Sakura Haruno Índice Creación e concepción | Personalidade | Historia | Habilidades | Notas | Menú de navegación"THEM Anime Reviews 4.0 - Naruto"o orixinal"Franchise Player: Naruto""IGN: ¡Formación: La Recuperación de Sasuke!""Naruto: Xoguetes e xogos de Sakura""Naruto: Chaveiro con forma de Sakura""Naruto: Chaveiro con forma de Sakura (Naruto: Shippūden)"1545-7818ech0035925ID145
Personaxes de Naruto
mangaanimeMasashi KishimotokunoichiAldea Oculta de KonohaNaruto UzumakiSasuke UchihaKakashi HatakeSaiNaruto: ShippūdenvideoxogosMasashi KishimotokunoichikaratecaSasuke UchihaAldea Oculta de Konohaprimeira partesegunda parteNarutoninjaSasukeTsunadesegunda parteSasoriAkatsukiChiyoOrochimaruYamatoSaiPainKonanAldea Oculta de KonohaKatsuyuHinataNejiTentenRaikageTsunadeninja médico
Sakura Haruno
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Naruto | |
| Nome real | Haruno Sakura |
| Idade | 12/13 |
| Altura | 148,5 cm-150,1 cm |
| Peso | 35,4 kg-35,9 kg |
| Ocupación | Gennin |
| Aldea | Aldea Oculta de Konoha |
| País | País do Lume |
| Mestre | Kakashi Hatake |
| Equipo | Equipo 7 |
| Relevancia | Personaxe principal |
| Seiyū | |
Naruto: Shippūden | |
| Nome real | Sakura Haruno |
| Idade | 15[2] |
| Altura | 161 cm[2] |
| Peso | 45,4 kg[2] |
| Ocupación | Chūnin |
| Aldea | Aldea Oculta da Folla |
| País | País do Lume |
| Mestre | Kakashi Hatake, Tsunade |
| Equipo | Equipo 7 |
| Relevancia | Personaxe principal |
| Seiyū | |
Jutsu | |
Jutsus | |
Estatísticas | |
Estatísticas Exame chūnin Fin da primeira parte Segunda parte | |
Sakura Haruno (春野サクラ, Haruno Sakura?) é unha personaxe do manga e anime Naruto, creado polo mangaka Masashi Kishimoto. O seu nome traducido ó galego sería «botón de cereixeira» (サクラ?, Sakura) e «campo de primavera» (春野?, Haruno). Kishimoto comentou que tivera dificultades no debuxo de certas partes do aspecto desta personaxe, principalmente pola súa gran fronte.[3][4]
Tanto no manga coma no anime, Sakura é unha kunoichi da Aldea Oculta de Konoha e forma parte do «Equipo 7», composto por Naruto Uzumaki, Sasuke Uchiha e o seu líder e sensei, Kakashi Hatake; aínda que logo Sasuke abandona o equipo e foi substituído por Sai. Inicialmente, Sakura ten un gran entusiasmo cara Sasuke, louvándoo a cada intre, pero un desprezo cualificativo cara Naruto. Porén, co transcurso da serie, medra máis a súa aceptación e aprecio cara Naruto, pois en Naruto: Shippūden comeza a desenvolver un vínculo máis estreito cara el, xa que ambos comparten o obxectivo de traer a Sasuke de volta ó seu equipo.
Ó ser unha das personaxes principais, Sakura aparece na maioría dos filmes da serie así como noutros medios relacionados coa franquía, entre eles videoxogos e animacións orixinais. Ademais, numerosas publicacións de manga e anime eloxiaron e criticaron a personaxe. Inicialmente observárase unha personaxe dun manga shōnen que serviu como interese amoroso do protagonista.[5][6] A pesar de que a aparición desta personaxe non avanzara moito na serie, logrou acadar os primeiros postos en varias enquisas.[7] Asemade, lanzáronse no mercado múltiples accesorios en semellanza a Sakura, incluíndo bonecas de felpa e chaveiros.[8][9][10]
Índice
1 Creación e concepción
2 Personalidade
3 Historia
3.1 Primeira parte
3.2 Segunda parte
4 Habilidades
4.1 Misións feitas
5 Notas
Creación e concepción |
Aínda que Sakura é a personaxe feminina máis recorrente en Naruto, orixinalmente Masashi Kishimoto non a creou para que fose «unha heroína». A creación de Sakura foi o resultado do desexo de Kishimoto por facer unha personaxe un pouco irritable,[3] e a pesar destes elementos, o mangaka considerase a si mesmo afeccionado a Sakura, xa que a súa personalidade é común entre tódalas persoas, dándolle así un senso máis realista á personaxe.[11] Asemade, cando se lle preguntou ó autor nunha entrevista sobre se Sakura tiña un pasado que non fora revelado, este explicou que sempre pensou nela como unha «rapaza normal».[12]
No deseño de Sakura, Kishimoto centrouse na súa silueta e creou un vestiario tan sinxelo como lle foi posible. O igual que a súa falta de experiencia no debuxo de heroínas, Kishimoto carecía da experiencia necesaria para facer a Sakura «bela», sendo a característica física máis coñecida de Sakura a súa ampla fronte. Por tal motivo, Kishimoto ás veces céntrase na preparación de escenas de arte onde destaque a kunoichi.[4] No deseño da aparencia da personaxe en Naruto: Shippūden, Kishimoto decidiu trocar a súa roupa para que fose un exemplo máis vivo do estilo karateca. Porén, semellante ó deseño anterior, co fin de conseguir darlle unha aparencia máis feminina.[2]
Personalidade |
Ó comezo da serie, Sakura ten un profundo entusiasmo por Sasuke Uchiha, principalmente na súa boa planta, «actitude fresca» e o seu prodixioso talento. Debido a isto, nas súas primeiras aparicións, Sakura adícase a intentar gañar o afecto deste.[13] Namentres avanza a historia e comeza a pasar máis tempo con Sasuke como compañeiro de equipo, Sakura desenvolve unha preocupación de que algún día el abandonaría a Aldea Oculta de Konoha en busca de poder.[14] Cando o seu temor se fai realidade ó final da primeira parte, Sakura fai todo o que pode para deter a saída de Sasuke, pero foi imposible. Dende entón, Sakura fai o seu obxectivo principal poder atopar a Sasuke, o cal convértese nun elemento recorrente no seu papel na segunda parte.[15] Aínda que se preocupa polo seu benestar,[16] e non permite que outros o insulten,[17] Sakura está disposta a atacar a Sasuke se este non quere regresar a Konoha.[18]
A relación de Sakura con Naruto, ó igual que con Sasuke, vai cambiando no transcurso da serie. A primeira vez que estiveron xuntos, a kunoichi opinaba que Naruto «era un idiota que deliberadamente trataba de arruinarlle a vida».[13] Naruto amosa o seu valor como ninja, así como a súa adicación polos seus compañeiros de equipo e Sakura decátase que a súa percepción inicial estaba errada.[19] Por outra parte, en Sakura reside un «Inner Sakua», unha manifestación das súas verdadeiras emocións. Ademais de alivio cómico, Inner Sakura representa a verdadeira opinión sobre as cousas.[13] A aparencia desta manifestación acostuma ser marcada por un sinal de exclamación de «Shānnarō» (しゃーんなろー?).
Historia |
Primeira parte |
Sakura acompaña ó resto do «Equipo 7» durante a totalidade das súas primeiras misións.[1] Aínda que fai pouco para contribuír nas loitas que teñen lugar, colocándose á marxe en todas elas e permitindo que o resto do seu equipo a protexa e derroten ós seus inimigos. Durante os «Exames Chūnin,» cando o resto dos seus compañeiros quedan feridos, Sakura decátase de que depende dos outros para poder loitar.[20] Así pois, decide mellorar as súas habilidades ninja para poder protexer ós seus amigos,[21] e no resto da serie toma un papel máis activo nas batallas do seu equipo. Porén, despois da fuxida de Sasuke de Konoha, Naruto vai tras del para traelo de volta, e debido ás poucas capacidades de Sakura para poder axudar, faise estudante de Tsunade.[15]
Segunda parte |
Sakura toma un papel máis activo na segunda parte, como se ve na batalla contra Sasori, un dos membros máis poderosos da Akatsuki, e coa axuda de Chiyo logra saír vitoriosa.[22] Como resultado disto, Sasori revélalle que ten un espía vixiando a Orochimaru, e que ía atoparse con este na Ponte do Ceo e a Terra, podendo saber por medio disto a localización de Sasuke.[23] Naruto, Sakura, e os novos membros do «Equipo 7» —Yamato e Sai— empregan esta pista para buscar a Sasuke, pero unha vez máis non son quen de impedir que fuxa.[24] Posteriormente, cando Pain e Konan invaden a Aldea Oculta de Konoha,[25] Pain atópase con Tsunade, e este emprega unha poderosa técnica que destrúe case toda Konoha dunha explosión, «Shinra Tensei». Sakura logra salvarse grazas a miles de Katsuyu que Tsunade invocara para curar e protexer ós aldeáns.[26] Máis tarde, decátase de que Hinata, que intentara salvar a Naruto, queda ferida.[27]Neji e Tenten logran rescatar a Hinata, e Sakura comeza a curala.[28] Posteriormente, Sakura xunto a Sai decide ir a buscar a Naruto, quen á súa vez fora falar co Raikage para que retirara a Sasuke do «Libro Bingo».[29] Ó chegar ata onde se atopaba Naruto, decláralle o seu amor —parte do plan para impedir que Naruto avanzara e se dirixise cara Sasuke— pero este non llo cre e di que se engana a si mesma. Así, non ten máis remedio que enganar a Naruto dicíndolle que volvía á aldea cando en realidade ía a por Sasuke. Despois de atopar a Sasuke, a kunoichi intenta asasinalo, pero non o consegue e Kakashi aparece no seu rescate. Despois dun curto enfrontamento entre Naruto e Sasuke, ambos equipos regresan ás súas respectivas aldeas.[30]
Habilidades |
Tanto no manga como no anime, Sakura ten un gran control do chakra.
Durante a primeira parte, as habilidades de Sakura son case nulas, a pesar de que ten un amplo control do seu chakra,[31] como se demostra durante as poucas batallas nas que participa.[32] Porén, non é ata a segunda parte na que aprende a empregar esta capacidade ó seu favor.
Despois do seu adestramento con Tsunade durante dous anos e medio, Sakura adquire dúas habilidades que dependen directamente dun control de chakra preciso. A primeira e máis común destas dúas é a súa habilidade para curar as feridas, dándolle o rango no seu equipo de ninja médico e debido á velocidade para curar a outros, Sakura é unha dos máis talentosos ninjas médicos.[33] Asemade, ó ser unha ninja médico, o seu equipo non pode deixar que se enfronte nas batallas, posto que se sae ferida, o seu equipo corre o risco de morrer.[34] Por outra banda, a segunda habilidade é a súa forza sobrehumana.[35]
Misións feitas |
Durante o transcurso da historia Sakura fixo as seguintes misións, co resto do Equipo 7:[2]
- Misións D: 7
- Misións C: 1
- Misións B: 2
- Misións A: 6
- Misións S: 0
Notas |
↑ 1,01,11,2 Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) (17 de outubro de 2002). "宿敵!?サスケとサクラ". Naruto. Episodio 3. TV Tokyo.
↑ 2,02,12,22,32,4 Kishimoto, Masashi (2008). Hiden: Sha no Sho - Character Oficial Databook. Japón: Shūeisha. ISBN 978-4-08-874247-2.
↑ 3,03,1 Kishimoto, Masashi (2007). Uzumaki: the Art of Naruto. Viz Media. p. 140. ISBN 1-4215-1407-9.
↑ 4,04,1 Kishimoto, Masashi (2007). Uzumaki: the Art of Naruto. Viz Media. p. 122. ISBN 1-4215-1407-9.
↑ Ross, Christina. "THEM Anime Reviews 4.0 - Naruto" (en inglés). T.H.E.M. Anime Reviews. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
↑ Dodson, Joe (13 de outubro de 2007). "Franchise Player: Naruto" (en inglés). GameSpot. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
↑ White, Charles (27 de outubro de 2007). "IGN: ¡Formación: La Recuperación de Sasuke!". IGN. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
↑ "Naruto: Xoguetes e xogos de Sakura" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
↑ "Naruto: Chaveiro con forma de Sakura" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
↑ "Naruto: Chaveiro con forma de Sakura (Naruto: Shippūden)" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
↑ Kishimoto, Masashi (2000). Naruto, volume 3. Shūeisha. p. 146. ISBN 4-08-872898-X.
↑ Shonen Jump, (VIZ Media) 7 (11): 11. novembro de 2009. ISSN 1545-7818. Falta o|title=(Axuda)
↑ 13,013,113,2 Kishimoto, Masashi (2003). "Capítulo 3". Naruto 1. Shūeisha. ISBN 9781421587325.
↑ Kishimoto, Masashi (2003). "178". Naruto 20. Shūeisha. pp. 142–143. ISBN 9781421516554.
↑ 15,015,1 Kishimoto, Masashi (2003). "Capítulo 236". Naruto, volume 17. Shūeisha. ISBN 4-08-873420-3.
↑ Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 311". Naruto, volume 35. Shūeisha. ISBN 4-08-874273-7.
↑ Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 286". Naruto, volumen 32. Shūeisha. ISBN 4-08-874039-4.
↑ Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 308". Naruto, volume 34. Shūeisha. ISBN 4-08-874138-2.
↑ Kishimoto, Masashi (2002). "Capítulo 105". Naruto, volume 12. Shūeisha. pp. 109–110. ISBN 4-08-873259-6.
↑ Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) (7 de maio de 2003). "サクラ咲く!決意の後ろ姿". Naruto. Episodio 32. TV Tokyo.
↑ Kishimoto, Masashi (2001). "Capítulo 54". Naruto, volume 6. Shūeisha. pp. 168–170. ISBN 4-08-873089-5.
↑ Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) (30 de agosto de 2007). "叶わぬ夢". Naruto: Shippūden. Episodio 27. TV Tokyo.
↑ Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 275". Naruto, volume 31. Shūeisha. ISBN 4-08-874002-5.
↑ Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 309". Naruto, volume 34. Shūeisha. ISBN 4-08-874138-2.
↑ Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 419". Naruto, volume 45. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874627-2.
↑ Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 430". Naruto, volume 46. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874663-0.
↑ Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 438". Naruto, volume 47. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874711-8.
↑ Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 442". Naruto, volume 47. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874711-8.
↑ Kishimoto, Masashi (2010). "Capítulo 459". Naruto, volume 49. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874784-2.
↑ Kishimoto, Masashi (2010). "Capítulo 488". Naruto, volume 52. Shūeisha. ISBN 978-4-08-870084-7.
↑ Kishimoto, Masashi (2000). "Capítulo 18". Naruto, volume 3. Shūeisha. pp. 16—17. ISBN 4-08-872898-X.
↑ Kishimoto, Masashi (2001). "Capítulo 90". Naruto, volume 10. Shūeisha. p. 162. ISBN 4-08-873197-2.
↑ Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 271". Naruto, volume 30. Shūeisha. ISBN 4-08-873881-0.
↑ Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 270". Naruto, volume 30. Shūeisha. ISBN 4-08-873881-0.
↑ Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 265". Naruto, volume 30. Shūeisha. ISBN 4-08-873881-0.
| ||||||||||||||||||||||||||
|
Categoría:
- Personaxes de Naruto
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.564","walltime":"0.722","ppvisitednodes":"value":2633,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":75394,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4317,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":39312,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 626.198 1 -total"," 40.57% 254.023 1 Modelo:Listaref"," 35.09% 219.734 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.66% 116.877 25 Modelo:Cita_libro"," 7.67% 48.047 3 Modelo:Cita_episodio"," 6.39% 40.024 6 Modelo:Cita_web"," 5.39% 33.752 1 Modelo:Ficción"," 5.33% 33.403 2 Modelo:Animanga_personaxe_naruto"," 4.89% 30.626 1 Modelo:Ambox"," 3.20% 20.020 1 Modelo:Naruto"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.323","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3851806,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1323","timestamp":"20190507073024","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Sakura Haruno","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Sakura_Haruno","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q203240","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q203240","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2011-07-10T14:04:27Z","dateModified":"2018-08-27T16:08:18Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/47/Sakura_Stats.svg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":855,"wgHostname":"mw1323"););