Oratorio Índice Historia | O oratorio como técnica compositiva | Oratorios máis salientables | Véxase tamén | Notas | Menú de navegaciónGrove Music OnlineBertold Hummel work commentaries69952682915ID4129085-9oratoriossh8509529100568918
Formas musicaisMúsica clásica
coroorquestraxénerosmúsicabarrocaContrarreformaFilipe Neriescrituras1600século XVIIIgrexaóperabíblicasAntigoNovo Testamentoséculo XVIIorquestrasinfoníaGeorg Friedrich Händel17421749século XVIIIFranz Joseph Haydn17981801masónicoséculo XIXLudwig van Beethoven1803Felix Mendelssohn18381846Robert SchumannFranz LisztHector Berliozséculo XIXséculo XVIIIsalmosStabat MatercompositoresXVIIIXIXevanxelistatenor
Oratorio
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O oratorio é unha composición de estrutura narrativa en que interveñen solistas vocais, coro e orquestra. Baséase sempre en textos de carácter relixioso e, xa que logo, é un dos xéneros da música relixiosa. As primeiras mostras aparecen maiormente durante a época barroca. Normalmente, interprétanse en versión de concerto, sen escenificación nin vestiario.
Índice
1 Historia
2 O oratorio como técnica compositiva
3 Oratorios máis salientables
4 Véxase tamén
4.1 Bibliografía
4.2 Ligazóns externas
5 Notas
Historia |
O oratorio desenvólvese a partir da Contrarreforma por obra de Filipe Neri, que nas reunións piadosas escenificaba fragmentos das escrituras. A primeira composición que se pode consider como oratorio é Rappresentazione di anima e di corpo, de Emilio de' Cavalieri (1600). Tense interpretado que, en certa maneira, o grande pulo que tivo despois, maiormente no século XVII, se debeu ao feito de que actuou como unha especie de resposta da Igrexa ao enorme éxito que tivera a ópera, o xénero de música escénica dedicado case exclusivamente á narración escenificada de historias profanas. Pola contra, o oratorio opta sempre polas historias bíblicas, tanto do Antigo como do Novo Testamento, con predilección dun ou do outro segundo o momento.
A estrutura resultante, que quedará plenamente fixada na segunda metade do século XVII, na maioría dos casos fai que a obra comece cun movemento no que intervén só a orquestra ou o grupo instrumental encargado do acompañamento instrumental, que segundo os momentos recibiu nomes diversos, como abertura e sinfonía. A partir daquí, a maior parte da obra contén unha alternancia entre recitacións e arias. Ao non haber representación escenica, ao oratorio cómprelle sempre -polo menos na súa forma barroca- un narrador, que invariablemente recae nunha voz masculina e que se expresa con recitativos. Entre as arias e os recitativos intercálanse as intervencións dos coros. Cada número ou pasaxe cantados polo coro denomínase, así mesmo, coro.
Unha das figuras máis salientables do barroco e que sobresaíu maiormente polos seus oratorios foi Georg Friedrich Händel. Os seus oratorios máis coñecidos son O mesías (Messiah, 1742) -cuxo texto non ten, propiamente, unha estrutura narrativa- e Solomon (1749).
Durante o clasicismo destacan, nos derradeiros anos do século XVIII, Franz Joseph Haydn con oratorios como A Creación (Die Schöpfung, 1798) e As Estacións (Die Jahreszeiten, 1801), ambas as dúas cun fondo moi marcadamente masónico.
No século XIX Ludwig van Beethoven compuxo o oratorio Christus am Ölberge (1803) e Felix Mendelssohn Paulus (1838) e Elías (1846). Robert Schumann, Franz Liszt, Hector Berlioz e César Franck (Les Béatitudes, 1879) son os autores máis salientables que cultivaron o oratorio na segunda metade do século XIX. A principios do século XX, sobresaen os oratorios de Lorenzo Perosi.
O oratorio como técnica compositiva |
Aproximadamente desde principios do século XVIII, as técnicas do oratorio aplicáronse a moitro outros textos relixiosos que se musicaban habitualmente, en especial no relativo a textos dunha certa amplitude e que recibían unha música de grandes dimensións, especialmente concibida para celebracións litúrxicas dunha marcada solemnidade. Entre estes, as diversas partes da misa, os salmos que se musicaban polas vespras de festividades especialment relevantes do ano litúrxico, o Stabat Mater, etc. Concretamente consistía en fragmentar estes textos estándar da liturxia por uns puntos que adoitaban ser sempre os mesmos. Cada fragmento era tratado como unha composición separada, cunhas voces ou outras, con solistas e/ou coro, cun acompañamento de todo o grupo instrumental ou só cunha parte, etc.; pero tamén cunha tonalidade, unha métrica e un tempo diferenciados e contrastando adoito cos dos fragmentos inmediatamente anteriores e posteriores.
Segue esta técnica compositiva a maioría das misas dos compositores dos séculos XVIII e XIX, entre moitas outras obras relixiosas. No caso das paixóns, o narrador toma o nome de evanxelista, e adoita recaer na voz dun tenor.
Oratorios máis salientables |
Ordenados cronoloxicamente segundo o ano da estrea:
Giacomo Carissimi, Jephté (1646-48).
Antonio Vivaldi, Juditha triumphans (1716).
Johann Sebastian Bach, Oratorio de Nadal (1734). Cómpre ter en conta que, malia o nome, esta obra é, en realidade un conxunto de cantatas para o ciclo de Nadal que, como a maioría das súas obras neste xénero, aplican a técnica do oratorio.- Johann Adolph Hasse, Serpentes ignei in deserto (1735, 1736 ou 1739).
Georg Friedrich Händel, Esther (1732).
Georg Friedrich Händel, Deborah (1733).
Georg Friedrich Händel, Saul (1739).
Georg Friedrich Händel, Israel in Egypt (1739).
Georg Friedrich Händel, Messiah (1741).
Georg Friedrich Händel, Samson (1743).
Georg Friedrich Händel, Judas Maccabaeus (1747).
Georg Friedrich Händel, Joshua (1748).
Georg Friedrich Händel, Jephtha (1752).
Joseph Haydn, A Creación (1798).
Joseph Haydn, As Estacións (1801).
Felix Mendelssohn, St. Paul (1836).
Felix Mendelssohn, Elijah (1846).
Hector Berlioz, A infancia de Cristo (1854).
Franz Liszt, Christus (1862–1866).- Théodore Dubois, As sete palabras de Cristo (1867).
Ígor Stravinski, Oedipus Rex (1927).- Artur Kapp, Hiiob (Job) (1929).
- William Walton, Belshazzar's Feast (1931).
- Alexandre Tansman, Isaias o profeta (1950).
Hans Werner Henze, Das Floß der Medusa (1968, rev. 1990).- Bertold Hummel, The Shrine of the Martyrs (1988/89) .[1]
Paul McCartney, Liverpool Oratorio (1991).- Wynton Marsalis, Blood on the Fields (1997).
- Vangelis Papathanasiou, Mythodea (2001).
- Piotr Rubik - Tu es Petrus (2005).
Véxase tamén |
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Bibliografía |
- Bukofzer, Manfred F. Music in the Baroque Era. New York, NY: W.W. Norton and Co. 1947.
- Carreras Bulbena, Josep. El oratorio musical, 1906.
- Smither, Howard. The History of the Oratorio. Vol. 1-4. Chapel Hill, NC: Univ. of N.C. Press, 1977-2000.
- Deedy, John. The Catholic Fact Book. Chicago, IL: Thomas Moore Press, 1986.
- Hardon, John A. Modern Catholic Dictionary. Garden City, NY: Double Day and Co. Inc., 1980.
New Catholic Encyclopedia. New York: McGraw-Hill, 1967.- Randel, Don. "Oratorio". The Harvard Dictionary of Music. The Belknap Press [Cambridge, MA], 1986.
Ligazóns externas |
- Macy, L. (editor). Grove Music Online.
Notas |
↑ «Bertold Hummel work commentaries».
|
Categorías:
- Formas musicais
- Música clásica
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.248","walltime":"0.367","ppvisitednodes":"value":268,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":5280,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":64,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":7,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":7,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":480,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":8,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 291.042 1 -total"," 86.71% 252.370 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.58% 33.690 1 Modelo:Portal"," 10.39% 30.253 1 Modelo:Caixa_lateral"," 1.63% 4.742 1 Modelo:Iconas_dos_portais"," 1.52% 4.431 1 Modelo:Listaref"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.157","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2887086,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1333","timestamp":"20190421064639","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":151,"wgHostname":"mw1253"););