Indiana Pacers Índice Historia | Pavillóns | Xogadores | Estatísticas | Galardóns individuais | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónpacers.comCadroTransaccións"Indiana Pacers' history (articles)"o orixinalPáxina Web Oficial dos Indiana PacersIndiana Pacers en basketball-reference.comeIDWorldCatn82242610
Indiana PacersEquipos da NBA
baloncestoIndianapolisIndianaDivisión CentralConferencia LesteNational Basketball AssociationBankers Life Fieldhouse1967American Basketball Association1976Reggie Miller2000American Basketball AssociationPepsi ColiseumBobby LeonardJimmy RaylMel DanielsGeorge McGinnisBob NetolickyRick MountRoger Browntempada 1976-77New York NetsDenver NuggetsSan Antonio Spurs3 de xullotempada 1977-78Billy KnightDon BuseAll-Star Game da NBAtempada 1977-78Adrian DantleyJohn WilliamsonAlex EnglishDenver NuggetsGeorge McGinnisPortland Trail BlazersTom Owenstempada 1983-84Sam BowieMichael JordanClark Kellogg1982Rookie do Anotempada 1982-83seguinte tempada1984-851985-86Jack RamsayGeorge Irvine1986-87Chuck PersonAtlanta HawksReggie MillerDraft da NBA1987John LongSteve Alfordtempada 1987-88Rik Smitstempada 1988-99Dick VersaceHerb WilliamsDallas MavericksMellor Sexto Home da NBADetlef SchrempfLarry Browntempada 1993-94Donnie WalshSeattle SuperSonicsDerrick McKeyShaquille O'NealOrlando MagicAtlanta HawksConferencia Leste1994Estados Unidos1994Mark JacksonLos Angeles Clipperstempada 1994-95División CentralHawksKnicksOrlando Magictempada 1997-98Larry BirdChris MullinRick CarlisleDick HarterDale DavisAntonio DavisDerrick McKeyAll-StarCleveland CavaliersNew York KnicksChicago Bullstempada 1998-99Milwaukee BucksPhiladelphia 76ersToronto RaptorsJonathan BenderLos Angeles Lakerstempada 2001-02Chicago BullsBrad MillerRon ArtestKevin OllieRon MercerNew Jersey NetsJermaine O'NealBankers Life Fieldhouse1999Indianapolis22 de xullo19976 de novembro22 de decembro2011Market Square ArenaIndiana State Fairgrounds Coliseum
Indiana Pacers
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Indiana Pacers | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Central |
Fundación | 1967 (na NBA desde 1976) |
Cores | Amarelo, azul |
G League | Fort Wayne Mad Ants |
Retirados | 5 (30, 31, 34, 35, 529) |
Localización | |
Cidade | Indianapolis, Indiana |
Pavillón | Bankers Life Fieldhouse |
Capacidade | 18.165 espectadores |
Inauguración | 6 de novembro de 1999 |
Persoal | |
Propietario(s) | Herb Simon |
Presidente | Larry Bird |
Director | Kevin Pritchard |
Adestrador | Frank Vogel |
Títulos | |
Campión | ABA: 3 (1970, 1972, 1973) NBA: 0 |
Conferencia | ABA: 5 (1969, 1970, 1972, 1973, 1975) NBA: 1 (2000) |
División | ABA: 3 (1969, 1970, 1971) NBA: 6 (1995, 1999, 2000, 2004, 2013, 2014) |
pacers.com |
Os Indiana Pacers son un equipo de baloncesto profesional con base en Indianapolis, Indiana. Son membros da División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Xogan os seus partidos coma locais no Bankers Life Fieldhouse.
Os Indiana Pacers comezaron a xogar en 1967 coma membros da American Basketball Association (ABA), onde gañaron tres campionatos. En 1976, os Pacers pasaron da ABA á NBA cando o equipo e a organización comezaron a virse abaixo. Os Pacers veron de novo o éxito coa adquisición de Reggie Miller. Tras a aparición nas Finais da NBA do ano 2000, os Pacers non tiveron moito máis éxito nos playoffs.
Índice
1 Historia
1.1 1967-1976: Éxito na ABA
1.2 1976-1987: Comezos na NBA
1.3 1987-2003: Era Reggie Miller
2 Pavillóns
3 Xogadores
3.1 Equipo actual
3.2 Hall of Fame e dorsais retirados
4 Estatísticas
4.1 Líderes da franquía
4.1.1 Por partido
4.1.2 Por 48 minutos
5 Galardóns individuais
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Ligazóns externas
Historia |
1967-1976: Éxito na ABA |
A comezos de 1967, un grupo de seis investidores (Richard Tinkham, John DeVoe, Chuck DeVoe, o axente deportivo Chuck Barnes e o redactor deportivo Bob Collins) uníronse para formar unha franquía na American Basketball Association (ABA).
Nos primeiros sete anos, xogaron no Indiana State Fairgrounds Coliseum, agora chamado Pepsi Coliseum. En 1974, comezaron a xogar no Market Square Arena, no centro de Indianapolis, onde estiveron durante 25 anos.
A comezos da segunda tempada dos Pacers, Bobby Leonard converteuse no adestrador principal do equipo, substituíndo a Larry Staverman. Leonard mellorou moito ao equipo, con grandes xogadores coma Jimmy Rayl, Mel Daniels, George McGinnis, Bob Netolicky, Rick Mount e Roger Brown. Os Pacers remataron como o equipo con máis éxito na historia da ABA, con tres campionatos en catro anos. Ademais, apareceron en cinco Finais da ABA nos nove anos de historia da liga.
1976-1987: Comezos na NBA |
Os Pacers foron un dos catro equipos que chegaron á NBA en 1976. Para a tempada 1976-77, chegaron da ABA, á parte dos Pacers, os New York Nets, os Denver Nuggets e os San Antonio Spurs. Respecto ao diñeiro, os Pacers eran o equipo máis débil dos catro que chegaron da ABA. Estes problemas financeiros xa eran notables nos últimos anos na ABA, cando tiveron que vender a algúns dos seus mellores xogadores. A NBA cobraba 3'2 millóns de dólares a cada equipo que chegaba da ABA. Ademais, coma cada tempada só podían pasar catro equipos da ABA á NBA, os Pacers, xunto aos outros tres equipos que chegaron á liga, tiveron que compensar económicamente aos dous equipos que non puideron entrar.
Coma resultado do alto precio que pagaron para entrar na NBA, os Pacers estaba nunha grave situación económica. Un grupo de comerciantes locais proporcionou 100.000 dólares en xuño de 1977. O equipo anunciou que, a non ser que as vendas de entradas superaran as 8.000 ao remate de xullo de 1977, a franquía tiña que ser vendida. A televisión que ofrecía os partidos dos Pacers, a WTTV, fixo un programa de 16 horas e media de duración para recaudar fondos para manter o equipo en Indiana. Comezou o 3 de xullo de 1977 e rematou ao día siguiente, e conseguiron vender as 8.000 entradas. En parte debido a isto, a media de asistencia subiu de 7.615 a 10.982 durante a tempada 1977-78.[1]
Os Pacers remataron a súa primeira tempada na NBA cun récord de 36-46. Billy Knight e Don Buse representaron a Indiana no All-Star Game da NBA. Porén, este feito foi tan só un dos poucos salientables nos primeiros 13 anos dos Pacers na NBA. Durante este tempo, só conseguiron tres tempadas cun récord positivo e clasificáronse dúas veces para os playoffs. Antes do comezo da tempada 1977-78, Knight e Buse foron traspasados. Adquiriron a Adrian Dantley a cambio de Knight, pero Dantley (que facía preto de 27 puntos por partido daquela) foi traspasado en decembro, mentres que o segundo máximo anotador do equipo, John Williamson, foise en xaneiro.
En 1980, traspasaron a Alex English aos Denver Nuggets para adquirir de novo á antiga estrela da ABA, George McGinnis, quen contribuiu moi poco nos dous seguintes anos en Indiana. English, en cambio, converteuse nun dos grandes anotadores da historia da NBA. Ó ano seguinte, mandaron unha elección do Draft de 1984 aos Portland Trail Blazers, a cambio do pivote Tom Owens, quen tan só xogou un ano nos Pacers. Este traspaso foi aínda peor tres anos máis tarde. Na tempada 1983-84, os Pacers remataron co peor récord da Conferencia Leste, o cal lles deu a segunda elección no Draft. Ese eleccións, traspasada tres anos antes aos Blazers, a usaron os de Portland para escoller a Sam Bowie, mentres Michael Jordan estaba aínda dispoñible.
Clark Kellogg foi escollido no Draft de 1982 polos Pacers, e rematou segundo na votación para o Rookie do Ano, pero Indiana rematou a tempada 1982-83 coa terceira peor marca da súa historia, 20-62, e tan só gañou 26 partidos na seguinte tempada. Tras gañar 22 partidos na 1984-85 e 26 na 1985-86, Jack Ramsay substituíu a George Irvine coma adestrador, e liderou aos Pacers cunha marca de 41-41 en 1986-87, e a clasificarse para playoffs por segunda vez dende que chegaron á NBA. Chuck Person, liderou ao equipo en anotación coma rookie, e foi nomeado Rookie do Ano da NBA. A primeira vitoria en playoffs da súa historia, chegou no 4º partido da primeira rolda contra os Atlanta Hawks, única vitoria nunha serie a cinco partidos, que Atlanta gañou por 3-1.
1987-2003: Era Reggie Miller |
Reggie Miller foi elixido no Draft da NBA polos Pacers en 1987, e comezou a súa carreira coma suplente de John Long. Moitos seareiros non estiveron nese intre de acordo coa selección de Miller, xa que preferían a Steve Alford, da Universidade de Indiana. Os Pacers non entraron nos Playoffs na tempada 1987-88, elixiron no Draft a Rik Smits en 1988, e sufriron unha desastrosa tempada 1988-99, na cal o adestrador Jack Ramsay dimitiu despois dun comezo de 0-7. Mel Daniels e George Irvine levaron o equipo antes de que Dick Versace se convertese en adestrador, e pasou dun récord de 6-23 a un de 28-54 ao remate da tempada. En febreiro de 1989, os Pacers traspasaron ao pivote Herb Williams aos Dallas Mavericks, a cambio do futuro Mellor Sexto Home da NBA, Detlef Schrempf.
Larry Brown foi fichado coma adestrador dos Pacers para a tempada 1993-94, e o mánager xeral Donnie Walsh completou un traspaso moi criticado no momento, ao enviar a Schrempf aos Seattle SuperSonics a cambio de Derrick McKey e o pouco coñecido Gerald Paddio. Pero os Pacers, que comezaron a tempada co típico récord baixo, gañaron os seus últimos oito partidos da tempada, conseguindo así 47 vitorias, a mellor marca da franquía na NBA por aquel entón. Conseguiron gañar a Shaquille O'Neal e os seus Orlando Magic por 4-0 na súa primeira vitoria nunhas series de Playoffs, e gañaron aos Atlanta Hawks, primeiro clasificado na tempada regular, nas semifinais de conferencia.
Os Indiana Pacers, e particularmente Reggie Miller, puxeron finalmente o seu nome no máis alto nas Finais da Conferencia Leste de 1994. Coas series empatadas 2-2, o 5º partido se xogaba en Nova York, e Miller tivo a primeira de varias actuacións lendarias en playoffs. Cos Pacers perdendo de 15 puntos contra os Knicks no derradeiro cuarto, Miller anotou 25 puntos no 4º cuarto, incluíndo cinco triplas. Os Knicks gañaron os dous seguintes partidos e as series, pero Miller converteuse nunha estrela da NBA. Miller foi ademais o máximo anotador da selección dos Estados Unidos que gañou a medalla de ouro no Mundial da FIBA de 1994.
Mark Jackson chegou ao equipo nun traspaso cos Los Angeles Clippers, dándolle a Indiana unha boa man no posto de base, que estivo moi frouxo nos anos anteriores. Na tempada 1994-95, os Pacers fixeron unha marca de 52-30, conseguindo o seu primeiro título da División Central, e a súa primeira tempada de máis de 50 vitorias dende os tempos da ABA. O equipo pasou por enriba dos Hawks na primeira rolda, antes de enfrontarse outra vez cos seus rivais, os Knicks, nas semifinais da conferencia. Miller fixo outra vez unha actuación memorable. Desta vez, cos Pacers perdendo de seis puntos a falta de 16.4 segundos para o remate do partido, Miller anotou 8 puntos en 8.9 segundos para darlles a vitoria por dous puntos aos Pacers. Os Pacers derrotaron finalmente ós Knicks, e perderon nas Finais da Conferencia Leste contra os Orlando Magic en sete partidos.
Na tempada 1997-98, os Pacers elixiron a Larry Bird coma adestrador, e conseguiron un novo récord da franquía, rematando con 58-24. Chris Mullin chegou ó equipo en verán, e inmediatamente se converteu nunha parte importante do quinteto dos Pacers, e no aleiro titular. Os adestradores asistentes Rick Carlisle, encargado do ataque, e Dick Harter, encargado da defensa, foron clave en conseguir o mellor de xogadores coma Dale Davis, Antonio Davis e Derrick McKey. Reggie Miller e Rik Smits foron ao All-Star ese ano, e nos playoffs, os Pacers gañaron aos Cleveland Cavaliers e aos New York Knicks antes de caer contra os Chicago Bulls nunha épica final da Conferencia Leste.
Na tempada 1998-99, acortada polo lockout, os Pacers gañaron a División Central cun récord de 33-17, e gañaron aos Milwaukee Bucks e aos Philadelphia 76ers antes de caer cos New York Knicks nas finais da Conferencia Leste en seis partidos. Os Pacers traspasaron ao popular aleiro Antonio Davis aos Toronto Raptors a cambio da elección da primeira rolda do Draft Jonathan Bender, un traspaso que xerou moita controversia entre os seareiros dos Pacers. Pero nos Playoffs do ano 2000, tras un récord de 56-26 en tempada regular, os Pacers gañaron aos Bucks na primeira rolda, aos 76ers na segunda rolda, e finalmente chegaron ás Finais da NBA tras gañar nas Finais do Leste aos Knicks en seis partidos.
A súa primeira aparición nas Finais foi contra os Los Angeles Lakers, quenes demostraron ser moi superiores, e acabaron coas esperanzas dos Pacers en seis partidos. Porén, os Pacers conseguiron unha vitoria por 33 puntos no 5º partido, a peor derrota dos Lakers nun partido de playoffs nese momento.
Na metade da tempada 2001-02, os Pacers fixeron un traspaso cos Chicago Bulls que mandou a Jalen Rose e Travis Best a Chicago, a cambio de Brad Miller, Ron Artest, Kevin Ollie e Ron Mercer. Brad Miller e Ron Artest chegaron a ser grandes estrelas nos seguintes anos para os Pacers. O traspaso reforzou a un equipo que loitaba por manterse a flote, e os Pacers chegaron de novo a playoffs, levaron aos New Jersey Nets, mellor equipo da tempada regular, ata o 5º partido, pero acabaron perdendo as series tras dúas prórrogas. Jermaine O'Neal fixo a súa primeira aparición no All-Star ese ano, sen deixar ningunha dúbida de que o traspaso de Dale Davis a Portland a cambio de el fora unha boa idea.
Pavillóns |
Indiana State Fairgrounds Coliseum (1967–1974)
Market Square Arena (1974–1999)
Bankers Life Fieldhouse (1999–presente)
Os Indiana Pacers xogan os seus partidos coma locais no Bankers Life Fieldhouse dende 1999. O Bankers Life Fieldhouse está situado no centro da cidade de Indianapolis, e ten 18.165 asientos para os partidos de baloncesto, ademais de ter concertos. Comezouse a construír o 22 de xullo de 1997. Coñecido anteriormente coma Conseco Fieldhouse, inaugurouse oficialmente o 6 de novembro de 1999, e ten o nome actual dende o 22 de decembro de 2011. É considerada unha das mellores canchas da NBA. Antes de xogar no Bankers Life Fieldhouse, os Pacers xogaban os seus partidos no Market Square Arena de 1974 a 1999 e no Indiana State Fairgrounds Coliseum (agora coñecido coma Pepsi Coliseum) de 1967 a 1974.
Xogadores |
Equipo actual |
Indiana Pacers 2018–2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cadro • Transaccións |
Hall of Fame e dorsais retirados |
Xogadores no Basketball Hall of Fame e dorsais retirados dos Indiana Pacers | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | |||||||||
Número | Nome | Posicións | Tempadas | Ano elixido | Número | Nome | Posicións | Tempadas | Ano elixido |
17 | Chris Mullin | E/A | 1997–2000 | 2011 | 22 | Alex English | A/AP | 1978–1980 | 1997 |
30 | George McGinnis | A/AP | 1971–1975, 1980–1982 | - | 31 | Reggie Miller | B/E | 1987–2005 | - |
34 | Mel Daniels | P | 1968–1974 | - | 35 | Roger Brown | A/AP | 1967–74 | - |
Empregados | |||||||||
Número | Nome | Posicións | Tempadas | Ano elixido | Número | Nome | Posicións | Tempadas | Ano elixido |
529 | Bobby Leonard | Adestrador | 1968–1980 | - | - | Jack Ramsay | Adestrador | 1986–1988 | 1992 |
– | Larry Brown | Adestrador | 1993–1997 | 2002 | - | Larry Bird | Adestrador | 1997–2000 | 1998 |
– | Isiah Thomas | Adestrador | 2000–2003 | 2000 | |||||
Membros do Basketball Hall of Fame | |||||||||
Dorsal retirado oficialmente polo equipo |
Estatísticas |
Líderes da franquía |
Partidos: Reggie Miller (1,389)
Minutos xogados: Reggie Miller (47,621)
Tiros de campo anotados: Reggie Miller (8,241)
Tipos de campo intentados: Reggie Miller (17,699)
Triplas anotadas: Reggie Miller (2,560)
Triplas intentadas: Reggie Miller (6,486)
Tiros libres anotados: Reggie Miller (6,237)
Tiros libres intentados: Reggie Miller (7,026)
Rebotes ofensivos: Dale Davis (2,276)
Rebotes defensivos: Mel Daniels (5,461)
Rebotes totais: Mel Daniels (7,643)
Asistencias: Reggie Miller (4,141)
Roubos: Reggie Miller (1,505)
Tapóns: Jermaine O'Neal (1,247)
Perdas de balón: Reggie Miller (2,409)
Faltas: Rik Smits (3,011)
Puntos: Reggie Miller (25,279)
Por partido |
Minutos xogados: Mel Daniels (37.07)
Tiros de campo anotados: Chuck Person (7.85)
Tipos de campo intentados: Chuck Person (16.33)
Triplas anotadas: Reggie Miller (1.84)
Triplas intentadas: Stephen Jackson (4.73)
Tiros libres anotados: Detlef Schrempf (5.31)
Tiros libres intentados: George McGinnis (7.05)
Rebotes ofensivos: Mel Daniels (4.56)
Rebotes defensivos: Mel Daniels (11.40)
Rebotes totais: Mel Daniels (15.96)
Asistencias: Mark Jackson (8.13)
Roubos: Don Buse (2.55)
Tapóns: Jermaine O'Neal (2.42)
Perdas de balón: Ricky Sobers (4.10)
Faltas: James Edwards (4.04)
Puntos: Danny Granger (25.8)
Por 48 minutos |
Tiros de campo anotados: Billy Knight (11.41)
Tipos de campo intentados: George McGinnis (23.53)
Triplas anotadas: Chris Mullin (2.74)
Triplas intentadas: Reggie Miller (6.54)
Tiros libres anotados: Detlef Schrempf (7.57)
Tiros libres intentados: George McGinnis (10.33)
Rebotes ofensivos: Mel Bennett (6.38)
Rebotes defensivos: Mel Daniels (14.76)
Rebotes totais: Mel Daniels (20.66)
Asistencias: Mark Jackson (13.09)
Roubos: Dudley Bradley (4.89)
Tapóns: Granville Waiters (3.55)
Perdas de balón: George McGinnis (5.77)
Faltas: Greg Dreiling (10.57)
Puntos: Billy Knight (29.09)
Galardóns individuais |
Xogador Defensivo do Ano da NBA
Rookie do Ano da NBA
Sexto Home do Ano da NBA
Xogador Máis Mellorado da NBA
Adestrador do Ano da NBA
Executivo do Ano da NBA
| Participacións no NBA All-Star Game
Segundo Equipo All-NBA
Terceiro Equipo All-NBA
| Primeiro Quinteto Defensivo da NBA
Segundo Quinteto Defensivo da NBA
Primeiro Equipo de Rookies NBA
Segundo Equipo de Rookies NBA
|
Notas |
↑ "Indiana Pacers' history (articles)". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 29 de decembro de 2011.
Véxase tamén |
Ligazóns externas |
- Páxina Web Oficial dos Indiana Pacers
- Indiana Pacers en basketball-reference.com
|
|
Categorías:
- Indiana Pacers
- Equipos da NBA
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.512","walltime":"0.880","ppvisitednodes":"value":4719,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":135702,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":34420,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":2,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1286,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":3,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 681.451 1 -total"," 59.80% 407.534 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.79% 80.355 1 Modelo:Indiana_Pacers"," 10.59% 72.137 7 Modelo:Navbox"," 9.83% 66.992 1 Modelo:NBA"," 8.85% 60.316 1 Modelo:Navbox_con_columnas"," 8.03% 54.744 1 Modelo:Listaref"," 7.26% 49.471 1 Modelo:Cita_web"," 5.98% 40.755 16 Modelo:Player2"," 5.32% 36.280 1 Modelo:Equipo_NBA"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.172","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3013275,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1332","timestamp":"20190611150047","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Indiana Pacers","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Indiana_Pacers","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q170329","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q170329","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2010-04-01T19:05:49Z","dateModified":"2018-10-28T15:14:15Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/97/Indiana_Pacers_logo.svg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":194,"wgHostname":"mw1274"););