Skip to main content

Antonio Vivaldi Índice Traxectoria | Formas musicais | As súas obras | Na cultura popular | Curiosidades | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneKlassika.infoVivaldi Antonio 1678-1741"Angel and the Red Priest by Sean Riley"Vivaldi (2008)Music in the Baroque Era - From Monteverdi to BachVenezia e il prete col violinoAntonio Vivaldi: the red priest of VeniceAntonio Vivaldi, documents of his life and worksVivaldi's VirginsHidden Harmonies: the Secret Life of Antonio VivaldiThe Norton/Grove concise encyclopedia of music, revised and enlarged32145551Antonio Vivaldi: a guide to researchVivaldi: Voice of the BaroqueSitio web do Instituto VivaldiAntonio Vivaldiwww.classical.netCatálogo de obras de VivaldiWorldCat42027007147260p115535mn000068505837015ADV1027172190224852190390000021607XX9587641390089661912170a10449875cnp00396804ID108566ID00129349631657ID0071416118627287ITICCUCFIV05228nm0006334IDvivaldi_antonio_compositeur0000 0001 2129 9169n79021280981IDantonio-vivaldiVivaldiA00527045jn1999000880036529158232325000093028068812345OL2746101A1632142673100018w6cj8bwk322371027472183zbr5003364742858Vivaldi-3

Compositores de ItaliaPersonalidades da música de ItaliaNados en VeneciaNados en 1678Finados en 1741Sacerdotes católicos de ItaliaCompositores de ópera


Venecia4 de marzo1678Viena28 de xullo1741vénetoSinfoníaviolínvioloncelloGiovanni Battistabasílica de San MarcosS. Giovanni GrisostomoGiovanni Legrenzi18 de setembro169316994 de abril170023 de marzo1703opusviolín17111714TorelliAlbinoniopusLondresParísOspedale della Pietà1 de setembro1703orquestraVeneciaItaliaóperaAnna GiraudVicenza1713Ottone in vilaFabriMerighiStradaHändelFrankfurtJohann Friedrich Armand von Uffenbachentroido1715artemecenascantatasserenatasmoteteshimnossalmosStabat Mater1712Brescia1713Il Cimento dell'Armonia e dell'invenzionerománticacompositorIgor StravinskiiConcertos de BrandeburgoJohann Sebastian Bachséculo XXAntonio FannaGian Francesco MalipieroAngelo EphrikianAlfred EinsteincompositorMantuaAlemañaJohann Sebastian Bachpolifoníasonatasaberturascatálogo RyomFannaPincherleRicordiKlassika.infoÉtienne Périer1989Carlo Goldoni2005Jean-Louis GuillermouStefano DionisiMichel SerraultABCRadio Nationalteatro radiofónicoSean RileyAdelaide Festival of the ArtsJoseph FiennesMalcolm McDowellJacqueline BissetGérard DepardieuYann Arthus-BertrandFrançois Truffautmandolina1979Robert BentonAndrei KonchalovskyMozartTchaikovskyCorelliAlfred TomatismusicoterapiaJanice Jordan Shefelman










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

1000 12/16



Antonio Vivaldi




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





























Antonio Vivaldi

Vivaldi.jpg
Antonio Vivaldi nun retrato de 1723.

Nome completoAntonio Lucio Vivaldi
Alcume(s)
Il Prete Rosso (O Padre Rubio)
Nacemento
4 de marzo de 1678
 
Venecia
Flag of Most Serene Republic of Venice.svg República de Venecia
Falecemento
28 de xullo de 1741
 
Viena
Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
SoterradoViena
NacionalidadeRepública de Venecia
Relixióncatolicismo tradicionalista
Instrumento(s)violín
Composicións destacadasL'Estro Armonico
Stabat Mater
As catro estacións
PaiGiovanni Battista Vivaldi
NaiCamilla Calicchio
Antonio Vivaldi signature.svg
[ editar datos en Wikidata ]

Antonio Lucio Vivaldi, nado en Venecia o 4 de marzo de 1678 e finado en Viena o 28 de xullo de 1741,[1] foi un sacerdote e compositor véneto, coñecido como Il Prete Rosso (O Padre Roibo) por causa da súa cor de cabelo. Entre as súas obras destaca pola súa popularidade a Sinfonía nº 8, o que se coñece como as Catro estacións: Primavera, Verán, Outono e Inverno. Escribiu máis de 500 concertos (210 para violín ou violoncello só), 46 óperas, 73 sonatas.




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Formas musicais

    • 2.1 Concerto Grosso e Concerto Solli



  • 3 As súas obras

    • 3.1 Óperas


    • 3.2 Música instrumental

      • 3.2.1 Concertos



    • 3.3 Música vocal

      • 3.3.1 Cantatas


      • 3.3.2 Serenatas


      • 3.3.3 Motetes



    • 3.4 Música sacra

      • 3.4.1 Oratorios




  • 4 Na cultura popular


  • 5 Curiosidades


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Bibliografía


    • 7.2 Outros artigos


    • 7.3 Ligazóns externas





Traxectoria |


O pai de Antonio Vivaldi, o violinista Giovanni Battista, alcumado Rossi (o roxo), foi membro fundador do "Sovvegno de’ musicisti di Santa Cecilia", organización profesional de músicos venecianos; así mesmo foi violinista na orquestra da basílica de San Marcos e na do teatro de S. Giovanni Grisostomo. Foi o primeiro mestre do seu fillo, que tamén, probablemente, discípulo de Giovanni Legrenzi.


O 18 de setembro de 1693, Antonio ingresou nun seminario e recibiu as súas primeiras ordes relixiosas. En 1699 foi ordenado subdiácono (4 de abril), logo diácono (18 de setembro de 1700) e finalmente unxido sacerdote o 23 de marzo de 1703. Máis inclinado cara á música que cara ás obrigacións relixiosas, logrou ser dispensado de dicir misa por razóns de saúde.


A carreira do veneciano estivo marcada por catro grandes etapas.


A primeira foi a da adquisición dunha fama europea no terreo da música instrumental coa publicación, polo editor veneciano Sala e despois polo prestixioso impresor holandés Roger, de dous opus de sonatas para violín e dúas coleccións revolucionarias de concertos para o mesmo instrumento: L'estro armonico en 1711, seguido de A Stravaganza en 1714. Estas obras novas superaron as innovacións de Torelli e Albinoni, e garantíronlle un éxito fenomenal que se traduciu, en particular, na reimpresión inmediata das súas opus en Londres e París.




Caricatura de Vivaldi Il prete rosso de Pier Leone Ghezzi (1723)


A segunda etapa foi a do seu contrato na Ospedale della Pietà, un orfanato para nenas da súa cidade. Para elas foron creadas moitas das súas composicións; nalgunhas transcricións modernas das súas obras poden lerse aínda os nomes das mozas para quen ía adicada cada aria. O 1 de setembro de 1703, recentemente ordenado sacerdote e con 25 anos, Vivaldi foi nomeado mestre de violín da orquestra da Pietà e encargado logo do ensino de viola all´ inglese. A súa función era a docencia e adquisición de certos instrumentos para as súas alumnas e a dirección da orquestra daquela institución que albergaba un famoso coro que reunía ao conxunto de internas intérpretes. O nomeamento dun músico tan novo para aquel posto envexado é testemuño dos importantes apoios dos que gozaba, e da fama de compositor, fundada sen dúbida na difusión manuscrita das súas obras antes de seren publicadas, pero, por riba de todo, na súa formidable celebridade como prodixio do violín, que durante moito tempo suplantaría o seu renome como compositor en Venecia e Italia. Vivaldi realizou na Pietà ao longo da súa vida unha carreira tumultuosa, consecuencia da súa personalidade histriónica e enfermizamente independente. Pero as súas caóticas relacións con aquela institución, sementadas de rupturas e reconciliacións, non lle impediron facer daquel posto prestixioso o seu laboratorio e o seu santuario, ao mesmo tempo.


A terceira etapa foi a do seu oficio como compositor e empresario de ópera, obtendo grandes éxitos, foi cando coñeceu a Anna Giraud, unha moza cantante, que a partir de entón estaría sempre con el. Foi entón cando compuxo en Vicenza, en maio de 1713, Ottone in vila, a súa primeira ópera coñecida, seguida dunha auténtica conquista da Venecia teatral que se baseou no control dos pequenos teatros de Sant´ Angelo e San Moise. As partituras das óperas datadas neste primeiro período veneciano móstrannos unhas obras suntuosas, exuberantes, testemuño dun temperamento dramático excepcional. Aquelas composicións innovadoras e inquietantes, que impuñan o stile nuovo atacando frontalmente ao stile àntico eloxiado polos conservadores, valéronlle a hostilidade dunha gran parte da aristocracia veneciana, cuxos teatros pecháronlle hermeticamente as súas portas. Por aquelas datas, Vivaldi confirmouse igualmente como un formidable descubridor da voz: el é, en efecto, quen deu a coñecer a cantantes famosos como Fabri, Merighi ou Strada, moito antes de que Händel os contratase en Londres. Nesa mesma época, o compositor veneciano impúxose tamén e sobre todo como "impresario" no sentido etimolóxico da palabra, é dicir, como empresario de espectáculos que produce tanto óperas propias como doutros compositores, revisándoas ou uníndoas ás súas propias producións.


Os cadernos de viaxe dun rico arquitecto de Frankfurt, Johann Friedrich Armand von Uffenbach, que asistiu á tempada de entroido en Sant´ Angelo en 1715, ofrécennos un vívido testemuño deste período de frenética actividade. Aquel afeccionado ilustrado critica nas súas notas os decorados e o vestiario, e admira os cantantes dicindo que "foron incomparables e non desmereceron en nada dos do gran teatro", é dicir, o de S. Giovanni Grisostomo. Pero sobre todo móstrase estupefacto por Vivaldi, que lle fascina coas súas prodixiosas intervencións ao violín. Uffenbach escribe o seguinte no seu caderno: "Cara ao final, Vivaldi interpretou un magnífico só seguido dunha cadencia improvisada que me deixou verdadeiramente estupefacto, pois non é posible que alguén toque ou chegue nunca a tocar así. Colocaba os dedos a un pelo da ponte, ata o punto de non deixar sitio para o arco, e facíao ademais sobre as catro cordas, realizando imitacións e tocando cunha rapidez incrible". A carreira lírica de Vivaldi remontou así o seu voo guiada por dúas consignas: reformar e sorprender, nunha coincidencia rechamante e premonitoria de arte e estratexia comercial.


A cuarta etapa desa engalaxe foi a do desenvolvemento dunha actividade estruturada como compositor particular, que multiplicaba os seus compromisos puntuais e lucrativos cunha rede de clientes e mecenas. Esta actividade tivo como obxecto tanto a música instrumental, coa venda de concertos escritos ou adaptados especificamente en función dos encargos; a música vocal profana, coa venda de arias de óperas, cantatas ou serenatas; e a música relixiosa, mediante a composición de motetes, himnos, salmos e concertos sacros para diferentes institucións. Así é como Vivaldi escribiu o seu Stabat Mater en 1712 para unha igrexa de Brescia. E así compuxo tamén o seu primeiro oratorio, A vittoria navale, interpretado en Vicenza en xuño de 1713.


Unha das súas obras máis coñecidas son os primeiros 4 dos 12 concertos para violín do seu Opus 8 denominados por Vivaldi como Il Cimento dell'Armonia e dell'invenzione (O Cimento da Harmonía e a Invención), concertos que foron coñecidos logo como As catro estacións.


Vivaldi está considerado como un dos precursores da música romántica. Con todo, non todos os músicos semostraron tan entusiasmados coas obras do compositor italiano. Igor Stravinskii dixo de forma provocativa que Vivaldi "non escribira centos de concertos, senón un único concerto repetido centos de veces". Pero é precisamente, debido ao establecemento da estrutura do concerto con solista por parte de Vivialdi, que o seu desenvolvemento culminou cos Concertos de Brandeburgo de Johann Sebastian Bach.


Ao morrer en Viena cae no esquecemento, e é tanta a ingratitude que Italia tivo con el, que non aparece nos libros de música da época.


No século XX volveu aparecer o interese pola obra de Vivaldi. Mencionemos a Antonio Fanna, Gian Francesco Malipiero, Angelo Ephrikian, e en especial Alfred Einstein quen difundiron, editado e gravado en disco as obras de Vivaldi, moitas veces partindo de manuscritos orixinais do compositor.



Formas musicais |


Desde os exóticos concerti da camera, compostos para a corte de Mantua ata os inquietantes concertos para violín da súa última época, ademais doutras decenas de pezas concertantes, a música barroca italiana de Vivaldi, ofrece contrastes sutís e emocións refinadas.
Complementa a diversidade de estilos que conforman o barroco musical, o alemán, o francés, inglés e obviamente o poderoso centro italiano.
A importancia do achegue de Vivaldi, radica en consolidar a estrutura do concerto como xénero.



Concerto Grosso e Concerto Solli |


Mentres Torelli e Corelli entre outros expuxeran o diálogo entre solista e orquestra, nun "balance de forzas" entre o grupo de solistas e o acompañamento ou "ripieno" no que se denominou Concerto Grosso, foi Vivaldi quen estableceu unha estrutura compacta e orgánica do diálogo solista-orquestra, consolidando o concerto con solista ou Concerto Solli.


O núcleo desta organización no concerto con solista radica no desenvolvemento da forma ternaria.
A este tipo forma ternaria (A-B-A), consiste en A: Exposición do Tema, B: Desenvolvemento e A: Reexposición do Tema. Na parte A o tema é o material musical que vai ser tratado na parte central ou desenvolvemento (B)onde se presenta o diálogo propiamente dito entre solista (s) e orquestra, alternando coa aparición de elementos do tema e intervencións da parte do só.


Esta forma musical, perfeccionada do "ritornello" onde o tema reaparece entre partes solistas, utilizouse para os dous movementos rápidos do concerto con solista (I e III), mentres o segundo, de carácter lento, podía estar en forma binaria, ou ternaria, sendo o solista o que prevalece. Esta forma difundiuse entre os compositores de diversos países, onde se foi aplicando progresivamente en concertos para diversos instrumentos.


Esta forma musical é privativa dos concertos con solista, non importa o número de solistas, senón o uso desta forma musical como o mostran numerosas composicións de Vivaldi, onde a forma ternaria "ritornello" é común ás obras para un, dúas ou catro solistas.
Por este motivo, no sentido estrito da forma, cabe establecer que o que se coñece como concertos grossos non utilizan este esquema formal. por exemplo: "O estro harmonico" op. 3 n. 11 de Vivaldi e todo o opus 6 de Corelli). Deste xeito a maior achega do músico veneciano foi o desenvolvemento do Concerto para Solista, estruturado polo Solli, Ripieno e Baixo continuo (Tutti) que a diferenza do seu antecesor, o concerto grosso, logra un desenvolvemento contrapuntístico e harmónico máis fluído, así como partes solistas máis complexas nas que se concentra o desenvolvemento interpretativo e técnico.


Polo exposto, a reputación de Vivaldi, impúxose así mesmo en Alemaña, onde Johann Sebastian Bach analizou e transcribiu numerosos concertos de violín adaptándoos para o clave.
Neste proceso, J.S. Bach desenvolveu aínda máis a forma establecida por Vivaldi, aplicando novos principios como a polifonía, e o uso de dúas seccións na exposición do tema. (Forma Ternaria Composta).


Vivaldi compuxo desde concertos para un solista ata para máis dunha ducia. Esta forma musical barroca é unha redistribución das forzas orquestrais do tutti e do ripieno en dous bloques fundamentalmente desiguais, que opón un tutti masivo a un solista indomable, solli e orquestra atópanse, expondo con claridade o diálogo entre estas dúas forzas complementarias, ao contrario de Bach, onde as ideas do tema e a parte solista mestúranse ou chocan en todas as súas obras concertantes.


Para Vivaldi, o só e o tutti son contraposición, diálogo, en Bach son dúas forzas antagónicas. Mentres que nos concertos de Vivaldi o tema é claramente presentado pola orquestra, o rol do solista é transformalo harmónica, rítmica ou melódicamente. O solista é o primeiro plano, a orquestra un fondo, non un relevo.


Nos concertos de Bach, a orquestra cumpre precisamente a función de relevo, non é só un fondo, xa que ata toma o papel de desenvolver o tema, feito que en Vivaldi é un papel exclusivamente aplicado ao solista. Escóitese por exemplo o concerto en la menor BWV 1041 o 1er movemento de J.S.Bach, e compárese co concerto en sol menor op 12 n.1., ou o conciero para 2 violíns en la menor op 3 n.8 de Vivaldi e o concerto para dous violíns en re menor BWV 1043.


Maila que o progreso do xénero concerto débese ao impulso dado por Vivaldi, non menos importantes son as súas obras de cámara, as súas sonatas a tres instrumentos, aberturas ou "sinfonías" que son máis ben un tipo de "concerto sen solistas", e a non dubidalo os seus pouco coñecidas óperas e arias, así como a súa música relixiosa, nas que o lirismo, a poesía das melodías son a mostra máis clara do talento do misterioso "cura vermello".



As súas obras |


O Ryom-Verzeichnis ou catálogo Ryom é un importante catálogo das obras de Vivaldi. Outros catálogos son os de Fanna, Pincherle e Ricordi.


Unha lista completa das súas composicións encóntranse en Klassika.info(en alemán).


A súa saída foi moi numerosas. Escribiu 46 óperas, 70 sonatas, 195 composicións vocais, entre os que 45 teñen 554 cantatas e composicións instrumentais de cámara, a maioría dos concertos. Os máis coñecidos son os doce que compoñen o 'Armona e Dell' Cemento Dell invenzione (1725). Os catro primeiros concertos, incluíndo o famoso Four Seasons: N º 1 en Mi maior, primavera, n º 2 en Sol Menor, de verán, N º 3 en Fa Maior, do outono e N º 4 en Fa menor de inverno. A música relixiosa como o oratorio Triumphans Judith (1716), o Gloria in D (1708), misas e motetos. Súas sonatas instrumentais son máis conservadores do que os seus concertos e música relixiosa, moitas veces reflicte o estilo operatividade do tempo ea alternancia da orquestra e solistas, que axudou a introducir os concertos. Johann Sebastian Bach, o seu contemporáneo, aínda que un pouco máis nova, el estudou as obras de Vivaldi, nos seus anos de formación e algúns dos concertos para violín e transcricións de sonatas de Vivaldi só existen (sobre todo para cravo) Bach
algunhas das súas obras son:



Óperas |


  • L'Adelaide

  • Alvida, regina dei Goti

  • Agrippo

  • Aristide

  • Armida al campo d'Egitto

  • Arsilda, regina di Ponto

  • L'Atenaide o sia Gli affetti generos


  • Bajazet (Tamerlano)

  • La candace o siano Li veri amici

  • La costanza trionfante degli amori e degl'odii

  • Cunegonda

  • Doriclea

  • Dorilla in Tempe

  • Ercole su 'l Termodonte

  • Farnace

  • La fede tradita e vendicata

  • Feraspe

  • La fida Ninfa

  • Filippo re di Macedonia

  • Ginevra principessa di Scozia

  • Il giustino

  • Griselda

  • L'incoronazione di Dario

  • Gli inganni per vendetta

  • L'inganno trionfante in amore

  • Ipermestra

  • Motezuma

  • Nerone fatto Cesare

  • L'Olimpiade

  • L'Oracolo in Messenia

  • Orlando finto pazzo

  • Orlando furioso

  • Ottone in Villa

  • Rosilena ed Oronta

  • Rosmira

  • Scanderbeg

  • Semiramide

  • La Silvia

  • Siroe, re di Persia

  • Teuzzone

  • Tieteberga

  • Tito Manlio

  • La verità in cimento

  • La virtù trionfante dell'amore e dell'odio

  • Il giorno felice


Música instrumental |



Concertos |


Antonio Vivaldi compuxo:


  • 228 concertos para violín

  • 38 concertos para fagot

  • 27 concertos para violonchelo

  • 25 concertos para frauta doce ou traveseira

  • 23 concertos para óboe

  • 6 concertos para viola d'amore

  • 1 concerto para mandolina

  • 25 dobres concertos para dous violines

  • 4 dobres concertos para violín e violoncello

  • 3 dobres concertos para dous óboes

  • 2 dobres concertos para dúas trompas

  • 1 dobre concerto para dúas trompetas

  • 1 dobre concerto para dous violoncellos

  • 1 dobre concerto para viola d'amore e laúd

  • 1 dobre concerto para dúas mandolinas

  • 1 dobre concerto para dúas frautas

  • 1 dobre concerto para óboe e fagot

  • 47 conertos para tres ou máis instrumentos

  • así como concertos de cámara, onde todos os instrumentos teñen carácter solista.

  • Opus 1, 12 Sonatas para 2 violins e baixo continuo (1705)

  • Opus 2, 12 Sonatas para violín e baixo continuo 1709)

  • Opus 3, L'estro armonico, 12 concertos para diversas combinacións. Os máis coñecidos son o No. 6 para violín en La menor, o No. 8 para 2 violins en La menor, e o No. 10 para 4 violins en Si menor (1711)

  • Opus 4, La stravaganza, 12 concertos para violín (c. 1714)


Música vocal |



Cantatas |


  • All'ombra d'un bel faggio

  • All'or che lo sguard

  • Amor hai vinto

  • Aure voi piu non siete

  • Del suo natio rigore

  • Elvira, Elvira anima mea

  • Era la notte

  • Fonti di pianto piangete

  • Geme l'onda che parte

  • Il povero mio cor

  • Indarno cerca la tortorella

  • La farfalletta s'aggira

  • Nel partir da te mio caro

  • Par che tardo

  • Scherza di fronda

  • Seben vivono senz'alma

  • Si levi dal pensier

  • Si si luce adorate

  • Sorge vermiglia in ciel

  • T'intendo si mio cor

  • Tra l'erbe, i zeffiri

  • Alla caccia, alla caccia

  • Care selve amici prati

  • Filli di gioia

  • Ingrata lidia hai vinto

  • Perfidissimo cor!

  • Piango, gemo, sospiro

  • Pianti, sospiri

  • Qual per ignoto

  • All'ombra di sospetto

  • Che giova il sospirar

  • Lundi dal vago

  • Perche son molli

  • Vengo a voi luci adorate

  • Amor hai vinto

  • Cessate omnai cessate

  • O mie porpore piu belle

  • Qual in pioggia dorata

  • La Gloria e Himeneo

  • Candida Lylia

  • Prendea con mandi latte

  • Cantata (sen título) RV 796a

  • Cantata (sen título) RV 799

  • Apurrusmunu (sen título) RV 7999


Serenatas |


  • Le gare del dovere

  • Le gare della giustitia e della pace

  • Mio cor povero cor

  • Il Mopso (Egloga pescatoria)

  • Questa Eurilla gentil

  • La Sena festeggiante

  • L'unione della Pace e di Marte

  • Andromeda Liberata


Motetes |


  • Canta in prato

  • Carae rosae respirate

  • Clarae stellae, scintillate

  • In furore giustissimae irae

  • In turbato mare

  • Invicti bellate

  • Longe mala umbrae terrores

  • Nulla in mundo pax

  • O qui coeli terraeque

  • Sum in medio tempestatum

  • Vestro principi divino

  • Vos aurae per montes


Música sacra |


  • Messe Sacrum (RV 586)

  • Kyrie (RV 587)

  • Gloria (RV 588)

  • Gloria (RV 589)

  • Gloria (RV 590)

  • Credo (RV 591)

  • Credo (RV 592)

  • Domine ad adiuvandum me festina (RV 593)

  • Dixit Dominus (RV 594)

  • Dixit Dominus di Praga (RV 595)

  • Confitebor tibi Domine (RV 586)

  • Beatus vir (RV 597)

  • Beatus vir (RV 598)

  • Beatus vir (RV 599)

  • Laudate pueri Dominum (RV 600)

  • Laudate pueri Dominum (RV 601)

  • Laudate pueri Dominum (RV 602)

  • Laudate pueri Dominum (RV 602a)

  • Laudate pueri Dominum (RV 603)

  • In exitu Israel (RV 604)

  • Credidi propter quod (RV 605)

  • Laudate Dominum (RV 606)

  • Laetatus sum (RV 607)

  • Nisi Dominus (RV 608)

  • Lauda Jerusalem (RV 609)

  • Magnificat (RV 610)

  • Magnificat (RV 610a)

  • Magnificat (RV 610b)

  • Magnificat (RV 611)

  • Deus tuorum militum (RV 612)

  • Gaude Mater Ecclesia (RV 613)

  • Laudate Dominum omnes gentes (RV 614)

  • Regina coeli (RV 615)

  • Salve Regina (RV 616)

  • Salve Regina (RV 617)

  • Salve Regina (RV 618)

  • Salve Regina (RV 619)

  • Sanctorum meritis (RV 620)

  • Stabat Mater (RV 621)

  • Te Deum (RV 622)

  • Ascende laeta (RV 635)

  • Canta in prato (RV 636)

  • Cur sagittas (RV 637)

  • Filiae mestae (RV 638)

  • Jubilate o amaeni (RV 639)

  • Jubilate o amaeni (RV 639a)

  • Longe mala umbrae terrores (RV 640)

  • Non in pratis (RV 641)

  • Ostro picta (RV 642)


Oratorios |


  • Moyses Deus Pharaonis

  • Juditha Triumphans devicta Holofernes Barbarie

  • L'adorazione delli tre re magi al bambino Gesu


Na cultura popular |


O personaxe de Vivaldi aparece no filme Rouge Venise, realizado por Étienne Périer en 1989, unha pelicula que narra un episodio da vida de Carlo Goldoni.


O fimle Antonio Vivaldi, un Prince à Venise, unha coprodución italofrancesa de 2005 baixo a dirección de Jean-Louis Guillermou, coa participación de Stefano Dionisi no papel de Vivaldi, e Michel Serrault no do patriarca de Venecia.


En 2005, ABC Radio National realizou unha obra de teatro radiofónico sobre Vivaldi, que foi escrita por Sean Riley. Baixo o título The Angel and the Red Priest, a obra foi posteriormente adaptada para os escenarios e representada no Adelaide Festival of the Arts.[2]


Estase a preparar outro filme sobre a súa vida producido por Boris Damast, cuxo título provisional é Vivaldi[3], o papel é interpretado por Joseph Fiennes, e outros actores que participan inclúen a Malcolm McDowell, Jacqueline Bisset e Gérard Depardieu.


Un extracto de Nisi Dominus move o oído do que escoita o filme Home de Yann Arthus-Bertrand. Cómpre engadir a música do filme de François Truffaut, L'Enfant sauvage, co seu concerto para mandolina.


No filme Kramer contra Kramer (1979) de Robert Benton, aparece unha versión do concerto en Do Maior para mandolina adaptada por Herb Harris.


Runaway Train de Andrei Konchalovsky finaliza alucinando cun extracto do Gloria.


A música de Vivaldi, Mozart, Tchaikovsky e Corelli foi incluída nas teorías de Alfred Tomatis sobre os efectos da música no comportamento humano e empregada na musicoterapia.


A autora Janice Jordan Shefelman escribiu un libro infantil sobre a vida de Vivaldi titulado I, Vivaldi.[4]



Curiosidades |




  • Vivaldi recibiu o alcume de il prete rosso (o padre rubio) pola cor do seu cabelo. De feito, era unha característica da sú familia e seu pai xa fora coñecido co sobrenome de rosso.

  • En 1737 foi acusado de non dar misa sendo sacerdote, mais el defendeuse alegando que tiña asma; porén, a súa enfermidade pulmonar non lle restou capacidades á hora de viaxar por Europa.

  • É un dos temas centrais na novela de ficción histórica La Copa Antonio Vivaldi, na que unha competición de música que recibía o seu nome substitúe á Copa do Mundo de Fútbol.

  • A súa ópera Montezuma, é o tema central da novela de ficción histórica, Concierto Barroco de Alejo Carpentier 1974. Esta ópera, que trata sobre a conquista de México baixo unha interpretación pouco apegada á realidade; foi estreada no Teatro Sant'Angelo de Venecia en 1733.


Notas |




  1. Vivaldi Antonio 1678-1741(en francés)


  2. "Angel and the Red Priest by Sean Riley". Airplay. Australian Broadcasting Corporation Radio National. 


  3. Vivaldi (2008)


  4. Bush, Elizabeth (2008). "I, Vivaldi (review)". Bulletin of the Center for Children's Books. 



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Bukofzer, Manfred F. (2008). Music in the Baroque Era - From Monteverdi to Bach (en inglés). Von Elterlein Press. ISBN 978-1-4437-2619-1. 

  • Cross, Eric (1984). Review of I libretti vivaldiani: recensione e collazione dei testimoni a stampa by Anna Laura Bellina; Bruno Brizi; Maria Grazia Pensa in Music & Letters, Vol. 65, No. 1 (Jan., 1984), pp. 62–64


  • Formichetti, Gianfranco (2006). Venezia e il prete col violino (en italiano). Bompiani. ISBN 978-88-452-5640-0. 


  • Heller, Karl (1 April 1997). Antonio Vivaldi: the red priest of Venice (en inglés). Hal Leonard Corporation. ISBN 978-1-57467-015-8. 


  • Kolneder, Walter (1982). Antonio Vivaldi, documents of his life and works (en inglés). Heinrichshofen Edition. ISBN 978-3-7959-0338-1. 


  • Quick, Barbara (2008). Vivaldi's Virgins (en inglés). HarperCollins. ISBN 978-0-06-089053-7. 


  • Romijn, André (2006). Hidden Harmonies: the Secret Life of Antonio Vivaldi (en inglés). Antonio Vivaldi. ISBN 978-0-9554100-1-7. 

  • Eleanor Selfridge-Field (1994). Venetian Instrumental Music, from Gabrieli to Vivaldi. New York, Dover Publications. ISBN 0-486-28151-5.


  • Sadie, Stanley; Latham, Alison, eds. (1994). The Norton/Grove concise encyclopedia of music, revised and enlarged (en inglés) (1st American ed.). New York: Macmillan. ISBN 9780393037531. OCLC 32145551. 


  • Talbot, Michael (1988). Antonio Vivaldi: a guide to research (en inglés). Garland Pub. 


  • Landon, H. C. Robbins (1996). Vivaldi: Voice of the Baroque (en inglés). University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-46842-6. 


Outros artigos |


  • Catálogo Ryom

  • Pio Ospedale della Pietà

  • Anna Girò

  • As catro estacións


Ligazóns externas |



  • Sitio web do Instituto Vivaldi (en italiano)


  • Antonio Vivaldi en www.classical.net (en inglés)


  • Catálogo de obras de Vivaldi (en francés)




  • Antonio Vivaldi no Proxecto Biblioteca Internacional de Partituras Musicais (IMSLP) (en inglés).




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Vivaldi&oldid=5059680"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.384","walltime":"2.179","ppvisitednodes":"value":3161,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":51676,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2304,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":10,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":49,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2597,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":50,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2029.330 1 -total"," 57.26% 1161.943 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 31.78% 644.913 1 Modelo:Compositor"," 31.50% 639.288 1 Modelo:Infobox"," 28.63% 581.048 17 Modelo:Propiedade"," 3.67% 74.486 9 Modelo:Cita_libro"," 2.66% 53.950 1 Modelo:Listaref"," 1.81% 36.703 1 Modelo:Cita_web"," 0.98% 19.872 1 Modelo:Curiosidades"," 0.88% 17.931 1 Modelo:Commons"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"1.134","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":10327144,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1255","timestamp":"20190416210520","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":174,"wgHostname":"mw1322"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020