Skip to main content

Illas Canarias Índice Historia | Illas | Xeografía | Demografía | Organización territorial | Economía | Relixión | Transportes | Goberno e política | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónSitio web oficialeDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasAs Illas Canarias, unha rexión illada?Lista de parques nacionais de EspañaPáxina webArquivado"Estatuto de Autonomía de Canarias na páxina web do Goberno de Canarias"o orixinal"Nas illas de Lanzarote e Fuerteventura a desalgamento de auga de mar permite o abastecemento do 100% da poboación residente e turística"o orixinalINE 2010"Coyuntura Turística de Canarias no sitio web oficial do Goberno das Canarias"o orixinal"Entrada xeral de pasaxeiros aos aeroportos canarios en 2009"o orixinal"Instituto Nacional de Estadística de España"o orixinalTranvía de TenerifeO tren de Gran Canaria irá baixo terra pola capitalO Tren do Sur de Tenerife estará operativo en oito anos e xerará máis de mil empregos"Primeira liña regular Huelva-Canarias estará operativa en marzo"o orixinal"Entrada nos aeroportos canarios segundo illas"o orixinalPáxina oficial de turismoeWorldCat148386330000060009XX45054112263408m2040912a11447618ID1222944001419725931104073188-1n82164461ID00628362ge1342603490480272506957016622

Canarias


Atlánticocomunidades autónomasEspañarexións ultraperiféricasUnión EuropeaEl HierroLa GomeraLa PalmaTenerifeprovincia de Santa Cruz de TenerifeFuerteventuraGran CanariaLanzaroteprovincia das PalmasArquipélago ChinijoLa GraciosaAlegranzaMontaña ClaraRoque del EsteRoque del OesteIlla de Lobosprovincia das PalmasÁfricalatitudelonxitudediferenzaEspañaoccidentalLatinoaméricavolcánicoMacaronesiaCabo VerdeAzoresMadeiraSalvaxessubtropicalvertentexeolóxicaparques nacionaisreservas da biosferaUNESCOpraiasturístico2007británicosalemánsSanta Cruz de TenerifeAs Palmas de Gran CanariaGoberno autonómicoParlamento das CanariasDelegación do GobernodeputaciónsEspañaCabidoArquipélago ChinijoCabido de LanzaroteIlla de LobosCabido de Fuerteventuraconquista europeaguanchesTenerifebérberesÁfricaséculo XIVEuropamallorquinosportuguesesxenovesesLanceloto MalocelloLanzarote1312Francesc Desvaler135014001402LanzarotenormandosJean de BethencourtGadifer de la Sallecoroa de CastelaPapa1496TenerifeNovo MundoAméricaAméricaÁfricaIndiaSanta Cruz de la PalmaImperio Españolséculo XVIIIséculo XIXAméricasséculo XXbananaSanta Cruz de TenerifeAs Palmas de Gran Canaria1927Francisco FrancoEstatuto de Autonomía1982Coalición Canariavolcánicocodia oceánicafallasglaciaciónspraiascantíssubtropicalventos alisiosLa PalmaFuerteventuraLanzaroteclima áridosemidesérticoPalmas de Gran CanariaSanta Cruz de TenerifeLanzarote1964FuerteventuraGran CanariaLa GomeragaleríasEl HierropozosalxibeshumidadeSaharabarrancosLa PalmaLa GomeraTenerifeGran CanariaTenerifeGran CanariaCubaPorto RicoVenezuelaEspañaColombiaCubaVenezuelaArxentinamarroquísÁfrica subsaharianaprovincia das PalmasSanta Cruz de TenerifeAs Palmas de Gran CanariaSanta Cruz de TenerifeSan Cristóbal de la LagunaTeldeAronaSanta Lucía de Tirajanaprovincia das Palmasprovincia de Santa Cruz de Tenerife19271833Santa Cruz de Tenerifecabido insularescandinavosalemánsinglesestabaqueirapetróleoSanta Cruz de TenerifeEspañaSáhara OccidentalMarrocoscebadatrigovidepatacaplátanostomatesUnión EuropeaComunidade Económica EuropeaIVEIGICReserva para Investimentos en CanariasImposto de SociedadesImposto sobre a Renda das Persoas FísicasZona FrancaZona Especial CanariapiñasmangasCataluñaBalearesTenerifeAENAGran CanariaLanzaroteFuerteventuraLa PalmaReino UnidoAlemañaPuerto de la CruzLos CristianosTenerifeMaspalomasPlaya del InglésGran CanariaParque Nacional do TeideTenerifeGran CanariaLanzaroteFuerteventuraLa PalmaLa GomeraEl HierroEspañacristiácatólicamusulmánshindúsGran CanariaTenerifeLanzaroteFuerteventuraTranvía de TenerifeSanta Cruz de TenerifeSan Cristóbal de la Laguna2 de xuño2007As PalmasMaspalomasSanta CruzLos CristianosLos RealejosBinter CanariasIslas AirwayscatamaránFred OlsenNaviera ArmasPenínsula IbéricaEuropachárterCádizFunchal, MadeiraHuelvaAeroporto de Gran CanariaAeroporto de Tenerife SurAeroporto de LanzaroteAeroporto de Tenerife Norterexións ultraperiféricas1982Comunidade AutónomaEspaña10 de agostoEstatuto de Autonomía das CanariasParlamentoGobernoCabidosParlamento das Canariaseleccións do 24 de maio do mesmo anoGoberno das CanariasFernando ClavijoPSOEDeputado do ComúnSanta Cruz de la PalmadereitosConsello Económico e Social das CanariasAudiencia de Contas das CanariasTribunal Superior de Xustiza das CanariasTribunal Supremo










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Insurrecci%C3%B3n_nacional_eslovaca" title="Insurrección nacional eslovaca"u003EInsurrección nacional eslovacau003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Illas Canarias




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura








































Canarias


Bandeira das Canarias

Escudo das Canarias



BandeiraEscudo
Islas Canarias (real location) in Spain.svg

Himno: Himno das Illas Canarias
Estado
España España
Capital
Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria
Cidade máis poboadaAs Palmas de Gran Canaria
Lingua oficialCastelán
Forma de gobernoGoberno
Presidente

Fernando Clavijo Batlle (CC)
Estatuto
30 de decembro de 1996
SuperficiePosto 13º
 • Total7.447 km²
Fronteiras0 km
Costas1.583 km
PoboaciónPosto 8º
 • Total2 075 968 (2008) hab.
 • Densidade278,8 hab./km²
Xentiliciocanario / canaria
Fuso horario
UTC+1
 • Horario de verán

UTC+2
Dominio de Internet.es
Código ISOES-CN

1 A capitalidade está compartida entre Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria, alternando a sede do Presidente por períodos lexislativos.
Sitio web oficial

As Canarias[1] é un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea.[2] Está formada por sete illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria e Lanzarote, que forman a provincia das Palmas. Tamén forman parte das Canarias os territorios insulares do Arquipélago Chinijo (La Graciosa, Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste) e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.


O arquipélago está situado fronte á costa noroeste de África, entre as coordenadas 27º 37' e 29º 25' de latitude norte e 13º 20' e 18º 10' de lonxitude oeste, situación que implica unha diferenza dunha hora entre Canarias e o resto de España. A illa de Fuerteventura dista uns 95 km da costa africana. Con todo, son aproximadamente 1.400 km[3] os que separan a Canarias do continente europeo. A pesar disto, a cultura das illas é occidental, a medio camiño entre Europa e Latinoamérica.


As illas, de orixe volcánico, son parte da rexión natural da Macaronesia xunto cos arquipélagos de Cabo Verde, Azores, Madeira e Salvaxes. O seu clima é subtropical, aínda que modificado pola altura e a vertente norte ou sur. Esta variabilidade climática dá lugar a unha gran diversidade biolóxica que, xunto á riqueza paisaxística e xeolóxica, xustifica a existencia en Canarias de catro parques nacionais[4] e que varias illas sexan reservas da biosfera da UNESCO.[5] Estes atractivos naturais, o bo clima e as praias fan das illas un importante destino turístico, sendo visitadas cada ano por preto de 12 millóns de persoas (11 986 059 en 2007, destacando un 29% de británicos, 22% españois peninsulares e un 21% alemáns).[6]


A capitalidade da comunidade é compartida entre as súas dúas principais cidades: Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria[7]; a sede do Presidente do Goberno autonómico alterna entre ambas por períodos lexislativos, sendo a sede do Vicepresidente distinta á do Presidente. O Parlamento das Canarias está en Santa Cruz de Tenerife, mentres que a sede da Delegación do Goberno se sitúa nas Palmas de Gran Canaria, existindo ademais unha Subdelegación do Goberno en cada unha das dúas cidades. Así mesmo, hai un equilibrio entre as dúas capitais en canto a consellerías e institucións públicas. Non existen deputacións provinciais como no resto de España, sendo cada illa gobernada polo seu respectivo Cabido, excepto as illas e illotes do Arquipélago Chinijo, os cales son gobernados polo Cabido de Lanzarote, e a Illa de Lobos, gobernada polo Cabido de Fuerteventura.




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Illas


  • 3 Xeografía

    • 3.1 Clima



  • 4 Demografía

    • 4.1 Poboación por illas


    • 4.2 Cidades das Illas Canarias



  • 5 Organización territorial


  • 6 Economía

    • 6.1 Turismo



  • 7 Relixión


  • 8 Transportes


  • 9 Goberno e política


  • 10 Notas


  • 11 Véxase tamén

    • 11.1 Outros artigos


    • 11.2 Ligazóns externas





Historia |


As illas Canarias eran habitadas desde antes da conquista europea polos guanches. O termo guanche era o xentilicio dos habitantes da illa de Tenerife, pero máis tarde foi empregado para referirse a todos os habitantes orixinais do arquipélago. Eran un pobo antigo, relacionado cos bérberes do norte de África. Non se coñecen os detalles precisos da colonización das illas, pero as teorías máis aceptadas suxiren que estas poboacións foron traídas polos fenicios e romanos. As principais actividades económicas destas persoas eran de pasto, cultivo, colleita de froitas e de peixes ao longo da costa.


No século XIV, as illas foron descubertas por monarquías e estados feudais en Europa. Foron varias as visitas de mallorquinos, portugueses e xenoveses. O navegante xenovés Lanceloto Malocello estableceuse na illa de Lanzarote en 1312. Os mallorquinos estableceron unha misión nas illas (logo do viaxe de Francesc Desvaler), cun bispo, que permaneceu de 1350 ata 1400 e do que proceden algunhas imaxes de virxes que eran adoradas polos guanches. Durante os seguintes cincuenta anos, co permiso papal e o apoio da coroa castelá, varias expedicións foron organizadas para os escravos, peles, e colorantes.


1402 é considerado o ano do inicio da conquista das illas coa expedición a Lanzarote dos normandos Jean de Bethencourt e Gadifer de la Salle, baixo a fidelidade da coroa de Castela e co apoio do Papa. Dada a difícil orografía, a falta de interese comercial e a resistencia dos nativos, a conquista non foi rematada ata 1496, cando se renderon os últimos nativos de Tenerife, e as illas foron incorporadas á coroa. A conquista das Canarias, que durou case 100 anos, foi o precedente da conquista do Novo Mundo.


Cando se completou a conquista das illas, impúxose un novo modelo económico baseado no monocultivo, a cana de azucre en primeiro lugar. Nesta época creáronse as primeiras institucións e órganos gobernamentais. Co descubrimento de América e a posterior conquista, as illas convertéronse nun punto de parada para rutas de comercio con América, África e India, o porto de Santa Cruz de la Palma chegou a ser un dos portos máis importantes do Imperio Español, e isto foi acompañado dunha gran prosperidade de determinados sectores da sociedade nas Illas. A crise do monocultivo do século XVIII e a independencia das colonias americanas durante o século XIX produciron graves crises económicas. Tras a crise económica sufrida polo arquipélago, houbo grandes ondas de emigración cara ás Américas.


A principios do século XX introduciuse o monocultivo da banana nas Canarias, e grandes empresas como Fyffes controlaron a súa exportación. A rivalidade entre as elites das cidades de Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria pola capitalidade das illas levou á división do arquipélago en dúas provincias en 1927.


Tras a morte de Francisco Franco e do establecemento dun sistema democrático de monarquía constitucional realizouse un Estatuto de Autonomía, aprobado en 1982. Canarias é actualmente regulada pola Coalición Canaria, pero é unha minoría no Parlamento.



Illas |




Mapa das Illas Canarias



  • Tenerife: É a maior illa do arquipélago das Canarias e tamén a máis poboada das illas de España. No seu territorio existen as dúas principais cidades das Illas: Santa Cruz de Tenerife e San Cristóbal de la Laguna. Santa Cruz de Tenerife é a capital e a sede do Parlamento das Illas Canarias e Cabido de Tenerife. San Cristóbal de La Laguna foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e é a súa sede na Universidade de La Laguna (a primeira universidade das Canarias). Cómpre mencionar tamén a Villa Mariana de Candelaria, onde está a imaxe da Virxe da Candelaria, patroa das Illas Canarias. A illa e o Monte Teide, cos seus 3.718 metros é a máis elevada en España e a terceira maior do mundo a partir da súa base. O volcán Teide e todo o parque nacional son tamén Patrimonio da Humanidade desde 2007.


  • Gran Canaria: É a illa máis poboada da provincia das Palmas e a terceira maior illa do arquipélago (despois de Tenerife e Fuerteventura). A súa capital é As Palmas de Gran Canaria. No seu macizo central destaca o Roque Nublo (1.813 m) e Pico de las Nieves (1.949 m), o punto máis alto da illa.


  • Lanzarote: É a illa máis antiga e oriental do arquipélago, a pesar de ter recente actividade volcánica. O punto máis alto de Peñas del Chache está no Macizo de Famara, con 670 metros. A capital é Arrecife.

    • Arquipélago Chinijo: Situado ao norte de Lanzarote, está formado polas illas e illotes de La Graciosa, Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, e depende administrativamente do concello de Teguise. A única illa habitada é La Graciosa e a súa capital é Caleta de Sebo.


  • Fuerteventura: É a segunda maior illa do arquipélago. A capital é Puerto del Rosario. A case 2 km ao nordeste da illa está a illa de Lobos.


  • La Palma: É a segunda maior illa das Canarias, co pico de Roque de los Muchachos (2.426 metros). Pola súa vexetación exuberante, La Palma é tamén coñecida como "Isla Bonita". A súa capital é Santa Cruz de la Palma.


  • La Gomera: É a segunda illa menos poboada e, xeoloxicamente, unha das máis antigas do arquipélago. A capital da illa é San Sebastián de la Gomera. A illa foi o último territorio que Colón visitou antes de ir a América na súa viaxe de descubrimento, en 1492.


  • El Hierro: É a illa máis occidental, a máis pequena das illas maiores e menos poboadas. A súa capital é Valverde.


Xeografía |




O Teide en Tenerife, é con 3.718 metros sobre o nivel do mar, o punto máis alto de España.




































Montañas de maior altitude en cada unha das illas
PicoAltitudeIlla
Teide3.718 metros
Tenerife
Roque de los Muchachos2.426 metros
La Palma
Pico de las Nieves1.949 metros
Gran Canaria
Pico de Malpaso1.500 metros
El Hierro
Garajonay1.487 metros
La Gomera
Pico de la Zarza812 metros
Fuerteventura
Peñas del Chache670 metros
Lanzarote
Caldera de Alegranza289 m
Alegranza
Las Agujas266 m
La Graciosa
La Mariana256 m
Montaña Clara

Canarias é un arquipélago volcánico moi recente xeoloxicamente, cuns 30 millóns de anos de antigüidade. Os seus grandes edificios volcánicos apóianse sobre grandes bloques da codia oceánica, e na zona de contacto coa codia continental africana. A disposición das illas reflicte a rede de fallas presentes na codia oceánica.


A historia xeolóxica das illas é moi complexa. Atópanse varias fases de coadas de lavas que dan un típico relevo volcánico. Durante as grandes glaciacións, as Canarias tiveron un clima máis árido que favoreceu a erosión e a aparición de derrubas nas ladeiras e os barrancos.


As costas son as máis expostas ao ímpeto da erosión, debido á actividade mariña. Hai moi poucas zonas de acumulación, o que supón a existencia de moi poucas praias naturais. Predominan os grandes cantís. É destacable que Canarias é a rexión española con maior lonxitude de costas: 1.583 km.


Os barrancos son moi característicos das Illas Canarias: trátase da canle esporádica por onde se dirixen as augas correntes das illas. O seu percorrido é curto, e xeralmente teñen un perfil rectilíneo moi marcado. A súa canle está tapizada de derrubas arrastradas polas augas.



Clima |




Canarias afectada polo po en suspensión procedente do deserto do Sahara, fenómeno coñecido como calima ou po en suspensión.


O clima é subtropical oceánico, con temperaturas mitigadas todo o ano polo mar e no verán polos ventos alisios. Danse variacións moi importantes en canto ao réxime de precipitacións. Nalgunhas zonas da illa de La Palma, por exemplo, as precipitacións anuais chegan a superar os 1.200 litros. Nas illas orientais as precipitacións son máis escasas que nas occidentais; así Fuerteventura e Lanzarote caracterízanse por un clima árido semidesértico. A escaseza de choiva levou á instalación de desalgadoras para abastecer zonas urbanas, como nas Palmas de Gran Canaria ou Santa Cruz de Tenerife. De feito, a primeira planta desalgadora de España instalouse na illa de Lanzarote en 1964, e na actualidade esta illa e Fuerteventura abastécense na súa totalidade de auga de mar desalgada.[8]


A porosidade do terreo, dada a súa natureza volcánica, dificulta o aproveitamento da auga da choiva en presas e encoros, aínda que estas teñen unha certa importancia en Gran Canaria e La Gomera. Nas illas occidentais lévase a cabo un aproveitamento dos acuíferos subterráneos a través das galerías, fóra da illa de El Hierro, onde son máis importantes os pozos e alxibes. Unha característica dalgúns lugares das illas é a presenza de montañas preto da costa que provocan que as masas de aire se condensen, dando lugar ao fenómeno coñecido como mar de nubes, e xa que logo, o beneficio da vexetación da zona debido á humidade. Con todo, debido aos microclimas existentes nunha mesma illa, pódense atopar zonas onde aparecen bosques húmidos e outras zonas onde a aridez é a característica principal.


Os ventos adoitan soprar con maior frecuencia do nordés, e aínda que non adoitan deixar precipitacións, reportan humidade ás zonas orientadas cara a alí, formándose o devandito mar de nubes nas zonas medias e altas.
Os ventos do levante, siroco, adoitan ir acompañados de calima, é dicir, po en suspensión procedente do deserto do Sahara que alcanza ás veces unha gran densidade.


As Illas carecen de ríos aínda que os barrancos son numerosos e as augas discorren rapidamente desde as zonas altas ata as costas. A pesar diso existen algunhas correntes continuas de auga en La Palma, La Gomera, Tenerife e Gran Canaria.



Demografía |





Puerto del Rosario, capital de Fuerteventura.


A densidade de poboación nas illas é de 284,48 hab/km², cifra máis de tres veces superior á media española. Tenerife e Gran Canaria albergan máis do 80% da poboación total do arquipélago. Houbo historicamente unha forte migración interior desde as illas menos poboadas ás da capital, así como outra exterior en dirección a América (sobre todo, a Cuba, Porto Rico e Venezuela). A poboación é na súa práctica totalidade de raza branca ou caucásica.


A pesar do forte crecemento da natalidade rexistrado na década de 1960, que debuxou unha pirámide poboacional moi nova nos anos 80 (a poboación menor de 30 anos achegábase entón á metade da poboación total), as menores taxas de fecundidade nos últimos anos sinalan un proceso de envellecemento. Este fenómeno está sendo parcialmente compensado polo auxe da inmigración, que fixo das Canarias destino de moitos traballadores de servizos e da construción procedentes doutras comunidades autónomas de España, así como de escandinavos xubilados (establecidos todo o ano ou só no período invernal), latinoamericanos (provenientes na súa maioría de Colombia, Cuba, Venezuela e Arxentina), marroquís e persoas da África subsahariana.[9]





San Sebastián de la Gomera, capital de La Gomera.


Segundo o censo de 2009, a poboación das Canarias ascende a 2 118 519 habitantes. Na provincia das Palmas hai 1 090 605 persoas; na de Santa Cruz de Tenerife, 1 027 914 habitantes. A densidade poboacional en ambas as provincias é de 304,03 en Santa Cruz de Tenerife e 268,23 nas Palmas. O municipio con maior número de habitantes é As Palmas de Gran Canaria (383.308 habitantes), seguido de Santa Cruz de Tenerife (222.643 habitantes), San Cristóbal de la Laguna (152.222), Telde (100.900), Arona (79.377) e Santa Lucía de Tirajana (64.845).



Poboación por illas |


Segundo datos do INE a data de xaneiro de 2008



  • Tenerife - 886.033


  • Gran Canaria - 829.597


  • Lanzarote - 139.506 (inclúe a poboación de La Graciosa)


  • Fuerteventura - 100.929


  • La Palma - 86.528


  • La Gomera - 22.622


  • El Hierro - 10.753


Cidades das Illas Canarias |



























































































Listaxe
Cidade

Illa
Pob.
Listaxe
Cidade

Illa
Pob.


Las Palmas panorama.jpg
As Palmas de Gran Canaria
Vista de Santa Cruz de Tenerife.png
Santa Cruz de Tenerife
La Laguna.jpg
San Cristóbal de la Laguna
1As Palmas de Gran CanariaGran Canaria383.30811Granadilla de AbonaTenerife40.862
2Santa Cruz de TenerifeTenerife222.64312Los RealejosTenerife37.658
3San Cristóbal de la LagunaTenerife152.22213ArucasGran Canaria36.745
4TeldeGran Canaria100.90014Puerto del RosarioFuerteventura35.702
5AronaTenerife79.37715Puerto de la CruzTenerife32.571
6Santa Lucía de TirajanaGran Canaria64.84516IngenioGran Canaria29.640
7ArrecifeLanzarote58.15617AgüimesGran Canaria29.431
8San Bartolomé de TirajanaGran Canaria53.28818CandelariaTenerife25.140
9AdejeTenerife43.80119GáldarGran Canaria24.473
10La OrotavaTenerife41.42720Icod de los VinosTenerife24.231
Censo 2010[10]


Organización territorial |


En total Canarias ten 88 municipios, repartidos en dúas provincias: a provincia das Palmas e a provincia de Santa Cruz de Tenerife, creadas en 1927 ao dividirse a Provincia das Canarias, que desde 1833 incluía todo o arquipélago, con capital na cidade de Santa Cruz de Tenerife.


Cada illa esta gobernada por un órgano de goberno local chamado cabido insular. Os seus membros son elixidos por sufraxio universal directo dos cidadáns de cada illa. As illas, por orde alfabética, coas súas correspondentes capitais, superficies e poboación son:



















































Flag of the Canary Islands.svg Mapa municipal das Canarias.

Mapa Canarias municipios.svg
Illa
Bandeira
Escudo
Capital
Área (Km²)
Poboación (2010)

El Hierro

Flag of El Hierro with CoA.svg

Escudo de El Hierro.svg

Valverde
268,71
10.960

Fuerteventura

Flag of Fuerteventura.svg

Escudo de Fuerteventura.svg

Puerto del Rosario
1.659,74
103.492

Gran Canaria

Flag of Gran Canaria.svg

Escudo de Gran Canaria.svg

As Palmas de Gran Canaria
1.560,10
845.676

La Gomera

Bandera La Gomera.PNG

Escudo de La Gomera.svg

San Sebastián de la Gomera
369,76
22.776

Lanzarote

Flag of Lanzarote.svg

Escudo de Lanzarote.svg

Arrecife
845,94
141.437

La Palma

Flag of La Palma with CoA.svg

Escudo de La Palma.svg

Santa Cruz de la Palma
708,32
87.324

Tenerife

Flag of Tenerife.svg

Escudo de Tenerife.svg

Santa Cruz de Tenerife
2.034,38
906.854


Economía |




Cultivos en La Geria, Lanzarote.


A economía está baseada no sector terciario (74%), principalmente turismo, o que propiciou o desenvolvemento da construción. O turismo comezou nos anos 60 cos escandinavos, despois chegaron os alemáns e os ingleses que forman o groso do turismo, cuxa tempada forte é a invernal.


A industria é escasa, basicamente agroalimentaria, tabaqueira e de refinamento de petróleo (a refinería de Santa Cruz de Tenerife é a maior de España). Tras a ocupación do Sáhara Occidental por parte de Marrocos, as industrias de conservas e salgadura de peixe desapareceron.


Só está cultivado o 10% da superficie, sendo de secaño a maioría (cebada, trigo, vide e pataca), e de regadío unha minoría (plátanos e tomates), orientados ao comercio co resto de España e coa Unión Europea. Aínda que nun primeiro momento Canarias quedou fóra da Unión Aduaneira da Comunidade Económica Europea, este réxime de liberdade comercial imposibilitou a subvención da produción agrícola de tomates e plátanos porque non lle era aplicable a PAC (Política Agraria Común), por iso pediuse e obtivo o cambio a un modelo de integración plena, co establecemento dun arbitrio á importación de mercancía e un IVE diminuído, o IGIC.


Entre as especificidades fiscais das Canarias está a Reserva para Investimentos en Canarias (RIC), que diminúe da base impoñible do Imposto de Sociedades (IS) ata o 90% do beneficio non distribuído (80% no caso de profesionais que deben tributar polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) polo importe da dotación á reserva, que debe investirse no prazo de tres anos desde a dotación. Así mesmo, existe unha Zona Franca, denominada Zona Especial Canaria (ZEC), onde as empresas implantadas tributan ao 4% do IS.


Iniciouse tamén a exportación de froitas tropicais (piñas, mangas e outros cultivos de invernadoiro) e flores. A gandería, principalmente caprina e bovina, é escasa, tras sufrir un importante retroceso nas últimas décadas. Era a segunda rexión pesqueira de España pero o sector pesqueiro foi a pique logo da ocupación do Sáhara por Marrocos e das duras condicións para faenar nas augas saharauís.


O sector da construción é o que maior crecemento achegou no último decenio, pero afronta na actualidade un ciclo recesivo.



Turismo |




O Parque Nacional do Teide, en Tenerife, é o segundo máis visitado do mundo.


Canarias constitúe a terceira rexión española que maior número de turistas estranxeiros recibe, por detrás de Cataluña e Baleares. Canarias recibe máis de 9,6 millóns de turistas estranxeiros anualmente. Neste aspecto Tenerife, segundo os datos achegados por AENA é o principal destino turístico nas illas, co 37% do total, séguelle Gran Canaria cun 31% e logo Lanzarote e Fuerteventura cun 16,28% e un 13,30% respectivamente. La Palma mantense na proporción superando o 1,3%. Os principais turistas que visitan as illas proveñen do norte de Europa, principalmente do Reino Unido e Alemaña.[11][12][13]


As localidades da costa son as que máis turistas reciben, destacan Puerto de la Cruz e Los Cristianos en Tenerife, Maspalomas e Playa del Inglés en Gran Canaria, así como as principais cidades e o Parque Nacional do Teide. Tenerife, Gran Canaria, Lanzarote e Fuerteventura reciben entre dous e cinco millóns de visitantes cada ano, mentres que La Palma, La Gomera e El Hierro son as illas menos visitadas, con pouco máis de 300.000 cada ano.



Relixión |





Basílica da Nosa Señora da Candelaria, patroa das Canarias, en Tenerife.


Do mesmo xeito que ocorre no resto de España, a sociedade canaria é maioritariamente cristiá, principalmente católica, aínda que o nivel de práctica relixiosa é dos máis baixos de España. No entanto, as crecentes correntes migratorias (turismo, inmigración etc.) están incrementando o número de fieis doutras relixións que se dan cita nas illas, como: musulmáns, hindús etc.


Canarias está dividida en dúas dioceses católicas, cada unha gobernada por un bispo:



  • Diocese das Canarias. Engloba as illas da provincia das Palmas: Gran Canaria, Fuerteventura e Lanzarote.


  • Diocese de Tenerife. Engloba as illas da provincia de Santa Cruz de Tenerife: Tenerife, La Palma, La Gomera e El Hierro.


Transportes |




Fachada do aeroporto de Gran Canaria (Gando).


As comunicacións interiores son por estrada. Gran Canaria e Tenerife dispoñen dun sistema de autovías e autoestradas, hai dous tramos en Lanzarote e está en construción unha autovía en Fuerteventura. Non existen vías de tren, excepto o Tranvía de Tenerife, cuxa liña 1, que une Santa Cruz de Tenerife con San Cristóbal de la Laguna, entrou en servizo o 2 de xuño de 2007. Actualmente xa conta con dúas liñas.[14] Ademais están en proxecto tres traxectos que se estima que a partir de 2016 unirían, por unha banda en Gran Canaria, As Palmas con Maspalomas[15] e doutra banda en Tenerife, Santa Cruz con Los Cristianos[16] a través do Tren do Sur e con Los Realejos grazas ao Tren do Norte.


Entre as illas pódese viaxar en avión, con liñas regulares operadas polas compañías Binter Canarias e Islas Airways, ademais das liñas marítimas de ferry e fast ferry ou catamarán, das compañías Fred Olsen e Naviera Armas.


Desde a Península Ibérica e o resto de Europa utilízase maioritariamente o avión regular e chárter. Hai tamén unha liña marítima de frecuencia semanal con Cádiz e outra con Funchal, Madeira, ademais dunha próxima con Huelva.[17] Canarias é a comunidade autónoma con máis aeroportos abertos ao tráfico comercial civil (oito), entre os que destacan o Aeroporto de Gran Canaria (o de maior tráfico tanto de aeronaves como en número de pasaxeiros e en volume de mercancías), o Aeroporto de Tenerife Sur, o Aeroporto de Lanzarote e o Aeroporto de Tenerife Norte. En total Canarias rexistra un movemento de 16 874 532 pasaxeiros de entrada a través dos seus oito aeroportos. As dúas illas da capital (Tenerife e Gran Canaria) son as que rexistran maior afluencia de pasaxeiros; Tenerife con 6 204 499 pasaxeiros e Gran Canaria con 5 011 176 pasaxeiros.[18]


As importacións e exportacións realízanse principalmente por vía marítima. As illas contan cun réxime especial fiscal dentro da Unión Europea (rexións ultraperiféricas).



Goberno e política |





Parlamento das Canarias, en Santa Cruz de Tenerife.





Goberno das Canarias, sede das Palmas de Gran Canaria.


Canarias constituíuse en 1982 en Comunidade Autónoma de España mediante a Lei Orgánica 10/1982, de 10 de agosto, de Estatuto de Autonomía das Canarias. O Estatuto estabelece que os poderes da Comunidade exércense a través do Parlamento (unicameral, exerce o poder lexislativo), o Goberno (que exerce o poder executivo) e o seu presidente. Ademais, cada illa maior ten a súa propia administración en forma de Cabidos insulares.


O Parlamento das Canarias, con sede en Santa Cruz de Tenerife, está formado por 60 deputados autonómicos elixidos por sufraxio universal. Tenerife e Gran Canaria elixen 15 deputados cada unha; La Palma e Lanzarote, 8 cada unha; Fuerteventura elixe 7 deputados, e La Gomera e El Hierro, 4 e 3 deputados respectivamente. As súas funcións son a elaboración de leis que afecten á Comunidade, a aprobación dos orzamentos autonómicos, o control do goberno rexional, o nomeamento dos senadores que corresponden a Canarias (que se unen aos elixidos directamente polos cidadáns en cada circunscrición insular) etc.


La IX Lexislatura do Parlamento das Canarias comezou o 23 de xunio de 2015 coa celebración da sesión constitutiva da cámara onde tomaron posesión os 60 parlamentarios electos nas eleccións do 24 de maio do mesmo ano.


























































Grupos parlamentarios e agrupacións no Parlamento das Canarias
Nome
Partido(s)
Logotipo
Voceiro
Líder autonómico
Escanos


G.P. Nacionalista Canario

CC-PNC

Logocoalicion.svgPartido Nacionalista Canario.png
José Miguel Ruano León
Fernando Clavijo Battle
16


G.P. Socialista Canario

PSOE-PSC

Logotipo del PSOE.svg
Iñaki Álvaro Lavandera
José Miguel Pérez
15


G.P. Popular

Partido Popular

People's Party (Spain) Logo.svg
María Australia Navarro de Paz
Asier Antona Gómez
12


G.P. Podemos

Podemos

Wordmark Podemos.svg
Noemí Santana Perera
Meri Pita Cárdenes
7


G.P. Nueva Canarias

Nueva Canarias

Nueva Canarias.png
Román Rodríguez Rodríguez
Román Rodríguez Rodríguez
5


Grupo Mixto

ASG

Agrupación Socialista Gomera.svg
Casimiro Curbelo Curbelo
Casimiro Curbelo Curbelo
3


Agrupación Herreña Independiente*

AHI

Agrupacion Herreña Independiente.png
José Miguel Ruano León
Tomás Padrón Hernández
2
  • Os deputados da Agrupación Herreña Independiente están integrados no G.P. Nacionalista Canario.

O Goberno das Canarias, con sede en Tenerife e Gran Canaria, exerce o poder executivo e está integrado polo presidente (máxima autoridade política da comunidade) e os conselleiros que se achan á fronte das distintas consellerías. Desde 2007, o presidente do goberno canario é Fernando Clavijo, de Coalición Canaria, grazas a un acordo co PSOE.


Outras institucións

O Deputado do Común do Parlamento das Canarias, radicado en Santa Cruz de la Palma, é o Defensor do Pobo canario. Trátase dun alto comisionado designado polo Parlamento das Canarias, cuxo fin é defender os dereitos e liberdades constitucionais dos cidadáns canarios. O Consello Económico e Social das Canarias, con sede nas Palmas de Gran Canaria, é o órgano consultivo do Parlamento e do Goberno das Canarias en materia socioeconómica e laboral. A Audiencia de Contas das Canarias, situada en Santa Cruz de Tenerife, é o órgano fiscalizador das contas e da xestión económica do sector público canario. O Tribunal Superior de Xustiza das Canarias é o máximo órgano xurisdicional das Canarias, sen prexuízo do Tribunal Supremo.



Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canario.


  2. Article 6 of Council Directive 2006/112/EC of 28 November 2006 (as amended) on the common system of value added tax (OJ L 347, 11.12.2006, p. 1) [1]


  3. As Illas Canarias, unha rexión illada?[Ligazón morta]


  4. Lista de parques nacionais de España[Ligazón morta] na web do Ministerio de Medio Ambiente.


  5. [2] Lista de Reservas da Biosfera en Europa e Norteamérica na páxina web da UNESCO. En inglés.


  6. Páxina web Arquivado 29 de agosto de 2010 en Wayback Machine. do ISTAC sobre entrada de turistas en Canarias.


  7. "Estatuto de Autonomía de Canarias na páxina web do Goberno de Canarias". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2010. 


  8. "Nas illas de Lanzarote e Fuerteventura a desalgamento de auga de mar permite o abastecemento do 100% da poboación residente e turística" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2011. Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 


  9. [http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2049896 Caracterización da poboación canaria a comezos do século XXI. Unha perspectiva da sociedade insular desde a demografía.


  10. INE 2010.


  11. "Coyuntura Turística de Canarias no sitio web oficial do Goberno das Canarias" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 


  12. "Entrada xeral de pasaxeiros aos aeroportos canarios en 2009". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 


  13. "Instituto Nacional de Estadística de España". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 


  14. Tranvía de Tenerife


  15. O tren de Gran Canaria irá baixo terra pola capital


  16. O Tren do Sur de Tenerife estará operativo en oito anos e xerará máis de mil empregos


  17. "Primeira liña regular Huelva-Canarias estará operativa en marzo". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2011. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 


  18. "Entrada nos aeroportos canarios segundo illas". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 



Véxase tamén |



Outros artigos |



  • Illa de San Borondón (lenda)


Ligazóns externas |





  • Páxina oficial de turismo (en castelán)



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illas_Canarias&oldid=4979397"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.968","walltime":"1.523","ppvisitednodes":"value":1940,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":63541,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4671,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":18,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":15001,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":19,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1119.154 1 -total"," 55.25% 618.304 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.24% 125.783 1 Modelo:Listaref"," 10.15% 113.625 1 Modelo:Commonscat"," 9.89% 110.718 1 Modelo:Irmáns"," 9.57% 107.091 1 Modelo:Caixa_lateral"," 8.88% 99.378 1 Modelo:CCAA_España"," 8.56% 95.843 1 Modelo:Navbox"," 7.53% 84.270 7 Modelo:Cita_web"," 7.18% 80.331 21 Modelo:Nowrap"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.465","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6734544,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1306","timestamp":"20190521190712","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Illas Canarias","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Illas_Canarias","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q5813","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q5813","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-04-05T19:27:15Z","dateModified":"2018-11-05T17:28:47Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b0/Flag_of_the_Canary_Islands.svg","headline":"arquipu00e9lago no Atlu00e1ntico"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":151,"wgHostname":"mw1245"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020