Skip to main content

Graba, Silleda Índice Situación | Historia | Poboación | Lingua galega | Economía | Natureza | Festas | Lendas | Galería de imaxes | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegacióneFicha de Graba na web municipal de turismo

Río CervañiñaRío DezaRío de EscuadroRío da GouxaRío ToxaRío Ulla


Parroquias de SilledaParroquias de Galicia baixo a advocación de santa María


Silledacomarca de Dezarío Toxatopónimominasromanización de Galicia2012SilledaSantiago de CompostelaPontevedraXestosoFiestrasAciveiroEscuadroRefoxosSiadorVal do ToxaríomsnmvalRío ToxaPedrouzoPenaltaCortegadaMosteiro de Aciveiro1835Guerra da Independencia española1809AbadesFiestrasCortegadaOleirosRefoxosPonteLaroTaboadaRellasMargarideNegreirosO CastroSiador18121823Constitución de 1812EscuadroManduasBreixaLaroLamelaTaboadaFernando VII18231826viñotrigoindustriaSegunda República Españolaxuño1931Coto do CasteloO Souto1916Cesáreo Sánchez2010Hidroeléctrica de SilledaSilledaLalínForcareiSanta MariñaSilledaJosé Dionisio Valladares Gómez del Río y RozasigrexacruceiroVilarSanta Mariñamártir galegaséculo IILares Viales2011crecemento vexetativogalegofalantesMosteiro de AciveiroForcareisector primariosector terciarioIGE20012001cesteríapallaOuteiro Verderío ToxasendeirismoMonte Penido18 de xullo15 de agosto16 de agosto14 de agostobolo preñadomexillónSoutoArcosBarreiroEirexeErvixeO FontaoO OuteiroPedrouzoPenaltaSanta MariñaO SoutoVilarAbades (Santa María)Ansemil (San Pedro)Breixa (Santiago)Carboeiro (Santa María)O Castro (San Mamede)Cervaña (San Salvador)Chapa (San Cibrao)Cira (Santa Baia)Cortegada (Santa María)Dornelas (San Martiño)Escuadro (San Salvador)Fiestras (San Martiño)Graba (Santa María)Lamela (San Miguel)Laro (San Salvador)Manduas (San Tirso)Margaride (San Fiz)Martixe (San Cristovo)Moalde (San Mamede)Negreiros (San Martiño)Oleiros (San Miguel)Parada (San Tomé)Pazos (San Martiño)Piñeiro (San Xiao)Ponte (San Miguel)Refoxos (San Paio)Rellas (San Martiño)Saídres (San Xoán)Siador (San Miguel)Silleda (Santa Baia)Taboada (Santiago)Vilar (San Martiño)Xestoso (Santa María)












Graba, Silleda




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura












Graba

SeimeiraSantamariña.jpg
Seimeira de Santa Mariña.

ConcelloSilleda
Área9,3 km²
Poboación246 hab. (2013)
Densidade26,45 hab./km²
Entidades de poboación11

Graba é unha parroquia do concello de Silleda na comarca de Deza provincia de Pontevedra. Situase no Val do río Toxa, o seu topónimo procede das minas usadas na zona desde a romanización de Galicia para extraer varios materiais, entre eles a grava[Cómpre referencia]. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 246 habitantes (122 homes e 124 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación.




Índice





  • 1 Situación


  • 2 Historia

    • 2.1 Antigüidade


    • 2.2 A igrexa parroquial e as capelas



  • 3 Poboación


  • 4 Lingua galega


  • 5 Economía


  • 6 Natureza


  • 7 Festas


  • 8 Lendas


  • 9 Galería de imaxes


  • 10 Lugares e parroquias

    • 10.1 Lugares de Graba


    • 10.2 Parroquias de Silleda



  • 11 Véxase tamén

    • 11.1 Outros artigos


    • 11.2 Ligazóns externas





Situación |




Río Toxa.


Está situada a 7,6 km do núcleo urbano de Silleda, a 48,3 km de Santiago de Compostela e a 54,8 km de Pontevedra. Limita coas parroquias de Xestoso, Fiestras, Aciveiro, Escuadro, Refoxos e Siador.


A parroquia aséntase no Val do Toxa regado polas augas do río do mesmo nome. A altitude media é de aproximadamente 450 msnm, variando entre o 380 metros do punto máis baixo ata os máis de 700 dos montes que rodean o val.


As aldeas de Graba sitúanse nas marxes do Río Toxa dende o seu nacemento, nas abas da Serra do Candán ata o remanso das súas augas terras abaixo. Algúns nomes como A Peniza, Pedrouzo ou Penalta son unha referencia xeolóxica do lugar.













Noroeste: Escuadro

Norte: Escuadro

Nordeste: Fiestras

Oeste: Xestoso

Rosa de los vientos.svg

Este: Fiestras, Siador e Refoxos

Suroeste Xestoso

Sur: Aciveiro

Sueste: Refoxos


Historia |



Antigüidade |




Calzada Romana en Ervixe.




Ara aos Lares Viales de Graba, Silleda no Museo de Pontevedra.


As parroquias de Graba e Cortegada pagaban tributo aos monxes Mosteiro de Aciveiro por dereito de pasto nas terras do Candán. Aínda queda constancia que cobraban rendas en Graba no ano 1835.


Durante a Guerra da Independencia española, en marzo do 1809 reuníronse os curas de Abades, Fiestras, Graba, Cortegada, Oleiros, Refoxos, Ponte, Laro, Taboada, Rellas, Margaride, Negreiros, O Castro, Silleda e Siador e con eles moitos veciños das citadas parroquias, para deter o avance da invasión francesa. Entón decidiron cubrir as principais pontes de acceso ás terras do Trasdeza, (Ledesma, Taboada, Carboeiro e Pereiro; con 300, 2000, 300 e 2500 homes respectivamente) nomeando comandante xeral das forzas a D. Bieito Martínez.[Cómpre referencia]


A parroquia de Graba foi un concello entre 1812 e 1823.[Cómpre referencia] A proclamación da Constitución de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a súa substitución por unha administración municipal do territorio. Daquela produciuse a creación dos concellos de Escuadro, Manduas, Breixa, Laro, Lamela, Taboada, Silleda e Graba. A derrogación da Constitución de 1812 por parte de Fernando VII en 1823 supuxo a supresión destes novos concellos e a restauración do antigo réxime señorial nas terras do Deza.


Segundo o Dicionario Xeográfico-estadístico de España e Portugal de 1826, a parroquia producía millo, centeo, algún viño, trigo e cítricos como principais cultivos. Achega o dicionario a presenza de abundante caza nos seus montes e a celebración dunha feira mensual bastante concorrida. Destácase tamén a existencia dunha industria de lencería.


Durante a década de 1930, creouse en Graba a Sociedad de Oficios Varios para darlle forma ao movemento obreiro da zona. Durante a Segunda República Española mantívose moi activa, facendo bandeira de numerosos conflitos sociais como o incumprimento da xornada laboral de oito horas por parte dalgúns patróns.[Cómpre referencia] En xuño de 1931 organizan unha protesta diante do concello de Silleda para reivindicar este tipo de dereitos laborais.[Cómpre referencia]


Hai evidencias tamén de restos de explotacións mineiras no Coto do Castelo, cerca da aldea de O Souto.


En 1916 naceu nesta parroquia o empresario Cesáreo Sánchez, morto en 2010, que foi o administrador da Hidroeléctrica de Silleda, empresa que conta con máis de 6000 abonados en Silleda, Lalín e Forcarei.[Cómpre referencia] Foi na súa parroquia natal onde apostou pola enerxía hidroeléctrica. No lugar de Santa Mariña construíuse na década de 1940 a primeira central do concello. O seu investimento permitiu rematar o traballo que iniciara o seu irmán, poñendo en marcha a central que levaría electricidade a Silleda. Hoxe en día a planta está en desuso e en ruínas, mais atópase nunha paraxe de beleza singular aos pés dunha seimeira de difícil acceso.


Nesta parroquia naceu José Dionisio Valladares Gómez del Río y Rozas.



A igrexa parroquial e as capelas |


A igrexa parroquial de Santa María de Graba foi levantada a finais do século XVII. Englóbase a construción dentro do barroco rural predominante na época. A praza da igrexa está presidida por un cruceiro bifrontal cun fuste estriado.


Na aldea de Vilar hai unha capela na honra a San Sebastián. Por último, en Santa Mariña hai outra capela adicada á mártir galega do século II. Xunto á ermida, a comezos do século XX, foi descuberta unha ara erixida aos Lares Viales, como protectores dos camiños, que supón unha proba máis da pegada romana na parroquia, atraídos polos recursos minerais.



Poboación |


Segundo o Dicionario Xeográfico-Estatístico de España e Portugal, a parroquia contaba en 1826 con 163 veciños, cun total de 778 habitantes, dous terzos máis que no ano 2011 (262 habitantes).


Como se observa na táboa que indica a evolución da poboación de Graba 1999-2009, entre estas dúas datas a parroquia perdeu cerca do 22% do seu censo:

































1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

2006

2007

2008

2009

2010

2011

2012

2013
338
332
329
320
317
316
313
302
290
273
265
264
262
254
246



Actualmente o crecemento vexetativo é negativo debido á unha poboación avellentada e á falta de vivendas libres para os mozos que ante esta escaseza optan por mercar a vivenda nos núcleos urbanos máis próximos.[Cómpre referencia]




Igrexa no día da festa



Lingua galega |


A porcentaxe de galegofalantes é do 99,24 %:[cando?]











Censo Total
264

Sempre en galego
262 (99,24 %)

En galego ás veces
1 (0,38 %)

Nunca en galego
1 (0,38 %)


Economía |


Tradicionalmente a economía de Graba tiña unha base na gandería de montaña, motivo de moitos litixios cos monxes do Mosteiro de Aciveiro, en Forcarei. A principal base da economía de Graba hoxe en día é a actividade agropecuaria. O sector primario aglutina case o 50% da poboación activa da parroquia. O sector terciario dálle emprego ao redor dun 25% da poboación activa, mentres que a industria emprega menos do 8% da poboación activa, segundo datos do IGE do censo de poboación e vivenda do ano 2001. Por outra banda o paro era de 4.5% no ano 2001, polo que se pode considerar que a parroquia gozaba dunha situación de pleno emprego.


Existen tamén artesáns adicados á cestería e ao trenzado de palla.



Natureza |




Neve en Graba.


Lugares de gran beleza son Outeiro Verde, a antiga fábrica de luz, O monte da Devesa e o río Toxa onde se pode pescar. A parroquia presenta moitas posibilidades de lecer, dende a gastronomía ata sendeirismo, rutas en quad...
De interese é visitar o conxunto megalítico de Monte Penido.



Festas |


As festas son o 18 de xullo na honra de Santa Mariña e o 15 de agosto e 16 de agosto na honra á Santa María e ó San Roque.


Hai anos o 14 de agosto tiña lugar a festa do bolo preñado e do mexillón, que tivo grande éxito e contou con 10 edicións, pero desapareceu por problemas de coordinación entre os organizadores.[Cómpre referencia]



Lendas |


Cabe destacar tamén a existencia de lendas e mitos coma o dos mouros do Souto que segundo conta a lenda agochaban unha mina de ouro na citada aldea.



Galería de imaxes |



Artigo principal: Galería de imaxes de Graba, Silleda.


Lugares e parroquias |



Lugares de Graba |




Lugares da parroquia de Graba no concello de Silleda (Pontevedra)

Arcos | Barreiro | Eirexe | Ervixe | O Fontao | O Outeiro | Pedrouzo | Penalta | Santa Mariña | O Souto | Vilar



Parroquias de Silleda |





Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda


Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)



Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Lugares de Silleda


Ligazóns externas |


  • Ficha de Graba na web municipal de turismo



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Graba,_Silleda&oldid=5038894"










Menú de navegación

























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.212","walltime":"1.403","ppvisitednodes":"value":567,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":16106,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1346,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":10497,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1322.512 1 -total"," 4.11% 54.401 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 2.39% 31.613 1 Modelo:Sen_referencias"," 2.18% 28.785 2 Modelo:Ifsubst"," 1.90% 25.132 1 Modelo:Ambox"," 1.84% 24.348 1 Modelo:Parroquia"," 1.54% 20.302 1 Modelo:Infobox"," 1.11% 14.719 1 Modelo:Lp_Graba"," 0.97% 12.807 1 Modelo:Artigo_principal"," 0.78% 10.273 1 Modelo:RíosdeSilleda"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.047","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1393245,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1254","timestamp":"20190612054953","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Graba, Silleda","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Graba,_Silleda","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q10994011","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q10994011","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-03-07T18:10:31Z","dateModified":"2019-01-20T16:52:26Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/9/9c/SeimeiraSantamari%C3%B1a.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":200,"wgHostname":"mw1240"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020