Skip to main content

Antonio Noriega Varela Índice Traxectoria | Obra | Vida persoal | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneGuerra Civil (1936-1939) e Literatura galegaDe Pondal a NovoneyraReal Academia Galega. «Figuras homenaxeadas»O libro dos amigosRamón Otero Pedrayo dando unha conferencia sobre Noriega VarelaFicha do autorMondoñedo. Biografía básica de Noriega VarelaPáxina do autorWorldCat28764729XX104964536536593437103613400463631358013890000 0000 6636 3825n9407804835751792XOL627187Aee

Rosalía de CastroAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoEduardo PondalFrancisco AñónManuel Curros EnríquezFlorentino López CuevillasAntonio Noriega VarelaMarcial ValladaresGonzalo López AbenteValentín Lamas CarvajalManuel Lago GonzálezXoán Vicente ViqueiraXoán Manuel PintosRamón CabanillasAntón Villar PonteAntonio López FerreiroManuel AntonioAfonso X o SabioVicente RiscoLuís Amado CarballoManuel Leiras PulpeiroArmando Cotarelo ValledorAntón Losada DiéguezAquilino Iglesia AlvariñoFrancisca Herrera GarridoRamón Otero PedrayoCelso Emilio FerreiroLuís PimentelÁlvaro CunqueiroFermín Bouza-BreyEduardo Blanco AmorLuís SeoaneRafael DiesteXesús Ferro CouseloÁnxel FoleMartín CodaxJohan de CangasMendinhoRoberto Blanco TorresManuel MurguíaEladio RodríguezMartín SarmientoAntón Avilés de TaramancosXaquín LorenzoLorenzo VarelaManuel Lugrís FreireMaría MariñoXosé María Álvarez BlázquezRamón PiñeiroUxío NovoneyraLois PereiroValentín Paz-AndradeRoberto Vidal BolañoXosé María Díaz CastroXosé Filgueira ValverdeManuel MaríaCarlos CasaresMaría Victoria MorenoAntón FraguasVíctor FreixanesHenrique MonteagudoMarilar AleixandreFina CasalderreyAndrés Torres QueirugaXesús Alonso MonteroRosario Álvarez BlancoXosé Luís AxeitosXosé Ramón BarreiroDarío Xohán CabanaFrancisco Díaz-FierrosFrancisco Fernández ReiAndrés Fernández-Albalat LoisXesús Ferro RuibalXosé Luís Franco GrandeSalvador García-BodañoManuel González GonzálezBernardino GrañaMargarita Ledo AndiónRamón LorenzoChus PatoLuz Pozo GarzaXosé Luís RegueiraManuel RivasAna RomaníEuloxio R. RuibalPegerto SaavedraAntón SantamarinaRamón Villares


Escritores en lingua galegaEscritores de GaliciaPoetas de GaliciaDía das Letras GalegasMembros de número da Real Academia GalegaNados en MondoñedoNados en 1869Finados en 1947Membros do Seminario de Estudos Galegos


Mondoñedo19 de outubro1869Viveiro27 de marzo1947galegoseminario de MondoñedoManuel Leiras Pulpeiro1895Manuel MurguíaEduardo PondalAndrés Martínez Salazar1901FozAntón Villar Pontemovemento agrarioBasilio ÁlvarezCamilo José CelaCalvos de RandínProvincia de Ourensefronteira portuguesaTrasalbaOurenseRamón Otero PedrayoGrupo Nósliteratura portuguesaréxime franquistaReal Academia Galega19391947Viveiro19041920194619131928Xosé María Díaz CastroXosé Crecente VegaAquilino Iglesia AlvariñoUxío NovoneyraXeración de entre dous séculosRamón CabanillasDía das Letras Galegas1969Foz1902










1000 12/16



Antonio Noriega Varela




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


















Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela 1919.jpg
Antonio Noriega Varela, retrato en Vida Gallega, 1919.

Nacemento1869
 Mondoñedo
Falecemento1947
 Viveiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, xornalista e escritor
XénerosPoesía
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1969.
[ editar datos en Wikidata ]

Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869[1]. e finado en Viveiro o 27 de marzo de 1947, foi un xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Obra


  • 3 Vida persoal


  • 4 Notas


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Bibliografía


    • 5.2 Ligazóns externas





Traxectoria |




Seminario de Mondoñedo, onde estudou.


Estudou no seminario de Mondoñedo, onde trabou amizade con Manuel Leiras Pulpeiro. En 1895, cunha composición de carácter costumista, resultou vencedor dun certame poético realizado na súa cidade natal, onde estaban de xurado, entre outros, Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Andrés Martínez Salazar.


En 1901 ocupou o posto de mestre de escola en Foz, onde coñeceu a Antón Villar Ponte e entrou en contacto co movemento agrario que abandeiraba Basilio Álvarez. Neste intre foi cando Noriega comezou a escribir poemas cívicos alentando á loita agraria e formou parte do periódico local ¡Guau... Guau!, no cal estaban Villar Ponte e Camilo Cela, pai de Camilo José Cela. Por estas actividades foi trasladado forzosamente a Calvos de Randín, no extremo sur da Provincia de Ourense, preto da fronteira portuguesa.


Tres anos despois logrou o seu traslado á escola de Trasalba, preto da cidade de Ourense, onde fixo amizade con Ramón Otero Pedrayo e os demais integrantes do Grupo Nós. Grazas ás lecturas na extensa biblioteca do pazo de Trasalba, propiedade de Otero Pedrayo, Noriega Varela coñeceu en profundidade a literatura portuguesa, que deixaría unha gran pegada na súa obra.


Colaborou en O Gaiteiro de Lugo e Vallibria.


Co tempo, Noriega foise afastando das directrices culturais e políticas do movemento agrario, chegando a apoiar ao réxime franquista:


(...) gracias a Dios, eres hombre de Cristo, y llevas mi sangre, que no es sangre de judíos, ni de rojos, ni de perros moscovitas y masones. (...) sigue, te aconsejo, siempre, siempre, en Falanje. (...)
Carta de Antonio Noriega Varela a Antonio Noriega Almansa (24/4/1939).[2]


Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939. Morreu en 1947 en Viveiro, onde pasou os derradeiros anos da súa vida.



Obra |




Noriega Varela, relevo en Viveiro.


Á parte da época de escritor na revista ¡Guau... Guau!, Noriega Varela é autor dun único libro, Montañesas (1904), que a partir da 3ª edición cambia o seu título polo de Do ermo (1920), que viu a súa edición definitiva en 1946 (Imprenta La Voz de la Verdad). Neste libro hai tres tendencias fundamentais:



  • O Costumismo: as circunstancias da vida dos labregos, na liña do XIX.

  • O lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da natureza. Estes poemas caracterízanse pola ausencia de anécdota, neles atópanse sós o poeta e a natureza; Noriega identificábase coa soidade do ermo e denominábaa como unha actitude de tenrura polas cousas máis humildes da paisaxe de montaña.

  • Poemas "franciscanos", a súa achega máis orixinal, onde o eu do poeta aparece só, mergullado no medio da paisaxe na procura da estética do máis sinxelo da natureza. Poemas a un penedo, ao orballo, á flor do toxo... Formalmente estes poemas imitan a poesía popular; a lingua usada é tamén a do pobo chan.


  • Sonetos franciscanos, que inciden na temática anterior pero enmarcándoa dentro do molde métrico do soneto e engadíndolle pinceladas de influencia lusa. A lingua é, tamén, máis culta e elevada, coa introdución de cultismos de orixe portuguesa. O poema "Toda humilde beleza" é quizais o máis representativo desta tendencia.

  • Algúns exemplos de poesía social de corte agrarista e anticaciquil, finalmente repudiados polo propio autor

Tamén publicou unha recompilación de cantigas populares en honra da Virxe María: A Virxe e a paisanaxe (1913) e unha colección de refráns e cantares populares: Como falan os brañegos (1928).


Antonio Noriega Varela comezou o vieiro dunha poesía, denominada franciscano, neovirxiliana ou humanista paisaxista, que ha de ter posteriores imitadores coma Xosé María Díaz Castro, Xosé Crecente Vega, Aquilino Iglesia Alvariño e, máis no presente, mesmo Uxío Novoneyra.




Placa adicada a Antonio Noriega Varela no parque homónimo en Viveiro.


Pertenceu á Xeración de entre dous séculos xunto con Ramón Cabanillas entre outros.[3]


Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1969.[4]



As floriñas dos toxos

Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!


Eu venero as floriñas dos toxos.


Dos toxales as tenues floriñas,


que sorrín, a medo, entre espiñas.


Entre espiñas que o ceo agasalla


con diamantes as noites que orballa.


Oh, do ermo prezado tesouro:


as floriñas dos toxos son d'ouro!


De ouro vello son, mai, as floriñas


dos bravos toxales, das devocións miñas!
Antonio Noriega Varela: Do ermo



Vida persoal |


Casou en Foz con Ramona Bello Maiña en 1902, con quen tivo seis fillos.



Notas |




  1. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5. 


  2. Xesús Alonso Montero; Miro Villar, eds. (2006). Guerra Civil (1936-1939) e Literatura galega. CCG. p. 134. 


  3. Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 31–38. ISBN 84-7507-139-2. 


  4. Real Academia Galega. «Figuras homenaxeadas»



Véxase tamén |





Bibliografía |




  • Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 522–548. ISBN 84-7154-227-7. 


  • Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 479-480. 


  • Diéguez, Tito (2003). Noriega Varela, cantor da montaña (1869-1947). Lugo: El Progreso.


  • Fernández del Riego, Francisco (ed.) (1991). Poesía de Antonio Noriega Varela. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.


  • Freixeiro Mato, X. R. (1992). A cara oculta de Noriega Varela. Biografía e textos esquecidos. Santiago de Compostela: Laiovento.


  • Freixeiro Mato, X. R. (1993). Da montaña ao corazón: produción literaria e lingua en Noriega Varela. A Coruña: Fundación Caixa Galicia.


  • Freixeiro Mato, X. R. (1994). Antonio Noriega Varela: estudio e edición da obra completa. Deputación Provincial de Lugo.


  • González Reigosa, Carlos (2005). "Noriega Varela, Antón". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 


  • Iglesia Alvariño, Aquilino (ed.) (1969). Noriega Varela, poeta da montaña. Vigo: Editorial Galaxia.


  • Otero Pedrayo, Ramón (1953). O libro dos amigos. Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires. 


  • Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 406-408. ISBN 84-8288-019-5. 


  • VVAA (2010-2011). "Noriega Varela, Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. p. 23-24. 



Gravacións de son externas

Ramón Otero Pedrayo dando unha conferencia sobre Noriega Varela


Ligazóns externas |



  • Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega

  • Mondoñedo. Biografía básica de Noriega Varela


  • Páxina do autor en Praza das Letras, Consellería de Cultura e Turismo.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Noriega_Varela&oldid=5121760"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.836","walltime":"1.114","ppvisitednodes":"value":4048,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":66441,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2835,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":11,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4020,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":12,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 938.880 1 -total"," 40.79% 382.993 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 29.25% 274.651 2 Modelo:Infobox"," 27.82% 261.193 1 Modelo:Escritor"," 22.15% 207.937 26 Modelo:Propiedade"," 9.90% 92.943 8 Modelo:Cita_libro"," 8.40% 78.870 1 Modelo:Listaref"," 5.68% 53.369 1 Modelo:Sen_notas"," 5.38% 50.517 1 Modelo:Ambox"," 3.67% 34.447 1 Modelo:Multimedia_externa"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.501","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5785449,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1303","timestamp":"20190518112711","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Antonio Noriega Varela","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Noriega_Varela","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q2758970","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q2758970","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-07-19T22:33:18Z","dateModified":"2019-04-15T19:34:45Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f4/Antonio_Noriega_Varela_1919.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":138,"wgHostname":"mw1271"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos