Ateneo de Madrid Índice Historia e características | Véxase tamén | Menú de navegaciónMiguel de Unamuno y Bernardo G. de Candamo: amistad y epistolario (1899–1936)Páxina web oficial do Ateneo de MadridWorldCat13836160910000000000000000179677XX12296212209194da10043640DA110592316500734-70000 0004 1765 7885n79054543ID35763698166381187500302311
Institucións culturais de EspañaMadridInstitucións da Comunidade de Madrid
Madrid1835afrancesadosliberaisséculo XIXinvasión napoleónica de EspañaXosé I BonaparteRei de EspañaexilioXunta Suprema CentralCortes de Cádizprimeira constitución liberal españolaFernando VIIa volta ao absolutismoFranciaInglaterragoberno liberal1820Juan Manuel de los RíosLondres1823Isabel IIdon Carlosrexencia de María Cristina1835Salustiano Olózagaduque de RivasAntonio Alcalá GalianoMesonero RomanosFrancisco López OlavarrietaFrancisco FabraPalacio de AbrantesPaseo del PradoMadridmodernistaCánovas del Castillo1884Laureano FiguerolaSegismundo MoretGumersindo de AzcárateAntonio Alcalá GalianoAntonio Cánovas del CastilloMiguel de UnamunoFernando de los RíosManuel Azaña28 de maio2009Carlos París Amadorxeración do 98Primo de RiveraGuerra Civil españolaBernardo G. de CandamoFrancoPresidentes do Goberno ou do Consello de MinistrosMinistrosPremios Nobel
Ateneo de Madrid
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O Ateneo de Madrid é unha institución cultural privada situada en Madrid que foi creada en 1835 como Ateneo Científico e Literario.
Índice
1 Historia e características
1.1 Composición
2 Véxase tamén
2.1 Bibliografía
2.2 Ligazóns externas
Historia e características |
Os antecedentes do Ateneo atópanse entre os afrancesados e os liberais de comezos do século XIX. Coa invasión napoleónica de España producíronse dous feitos significativos: por unha banda, os que se adheriron á causa francesa e apoiaron a Xosé I Bonaparte como Rei de España deberon marchar máis tarde ao exilio con este ao triunfar o alzamento das mans da Xunta Suprema Central e das Cortes de Cádiz que promulgaron a primeira constitución liberal española.
O retorno de Fernando VII supuxo a volta ao absolutismo e a saída de España dos patriotas gaditanos. En Francia e en Inglaterra atopábase a clase ilustrada española que, por unhas ou outras razóns, era perseguida no interior do país. O regreso durante o goberno liberal en 1820 dos exiliados permitiu a creación do Ateneo Español que dirixiu Juan Manuel de los Ríos; pero coa volta de novo ao absolutismo do rei Fernando desapareceu a institución para fixar a súa residencia en Londres en 1823.
A morte do Rei e o apoio dos liberais á causa de Isabel II fronte ao pretendente don Carlos, creou un novo ambiente de tolerancia durante a rexencia de María Cristina. En 1835 o antigo Ateneo Español mudou o nome polo de Científico e Literario, sendo os seus fundadores Salustiano Olózaga, o duque de Rivas, Antonio Alcalá Galiano, Mesonero Romanos, Francisco López Olavarrieta, Francisco Fabra e o propio Juan Manuel de los Ríos.
A súa primeira sede foi no Palacio de Abrantes; posteriormente mudouse á rúa Carretas, despois á praza del Ángel e á rúa Montera. Na actualidade, ocupa o número 21 da rúa del Prado (non confundir co Paseo del Prado) de Madrid nun edificio modernista inaugurado por Cánovas del Castillo en 1884. O edificio é obra dos arquitectos Enrique Fort e Luís Landecho. Arturo Mélida deulle contido artístico con valiosísimas pinturas de estilo neogriego no Salón de Actos e no Salón Inglés.
Ocuparon a Presidencia do Ateneo destacada personalidades españolas: Laureano Figuerola, Segismundo Moret, Gumersindo de Azcárate, Antonio Alcalá Galiano, Antonio Cánovas del Castillo, Miguel de Unamuno, Fernando de los Ríos, Manuel Azaña etc. O 28 de maio de 2009 foi elixido como Presidente Carlos París Amador.
Polo Ateneo pasaron seis Presidentes de Goberno, todos os Premios Nobel españois, os políticos da Segunda República e os integrantes da xeración do 98, da do 14 e da do 27. A ditadura de Primo de Rivera suspendeu as actividades do Ateneo. Durante a Guerra Civil española, mantívose aberto e logrouse preservar a integridade das súas instalacións, especialmente a súa Biblioteca, grazas ao labor de Bernardo G. de Candamo, único membro da Xunta Directiva republicana que ficous en Madrid durante o conflito bélico. A ditadura do Xeneral Franco afectou negativamente a actividade do Ateneo[Cómpre referencia]. A volta á democracia permitiu que o Ateneo continúe sendo un centro de referencia cultural de primeira orde.
Composición |
O Ateneo componse de dezanove seccións que desenvolven actividades en todas as ordes culturais e científicas. Posúe un Salón de Actos, sala de traballos, aulas, sala de exposicións, biblioteca e hemeroteca. Entre os seus socios atopáronse Presidentes do Goberno ou do Consello de Ministros, Ministros e Premios Nobel.
Véxase tamén |
Bibliografía |
ABELLÁN, José Luis: El Ateneo de Madrid: historia, política, cultura, teosofía. Madrid, La Librería, 2006.- ARAUJO-COSTA, Luis: Biografía del Ateneo de Madrid. Madrid, 1949.
BLÁZQUEZ, Jesús: Miguel de Unamuno y Bernardo G. de Candamo: amistad y epistolario (1899–1936). Madrid, Ediciones 98, 2007.- GARCÍA MARTÍ, Victoriano: El Ateneo de Madrid (1835–1935). Madrid, Dossat, 1948.
- MARÍA DE LABRA, Rafael: El Ateneo de Madrid: sus orígenes, desenvolvimiento, representación y porvenir. Madrid, 1878.
- RUIZ SALVADOR, Antonio: El Ateneo Científico, Literario y Artístico de Madrid (1835–1885). London, Tamesis Books, 1971.
- VILLACORTA, Francisco: El Ateneo Científico, Literario y Artístico de Madrid (1885–1912). Madrid, Centro de Estudios Históricos, 1985.
El Ateneo intervenido, 1939–1946. Madrid, Ateneo de Madrid, 2008.
Ligazóns externas |
Páxina web oficial do Ateneo de Madrid (en castelán)
|
Categorías:
- Institucións culturais de España
- Madrid
- Institucións da Comunidade de Madrid
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.292","walltime":"0.506","ppvisitednodes":"value":205,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":12821,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1137,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":13,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":14,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 453.151 1 -total"," 88.31% 400.179 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 10.51% 47.648 1 Modelo:Sen_referencias"," 9.61% 43.540 2 Modelo:Ifsubst"," 8.70% 39.410 1 Modelo:Ambox"," 0.64% 2.890 1 Modelo:Cómpre_referencia"," 0.47% 2.148 1 Modelo:Es"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.220","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3575044,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1270","timestamp":"20190613191157","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Ateneo de Madrid","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Ateneo_de_Madrid","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q2869328","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q2869328","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2010-12-31T14:36:37Z","dateModified":"2019-02-01T13:44:24Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/69/Fachada_del_Ateneo_de_Madrid01.JPG"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":133,"wgHostname":"mw1330"););