Maruca do Mediterráneo Índice Nomes galegos Características Pesca e estado das poboacións En Galicia Notas Véxase tamén Molva macrophthalma(ICES Advice 2008, Book 9).Mapa de distribuciónMolva macrophthalma (Rafinesque, 1810)
peixe osteíctioordegadiformesfamilialótidoscostasAtlánticoRafinesqueséculo XIX1970arrastreirosictiolóxicacorpohábitatarrastreirosIrlandapenínsula IbéricaÁfricaillas AzoresMediterráneomar Xónico1960pirámides de poboaciónsobreexplotaciónresilientescarnívorocontaminacióncadea tróficaalgasfitoplanctode Buen
Maruca do Mediterráneo
function mfTempOpenSection(id)var block=document.getElementById("mf-section-"+id);block.className+=" open-block";block.previousSibling.className+=" open-block";
Maruca do Mediterráneo Molva macrophthalma | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Maruca do Mediterráneo | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Molva macrophthalma (Rafinesque, 1810) | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
A maruca do Mediterráneo,[2] é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos lótidos, que vive nas costas do Atlántico nordeste.
Esta especie, descrita por Rafinesque en 1810 (como Phycis macrophthalmus), vive nas primeiras capas das augas profundas, polo que non foi descuberta até o século XIX e aínda hoxe é pouco coñecida. Por outra parte, é unha das numerosas especies de peixes cuxas poboacións parece que diminuíron rapidamente desde que, na década dos anos 1970, os arrastreiros pescan nas zonas onde os reprodutores se reúnen para a posta.
Moitas veces a maruca do Mediterráneo confúndese cunha especie moi semellante, Molva dypterygia, o peixe pau ou maruca azul,[2] de xeito que nalgunhas estatísticas sobre pesca, e en moitos mercados, estas marucas aparecen indistintamente con un ou outro nome.[3]
Índice
Nomes galegos
Na bibliografía ictiolóxica galega só se rexitra a especie Molva macrophthalma, ademais de no xa citado Vocabulario de Lahuerta e Vázquez, na monografía de Ríos Panisse Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia.[4]
Lahuerta e Vázquez elixiron como nome vulgar da especie, como quedou dito, o de maruca do Mediterráneo, sen dúbida porque unha das súas características é a de abundar neste mar,[5] desbotando o de maruca española co que se coñece noutras linguas (francés, lingue espagnole; inglés, Spanish ling).[6]
Pola súa parte, Ríos recolleu en diversos portos galegos os nomes populares de maruca,[7]martilonga, meruca (unha variante de maruca) e, nada menos que en 15 localidades, o de peixe pau, indicando, iso si, que en todos os casos á identificación foi dubidosa.
A este respecto, cómpre dicir que os ictiólogos galegos dan este último nome á moi semellante especie Molva dypterygia.[8][9]
Características
A maruca do Mediterráneo ten o corpo alongado, en forma de lámina grosa, dunha lonxitude que pode chegar aos 100 cm (108 cm tamaño máximo declarado).
O seu hábitat é poco coñecido, aínda que este peixe se captura normalmente polos arrastreiros demersais en zonas subtropicais a profundidades bastante grandes.
Coñécese nas costas do Atlántico nororiental, desde Irlanda até a península Ibérica e o noroeste de África, pasando polas illas Azores. É común no Mediterráneo, polo menos até o leste do mar Xónico, onde vive a profundidades de entre 388 e 754 m.[5][10]
Os científicos non dispoñen aínda de datos suficientes para precisar a extensión xeográfica desta especie e, polo tanto, poder avaliar os eventuais stocks das súas poboacións
Pesca e estado das poboacións
A pesca e comercialización da maruca do Mediterráneo comezou a efectuarse de maneira significativa a parir da década dos anos 1960.
A idade dos exemplares capturados é moi difícil de precisar, e a avaliación do estado dos stoks sobre a base das pirámides de poboación é, por tanto, imposíbel.
Este peixe esá considerado por todos os expertos (Ifremer, CIEM etc.) desde vulnerábel a moi vulnerábel, debido á sobreexplotación. Ademais, esta especie considérase que é moi pouco resilientes, xa que son necesarios polo menos 14 anos para que poidan duplicar a súa poboación,[11] por varias razóns, entre elas:
- o seu crecemento é lento
- reprodúcense tardiamente
- poderían localmente estar expostas a contaminantes que poderían diminuír a súa capacidade reprodutiva.
Esta maruca, como as outras, é un peixe carnívoro, polo que é máis sensíbel á contaminación debido á bioconcentración dos contaminantes na cadea trófica que os peixes que se alimentan de algas ou de fitoplancto.
En Galicia
En Galicia varios autores rexistraron a súa presenza, como de Buen, en 1932, citándoa como M. elongata (un sinónimo de M. macrophthalma) ou Lozano e Rey, que a cita en Pontevedra en 1960 xa como M. macrophthalma.[12]
Notas
↑ Molva macrophthalma en Wordl Register of Marine Species. (en inglés)
↑ 2,02,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 91.
↑ Ver páxinas 17 a 23 da avaliación do 2008 do ICES (ICES Advice 2008, Book 9).
↑ Ríos Panisse, M. C. (1977), pp. 413-414.
↑ 5,05,1 <Mytilineou, C., C.-Y. Politou, C. Papaconstantinou, S. Kavadas, G. D'Onghia e L. Sion (2005): "Deep-water fish fauna in the Eastern Ionian Sea". Belg. J. Zool., 135 (2): 229-233.
↑ Aínda que un sinónimo inglés é Mediterranean ling.
↑ Antón Santamarina, na nota etimolóxica, afirma que este nome corresponde máis propiamente a Molva molva.
↑ Rodríguez Solórzano et al. (1983)
↑ Rodríguez Villanueva et al. (1995)
↑ Mapa de distribución en AquaMaps.
↑ Cheung, W. W. L., T. J. Pitcher e D. Pauly (2005): "A fuzzy logic expert system to estimate intrinsic extinction vulnerabilities of marine fishes to fishing". Biol. Conserv. 124: 97-111.
↑ Solórzano et al. (1988)
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Maruca do Mediterráneo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Maruca do Mediterráneo |
Bibliografía
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingïue de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Comnpostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos
- Gadiformes
- Gádidos
- Lótidos
Ligazóns externas
Molva macrophthalma (Rafinesque, 1810) en FishBase. (en inglés) Contén numerosas ilustracións.
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.324","walltime":"0.507","ppvisitednodes":"value":1339,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":16759,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2705,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":10,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":12,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5637,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":13,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 437.293 1 -total"," 70.05% 306.321 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 12.27% 53.659 1 Modelo:Taxobox"," 9.97% 43.604 1 Modelo:Commons"," 9.90% 43.292 2 Modelo:Irmáns"," 9.51% 41.588 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 8.98% 39.281 2 Modelo:Caixa_lateral"," 3.97% 17.357 1 Modelo:Listaref"," 2.24% 9.804 2 Modelo:Título_sen_retrouso"," 1.53% 6.677 1 Modelo:Wikispecies"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.161","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2570085,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1325","timestamp":"20190503091033","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Maruca do Mediterru00e1neo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Maruca_do_Mediterr%C3%A1neo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q824819","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q824819","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2013-07-28T13:25:17Z","dateModified":"2018-08-11T21:43:26Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/13/Molva_macrophthalma.jpg"(window.NORLQ=window.NORLQ||[]).push(function()var ns,i,p,img;ns=document.getElementsByTagName('noscript');for(i=0;i-1)img=document.createElement('img');img.setAttribute('src',p.getAttribute('data-src'));img.setAttribute('width',p.getAttribute('data-width'));img.setAttribute('height',p.getAttribute('data-height'));img.setAttribute('alt',p.getAttribute('data-alt'));p.parentNode.replaceChild(img,p);});(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":159,"wgHostname":"mw1269"););