Viño Índice A industria en Galicia | Denominación de orixe | O viño na cultura popular galega | Principais produtores | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónBase de datos USDA NutrientEvolución Xeral da Denominación de Orixe Rías Baixas PDFArquivadoListaxe de adegasArquivadoListaxe de colleiteiros ArquivadoCifras do Consello ReguladorInforme de Adegas PDFArquivadoListaxe Adegas PDFArquivado"España, primer exportador de vino mundial con 880 millones de litros en 2010" (Agroinformación.com)ArquivadoEstatísticas de produción FAOTaste of red winesWine storageWine vintages, vintage charts300379442530111933798p1915008ID4065133-26609winessh85146975005609308693D014920
ViñoEnoloxíaViticultura
uvaprensavendimauvaviño brancofestas gastronómicasvendimasGaliciaactualización tecnolóxicaDenominación de OrixeXunta de GaliciaCambadosMeañoMeisPortasRibadumiaSanxenxoVilanova de ArousaBarroCaldas de ReisVilagarcía de Arousaría de ArousaArboCrecenteAs NevesSalvaterra de MiñoA CañizaTomiñoTuiO RosalBarcelonaMadridAlemañaEstados UnidosReino UnidoFranciaSuízaXapónSuecialuguésourensánMiñoSilsocalcosconventosmosteirosromanosPenínsula IbéricaparcelariacooperativasQuirogaBibeiMontefuradoO CourelChantadaAmandiRibeiras do SilCabeMonfortemencíagodelloalbariñotreixadurarío Arnoiarío AviaMiñotreixaduratorrontésloureiraalbariñoXerezMacabeomencíaferrónsousónbrancellaogarnachaVerínMonterreiCastrelo do ValOímbraA RúaCarballeda de ValdeorrasLaroucoO Barco de ValdeorrasO BoloPetínRubiáVilamartín de ValdeorrasPanPastaQueixoArrozCarnesSopasPeixesMariscosAugaLeitePatacasVexetaisMelViñoVerdurasFroitasHortalizasLegumesEspeciasOutros ingredientesReceitas de cociña2005FranciaItaliaEspañaEstados UnidosArxentinaChinaAustraliaSuráfricaAlemañaChilePortugalRomaníaRusiaHungríaGrecia2003exportacióncota de mercado2010
Viño
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 355 kJ (85 kcal) |
Carbohidratos | 2.6 g |
Azucres | 0.6 g |
Graxas | 0.0 g |
Proteínas | 0.1 g |
Outros constituíntes | Cantidade |
Alcohol (ethanol) | 10.6 g |
10,6 g de alcohol son 13%vol. 100 g de viño son arredor de 100 ml (3,4 fl oz.) O contido de azucre e alcohol pode variar. | |
| |
Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.
Índice
1 A industria en Galicia
2 Denominación de orixe
2.1 Rías Baixas
2.2 Ribeira Sacra
2.3 Ribeiro
2.4 Monterrei
2.5 Valdeorras
3 O viño na cultura popular galega
4 Principais produtores
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Outros artigos
6.2 Ligazóns externas
A industria en Galicia |
- Artigo principal: Viño de Galicia.
A industria do viño en Galicia representa o 4,22% da produción agroalimentaria e un 6,2% da española, cunha facturación de 93 millóns de euros. Hai 327 industrias transformadoras empregando a 1.500 persoas, centrándose nas provincias meridionais (71,5%), o 86% dos cales son de pequeno tamaño (menos de cinco persoas). Aínda que só supón o 10% do emprego agroindustrial, a proporción de establecementos do sector agroalimentario por provincias é de:
- 16,5% na Coruña
- 33,14% en Lugo
- 66,6% en Ourense
- 45,4% en Pontevedra
O sector presenta unha forte actualización tecnolóxica, aínda que o ritmo de creación de adegas diminuíu e os investimentos en melloras fronte ás novas creacións chegaron ó 75% dun total 14 millóns de euros.
O número de empresas embotelladoras é de 725, das cales son 6 de augardentes, 71 envasadoras de viño e 644 embotelladoras de viño. A capacidade conxunta das 28.000 hectáreas (só 4.000 nas provincias setentrionais) chega a 200 millóns de quilos de uva e 90.000 hl anuais.
Denominación de orixe |
- Artigo principal: Denominacións de orixe de Galicia#Viños con denominación (V.C.P.R.D.).
Antes de falar das características do sector, cómpre definir o concepto de Denominación de Orixe, que designa o nome xeográfico da zona empregado para designar un produto da vide, do viño ou dos seus alcois que teñan cualidades ou características diferentes, debido ó medio natural ou á elaboración. Enténdese que o produto merece esta asignación xeográfica cando acada con carácter permanente unha difusión e coñecemento dabondo no mercado, ou cando menos un prestixio notable, ou teña mercados no exterior. As denominacións están rexidas polo Consello Regulador, composto polo Ministerio de Agricultura, produtores, adegueiros e traballadores: xunto co Instituto Nacional de Denominacións de Orixe e a Xunta de Galicia, son os que propoñen as características que logo se certificará en toda a produción (límites xeográficos, graduación alcohólica, variedades vitivinícolas etc.).
As adegas asociadas á Denominación de Orixe distribúense así:
- 192[1] nas Rías Baixas;
- 30 adegas[2] e 78 Colleiteiros[3] no Ribeiro;
- 94[4] na Ribeira Sacra;
- 46[5] en Valdeorras;
- 25[6] en Monterrei;
Rías Baixas |
- Artigo principal: Denominación de Orixe Rías Baixas.
Consta de cinco subzonas: o Salnés distribúese por Cambados, Meaño, Meis, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Barro, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, rodeando á ría de Arousa; o Condado repártese entre Arbo, Crecente, As Neves, Salvaterra de Miño e A Cañiza; o Rosal inclúe Tomiño, Tui e O Rosal; Soutomaior; Ribeira do Ulla, a máis recente.
O albariño é a súa produción monovarietal de máis éxito. A produción é de baixa graduación, de viño branco e sen crianza, e expórtase cada vez máis a mercados do norte peninsular (especialmente Barcelona e Madrid) e exteriores (Alemaña, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Suíza, Xapón e Suecia). A denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de vinte e cinco mil litros e unhas vinte superan os setenta e cinco mil.
Ribeira Sacra |
- Artigo principal: Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Moi noviña, esta denominación do Sur lugués abrangue tamén o Norte ourensán. A súa xeografía é moi particular: encanonada no Miño e no Sil, con pendentes de 40-100%, alturas de 300–800 m e os socalcos, bocarribeiras e pataos aterrazados ás veces con anchos inferiores a un metro.
O nome provén da cantidade de conventos e mosteiros da zona. O cultivo vinícola remóntase ós romanos e é un dos máis meritorios e agochados da Península Ibérica: para poder protexelo do despoboamento, o envellecemento, a disgregación parcelaria ou a falla de distribución comercial e iniciativas cooperativas, creouse o Centro de Investigación e Valoración da Viticultura de Montaña.
Ten cinco subzonas: Quiroga-Bibei (entre Montefurado e O Courel), Chantada, Ribeiras do Miño (na gorxa do Miño), Amandi e Ribeiras do Sil (nos vales do Sil e o Cabe ata Monforte). As variedades máis cultivadas son o mencía e o godello, pero tamén están autorizadas o albariño e treixadura. A zona está en plena expansión, con gran grao de modernización e calidade, o que sen dúbida lle agoira boas expectativas.
Ribeiro |
- Artigo principal: Denominación de Orixe O Ribeiro.
Esta denominación distribuíse polos vales do río Arnoia, o río Avia e o Miño (delimitando tres Ribeiros ou subzonas) e é das máis coñecidas no ámbito nacional. As uvas brancas autorizadas son treixadura, torrontés, loureira e albariño coma autóctonas e Xerez e Macabeo coma foráneas. As tintas son mencía, ferrón, sousón, brancellao e garnacha. Malia a súa aposta pola incorporación tecnolóxica e técnica e a súa enorme tradición, veu decaer o seu prestixio nos últimos anos.
Monterrei |
- Artigo principal: Denominación de Orixe Monterrei.
Tamén noviña (catro adegas), pero con carácter provisional xa en 1972 dada a súa tradición vitivinícola, esténdese por Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Oímbra. Pode ter uvas de tipo palomino, verdello, dona Branca, Alacant, mencía, gran negro e mouratón.
Valdeorras |
- Artigo principal: Denominación de Orixe Valdeorras.
No poñente ourensán, entre o Sil e o Xares e abranguendo os concellos de A Rúa, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras, esténdese esta denominación de antiga tradición pero pouco coñecida. As súas variedades de uva son godello, mencía, (as máis importantes) palomino, dona Branca, garnacha tinta ou de Alacant, gran negro, María Ardoña e merenzao.
O viño na cultura popular galega |
- Artigo principal: O viño na cultura popular galega.
Principais produtores |
Alimentos |
---|
Pan - Pasta - Queixo - Arroz |
Cociñas rexionais |
Asia - Europa - Caribe Sueste asiático - Latino américa Oriente medio - Norte de África - África - Galiza Categoría: Gastronomía |
Técnicas de preparación rexionais |
Técnicas - Utensilios Pesos e medidas |
Vexa tamén: |
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias Wikibooks: Cookbook |
No ano 2005 os maiores produtores mundiais de viño foron: Francia, Italia, España, Estados Unidos, Arxentina, China, Australia, Suráfrica, Alemaña, Chile, Portugal, Romanía, Rusia, Hungría e Grecia. No 2003 os líderes en volume de exportación por cota de mercado mundial foron: Francia (22%), Italia (20%), España (17%), Australia (8%), Chile (6%), EEUU (5%), Portugal (4%) e Alemaña (4%).
Canto ás exportacións, no ano 2010 España foi o primeiro país exportador de viño a granel, con 880 millóns de litros, seguida por Italia (744), Australia (356) e Chile (294) [7].
Classificación | País | Produción (toneladas) |
---|---|---|
1 | Francia | 5.329.449 |
2 | Italia | 5.056.648 |
3 | España | 3.934.140 |
4 | Estados Unidos | 2.232.000 |
5 | Arxentina | 1.564.000 |
6 | China | 1.300.000 |
7 | Australia | 1.274.000 |
8 | Suráfrica | 1.157.895 |
9 | Alemaña | 1.014.700 |
10 | Chile | 788.551 |
11 | Portugal | 576.500 |
12 | Romanía | 575.000 |
13 | Rusia | 512.000 |
14 | Hungría | 485.000 |
15 | Grecia | 437.178 |
16 | Brasil | 320.000 |
17 | Austria | 258.000 |
18 | Ucraína | 240.000 |
19 | Moldavia | 230.000 |
20 | Croacia | 180.000 |
Notas |
↑ Evolución Xeral da Denominación de Orixe Rías Baixas PDF Arquivado 08 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en castelán), Consejo Regulador de la D.O. Rías Baixas
↑ Listaxe de adegas Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Consello Regulador da D.O. Ribeiro
↑ Listaxe de colleiteiros Arquivado 05 de outubro de 2015 en Wayback Machine., Consello Regulador da D.O. Ribeiro
↑ Cifras do Consello Regulador[Ligazón morta], Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra
↑ Informe de Adegas PDF Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine., Consello Regulador da D.O. Valdeorras
↑ Listaxe Adegas PDF Arquivado 03 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán), Consello Regulador D.O. Monterrei
↑ "España, primer exportador de vino mundial con 880 millones de litros en 2010" (Agroinformación.com) Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine..
↑ Estatísticas de produción FAO
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viño |
Outros artigos |
- O viño na cultura popular galega
Lagar, vendima, vide, adega, prensa de viño- Viño de Galicia
- Orixe mitolóxica do viño
- Historia do viño
Ligazóns externas |
Taste of red wines - (en inglés) (en francés)
Wine storage - (en inglés) (en francés)
Wine vintages, vintage charts - (en inglés) (en francés)
|
|
Categorías:
- Viño
- Enoloxía
- Viticultura
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.596","walltime":"0.910","ppvisitednodes":"value":1807,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":37572,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2522,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":13,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":12,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5453,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":13,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 774.036 1 -total"," 45.28% 350.514 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 28.14% 217.808 5 Modelo:Infobox"," 23.91% 185.071 1 Modelo:Valor_nutricional"," 9.38% 72.588 1 Modelo:Commonscat"," 9.05% 70.016 1 Modelo:Irmáns"," 8.51% 65.899 1 Modelo:Caixa_lateral"," 6.35% 49.184 1 Modelo:Convert"," 4.56% 35.284 1 Modelo:Listaref"," 2.39% 18.469 6 Modelo:Webarchive"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.302","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5767520,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1310","timestamp":"20190516184746","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Viu00f1o","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Vi%C3%B1o","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q282","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q282","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-12-31T18:31:47Z","dateModified":"2019-04-12T07:47:03Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/2e/Uva_catalana_GDFL.JPG","headline":"bebida alcohu00f3lica"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":162,"wgHostname":"mw1247"););