Acrobátidos Índice Taxonomía | Características | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónAcrobatidaeKen P. AplinArquivadoAcrobatidaeAcrobatesDistoechurusMammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic ReferenceAcrobatidae Aplin, 1987Acrobatidae Aplin, 1987AcrobatidaeAcrobatidaeIDAcrobatidae7620662765456427131050376097891100016738612
Marsupiais
familiamamíferosmarsupiaisaustralidelfosordediprotodontessubordefalanxeriformessuperfamiliapetauroideosxénerosAustraliaNova Guinea1987biólogoaustralianoKenneth P. AplininvestigadorInstituto Smithsonianoburramíidostarsipédidosnome científicoxénero tipolatín científicogrego antigonéctarpolefórmula dentaria
Acrobátidos
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Acrobátidos Acrobatidae | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acrobates pygmaeus | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||||
|
A dos acrobátidos (Acrobatidae) é unha pequeba familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeriformes e superfamilia dos petauroideos. Comprende tan só dous xéneros con cadansúa especie,[1] unha propia de Australia e a outra de Nova Guinea.
Índice
1 Taxonomía
1.1 Descrición
1.2 Etimoloxía
1.3 Clasificación
2 Características
3 Notas
4 Véxase tamén
4.1 Bibliografía
4.2 Outros artigos
4.3 Ligazóns externas
Taxonomía |
Descrición |
A familia foi descrita en 1987 polo biólogo australiano Kenneth P. Aplin, investigador asociado ao Instituto Smithsoniano.[1][2]
No pasado, os acrobátidos foron clasificados dentro da familia dos burramíidos. Evidencias recentes suxiren que poden estar relacionados más proximamente con Tarsipes rostratus, a única especie dos tarsipédidos.[3]
Etimoloxía |
O nome científico da familia, Acrobatidae, está formado, como é a norma, sobre a raíz do nome so seu xénero tipo, Acrobates, coa adición da desidencia do latín científico -ĭidea, propia dos nomes das familias de animais.
Polo que respecta a Acrobates, deriva do grego antigo ἀκροβάτης akrobátēs, 'acróbata'.
Clasificación |
A familia comprende tan só dous xéneros, con cadansúa especie, como quedou dito:
Familia Acrobatidae Aplin, 1987
- Xénero Acrobates Desmarest, 1818 [4]
Acrobates pygmaeus Shaw, 1793
- Xénero Distoechurus Peters, 1874 [5]
Distoechurus pennatusPeters, 1874
Características |
Son dous pequenos animais caracterizados por posuíren unha membrana que une as extremidades anteriores e posteriores a cada lado do corpo, desde os pulsos até os tornecelos, o que lles permite planar dunha árbore a outra. A súa cola, prénsil, está cubierta de pelos curtos.
Os acrobátidos son moi pequenos; de feito, Acrobates pygmaeus é o planador máis pequeno do mundo, e pesa tan só de 10 a 14 g. Distoechurus pennatus é lixeiramente máis grande, chegando a pesar ao redor de 50 g.[3]
Ambas as especies aliméntanse principalmente de néctar, e ambas as dúas teñen unha longa lingua rematada nunha especie de pincel para recoller o néctar e o pole das flores. Tamén poden comeren alúgns insectos.[3]
A súa fórmula dentaria é 3/2, 1/0, 2-3/3, 3/3. Os seus molares son bunodontes e cuadrituberculados; os premolares superiores son secodontes.[3]
Notas |
↑ 1,01,1 Acrobatidae en MSW.
↑ Ken P. Aplin Arquivado 10 de outubro de 2016 en Wayback Machine. na web do National Museum of Natural History da Smithsonian Institution.
↑ 3,03,13,23,3 Acrobatidae na ADW.
↑ Acrobates no MSW.
↑ Distoechurus no MSW.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acrobátidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Acrobátidos |
Bibliografía |
- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level New York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, DC: Smithsonian Institution Press.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos |
- Marsupiais
- Australidelfos
- Diprotodontes
- Falanxeriformes
- Petauroideos
Ligazóns externas |
Acrobatidae Aplin, 1987 en Fossilworks.
Acrobatidae Aplin, 1987 no ITIS.
Acrobatidae na ADW. Con información, imaxes e bibliografía (en inglés).
Acrobatidae na EOL.
|
|
Categoría:
- Marsupiais
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.384","walltime":"0.612","ppvisitednodes":"value":1275,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":16961,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1603,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3542,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 546.812 1 -total"," 65.25% 356.810 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 15.06% 82.338 1 Modelo:Commonscat"," 15.03% 82.168 2 Modelo:Irmáns"," 14.43% 78.879 2 Modelo:Caixa_lateral"," 6.43% 35.136 1 Modelo:Taxobox"," 5.55% 30.350 1 Modelo:Listaref"," 4.19% 22.928 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 3.22% 17.592 1 Modelo:Webarchive"," 1.84% 10.036 2 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.213","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3134223,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1265","timestamp":"20190619221835","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Acrobu00e1tidos","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Acrob%C3%A1tidos","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q23329","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q23329","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2016-05-17T15:45:17Z","dateModified":"2018-09-16T16:30:26Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/6d/Acrobates_neuneu.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":184,"wgHostname":"mw1249"););