres que o Senado, a través das resolucións chamadas Senatus Consultum creaba xurisprudencia.



Na época imperial |


Coa chegada do Imperio, os emperadores asumiron a función dos Tribunos da Plebe co exercicio da Tribunicia Potestas, o que lles permitiu lexislar a través dos Edictos e Constitucións imperiais. Pola súa banda, os gobernadores provinciais posuían poderes xurisdicionais e podían emitir leis propias para as súas provincias, pero que podían ser recorridas polos provinciais ante o Senado e/ou o Emperador.


O resultado de todo este conxunto de disposicións foi un enorme e confuso aparello de leis de diferentes rangos, moitas veces contraditorias, o que fixo necesaria a aparición da figura dos xurisconsultos (ou Xuristas), que trataban de simplificar o conxunto legal e formar doutrina xurídica, que puidese aplicarse tamén aos novos casos. Entre eles destacan Ulpiano, Papiniano, Modestino, Gaio e Paulo.


O primeiro intento de sistematizar totalmente o dereito débese ao emperador oriental Teodosio II, sucesor de Arcadio, baixo o seu patrocinio elaborouse o Codex Theodosianus, que á súa vez serviu como base para a creación de dereito nos novos reinos xermánicos que sucederon ao Imperio Romano en occidente, xa que este código foi recoñecido como fonte de dereito polo emperador Honorio, tío de Teodosio II. Directo herdeiro do Codex Theodosianus é o Breviarum Alarici ou Lex Romana Visigothorum, elaborada polo rei visigodo Alarico II.


Con todo, o número de disposicións legais e de casos non contemplados polo Codex Theodosianus era elevado, polo que o emperador Xustiniano patrocinou a recompilación de todas as disposicións no Corpus Iuris Civilis, que consta das Institutiones ou principios xerais de dereito, do Digesto ou colección de opinións xurídicas de xurisconsultos herdadas do pasado para a consulta de xuíces e maxistrados na resolución de casos, do Codex Iustinianus ou recompilación de leis en vigor desde tempos Republicanos ata a redacción do Corpus legal de Xustiniano, e as Novellae, xa en grego, que recollen as leis emitidas en Bizancio a partir de Xustiniano.



Na época imperial |


O monarca visigodo Recesvinto impulsou unha nova compilación que substituíse ao Breviario de Alarico, dando lugar ao Liber Iudiciorum que nos seguintes reinados foi recibindo engadidos. Esta compilación foi recuperada a partir do século IX polo Reino de León e converteuse na base do dereito hispánico ata as Sete Partidas de Afonso X O Sabio.



Evolución no Dereito Romano |


  • Dereito Antigo, desde a fundación de Roma ata o século -I.

  • Dereito Clásico, desde 130 a. de J.C. ao 230 d. de J.C.

Etapas da Época Clásica



a) Primeira Etapa Clásica, do 130 ao 30 a. de J.C. algúns chaman preclásica a esta etapa.


b) Etapa Clásica, alta ou central, do 30 a. de J.C. ao 130 d. de J.C.

  • Dereito Postclásico do 230 ao 527 d. de J.C.

Etapas do Dereito Postclásico



a) Etapa Diocleciana, do 230 ao 330.


b) Etapa Constantiniana, do 330 ao 430.


c) Etapa Teodosiana, do 430 ao 527.


  • Dereito Xustiananeo, desde 527, coa ascensión de Xustiniano ao solio imperial.


Postclásico |


Denomínase Dereito romano postclásico ao período da historia do Dereito romano que comprende desde a primeira metade do século III ata a recompilación ordenada por Xustiniano, que concide co período político romano do Dominado ou Baixo Imperio (ascensión ao poder de Diocleciano en 284 d.C., ata a morte de Xustiniano en 565).



Influencia e importancia |


O Dereito Romano considérase un excelente medio de educación xurídica. Os grandes xurisconsultos romanos, principalmente da época clásica (entre o -130 e o 230) brilaron pola súa capacidade creadora de novas institucións, co seu plasmado pragmático sobre o edicto pretorio, buscando sempre a consecución do ideal de xustiza procedente da filosofía grega do suum cuique tribuere (dar a cada un o seu). Leibnitz comparábaos cos matemáticos que aplicaban os seus principios como fórmulas alxébricas.


Así mesmo, o Dereito Romano é indispensable para comprender a historia e literatura romanas, xa que os cidadáns romanos estaban iniciados para a práctica do Dereito e tiñan unha inclinación natural cara ao seu estudo.


O dereito romano é a base e inspiración do dereito civil e dereito mercantil en moitos países:


  • O common law foi orixinalmente baseada no dereito romano, antes de converterse nunha tradición en si mesma en Inglaterra, de onde se expandiu cara ao Reino Unido (con excepción de Escocia), os Estados Unidos e gran parte das antigas colonias británicas.

  • En contraste, os chamados sistemas de dereito continental atópanse baseados máis directamente no dereito romano; o sistema legal da maioría dos países na Europa continental e Sudamérica caen nesta categoría, a miúdo a través do Código Napoleónico. Estes son xeralmente chamados sistemas latinos.

O Dereito privado do noso tempo ten o seu antecedente remoto neste dereito, onde se orixinaron case todas as institucións existentes na actualidade. En Occidente, a estrutura do dereito civil aínda responde a directivas e criterios do dereito romano, con maior intensidade nos relacionados coa regulación dos dereitos patrimoniais, en especial as obrigacións.


Non sucede o mesmo co dereito de familia, onde a influencia romana é moito menor, sendo substituída por algunhas valoracións indicadas pola Igrexa Católica. Tamén posúe pouca influencia nas ramas do dereito privado como o dereito mercantil, e practicamente non inflúe no dereito penal nin nas demais ramas do dereito público.



Véxase tamén |



Outros artigos |



  • Ius.


Ligazóns externas |



  • The Roman Law Library (Yves Lassard, Alexandr Koptev).



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dereito_romano&oldid=3991940"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.244","walltime":"0.343","ppvisitednodes":"value":186,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":5759,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":164,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":3,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":6,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":7,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 270.045 1 -total"," 98.06% 264.807 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 0.95% 2.560 1 Modelo:Goberno_Romano"," 0.89% 2.403 1 Modelo:Cita"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.139","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2715464,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1296","timestamp":"20190512081610","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Dereito romano","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Dereito_romano","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q162314","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q162314","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2008-01-31T23:34:41Z","dateModified":"2016-07-29T11:03:07Z"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":160,"wgHostname":"mw1320"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020