Skip to main content

Pole Índice Estrutura e formación do pole | Polinización | O pole e as abellas | Véxase tamén | Menú de navegaciónUniv.Arizona - PALYNOLOGY300213002221073486153ID4046628-0pollen00564471633D011058

BotánicaApiculturaTermos botánicos


floresplantasanxiospermaspiñasmasculinasximnospermasreprodutoresmicrogametófitosgametosfecundaróvulosfroitospiñeirosaladosmicrómetrosmmproteínasaminoácidosvitaminasCPPalimentaciónabellasxelea realalerxiaspalinoloxíameiosemicrosporanxioplantasanxiospermasestameescamamasculinaximnospermasgametófitonúcleoshaploidescélulavexetativaanterozoidefecundarcelulosaenvolucroesporopoleninabiopolímerocerasproteínastubo polínicoestigmaórganosreprodutivafemininacarpeloanxiospermasescamaximnospermasevolutivoplantasreprodutivascolonizaciónhábitatsespermatófitasfloresabellas melíferaspanais de ceraenzimasanaerobiograxasmineraisoligoelementoscorbículas












Pole




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Este artigo fala do pole das plantas, para o artigo sobre o primeiro lugar na grella de saída dunha carreira nun circuíto véxase pole position.


Grans de pole variados, e aumentados


O pole (do grego "pales" = "fariña" ou "po") é o conxunto dos minúsculos grans producidos polas flores das plantas anxiospermas (ou polas piñas masculinas das ximnospermas), que son os elementos reprodutores masculinos ou microgametófitos, onde se encontran os gametos que van fecundar os óvulos, para os transformar en froitos.


Os grans de pole son normalmente arredondados, aínda que os dos piñeiros sexan alados, e poden ser moi pequenos, só algúns micrómetros. O máis pequeno gran de pole coñecido é o do Myosotis, con cerca de 6 μm (0.006 mm) de diámetro. A forma e ornamentación dos grans de pole é típica de cada familia ou mesmo especie de plantas.


O pole contén unha gran proporción de proteínas (16 a 40 %) contendo todos os aminoácidos coñecidos, así como numerosas vitaminas, principalmente as vitaminas C e PP, sendo a principal fonte de alimentación das abellas. Outro importante produto fabricado con pole é a xelea real. Esta composición do pole pode ser responsábel das alerxias que lle son atribuídas.


O estudo do pole é a palinoloxía.




Índice





  • 1 Estrutura e formación do pole


  • 2 Polinización


  • 3 O pole e as abellas


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Ligazóns externas





Estrutura e formación do pole |


Os grans de pole prodúcense por meiose no microsporanxio das plantas anxiospermas, que é o estame, ou a escama masculina das ximnospermas.


Cada gran de pole é un gametófito que contén dous núcleos haploides, un maior que corresponde a unha célula vexetativa e outro máis pequeno que é o verdadeiro anterozoide, que vai fecundar o óvulo.


Esta célula "dupla" encóntrase encerrada nunha cápsula de celulosa, a intina, recuberta por un envolucro moi resistente de esporopolenina, un biopolímero ligado a ceras e proteínas. Esta capa externa denomínase exina e está composta de tres partes:



  • tectun, que contén os elementos esculturais que dan a forma exterior ao gran de pole;


  • columelas, unha estrutura en forma de columnas; e


  • base, unha estrutura sólida formada sobre a intina.

Este envólucro posúe aínda pequenas aberturas (puntos de menor resistencia) por onde sairá o tubo polínico, que penetra no estigma para fecundar o óvulo.



Polinización |


A transferencia dos grans de pole dos órganos onde se producen até a estrutura reprodutiva feminina (o carpelo das anxiospermas ou a escama feminina das ximnospermas) chámase polinización.


Durante o proceso evolutivo, as plantas desenvolveron varias estratexias reprodutivas, para asegurar a súa multiplicación e colonización dos hábitats. As espermatófitas, ou sexa, as plantas que producen flores, presentan varias modalidades de polinización como estratexias reprodutivas:



  • Autopolinización - algunhas especies de plantas admiten a xerminación dos grans de pole no estigma da mesma flor que o produciu, ou noutras flores da mesma planta; esta estratexia diminúe as posibiidades de recombinación xenética, mais asegura que maior número de óvulos sexan fecundados.

A maior parte das especies, no entanto, desenvolveu estratexias para aumentar as posibilidades de recombinación - a transferencia dos grans de pole por elementos exteriores á flor:



  • Polinización anemófila - realizada polo vento - estas plantas producen gran número de grans de pole, moi leves ou con extensións da exina, como os grans de pole alados dos piñeiros, que lles permiten transportarse para flores de plantas que se encontran a maior distancia da que os produciu, por tanto con maior probabilidade de teren un xenoma diferente;


  • Polinización entomófila - realizada por insectos - as flores posúen características que atraaen os insectos, tales como nectarios, coloración ou cheiro especiais;


  • Polinización hidrófila - realizada pola auga - este tipo de polinización é máis frecuente nas plantas acuáticas.


O pole e as abellas |




Grans de pole pegados ao corpo dunha abella


Son moi poucos os animais que poden alimentarse do pole, as abellas melíferas están entre eles, isto é posíbel debido a que xeran enzimas capaces de dixerir o mesmo mentres está almacenado nos panais de cera. Non é un proceso inmediato, senón que a abella almacena o pole nos panais, agrega as súas enzimas, tapa este pole cunha capa de mel a fin de que sexa un proceso anaerobio, e tras unhas semanas o pole transfórmase no que os apicultores denominan pan da abella. Nesas condicións o pole resulta dixeríbel, obténdose del todas as proteínas (cos aminoácidos esenciais necesarios), graxas, minerais, oligoelementos etc. O pole é o alimento plástico da abella.


As abellas melíferas desenvolveron no terceiro par de patas unha especie de 'cestas, tamén denominadas corbículas, ás que por medio de peites trasladan os grans de pole que se lle pegan ao seu corpo, os cales son transportados ao trobo, onde se realiza todo o proceso de fermentación. Entre as abellas só as corbiculadas acumulan pole e aliméntanse del, tanto en estado adulto como larvario.



Véxase tamén |





Ligazóns externas |


  • Univ.Arizona - PALYNOLOGY



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pole&oldid=4868128"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.332","walltime":"0.496","ppvisitednodes":"value":290,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":12400,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":999,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 424.057 1 -total"," 82.64% 350.428 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 12.86% 54.518 1 Modelo:Sen_referencias"," 11.77% 49.908 1 Modelo:Ifsubst"," 10.88% 46.129 1 Modelo:Ambox"," 4.44% 18.843 1 Modelo:Wiktionary"," 2.99% 12.669 1 Modelo:Irmáns"," 2.00% 8.473 1 Modelo:Caixa_lateral"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.225","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2987320,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1337","timestamp":"20190525100318","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Pole","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Pole","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q79932","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q79932","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-01-02T19:33:00Z","dateModified":"2018-08-27T04:55:39Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a4/Misc_pollen.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":131,"wgHostname":"mw1319"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020