Borgoña Índice Historia | Xeografía | Demografía | Economía | Administración | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónSitio web oficialeDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasLingua galega: dúbidas lingüísticasPáxina web oficial do Consello Rexional de BrogoñaSitio web oficial do Turismo en BorgoñaMuseos de BorgoñaSitio web adicado a BorgoñaeWorldCat1494438351186250141889080ID001139030309674129468-37281n79091183ID0066044927768027259978
Alta Francia
Auvernia-Ródano-Alpes
Borgoña-Franco Condado
Bretaña
Centro-Val de Loira
Córsega
Gran Leste
Illa de Francia
Normandía
Nova Aquitania
Occitania
Países do Loira
Provenza-Alpes-Costa Azul
Alsacia
Aquitania
Auvernia
Borgoña
Champaña-Ardenas
Franco Condado
Languedoc-Rosellón
Lemosín
Lorena
Mediodía-Pireneos
Alta Normandía
Baixa Normandía
Norte-Paso de Calais
Picardía
Poitou-Charentes
Ródano-Alpes
Borgoña
francésborgoñónrexión administrativaFranciaYonneCôte-d'OrNièvreSaona e Loiraceltasgalosromanosgalo-romanospobos xermánicosburgundiosfrancosBurgundia534burgundiosImperio Romano de Occidente411RinWormshunosSuízaFranciaItalia534francosIdade MediamosteirosClunyCiteauxVézelayséculo XVFranciaducadoArtoisFlandresBrabanteBélxicaPaíses Baixos1790departamentosCôte-d'OrNièvreSaône-et-LoireYonneYonneArmançonpradaríastrigomillodijonesaMorvanMâconnaismsnmMorvanpoboaciónMorvan18811990Illa de FranciaRódano-AlpesagriculturacereaisYonneaceitegandaríaviticulturaindustriaséculo XIXcarbón1945Dijonquímicaindustria farmacéuticaelectrónicaplásticopapelaríaautomóbilesgastronomíahistoriaculturaturismoMorvanPartido Comunista FrancésNièvredepartamento de YonneUMPFronte Nacional
Borgoña
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
| Borgoña | |||
|---|---|---|---|
Bourgogne Bregogne | |||
| |||
| Estado | |||
| Capital | Dijon | ||
| • Poboación | 151 504 (2006) | ||
| Lingua oficial | Francés | ||
| Forma de goberno | Rexión de Francia | ||
President | François Patriat (PS) | ||
| Superficie | Posto 7º | ||
| • Total | 31.582 km² | ||
| Poboación | Posto 16º | ||
| • Total | 1 628 837 (2006) hab. | ||
| • Densidade | 52 hab./km² | ||
| Xentilicio | Borgoñón/oa | ||
| Fuso horario | UTC+1 | ||
| • Horario de verán | UTC+2 | ||
| Dominio de Internet | .fr | ||
| Código ISO | n/d | ||
Sitio web oficial | |||
Borgoña[1][2][3] (francés: Bourgogne, en borgoñón: Bregogne) é unha rexión administrativa da Francia, situada ao leste do país e que agrupa aos departamentos de Yonne, Côte-d'Or, Nièvre e Saona e Loira.
Habitada en tempos por celtas, galos, romanos e galo-romanos, e varios pobos xermánicos, de entre os cales os máis importantes foron os burgundios (de onde deriva o seu nome actual, a través dunha forma medieval Burgundia) e os francos. Convén, porén, distinguir entre Burgundia e Borgoña. Burgundia é o nome dun reino xermánico que durou até o ano 534, mentres que Borgoña aplícase a unha provincia do reino dos francos que ocupaba aproximadamente o mesmo territorio que Burgundia, polo que este mesmo nome é o utilizado para denominar á rexión de Francia na actualidade.
Índice
1 Historia
2 Xeografía
3 Demografía
4 Economía
5 Administración
5.1 División administrativas
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Ligazóns externas
Historia |
Templo adicado ao Deus romano Xano
Os burgundios eran un dos pobos xermánicos que encheron o baleiro de poder deixado tras a caída do Imperio Romano de Occidente. En 411, cruzaron o Rin e estableceron un reino en Worms. No medio das loitas entre romanos e hunos, o reino burgundio ocupou as terras nas que hoxe se atopan as fronteiras de Suíza, Francia e Italia. En 534, os francos derrotaron a Gundemaro, o último rei burgundio, e anexaron o seu territorio.
Durante a Idade Media, Borgoña foi a sede dalgúns dos máis importantes mosteiros, entre eles Cluny, Citeaux e Vézelay. A comezos do século XV a Borgoña era unha das máis importantes provincias semi-independentes do Reino de Francia. Encóntrase na zona oriental do país e parte dela xacía fóra das fronteiras francesas, o denominado Franche-Comté, ou Condado Libre. O ducado tamén incluía Artois, Flandres e o Brabante, nas actuais Bélxica e Países Baixos.
Borgoña foi unha provincia de Francia até 1790. É hoxe unha rexión administrativa da Francia, englobando os departamentos de Côte-d'Or, Nièvre, Saône-et-Loire e Yonne.
Xeografía |
Ao norte, a baixa Borgoña é unha rexión de chairas sedimentarias: engloba o Sénonais agrícola e a rexión de Othe forestal, que domina os vales do Yonne e do Armançon. Ao leste, as rexións do Saône corresponden a chairas de afundimento cubertas de pradarías e campos (trigo, millo, cultivo de hortalizas).
No centro, as mesetas borgoñoas, calcarias, inclínanse cara ao noroeste, mais descenden bruscamente cara ao sueste. Comprenden o Auxerrois, plataforma pedregosa onde se estableceu a vide (Chablis), o Tonnerrois, de altitude máis baixa, o Châtillonais, rexión pobre onde a agricultura coñece dificultades, a encrucillada dijonesa e a Côte-d'Or, última pendente abrupta da montaña, que alberga un dos viñedos máis famosos de Francia.
O Morvan, antigo macizo forestal, está rodeado de chairas arxilosas onde se practica a gandaría, cortadas pola depresión da Dheune-Bourbince. Ao sur finalmente, o Mâconnais, rexión de policultivo, gandaría e viñedo, descansa nas primeiras estribas do Macizo Central. O punto máis alto da rexión é o Haut-Folin, con 901 msnm no Morvan.
Panorama do Morvan
Demografía |
Praza do Miroir en Dijon
Borgoña conta con 1 628 837 habitantes e unha densidade de 52 hab/km2, o que é unha das densidades máis baixas de Francia. Ademais a poboación de Borgoña está moi desigualmente repartida, concentrándose preto das grandes vías de comunicación, mentres que o Morvan (zona montañosa do oeste da rexión) está practicamente despoboado. Actualmente, Borgoña está menos poboada que en 1881.
Dende 1990, o desequilibrio demográfico acentuouse entre Borgoña e as rexións dominantes que a rodean (Illa de Francia e Ródano-Alpes). En tanto que estas dúas experimentan uns fortes crecementos demográficos, Borgoña cae no estancamento e envellecemento, dado que a rexión atrae máis aos xubilados que aos mozos.
Economía |
Viñedos da Haute Côte des Nuits
A agricultura borgoñoa é dinámica, poderosa e moi especializada: cereais (trigo e cebada no Yonne e no Côte-d'Or), aceite, gandaría bovina (Charolais, Morvan, Nivernais), viticultura cos viños borgoñóns(Côte de Beaune, Nuite, Hautes-Côtes, Côte Chalonnaise, Mâconnais, Beaujolais).
A industria, que se desenvolveu desde o século XIX (carbón de Montceau-míneslles, siderurxia do Creusot, minas da Machine), coñeceu un novo auxe despois de 1945, particularmente no val do Saône (Mâcon, Chalon-sur-Saône), Dijon e o departamento de Yonne. En cambio, o norte da rexión, pobre en grandes empresas, viu como se instalaban industrias menos pesadas, máis diversificadas e menos vulnerables: química, industria farmacéutica, electrónica, transformación do plástico, papelaría, industrias mecánicas e de automóbiles e industrias agro-alimentarias.
Finalmente, o comercio exterior e o turismo (gastronomía, historia, cultura, turismo verde no parque natural do Morvan) proporcionan á rexión importantes recursos complementarios.
Administración |
Dijon, capital de Borgoña
O presidente do Consello Rexional de Borgoña é o socialista François Patriat, que ocupa este cargo dende as eleccións rexionais de 2004. A coalición progresista que encabeza François Patriat estaba formada polo Partido Socialista, o Partido Comunista Francés, Os Verdes e o Partido Radical de Esquerda. Esta coalición obtivo o 52,49% dos votos emitidos na segunda volta e 37 dos 57 escanos en xogo.
Esta lista foi a máis votada en tódalas circunscricións electorais. O mellor resultado conseguiuno no departamento de Nièvre co 58,22% dos votos emitidos. Por contra, o peor resultado foi o conseguido no departamento de Yonne con só o 44,62%.
A lista do presidente saínte, Jean-Pierre Soisson, da conservadora UMP, obtivo un 32,14% dos votos e 14 escanos. A candidatura do ultraconservador Fronte Nacional foi a menos votada na segunda volta cun 15,37% dos votos e 6 escanos. A Unión pola Democracia Francesa, que obtivera un 12,98% dos votos na primeira volta das eleccións, retirouse da segunda volta sen dar ningunha recomendación de voto.
División administrativas |
A rexión de Borgoña está dividida en catro departamentos, quince distritos, 174 cantóns e 2.045 concellos. Os catro departamentos da rexión son (entre paréntese número de habitantes):
Côte-d'Or (531.211)
Nièvre (222.220)
Saona e Loira (544.893)
Yonne (345.000)
Notas |
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para borgoñón.
↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 112. ISBN 84-8158-266-2.
↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
Véxase tamén |
Ligazóns externas |
- Páxina web oficial do Consello Rexional de Brogoña
- Sitio web oficial do Turismo en Borgoña
- Museos de Borgoña
- Sitio web adicado a Borgoña
| ||||||||||||||
|
Categoría:
- Borgoña
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.588","walltime":"1.698","ppvisitednodes":"value":959,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":39524,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1078,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":7,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":13,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3394,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":14,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1466.788 1 -total"," 86.72% 1271.989 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 4.73% 69.322 1 Modelo:Listaref"," 4.37% 64.085 1 Modelo:Primeira_entidade_subestatal"," 3.87% 56.818 1 Modelo:Infobox"," 3.54% 51.981 2 Modelo:Cita_libro"," 2.16% 31.670 1 Modelo:RexiónsdeFrancia"," 1.65% 24.258 1 Modelo:Navbox"," 0.42% 6.190 1 Modelo:DRAG"," 0.36% 5.269 1 Modelo:Outros_homónimos"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.343","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4931955,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1310","timestamp":"20190420083143","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":139,"wgHostname":"mw1257"););