Abades, Silleda Índice Historia e patrimonio | Abades na literatura popular | Galería de imaxes | Notas | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación42°45′05″N 8°19′14″O / 42.7514472, -8.3204184AbadesIgrexa de Santa María de AbadesSantuario da Virxe dos Desamparados
Parroquias de SilledaParroquias de Galicia baixo a advocación de santa María
Silleda20111999megalitismomámoaChousa Novaliña de alta velocidade Santiago-Ourenseestación da Bandeiraxurisdiciónarciprestado de Trasdezadiocese de LugoIdade Mediaséculo XIIcanzorrosséculo XVIIIMelchor de Ricoi1773San XoaquínSan XoséAntigo Réximeprovincia de Santiagoconcello de Chapadomingo de Pascuafesta gastronómicarosquillaVirxe do CarmeJuan Salgueiro19871999Chousa NovaAbadesBazarA BouzaCampomarzoCovasReboredaAbades (Santa María)Ansemil (San Pedro)Breixa (Santiago)Carboeiro (Santa María)O Castro (San Mamede)Cervaña (San Salvador)Chapa (San Cibrao)Cira (Santa Baia)Cortegada (Santa María)Dornelas (San Martiño)Escuadro (San Salvador)Fiestras (San Martiño)Graba (Santa María)Lamela (San Miguel)Laro (San Salvador)Manduas (San Tirso)Margaride (San Fiz)Martixe (San Cristovo)Moalde (San Mamede)Negreiros (San Martiño)Oleiros (San Miguel)Parada (San Tomé)Pazos (San Martiño)Piñeiro (San Xiao)Ponte (San Miguel)Refoxos (San Paio)Rellas (San Martiño)Saídres (San Xoán)Siador (San Miguel)Silleda (Santa Baia)Taboada (Santiago)Vilar (San Martiño)Xestoso (Santa María)
Abades, Silleda
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 42°45′05″N 8°19′14″O / 42.7514472, -8.3204184
Abades | |
---|---|
Santuario de Santa María de Abades. | |
Concello | Silleda |
Poboación | 140 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 6 |
Santa María de Abades é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal en 2011 tiña 140 habitantes (78 mulleres e 62 homes), 25 menos ca en 1999. Ten 5 entidades de poboación.
Índice
1 Historia e patrimonio
2 Abades na literatura popular
3 Galería de imaxes
4 Notas
5 Lugares e parroquias
5.1 Lugares de Abades
5.2 Parroquias de Silleda
6 Véxase tamén
6.1 Outros artigos
Historia e patrimonio |
Da época do megalitismo consérvase a mámoa da Chousa Nova, de hai 6000 anos, escavado a comezos do século XXI con motivo das obras da liña de alta velocidade Santiago-Ourense. Na parroquia está situada a estación da Bandeira, inaugurada en 1958.
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Trasdeza, da diocese de Lugo. O nome da parroquia na Idade Media era Santa María de Pedre[1]. O conxunto relixioso de Abades abrangue a igrexa románica de Santa María, o Santuario da Virxe dos Desamparados, a casa reitoral e o cruceiro.
A igrexa de Santa María de Abades é un templo románico do século XII. Destacan as pinturas murais do seu interior e a colección de canzorros zoomorfos dun dos seus laterais exteriores[2]. O santuario da Nosa Señora dos Desamparados é unha construción de grandes dimensións de estilo neoclásico, levantada no século XVIII. Foi deseñada polo pontevedrés Melchor de Ricoi, e promovida polo párroco de Abades, o valenciano Joaquín Espes. Destaca pola súa gran torre, os tres corpos que a forman, as pinturas murais interiores realizadas por Jorge Calvo en 1773 e as imaxes de San Xoaquín e San Xosé, realizadas polo escultor Gambino[3].
No Antigo Réxime pertencía á xurisdición de Trasdeza e á provincia de Santiago. En 1826 tiña 243 habitantes[4]. Até 1853 pertencía ao concello de Chapa, que nese ano mudou a súa capitalidade por Silleda. En 1846 tiña 376 habitantes[5] e tiña escola de seu.
Desde 1988 celébrase cada domingo de Pascua a carón do santuario a festa gastronómica da rosquilla, alimento que ten como avogada a Virxe do Carme.
Desta parroquia era natural Juan Salgueiro, alcalde de Silleda entre 1987 e 1999.
Abades na literatura popular |
Nosa Señora de Abades/ ¿qué lle dás ós teus romeiros?/ Agoiña da miña fonte,/ sombra dos meus castiñeiros.
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes de Abades, Silleda.
Igrexa de Santa María de Abades.
Portada da igrexa de Santa María de Abades.
Santuario da Nosa Señora dos Desamparados.
Mámoa da Chousa Nova.
Cruceiro e fonte en Abades.
Canzorros da igrexa de Santa María de Abades.
Notas |
↑ Abades, na web municipal de turismo
↑ Igrexa de Santa María de Abades na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.
↑ Santuario da Virxe dos Desamparados na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.
↑ Miñano Bedoya, S. (1826): Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal. Madrid: tomo 1, páx. 1 ("ABADES").
↑ Madoz Ibáñez, P. (1845). "ABADES". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 33.
Lugares e parroquias |
Lugares de Abades |
Lugares da parroquia de Abades no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Abades | Bazar | A Bouza | Campomarzo | |
Parroquias de Silleda |
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda | |
---|---|
Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María) |
Véxase tamén |
Outros artigos |
- Lugares de Silleda
Categorías:
- Parroquias de Silleda
- Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.148","walltime":"0.214","ppvisitednodes":"value":550,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":9754,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":576,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":8693,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":0,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 173.035 1 -total"," 34.16% 59.116 1 Modelo:Listaref"," 26.57% 45.984 1 Modelo:Madoz"," 24.25% 41.966 1 Modelo:Cita_enciclopedia"," 15.03% 26.005 1 Modelo:Coord"," 13.28% 22.971 1 Modelo:Parroquia"," 11.06% 19.134 1 Modelo:Infobox"," 4.98% 8.612 1 Modelo:Artigo_principal"," 2.71% 4.694 1 Modelo:Lp_Abades"," 2.14% 3.706 1 Modelo:Ligazóns_multiparámetros"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.032","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1551995,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1315","timestamp":"20190603105932","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Abades, Silleda","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Abades,_Silleda","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q12382327","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q12382327","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-03-06T19:41:12Z","dateModified":"2019-06-03T10:59:33Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/5/5a/Santuario_de_Santa_Mar%C3%ADa_de_Abades%2C_Silleda.JPG","headline":"parroquia do concello de Silleda"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":120,"wgHostname":"mw1272"););