Skip to main content

Xornalismo Índice Historia | Especialidades do xornalismo | Xornalismo como carreira universitaria | Véxase tamén | Menú de navegaciónPremios Pulitzer de xornalismoÉtica e deontoloxía no exercicio do xornalismoRevista de periodismo preventivo do Ippai3000543543960ID02005974028779-8journalismsh850707367033D020452

Xornalismo


informaciónXulio Césarforo romanoséculo IIdade MediaVeneciaséculo XVIXVIIIXIXgacetaspartidos políticosEstados UnidosJoseph PulitzerWilliam Randolph Hearsttelégrafoséculo XXfotografía1880Alemañaradiotelevisióndemocraciasxéneroscrónicareportaxeentrevistadocumentalartigo de opiniónagrícolagandeirometeorolóxicociberespazointernetcidadáncientíficoeducativodeportivosKofi AnnanIppaiMadridGabriel García MárquezNovo xornalismoinvestigaciónsTruman CapoteTom Wolferadioxornalistalicenciado en comunicación socialrelacionador públicoprofesores da especialidadeensino públicoGaliciaUniversidade de Santiago de CompostelaFacultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de PontevedraUniversidade de VigoComunicación AudiovisualFacultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de CompostelaUSCFacultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de PontevedraUniversidade de VigoUniversidade da Coruña










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());


Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Xornalismo




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Primeiro número do Faro de Vigo, xornal decano da prensa española.


O xornalismo ou periodismo é a actividade de recadar e publicar información relativa á actualidade, especialmente a feitos novidosos de interese xeral. A base do xornalismo é a noticia. A información pode conseguirse e difundirse mediante distintos medios ou soportes técnicos, o que dá lugar ao xornalismo gráfico.




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Especialidades do xornalismo

    • 2.1 Xornalismo ambiental


    • 2.2 Ciberxornalismo


    • 2.3 Xornalismo participativo


    • 2.4 Xornalismo científico


    • 2.5 Xornalismo cultural


    • 2.6 Xornalismo económico


    • 2.7 Xornalismo deportivo


    • 2.8 Xornalismo de guerra


    • 2.9 Xornalismo infográfico


    • 2.10 Xornalismo político


    • 2.11 Xornalismo preventivo


    • 2.12 Xornalismo social


    • 2.13 Xornalismo literario


    • 2.14 Xornalismo de investigación


    • 2.15 Xornalismo radiofónico



  • 3 Xornalismo como carreira universitaria


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Outros artigos


    • 4.2 Ligazóns externas





Historia |



Artigo principal: Historia do xornalismo.

A primeira publicación periódica diaria foi a Acta diurna que Xulio César mandaba expoñer no foro romano no século I antes da nosa era. Na baixa Idade Media, as follas escritas con noticias comerciais e económicas eran moi comúns nas rúas das cidades. En Venecia vendíanse follas ao prezo dunha gazzetta (moeda utilizada en Venecia no século XVI), das que proveñen os nomes de moitos xornais publicados na Era Moderna e a Contemporánea. Nos séculos XVIII e XIX os líderes políticos tomaron conciencia do grande poder que podían ter as gacetas para influír na poboación e proliferaron os xornais de faccións e partidos políticos.


Cara a fins do século XIX, os empresarios descubriron o potencial comercial do xornalismo e xurdiron as primeiras publicacións parecidas ós diarios actuais. Nos Estados Unidos, Joseph Pulitzer e William Randolph Hearst crearon grandes diarios destinados á venda masiva. Novas invencións, coma o telégrafo, facilitaron a obtención de noticias. Xurdiron, xa no século XX, empresas dedicadas á recolección de informacións sobre a actualidade que eran vendidas aos diarios. Estas empresas foron coñecidas como axencias xornalísticas ou axencias de prensa.


A fotografía comezou a usarse na prensa diaria en 1880. Alemaña foi o primeiro país que produciu revistas gráficas ilustradas con fotografías.


Na década dos anos 20 do século pasado xurdiron as primeiras emisoras de radio, que tomaron gran parte do protagonismo dos diarios no seguimento paso a paso dos feitos de actualidade. As primeiras emisións de televisión fixéronse nos Estados Unidos nos anos 30, e xa nos anos 50 a televisión competía coa radio na posibilidade de transmitir instantaneamente información acompañada de imaxe.


Convertido segundo algúns analistas no "cuarto poder" das grandes democracias occidentais, o xornalismo está a medio camiño entre o servizo público ao servizo da cidadanía e a empresa que defende os seus intereses comerciais e de mercado. Ligado con isto último, hai empresas ou produtos xornalísticos, ou de orixe ou base xornalística, que explotan todo tipo de recursos para chamar a atención e multiplicar as súas vendas: por exemplo, a través da intrusión nas vidas privadas, esaxerando a dimensión de noticias consideradas 'escandalosas', afondando no morbo etc.


O certo é que o xornalismo é un compoñente fundamental da vida contemporánea e semella inseparable dos sistemas políticos democráticos. O xornalismo escrito creou, polas súas necesidades de rápida lectura e comprensión e a súa suposta neutralidade, un estilo na redacción que nutriu a numerosos escritores que formaron parte dos seus planteis. Ademais, creou comentaristas da vida social e política que acadaron prestixio e sona, vestiu as súas páxinas con humoristas e debuxantes e desenvolveu desde o proxecto costumista até a investigación documentada.



Especialidades do xornalismo |


A actividade xornalística comprende diversos xéneros, entre eles a crónica, a reportaxe, a entrevista, o documental, a viñeta satírica ou humorística e o artigo de opinión.



Xornalismo ambiental |


É aquel que se ocupa dos temas da relación entre o home e a súa contorna natural. Abrangue desde a información relativa ao agrícola, gandeiro, meteorolóxico... até os aspectos sociais, económicos, políticos... do que ten que ver co medio natural.



Ciberxornalismo |


É aquela modalidade do xornalismo cuxo principal medio para a investigación, elaboración e, sobre todo, a difusión da información é o ciberespazo, con internet como principal expoñente.


O ciberxornalismo recibiu múltiples denominacións nos últimos anos: 'xornalismo electrónico', 'xornalismo multimedia', 'xornalismo en internet' e, sobre todo, 'xornalismo dixital'. Malia a isto, todas estas expresións resultan ambiguas, pois aluden tamén a outras variantes audiovisuais do xornalismo, así que cada vez máis investigadores e profesionais optan pola denominación de ciberxornalismo.



Xornalismo participativo |


É o acto dun cidadán ou grupo de cidadáns que xogan un papel activo no proceso de colectar, analizar e diseminar información. A intención desta participación é subministrar a información independente, contrastada, exacta, de amplo rango e relevante que unha democracia require.



Xornalismo científico |


É a ligazón sistemática e profesional entre o coñecemento científico e a sociedade. O seu obxectivo principal é transformar a ciencia nun saber xeral con carácter informativo e educativo.



Xornalismo cultural |


Iván Tubau, no seu libro "Teoría y práctica del periodismo cultural", define o xornalismo cultural como unha forma de coñecer e difundir os produtos culturais dunha sociedade a través dos medios masivos de comunicación



Xornalismo económico |


Trata de dar a coñecer o estado económico dun país (principais indicadores económicos, evolución e comportamento dos mercados e empresas etc.). É unha sección que desde as orixes do xornalismo se considerou 'prestixiosa', igual que a de política.



Xornalismo deportivo |


É o que ofrece información sobre os acontecementos deportivos a nivel local, nacional e internacional, mostrando as novidades que se relacionan coas diferentes disciplinas deportivas.



Xornalismo de guerra |


É unha das especialidades máis perigosas da profesión, posto que require cubrir as novas que se producen durante un conflito bélico.



Xornalismo infográfico |


O xornalismo infográfico é aquel que combina elementos visuais e textuais. A súa aplicación máis específica en principio serviu para colocar mapas, e gráficos.


No xornalismo dixital, a infografía adquire outras características propias: a interactividade, a posibilidade de animación, a incorporación de son e imaxe en movemento etc.



Xornalismo político |


Refírese á análise e á información referida ás actividades partidarias.



Xornalismo preventivo |


É unha disciplina do xornalismo que ten como obxectivo analizar as crises e os conflitos dende o punto de vista global, da súa orixe ó impacto causado. O enfoque do xornalismo preventivo pretende asemade dar maior relevancia ós actores que propoñen solucións para a crise.
Esta visión implica unha crítica do xornalismo convencional, considerado polos practicantes deste tipo de xornalismo como demasiado centrada sobre a noticia, descontextualizada, e nos actores en conflito.


A orixe do termo é asignable a Kofi Annan, quen mencionou a necesidade dun xornalismo deste tipo, sen desenvolver máis aló as súas características.


O Instituto de Xornalismo de Análise Preventiva Internacional (Ippai), con base en Madrid, asigna a este tipo de xornalismo:


  1. Anticipar sucesos que poderían levar a un conflito, crise institucional, conflito social, crise humana, crise dos dereitos humanos e / ou crises ambientais.

  2. Informar do desenvolvemento de tales situacións, con especial atención ós esforzos emprendidos, tanto polas partes implicadas como por mediadores externos e outros destacados en relación a esas situacións.

  3. Realizar o seguimento dos acontecementos unha vez concluídos, o informe sobre as posibilidades de reprodución e en que circunstancias sería posible a mesma.


Xornalismo social |



Xornalismo literario |


É aquel que non ficcionaliza a realidade, senón que a fai aínda máis real, ó apartarse das convencións informativas. Un importante impulsor deste tipo de xornalismo é Gabriel García Márquez, quen o bautizou como "Novo xornalismo".


No xornalismo literario debe haber, por parte do xornalista, máis inmersión e máis compromiso. Ademais de que debe ter unha riqueza narrativa capaz de rozar a literatura, pero sen apartarse da sinxeleza e a precisión do estilo xornalístico.



Xornalismo de investigación |


É aquel que procura revelar feitos de interese público a través de investigacións xornalísticas que profundicen naqueles feitos que afecten ao ben común, para o cal se precisa conseguir datos, realizar entrevistas, contrastar fontes e contar con antecedentes fidedignos e documentos que permitan denunciar ou publicar unha reportaxe.


Lustran e ilustran o termo, Truman Capote coa súa novela A sangre fría e Tom Wolfe con, por exemplo, La palabra pintada, a propósito do pop arte dos anos sesenta.



Xornalismo radiofónico |


É o que utiliza a radio como medio de transmisión.



Xornalismo como carreira universitaria |


En moitos países do mundo, a carreira de xornalismo tamén se atopa en varias universidades, pero non só entregan o título de xornalista, senón que ademais de licenciado en comunicación social, relacionador público, empresarios emprendedores no ámbito da comunicación social, mesmo profesores da especialidade no ensino público.


En Galicia, a licenciatura de Xornalismo como tal pode estudarse unicamente na Universidade de Santiago de Compostela. O grao de Publicidade e Relacións Públicas pode cursarse na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra da Universidade de Vigo. Ademais, a carreira de Comunicación Audiovisual pode cursarse na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela da USC, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra da Universidade de Vigo e na Universidade da Coruña.



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Deontoloxía profesional xornalística

  • Xornalista

  • Medio de comunicación


Ligazóns externas |


  • Premios Pulitzer de xornalismo

  • Ética e deontoloxía no exercicio do xornalismo

  • Revista de periodismo preventivo do Ippai




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xornalismo&oldid=4623184"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.268","walltime":"0.339","ppvisitednodes":"value":465,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":14399,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1557,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 286.405 1 -total"," 52.30% 149.796 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 19.21% 55.017 1 Modelo:SenReferencias"," 18.89% 54.092 1 Modelo:Commonscat"," 17.70% 50.683 1 Modelo:Irmáns"," 16.61% 47.584 1 Modelo:Ifsubst"," 16.18% 46.349 1 Modelo:Caixa_lateral"," 15.47% 44.320 1 Modelo:Ambox"," 5.65% 16.187 1 Modelo:1000"," 4.48% 12.839 1 Modelo:Icona_en_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.139","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3296942,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1299","timestamp":"20190315094917","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":154,"wgHostname":"mw1272"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020