Skip to main content

Lume Índice Fundamento químico | Influxo histórico | Cando o lume era novo | Mitoloxía sobre o lume | Fogo | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasDiccionario universal de mitología300068986764122883271328502544163015-14434016969-8fire-damage00563133fuocoD005390

Lume


latínoxidacióncombustibleluzcalorvapor de augadióxido de carbonoexotérmicoorgánicocarbónmadeirahidrocarburososíxenoaireenerxía de activacióntemperaturacalorreacciónluzgasesincandescentestemperaturacorhidrocarburosanimaliasxeraciónsosíxenoelementoatmosferaTerraSolplasmaincandescentevexetaisfotosintéticosCarl SagancaldeosPersiacoroaciónZoroastroApoloAtenasDelfosCeresMinervapritaneasNuma PompiliovestaisparsoscabazatártarosyakutsSiberiarío ColumbiaVulcanociclopesvestalsalamandrasímbolosCesare RipaGravelotfénixmasoneríaloxias










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Lume




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Para a luz ou cavidade de estruturas anatómicas e biolóxicas, véxase lume (bioloxía).

Para a aldea, véxase Lume, San Xusto, Coristanco.




Lume producido ó queimarse un misto.





Facendo lume





Lume dun incendio no bosque.


O lume (do latín lumen, -inis, relacionado con lux ‘luz’)[1] é o resultado dun proceso de oxidación violenta de materia combustible que produce luz, calor, vapor de auga e dióxido de carbono. O lume caracterízase pola masa gasosa coñecida como lapas que se desprende da materia que arde. É un proceso moi exotérmico.


Lume e fogo son conceptos próximos pero só ás veces funcionan como sinónimos[2][3].


Fire02.jpg



Índice





  • 1 Fundamento químico


  • 2 Influxo histórico


  • 3 Cando o lume era novo


  • 4 Mitoloxía sobre o lume

    • 4.1 Significado simbólico e iconoloxía



  • 5 Fogo


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Outros artigos





Fundamento químico |


Para comezar a producir lume son necesarias tres cousas: un combustible (en xeral, un composto orgánico, como o carbón, a madeira, os plásticos, gases de hidrocarburos, a gasolina...), un comburente, o osíxeno do aire, e calor (unha enerxía de activación), que pode darse cunha chispa ou outra lapa.


Cada combustible ten unha temperatura de ignición distinta, que é necesario acadar para que comece a reacción química, que acostuma ser automantida mentres existan reactivos.


Os gases producidos pola oxidación (principalmente vapor de auga e dióxido de carbono), a alta temperatura pola calor desprendida pola reacción, emiten luz visible: as lapas (gases incandescentes).


A composición dos gases desprendidos, así como a súa temperatura, determinan a cor da lapa. Así, son vermellas, laranxas ou amarelas no caso de papel e madeira; ou azuis no caso de moitos gases de hidrocarburos, como os usados no fogar, pero poden ser doutras cores cando arden outros elementos.


De igual xeito, o lume está determinado por algúns factores que dependerían, por exemplo, dos distintos combustibles que o orixinan, de xeito que os procesos industriais xeran cada certo tempo, polas súas tarefas, distintos tipos de lume, ou os mesmos con distintas intensidades que só logran un bo avance en áreas de investigación anti-incendios.



Influxo histórico |



Artigo principal: Dominio do lume polos primeiros humanos.

O lume encandeou á humanidade durante séculos. Quizais o humano cobrou conciencia da súa superioridade cando dominou o lume, ó cal os demais animais temen. Os seus primeiros usos foron a calor e a defensa ante as animalias, pero axiña deu probas de que era algo máis: a sinxela observación de que a punta do pau co que o removían se carbonizaba e gañaba dureza, converténdoo en arma de caza máis eficaz, foi o principio do seu uso como xerador de técnicas.


Ó seu arredor viviron moitas xeracións. O home usou a súa forza destrutiva, por exemplo con fins bélicos, e tamén para construción: moldeado de metais, extracción enerxética para converter en enerxía mecánica,... o lume foi crucial na construción da nosa cultura actual



Cando o lume era novo |




Lume no bosque.


O lume, como foi indicado enriba, necesita de osíxeno, elemento que non sempre estivo na atmosfera, polo que o lume tal como o coñecemos (puideran darse outras formas) é posterior á conformación da atmosfera na Terra. A pesar do que cumpriría agardar, o Sol non ten lume, senón plasma incandescente. Tendo en conta que o osíxeno é un subproduto vital dos vexetais fotosintéticos, tamén sería posterior a estes.


As ideas anteriores foron expostas por Carl Sagan no seu libro Shadows of Forgotten Ancestors, no capítulo homónimo ó artigo.



Mitoloxía sobre o lume |




Na mitoloxía grega, o Etna era o volcán onde se situaban a fragua de Hefesto.


Dende que o ser humano comezou a dominar o lume, presentouse un problema importante: acendelo. De aí que as relixións se convertesen nas gardiás do lume: manter o lume permanente era importante por se os lumes domésticos se apagaban e por iso todas as relixións manteñen o lume aceso no santuario.


O culto do lume seguiu ao que se tributaba ao Sol e case todos os pobos adorárono como o máis nobre dos elementos e como unha imaxe viva do astro do día. Os caldeos tíñano por unha deidade suprema, mais foi en Persia onde se estendeu o seu culto case en exclusiva. Atopábanse por todas as partes espazos pechados con muros e sen teito nos que se acendía continuamente o lume e onde o pobo devoto acudía a determinads horas para pregarlle. Os grandes señores arruinábanse guindando nel esencias preciosas e flores odoríferas, privilexio que miraban como un dos mellores dereitos da nobreza. Estes templos descubertos foron coñecidos polos gregos co nome de Pyreia (Πυραία) o Pyrateia (Πυραταία). Os viaxeiros modernos falan tamén deles como dos monumentos máis antigos para o culto do lume. Cando un rei de Persia agonizaba, apagábase o lume nas principais cidades do reino e non se volvía acender ata despois da coroación do seu sucesor. Estes pobos imaxinaban que o lume fora traído do ceo e posto sobre o altar do primeiro templo que Zoroastro ordenara edificar na cidade de Xis, na Media. Estaba prohibido guindar nel nada que non fose puro, chegando a superstitición ata o punto de que ninguén se atrevía a miralo atentamente. Os sacerdotes conservábano secretamente e facían crer ao pobo que era inalterable e se alimentaba de si mesmo.


Este costume pasou á antiga Grecia. Ardía un lume sagrado nos templos de Apolo en Atenas e en Delfos, no de Ceres, no de Minerva, no de Xúpiter Ammon e nas pritaneas de todas as cidades gregas. Os romanos adoptaron este culto e Numa Pompilio fundou un colexio de vestais, coa función de conservar o lume sagrado. Esta relixión subsistiu entre os parsos e ademais tamén existía en moitos pobos de América. Cando estes pobos volvían dalgunha expedición militar ou saíran felizmente dun perigo inminente, encendían un gran lume e amosaban a súa ledicia danzando arredor súa cunha cabaza ou campaíña na man, dando grazas a este elemento por salvarlles a vida.


O lume é igualmente unha das principais divindades dos tártaros. Non permiten achegar ao seu territorio a ningún estranxeiro sen que antes se purificase pasando entre dúas cachelas. Evitan con gran coidado meter no lume un coitelo nin tocalo con este instrumento. Antes de beber teñen o costume de volverse cara ao medio día, que é o lado que segundo eles corresponde ao lume, en honra do que edifican tamén as súas cabanas coa porta cara a ese lado.


Os antigos africanos tributaban as súas honras divinas ao lume e mantiñan nos seus templos un lume eterno.


Os yakuts de Siberia cren que no lume existe habita un ser ao que atribúen o poder de dispensar os bens e os males e ofrécenlle sacrificios perpetuos. Os indios das beiras do río Columbia miraban o lume como un ser poderoso e terrible e ofrecíanlle sacrificios por ser o árbitro do ben e do mal. Buscaban o seu apoio porque el era o único que podía interceder co seu protector alado e proporcionarlles o que desexaban, especialmente caza e pesca abondosas.



Significado simbólico e iconoloxía |




Lume na cerimonia da cea do solsticio de inverno.


Este elemento tivo altares, sacerdotes e sacrificios en moitas comunidades do planeta. Os romanos representábano baixo a figura de Vulcano en medio dos ciclopes. Unha vestal preto dun altar sobre o que arde o lume sagrado ou unha muller cun vaso cheo del cunha salamandra nos seus pés tamén son símbolos por medio dos que os antigos representaban o lume. Cesare Ripa e Gravelot uniron a este emblema a presenza do Sol, principio da calor e da luz, e o fénix, que morre e renace neste elemento; expresión xeroglífica da opinión dos filósofos que crían que o mundo sería consumido algún día polas lapas para renacer máis brillante e perfecto.[4]


A masonería tamén inclúe o lume entre os seus símbolos: é un dos catro elementos que, igual que nas culturas da antigüidade, aparecen continuamente na linguaxe e nos traballos das loxias. A masonería toma o significado simbólico antigo do lume e recoñece a súa dobre natureza: creación e iluminación, por un lado, e destrución e purificación, polo outro.[5]



Fogo |



Artigo principal: Fogo.

Fogos GFDL103.JPG

Por fogo enténdese



  1. · Descarga e disparo dunha arma.


  2. · Luz e calor producidos pola combustión.


  3. · Foguetes, fogos de artificio.


Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lume. Consultado o 08 de febreiro de 2017.


  2. Segundo o DRAG: Fogo e lume son palabras de significados moi próximos pero con usos distintos, aínda que é difícil establecer unha delimitación teórica. Propiamente o fogo refírese á combustión en si ou á súa manifestación en forma de calor, mentres que o lume indica luz, chama, claridade e mesmo calor. O uso de fogo é por tanto moito máis restrinxido e só moi raramente pode aparecer en vez de lume.


  3. Exemplos de uso de fogo e lume no refraneiro galego: A neve onde o fogo, derrétese logo. No palleiro, non fagas lume nin co esqueiro.


  4. Diccionario universal de mitología


  5. Daza, J. C. (1997). Diccionario Akal de la masonería. Madrid: Akal. ISBN 84-460-0738-X



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Incendio

  • Incendio forestal




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lume&oldid=4650377"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.388","walltime":"0.570","ppvisitednodes":"value":600,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":10642,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":709,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":11,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2909,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":12,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 509.105 1 -total"," 74.41% 378.815 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 7.95% 40.481 1 Modelo:Commons"," 7.40% 37.651 1 Modelo:Irmáns"," 6.61% 33.668 1 Modelo:Caixa_lateral"," 3.74% 19.032 1 Modelo:Listaref"," 2.64% 13.462 1 Modelo:Artigo_Principal"," 2.35% 11.952 1 Modelo:1000"," 1.79% 9.136 1 Modelo:Icona_en_título"," 1.67% 8.506 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.235","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3323802,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1306","timestamp":"20190508232450","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Lume","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Lume","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3196","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3196","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2003-03-15T04:50:20Z","dateModified":"2018-02-16T15:58:29Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a3/Streichholz.JPG"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":142,"wgHostname":"mw1329"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020