Skip to main content

Mónaco Índice Etimoloxía | Historia | Xeografía | Política | Subdivisións administrativas | Economía | Demografía | Cultura | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación43°44′N 7°25′L / 43.733, -7.417eClimat de Monaco, www.visitmonaco.com, Moyenne des années 1911 à 1985Monaco on a Budget"La grotte de l'Observatoire"o orixinalGuía de viaxe de Mónaco en Wikivoyage (en)Sitio web oficial de turismo de MónacoSitio web oficial do GobernoSitio web oficial do Palacio do Príncipe de MónacoDocumentos sobre a historia de MónacoeeWorldCat13090967011945108x2225831ID1215184004331229934574040031-133630000 0001 2181 4116n81101064ID00567822ge1311493699002658560X7005758108494D008984

Mónaco


francésmonegascoitalianooccitanofrancésmonegascoitalianooccitanocidade-estadoFranciamediterráneaEuropasegundo país máis pequenoCidade do VaticanoFranciaItaliaestadosoberanomonarquía constitucionalPrincipadoCasa de Grimaldi1297Xefe de EstadoPríncipeAlberte IIindependenteEstado francésparaíso fiscalgrego antigogregoHeraclesmitoloxía romanaHérculesligurséculo VI a.C.Paleolítico inferiorPaleolítico mediosuperior1500 a.C.familia realfeniciosEstrabónlíguresXénovaItalialinguas indoeuropeaslingua lígurmonegascoséculo VI a.C.gregosMarsellaHeraclesHérculesXulio CésarRepública RomanaGallia NarbonensisEneidaVirxilioImperio Romano de Occidente4 de setembro476sarracenostribos xermánicas975século XIlígureslingua lígurmonegasco1191Sacro Imperio Romano XermánicoXénova10 de xuño12158 de xaneiro129711331301familia GrimaldiRei de FranciaFilipe de Castelaneerlandeses1304Xénova12 de setembro1331Señor de Mónaco13421346alabardeirosCalais13551357Xénova14651489independenciaRei de Franciaduque de Savoia150911 de outubro1505xenovesa1523castelán1524Príncipe16021633Filipe IVVaticano1701Revolución francesa4 de agosto1789príncipes de Mónaco17931814Alpes Marítimostratado de París30 de maio18141789Honorato IVmarzo1815Cen DíasReino de Sardeña20 de novembro181518171847km²1848familia Grimaldi1869PiemonteNizaNapoleón IIIunificación italiana18611815FranciaItaliaCarlos III18631866MontecarloNiza1868selos postais1865Santa Sé1869monarquía absolutapríncipe de MónacoConstitución1911monarquía constitucionalxullo1918Tratado de VersallesFrancia1922Costa Azul1940Segunda Guerra MundialitalianasPríncipeLuís IIGoberno de VichyMariscal Pétainsetembro1943HitlerEstados Unidos1949Rainiero III19622002euroUnión EuropeaNacións Unidas1993segundo Estado independente máis pequeno do mundoVaticanomediterráneaNizafrancoitalianafrancésArrondissement de Nicedepartamento francésAlpes MarítimosProvenza-Alpes-Costa AzulCosta AzulFranciamonarquía constitucional1911PríncipeXefe de EstadoMinistro de EstadoFranciaLiechtensteinCidade do VaticanoConstitución1962democráticaalcaldeconcellodinastía GrimaldiItalia1099Rainiero IIIAlberte IIRainiero IIIGracia Patriciasegundo país máis pequenoCidade do Vaticano19111954príncipeAlberte II2009turistas2001francesasUnión Europeaeuro2000branqueo de diñeiropoder xudicialOrganización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico1998PrincipadoAndorraLiechtensteinLiberiaIllas Marshall2003Fondo Monetario Internacionalparaíso fiscalmonegascosfrancesesitalianosbritánicossuízosalemánscatolicismoMonaco-VilleLa CondamineMonte CarloLarvottoSaint RomanFrancia1875século XIIFórmula 1Gran Premio de Mónaco1929Gran Premio de MónacoMonte CarloDía da AscensiónFórmula 1195019551969TenisATP9018971969fútbolAS Monaco FCLigue 1francesaStade Louis IILiga de Campións da UEFA2004FC Porto










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Insurrecci%C3%B3n_nacional_eslovaca" title="Insurrección nacional eslovaca"u003EInsurrección nacional eslovacau003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Mónaco




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Coordenadas: 43°44′N 7°25′L / 43.733, -7.417
























































Principado de Mónaco

Principauté de Monaco
Principatu de Múnegu
Principato di Monaco
Principat de Mónegue


Bandeira de Mónaco

Escudo de Mónaco



BandeiraEscudo
Location Monaco Europe.png

Lema: Deo Juvante
(Latín: Coa axuda de Deus)



Capital
 • Poboación
Mónaco1
32 965 (2009)
Linguas oficiais
Francés2
Forma de gobernoMonarquía constitucional

Príncipe
Ministro de Estado

Alberte II
Serge Telle
Independencia
 • Data
• Constitución

8 de xaneiro de 1297
17 de dec. de 1962
SuperficiePosto 232º
 • Total1,95 km²
 • % auga0
Fronteiras4,4 km
Costas4,1 km
PoboaciónPosto 205º
 • Total (2009 est.)32 965 hab.
 • Densidade
16.818 hab./km²

PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápita
n/d

PIB (PPA)
Posto 181º
 • Total (2008)976 millóns US$
 • per cápita
70 670 US$
Moeda
Euro3 (€, EUR)

IDH (1997)
0,946 (16º) – Alto
XentilicioMonegasco, monegasca
Fuso horario
CET (UTC+1)
 • Horario de verán

CEST (UTC+2)
Dominio de Internet.mc
Prefixo telefónico+377
Prefixo radiofónico3AA-3AZ
Código ISO492 / MCO / MC
Membro de: OIF, ONU, OSCE, COE

1 É unha cidade-estado. Monaco-Ville é un distrito histórico.
2 O monegasco non é oficial. Con todo, ensínase nas escolas e pódese atopar sinalización bilingüe xunto co francés na parte vella.
3 Antes de 1999 o franco francés.

Mónaco (en francés: Monaco, en monegasco: Múnegu, en italiano: Monaco, en occitano: Mónegue), oficialmente Principado de Mónaco (en francés: Principauté de Monaco, en monegasco: Principatu de Múnegu, en italiano: Principato di Monaco, en occitano: Principat de Mónegue) é unha cidade-estado situada ao sur de Francia na costa mediterránea, en Europa. Cunha superficie de 1,9 km² é o segundo país máis pequeno do mundo, despois da Cidade do Vaticano. Debido a ese pequeno tamaño posúe soamente pouco máis de catro quilómetros de fronteira, todas con Francia, aínda que se atopa bastante preto de Italia a 11 km. Cos seus máis de 30.000 cidadáns é o estado soberano con maior densidade de poboación do mundo, chegando practicamente aos 17.000 habitantes por km².


Mónaco é unha monarquía constitucional e un Principado gobernado pola Casa de Grimaldi dende o ano 1297, sendo hoxe o Xefe de Estado o Príncipe Alberte II. Con todo, a pesar de ser un estado independente, a defensa do Principado é responsabilidade do Estado francés. Mónaco é o nome do país, así como o nome da súa única cidade e capital. A miúdo é considerado como un paraíso fiscal, sendo a maioría dos seus habitantes xente rica de países estranxeiros, os cales supoñen en torno ao 84% da poboación.




Índice





  • 1 Etimoloxía


  • 2 Historia

    • 2.1 Prehistoria


    • 2.2 Antigüidade


    • 2.3 Idade Media


    • 2.4 Idade Moderna


    • 2.5 Idade Contemporánea



  • 3 Xeografía

    • 3.1 Clima



  • 4 Política

    • 4.1 Monarquía



  • 5 Subdivisións administrativas

    • 5.1 Barrios



  • 6 Economía

    • 6.1 Fiscalidade



  • 7 Demografía


  • 8 Cultura

    • 8.1 Deporte



  • 9 Notas


  • 10 Véxase tamén

    • 10.1 Outros artigos


    • 10.2 Ligazóns externas





Etimoloxía |


A orixe do nome de Mónaco non está clara habendo diferentes teorías. Unha delas di que o nome quere dicir "só por se mesmo", debido unha a un suposto antigo templo que estaría na zona chamado "Herakles Monoikos" (do grego antigo: Heracles só), en referencia ao heroe grego Heracles (coñecido na mitoloxía romana como Hércules), ao que se lle rendía culto en dito santuario. Debido a esta última teoría o principal porto monegasco chámase hoxe en día "Porto de Hércules". Outra teoría di que o nome procede dunha antiga tribo ligur que habitou a zona no século VI a.C. chamada "Monoikos".[1]



Historia |



Prehistoria |


O territorio actual de Mónaco serviu de abrigo aos primeiros habitantes da rexión a partir de finais do Paleolítico inferior, aproximadamente fai 300.000 anos, sendo nunha caverna do Xardín exótico de Mónaco restos óseos de animais, o cales serviron de alimento a estes homes prehistóricos.[2] A presenza humana esta tamén testemuñada no Paleolítico medio e no superior. A partir do ano 1500 a.C. comezan a acharse dentro das covas trazos de obras de arte (gravados e esculturas), volvéndose cada vez máis numerosas as sepulturas funerarias, individuais ou colectivas, entre as que destaca a sepultura do home chamado "de Grimaldi" (non confundir coa familia real), que contén a unha muller e a un adolescente.



Antigüidade |


Dominada por diversos pobos da antigüidade, foi colonia dos fenicios, dos cales posuía o templo do deus Melkart. Con todo, segundo Diodoro Sículo e o xeógrafo Estrabón, os primeiros habitantes sedentarios da zona foron os lígures, que emigraron dende a cidade de Xénova en Italia. Con todo, cómpre sinalar a antiga lingua lígur, sen conexión coas linguas indoeuropeas, non ten que ver coa lingua lígur falada hoxe en día no Principado, tamén coñecida como monegasco. Segundo parece a colonia de Mónaco debeuse quizais á apertura cara o mar dun pobo lígur situado no interior.


Logo, no século VI a.C., os gregos de Marsella (entón Massalia), fundarían a colonia de Monoikos (probable asimilación do fenicio "Melkart") no estreito onde actualmente se atopa Mónaco. Monoikos estaba asociada a Heracles (heroe coñecido polos romanos como Hércules), adorado baixo o nome de Herakles Monoikos. Segundo os propios Diodoro Sículo e Estrabón, os gregos e os lígures crían por igual que Hércules pasara pola rexión. Despois da Guerra das Galias, Xulio César instalouse nesta terra, xa abandonada polos gregos, o que significou o paso deste territorio ao control da República Romana como parte da provincia romana da Gallia Narbonensis co nome de Portus Herculis Monæci. Na Eneida é mencionada polo poeta Virxilio.



Idade Media |



Véxase tamén: Dinastía Grimaldi e Lista de Príncipes de Mónaco.

Mónaco permaneceu baixo dominio romano até a caída do Imperio Romano de Occidente o 4 de setembro de 476. O estreito foi eventualmente ocupado por sarracenos e diversas tribos xermánicas. Os sarracenos foron expulsados en 975 e no século XI o estreito foi novamente poboado polos lígures, os cales levaron a Mónaco a lingua lígur actual, da que é un dialecto o monegasco actual. En 1191, o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Henrique VI, concedeu a soberanía sobre Mónaco á cidade de Xénova, de onde eran orixinarios os lígures. O 10 de xuño de 1215, unha comitiva de Xibelinos (os Hohenstaufen, facción que apoiaba ao Sacro Imperio), comandados por Fulco del Cassello, comezou a construción dunha fortaleza sobre Mónaco, que constituía un punto estratéxico para controlar a rexión fronte os seus adversarios, os Güelfos (inimigos do Xibelinos, da casa de Welf), os cales tamén estabeleceron os seus cuarteis a fin de apoiar ás guarnicións.


O 8 de xaneiro de 1297, o Güelfo Francisco Grimaldi, descendente de Otto Canella, cónsul de Xénova en 1133, tomou a fortaleza pola forza. Grimaldi, que non posuía mais que un pequeno exército, disfrazouse de monxe franciscano para penetrar na fortaleza e, unha vez dentro, abriulles aos seus soldados. Con todo, os Güelfos foron finalmente derrotados e Francisco desterrado en 1301. Así, a familia Grimaldi apoiouse entón no Rei de Francia. O curmán de Francisco, Rainiero de Grimaldi, ao servizo de Filipe de Castela, comandou unha frota de galeras vencendo aos neerlandeses na Batalla de Zieriksee en 1304. Foi nomeado entón almirante de Francia e, pai de Carlos de Grimaldi, fundou a dinastía que leva o seu nome, que serviría fielmente á monarquía francesa durante os séculos vindeiros.


Retomando a loita contra Xénova, Carlos de Grimaldi ocupou a cidade o 12 de setembro de 1331, é autoproclamouse Señor de Mónaco en 1342. Mentres que adquiría o señorío de Menton en 1346, Carlos seguía a servir á Coroa Francesa, comandando unha compañía de alabardeiros na batalla de Crécy, en tanto que socorría por mar ao campamento francés tralo sitio de Calais. Logo, en 1355, obtivo o señorío de Roquebrune-Cap-Martin. Con todo, en 1357, faleceu durante o sitio comandando polo xenovés Simone Boccanegra. A totalidade do principado foi entón asimilado por Xénova, fóra de Mentón, defendido por Rainiero II, fillo de Carlos, que rapidamente reconquistou Roquebrune.


Os fillos de Rainiero II, Ambrosio, Antón e Xoán retomaron Le Rocher e convertéronse todos en co-señores (institución pouco frecuente na Idade Media). Xoán conservou pola súa banda só Mónaco e a Condamina, permanecendo en loita continúa contra os xenoveses. O seu fillo, Catalán, só o sucedeu por tres anos, e a súa neta Claudina Grimaldi foi desposada en 1465 por un Grimaldi d'Antibes, Lambert Grimaldi d'Antibes, o cal obtivo en 1489 o recoñecemento da súa independencia polo Rei de Francia e o duque de Savoia. Xénova tentou un último sitio en 1509 sen éxito, renunciando definitivamente a Mónaco .



Idade Moderna |




Montecarlo en 1889.


O 11 de outubro de 1505, antes do último intento de invasión xenovesa, accedeu ao trono Luciano I de Grimaldi, que morrería asasinado en 1523 polo seu curmán Bartolomeu Doria. Luciano non deixou mais que un fillo de pouca idade, Honorato, cuxa tutela foille confiada ao seu tío Agustiño, bispo de Grasse, que foi recoñecido señor. Agustiño non obtivo de parte de Francisco I de Francia o apoio que posuían os Grimaldi, e colocou a Mónaco baixo protectorado castelán en 1524 durante máis dun século. O neto de Honorato, Honorato II, posto baixo a tutela do príncipe de Valdetare, tomou o título de Príncipe en 1602, título que non foi recoñecido até 1633 por Filipe IV. Ademais retornou á alianza con Francia e expulsou manui militari á gornición castelá, obtendo o ducado de Valentinois. Luís I de Mónaco comandou o seu rexemento de cabalaría e obtivo unha embaixada por parte do Vaticano en 1701.


Coa Revolución francesa, trala noite do 4 de agosto de 1789, cando se aboliron os privilexios feudais pola Asemblea Nacional Constituínte, os príncipes de Mónaco perderon tódalas súas posesións francesas e os ingresos derivados delas. De 1793 a 1814 Mónaco estivo integrado en Francia baixo o nome de Fort d'Hercule, formando parte da rexión dos Alpes Marítimos e asociado a San Remo. O tratado de París de 30 de maio de 1814 volveu colocar ao Principado na órbita anterior a 1789, mais cando Honorato IV arribou a Mónaco en marzo de 1815 para tomar posesión dela, foi detido por Pierre Cambronne. Era o comezo dos Cen Días.


Mónaco colocouse entón baixou protectorado do Reino de Sardeña no segundo tratado de París, asinado o 20 de novembro de 1815 e confirmado polo tratado de Sutpinigi en 1817. Até 1847, o principado de Mónaco ocupaba unha superficie total de 24 km² (dez veces máis co actual Principado) e comprendía tres comunas: Mónaco (1.250 habitantes), Roquebrune (hoxe Roquebrune-Cap-Marin) (850 habitantes) e Menton (4.900 habitantes). A parte máis vasta e rica do principado era a chaira mentonesa, cos seus cultivos de cítricos e oliveiras. Con todo, durante o movemento revolucionario de 1848, Menton e Roquebrune proclamaron a súa revogación da familia Grimaldi e proclamáronse "cidades ceibes" baixo a protección do Reino de Sardeña. En 1869, o Piemonte cedeu Niza a Francia logo do apoio de Napoleón III ao comezo da unificación italiana. Niza, Menton e Roquebrune votaron entón a súa anexión a Francia, que foi ratificada polo tratado franco-monegasco de 1861. Así Mónaco abandonou finalmente o protectorado que tivo dende 1815 e a súa independencia foi formalmente recoñecida, separándose de toda protección de Francia ou Italia.



Idade Contemporánea |




Casino de Montecarlo.


Este último tratado prevía a axuda de Francia dun paso do ferrocarril francés sobre o territorio monegasco (con dúas estacións). Foi entón que o príncipe Carlos III tivo a idea de crear os xogos do Casino de Montecarlo (o xogo de azar era ilegal nos países veciños), o que permitiu ao principado enriquecerse e desenvolverse rapidamente. En 1863 acordou o privilexio de explotar o casino, os hoteis e o teatro a François Blanc, fundador da Sociedade de Baños e Mar do Círculo de Estranxeiros a fin de achegar ingresos á Corte. En 1866, Carlos III, quen impulsara estes traballos, trocou o nome do barrio dos Spélugues, pasando a ser Montecarlo na súa propia honra. Finalmente, a inauguración do ferrocarril Niza-Vincitimille en 1868 afianzou a prosperidade. Tamén se fundou unha Oficina de Correos, que comezou a editar os seus propios selos postais en 1865 e se obtivo da Santa Sé a creación dun bispado. Ademais o propio Carlos III, en 1869, eliminou os impostos de bens persoais e mobiliarios, feito que conduciu a unha intensa actividade de construción. Construíronse durante esta época unha ópera, numerosos museos e a Fundación do Instituto Oceanográfico.


Mónaco até esa época era unha monarquía absoluta, e príncipe de Mónaco dispoñía de plenos poderes, mais coa reforma da Constitución en 1911, o país pasou a ser unha monarquía constitucional. En xullo de 1918, foi asinado un acordo de protección limitada do Principado por Francia. O tratado formou parte do Tratado de Versalles e estableceu que a política de Mónaco non podería oporse aos intereses políticos, militares nin económicos de Francia. En 1922, o principado perdeu tamén o seu monopolio dos xogos da Costa Azul.


En xuño de 1940, durante a Segunda Guerra Mundial, prodúcese a chegada das tropas italianas, o que inquietou ao Príncipe Luís II, que cría que se produciría unha anexión e a súa posterior destitución, polo que se achegou ao Goberno de Vichy do Mariscal Pétain, ao que pediu, con éxito, axuda. Máis tarde, en setembro de 1943, Hitler ordenou a invasión de Mónaco polo exército alemán, que non opuxo moita resistencia, con todo Mónaco foi finalmente liberado por tropas de Estados Unidos ao final da guerra.


Despois da guerra, en 1949, Rainiero III ascende ao trono e dez anos despois suspende a constitución tras varios desacordos co Consello Nacional. En 1962, promulgase unha nova Constitución e ao ano seguinte, asínase un novo tratado con Francia, do cal se crearon novos acordos de veciñanza e moeda, que se renovaron en 2002 coa posta en circulación do euro en Mónaco, aínda que este estado non é membro da Unión Europea (UE). Mónaco converteuse en membro oficial das Nacións Unidas con plenos dereitos de voto en 1993.



Xeografía |




Vista de Mónaco.


O Principado de Mónaco é o segundo Estado independente máis pequeno do mundo despois do Vaticano. Está situado sobre a costa mediterránea a 18 km de Niza e a 12 km da fronteira franco-italiana. Estando, excepto pola súa fachada marítima, rodeado polo territorio francés, máis precisamente no Arrondissement de Nice e por tanto no departamento francés dos Alpes Marítimos e a rexión francesa de Provenza-Alpes-Costa Azul. O principado de Mónaco forma parte da Costa Azul, rexión turística que non ten límites oficiais.


O seu territorio está practicamente urbanizado na súa totalidade, pero comprende de numerosos espazos verdes, sendo o seu punto máis alto atópase a 163 metros por riba do nivel do mar, na vertente sur do Mont Agel, ao final do Chemin des Révoires. O cumio desta montaña, 1.109 m altitude, está en Francia. Non ten recursos naturais.



Clima |






















































Mes
Xan
Feb
Mar
Abr
Mai
Xun
Xul
Ago
Set
Out
Nov
Dec
Temp. máx. / °C
12,25
12,52
13,97
16,13
19,36
22,98
25,78
25,93
23,81
19,90
16,09
13,41
Temp. mín. / °C
8,08
8,16
9,60
11,62
14,83
18,49
21,18
21,51
19,28
15,57
11,91
9,25
Número de días de choiva
5,9
5,2
6,7
6,0
5,6
2,8
1,3
2,5
4,5
7,5
7,7
6,8

Fonte: Climat de Monaco, www.visitmonaco.com, Moyenne des années 1911 à 1985


Política |



Artigos principais: Príncipe de Mónaco e Ministro de Estado de Mónaco.



Palacio do Príncipe de Mónaco sobre "Le Rocher".


Mónaco é gobernado por unha monarquía constitucional dende 1911, co Príncipe como Xefe de Estado. A rama executiva consiste nun Ministro de Estado (Xefe de Goberno), quen preside un gabinete (Consello de Goberno) de seis membros. O Ministro do Estado é un cidadán francés designado polo príncipe, que o elixe entre candidatos propostos polo goberno de Francia, que se encarga dos asuntos de defensa e seguridade do principado. Mónaco é, xunto con Liechtenstein e a Cidade do Vaticano, un dos tres únicos estados en Europa onde o monarca segue tendo un papel activo na política e o goberno.


Baixo a Constitución de 1962, o Príncipe comparte o seu poder cun Parlamento unicameral, o Consello Nacional. Os 24 membros do corpo lexislativo son elixidos por medio de votación directa e democrática, e teñen un período de cinco anos. Eles, cumpren a función de facer as leis e regulamentar os decretos reais. Os principais asuntos locais son dirixidos polo Concilio Comunal, o cal se compón de quince membros elixidos e presididos por un alcalde. O Concilio Comunal fai as veces de concello e cumpre a función de facer as xestións locais para o seu desenvolvemento.



Monarquía |



Artigo principal: Dinastía Grimaldi.




Alberte II de Mónaco.



Véxase tamén: Lista de Príncipes de Mónaco.

A dinastía Grimaldi é unha casa nobre orixinaria de Italia, fundada por Francisco Grimaldi que tomou en 1099 o señorío de Mónaco xunto aos seus soldados vestidos de franciscanos. Naquel principado reinaron os seus sucesores até a actualidade se exceptuamos varias descontinuidades. A última produciuse co matrimonio da princesa Carlota de Mónaco, nai de Rainiero III, con Pierre de Polignac.


Os seus integrantes máis destacados na actualidade son Alberte II, Príncipe Soberano de Mónaco, fillo e sucesor do príncipe Rainiero III e de Gracia Patricia de Mónaco, Carolina de Mónaco, irmá maior de Alberto e Estefanía, Estefanía de Mónaco, irmá menor de Alberte e Carolina e Andrea, Carlota e Pierre Casiraghi, fillos de Carolina de Mónaco e de Stéfano Casiraghi, que no caso de que Alberte de Mónaco morra sen descendencia lexítima, pasarían a ocupar os primeiros postos da liña sucesoria.



Subdivisións administrativas |




Barrios de Mónaco.




Mónaco e La Condamine.


Mónaco é o segundo país máis pequeno do mundo, só por detrás da Cidade do Vaticano, consistindo o estado consiste nun só concello (commune). Non hai distinción xeográfica entre o Estado e a Cidade de Mónaco, non obstante as responsabilidades do Goberno (nivel estatal) e as do Concello (nivel municipal) son diferentes. De acordo á constitución de 1911, o principado se subdividiría en tres municipalidades:


  • Mónaco (Monaco-Ville). A cidade vella de Mónaco. Está situada nun promontorio rochoso que se estende polo Mediterráneo. Tamén coñecido como a Rocha de Mónaco, ou simplemente A Rocha (Le Rocher). Aquí é onde se localiza o palacio.


  • Monte Carlo. Principal área residencial e hostaleira, onde se atopa situado o Casino Monte Carlo. Esta na zona leste e nordés.


  • La Condamine. Area portuaria situada na parte a sección noroeste.

Estas tres municipalidades foron fusionadas en 1954, despois de varias acusacións que dicían que o Goberno estaba a actuar de acordo coa lema «Divide e vencerás». Máis tarde volvéronse a separar máis tarde, aínda que esta vez coa categoría de barrios, sendo creados ademais outros catro barrios.



  • Fontvieille. Creado como o 4° barrio, foi construído en terras gañadas ao mar na década de 1970.


  • Moneghetti. Converteuse no quinto distrito de Mónaco a partir dunha parte de La Condamine.


  • Larvotto. Segregado de Monte Carlo, foi o sexto distrito do país.


  • Saint Roman. Converteuse no sétimo distrito de Mónaco, creado tamén a partir de Monte Carlo.

Subsecuentemente, creáronse os tres últimos barrios:



  • Saint Michel. Segregado de Monte Carlo.


  • La Colle. Segregado de La Condamine.


  • Les Révoires. Novo distrito monegasco segregado da Condamine. Neste distrito localízase o Xardín Exótico.

Un barrio adicional foi planeado en novas terras obtidas ao mar, que serían rematadas para o 2014. O príncipe Alberte II anunciou no seu discurso de Ano Novo en 2009 que estes plans quedaron en suspenso debido á situación económica actual. Actualmente, o principado está dividido en 10 barrios cos seus respectivos números oficiais. A Le Portier, nome do futuro barrio proposto, foille anticipado o número 11.



Barrios |






























































































BarrioÁrea (m²)Poboación (censo 2000)Densidade (/km²)ÎlotsDatos de interese

Antigo concello de Mónaco
05Monaco-Ville184.7501.0345.59719Cidade Vella co Palacio

Antigo concello de Monte Carlo
01
Monte Carlo/Spélugues (Bd. Des Moulins-Av. de la Madone)
281.4613.03410.77920Área do casino e dos hoteis
02
La Rousse/Saint Roman (Annonciade-Château Périgord)
105.2153.22330.63315Na parte norte atópase Le Ténao
03
Larvotto/Bas Moulins (Larvotto-Bd Psse Grace)
328.4795.44316.57015Área da praia do leste
10
Saint Michel (Psse Charlotte-Park Palace)
142.2233.80726.76824Área central residencial

Antigo concello de La Condamine
04La Condamine237.2833.84716.21327El área portuaria, en el noroeste
07
La Colle (Plati-Pasteur-Bd Charles III)
188.0732.82215.00515Limita no extremo oeste con Cap d'Ail
08
Les Révoires (Hector Otto-Honoré Labande)
75.7472.51533.20311Contén o Xardín Exótico
09
Moneghetti/Bd. de Belgique (Bd Rainier III-Bd de Belgique)
107.0563.00328.05118 

Novas terras gañadas ao mar
06Fontvieille324.1573.29210.1569Comezado en 1971
11Le Portier275.000127,50--Plans suspendidos polo Príncipe Alberte II en 2009
 Mónaco1.974.44432.02016.217173 

1Área non incluída no total, xa que polo de agora é tan só unha proposta.


Economía |




Real Casino de Monte Carlo.


Unha das principais fontes de ingresos de Mónaco son os turistas, polo xeral atraídos polo clima e o casino (no cal aos propios monegascos non se lles permite). En 2001, un novo e importante proxecto de construción ampliou o peirao utilizado por cruceiros no porto principal. O Principado tratou de dar un pulo aos servizos e pequenas industrias, e non así a aquelas industrias contaminantes, tales como as de cosméticos e biotérmicas. O estado mantén os monopolios en numerosos sectores, como o tabaco e o servizo postal. A rede telefónica (Monaco Telecom) era propiedade do estado, mais agora este posúe o 45% das súas accións, mentres que o 55% restante perténcelle a Cable and Wireless (49%) e á Compagnie Monégasque de Banque (6%). Con todo, hoxe en día, a telefonía segue sendo un monopolio. Os niveis de vida son altos, comparables aos das áreas metropolitanas prósperas francesas.


Mónaco non é membro da Unión Europea, mais está estreitamente vinculado a ela a través dunha unión aduaneira con Francia. A moeda de uso corrente é o euro con deseños monegascos na súa cara nacional. No ano 2000, un informe dos parlamentarios franceses Arnaud Montebourg e Vincent Peillon, dicía que Mónaco alegara a laxitude das políticas de branqueo de diñeiro, mesmo dentro do seu famoso casino, e que o Goberno de Mónaco exercía presión política sobre o poder xudicial a fin de que os presuntos crimes non foran axeitadamente investigados.


A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), publicou no ano 1998 un primeiro informe sobre as consecuencias fiscais dos sistemas financeiros dalgúns países, nos que Mónaco aparecía na lista de países con pouca claridade fiscal. Despois, no ano 2004, a OCDE denunciou no seu último informe a falta de cooperación deste Principado para revelar a información financeira dos seus cidadáns, así tamén como no caso de Andorra, Liechtenstein, Liberia e as Illas Marshall.



Fiscalidade |


Dende o ano 2003, o Fondo Monetario Internacional (FMI), determinou que Mónaco, xunto con outros 36 territorios, é un paraíso fiscal. O Principado non aplica gravames sobre a renda aos seus habitantes, o que atraeu a un número considerable de ricos "refuxiados fiscais", residentes de países europeos que obteñen a maioría dos seus ingresos da actividade fóra de Mónaco.



Demografía |




Mónaco.



Artigo principal: Demografía de Mónaco.

A poboación de Mónaco é inusitada xa que os monegascos son unha minoría no seu propio país. A maior parte dos residentes son cidadáns franceses, seguidos polos italianos (16%) e os monegascos (16%). O restante 21% pertence a outras 125 nacionalidades (entre as que as maioritarias son os británicos, os suízos e alemáns), que fan que a poboación de Mónaco sexa internacional. A relixión oficial do estado estado é o catolicismo.


O país conta con dez barrios, aínda que os tradicionais do país son tres, Monaco-Ville, centro político, turístico e empresarial, La Condamine, distrito económico e industrial de Mónaco e Monte Carlo, onde se atopa o Real Casino. Dos novos barrios o máis poboado é Larvotto, onde se atopa a praia homónima e principal do país, aínda que o máis densamente poboado é Saint Roman. É ademais o país máis edificado de Europa e un dos primeiros do mundo.



Cultura |




Catedral de San Nicolao.




Curva do Gran Hotel do Circuíto de Mónaco.


En Mónaco prevalecen os estilos arquitectónicos que se deron en Francia. Entre as súas construcións mais significativas atópase a Catedral de Mónaco, adicada a San Nicolao, do ano 1875, construída con pedras brancas da Turbie sobre o emprazamento dunha antiga igrexa do século XII. O edificio presenta un estilo románico bizantino, mentres que o seu interior alberga interesantes pezas. Outra das construcións emblemáticas, ademais do Palacio dos Príncipes, é o edificio que alberga o Museo Oceanográfico e o Acuario. A súa fachada, de cara ao mar, é considerada como unha obra mestra de arquitectura monumental.



Deporte |



Véxase tamén: Circuíto de Mónaco e Gran Premio de Mónaco.

No principado de Mónaco dispútase un dos grandes premios máis antigos da Fórmula 1, o Gran Premio de Mónaco, organizado por primeira vez en 1929. A primeira carreira foi gañada por William Grover-Williams (alcumado "Williams") manexando un Bugatti pintado de verde, cor que se convertería co tempo en insignia dos corredores británicos. O Gran Premio de Mónaco dispútase nas rúas de Monte Carlo, coincidindo coa festa do Día da Ascensión. Ten gran cantidade de subidas e baixadas, esquinas pechadas e estreitas vías, polo que probablemente é un dos circuítos máis esgotadores para pilotos e vehículos, sendo un dos máis seguidos polos espectadores na televisión. O Gran Premio de Mónaco formou parte do primeiro campionato de Fórmula 1 en 1950, e a partir de 1955 disputouse todos os anos.


Tamén en Monte Carlo dispútase desde 1969 o Masters de Monte Carlo de Tenis, torneo da "Serie Masters" do tour masculino da ATP. Disputado sobre terra batida, o torneo levase a cabo cada ano no mes de abril ou maio. Antes da creación da Tennis Masters Series a inicios dos 90, o evento levaba o nome de Aberte de Monte Carlo. O torneo de disputouse por primeira vez en 1897, aínda que a era aberta deste evento tivo inicio en 1969.


O principal equipo de fútbol do país é AS Monaco FC, que xoga na Ligue 1 francesa e disputa os seus encontros locais no Stade Louis II. O Club chegou a ser finalista da Liga de Campións da UEFA no ano 2004, na cal perdeu fronte ao FC Porto cun marcador de 0 a 3.



Notas |




  1. Monaco on a Budget


  2. "La grotte de l'Observatoire". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2010. 



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Príncipe de Mónaco

  • Lista de Príncipes de Mónaco

  • Dinastía Grimaldi


Ligazóns externas |


  • Guía de viaxe de Mónaco en Wikivoyage (en)


  • Sitio web oficial de turismo de Mónaco (en inglés)


  • Sitio web oficial do Goberno (en francés)


  • Sitio web oficial do Palacio do Príncipe de Mónaco (en francés)

  • Documentos sobre a historia de Mónaco




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mónaco&oldid=5104018"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.308","walltime":"2.329","ppvisitednodes":"value":2953,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":118196,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":17931,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":14,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":20,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1502,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":20,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1943.597 1 -total"," 54.37% 1056.694 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 26.04% 506.099 1 Modelo:Commonscat"," 25.91% 503.508 1 Modelo:Irmáns"," 25.63% 498.104 1 Modelo:Caixa_lateral"," 9.77% 189.924 4 Modelo:Navbox"," 8.09% 157.288 2 Modelo:Navbox_con_columnas"," 5.13% 99.793 1 Modelo:Países_e_territorios_do_mar_Mediterráneo"," 3.67% 71.366 1 Modelo:País"," 3.11% 60.423 1 Modelo:Infobox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.793","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":12385914,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1338","timestamp":"20190603161930","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Mu00f3naco","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/M%C3%B3naco","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q235","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q235","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-03-20T12:41:46Z","dateModified":"2019-03-30T19:30:56Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ea/Flag_of_Monaco.svg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":249,"wgHostname":"mw1252"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos