Skip to main content

Illas da Canle Índice Historia | Política | Xeografía | Economía | Cultura | Símbolos | Lei Sálica | Menú de navegaciónWorldCat3167326162671777ID000411630424004073186-8ge130189603189124548836D002603

Illas da CanleIllas do Reino UnidoIllas do Atlántico


inglésfrancésillasfrancesaGolfo de Saint-MaloDucado de NormandíaFilipe AugustoreiInglaterraXoán sen TerraGuernseyJerseyDucado da NormandíaReino UnidoUnión Europeakm²illotesducadoNormandía9331066duqueGuillermo o ConquistadorInglaterrarei1204coroa británicaséculo XIIIdiariosradiosSegunda Guerra MundialAlemañaséculo XIsabel IITratado de París1259Lei sálicaparlamentoleis2001Illa de Man2003pasaporte1978arquipélagofrancésnormandoJerseyGuerneseyingléstribunaisMinquiers e EcréhousillotesChauseyturismoagriculturaanos 1960horticulturainvernadoirosindustriaanos 1980Reino UnidoUnión EuropeaxogoInternetIlla de ManXibraltarbilletesmoedasservizo postalseloslingua de oïlséculo XIXGran BretañainglesesfrancésVíctor HugopartidofútbolverdevermelloIsabel II do Reino Unidolei sálica










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Insurrecci%C3%B3n_nacional_eslovaca" title="Insurrección nacional eslovaca"u003EInsurrección nacional eslovacau003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Illas da Canle




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Localización das Illas do Canal, preto da costa francesa


As Illas do Canal (ou Illas Anglo-normandas), (Channel Islands, en inglés; Îles Anglo-normandes, en francés), son un grupo de illas situadas ao longo da costa francesa, no Golfo de Saint-Malo, que antigamente formaron parte do Ducado de Normandía. Pertencen á Coroa Británica dende que Filipe Augusto confiscara os territorios franceses do rei de Inglaterra Xoán sen Terra. Xuridicamente non constitúen un territorio, senón que están divididas en dous bailiazgos (bailiwicks): Guernsey e Jersey. As Illas do Canal son a única parte do antigo Ducado da Normandía que non foi incorporado a Francia.


Son dependencias da coroa británica pero non forman parte do Reino Unido (nin da Unión Europea).


A súa superficie total é duns 195 km², na cal viven uns 150.000 habitantes, repartidos nas illas de:


  • Jersey


  • Guernsey (Guernesey en francés)


  • Alderney (Aurigny en francés)


  • Sark (Sercq en francés)

  • Jethou

  • Herm

  • Brecqhou

  • Lihou

Completan o arquipélago un importante número de illotes e cons.




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Política


  • 3 Xeografía


  • 4 Economía


  • 5 Cultura


  • 6 Símbolos


  • 7 Lei Sálica




Historia |




A Little Chapel ou Pequena Capela de Guernsey


As illas foron anexadas ao ducado de Normandía en 933. En 1066, o duque Guillermo o Conquistador invade e conquista Inglaterra, converténdose na súa rei. Desde 1204, a perda do resto dos territorios do entón monarca en Normandía continental fixo que as Illas Anglonormandas fosen gobernadas a partir dese entón como posesións separadas da coroa británica.


Os bailiazgos foron administrados separadamente desde finais do século XIII, e aínda que os que non están familiarizados coas illas dan por feito que as illas forman unha unidade política, as institucións comúns son máis ben unha excepción que unha regra. Os dous bailiazgos non teñen leis, nin eleccións nin corpo representativo comúns -aínda que os políticos consúltanse regularmente-. Non hai diarios nin radios comúns aos dous bailiazgos, pero o número de habitantes fixo necesario unha canle de televisión común, o Channel Television («Televisión da Canle»).


Durante a Segunda Guerra Mundial as illas serían a única porción de chan británico ocupada por Alemaña.



Política |


Tanto a bailía de Guernsey como a de Jersey son dependencias da coroa británica pero nun sentido estrito non forman parte do Reino Unido. Forman parte do ducado de Normandía desde o século X, e a raíña Isabel II é a miúdo saudada como duquesa de Normandía. Con todo, seguindo o Tratado de París (1259) e a Lei sálica, tecnicamente ela non é duquesa senón que goberna no seu lugar no seu dereito como raíña de Inglaterra.




Os Elms, en Xersei


Ningunha da bailías está representada no parlamento británico, aínda que cada unha posúe o seu propio parlamento, que pode solicitar que as leis dese sexan aplicadas a un ou a ambos os bailiazgos, por Orde do Consello, tras consulta local. As illas tampouco forman parte da Unión Europea.


Os gobernos insulares son responsables ante a raíña no Consello. En 2001, as competencias referidas os lazos entre as Illas Anglonormandas e a Illa de Man e a coroa pasou do Ministro do Interior ao Departamento do Lord Chanceler (substituído en 2003 polo Departamento de Asuntos Constitucionais).


Os seus cidadáns teñen pasaporte británico, o cal porta a lenda "British Islands, Bailiwick of Jersey" ou "British Islands, Bailiwick of Guernsey", en lugar de "United Kingdom". De acordo coa lei de Interpretación de 1978, considérallas parte das "British Islands", a non confundir coas "British Isles" ?en inglés, o termo utilizado tradicionalmente para identificar ao grupo de illas situadas ao longo da costa noroeste de Europa: Gran Bretaña, Irlanda e outras illas adxacentes menores? das cales poden historicamente tamén ser consideradas como integrantes. Así, podería dicirse que estas son illas británicas (polos seus lazos políticos) aínda que xeograficamente non compoñan o arquipélago das Illas Británicas.


Ambos os bailiazgos son membros do Consello Británico-Irlandés.
O idioma nativo das Illas Anglonormandas é un subdialecto do francés normando, tal subdialecto posúe dúas variedades a de Jersey (ou Jèrriais - palabra que se pronuncia aproximadamente "yerrié") e a de Guernesey (ou Dgèrnésiais -pronúnciase aproximadamente "shernesié"). O Jèrriais e o Dgèrnésiais foron recoñecidos como linguas rexionais das illas, á parte do inglés.


Os seus tribunais son independentes un do outro, pero existe un tribunal de apelación común.



Xeografía |


Situación das Illas Anglonormandas

As illas habitadas son


  • Jersey

  • Guernsey

  • Alderney

  • Sark

  • Herm

  • Jethou

  • Brecqhou

  • Lihou

Todas excepto Jersey están na bailía de Guernsey. No entanto, as Minquiers e Ecréhous, un grupo de illotes deshabitados, pertencen ao bailiazgo de Xersei.


Hai outra pequena illa, Chausey, ao sur de Xersei que non está incluída xeograficamente nas Illas da Canle. Pertence a Francia e aínda que recibe moito turismo galo, apenas é visitada polos habitantes das Illas e tampouco existen transportes entre estas e Chausey.


As grandes variacións nas mareas causan unha contorna ambiental moi rico na zona intermareal.



Economía |


O turismo é a principal fonte de ingresos das illas máis pequenas (xunto á agricultura). Xersei e Guernsey teñen desde os anos 1960, unha importante banca. En Guernsey, a horticultura e invernadoiros foron máis significativos que en Xersei, así como a industria. Xersei centrouse desde os anos 1980 nos servizos financeiros.


Así mesmo a situación de independencia con respecto ás directivas do Reino Unido e da Unión Europea propiciou o establecemento e proliferación de empresas que operan en mercados emerxentes como o do xogo por Internet. Estas empresas obteñen as correspondentes licenzas administrativas do goberno local, para posteriormente ofrecer os seus servizos externamente. Este modo de actuar é moi similar noutros territorios con xurisdición similar como a Illa de Man e Xibraltar.


Ambos os bailiazgos emiten cada un os seus propios billetes e moedas e posúen un servizo postal independente que emite os seus propios selos. Ambas as moedas circulan libremente nos dous bailiazgos xunto coas moedas emitidas no Reino Unido, así como os billetes do Banco de Inglaterra e de Escocia. Pero os selos postais só poden ser utilizados nos seus respectivos bailiazgos.



Cultura |


Tradicionalmente a cultura dos habitantes das illas fora normanda, isto é, os seus habitantes falaban o dialecto normando da lingua de oïl. A partir do século XIX, unha maior facilidade de transporte con Gran Bretaña propiciou o asentamento de ingleses, o cal, unido con outras comunicacións, acabaron por anglonizar as illas. Actualmente, o normando xa está completamente extinguido na illa de Alderney e no resto o seu número de falantes non chega ao 10%, maioritariamente de idade avanzada. Con todo, o francés segue sendo unha lingua (ceremonialmente) oficial.




As "pedras das bruxas" sobre unha típica cheminea das Illas Anglonormandas


Víctor Hugo pasou algúns anos no exilio, primeiro en Xersei e despois en Guernsey onde escribiu Os miserables. Guernsey é tamén o lugar en que se ambienta a última novela do autor: Os traballadores do mar.


O anual Muratti, o partido de fútbol entre as illas, é considerado o acontecemento deportivo do ano, aínda que debido á televisión, non atrae a tantos espectadores como outrora, cando se trasladaban ás illas.


A cor tradicional de Guernsey para o deporte e outras actividades é o verde, Xersei ten o vermello.


Os insulars tiveron tradicionalmente alcumes de animais:


  • Guernsey: burricáns - As costas das rúas do porto de St. Peter esixían o emprego de bestas de carga, pero a xente de Guernsey tamén di que é un símbolo da súa forza de carácter.

  • Xersei: crapauds (sapos en francés e jèrriais) - Xersei ten sapos e serpes dos que Guernsey carece.

  • Sark: corbins (corvos) xa que son vistos desde o mar na costa da illa.

  • Alderney: lapins (coellos) - a illa é coñecida polos seus tobos.


Símbolos |


Cada illa ten a súa bandeira, non existindo unha que as una como Illas da Canle.



Lei Sálica |


Nas Illas do canal, a Raíña Isabel II do Reino Unido é saudada como Súa Maxestade a Raíña, Noso Duque. A contradición co xénero masculino está enraizada na lei sálica que determinaba que a Normandía debe ser exclusivamente gobernada por homes.





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illas_da_Canle&oldid=4704281"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.340","walltime":"0.556","ppvisitednodes":"value":240,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":11441,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":899,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2174,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 483.137 1 -total"," 87.20% 421.308 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 10.89% 52.590 1 Modelo:Sen_referencias"," 10.00% 48.322 1 Modelo:Ifsubst"," 9.29% 44.890 1 Modelo:Ambox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.234","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3774646,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1293","timestamp":"20190510211029","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Illas da Canle","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Illas_da_Canle","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q42314","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q42314","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-07-17T12:34:47Z","dateModified":"2018-04-03T16:28:05Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ef/LocationJersey.png"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":151,"wgHostname":"mw1272"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos