Skip to main content

A Estrada Índice Xeografía | Historia | Cultura | Goberno e política | Galería de imaxes | Festividades | A Estrada na literatura popular | Parroquias | Lugares da Estrada | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación42°41′21″N 8°29′14″O / 42.68917, -8.48722aestrada.galeINEIGE"Evolución do uso do galego por concellos"Dicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasAlgúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e ToedoEleccións municipais de 2003Eleccións municipais de 2007"Festas"o orixinalPáxina web do Condello da EstradaIES Manuel García BarrosCodeseda A EstradaPortal cultural comarcal Tabeiros MonteseeWorldCat137184046ID3119746n78014081ID

AgoladaArboBaionaBarroBueuCaldas de ReisCambadosCampo LameiroCangasA CañizaCatoiraCerdedo-CotobadeCoveloCrecenteCuntisDozónA EstradaForcareiFornelos de MontesGondomarO GroveA GuardaA Illa de ArousaLalínA LamaMarínMeañoMeisMoañaMondarizMondariz-BalnearioMorañaMosAs NevesNigránOiaPazos de BorbénPoioPonte CaldelasPonteareasPontecesuresPontevedraO PorriñoPortasRedondelaRibadumiaRodeiroO RosalSalceda de CaselasSalvaterra de MiñoSanxenxoSilledaSoutomaiorTomiñoTuiValgaVigoVila de CrucesVilaboaVilagarcía de ArousaVilanova de Arousa


A EstradaTopónimos con etimoloxía


provincia de Pontevedracomarca de Tabeirós - Terra de MontesIGEparroquiasestradésTabeiróssuevoMiroséculo VIdiocese de Iriaséculo XIIarcebispo XelmírezAfonso VII de CastelaTabeiroloscastro de Faro1837absolutistasliberais1841ForcareiCerdedo6 de xullo18591878Afonso XII1912Afonso XIIIlatínTerra de MontesOurensePortugalperegrinosSantiago de CompostelaDezaTrasdezaSobrado dos MonxesSamosOseiraPensado ToméMondoñedoCelanovaSan Pedro de RamirásSan Pedro de RocasSarmientopadre SobreiraXoán Manuel PintosCornideCuveiroestradaBenigno Fernández SalgadotopónimoTabeirósSan Paio de FigueroalatínparticipioverbogalegoJosé Carlos López CamposPPdeGJosé Antonio Dono LópezPartido Socialista Obrero EspañolRamón Campos Duráneleccións de 2007BNGPartido PopularMiguel Ramón de la Calle AmaroBloque Nacionalista GalegoXosé Magariños MaceirasMaría del Mar Blanco CasaisambientePPdGPPdeGPSdeG-PSOEMóveteBNGmúsicapombasIES Manuel García Barrosrapa das bestas de SabucedoSan Paio26 de xuñoAgar (Santa Mariña)Aguións (Santa María)Arca (San Miguel)Arnois (San Xiao)Baloira (San Salvador)Barbude (San Martiño)Barcala (Santa Mariña)Berres (San Vicenzo)Callobre (San Martiño)Cereixo (San Xurxo)Codeseda (San Xurxo)Cora (San Miguel)Couso (Santa María)Curantes (San Miguel)A Estrada (San Paio)Frades (Santa María)Guimarei (San Xiao)Lagartóns (Santo Estevo)Lamas (San Breixo)
Liripio (San Xoán Bautista)Loimil (Santa María)Matalobos (Santa Baia)Moreira (San Miguel)Nigoi (Santa María)Oca (Santo Estevo)Olives (Santa María)Orazo (San Pedro)Ouzande (San Lourenzo)Parada (San Pedro)Paradela (Santa María)Pardemarín (Santa Baia)Remesar (San Cristovo)Ribeira (Santa Mariña)Ribela (Santa Mariña)Riobó (San Martiño)Rubín (Santa María)Sabucedo (San Lourenzo)San Miguel de Barcala (San Miguel)San Miguel de Castro (San Miguel)San Pedro de Ancorados (San Pedro)San Tomé de Ancorados (San Tomé)San Xiao de Vea (San Xiao)San Xurxo de Vea (San Xurxo)Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)Santeles (San Xoán)Santo André de Vea (Santo André)A Somoza (Santo André)Souto (Santo André)Tabeirós (Santiago)Toedo (San Pedro)Vinseiro (Santa Cristina)Lugares da Estrada












A Estrada




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Coordenadas: 42°41′21″N 8°29′14″O / 42.68917, -8.48722
























A Estrada

Bandeira de A Estrada---Escudo de A Estrada

A Estrada. Town Hall.jpg
Concello da Estrada.

Situacion A Estrada.PNG
Situación

Xentilicio[1]

estradés/estradesa
estratense
estradense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Tabeirós - Terra de Montes
Poboación20.661 hab. (2018)
Área281,8 km²
Densidade73,32 hab./km²
Entidades de poboación458
Capital do concelloA Estrada
Política (2015)
Alcalde
José Carlos López Campos (PP)
Concelleiros
BNG: 1
PPdeG: 11
PSdeG-PSOE: 8
Outros: MÓVETE 1
Eleccións municipais na Estrada
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes66,42%
Na rede
aestrada.gal

A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 20 661 habitantes, dos cales 419 eran de orixe estranxeira. O concello ten 51 parroquias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «estradés»[3] (forma oficial), estradense[4] (forma popular) ou estratense (forma culta)[5].




Índice





  • 1 Xeografía

    • 1.1 Demografía



  • 2 Historia


  • 3 Cultura

    • 3.1 Toponimia



  • 4 Goberno e política


  • 5 Galería de imaxes


  • 6 Festividades


  • 7 A Estrada na literatura popular


  • 8 Parroquias


  • 9 Lugares da Estrada


  • 10 Notas


  • 11 Véxase tamén

    • 11.1 Bibliografía


    • 11.2 Outros artigos


    • 11.3 Ligazóns externas





Xeografía |



Demografía |










Censo total (2018)
20 661 habitantes
Menores de 15 anos
2455 (11.88 %)
Entre 15 e 64 anos
12 477 (60.39 %)
Maiores de 65 anos
5 729 (27.73 %)





























Evolución da poboación da Estrada   Fontes: INE e IGE.

1900

1930

1950

1981

2004

2009

2011

2012

2013

2014

2015

2016

2017

2018
23.916
26.623
28.169
25.719
22.217
21.828
21.759





13
14

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Historia |


A xurisdición de Tabeirós ten a súa orixe en tempos do rei suevo Miro, no século VI, e aparece citada no Cronicón Iriense como pertencente á diocese de Iria. No século XII, o arcebispo Xelmírez e o rei Afonso VII de Castela trocaron a terra de Tabeirós (que pasou a ser da mitra compostelá) por Tabeirolos e o castro de Faro. A xurisdición abarcaba o actual concello da Estrada, con excepción das parroquias de Vea. A xurisdición de Tabeirós incluía os coutos de Vea, Codeseda, Vega e Oca, e o Couto do Viso.


En 1836 iniciáronse as reunións para a unión destes concellos noutros maiores ou nun só. O 1 de xaneiro de 1837 uníronse os Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós. O concello formouse en Cereixo, con sede en Pernaviva, xa con 51 parroquias (incluída A Estrada, que aparece por primeira vez, formada polos lugares de Figueiroa de Arriba, Figueiroa de Abaixo, Rodeiro, Regueiro, Pedregal, Vilabrasil e Vilar). Logo de tres anos de enfrontamentos entre absolutistas e liberais, en 1840 tivo lugar a destitución do concello de Cereixo, solicitando que o nome do concello fose A Estrada, aprobándose a mudanza o 23 de xaneiro de 1841.


O partido xudicial da Estrada inclúe ós concellos de Forcarei e Cerdedo.


O 6 de xullo de 1859 concedéuselle á Estrada o título de Vila por Real Decreto. En 1878, o rei Afonso XII outorgou ó concello o tratamento de Ilustrísimo, e en 1912, o seu fillo Afonso XIII, o de Excelentísimo.


Ata 1940 editouse na vila o xornal El Emigrado.



Cultura |



Toponimia |


O nome procede[5] do latín strata ("terra pisada por onde se anda; camiño")[6]. Neste lugar cruzábanse dous camiños: o que ía de sur a norte, desde a Terra de Montes, Ourense e Portugal, que seguían os arrieiros e peregrinos cara Santiago de Compostela, e de leste a oeste, desde o Deza, Trasdeza e o interior de Galiza, por onde arrieiros e, máis tarde, carrilanas, se dirixían á costa.


Como premisa dunha hipótese máis complexa, Cabeza Quiles [7] baséase na escaseza documental da voz estrada (fronte a strata) nos tombos de Sobrado dos Monxes, Samos ou Oseira observada por Pensado Tomé, así como a súa ausencia tamén de datos en Mondoñedo, Celanova, San Pedro de Ramirás ou San Pedro de Rocas e na antiga lexicografía do padre Sarmiento, do padre Sobreira, Xoán Manuel Pintos, Cornide e Cuveiro. A súa teoría supón a perda do uso común deste lexema para máis tarde recuperarse co significado actual de estrada, hipótese compartida por Benigno Fernández Salgado. Como topónimo da actual capital de concello, utilizábase inicialmente Tabeirolos (que deu Tabeirós) e logo contra 1600 San Paio de Figueroa, ata a época de Sarmiento que documenta A Estrada contra 1750. Polo tanto, e sempre segundo Cabeza Quiles, a data de aparición é demasiado serodia para que o topónimo proceda do latín (via) strata (participio do verbo sternere, "espallar, botar pedra por riba do chan; empedrar") e propón un étimo alternativo na participio do verbo popular galego estrar ("botar estrume nas corredoiras con lama, sobre todo en inverno").



Goberno e política |



Artigo principal: Eleccións municipais na Estrada.




Casa do Concello


Actualmente, o alcalde do concello da Estrada é José Carlos López Campos do PPdeG. O anterior alcalde foi José Antonio Dono López, do Partido Socialista Obrero Español, quen lle arrebatou a alcaldía ao popular Manuel de la Calle, sucesor do anterior alcalde Ramón Campos Durán, tralas eleccións de 2007. Os partidos políticos máis relevantes no ámbito local, ademais do BNG, son o Partido Popular, cuxo portavoz no pleno foi Miguel Ramón de la Calle Amaro, o Bloque Nacionalista Galego con Xosé Magariños Maceiras e Movemento Veciñal Estradense (MÓVETE) con María del Mar Blanco Casais.


O concello da Estrada estrutúrase en diferentes concellerías: de cultura e normalización lingüística, de servizos municipais: deportes, mocidade, transportes e alumeado público; de ambiente; de benestar social e participación cidadá, de promoción económica, turismo e comercio e policía local; e de obras. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia celébranse plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan ao concello.


A xunta de goberno, presidida polo alcalde, está composta actualmente por 9 concelleiros do PPdG. A corporación municipal está formada por 21 membros, 11 do PPdeG, 8 do PSdeG-PSOE, 1 de Móvete e 1 do BNG.























Elecciones municipais, 25 de maio de 2003[8]
Partido
Votos
%
Concelleiros

PP
7.394
52,57 %
12

PSOE
3.469
24,67 %
5

BNG
2.820
20,05 %
4
  • Alcalde electo: Ramón Campos Durán (PP).






















Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[9]
Partido
Votos
%
Concelleiros

PSOE
6168
42,6 %
9

PP
4472
30,89 %
7

BNG
1901
13,13 %
3

CIDEGA
1390
9,6 %
2
  • Alcalde electo: José Antonio Dono López (PSOE).


Galería de imaxes |


Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes da Estrada


Festividades |


Son famosas a Festa do Salmón e a rapa das bestas de Sabucedo. As festas patronais son na honra a San Paio e celébranse o 26 de xuño.[10]



A Estrada na literatura popular |



  • As nenas de Paradela/ elas son moi bailadoras,/ bailan na punta do pé/ como se foran señoras [11].


  • Canta, miña prima, canta./ ¡No adro de Paradela/ non entra mellor garganta [12].


  • O pandeiro toca ben,/ as ferreñas danlle o son,/ as meniñas que o tocan/ de Paradela elas son [13].


Parroquias |





Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Estrada


Agar (Santa Mariña) | Aguións (Santa María) | Arca (San Miguel) | Arnois (San Xiao) | Baloira (San Salvador) | Barbude (San Martiño) | Barcala (Santa Mariña) | Berres (San Vicenzo) | Callobre (San Martiño) | Cereixo (San Xurxo) | Codeseda (San Xurxo) | Cora (San Miguel) | Couso (Santa María) | Curantes (San Miguel) | A Estrada (San Paio) | Frades (Santa María) | Guimarei (San Xiao) | Lagartóns (Santo Estevo) | Lamas (San Breixo) |
Liripio (San Xoán Bautista) | Loimil (Santa María) | Matalobos (Santa Baia) | Moreira (San Miguel) | Nigoi (Santa María) | Oca (Santo Estevo) | Olives (Santa María) | Orazo (San Pedro) | Ouzande (San Lourenzo) | Parada (San Pedro) | Paradela (Santa María) | Pardemarín (Santa Baia) | Remesar (San Cristovo) | Ribeira (Santa Mariña) | Ribela (Santa Mariña) | Riobó (San Martiño) | Rubín (Santa María) | Sabucedo (San Lourenzo) | San Miguel de Barcala (San Miguel) | San Miguel de Castro (San Miguel) | San Pedro de Ancorados (San Pedro) | San Tomé de Ancorados (San Tomé) | San Xiao de Vea (San Xiao) | San Xurxo de Vea (San Xurxo) | Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) | Santeles (San Xoán) | Santo André de Vea (Santo André) | A Somoza (Santo André) | Souto (Santo André) | Tabeirós (Santiago) | Toedo (San Pedro) | Vinseiro (Santa Cristina)



Lugares da Estrada |


Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Estrada vexa: Lugares da Estrada.



Notas |




  1. Véxase no Galizionario.


  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 


  3. Costas González, 2016, p. 48


  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estradense.


  5. 5,05,1 Costas González, 2016, p. 19


  6. Cabeza Quiles, Fernando (2006). Algúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e Toedo (PDF). A estrada, Miscelánea histórica e cultural 9. p. 115. 


  7. Fernando Cabeza Quiles (2008:257, 258, 260, 263) Toponimia de Galicia. Vigo:Editorial Galaxia


  8. Eleccións municipais de 2003


  9. Eleccións municipais de 2007


  10. aestraga.gal (ed.). "Festas". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017. 


  11. Fermín Bouza-Brey, en Nós 90, 15.06.1931, 108. Santa María de Paradela é unha parroquia do concello da Estrada.


  12. Fermín Bouza-Brey, en Nós 96, 15.12.1931, 236.


  13. Fermín Bouza-Brey, en Nós 90, 15.06.1931, 108. No orixinal: danlle o són.



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Universidade de Vigo. p. 66. ISBN 978-84-8158-706-7. 


  • Varela Castro, Pedro (1923). La Estrada (en castelán). Tipografía de «El Eco de Santiago». p. 252. 

Etnografía
  • Fermín Bouza-Brey (colector): "Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós.


Outros artigos |


  • Alcaldes da Estrada


Ligazóns externas |


  • Páxina web do Condello da Estrada

  • IES Manuel García Barros


  • Codeseda A Estrada (en castelán)

  • Portal cultural comarcal Tabeiros Montes




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A_Estrada&oldid=5060117"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.552","walltime":"0.751","ppvisitednodes":"value":1729,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":49852,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2526,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":14099,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":6,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 593.751 1 -total"," 26.65% 158.230 1 Modelo:Concello"," 23.90% 141.911 1 Modelo:Infobox"," 23.71% 140.770 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.59% 80.695 1 Modelo:Listaref"," 7.86% 46.641 2 Modelo:Cita_web"," 7.64% 45.341 1 Modelo:ConcellosTabeirós-Terra_de_Montes"," 4.31% 25.598 1 Modelo:Navbox_con_columnas"," 4.29% 25.478 1 Modelo:Commonscat"," 3.82% 22.655 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.252","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5497432,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1273","timestamp":"20190328213114","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":894,"wgHostname":"mw1273"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020