Skip to main content

Punk Índice Historia do punk | Orixe do termo 'punk' | Filosofía punk | Subxéneros e estilos relacionados | En Galiza | O punk noutros países | Véxase tamén | Menú de navegaciónmellorar este artigo16854ID4176370-1punk-rocksh85109128

Xéneros musicaisPunk


rock1970rockguitarrasbateríaGran Bretañarockpunk rockThe KinksThe BeatlesThe WhoThe StoogesThe Velvet UndergroundSurf rockproto-punkThe ClashModerns LoversThe RamonesLondresSex PistolsInglaterrareggaeskaglam rockhardcore punkBad BrainsMiddle ClassTeen Idles1976Nova YorktelevisióncervexasexohamburguesasqueixocómicsVelvet UndergroundStoogesNew York Dollsrol socialfilosofíamovemento punkmoraltradiciónhardcore punkanarquismoanticapitalismoantimilitarismoantifascismoSiniestro Totalmovida viguesaAerolineas FederalesOs ResentidosHardcoreSka-PunkOi!XenreiraFame NeghraMolNeboaUse of AbuseRuinascrustEkkaiaMadame GermenHC Vigo CrewCarcomedhiVigoMorrazoSoakSkachaDisturbio 77"Nen@s da Revolta"oi!Ruín BoisKeltoi!ría de VigoSkarnioLalínSkarmentoSantiagoUK SubsThe DamnedUndertonesDead BoysBuzzcocksSham 69The BoysSlaughter and the Dogshe AdvertsRamonesSex PistolsThe ClashWireSkrewdriverFaíscasMinas e ArmadilhasAqui D'el RockUHFXutos & PontapésCães a Morte e o DesejoCães Vadiosnew-wavepos-punkMau MauMata-RatosGrito SuburbanoDIYInocentesOlho SecoCóleraO Começo do Fim do MundoSão PauloABC paulistaAborto ElétricoBrasíliaRatos de PorãoDiscargaEu serei a hienaCóleraInocentesGarotos PodresThe SlitsPalmoliveLa Banda Trapera del RioCornellà de LlobregatBarcelonamovida madrileñaKaka de LuxeAlaska y los PegamoidesRadio FuturaParálisis PermanenteSiniestro TotalT.N.T.LarsenSeguridad SocialLa Polla RecordsKortatuCicatrizLas VulpesEskorbutoEl Último Ke Zierrerock radical vasconew waveLendakaris MuertosNoWayOutDikersGatillazo2003Polla RecordsLista de directores punk












Punk




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Punk rock")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura


O punk é un movemento musical dentro do rock que emerxeu a mediados dos anos 1970. Caracterízase pola súa actitude independente e de afeccionados. Nos seus inicios, o punk era unha música moi simple e crúa, ás veces descoidada: un tipo de rock sinxelo, con melodías simples de duracións curtas, sons de guitarras amplificadas pouco controlados ou ruidosos, poucos arranxos e instrumentos, e, polo xeral, de compases e tempos rápidos.


As liñas de guitarra caracterízanse pola súa sinxeleza e a crueza do son amplificado, xeralmente creando un ambiente sonoro ruidoso ou agresivo herdado do Garage rock. O baixo, polo xeral, segue só a liña do acorde e non busca adornar con oitavas nin arranxos a melodía. A batería pola súa banda leva un tempo acelerado, con ritmos sinxelos de rock. As voces varían desde expresións fortes e ata violentas ou desgarradas, expresivas caricaturas cantadas que alteran os parámetros convencionais da acción do cantante, ata formas máis melódicas e elaboradas.




Índice





  • 1 Historia do punk

    • 1.1 Orixes e contexto cultural



  • 2 Orixe do termo 'punk'


  • 3 Filosofía punk


  • 4 Subxéneros e estilos relacionados


  • 5 En Galiza


  • 6 O punk noutros países

    • 6.1 O punk en Portugal


    • 6.2 O punk no Brasil


    • 6.3 O punk en España



  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Outros artigos


    • 7.2 Filmografía (documentais, biopics e filmes de ficción)


    • 7.3 Lecturas


    • 7.4 Banda deseñada





Historia do punk |



Orixes e contexto cultural |


A finais dos anos 1960, unha corrente de mozos de Gran Bretaña e outros países industrializados consideraban que o rock pasara de ser un medio de expresión para os mozos, a unha mera ferramenta de mercado e escaparate para a grandilocuencia dos músicos dese entón, afastando a música da xente común. O punk xurdiu como unha mofa á rixidez dos convencionalismos que ocultaban formas de opresión social e cultural.


As características do punk rock foron precedidas polo garaxe rock, recruando máis o son forte do rock e con composicións menos profesionais, influenciados polo son da "Invasión Británica", como The Kinks, The Beatles ou The Who, e collendo elementos do son ruidoso do garaxe rock de The Stooges ou The Velvet Underground. Tamén se recollen influencias do frenético Surf rock. Estas variadas influencias coñécense agora como proto-punk. Dentro das mesmas pódese incluír tamén entre as influencias temperás a Bobby Fouler Four autor do sinxelo "I Fought the Law", que fose covereado por The Clash, e a Moderns Lovers autores de "Rooadrunner" dados os seus ritmos acelerados, non tan próximos ao punk rock posterior pero se afastado do rock convencional e típico da época, con acordes simples pero aínda sen distorsión ou volume alto.


The Ramones fixeron composicións sinxelas, cuxas acedas letras trataban temas como a anti-moda e as drogas, marcando co seu estilo unha pauta a seguir para as bandas por vir.


The Clash, unha das bandas máis populares do punk británico.A visita destes a Londres fixo que grupos xa existentes, como os Sex Pistols, comezasen a usar os seus instrumentos como medios de expresión e provocación para mostrar o seu descontento cara ao que consideraban unha sociedade de mentalidade estreita e represora.


Co tempo o xénero tomaría diferentes camiños e no seu paso evolucionaría en moitos subxéneros e recollería influencias doutros estilos musicais. Os subxéneros do punk defínense ás veces por características musicais, e noutros casos polo contido da mensaxe ou a ideoloxía que o inspira.


Tal como despois sucedería en moitos outros países, en Inglaterra pronto os grupos tomaron influencias doutros xéneros. Unha das primeiras fusións do punk foi co reggae e o ska dos inmigrantes xamaicanos no país. Como primeiro e máis representativo exemplo pódese mencionar á banda The Clash e os seus temas "Police and Thieves", "The Guns of Brixton" e "(White Man) In Hammersmith Palais". Outro xénero que pronto se fusionou co punk foi o glam rock.


Nos inicios tamén xurdiu o estilo hardcore punk, que se caracterizou por ser unha versión máis rápida da forma sucia de tocar o punk. As primeiras bandas foron Bad Brains, Middle Class e Teen Idles.



Orixe do termo 'punk' |


O termo inglés "punk" ten un significado despectivo que adoita variar, aplicándose a obxectos (significando "lixo") ou a persoas (significando "vago", "desprezable" ou, tamén, "lixo" e "escoura"). Utilízase de forma irónica como descrición do substrato crítico ou descontento que contén esta música. Ao utilizalo como etiqueta propia, os "punkies" (ou "punks") desmárcanse da adecuación aos roles e estereotipos sociais. Debido ao carácter deste significado, o punk a miúdo asociouse a actitudes de descoido persoal, utilizouse como medio de expresión de sentimentos de malestar e odio, e tamén deu cabida a comportamentos neuróticos ou autodestructivos.


O termo punk utilizouse como título dunha revista fundada en 1976 en Nova York por John Holmstrom, Ged Dunn e Legs McNeil que desexaban unha revista que falase de todo o que lles gustaba: as reposicións por televisión, beber cervexa, o sexo, as hamburguesas con queixo, os cómics, as películas de serie B, e o estraño rock n' roll que soaba nos garitos máis mugrientos da cidade: Velvet Underground, Stooges e New York Dolls, entre outros.


Máis tarde o significado tamén serviría para inspirar as correntes esquerdistas do xénero, como etiqueta que desfai a condición de clase ou rol social con débedas de reputación ou aparencia.



Filosofía punk |


A filosofía punk pode resumirse en "Faino ti mesmo", "faino ao teu xeito"; Rexeitar os dogmas, e non buscar unha única verdade; cuestionar e transgredir todo o que rodea; non actuar conforme ás modas e as manipulacións mediáticas ademais de estar en contra do consumismo; pensar por ti mesmo.


O movemento punk deu lugar a transgresións das convencións estéticas. A forma orixinaria do punk era unha forma expresionista de transgresión, buscando liberarse dos corpiños estéticos e da opresión, da autoridade e en non estar de acordo na sociedade convencional, así como dos estigmas sociais. O punk orixinal non daba explicacións e buscaba incomodar ao establecido chocando, ofendendo e molestando, sendo sempre o "politicamente incorrecto" e o oposto ao bo gusto, a moral e a tradición. Nun primeiro momento era basicamente unha serie de actitudes de transgresión estética e musical (na vestimenta, o peiteado etc.), aparelladas a unha serie de comportamentos de desconformidade cotiá, que se foron acentuando.


Más adiante, especialmente coa aparición do hardcore punk, as demostracións neglixentes ou autodestructivas foron perdendo protagonismo, e fíxose presente todo un abanico de enfoques con intencións máis conscientes, con énfases na crítica social e cultural, e posicionamentos políticos, asociacionismos e afinidade a campañas de protesta.



Véxase tamén: Movemento punk, Destroy, Hardcore punk, Anarcopunk e Straight edge.

Adoitan ir asociadas ao punk algunhas ideoloxías políticas como o anarquismo, o anticapitalismo, o antimilitarismo e o antifascismo. A partir do movemento punk politizado, hai un debate constante que fai crítica aos que son afeccionados ao punk por cuestións estéticas ou musicais e deixan ao carón o enfoque social ou político.


Doutra banda, debido ao carácter transgresor e ás veces violento do punk, existiron algúns grupos que na súa música inclúen unha mensaxe ou fondo de corte ultradereitista, aínda que en xeral o movemento defínese como próximo á esquerda.



Subxéneros e estilos relacionados |


Como movemento creativo, o son punk deu aparición a numerosas vertentes e estilos. Moitos dos grupos movíanse dun a outro xénero, existindo diferentes niveis de permeación, evolución e fusión, podendo falarse de bandas que encaixan no perfil de máis de dous subxéneros.


Entre os seus subxéneros pódense identificar os seguintes:



  • Hardcore punk: Foi a primeira evolución do punk a fins dos 70s, máis extrema, máis rápida e máis agresiva. Destácanse bandas da primeira onda como Bad Brains, Teen Idles, Dead Kennedys, The Exploited ou The Casualties.


  • Metalcore/Metal hardcore ou tamén chamado crossover: É a rama do hardcore punk que se combina co metal, acelerando este último, chegando a un ritmo rápido. Cóntanse nomes como D.R.I. ou Suicidal Tendencies. Este estilo influíu no Thrash metal (grupos como Metallica ou Anthrax). A miúdo tamén con alta harmonía e diversidade de sons.


  • Hardcore melódico, baseado no hardcore punk, de ritmos rápidos e bases fortes de guitarra, pero con interpretacións vocais melódicas, iniciado por Bad Religion.


  • Post-punk: Movemento máis melancólico e melódico que se caracterizou pola deceleración do ritmo, a tristeza nas letras e o loito polo punk encabezado pola frase "Punk is Dead". Está representado por bandas como Siouxsie & the Banshees, Joy Division ou Bauhaus.


  • Non wave, movemento abstracto e música experimental de Nova York, Lydia Lunch, Glenn Branca, Sonic Youth, Birthday Party


  • Ska-Punk: É o son do punk combinado co ska, con ritmos rápidos e uso de instrumentos como trompetas ou saxofones. Os exemplos máis significativos están en Operation Ivy a quen moitos sinalan como os pioneiros, Rancid, Skankin Pickle ou Less Than Jake, varias cancións de NOFX e Propagandhi etc.


  • Psychobilly: É a mestura do punk rock co Rockabilly. Algúns grupos representativos son The Cramps, The Meteors e Nekromantix.


  • Punk-pop musicalmente máis melódico e limpo, xorde principalmente en Estados Unidos, popularizado nos 90 como parte da "segunda onda punk" por bandas como Green Day.

Por outra banda, tamén se clasifican estilos a partir da súa temática ou enfoque:



  • Anarcopunk: grupos que enlazan a súa música con temáticas ou prácticas anarquistas.


  • Horror punk: caracterízase principalmente polas súas letras relacionadas coas películas de terror e de Serie-B e toda a imaxe que as acompaña, como Zombies, Ghouls, Vampiros, Esqueletos etc. E cunha imaxe similar, usando maquillaxe, peiteados (como o Devilock, popularizado pola pioneira banda The Misfits) etc. Algunhas bandas son Misfits, Creepersin, Diemonsterdie e The Distillers entre outras.


  • Gothic punk: É a rama do punk que mestura o punk e o movemento estético gótico. AFI ou Parálisis Permanente caben dentro desta categoría.


  • Straight Edge: grupos que avogan polo non ás drogas e a favor do vexetarianismo.


  • Oi! (tamén chamado street punk): relacionado á temática Skinhead e o sindicalismo.


  • Skate punk: xeralmente de estilo hardcore ou hardcore melódico, grupos relacionados á subcultura do Skate.


  • Queer punk ou Queercore: grupos con compoñentes homosexuais.


En Galiza |


Galiza polo seu carácter rural aínda a finais do século XX, asistiu de xeito tardío á chegada do punk. Sen dúbida, a primeira banda que pode ser xa considerada plenamente como punk en Galiza son os vigueses Siniestro Total, formados en 1981, aínda que máis ou menos na mesma altura hai outras bandas relacionadas coa movida viguesa, Aerolineas Federales (1981) ou Os Resentidos (1984), que tamén participan en certa maneira do mesmo espírito «punk» a pesar de que esteticamente non cheguen a inscribirse dentro del.[Cómpre referencia]


Continuando no tempo as diferentes innovacións estéticas dentro do movemento punk a nivel internacional van chegando pouco a pouco ao país, o Hardcore, o Ska-Punk, o Oi! etc. cristalizando en diversas escenas, digamos «punk», con diferentes bandas de maior ou menor importancia que van nacer durante os 90 e xa no século XXI. Nos 90 destacan dentro do punk "Os Rastreros" de Chantada, Xenreira, que facían ska, os Fame Neghra, os coruñeses Mol co seu son metaleiro, o Hardcore dos vigueses Neboa, o HC dos coruñeses Use of Abuse etc. Na Coruña, xa co troco de século, destaca a escena das Ruinas (nome da nave industrial abandonada en Meicende, na periferia da Coruña, na que se realizaban concertos) vencellada ao crust con bandas que mesmo son consideradas referentes internacionais do estilo como Ekkaia ou Madame Germen. En Vigo, a HC Vigo Crew tamén destacou pola súa actividade con bandas como Carcomedhi.


En Vigo a mediados e finais dos 80, saen bastantes máis bandas como: Desvirgheitors, Kruce de Kables, Triunfos Kopas, Juerga General, Kankro de mama... No Morrazo nacen Os Raiados, banda de Moaña dos primeiros 80, unha das primeiras bandas de punk en usar integramente o galego nas súas letras; tamén do Morrazo, pero xa de finais dos oitenta son os Keimakasas. No 1989 nacen, tamén no Morrazo, os Kaos, agora Soak,que definen o seu estilo como punk rock furtivo e korrosivo.


En 1991 nacen en Vigo Skacha, a maioría dos seus discos son cantados en galego.
A principios/mediados dos 90 tamén nacen en Vigo bandas como "Disturbio 77","Os Podridos", "Oxtiax ke te pariu", "Ke oxtia pasa", "KGben", "Pussycats", "Nen@s da Revolta"(que fusionaban ska, reggae e hardcore)... ou, xa na escena oi! os "Ruín Bois" ou os "Keltoi!".
De finais dos noventa ate hoxe saen á luz, na ría de Vigo, grupos como Skarnio(ska en galego), "Xolda", "Karlanka", "Guerra de guerrillas"; "Maxximum destruçao", "Tes o As" e "Mortos en vida"(tres bandas hardcore do Morrazo), "Puta miseria", "Essenzia de lapo", "Los faltones", "Ofensiva"(HC), "Otra birra", "El yuyo", "Siervos de nadie", "Modulo 4", "Furancho do vissio", "Rojo2"(HC), "Saldos Arias"... e un longo etcétera.


En Lalín nacen a mediados dos 90 os "Tiro na testa", no ano 2000 créanse os Skarmento, e outros grupos como os "Última Sacudida". En Santiago, nace no 2004 o grupo "Post Mortem".



O punk noutros países |



O punk en Portugal |


O nacemento do Punk en Portugal está vencellado á vaga londinense de 1977 coa chegada ao país de álbums compilatorios británicos que incluían bandas como UK Subs, The Damned, Undertones, Dead Boys, Buzzcocks, Sham 69, The Boys, Slaughter and the Dogs, The Adverts, Ramones, Sex Pistols, The Clash, Wire, Skrewdriver,etc. É deste xeito que comezan a agromar as primeiras bandas: Faíscas, Minas e Armadilhas, Aqui D'el Rock e UHF.


As primeiras gravacións son singles: Os UHF lanzan “A Caçada” e os Aqui D’el Rock, 2 singles cos títulos “Há que violentar o sistema” e “Eu não Sei” (ambos de 1978).


Tamén nesta época comezan a dar os seus primeiros pasos Xutos & Pontapés. Máis underground estaban os Cães a Morte e o Desejo (máis tarde virían a chamarse Cães Vadios), nos 80 os Aqui del Rock pasan a facer new-wave e pos-punk mudando o nome por Mau Mau.


Na década de 1980 aparecen bandas de maior impacto no estado portugués como Mata-Ratos que foi a máis importante da altura co seu Street Punk Oi!(aínda hoxe existentes). Outras bandas dos 80: Bastardos do Cardeal, Jesús Morto na Cruz, Ku de Judas, os Crise Total, os Khaos, os Condenação Pacífica, os Peste & Sida, Morituri, os N.A.M (Núcleo de Atrasados Mentais) etc.


Nos 90 o HC-Punk gozou de boa saúde no país irmán: os Censurados, Subcaos,X-Acto,Alcoore , Corrosão Caótica, F.a.r.t, Inkisição, Arghh, Desordeiros, Simbiose, Humor Cáustico, Má Fama, Insurrectos, 31, Zé Manel Suicida, Motorcharge, Simbiose, N.O.Opression etc.



O punk no Brasil |


O movemento nace no Brasil como crítica ao réxime ditatorial e represivo implantado no país no golpe de 1964. Muitas das cancións dos primeiros grupos son consideradas como auténticos hinos contra a ditadura.


O primeiro rexistro musical do xénero foi Grito Suburbano, compilación DIY con Inocentes, Olho Seco e Cólera en 1982. Tamén neste mesmo ano ten lugar O Começo do Fim do Mundo, evento que actuou como marco de inicio para o movemento con 20 bandas da cidade de São Paulo e do ABC paulista. O festival rematou con fortes enfrontamentos coa policía. O movemento concéntrase sobre todo en San Paulo mais tamén hai bandas doutros lugares como Aborto Elétrico de Brasília.


Nos 80 o movemento atravesa por un pequena crise da que renacerá con novas forzas nos anos 90 e no século XXI coas novas innovacións tecnolóxicas que favorecen a difusión e as gravacións (internet, computadores etc.). Por suposto, a variedade estilística aumenta aparecendo bandas moi dispares. Continúan bandas antigas e aparecen outras moitas: Ratos de Porão, Discarga, Eu serei a hiena, Cólera, Inocentes, Garotos Podres etc.



O punk en España |


Moitos españois, estudantes, e descendentes de exiliados e emigrantes formaron parte da movida punk londinense, como a batería de The Slits, Palmolive, que era madrileña. En España, xa por 1976, a influencia punk aparece con La Banda Trapera del Rio, grupo de Cornellà de Llobregat (Barcelona), pioneiros do xénero no país. Os grupos iniciadores da movida madrileña empezaron a finais dos 70 cunha actitude e musicalidad eminentemente punk. Falamos especialmente do grupo Kaka de Luxe, verdadeira semente da Movida, que posteriormente continuou a súa liña punk nas súas dúas escisións: Alaska y los Pegamoides e Radio Futura. A partir dos anos 1980 en diante atopamos bandas que recollen influencias do punk, como Parálisis Permanente, Siniestro Total, T.N.T., Larsen e Seguridad Social, La Polla Records, Kortatu, Cicatriz, Las Vulpes, Eskorbuto, El Último Ke Zierre etc. A presenza do punk entón sempre estivo moi relacionada co rock radical vasco, e a Movida madrileña dos anos 1980, sendo estes movementos a resposta española ao punk e ao new wave británico.


Nos anos 90, co rexurdir comercial do punk en Estados Unidos, xorden moitas bandas facéndose eco, en todos os subgéneros, desde Lendakaris Muertos, o pop punk de NoWayOut e Dikers, á formación de novas bandas con vellos coñecidos como Gatillazo, tras a separación en 2003 da Polla Records.



Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Hardcore punk

  • Straight Edge

  • Skate

  • Cyberpunk


Filmografía (documentais, biopics e filmes de ficción) |




  • The Blank Generation (Amos Poe, 1976)

  • Crash 'n' Burn (Ross McLaren, 1977)

  • The Punk Rock Movie (Don Letts, 1977-79). Documental

  • The Last Pogo (Colin Brunton, 1978). Documental.

  • Rock 'n' Roll High School (Allan Arkush, 1979). Saen The Ramones.

  • The Great Rock 'n' Roll Swindle (Julien Temple, 1980). Documental de ficción sobre os Sex Pistols.

  • Blank Generation (Ulli Lommel, 1980)

  • The Decline of Western Civilization (Penelope Spheeris, 1980) Documental.

  • Rude Boy (Jack Hazan e David Mingay, 1980)

  • Times Square (Allan Moyle, 1980)

  • Ladies and Gentlemen, The Fabulous Stains (Lou Adler, 1981)

  • Urgh! A Music War (Derek Burbidge, 1981)

  • Another State of Mind (Adam Small e Peter Stuart,1982) Documental.

  • Burst City (Sogo Ishii, 1982). Musical de ciencia ficción do Xapón

  • Ebba the Movie (Johan Donner, 1982). Documental.

  • Class of 1984 (Mark L. Lester, 1982)

  • Smithereens (Susan Seidelman, 1982)

  • Valley Girl (Martha Coolidge, 1983)

  • Repo Man (Alex Cox, 1984)

  • Suburbia (Penelope Spheeris, 1984)

  • Return of the Living Dead (Dan O'Bannon, 1985)

  • Sid and Nancy (Alex Cox, 1986) Biopic sobre Sid Vicius.

  • Population: 1 (Rene Daalder, 1986)

  • Thrashin' (David Winters, 1986)

  • X: The Unheard Music (1986) Documental.

  • Straight to Hell (Alex Cox, 1987)

  • Night of the Demons (Kevin Tenney, 1988)

  • Gleaming The Cube (Graeme Clifford, 1989)

  • Terminal City Ricochet (Zale Dalen, 1990)

  • 1991: The Year Punk Broke (Dave Markey, 1991). Documental

  • Hated: GG Allin and the Murder Junkies (Todd Phillips, 1994). Documental.

  • Tank Girl (Rachel Talalay, 1995). Baseada na BD homónima.

  • Hard Core Logo (Bruce McDonald, 1996)

  • Hype! (Doug Pray, 1996). Documental sobre escena grunge.

  • She's Real, Worse Than Queer (Lucy Thane, 1997)

  • Outsider (Andrej Košak, 1997). Documental.

  • Vennaskond. Millennium (Tõnu Trubetsky, 1998) Documental.

  • Instrument: Ten Years with the Band Fugazi (Jem Cohen, 1999) Documental.

  • SLC Punk! (Jan de Bont, 1999)

  • Summer of Sam (Spike Lee, 1999)

  • The Filth and the Fury (Julien Temple, 2000). Documental.

  • The Clash: Westway to the World (Don Letts, 2000). Documental.

  • Was Tun, Wenn's Brennt? (Gregor Schnitzler, 2001)

  • 24 Hour Party People (Michael Wineterbottom, 2002). Sobre a escena musical de Manchester.

  • Luster (Everett Lewis, 2002)

  • Afro-Punk: The Rock (James Spooner, 2003)

  • Punk Rock Holocaust (Doug Sakmann, 2003)

  • Rise Above: A Tribe 8 Documentary (Tracy Flannigan, 2003). Documental.

  • Shooting at the Moon (Jesse Richards, 2003)

  • End of the Century: The Story of the Ramones (Jim Fields e Michael Gramaglia, 2004). Documental.

  • Boston Beatdown (2004)

  • Punk: Attitude (Don Letts, 2005). Documental.

  • We Jam Econo: The Story of the Minutemen (Tim Irwin, 2005) Documental.

  • New York Doll (Greg Whiteley, 2005). Documental.

  • Wassup Rockers (Larry Clark, 2005)

  • American Hardcore (Paul Rachman, 2006). Documental.

  • Bilo jednom... (Jovan Đerić, 2006). Documental.

  • Loren Cass (Chris Fuller, 2006)

  • Refused Are Fucking Dead (Kristofer Steen, 2006). Documental.

  • Punk's Not Dead (Susan Dynner, 2006). Documental.

  • There is No Authority But Yourself (Alexander Oey, 2006). Documental centrado nos Crass.

  • Threat (Matt Pizzolo, 2006)

  • What We Do Is Secret (Rodger Grossman, 2008). Biopic dos Germs.

Ademais hai toda unha serie de directores aos que se lles adoita etiquetar como directores punk, ver Lista de directores punk



Lecturas |



  • Smash the State: A Discography of Canadian Punk, 1977-92 (Frank Manley, No Exit, 1993), ISBN 0-9696631-0-2


  • Our Band Could Be Your Life (Azerrad, Michael; New York: Little, Brown, 2001). ISBN 0-316-78753-1


  • Going Underground: American Punk 1979-1992 (George Hurchalla, Zuo Press, 2005)


  • Culture Clash: Dread Meets Punk Rockers (3rd edition ed.). London: SAF Publishing. ISBN 0946719993. OCLC 181422771. (Autobiográfico)


Banda deseñada |


  • Tank Girl (1988 - ). Escrita por Alan Martin e debuxos de Jamie Hewlett, Rufus Dayglo, Ashley Wood, e Mike McMahon.



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Punk&oldid=5130882"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.276","walltime":"0.397","ppvisitednodes":"value":569,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":15799,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1883,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":6,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 287.472 1 -total"," 80.10% 230.271 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 12.33% 35.456 1 Modelo:Fonte_primaria"," 11.21% 32.230 3 Modelo:Ambox"," 11.05% 31.756 2 Modelo:Ifsubst"," 3.49% 10.041 1 Modelo:VT"," 1.71% 4.912 1 Modelo:FormatoWiki"," 1.52% 4.366 1 Modelo:Ligazóns_multiparámetros"," 1.25% 3.588 1 Modelo:Sen_notas"," 0.91% 2.618 1 Modelo:Cómpre_referencia"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.150","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2896190,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1289","timestamp":"20190428084807","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Punk","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Punk","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3071","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3071","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-07-30T16:37:38Z","dateModified":"2019-04-28T08:48:21Z"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":211,"wgHostname":"mw1322"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020