Manuel Lourenzo Índice Traxectoria | Obra | Actor | Premios | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneEl premio Otero Pedrayo reconoce la labor del estudio CasaHamletDiccionario da Literatura Galega. ObrasFicha na IMDbManuel Lourenzo en AVGManuel LourenzoEntrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García BarrosWorldCat277126094203XX82550212144358ja10428057140114181nm05220850000 0003 8468 1984n81012480OL613834A792191029920302
Actores do ValadouroActores de cine de GaliciaActores de teatro de GaliciaActores de televisión de GaliciaDramaturgos en lingua galegaDirectores de teatroPremios Nacionais da Cultura GalegaPremios María CasaresNados no ValadouroPedrón de OuroNados en 1943
Ferreira do Valadouro15 de abril1943teatrais19621964AlemañaGaliza1965Francisco Pillado MayorGrupo de Teatro O FachoAgrupación Cultural O FachoLaura TatoManuel F. VieitesTeatro Independente1967Grupo de Teatro Circo1976Xornadas de Teatro de Pontevedra1971Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia197319801978Francisco PilladoCadernos da Escola Dramática GalegaXesús PisónMiguel Anxo Fernán-VelloHenrique Rabunhal19791980Compañía Teatral Luís Seoane1981Universidade de Santiago de CompostelaLuís Seoane1990Clube de Teatro Elsinor199519971998Santiago FernándezCasahamlet2007Asociación de Escritores en Lingua Galega2017ESAD de GaliciaLaura Tato Fontaíña
Manuel Lourenzo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
- Este artigo trata sobre o actor e autor teatral, para o narrador galego véxase Manuel Lourenzo González.
Manuel Lourenzo | |
---|---|
Nome completo | Manuel María Lourenzo Pérez |
Nacemento | 15 de abril de 1943 |
Lugar | Ferreira |
Nacionalidade | España |
Educado en | Institut del Teatre |
Profesión | actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel María Lourenzo Pérez, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943, é un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Índice
1 Traxectoria
2 Obra
2.1 Obra de creación
2.2 Obra ensaística
2.3 Poesía
2.4 Narrativa
2.5 Traducións
2.6 Literatura infanto-xuvenil
2.7 Obras colectivas
2.8 Bibliografía sobre o autor
3 Actor
4 Premios
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Bibliografía
6.2 Ligazóns externas
Traxectoria |
Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, crea na cidade da Coruña (xunto con Francisco Pillado Mayor) o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca, a xuízo de autores como Laura Tato ou Manuel F. Vieites, o inicio do Teatro Independente Galego. En 1967, funda o Grupo de Teatro Circo (1967-1976), o cal é de vital importancia dentro da historia do teatro galego. Co Teatro Circo, acudirá ás Xornadas de Teatro de Pontevedra de 1971 e mais ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), citas de necesaria referencia dentro do contexto do Teatro Independente. En 1978, funda, outra con Francisco Pillado, a Escola Dramática Galega, e codirixe con este autor os Cadernos da Escola Dramática Galega, os cales viron nacer ao seu abeiro personalidades do noso teatro como Xesús Pisón, Miguel Anxo Fernán-Vello, Henrique Rabunhal...
En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado Mayor, a monografía O teatro galego,[1] libro pioneiro e aínda de referencia aínda hoxe en día dentro do ámbito do estudo da dramática.
Por outra parte, en 1980 crea a Compañía Teatral Luís Seoane e, en 1981, recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, outorgado a raíz dun traballo sobre o teatro de Luís Seoane. Tamén en 1981, e tamén con Francisco Pillado Mayor, funda a editorial Castrodouro.
No ano 1990, crea o Clube de Teatro Elsinor, en 1995 saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.
En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes.
No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet, a cal rexenta actualmente[cando?].
No 2007 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 2017 foi recoñecido como Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia.
Obra |
Obra de creación |
Autor de aproximadamente 150 obras dramáticas, o seu teatro volta aos temas da traxedia grega para denunciar situacións históricas (como o franquismo, a transición,...). Laura Tato Fontaíña destaca o seu interese polas figuras femininas que cumpren o rol da femme fatale e polas pezas de mulleres apaixonadas, no medio dunha mestura entre nostalxia, humor e fantasía. Concibiu tamén obras dramáticas nas que se ironiza con aspectos teóricos da dramática.
Algunhas das súas obras máis destacadas son:
Tres irmáns parvas (1969).
Crónica do sol de inverno (1971).
Erros e ferros de Pedro Madruga (1972).
Romería ás Covas do Demo (1975, Pico Sacro).
Viaxe ao país de ningures (1977, Galaxia).
Todos os fillos de Galahad (1978).
As criadas (1980) (espectáculo).
Últimas fasquías de setembro (espectáculo).
Edén e outros paraísos (1981, Castrodouro).
Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1981, Edicións do Castro).[2]
Fedra (1982, Cadernos da Escola Dramática Galega).
A noite dourada de Mimí da Cora (1982, Compañía Luís Seoane).
O segredo da Illa Troneira (1986, Cadernos da Escola Dramática Galega).
Defensa de Helena (1987, Sotelo Blanco).
Unha man de vento contra o mar (1989, Caixa Galicia).
Agamenón en Áulide (1991, Teatro do Atlántico).
Forno de teatro fantástico (1991, Edicións do Castro).
Xoana (1991, Cadernos da Escola Dramática Galega).
Teatro mínimo (1992, Elsinor Teatro). Inclúe as pezas "Laura" (1988), "A paixón de Brenda Moore" (1988-1992), "Mário e Manfredo" (1987), "Como un susurro" (1985), "A canción do deserto" (1990), "O binóculo" (1988) e "Aquela rúa" (1991).
Electra (1994, Cadernos da Escola Dramática Galega).
O xardín dos contos (1994, Asociación Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós).
A lexión sonámbula (1995, Hércules).
O perfil do crepúsculo (1995, Cadernos de Teatro).
A sensación de Camelot (1995, AS-PG).
Magnetismo (1996, Deputación da Coruña).
Veladas indecentes (1996, Laiovento).
O circo da medianoite (1997, AS-PG/A Nosa Terra).
Lionel. O Malestar do Benestar (1998).
Últimas faíscas de setembro (2000, Deputación da Coruña).
A larva furiosa. Adeus, Madelón (2003, Espiral Maior).
Insomnes (2004, Deputación da Coruña).
Camiñar polo arame cunha lata de cervexa (2005, Laiovento).
Nocturnos (2005, Laiovento).
Agamenón en Áulide (2006, Fervenza).
Eclipses (2006, Laiovento).
Illa: contos troianos (2006, Fervenza).
Contos troianos (2007, Deputación da Coruña).
Eléctricas (2007, Laiovento).
As horas baixas (2008, Laiovento).
Concerto (2009, Laiovento).
As dunas (Centro Dramático Galego 2009, dirixida por Quico Cadaval).
Medea dos fuxidos e outras pezas (2009, Biblos Clube).
Flores de Dunsinane (2010, Xerais).
Teatro circo: tres textos (2010, Deputación da Coruña).
Tres versións (2010, Laiovento).
Aquelas cousas do verán (2011, Difusora).
Novo teatro fantástico (2012, Laiovento).
Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015) (2016, Xerais).
Suite Artabria (2017, Xerais).
Obra ensaística |
Manuel Lourenzo é tamén autor de libros e artigos teóricos sobre o teatro galego. Os máis destacábeis son:
Tacholas (1975, Edicións do Castro).
O teatro infantil galego (1978, Cadernos da Escola Dramática Galega).
Mensaxe do Día Universal do Teatro (1992, Instituto Galego da Información).
Pensar co corpo (2001, Deputación da Coruña).
Poesía |
Santuário (1983, Concello de Vigo).
Narrativa |
O hóspede escandinavo (2010, Espiral Maior).
Traducións |
A Maravillosa história de Marly, a vampira de Vila de Cruces (fotonovela nun acto), de Carlos Queiroz Telles (1988).
Literatura infanto-xuvenil |
Teatro para nenos (1982, Edicións do Castro).
Obras colectivas |
A compañía galega Maruxa Villanueva (1979, Cadernos da Escola Dramática galega) (escrito en colaboración con Francisco Pillado Maior).
O teatro galego (1979, Edicións do Castro) (escrito en colaboración con Francisco Pillado).[1]
Antoloxía do teatro galego (1982, Edicións do Castro) (escrito en colaboración con Francisco Pillado).
Teatro para nenos (1982, Edicións do Castro).
Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
Dicionario do teatro galego (1987, Sotelo Blanco) (escrito en colaboración con Francisco Pillado).
Monólogos (1987, Sotelo Blanco).
Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Edicións do Castro).
12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990, Asociación Cultural Xermolos).
O camiño das estrelas (1993, Elsinor Teatro).
O xardín dos contos (1994, Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós).
O Canto de Vilavella (1996, Xunta de Galicia).
Contos do Valadouro (1998, A Nosa Terra).
Liñas para lelas (1998, RENFE/Grándola Nova Edicións).
Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro (2006, Deputación da Coruña). Con Francisco Pillado.
Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010, Deputación de Lugo).
Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012, Deputación da Coruña).
Banqueiros (2012, Laiovento).
Bibliografía sobre o autor |
- Manuel Lourenzo: vivir para o teatro, de Pablo Rodríguez (1997, Uvegá Teatro).
Palabra e acción: a obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego de Roberto Pascual (2006, Tris Tram).
Actor |
Mareas vivas (como Melgacho)
Entre bateas (como Renato)
Matalobos (como Xosé Louro)
Días azules (como policía)
Vilamor (como o cura Don Aurelio)
Fariña (como Vicente Otero Pérez "Terito")
Premios |
Durante a súa carreira, Manuel Lourenzo colleitou numerosos premios literarios e teatrais. Estes son:
- Concurso Breogán de Contos en Lingua Galega (1971, 1972, 1975).
- 3º Premio de Contos dos IV Jogos Florais Minho-Galaicos. Convívio de Guimarães no 1973, por O retorno do cabo de vela.
- Concurso-Premio de Teatro Infantil O Facho (1975, 1979, 1981, 1986, 1988).
- Premio Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1977, 1981).
- Premio Abrente (1978)/ Mención de honra no Premio Abrente (1974 e 1980).
- Premio de Poesía Cidade da Coruña (1980).
- Premio Nacional do Disco (1981).
- Premio Celso Emilio Ferreiro de Poesía do Concello de Vigo (1982), por Santuário.
- Premio Artur Carbonell (1983).
- Festival Internacional de Teatro de Ribadavia (1984, mellor dirección).
- Premio da Sociedade Filantrópico-Dramática de Ribadeo (1984).
- Premio Concello de Xove (1984), por O segredo da Illa Troneira.
- Premio Teatro de Cámara Ditea (1985), por Defensa de Helena.
- Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (1986, 1990).
- Certame Galego de Teatro Xuventude (1991)/Segundo Premio en 1996).
- Premio de Narrativa Pub Combo (1992).
- Premio Xeración Nós de Ferrol (1993).
- Finalista do Concurso de Obras Teatrais Inéditas "No Camiño" (1993)/ Accesit en 1994.
Premio de teatro Rafael Dieste (1996, por Magnetismo e 1999, por Últimas faíscas de setembro).- Premio Nacional de Literatura Dramática (1997), por Veladas indecentes.
Pedrón de Ouro (2001).
Premio Maruxa Villanueva (2004).
Premio Nacional de Artes escénicas (2008).
Premio Álvaro Cunqueiro por Flores de Dunsinane (2009).- Premio Abrente de Textos Teatrais no 2010, por Aquelas cousas do verán.
- Premio "Otero Pedrayo" das Deputacións galegas e a Xunta de Galicia, 2011.[3]
- Premio de teatro da AELG, 2011, por Flores de Dunsinane.
- Premio Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) á Animación Teatral en 2016.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de teatro de 2017, por Suite Artabria.
Notas |
↑ 1,01,1 Vilavedra 2000, p. 451-452.
↑ Vilavedra 2000, p. 464-465.
↑ El premio Otero Pedrayo reconoce la labor del estudio CasaHamlet (en castelán)
Véxase tamén |
Bibliografía |
"Lorenzo Pérez, Manuel María". Diccionario enciclopédico galego universal 39. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 18. ISBN 84-7680-429-6.
"Lourenzo Pérez, Manuel". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1253. ISBN 978-84-8288-942-9.
"Lourenzo, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.…Manuel María Lourenzo Pérez naceu na parroquia de Ferreira…
Barrera, F., ed. (2002). "Lorenzo Pérez, Manuel María". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 341. ISBN 84-8064-113-4.
Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. "Lourenzo Pérez, Manuel María". Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 251–252. ISBN 84-7492-465-0.
Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 352–353. ISBN 84-8288-019-5.
Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
Ligazóns externas |
Ficha na IMDb (en inglés)
Manuel Lourenzo en AVG Consello da Cultura Galega
Manuel Lourenzo na Biblioteca Virtual Galega.- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
|
Categorías:
- Actores do Valadouro
- Actores de cine de Galicia
- Actores de teatro de Galicia
- Actores de televisión de Galicia
- Dramaturgos en lingua galega
- Directores de teatro
- Premios Nacionais da Cultura Galega
- Premios María Casares
- Nados no Valadouro
- Pedrón de Ouro
- Nados en 1943
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.552","walltime":"0.920","ppvisitednodes":"value":3007,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":28861,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":932,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":12,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3031,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":13,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 817.055 1 -total"," 46.19% 377.401 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 22.55% 184.211 2 Modelo:Infobox"," 21.88% 178.774 1 Modelo:Actor"," 14.62% 119.455 20 Modelo:Propiedade"," 11.83% 96.665 3 Modelo:Cita_enciclopedia"," 5.42% 44.265 1 Modelo:Cando"," 3.81% 31.167 3 Modelo:Sfn"," 3.79% 30.937 1 Modelo:Sen_notas"," 3.34% 27.300 1 Modelo:Ambox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.376","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5791081,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1247","timestamp":"20190515060752","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Manuel Lourenzo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Lourenzo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q11934964","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q11934964","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-12-17T13:26:42Z","dateModified":"2019-01-10T14:08:00Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/55/Manuel_Lourenzo_%28AELG%29-6.jpg","headline":"actor, dramaturgo, director teatral e tradutor galego"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":173,"wgHostname":"mw1241"););