Antonio María de Castro e Neira Índice Traxectoria | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne
Escritores de Galicia en lingua galegaEscritores de Galicia en lingua casteláSacerdotes católicos de GaliciaNados en MondoñedoNados en 1771Finados en 1826Escritores de Galicia coa obra no dominio público
Mondoñedo6 de outubro177110 de outubro1826MondoñedoSantiago de Compostela1810párrocoSan Pedro de ArgomosolatínvilancicosNadalcatedral de MondoñedoCarballo CaleroXosé María Álvarez BlázquezLisboaCoimbra
Antonio María de Castro e Neira
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
| Antonio María de Castro e Neira | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de outubro de 1771 |
| Mondoñedo | |
| Falecemento | 10 de outubro de 1826 |
| Mondoñedo | |
| Nacionalidade | España |
| Alma máter | Seminario de Mondoñedo |
| Ocupación | sacerdote e escritor |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio María de Castro e Neira, nado en Mondoñedo o 6 de outubro de 1771 e finado na mesma cidade o 10 de outubro de 1826[1], foi un relixioso e escritor galego.
Índice
1 Traxectoria
2 Notas
3 Véxase tamén
3.1 Bibliografía
Traxectoria |
Estudou nos seminarios de Mondoñedo e Santiago de Compostela e en 1810 foi nomeado párroco de San Pedro de Argomoso.
Da súa produción literaria en latín destaca a Oda a la muerte de Luís XVI e Phisica Tentamina (1798). En castelán escribiu En elogio de don Andrés Gacio[2], amais de moitos poemas escritos para ser cantados nas festividades relixiosas[3].
Consérvanse del varios vilancicos en galego e atribúenselle outros anónimos que seguen a tradición das composicións galegas do Nadal compostelán. Estes vilancicos foron cantados na catedral de Mondoñedo (consérvanse os manuscritos no arquivo catedralicio) con música do mestre de capela don Xosé Pacheco[4]. O máis coñecido titúlase Noite boa e foi publicado varias veces. Alén de Noite boa (Brinquen todos de alegría), escribiu unha Alborada (Sudando desde Argomoso), unha Tonadilla (Ende Seivane) e varios Vilancicos (Alegrádevos, pastores, Vinde axiña, compañeiros; Albricia, que nesta noite).
A maioría das composicións están escritas para se cantar por un solista (un galego ou rústico) e coro. A Alborada é unha introdución á muiñeira escrita en coplas populares. As demais son romances. A máis bonita para Carballo Calero (Noite boa) remata así
non quer manxares o neno;
quer corazóns humildados,
quer un amor verdadeiro[5]
Segundo Xosé María Álvarez Blázquez “a musa de Castro e Neira é sinxela, labrega e pastoril; gusta de lembrar topónimos e traer á escena os pegoreiros polos seus nomes, segundo inxel recurso que exemplifica amplamente a clásica fórmula castelá e que temos ollado agromar nos anónimos de Lisboa e Coimbra. No tocante ás formas, as preferidas do autor son a cuadra popular e o romance, penta e octosílabo. O léxico é xa moito máis puro, máis escolleito e áxil que o dos autores devanceiros” [6]
Notas |
↑ Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 74. ISBN 84-7492-465-0.
↑ Ledo Cabido, Bieito (editor) (2002). Enciclopedia Galega Universal, 5. Editorial Ir Indo. p. 75. ISBN 84-7680-293-5.
↑ Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 132-133. ISBN 84-8288-019-5.
↑ Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 46-47. ISBN 84-7154-227-7.
↑ Carballo Calero 1975, p. 47.
↑ Vilavedra 1995, p. 133.
Véxase tamén |
Bibliografía |
"Castro Neira, Antonio María de". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 224.
Categorías:
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Sacerdotes católicos de Galicia
- Nados en Mondoñedo
- Nados en 1771
- Finados en 1826
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.336","walltime":"0.444","ppvisitednodes":"value":3071,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":14070,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":437,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5438,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 418.826 1 -total"," 48.86% 204.641 1 Modelo:Biografía"," 46.44% 194.490 1 Modelo:Infobox"," 32.20% 134.846 26 Modelo:Propiedade"," 22.77% 95.375 1 Modelo:Listaref"," 19.61% 82.146 5 Modelo:Cita_libro"," 15.58% 65.240 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 3.88% 16.265 1 Modelo:Se_é_muller"," 2.30% 9.623 1 Modelo:Cita"," 2.08% 8.698 2 Modelo:Sfn"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.196","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3519470,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1322","timestamp":"20190516235621","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Antonio Maru00eda de Castro e Neira","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Mar%C3%ADa_de_Castro_e_Neira","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q51880108","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q51880108","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2018-04-15T08:10:12Z","dateModified":"2018-07-09T21:29:01Z","headline":"escritor e relixioso galego"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":134,"wgHostname":"mw1329"););