Skip to main content

Betanzos Índice Xeografía | Historia | Cultura | Economía | Espazos naturais | Deporte | Política municipal | Cidades irmás | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación43°16′51″N 8°12′40″O / 43.28083, -8.21111www.betanzos.eseINE AtchivoINEIGE"Evolución do uso do galego por concellos""Bosquejo histórico de Betanzos de los Caballeros""Los antiguos hornos y tahonas de Betanzos""Decreto 3850/1970, de 31 de diciembre, por el que se declara conjunto histórico-artístico la ciudad de Betanzos (La Coruña) (BOE-A-1971-32134)"Dicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"Cartografía del IGME: MAGNA 50 - Hoja 45 (BETANZOS)""Instituto Galego de Estatística - IGE""Las fortalezas medievales que jalobanan la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos""Betanzos, Encrucijada de Rutas Jacobeas""Betanzos y su provincia en la época del Emperador Carlos V""El incendio de Betanzos de 1616""Comercio y tráfico marítico en la Galicia del Antiguo régime, 1750-1820"1133-0481"Entre 1770 y 1814 se establecen 14 fábricas de curtidos en la comarca ferrolana"1130-7625"Los hermanos García y Naveira y sus Fundaciones"1130-7625"A Irmandade da Fala de Betanzos 1917-1930"Los fenómenos de homonimia y homofonía en la toponomástica y su repercusión en las etimologías cultistas y populares de la Europa Occidental (Tese Doutoral)"O Misterio do trisquel na relixión celta ancestral, Monoteismo trinitario antecedente do presente cristián.""Os mitos do 800 aniversario: o 800 aniversario da fundación da cidade""Casi un 28% de los edificios del casco histórico de Betanzos está protegido""Turismo de Galicia""Turismo de Betanzos""Turismo: Arquitectura""Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao camiño de Santiago inglés en Galicia. Mapa Betanzos B-2""Camiño Inglés""Escolas infantís de Galicia""Betanzos celebra el centenario de la Casa Núñez y las Escuelas Jesús García Naveira""Quiénes somos""Ensinanzas ofertadas polo centro""Localización e datos de interese""O Centro""As Mariñas""El museo das Mariñas de Betanzos, un ejemplo para la ciudad ensimismada de Ferrol""Fundación CIEC, Centro Internacional de la Estampa Contemporánea""La historia del lúpulo (I)""La historia del lúpulo (II)""El cultivo de lúpulo en Galicia: una riqueza perdida""ZEC Betanzos-Mandeo""ZEC Encoro Abegondo-Cecebre (ES1110004)""Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo""Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo""Os imprescindibles""Resultado Elecciones Municipales en Betanzos 2011"BetanzosPáxina web do Concello de BetanzosAnuario BrigantinoBetanzoseeeWorldCat13206717600097376357279n88201835342634

Igrexa de Santo DomingoIgrexa de San FranciscoIgrexa de Santa María do AzougueIgrexa de SantiagoParque do PasatempoPraza da ConstituciónPraza de Fernán Pérez de Andrade "o Bo"Praza dos Irmáns García NaveiraMuralla de BetanzosPonte VellaAbegondoAmesArangaAresArteixoArzúaA BañaBergondoBetanzosBoimortoBoiroBoqueixónBriónCabana de BergantiñosCabanasCamariñasCambreA CapelaCarballoCariñoCarnotaCarralCedeiraCeeCercedaCerdidoCoirósCorcubiónCoristancoA CoruñaCulleredoCurtisDodroDumbríaFeneFerrolFisterraFradesIrixoaA LarachaLaxeLousameMalpica de BergantiñosMañónMazaricosMelideMesíaMiñoMoecheMonferoMugardosMurosMuxíaNarónNedaNegreiraNoiaOleirosOrdesOrosoOrtigueiraOutesOza-CesurasPadernePadrónO PinoA Pobra do CaramiñalPontecesoPontedeumeAs Pontes de García RodríguezPorto do SonRianxoRibeiraRoisSadaSan SadurniñoSanta CombaSantiago de CompostelaSantisoSobradoAs SomozasTeoToquesTordoiaTouroTrazoVal do DubraValdoviñoVedraVilarmaiorVilasantarVimianzoZas


BetanzosLocalidades do Camiño InglésTopónimos con etimoloxía


provincia da Coruñacomarca de BetanzosIGE2017Afonso IX1219Betanzos O VelloCastro de Untiabaixo medievopescaviñofornosfidalguíasgremiosReino de GaliciaHenrique IV1465século XVIXVIIISan FranciscoAzougueTorre de Lanzósigrexa de Santiagogóticoconxunto histórico-artísticorománicasBrabíoPontellasTiobreArquivo do Reino de Galiciapazo de PiadelaParque do Pasatemporíamarismaríos MendoMandeozona especial de conservaciónBetanzos - MandeoPiadelaEncoro de Abegondo - Cecebrediversidadereserva da biosferaMariñas Coruñesas e Terras do MandeoxentiliciobetanceirobrigantinogareloComarca de Betanzosría de BetanzosBergondoPaderneCoirósOza-CesurasAbegondoN-VILugoa CoruñaN-VISan Pedro das ViñasAC-542Mesón do VentoAC-840MelideA-641FerrolSan Pedro das ViñasA-161DP-0105MontellosLimiñónCortiñánA-6LugoCoruñaAP-9Piadelaencoro de CecebreríaTiobreRequiánBrabíoPiadelaMandeoMendoMeroría de Betanzosrío MeroPiadelaAbegondoserie de Ordeszona de Galicia-Trás-os-MontesNeoproterozoicoPaleozoicoría de BetanzosmarismaHoloceno2017Betanzos, BetanzosPiadelaRequián1900192019501970197019912009197919832011castrexosImperio RomanoBetanzos o VelloSan Martiño de TiobreDiego Xelmírez1219Afonso IXBetanzos O Vellocastro de UntianormandosHorrichOlaf1015mosteiro de San FranciscoCastro de UntiaMosteiro de Sobrado1232Fernando III o SantoSobrado1295ValladolidLugoLeónZamoraAstorgaRibadesellaOviedoSalamancaViveirotributosTuiCompostelaA CoruñaportossalviñoAfonso Xportuguesainglesa1465Henrique IV1467séculos XIVXVgremiosfidalguíasTrastámaraséculo XIVFernán Pérez de Andrade "O Boo"igrexas de Santa MaríaleprososOrdoño II911CisXanrozoRequiánBeldoñaAfonso V1020Limiñón11601168Gran Guerra IrmandiñaAfonso de LanzósJoan Branco1465Henrique IV1467irmandiñoReis Católicosprovincia de BetanzosCoruñaBetanzos15331552corrixidor15691616pazosigrexa de Santa María do Azouguepanadaríasséculo XIIIséculo XVII1734milicias18411809tropas inglesas de cara a Coruña1812constitución española1833división de Galicia en provinciasJavier de Burgos1834provincia de BetanzosCoruñacoiroséculo XVIIIAméricasferrocarrilséculo XXirmáns García Naveiraséculos XIXArxentinaparque do Pasatempo1970Conxunto Histórico-ArtísticoJuan e Jesús18491853Arxentina187018931908sindicatosParque do PasatempoIrmandades da FalaXil Casares1917galeguismoManuel Lugrís Freire1907lingua galegaxogos florais1918festas do San Roque19211922Monforte19221930ditaduraBetanzos "O Vello"Tiobre1219xentilicioetnónimoceltaitinerario de AntoninoCoruñaFeira Franca MedievalCastro de Untiacapital do Gótico de GaliciaXoan García Naveira18931895ArxentinaBrabíoPontellasTiobreSantuario da Nosa Señora dos Remediosséculo XVIJuan de HerreraRequiánPiadelaAngustiasSan Pedro das ViñasAnuario Brigantino1948camiño inglésSantiago de CompostelaSan Martiño de Tiobrepazo do BarralPonte do PorcoMontecelo, PaderneSeñora dos RemediosXanrozoLimiñón, Abegondoviñointerese xeográficoríos MandeoMendoadegaslúpuloséculo XXHijos de RiveraEstrella GaliciaGadisafeira de Betanzosría de BetanzosN-VIA-6Ponte do PedridoPonte da ría de BetanzosFerrolA CoruñaMonforte de LemosríaMandeoMendozonas especiais de conservaciónBetanzos - Mandeomarismasría de BetanzosMandeoMendoesteiroríadiversidadeespeciesríosEncoro de Abegondo - Cecebrerío Meroreservas da biosferaprograma MABUNESCOMariñas Coruñesas e Terras do Mandeorío PelamiosmuíñosatletismokarateciclismofútboltaekwondoGarcía HermanosBetanzoscamiño inglésPórticoigrexa de SantiagoMendoMandeoBetanzosviño da Terra de BetanzosMandeocaneirospazo de PiadelaBrabíoSan Martiño de TiobreMuseo das MariñasBetanzosBrabío (San Martiño)Piadela (Santo Estevo)Pontellas (Santa María)Requián (Santiago)San Pedro das Viñas (San Pedro)Tiobre (San Martiño)










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Betanzos




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 43°16′51″N 8°12′40″O / 43.28083, -8.21111

























Betanzos
Escudo de Betanzos



Vista de Betanzos.jpg


Betanzos Casa do Concello 7.jpgBetanzos Parque do Pasatempo 28.jpg

Betanzos Igrexa Monacal de San Francisco 6.jpg
Vista xeral de Betanzos, Casa consistorial, Parque do Pasatempo e Igrexa de San Francisco.

Situacion Betanzos.PNG
Situación

Xentilicio[1]

betanceiro/betanceira
brigantino/brigantina
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación12.916 hab. (2018)
Área24,2 km²
Densidade533,72 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloBetanzos
Política (2015)
Alcalde
María Barral Varela (PSdeG)
Concelleiros
BNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 7
Outros: Betanzos Novo 2, CxG 1
Eleccións municipais en Betanzos
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes29,96%
Na rede
www.betanzos.es

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).


Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso do pobo de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia.[3] Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño ou dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes.[4] Foi declarada como cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465.[3] Betanzos foi capital de provincia entre o século XVI-XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago, fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada de como conxunto histórico-artístico.[5]


Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; ou conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.


A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.


O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro[6], brigantino[7] ou popularmente garelo.




Índice





  • 1 Xeografía

    • 1.1 Situación

      • 1.1.1 Comunicacións



    • 1.2 Orografía


    • 1.3 Hidrografía


    • 1.4 Xeoloxía


    • 1.5 Demografía

      • 1.5.1 Evolución demográfica




  • 2 Historia

    • 2.1 Do calcolítico ao imperio romano


    • 2.2 Do medievo á idade moderna

      • 2.2.1 O camiño de Santiago


      • 2.2.2 Guerra Irmandiña


      • 2.2.3 Incendios de 1569 e 1616



    • 2.3 Idade moderna e contemporánea

      • 2.3.1 Irmáns García Naveira


      • 2.3.2 Irmandades da Fala




  • 3 Cultura

    • 3.1 Toponimia


    • 3.2 Patrimonio

      • 3.2.1 Patrimonio arqueolóxico


      • 3.2.2 Patrimonio arquitectónico


      • 3.2.3 Patrimonio relixioso


      • 3.2.4 Patrimonio cultural

        • 3.2.4.1 Camiño de Santiago por Betanzos




    • 3.3 Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos

      • 3.3.1 Escolas


      • 3.3.2 Centros sociais, bibliotecas e museos



    • 3.4 Etnografía

      • 3.4.1 Na literatura popular


      • 3.4.2 Festas e celebracións




  • 4 Economía

    • 4.1 Infraestruturas de transporte



  • 5 Espazos naturais

    • 5.1 Espazos naturais protexidos


    • 5.2 Reserva da biosfera


    • 5.3 Espazos interese de local



  • 6 Deporte


  • 7 Política municipal


  • 8 Cidades irmás


  • 9 Galería de imaxes


  • 10 Notas


  • 11 Véxase tamén

    • 11.1 Outros artigos


    • 11.2 Ligazóns externas





Xeografía |



Situación |




Parroquias de Betanzos


O concello de Betanzos ocupa unha extensión de 24,19 km², sendo un dos máis pequenos da provincia. Conta con 7 parroquias. O concello encabeza a Comarca de Betanzos, estando xa no seu norte onde comeza a ría de Betanzos. A ambos lados da ría, polo norte, ten aos concellos de Bergondo (dirección noroeste) e a Paderne, (dirección nordés). Despois, Betanzos linda polo leste con Coirós, ao suroeste e sur con Oza-Cesuras e polo sur e oeste con Abegondo.



Comunicacións |


A N-VI atravesa Betanzos vindo de Lugo cara a Coruña. Esta nacional desvíase como Avenida de Castela xa en Coirós e chega ata Betanzos. A mesma N-VI ten unha saída en San Pedro das Viñas que a conecta con Betanzos polo oeste. Igualmente, ao centro de Betanzos chegan a AC-542, vindo do Mesón do Vento, e a AC-840, vindo de Melide. Ademais a A-641 conecta Betanzos con Ferrol. A Avenida da Coruña conecta o centro de Betanzos coa N-VI ao seu paso xa por San Pedro das Viñas. Outras estradas secundarias que atravesan Betanzos son a A-161, que sae desde San Pedro das Viñas cara a Bergondo, e a DP-0105, que pasa por Montellos vindo desde Limiñón cara a Cortiñán.


A autovía do Noroeste A-6, recorre o concello de leste a oeste conectando Lugo coa Coruña. En boa parte a A-6 enlaza coa AP-9 en Piadela, arredor do encoro de Cecebre.



Orografía |


Betanzos atópase nunha nunha zona de descenso final na nunha ría, a nivel do mar. Así, a vila de Betanzos, que está entre a confluencia dos dous ríos, atópase entre os 22 e 35 metros de altitude. A pendente das abas dos montes arredor destes ríos aumentan en pendente canto máis próximo se está á vila. Con todo, a máxima altitude no concello no supera os 160 metros. En Tiobre, Requián ou Brabío acádanse os puntos máis altos, que están entre os 140 e 160 m. En Piadela, en dirección ao encoro, descende tamén a pendente ata chegar aos 40 metros.



Hidrografía |




Saída do concello cara a Santiago pasando a ponte de Beldoña, que une Guiliade, Piadela con Beldoña.


Está atravesado polos ríos Mandeo, Mendo e Mero. No propio centro de Betanzos xúntanse estes dous ríos Mandeo e Mendo para formar a cabeceira da ría de Betanzos. Un rego, o de Carañas, descende de Tiobre ata o Mandeo, xa preto da confluencia deste co Mendo.


O río Mero fai de linde de Betanzos, en Piadela, con Abegondo. Ese río chega á cabeceira do encoro en términos municipais, que ten unha parte da cabeceira leste do encoro.



Xeoloxía |


Betanzos atópase na serie de Ordes, no complexo paraautóctono da zona de Galicia-Trás-os-Montes. A área que abrangue está formada por grauvacas e metapelitas formadas entre o Neoproterozoico e o Paleozoico. Nalgunha pequena área de Requián e Brabío aparecen grafoneis. En pequenas áreas que seguen un patrón de norte a sur desde Tiobre, a Betanzos e Brabío, aparecen anfibolitas.[8]


A zona de esteiro da ría de Betanzos que se atopa dentro do concello é unha marisma formada sobre dun recheo do Holoceno nas cuncas fluviais dos ríos Mendo e Mandeo.[8]





Demografía |











Censo Total
12.941 (2017)

Menores de 15 anos
1.701 (13.14 %)

Entre 16 e 64 anos
8.148 (62.96 %)

Maiores de 65 anos
3.092 (23.89 %)

A poboación de Betanzos no 2017 era de 12.941 habitantes, das cales 6.805 eran mulleres e 6.136 homes. O concello ten unha alta densidade de poboación (420,71 hab./km²) debido ao seu pequeno tamaño. O 78,7% da poboación atópase en Betanzos, Betanzos, que é o núcleo urbano do concello. Despois de Betanzos, as maiores poboacións son as de Piadela e Requián[9]



Evolución demográfica |


Entre 1900 e 1920 experimentou un leve descenso de poboación, rexistrándose nos anos vinte o seu mínimo (8.709 habitantes). Entre 1920 e 1950 tivo lugar a fase de maior crecemento, aínda que dende esta última década ata 1970 se produciu un novo retroceso demográfico.


Desde o 1970 xurdiu unha recuperación de efectivos motivada por unha nova reorientación das actividades agrarias e un incremento das funcións urbanas. Entre 1991 a 2009 o incremento da poboación foi dun 14,67%. O saldo vexetativo era xa practicamente cero no período 1979-1983, con taxas de natalidade e mortalidade ao redor de 10 por mil. Nas últimas dúas décadas a mortalidade ascendeu e a poboación diminuíu lixeiramente. Nos últimos anos a taxa de natalidade diminuíu, mentres que a de mortalidade aumentou. Contra 2011 a primeira era dun 9,9 por mil e a segunda elevábase a un 11,4 por mil. A proporción de mozos menores de 16 anos representaba en 2013 un 13,25%, a de entre 16 e 64 anos un 64,22% e a de 65 anos en diante un 22,53%. Así mesmo, existían 91 homes por cada 100 mulleres.





Fonte: INE Atchivo - Gráfica por Wikipedia































Evolución da poboación de Betanzos   Fontes: INE e IGE.

1900

1930

1950

1981

2004

2009

2011

2012

2013

2014

2015

2016

2017

2018
8.948
8.910
10.827
11.383
12.990
13.680
13.537
13.565
13.445
13.352
13.202
12.966
12.941
14

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Historia |



Do calcolítico ao imperio romano |


Existen indicios de asentamentos castrexos en Betanzos. A ocupación desta aparece documentada coa chegada do Imperio Romano. Nesta época o núcleo principal de poboación que recibía o nome da cidade (Betanzos o Vello) emprazábase en San Martiño de Tiobre, cuxa igrexa matriz consagrou o arcebispo Diego Xelmírez.



Do medievo á idade moderna |


En 1219 o rei Afonso IX aprobou o traslado da xente que residía no lugar de Tiobre, o "Betanzos O Vello" ao lugar do castro de Untia. Como relatou o rei na orde de creación da vila, fíxoo por petición popular: ad instantiam et pettitionem habitatorum.[3] Esa petición viría polas frontes de incursión de normandos ao mando de Horrich ou do propio rei Olaf en 1015. A nova cidade levantouse arredor da nova cidade desde a actual praza de Galicia ata a mosteiro de San Francisco. Nese período o Castro de Untia era do Mosteiro de Sobrado e os residentes tíñanlle que facer unha paga da cuarta parte do producido ou pescado na vila, e dar en propiedade a metade das capelas construídas. En 1232 chegou Fernando III o Santo, vido de Sobrado, e asentouse na vila de Betanzos.


En 1295 Betanzos asinou en Valladolid con outras vilas e cidades (como Lugo, León, Zamora, Astorga, Ribadesella, Oviedo, Salamanca ou Viveiro) un acordo de irmandade para negar tributos forzados e apoiarse mutuamente. Nese acordo non participaron cidades como Tui, Compostela ou A Coruña. De feito, nese século as disputas polos portos e a descarga de mercadoría como sal ou viño foi motivo de confrontación coa cidade da Coruña, chegando a ser mediado polo rei Afonso X. Ese rei prohibiría a súa descarga no porto de Betanzos. Nese século e o seguinte, Betanzos viviría enfrontamentos coa armada portuguesa e inglesa, polos seus ataques.[3]


En 1465 o rei Henrique IV doulle a Betanzos o título de cidade, en gratitude dos servizos prestados a el, e en 1467 os permisos dunha feira franca anual dun mes de duración. Faino pola posición da vila "no levantamento e irmandade de fixestes coas outras cidades, vilas e lugares e fortalezas do meu Reino de Galicia, do que fostes causa e principio dor servizo meu".[3]




Igrexa e convento de San Francisco, construído no século XIV co mecenado de Fernán Peres de Andrade O Boo.


Neses séculos XIV e XV Betanzos viviu o seu maior esplendor, coa creación de gremios e confrarías e o aumento das fidalguías. Nese período no que aumentou, tamén en extensión, estivo baixo o amparo da dinastía dos Trastámara.[10] No século XIV é cando se constrúen os principais conventos e igrexas grazas ao mecenado de Fernán Pérez de Andrade "O Boo" ou se reconstrúen as igrexas de Santa María e Santiago.[11] Así mesmo, nese período chegou a ter tres hospitais de peregrinos, como o do Espírito Santo, o de San Bartolomeu ou o hospital de San Lázaro para leprosos.[10]



O camiño de Santiago |




Sepulcro de Fernán Peres de Andrade O Boo na igrexa de San Francisco.


Un texto de Ordoño II de 911, falando do mosteiro de San Salvador de Cis, relata como paso do camiño compostelá polo castro Xanrozo, en Requián, despois de pasar pola ponte de Beldoña. Afonso V tamén o cita en 1020 ao demarcar un coto do mosteiro de San Estevo de Piadela, nas beiras do río Mero e Limiñón. Outras documentacións de 1160 e 1168 describen como o camiño baixaba cara a ponte das Cascas, a beira do que primeiro foi o mosteiro de San Paio de Xeronzo e logo o de Santa María das Donas, para logo pasar pola Porta da Vila.[10][11]



Guerra Irmandiña |


Betanzos xogou un papel central na Gran Guerra Irmandiña. Líderes da Irmandade como Afonso de Lanzós ou Joan Branco foron naturais da cidade. Precisamente, en 1465 Henrique IV concedeu á poboación o título de cidade, e en 1467 permitiulle a celebración dunha feira franca anual grazas á mediación de Joan Branco. Grazas a este capitán irmandiño a cidade de Betanzos recuperou o seu voto nas Cortes.


Anos máis tarde, na reorganización territorial dos seus reinos, os Reis Católicos dividiron a antiga provincia de Betanzos en dúas, creando a da Coruña e mantendo a Betanzos como capital de provincia, na que foi a época de maior esplendor da cidade. Ata algún ano entre 1533 ou 1552 ambas as dúas cidades compartían corrixidor e eran da mesma provincia.[12]



Incendios de 1569 e 1616 |


A cidade de Betanzos sufriu o verán de 1569 e o 18 de setembro de 1616 dous importantes incendios.[3][13] Nese último incendio arderon 262 edificios, entre os cales estaban varios pazos, o hospital de San Cristovo, o convento de San Francisco e a igrexa de Santa María do Azougue.[3] Diferentes sectores da cidade mobilizáronse para obter as concesións das reconstrucións e refacela.[4][14]


Eses dous incendios afectaron ao importante sector de fornos, que foron arredor de dez, e que abastecían ás case duascentas panadarías da cidade. A produción dos fornos foi desde o século XIII ata o século XVII de importancia na cidade, xa que abastecía, entre outros, ao exército e a armada na Coruña.[4]



Idade moderna e contemporánea |




Casa consistorial na Praza da Constitución.


En 1734 creáronse rexementos de milicias provinciais e a Betanzos asignóuselle unha, que durou ata o 1841.[3] O 10 de xaneiro de 1809 entraron en Betanzos as tropas inglesas de cara a Coruña a embarcar no porto. A noite anterior ao seu paso por Betanzos evacuouse a xente da cidade e desfixeron as pontes das Cascas e a Nova para evitar a incursión do exército.[3]


O 16 de xullo de 1812, coa aprobación da nova constitución española, constituíuse o Concello de Betanzos. Entrou en funcións o día 3 de decembro dese ano. En 1833 mudouse a división de Galicia en provincias. Javier de Burgos fixo efectiva en 1834 unha nova división administrativa, extinguíndoa e integrando a antiga provincia de Betanzos na da Coruña.[3]


O inicio da época industrial en Betanzos comezou coa instalación de fábricas de curtido de coiro a finais do século XVIII. Con ese material elaborábanse calzados ou distribuíase desde portos como o da Coruña cara as Américas.[15][16] O decaemento da cidade posterior a este período veríase revitalizado, entre outros, coa chegada do ferrocarril a principios do século XX . Nesa liña cabe resaltar o legado dos legado dos irmáns García Naveira na cidade entre os séculos XIX-XX. Trala súa volta de migración en Arxentina fomentaron as construcións da casa do pobo, as escolas de San Francisco e o Asilo de García Naveira, o sanatorio de San Miguel, o lavadoiro das Cascas e mesmo o parque do Pasatempo.


Desde 1970 o casco antigo de Betanzos está declarado Conxunto Histórico-Artístico.[5]



Irmáns García Naveira |




Estatua dos irmáns García Naveira na praza principal do concello.


Dous irmáns labradores, Juan e Jesús, nados na Ribeira de Betanzos en 1849 e 1853, convertéronse en empresarios na Arxentina, despois de migrar para alí en 1870. Adicáronse na emigración a banca e a conselleiros de diferentes empresas. Tralo seu retorno a Betanzos en 1893, os dous irmáns García Naveira involucráronse en paliar a pobreza e a darlle servizos á cidade. Chegaron a crear unha fundación para iso en 1908. Fomentaron a creación de escolas, como a Xesús García Naveira, asilos e refuxios para persoas discapacitadas, como o asilo García Irmáns, melloraron sanatorios, como o de San Miguel e mesmo crearon sindicatos. Entre as obras que financiaron destacan o lavadoiro público das Cascas e o Parque do Pasatempo.[17]


A praza co seu nome e a estatua dos Irmáns García Naveira no centro de Betanzos conmemoran o seu legado na cidade.



Irmandades da Fala |




Bandeira das Irmandades da Fala, exposta no Museo das Mariñas.


O berce das Irmandades da Fala, que estivo na Coruña, tivo a persoeiros nados en Betanzos, como Xil Casares, involucrados nel. En 1917 as irmandades foron ampliando os seus lugares e crearon un grupo betanceiro liderado por Vales Villamarín. Así, nun pregón que fixeron no seu ano de constitución local puxaron polo galeguismo e pola loita no seu discurso de presentación. Anteriormente, cabe destacar que no Palco da Música Manuel Lugrís Freire pronunciara en 1907 o primeiro discurso público integramente en lingua galega. O novo grupo betanceiro participou noutros movementos comarcais e nos xogos florais de 1918, nas festas do San Roque, onde se alzan na defensa da lingua. Desde ese momento bateron en disputas en diversos actos, como coros ou actividades literarias. As irmandades betanceiras reorganizáronse e combateron pola identidade perante o Concello, e sobreviviron ata 1921. A comunidade local foise desligando ou batendo en conflito coas posicións das irmandades nas súas xuntanzas, como a do 1922 en Monforte, inda que seguiu o se paso e remataría afirmándose como Irmandade Nazonalista Galega ese ano. Desde o 1922 editaron a revista Rexurdimento e perduraron ata 1930, con esa pausa de sete anos por mor da ditadura entre medias.[18]



Cultura |



Toponimia |


O topónimo Betanzos aparece para o actual lugar de Betanzos "O Vello", en Tiobre. Coa creación da vila en 1219 ese topónimo empregouse como substituto do nome do Castro de Untia, o castro onde se construíu a nova vila. Betanzos xorde do nome do pobo, ou do lugar de residencia do pobo dos Betantios ou Betancios. Ese xentilicio ou etnónimo (o nome dun pobo ou etnia) é de orixe celta e faría referencia á figura dun deus ou dun persoeiro chamado Beto ou Bito. A raíz dese nome do pobo ou etnia estaría no termo celta *bitu, que significa "mundo".[19][20][21][22][23]


Nalgúns textos históricos a vila de Betanzos identificouse con Flavium Brigantium, Brigantium; un lugar na mariña coruñesa que se citou en obras romanas como o itinerario de Antonino. Porén, ese Brigantium ou Bracantia realmente facía referencia á actual cidade da Coruña.[20][24]


Co motivo da Feira Franca Medieval recibe o nome de Betanzos dos Cabaleiros.



Patrimonio |




Casas de Fonte de Unta.


Betanzos destaca en particular polo conxunto histórico e artístico que forman a cidade construída no antigo Castro de Untia. A cidade está amurallada, conta con catro portas de entrada e un patrimonio arquitectónico civil e relixioso no seu interior o cal máis do 28% está catalogado e protexido.[25] Este conxunto pódese considerar como a capital do Gótico de Galicia.[10][25]



Patrimonio arqueolóxico |


En Betanzos están catalogados cinco castros:


  • Castro de Graña no Casarío do castro, Requián.

  • Castro de Illobre no Castro, Pontellas.

  • Castro de Obre en Pena, Tiobre.

  • Castro de Xanrozo en Xanrozo, Requián.


  • Castro de Untia, no casco histórico de Betanzos, entre a casa consistorial ou o Pazo de Bendaña. Foi oval, con aterramentos marcados e coa actual rúa travesa sobre do antecastro.


Patrimonio arquitectónico |




Porta da Ponte Nova.


No caso histórico de Betanzos destacan os seguintes monumentos[17][26][27][28]:



  • Casas de Fonte de Unta. Son as casas tradicionais de agricultores atópase no barrio dese nome, aos pes do casto histórico de Betanzos. Son casas con balcóns de madeira e con soportais. Os balcóns servían para funcións como a seca do maínzo.

  • As murallas da cidade, construídas no século XV.

  • As Portas do Hórreo, a do Arco da Ribeira ou do Cristo, a do Arco da Ponte Nova e Arco da Ponte Vella. Son as portas de estilo gótico que dan paso ao casco histórico de Betanzos e que se construíron no século XV. A porta do Hórreo derrubouse bo século XVIII.

  • As casas góticas da rúa da Cerca, dos século XV (número 5, en ruínas) e XVI (número 9).

  • Pazo e Torre de Lanzós. Este pazo construíuse entre 1620 e 1625 e foi modificado no século XVII e XVIII e atópase no casco histórico. Ten unha torre nun lateral e a fachada do pazo ten un balcón e unha porta principal rectilínea. Nesta loce o brasón do Conde de Maceda.



Pazo de Bendaña, na Praza da Constitución.



  • Pazo de Bendaña. Pazo do século XV con reformas dos séculos XVI-XVII.


  • Torre do Reloxo. Esta torre atópase nun lateral da Igrexa de Santiago, no casco histórico, e data do século XVI.


  • Pazo dos Condes de Taboada. É un edificio neoclásico e sinxelo de 1805 que se atópase no casco histórico.

  • A Casa da Pescadería. É o actual hostal de peregrinos do camiño inglés de Santiago e atópase no casco histórico .

  • A Casa consistorial. É de estilo neoclásico e construíuse durante o século XIX no casco histórico.

  • A Casa Núñez. É un edificación de 1923 dun estilo modernista que se atopa no casco histórico. Agora ten o Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC).

  • Hospital de San Antonio de Padua, que é o actual edificio de xulgados de Betanzos. É un edificio neoclásico que se construíu en 1674 e que conta cun claustro interior. A súa construción foi co obxectivo de servir como albergue a mendigos e peregrinos do camiño inglés.



Cása Núñez, na Praza da Constitución.



  • Arquivo do Reino de Galicia, o actual "Liceo". Este edificio neoclásico data do século XVIII como arquivo do Reino de Galicia. Arestora emprégase como edificio do concello.

  • A Biblioteca Municipal ou Antigo Colexio de Orfas. É un edificio barroco do século XVIII que se construíu como colexio e que agora alberga a biblioteca e o Museo das Mariñas.

  • Edificio do Asilo Manuel Naveira, que é a actual Escola García Naveira. Atópase ao lado da Igrexa de San Francisco e construíuse en 1917 no casco histórico seguindo un estilo con toques de barroco galego, modernismo con decoracións arabistas.

  • Edificio Colexio de Orfas. Este edificio neoclásico construíuse en 1780 na praza de García Naveira. Loce un brasón da cidade con dous pináculos darredor.

  • A Casa do Pobo. É un edificio modernista de 1918 do casco histórico.

  • A Casa Pita. É un edificio modernista de 1906 do casco histórico.

  • O palco da música. Atópase na praza de García Naveira, seguindo un estilo modernista, e construíuse en 1928.

  • A Fonte de Diana. Esta fonte atópase na praza de García Naveira e representa a Diana de Versalles. Construíuse en 1866.

  • O Matadeiro Municipal. Construíuse no século XIX con esa función, pero durou pouco tempo como matadoiro.

  • O lavadoiro público das Cascas, no río Mendo preto da ponte Nova.

  • A Ponte vella das Cascas, que dá entrada a vila desde Infesta ou Oza dos Ríos e loce un brasón de Betanzos. Xa estaba construída en 1200.



Parque do pasatempo.


Nas inmediacións de Betanzos destaca o parque do Pasatempo. Ese parque construíuno Xoan García Naveira entre 1893 e o 1895 despois de volver da súa emigración na Arxentina. A súa finalidade foi a de crear un parque didáctico, como se fose unha enciclopedia.[17][27]


Fóra do casco histórico, noutros lugares de Betanzos pódense resaltar[26][27][28]:



  • Pazo de Piadela, de 1728. Atópase en Piadela e foi construído polo arcebispo de Compostela Xoan Sánchez Baamonde.


  • Pazo de Illobre, nas Angustias, San Pedro das Viñas.

  • A Ponte da Roibeira sobre do río Mendo, en Brabío.

  • A fonte da Picachá, de 1911 e construída en Roibeira, Brabío.

  • Os muíños de Caraña, do río Pelamio en Caraña de Abaixo, Tiobre.

  • A ponte e os muíños de Roibeira, en Roibeira, Brabío.

  • A fonte dos Ánxeles, en Betanzos camiño dos caneiros. Esta fonte estaba documentada xa no 1613.


Patrimonio relixioso |





Santa María do Azougue.


Na cidade de Betanzos atópanse o[26][27][28]:



  • Igrexa de Santiago, do século XI e reedificada no século XIV.[29]


  • Igrexa e Convento de San Francisco, do século XIV.[29]


  • Igrexa de Santa María do Azougue, do século XIV.[29]


  • Igrexa de Santo Domingo e Convento de San Domingos. Ao chegar os dominicos a Betanzos pola orde do presbítero presbítero González de Sosa, construíron esta igrexa e convento nun lugar doado no século XVI, e fóronos completando ata o século XVIII. No século XVII ampliouse coas capelas das Ánimas, do Rosario e da Soidade. A igrexa e convento seguen un estilo renacentista e barroco. Coa desamortización de Mendizábal de 1835, os freires son expulsados, pasa a ser de propiedade pública, e deixa de ser un convento. Arestora alberga o arquivo, biblioteca, o Museo das Mariñas e a oficina da mocidade.



Santuario da Nosa Señora dos Remedios ou do Camiño.



  • Convento das Agustinas Recoletas, que foi construído nos séculos XVII-XVIII.


  • Convento de Nosa Señora das Cascas, do século XII.

Fóra da vila betanceira, destaca entre o patrimonio as igrexas románicas de San Martiño de Brabío (Século XII), Santa María de Pontellas (con elementos barrocos, do século XIII) e a de Tiobre (século XII). Ademais, o Santuario da Nosa Señora dos Remedios, que está en Tiobre e é do século XVI, obra de Juan de Herrera. Outras a destacar son as posteriores de estilo barroco, como a igrexa de Piadela (século XVI) co seu pazo do século XVIII, a igrexa de Requián (século XVI-XVIII), o santuario das Angustias (século XVIII) e a igrexa de Piadela. Destaca tamén a Capela da Madalena, nas Angustias de San Pedro das Viñas, que data do século XVIII.[26][28]



Patrimonio cultural |


En Betanzos publícase o Anuario Brigantino, publicación local fundada en 1948 de difusión cultural de calidade e prestixio recoñecido. A súa saída preséntase cada ano coma un importante acontecemento social da cidade.



Camiño de Santiago por Betanzos |

O camiño inglés de Santiago de Compostela entra por por San Martiño de Tiobre, onde se atopa o pazo do Barral, despois de pasar a Ponte do Porco e Montecelo, Paderne. Desde Tiobre continúa baixando ata a Señora dos Remedios. Nesa última baixada pásase a ponte sobre do río Mandeo e éntrase na cidade polo arco da Ponte Vella. A entrada no casco histórico faise pola Porta Vella e pola rúa de Prateiros, despois de chegar á praza de García Irmáns. Desde alí pódese subir a rúa do Castro cara a praza da Constitución, o antigo castro de Untia. De Betanzos sáese pola Porta da Vila e praza de García Irmáns cara ás Cascas. Xa nas Cascas camiño segue o río Mendo e diríxese cara a Xanrozo ata entrar en Limiñón, Abegondo.[30][31]



Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos |



Escolas |


O concello conta cos seguintes centros escolares:




Instituto de educación secundaria Francisco Aguiar na Avenida da Coruña en Betanzos.


  • Escola infantil A Galiña Azul de Betanzos, centro público de educación infantil.[32]

  • Escola Infantil Municipal Santiago de la Fuente, centro de educación infantil que se sitúa no edificio de Xesús García Naveira.[33]

  • Escola Infantil Niño Jesús Raiola en Guiliade, centro de educación infantil concertado.[34]

  • CEIP Francisco Vales Villamarín, centro público de educación infantil e primaria.[35]


  • IES Francisco Aguiar, instituto público de educación secundaria, bacharelato e ciclos superiores.[36]


  • IES As Mariñas, instituto público de ciclos formativos de grao medio e superior, formación profesional básica, bacharelato e educación de adultos.[37]

  • Colexio Nuestra Señora del Carmen Betanzos, centro privado de educación de infantil a bacharelato.


Centros sociais, bibliotecas e museos |




Porta de entrada do Arquivo e Museo das Mariñas.


Betanzos conta con dous museos:



  • Museo das Mariñas: museo etnográfico e histórico inaugurado en 1983, ocupando o antigo convento de Santo Domingo. Acolle ao arquivo e biblioteca municipais. Conta cunha sección de etnografía, do traxe e de historia de Galicia e Betanzos.[38] Destacan a súa colección de escultura funeraria medieval, con diversos sartegos e laudas; o cadro Apostolado, da escola de Rubens; a sala destinada ás antigas escolas, en homenaxe ós irmáns García Naveira; e a sección do traxe galego, con máis de 50 traxes tradicionais.[39]


  • Museo da Estampa Contemporánea: localizado na sede da Fundación CIEC, recolle obras de artistas tan destacados como Pablo Picasso, Amadeo Gabino, Luís Seoane ou Jesús Núñez.[40]

A súa biblioteca pública, a Biblioteca Pública Municipal de A. Castelao, tamén está no antigo convento de Santo Domingo. Ademais, ten un conservatorio municipal de música na rúa Cabildos.


En canto a centros sociais hai un en Infesta e outro, cun espazo deportivo, en Piadela.



Etnografía |



Na literatura popular |



  • Anque che son das Mariñas,/ das Mariñas de Betanzos,/ anque che son das Mariñas/ non che merco os garabanzos [41].


  • Anque che son das Mariñas,/ das Mariñas de Betanzos,/ anque che son das Mariñas/ non che vendo garabanzos.


  • As garelas [42]de Betanzos/ cando van para o muíño/ levan un gato esfolado/ para comer no camiño.


  • Lacón con grelos/ repolo de Betanzos/ e máis xurelos.


  • Teño unha casiña branca,/ na Mariña, antre loureiros,/ teño paz e teño amores,/ estou vivindo no ceo [43].


Festas e celebracións |




Globo de Betanzos.


  • Romaría dos Caneiros


  • Festas de San Roque de Betanzos, que inclúen o Lanzamento do Globo e a Romaría dos Caneiros.


  • Feira Franca Medieval de Betanzos dos Cabaleiros

  • Concurso Bienal de Balconadas

  • Festa do Viño de Betanzos

  • Festa dos Alborotados

  • Festa da tortilla


Economía |




Sede de Gadisa no polígono de Piadela.


A súa economía está baseada fundamentalmente nos servizos. Betanzos é un centro administrativo e xurídico da comarca que leva o seu nome, baseando o seu crecemento no comercio, a banca, a cultura e o turismo. Betanzos, como cabeceira de comarca e pola súa situación xeográfica e clima, é unha terra con sona pola calidade dos seus produtos da terra.


Un dos produtos tradicionais de Betanzos é o viño, e arestora está declarado como de interese xeográfico. Cultívase en pequenas explotacións ás beiras dos ríos Mandeo e Mendo. O viño de Betanzos é principalmente comercializado na localidade por pequenas adegas. Ademais, en Betanzos tivo a súa sede a sociedade española para o cultivo do lúpulo, que se introduciu a principios do século XX e chegou a ter un importante impacto económico.[44][45][46] O lúpulo era principalmente mercado pola empresa Hijos de Rivera e dáballe á cervexa Estrella Galicia o seu sabor amargo característico. Hoxe a produción agrícola esta baseada en pequenas hortas. Son unha axuda á economía local e das feiras.


Desde o punto de vista industrial, a cidade converteuse, pola súa situación estratéxica, en centro loxístico dalgunhas das empresas de transportes ou abastecementos alimenticios relevantes na zona. No polígono de Piadela ten a súa sede Gadisa.


Na vila celébrase a feira de Betanzos os días 1 e 16 de cada mes.



Infraestruturas de transporte |




Estación ferroviaria Betanzos-Cidade.


Betanzos é un nó de comunicacións, está situado ao fondo da ría de Betanzos, grazas a comunicación da N-VI e a Autoestrada do Noroeste A-6. Ata a construción da Ponte do Pedrido e da Ponte da ría de Betanzos era lugar de paso obrigado nas comunicacións por estrada entre Ferrol e A Coruña. As súas estacións de tren, en Infesta e a da Cidade, tiveron unha importante historia na comunicación entre A Coruña e Ferrol e con Monforte de Lemos.


A ría e parte dos ríos Mandeo e Mendo son navegables, o cal ten unha certa repercusión como espazo de ocio e económico.



Espazos naturais |




Río Pelamios na Caraba de Abaixo, en Tiobre.



Espazos naturais protexidos |


Betanzos conta con parte en dúas zonas especiais de conservación (ZEC) declaradas en 2014, despois de ser candidatas como espazos de interese en 2004. A que ocupa maior extensión no concello é a ZEC Betanzos - Mandeo. Esta zona de protección ampara ás marismas da ría de Betanzos e as ribeiras do Mandeo e Mendo ao seu paso polo concello. O seu maior interese é o esteiro interior da ría a diversidade de especies entre o litoral da cabeceira da ría e os últimos tramos dos ríos.[47]


Ademais, unha parte da cabeceira do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre está dentro do concello, que é unha parte da parroquia de Piadela. Esta zona do encoro é unha das áreas de maior interese de conservación e que destaca polos seus bosques aluviais, brañas e prados de ribeira arredor do río Mero.[48]



Reserva da biosfera |


O concello de Betanzos forma parte do proxecto das reservas da biosfera do programa MAB da UNESCO, dentro da Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.[49] Estas iniciativas de reservas pretenden fomentar o desenvolvemento sostible, a economía local e conservar os espazos naturais locais.[49][50]



Espazos interese de local |


Un espazo natural de interese é o río Pelamios, un río que conflúe co Mandeo preto de Betanzos. Ese treito de ribeira contén dezanove muíños de maquía.[51]


Ademais, a ruta que vai desde a ponte vella de Betanzos ata o campo dos Caneiros segue o un treito de ribeira do Mandeo de interese. Ese percorrido é o tradicional na festa con ese mesmo nome, a dos Caneiros.[51]



Deporte |




Piragüismo no Mandeo, preto do porto deportivo.


Os servizos municipais de Betanzos contan cun polideportivo, un pavillón polideportivo, unha piscina cuberta e outra descuberta. As escolas municipais forman en atletismo, karate, ciclismo, fútbol, taekwondo ou deportes náuticos, entre outros. Destaca tamén as instalacións como as do Club Náutico Ría de Betanzos.


En varias parroquias de Betanzos existen campos polideportivos e de fútbol, como o do Carregal ou o municipal García Hermanos en Betanzos.


O concello organiza anualmente a Gala do Deporte.



Política municipal |



Artigo principal: Eleccións municipais en Betanzos.



































Resultados das eleccións municipais de 2011[52] e 2015[53]
Partido político
20112015
%Concelleiros%
Partido Popular (PP)40,958631,66
Partido Socialista Obrero Español (PSOE)32,816736,07
Bloque Nacionalista Galego (BNG)13,62219,33
Cidadáns por Betanzos (CxB)7,041-
BETANZOS NOVO-SON-214,58
CxG-CCTT-15,82


Cidades irmás |



España Bullas

Italia Collepasso

Francia Pont-l'Abbé


Galería de imaxes |



Artigo principal: Galería de imaxes de Betanzos.


Notas |




  1. Véxase no Galizionario.


  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 


  3. 3,03,13,23,33,43,53,63,73,83,9 Vales Villamarín, Francisco (1991). "Bosquejo histórico de Betanzos de los Caballeros" (PDF). Anuario brigantino: 33–44. 


  4. 4,04,14,2 Núñez-Varela y Lendoiro, José Raimundo (2014). Cronista Oficial de la ciudad de Betanzos de los Caballeros, eds. "Los antiguos hornos y tahonas de Betanzos" (PDF). 


  5. 5,05,1 Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España, eds. (10 de febreiro de 1971). "Decreto 3850/1970, de 31 de diciembre, por el que se declara conjunto histórico-artístico la ciudad de Betanzos (La Coruña) (BOE-A-1971-32134)". Boletín Oficial del Estado (35). 


  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7


  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brigantino.


  8. 8,08,1 Instituto Geológico y Minero de España (eds.). "Cartografía del IGME: MAGNA 50 - Hoja 45 (BETANZOS)". 


  9. "Instituto Galego de Estatística - IGE". Consultado o 14/8/2018. 


  10. 10,010,110,210,3 Valés Blanco-Rajoy, María del Rosario. "Las fortalezas medievales que jalobanan la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos" (PDF). 


  11. 11,011,1 Núñez Lendoiro, José Raimundo (12/08/1993). "Betanzos, Encrucijada de Rutas Jacobeas" (PDF). Programa Oficial de Fiestas de Betanzos, Cronista oficial de Betanzos. 


  12. Eiras Martínez, Alfredo; Veiga Ferreira, José María (2002). "Betanzos y su provincia en la época del Emperador Carlos V" (PDF). Anuario Brigantino (25). 


  13. A peculiaridade do incendio de 1616 é que figura amplamente testemuñado baixo un informe do mesmo o título "Averiguación y más diligencias hechas en razón del incendio de la ciudad de Betanzos por el dor Johan Carnero do Vilar, abogado de la Real Audiencia de este reino y juez de comisión para la dicha averiguación nombrado" que figura no Arquivo Histórico Nacional. Ese informe veu acompañado dun deseño realizado sobre a incidencia do incendio na cidade para que o goberno de Filipe III, polo que cabe comprender a gravidade do mesmo e que se lle concedese un beneficio fiscal á cidade.


  14. Barreiro Mallón, Baudillo; Rey Castelao, Ofelia 1 (2010). "El incendio de Betanzos de 1616" (PDF). Anuario Brigantino (33). 


  15. Duberto, Isidro (2008). Universidade de Santiago de Compostela, eds. "Comercio y tráfico marítico en la Galicia del Antiguo régime, 1750-1820" (PDF). Obradoiro de Historia Moderna (17): 211–243. ISSN 1133-0481. 


  16. Pardo Meijide, Antonio (1998). "Entre 1770 y 1814 se establecen 14 fábricas de curtidos en la comarca ferrolana" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (21): 167–182. ISSN 1130-7625. 


  17. 17,017,117,2 Santiago de la Fuente García, SJ. (1999). "Los hermanos García y Naveira y sus Fundaciones" (PDF). Anuario Brigantino 22: 395–434. ISSN 1130-7625. 


  18. Torres Regueiro, Xesús (1991). "A Irmandade da Fala de Betanzos 1917-1930" (PDF). Anuario Brigantino: 91–138. 


  19. En irlandés antigo bith, betho (xenitivo) ou en bretón bet significan "vida", "da vida"


  20. 20,020,1 Caridad Arias, Joaquín (Directora: Alayón, Carmen Díaz ) (2003/2004). "6.11. Betanzos < ¿Brigantium?, Betanzos-o-vello, antigua Tiobre". En Humanidades e Ciencias Sociais, Universidade de La Laguna. Los fenómenos de homonimia y homofonía en la toponomástica y su repercusión en las etimologías cultistas y populares de la Europa Occidental (Tese Doutoral). 


  21. Pena Graña, Andrés (Xuño de 2008). "O Misterio do trisquel na relixión celta ancestral, Monoteismo trinitario antecedente do presente cristián." (PDF). CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios (Pontedeume) (15): 167-236. 


  22. "Os mitos do 800 aniversario: o 800 aniversario da fundación da cidade". Xornal de Betanzos. 14/5/2018. 


  23. Alonso Ávila, Ángeles (1999 páxinas = 848). Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial, Universidad de Valladolid, eds. Homenaje al profesor Montenegro: estudios de historia antigua. ISBN 84-7762-985-4. En un trabajo posterior ya se hablaba de un radical Bet- de probable origen ibérico y que estaría presente en otros hidrónimos y topónimos peninsulares Baetis, Betán, Betanzos... 


  24. Ravenate 4, 26, páx. 231


  25. 25,025,1 L.T. Betanzos (15/10/2017). "Casi un 28% de los edificios del casco histórico de Betanzos está protegido". El Ideal Gallego. 


  26. 26,026,126,226,3 Turismo de Galicia, Xunta de Galicia (eds.). "Turismo de Galicia". turismo.gal. Consultado o 13/08/2017. 


  27. 27,027,127,227,3 Concello de Betanzos (eds.). "Turismo de Betanzos". Consultado o 13/08/2017. 


  28. 28,028,128,228,3 Proxecto Mandeo, Diputación da Coruña (eds.). "Turismo: Arquitectura". Consultado o 13/8/2018. 


  29. 29,029,129,2 Villa-amil y Castro, José (facsímile: 2005) 1904. Imprenta de San Francisco de Sales (facsímile: Ed. Órbigo, A Coruña), ed. Iglesias gallegas de la Edad Media, colección de artículos publicados por (en castelán). Madrid. p. 410. ISBN 84-934081-5-8. 


  30. "Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao camiño de Santiago inglés en Galicia. Mapa Betanzos B-2" (PDF). xullo de 2014. 


  31. Xunta de Galicia (eds.). "Camiño Inglés". O Camiño de Santiago. 


  32. "Escolas infantís de Galicia". escolasinfantisdegalicia.es. 


  33. "Betanzos celebra el centenario de la Casa Núñez y las Escuelas Jesús García Naveira". El Idel Gallego. 12/2/2017. 


  34. "Quiénes somos". Escola Infantil Niño Jesús Raiola. Consultado o 13/08/2018. [Ligazón morta]


  35. "Ensinanzas ofertadas polo centro". C.E.I.P. Francisco Vales Villamarín. Consultado o 13/08/2018. 


  36. "Localización e datos de interese". IES Francisco Aguiar. Consultado o 13/08/2018. 


  37. "O Centro". IES As Mariñas. Consultado o 13/08/2018. 


  38. Museos de Galicia, Xunta de Galicia (eds.). "As Mariñas". Consultado o 13/8/2018. 


  39. Juan J. Burgoa (11/9/2016). "El museo das Mariñas de Betanzos, un ejemplo para la ciudad ensimismada de Ferrol". Galicia Ártabra Dixital. 


  40. "Fundación CIEC, Centro Internacional de la Estampa Contemporánea". Consultado o 13/8/2018. 


  41. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203.


  42. Aplícase o alcume de garelas ás mozas desvergonzadas e atrevidas, pero tamén ás naturais de Betanzos, en xeral.


  43. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 274. Recollida nas Mariñas de Betanzos.


  44. Fernando Salgado (19/07/2015). "La historia del lúpulo (I)". La Voz de Galicia. 


  45. Fernando Salgado (26/07/2015). "La historia del lúpulo (II)". La Voz de Galicia. 


  46. Marcelino Álvarez López "Maino" (1989). "El cultivo de lúpulo en Galicia: una riqueza perdida" (PDF). Anuario Brigantino: 101–104. 


  47. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC Betanzos-Mandeo". 


  48. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC Encoro Abegondo-Cecebre (ES1110004)". 


  49. 49,049,1 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (eds.). "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". 


  50. Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (eds.). "Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". 


  51. 51,051,1 Oficina de Turismo, Concello de Betanzos (eds.). "Os imprescindibles". 


  52. El País (ed.). "Resultado Elecciones Municipales en Betanzos 2011". Consultado o 23 de maio de 2011. 


  53. Betanzos



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Lugares de Betanzos


Ligazóns externas |


  • Páxina web do Concello de Betanzos


  • Anuario Brigantino, revista de historia local e comarcal.


  • Betanzos en OpenStreetMap.




Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Betanzos


Betanzos | Brabío (San Martiño) | Piadela (Santo Estevo) | Pontellas (Santa María) | Requián (Santiago) | San Pedro das Viñas (San Pedro) | Tiobre (San Martiño)





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Betanzos&oldid=5046975"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.040","walltime":"1.600","ppvisitednodes":"value":4342,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":128580,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6115,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":13,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":72937,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":6,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1246.392 1 -total"," 27.70% 345.283 1 Modelo:Listaref"," 13.50% 168.289 1 Modelo:Concello"," 13.40% 166.966 25 Modelo:Cita_web"," 12.41% 154.674 1 Modelo:Infobox"," 9.33% 116.293 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 6.33% 78.930 15 Modelo:Cita_publicación_periódica"," 2.15% 26.787 1 Modelo:Commonscat"," 2.08% 25.986 1 Modelo:Coordenadas"," 1.86% 23.187 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.410","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5352481,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1261","timestamp":"20190322174945","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Betanzos","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Betanzos","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q671341","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q671341","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-11-10T15:28:33Z","dateModified":"2019-01-30T08:57:58Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/17/Vista_de_Betanzos.jpg","headline":"concello da comarca de Betanzos"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":226,"wgHostname":"mw1323"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020