Rangers F.C. Índice Historia | Xogadores | Adestradors | Xogadores famosos | Palmarés | Véxase tamén | Menú de navegaciónPáxina webPáxina oficial do clubWorldCat2472525052363450ID4217622-0n80036906
Rangers FC
fútbolGlasgowEscociaQueens Park Rangers2012Reino Unido14 de xuño1872CelticEscociaSir Alex FergusonautobiografíaNacho NovoOld FirmIbrox StadiumUEFACeltic ParkHampden ParkSeleción Escocesa de FútbolRecopa1972Dínamo de MoscovaCamp NouprotestantesWillie ThorntonTommy McLeanIan DurrantGraeme Murty
Rangers F.C.
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Rangers | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Rangers Football Club | |||
Alcume(s) | The Gers; The Teddy Bears; The Light Blues | |||
Fundación | Febreiro, 1872 | |||
Estadio | Ibrox Stadium, Glasgow, Escocia | |||
Inauguración | 1899 | |||
Capacidade | 50.817 | |||
Propietario | Rangers International Football Club Plc | |||
Presidente | Dave King | |||
Adestrador | Steven Gerrard | |||
Liga | Scottish Premiership | |||
2018–19 | 2º | |||
Vestimenta | Hummel | |||
Patrocinador | 32Red | |||
Páxina web | Páxina web | |||
| ||||
O Rangers Football Club é un club de fútbol da localidade de Glasgow (Escocia) que adoita ser chamado Glasgow Rangers inda que oficialmente ese nome non o posúa ningún equipo de fútbol. Este costume de darlle esta denominación a puxeron ben de moda os comentaristas ingleses dos partidos de fútbol que falaban do Glasgow Rangers pra tentar face-la diferenciación con respecto ó Queens Park Rangers londinense. Tamén ten denominacións alternativas coma os alcumes "The Gers" que non deixaría de se-la abreviación de The Rangers, "Light Blues" pola cor da súa camisola e "The Teddy Bears" pola rima que isto fai con Rangers.
En 2012 o Rangers F.C. entrou nunha profunda crise financeira debido a problemas coa administración de impostos do Reino Unido, polo que o 14 de xuño do mesmo ano, tras non poderse solucionar a dura situación económica do club, o equipo desapareceu, véndose obrigado a refundarse na Terceira División escocesa.
Índice
1 Historia
2 Xogadores
3 Adestradors
4 Xogadores famosos
5 Palmarés
5.1 Torneos nacionais
5.2 Torneos internacionais
6 Véxase tamén
6.1 Páxina oficial
Historia |
Club nado no 1872 e que foi o primeiro do mundo en acadar 54 títulos do se campionato nacional de liga e tamén o que pode fachendear de se-lo pioneiro en sumar 100 títulos oficiais (ó remate da tempada 2012-13 xa acumulaba 115).
É moi sonada a grande rivalidade que o Rangers ten co Celtic. É o derbi por excelencia de Escocia e pode que do mundo posto que o mesmo Sir Alex Ferguson fala na súa autobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. E tamén boa conta disto pode dala o futbolista ferrolán do Rangers Nacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ambolos dous clubs se fala do Old Firm.
O primeiro equipamento do equipo é o de camisola cor azul, pantalonciño cor branca e medias azuis. En canto ó segundo equipamento hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era con camisola branca cunha franxa vermella cruzando verticalmente o peito dende o pescozo, pantalonciño azul e medias brancas.
O estadio que acolle os seus encontros coma locais é o de Ibrox Stadium cunha capacidade pra 50.987 persoas sendo tódalas bancadas de sentar. Ademais este estadio é un cinco estrelas segundo criterios UEFA e é o terceiro en capacidade de público de Escocia tan só por detrás, e nesta orde, do Celtic Park e do Hampden Park onde xoga a Seleción Escocesa de Fútbol tódolos seus encontros oficiais coma local a non ser que haxa algún problemiña.
O maior fito da historia do Rangers de seguro que foi a consecución da xa extinta Recopa no ano 1972 tras derrotar ó Dínamo de Moscova no Camp Nou por 3-2.
O equipo do Rangers tamén é coñecido por se-lo conxunto dos protestantes de Escocia. E ós seus seareiros se lles coñece coma "Bears" e "Bluenoses".
Xogadores |
Actualizado 13 de xuño de 2018
|
|
Adestradors |
Nome | Nacionalidade | Período | Liga | Copa | Copa da Liga | UEFA | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Wilton, WilliamWilliam Wilton | Escocia | 1899-1921 | 8 | 1 | — | — | 9 |
Struth, BillBill Struth | Escocia | 1921-1954 | 18 | 10 | 2 | — | 30 |
Symon, ScotScot Symon | Escocia | 1954-1967 | 6 | 5 | 4 | — | 15 |
White, DavidDavid White | Escocia | 1967-1969 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Waddell, WilliamWilliam Waddell | Escocia | 1969-1972 | 0 | 0 | 1 | 1 | 2 |
Wallace, JockJock Wallace | Escocia | 1972-1978 | 3 | 3 | 2 | 0 | 8 |
Greig, JohnJohn Greig | Escocia | 1978-1983 | 0 | 2 | 2 | 0 | 4 |
Wallace, JockJock Wallace | Escocia | 1983-1986 | 0 | 0 | 2 | 0 | 2 |
Souness, GraemeGraeme Souness | Escocia | 1986-1991 | 3 | 0 | 4 | 0 | 7 |
Smith, WalterWalter Smith | Escocia | 1991-1998 | 7 | 3 | 3 | 0 | 13 |
Advocaat, DickDick Advocaat | Países Baixos | 1998-2001 | 2 | 2 | 1 | 0 | 5 |
McLeish, AlexAlex McLeish | Escocia | 2001-2006 | 2 | 2 | 3 | 0 | 7 |
Le Guen, PaulPaul Le Guen | Francia | 2006-2007 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Smith, WalterWalter Smith | Escocia | 2007-2011 | 3 | 2 | 3 | 0 | 8 |
McCoist, AllyAlly McCoist | Escocia | 2011-2014 | 2 | 0 | 0 | 0 | 2 |
Warburton, MarkMark Warburton | Inglaterra | 2015-2017 | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 |
Caixinha, PedroPedro Caixinha | Portugal | 2017 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Murty, GraemeGraeme Murty | Escocia | 2017-2018 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Gerrard, StevenSteven Gerrard | Inglaterra | 2018-presente | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Os adestradores intermedios foron Willie Thornton (2 partidos en 1969), Tommy McLean (4 partidos en 1983), Ian Durrant (1 partidos en 2007) e Graeme Murty (6 partidos en 2017).
Xogadores famosos |
- Categoría principal: Xogadores do Rangers FC.
Jim Baxter (1960–1965, 1969–1970)
Sandy Jardine (1967–1982)
Derek Johnstone (1970–1982)
Ally McCoist (1983–1998)
Terry Butcher (1986–1990)
Graeme Souness (1986–1991)
Richard Gough (1987–1997)
Andy Goram (1991–1998)
Brian Laudrup (1994–1998)
Paul Gascoigne (1995–1998)
Rino Gattuso (1997–1998)
Lorenzo Amoruso (1997–2003)
Barry Ferguson (1997–2003, 2005–2009)
Giovanni van Bronckhorst (1998–2001)
Andrei Kanchelskis (1998–2000, 2001–2002)
Stefan Klos (1999–2007)
Claudio Reyna (1999–2001)
Tore André Flo (2000–2002)
Ronald de Boer (2000–2004)
Claudio Cannigia (2001–2003)
Frank de Boer (2004)
Dado Prso (2004–2007)
Nacho Novo (2004–2010)
Palmarés |
Torneos nacionais |
Liga escocesa (54): 1891, 1899, 1900, 1901, 1902, 1911, 1912, 1913, 1918, 1920, 1921, 1923, 1924, 1925, 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1933, 1934, 1935, 1937, 1939, 1947, 1949, 1950, 1953, 1956, 1957, 1959, 1961, 1963, 1964, 1975, 1976, 1978, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2000, 2003, 2005, 2009, 2010, 2011
Escocia Terceiro División (1): 2013
Escocia Liga Un (1): 2014
Escocia Campionato (1): 2016
Copa de Escocia (33): 1894, 1897, 1898, 1903, 1928, 1930, 1932, 1934, 1935, 1936, 1948, 1949, 1950, 1953, 1960, 1962, 1963, 1964, 1966, 1973, 1976, 1978, 1979, 1981, 1992, 1993, 1996, 1999, 2000, 2002, 2003, 2008, 2009
Copa da Liga de Escocia (27): 1946, 1948, 1960, 1961, 1963, 1964, 1970, 1975, 1977, 1978, 1981, 1983, 1984, 1986, 1987, 1988, 1990, 1992, 1993, 1996, 1998, 2002, 2003, 2005, 2008, 2010, 2011
Liga de Escocia (entreguerras): 1940.
Southern League (entreguerras): 1941, 1942, 1943, 1944, 1945, 1946.
Milk Cup: (Premier) 1984, 1992. (Junior) 1985.
Drybrough Cup: 1979.
Tennents' Sixes: 1984, 1989.
Escocia Desafío Cup: 2016.
Torneos internacionais |
Recopa de Europa de fútbol (1): 1972.
Véxase tamén |
Páxina oficial |
Páxina oficial do club (en inglés)
|
Categoría:
- Rangers FC
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.424","walltime":"0.633","ppvisitednodes":"value":2267,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":61908,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4177,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":6,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 422.674 1 -total"," 59.90% 253.186 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.68% 49.386 1 Modelo:Club_de_fútbol"," 10.12% 42.768 1 Modelo:Infobox"," 8.74% 36.936 1 Modelo:Non_neutral"," 8.55% 36.149 33 Modelo:Fs_player"," 8.15% 34.441 1 Modelo:Ifsubst"," 7.52% 31.773 1 Modelo:Ambox"," 1.99% 8.401 3 Modelo:Football_kit"," 1.59% 6.713 19 Modelo:Sortname"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.170","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3135742,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1290","timestamp":"20190525201830","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Rangers F.C.","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Rangers_F.C.","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q19597","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q19597","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-05-20T19:10:29Z","dateModified":"2019-05-25T20:19:27Z"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":139,"wgHostname":"mw1265"););