Alfredo Vicenti Índice Traxectoria | Obra | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneAlfredo Vicenti, vida y obra de un gran periodistaAlfredo Vicenti: o mestre do xornalismo españolFicha no Congreso dos DeputadosWorldCat38473067XX115220216631531j14899880000 0000 6636 5847n88181758147923042
Xornalistas de Santiago de CompostelaDeputados de GaliciaNados en Santiago de CompostelaNados en 1850Finados en 1916Escritores de Galicia coa obra no dominio público
Santiago de Compostela20 de novembro1850Madrid30 de setembro1916galegoUniversidade de Santiago de Compostela1875Valentín Lamas CarvajalcantonalFerrol18721878cardealPayá y RicoMadridManuel MurguíaAlejandro ChaoEmilio CastelarAsociación de la Prensa de Madrid19071910eleccións de 1910Antonio Goicoechea CosculluelaSanta Cruz de TenerifeOrdeseleccións de 1914Arzúa1916GaldósRamón María del Valle-InclánCastelaoEulalia Vicenti Díez de TejadaJorge Chaminéxeración do 68xeración de FonsecaJesúsAndrés MuruaisRafael VillarCayetano GaleoteAfonso XIIIllas Carolinas1905Acción Gallega187618781887Consello da Cultura GalegaDeputación Provincial de PontevedraJosé Antonio Durán
Alfredo Vicenti
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
| Alfredo Vicenti | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de novembro de 1850 |
| Santiago de Compostela | |
| Falecemento | 30 de setembro de 1916 |
| Nacionalidade | España |
| Ocupación | xornalista e escritor |
| Fillos | Eulalia Vicenti |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Alfredo Vicenti Rey, nado en Santiago de Compostela o 20 de novembro de 1850 e finado en Madrid o 30 de setembro de 1916, foi un médico, poeta, xornalista e político galego.
Índice
1 Traxectoria
2 Obra
3 Notas
4 Véxase tamén
4.1 Bibliografía
4.2 Ligazóns externas
Traxectoria |
Estudou Medicina e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, carreiras nas que nunca exerceu, pois dedicouse pronto ao xornalismo e á política.
En 1875 comezou a redactar en Santiago o texto de A orillas del Ulla, que publicou no xornal ourensán El Heraldo Gallego dirixido polo seu amigo Valentín Lamas Carvajal. Xa era redactor xefe de El Diario de Santiago cando se produciu o levantamento cantonal de Ferrol en 1872. En 1878 é xa director deste diario, cuxa cabeceira foi substituída logo pola de Gaceta de Galicia.
O cardeal Payá y Rico excomungouno ese mesmo ano e en 1880 marchou a Madrid. Alí substituíu a Manuel Murguía na dirección de La Ilustración Gallega y Asturiana de Alejandro Chao (1880-1882); tamén foi unha peza importante na progresión de El Globo, o gran diario de Emilio Castelar (1880-1895).
Artigo de Vicenti sobre Narcisa Pérez Reoyo en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880.
Aínda o dirixía, cando logrou convocar representantes de máis de vinte xornais e seis axencias de distintas tendencias políticas para crear a Asociación de la Prensa de Madrid (15 de febreiro de 1895).[1] Cedeu a Miguel Moya a presidencia e, descontento coa deriva política de Castelar, abandonou El Globo e grazas a Moya introduciuse como redactor xefe de El Liberal do que foi director de 1907 ata que morreu en 1916.
En 1910 participou en mitins agrarios en Galiza e chegou a ser candidato republicano-agrario a Cortes polo distrito de Becerreá nas eleccións de 1910, sendo derrotado por Antonio Goicoechea Cosculluela; porén foi elixido deputado polo distrito de Santa Cruz de Tenerife. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Ordes nas eleccións de 1914 e polo de Arzúa en 1916.
O seu ideario era o do partido demócrata e sostivo unha ideoloxía republicana e federal, partidaria da autonomía galega, iberoamericanista, anglófila e lusitanista. Anticlerical, defendeu con todo a liberdade de cultos. Foi amigo de Galdós, de Ramón María del Valle-Inclán, a quen descubriu, e de Castelao.
Casado con Emília Díez de Tejada e Hurtado de Mendoza, foi pai adoptivo de Eulalia Vicenti Díez de Tejada, xornalista e figura importante na loita feminista española, e tataravó do barítono internacional Jorge Chaminé, Medalla de Dereitos Humanos da Unesco e Músico para a Paz, nomeado en novembro de 2011.
Obra |
Pertenceu á chamada xeración do 68 ou xeración de Fonseca xunto cos irmáns Jesús e Andrés Muruais, e Rafael Villar (avogado do cura Cayetano Galeote).
Foi famoso polas súas descricións e perfís biográficos, os seus artigos de fondo e os seus editoriais. Pero foi tamén un extraordinario reporteiro, que cubriu a grave enfermidade de Afonso XII, a cuestión das Illas Carolinas, a presenza do protestantismo, a prerrevolución rusa de 1905 ou o asasinato do bispo de Madrid. Deu conferencias no Ateneo. En Madrid defendeu e divulgou as ideas do movemento agrario Acción Gallega.
Escribiu un volume titulado Recuerdos, (1868-1875): colección de poesías (Ourense: Estab. Tipográfico da Propaganda Galega, 1876), que tivo segunda edición en 1878 e está prologado por Manuel Murguía. Tamén publicou Dioses menores: A orillas del Ulla (Perfiles gallegos) (1875-1881). Imprimiuse o seu Discurso pronunciado por Alfredo Vicenti no Congreso dos Deputados o día 2 de xuño con motivo da discusión dos orzamentos, (Madrid, 1887).
A Asociación de la Prensa de Madrid, o Consello da Cultura Galega e a Deputación Provincial de Pontevedra recuperaron a través do historiador José Antonio Durán a figura de Vicenti e moitos dos seus escritos.
Notas |
↑ Aneiros (2007), p. 77
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfredo Vicenti |
Bibliografía |
Aneiros Díaz, Rosa (2007). Xornalistas con opinión: 20 biografías. Vigo: Galaxia / Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-8288-807-1.
Cores Trasmonte, Baldomero (2009). Alfredo Vicenti, vida y obra de un gran periodista (en castelán). Madrid: APM. ISBN 978-84-87641-40-4.
Ligazóns externas |
- Alfredo Vicenti: o mestre do xornalismo español
- Ficha no Congreso dos Deputados
|
Categorías:
- Xornalistas de Santiago de Compostela
- Deputados de Galicia
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1850
- Finados en 1916
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.468","walltime":"0.675","ppvisitednodes":"value":3029,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":17022,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":640,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":7,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":351,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":8,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 625.757 1 -total"," 47.62% 297.984 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 36.97% 231.336 1 Modelo:Biografía"," 35.46% 221.871 1 Modelo:Infobox"," 26.11% 163.397 26 Modelo:Propiedade"," 7.29% 45.633 2 Modelo:Cita_libro"," 3.61% 22.601 1 Modelo:Commonscat"," 3.15% 19.701 1 Modelo:Irmáns"," 2.73% 17.066 1 Modelo:Se_é_muller"," 2.57% 16.113 1 Modelo:Caixa_lateral"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.331","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3928458,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1265","timestamp":"20190514193658","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Alfredo Vicenti","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Alfredo_Vicenti","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q5405876","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q5405876","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-11-16T22:12:13Z","dateModified":"2019-02-19T23:00:19Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/1b/Alfredo_Vicenti.png","headline":"xornalista espau00f1ol"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":152,"wgHostname":"mw1270"););