Skip to main content

1801 Índice Acontecementos | Nacementos | Mortes | Outros | Véxase tamén | Menú de navegacióne

Multi tool use
Multi tool use

1801













1801




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura
























1801
Calendario gregoriano1801
MDCCCI
Ab urbe condita2554
Calendario armenio1250
Calendario chinés4497 – 4498
Calendario hebreo5561 – 5562
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat
1856 – 1857
 ·  Shaka Samvat
1723 – 1724
 ·  Kali Yuga
4902 – 4903

Calendario persa1179 – 1180
Calendario musulmán1216 – 1217
Calendario rúnico2051
















Década de 1800



1797

1798

1799

1800

1801

1802

1803

1804

1805


Índice





  • 1 Acontecementos

    • 1.1 Gran Bretaña


    • 1.2 Exipto


    • 1.3 Alemaña


    • 1.4 España


    • 1.5 Vaticano


    • 1.6 Dinamarca


    • 1.7 Europa


    • 1.8 Rusia



  • 2 Nacementos


  • 3 Mortes


  • 4 Outros

    • 4.1 Breves



  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Outros artigos





Acontecementos |



Gran Bretaña |


  • Os arquitectos, Salford Matthew Boulton e James Watt edifican unha fábrica de fiados de sete pisos, cuxo conxunto de paredes mestras, de cachotería, se acompaña dunha estrutura interna que ordena trabes mestras e columnas en forma de T. Este deseño converterase no patrón dos edificios industriais.

  • Durante o 14 de marzo o primeiro ministro, William Pitt (o Novo), avoga pola emancipación dos católicos irlandeses e a entrada destes no Parlamento, trala integración de Irlanda. Pero o rei Xurxo III oponse e Pitt vese na obriga de dimitir. A petición súa, o tory Henry Addington subtitúeo e firma a paz de Amiens no ano 1802 (que se romperá en maio de 1803). As presións políticas fan que o rei teña un novo acceso de demencia, que caerá na loucura absoluta no ano 1810.

  • O 24 de decembro Richard Trevithick, que traballa de enxeñeiro de minas, emprega a primeira locomotora de vapor de alta presión construída por el mesmo e experiméntaa con pasaxeiros.


Exipto |


  • O 6 de marzo as tropas británicas desembarcan neste país, onde se enfrontan cos restos do exército francés dirixido por Menou. Despois de numerosas derrotas (a perda do Cairo o 28 de xuño e de Alexandría o 30 de agosto nas que acaban capitulando ante as tropas británicas), as tropas francesas abandonan Exipto o 2 de setembro.


Alemaña |


  • O 25 de marzo Novalis (que na realidade chamábase Friedrich Leopold von Hardenberg e que nacera na rexión de Oberwiederstedt o 2 de maio de 1772), poeta lírico alemán, prosista e pensador místico-relixioso do romanticismo temperán, morre na cidade de Weissenfels (capital de Turinxia). O autor tiña obras de recoñecido nome como: "Hymnen an die Nacht", "Heinrich von Ofterdingen" entre outras.


España |


  • O 13 de febreiro fírmase na localidade española de Aranjuez un convenio entre Francia e España. O convenio, firmado por Godoy (na parte española) e por Luciano Bonaparte (na parte francesa), establece o auxilio da frota de guerra española a Napoleón Bonaparte, que a necesita para poder enfrontarse aos británicos.

  • O 20 de maio, pouco despois de que España declarase a guerra a Portugal, como represalia por negarse a cerra-los seus portos ó comercio inglés, os españois invaden Portugal. Unha vez firmado o tratads de Madrid (o 29 de xaneiro de 1801) e ratificado polo convenio de Aranjuez (o 13 de febreiro de 1801), España, premida por Napoleón, declara a guerra a Portugal o 22 de febreiro de 1801. Godoy, convertido novamente en árbitro dos destinos de España trala caída de Urquijo y Mazarredo (separado do mando da escuadra hispana), é nomeado xefe do exército español. Na invasión participa un continxente español de 60 000 homes (10 000 en Andalucía; 20 000 en Galicia e 30 000 en Estremadura), secundado por un corpo expedicionarios francés, que non chega a participar. As tropas invasoras fanlles fronte a un exército de 40 000 portugueses, comandado polo duque de Lafões. Os españois entran en Portugal e fanse con algunhas prazas, entre elas Olivenza. Trala derrota portuguesa na batalla de Arronches, a conquista do Alentexo e os asedio de Elvas, onde a contenda recibe o nome da "guerra das Laranxas", a causa das pólas da árbore que os soldados entregan a Godoy (que llas ofrece da súa parte á raíña María Luisa), chégase deseguido ao armisticio.

  • O 6 de xuño España e Francia firman con Portugal un tratado de paz en Badaxoz, que trae consigo a perda (por parte de Portugal) da praza de Olivenza, que pasa a España, teñen que pagar unha forte indemnización a Francia e cerra-las portas ao comercio británico. O tratado pon fin á guerra das Laranxas. Non contento co tratado, Napoleón esixe a súa revisión. A consecuencia de todo iso, Godoy retira a escuadra de Brest e ameaza o francés con volver de novo ás relacións con Gran Bretaña. A intención de Napoleón de invadir España co obxecto de destronar os Borbóns, induce a Luciano Bonaparte e Nicolás de Azara a mediar na disputa.

  • O 29 de setembro ratifícase a Paz de Badaxoz firmada con Portugal. Ambos os países cambian a alianza con Inglaterra por outra con Francia. Con iso, España perderá a súa frota. Aínda que o tratado ratificado se asinase en Madrid, coa finalidade de ratifica-la fin da guerra das Laranxas entre España e Portugal, o acordo comportaba, ademais, o acceso ás antigas esixencias francesas. Portugal cede a Francia a Güiana, dálle un trato de favor na materia comercial e paga unha indemnización de guerra.


Vaticano |


  • Un 15 de xullo o concordato firmado entre o papa Pío VII e o primeiro cónsul francés Napoleón Bonaparte restaura en parte os Estados Pontificios. Namentres, o clero francés queda sometido ao estado, e a relixión católica queda recoñecida como a máis practicada en Francia. Aínda que o concordato se firmase na noite do 15 ao 16, acabará de acentuarse por disposicións de vigor en Francia no ano 1905.


Dinamarca |


  • O 2 de abril Gran Bretaña deféndese contra a Liga dos Neutrais, fundada por Rusia, Suecia, Prusia e Dinamarca no decembro de 1800 para protexe-lo comercio neutral, atacando por sorpresa a frota danesa no porto de Copenhague.


Europa |


  • O 9 de febreiro fírmase o Tratado de Lunéville entre Francia e Austria. Esta última renuncia a Bélxica, recoñece como francesa a ribeira esquerda do río Rin e, en Italia do Norte, a formación da República Cisalpina. Por outra parte, o duque de Parma reina en Florencia sobre o reino de Etruria; namentres que España restitúe Luisiana a Francia.


Rusia |


  • Na noite do 23 o 24 de marzo o tsar Paulo I (que nacera en San Petersburgo o 1 de outubro de 1754), aparece estrangulado na súa habitación. É asasinado polos oficiais da súa garda, que forman parte dunha conspiración feita por un grupo de nobres, comerciantes e militares, quen contaban co visto e prace do futuro tsar Alexandre I. Dirixidos por N. Panin e o conde Palen, opóñense á política de hostilidade do tsar cara a Gran Bretaña e as concesións a Roma. Despois de morrer a tsarina Catarina II, Paulo accede ao poder no 1796, pero revélase cunha ausencia total de sensatez na política. O temor que alberga ao posible contaxio das ideas revolucionarias lévao a cerra-las fronteiras e censura-los textos que proveñen de Francia. O seu estilo de goberno é imprevisible e a súa política arbitraria de alianzas e axudas causa estupor. Alexandre I ten 23 anos cando o sucede. Pero o 1 de decembro de 1825, despois de 23 anos de reinado, Alexandre abdicará no favor de seu irmán Nicolao; segundo algúns historiadores, Alexandre terminou a súa vida retirado como eremita.


Nacementos |



  • 11 de xaneiro - Honorio Hermeto Carneiro Leão, aristócrata brasileiro; coñecido como o Marqués de Panamá.

  • 11 de xaneiro - John Lodge Ellerton, compositor inglés.


  • 13 de xaneiro - Anton van Isendyck, pintor belga.


  • 14 de xaneiro - Adolphe Théodore Brongniart, xeólogo e botánico francés.


  • 16 de xaneiro - Thomas Clausen, matemático danés.


  • 29 de xaneiro - Johannes Bernardus van Bree, compositor e rexente holandés.


  • 30 de xaneiro - Pierre Jean de Smet, xesuíta e misioneiro belga.


  • 1 de febreiro - Adolf Fredrik Lindblad, compositor sueco.


  • 6 de febreiro - Laure Cinti Damoreau, soprano francesa.


  • 19 de febreiro - José Olavarría, militar e estadista arxentino.


  • 19 de marzo - Salvatore Cammarano, escritor italiano.


  • 5 de abril - Vincenzo Gioberti, estadista e filósofo italiano.


  • 12 de abril - Joseph Lanner, compositor austríaco.


  • 19 de abril - Gustav Theodor Fechner, físico e filósofo alemán.


  • 29 de abril - Willem Vrolik, médico holandés.


  • 11 de maio - Henri Labrouste, arquitecto e deseñador francés.


  • 22 de maio - Marcantonio Durando, relixioso e teólogo italiano; beatificado o 20 de outubro de 2002 polo papa Xoán Paulo II (m. 1880)


  • 1 de xuño - Brigham Young, predicador e líder relixioso mormón de orixe canadense.


  • 10 de xuño - Emílio Luis Mallet, militar e mariscal brasileiro de orixe francesa.


  • 14 de xuño - Peter Wilhelm Lund, naturalista e botánico danés.


  • 15 de xuño - Benjamin Wright Raymond, político americano; terceiro alcalde da cidade de Chicago.


  • 16 de xuño - Julius Plücker, matemático alemán.


  • 29 de xuño - Pietro Alfieri, compositor italiano.


  • 30 de xuño - Frederic Bastiat, escritor e economista francés.


  • 17 de xullo - Manuel Cipriano Dulanto, político e militar peruano.


  • 27 de xullo - Sir George Biddell Airy, astrónomo británico.


  • 3 de agosto - Joseph Paxton, arquitecto inglés.


  • 28 de agosto - Antoine Augustin Cournot, matemático francés.


  • 14 de setembro - Juan Bautista Alonso, avogado e político galego (m. 1879).


  • 4 de outubro - Francisco María Oreamuno Bonilla, político costarriqueño; presidente de Costa Rica dende novembro a decembro de 1844.


  • 7 de outubro - Adolf Müller, compositor austríaco.


  • 18 de outubro - Justo José de Urquiza, militar e político arxentino (m. 1870)


  • 23 de outubro - Gustav Albert Lortzing, compositor alemán.


  • 3 de novembro - Vincenzo Bellini, compositor italiano (m. 1835)


  • 7 de decembro - Johann Nepomuk Nestroy, escritor e dramaturgo austríaco.


Mortes |



  • 2 de xaneiro - Johann Lavater, filósofo suízo.


  • 11 de xaneiro - Domenico Cimarosa, compositor de óperas italiano nado en 1749.


  • 7 de febreiro - Daniel Chodowiecki, ilustrador e pintor alemán.


  • 27 de febreiro - Theodore Ayiward, compositor inglés.


  • 21 de marzo - Andrea Lucchesi, compositor italiano.


  • 24 de marzo - Diego José de Cádiz, relixioso español; beatificado o 22 de abril de 1894 polo papa León XIII.


  • 28 de marzo - Sir Ralph Abercromby, militar británico.


  • 11 de abril - Antoine Rivarol, escritor e xornalista francés.


  • 14 de maio - Johann Ernst Altenburg, músico alemán.


  • 17 de maio - William Heberden, médico británico.


  • 11 de xuño - Francisco Antonio de Braganza, aristócrata portugués; fillo de Xoán VI de Portugal e Carlota Xoaquina de Borbón.


  • 14 de xuño - Benedict Arnold, xeneral americano.


  • 30 de xuño - Catarina Cavalieri, soprano austríaca.


  • 3 de xullo - Johann Went, compositor e músico inglés.


  • 1 de setembro - Robert Bage, escritor inglés.


  • 10 de decembro - Jonathan Battishill, compositor inglés.


  • 19 de decembro - Carlo Monza, compositor italiano.


Outros |



Breves |



  • 1 de xaneiro - Unha Acta de unión entre Gran Bretaña e Irlanda dá lugar á creación do Reino Unido.
  • - A fragata dos Estados Unidos Chesapeake captura o navio pirata francés, La Jeune Creole.

  • - O astrónomo italiano Giuseppe Piazzi efectúa o descubrimento do primeiro asteroide: Ceres.

  • - Un forte tremor sacode a rexión chilena de La Serena.

  • - Jean Antoine Chaptal, asume o poder do ministerio francés do interior.


  • 9 de febreiro - Francia e Austria asinan o tratado de paz de Luneville.


  • 22 de febreiro - Francia empuxa o rei español, Carlos IV á guerra contra Portugal, a cal se ve na obriga de solicitar axuda e contará co apoio de Inglaterra.


  • 3 de marzo - Tropas británicas ocupan novamente Exipto.


  • 4 de marzo - Thomas Jefferson, con 57 anos, é o terceiro presidente dos Estados Unidos. O seu mandato durará ata 1809 e suderao James Madison.


  • 12 de marzo - Aparece asasinado no castelo ruso de Mikhailovsy Paulo I, fillo da tsarina Catarina "a Grande".


  • 17 de marzo - O político británico Henry Addington asume o cargo de Primeiro Ministro do Reino Unido.


  • 15 de maio - Sae ás rúas británicas o primeiro número do xornal "The Gibraltar Chronicle".


  • 28 de maio - Trala morte en acto de servizo do militar inglés, Ralph Abercromby, a súa viúva recibe o título de baronesa outorgado polo Congreso.


  • 28 de xuño - A tropas británicas tras un duro asedio toman no Exipto a cidade do Cairo.


  • 27 de agosto - O filósofo G. W. F. Hegel presenta perante o público o seu libro "De Orbitis Planetarium".


  • 2 de setembro - Remata no Exipto a ocupación francesa que se iniciara o 25 de xullo de 1798.


  • 10 de novembro - O estado de Tennessee (Estados Unidos) é o primeiro en aprobar unha lei contra os duelos.


  • 16 de novembro - Sae ás rúas o xornal estadounidense, New York Evening Post.


  • 24 de decembro - O emperador Francisco II prohibe as leccións a Franz Joseph Gall, investigador do cerebro, xa que a súa doutrina conduce ao materialismo.

  • O físico alemán Johann Wilhelm Ritter descobre a radiación ultravioleta.


Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Historia ano a ano



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1801&oldid=4816224"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.268","walltime":"0.346","ppvisitednodes":"value":2545,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":15389,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1787,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":21,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 268.665 1 -total"," 46.61% 125.237 2 Modelo:Infobox"," 43.53% 116.946 1 Modelo:Calendarios_do_mundo"," 33.49% 89.974 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 22.83% 61.345 1 Modelo:Commonscat"," 21.76% 58.463 1 Modelo:Irmáns"," 20.53% 55.145 1 Modelo:Caixa_lateral"," 11.12% 29.887 39 Modelo:Ano/de"," 10.83% 29.091 1 Modelo:Ano"," 3.48% 9.352 14 Modelo:Ano/suma"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.102","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2244135,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1301","timestamp":"20190419180701","ttl":86400,"transientcontent":true););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"1801","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/1801","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q6877","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q6877","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-11-30T18:40:36Z","dateModified":"2018-07-23T13:04:55Z","headline":"ano"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":137,"wgHostname":"mw1247"););Q2G D9n,Ikx
oTuYm,EvJTsQ XIQN,dtepO gTEmNj 4VYBOmS0,22Zu,33gMmgI6ad,BaIYCPetg Kfr2Wsm2lhjppyA3v9udPU

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020