Skip to main content

Francisco Pillado Mayor Índice Traxectoria | Obras | Premios e mencións | Véxase tamén | Menú de navegacióneFrancisco Pillado MayorEntrevista a Francisco Pillado Mayor (2006)Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García BarrosWorldCat49262431183XX103308112144359w13584407X0000 0001 1637 9324n810304551009222029920310

Escritores en lingua galegaEscritores de GaliciaNados na CoruñaNados en 1941


Coruña18 de maio1941teatro galegoFrancisco Pillado RivadullabacharelatoArte DramáticaAlcalá de HenaresRadio Nacional de EspañaCadena SERAgrupación Cultural O Facho1965Escola Dramática Galega197819801990Oswaldo DragúnSotelo Blanco Edicións1996Universidade de Santiago de Compostela1997Parlamento de GaliciaBNGCompañía de Radio-Televisión de Galicia1966












Francisco Pillado Mayor




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura












Francisco Pillado Mayor
Francisco Pillado Mayor.jpg
Nacemento
18 de maio de 1941
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosTeatro e ensaio
[ editar datos en Wikidata ]

Francisco Pillado Mayor, nado na Coruña o 18 de maio de 1941, é un escritor e persoeiro do mundo do teatro galego.




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Obras

    • 2.1 Ensaio


    • 2.2 Teatro


    • 2.3 Conversas co autor e libros de homenaxe


    • 2.4 Edicións


    • 2.5 Traducións


    • 2.6 Artigos e tradución en publicacións


    • 2.7 Obras colectivas



  • 3 Premios e mencións


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Bibliografía


    • 4.2 Ligazóns externas





Traxectoria |




Francisco Pillado en 2006.


Fillo do xornalista Francisco Pillado Rivadulla. Logo de facer o bacharelato e estudos musicais, Francisco Pillado Mayor estudou Maxisterio, Graduado Social, Declamación e Arte Dramática, e é Técnico Superior en Relacións Industriais pola Universidade de Alcalá de Henares.


Traballou como profesor no Seminario de Estudos Sociais Ramón de la Sagra, do Colexio Universitario da Coruña. Fixo crítica literaria en Radio Nacional de España na Coruña e dirixiu o espazo "A escena e a pantalla" en Radio Coruña da Cadena SER. Publicou, con diferentes pseudónimos, artigos, entrevistas, críticas de libros e espectáculos en La Voz de Galicia. Con posterioridade publicou unha serie de colaboracións no semanario A Nosa Terra, no diario O Correo Galego, e traducións na revista Grial.


No mundo do teatro foi promotor dos grupos de teatro da Agrupación Cultural O Facho (1965), Escola Dramática Galega (1978), Luís Seoane (1980) e Elsinor Teatro (1990). Foi Presidente da Escola Dramática Galega, onde exerceu tamén como director de publicacións e responsábel do Departamento de Estudos Teatrais, así como da dirección dos Cadernos da EDG.


En 1990, fundou o Grupo de Teatro de Alumnos da Escola de Estudos Sociais da Coruña, que se presentou publicamente coa obra Panchiño, de Oswaldo Dragún.


Formou parte do Consello de Redacción da Revista monográfica de Cultura da Agrupación Cultural O Facho e de Cen Augas. Dirixiu, desde a súa creación, a colección de teatro A Biblioteca do Arlequín, de Sotelo Blanco Edicións.


  • Director de Cadernos da Escola Dramática Galega, Cadernos do Espectáculo da Compañía Luís Seoane, Colección Castrodouro-Teatro, Colección Arlequín, Libros Elsinor Teatro, Cadernos de Teatro e da Revista de Teatro Casahamlet.

  • Foi director literario de Edicións Laiovento até 2014.

  • Membro da Xunta Directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 1984 e 1988.

  • Directivo da Agrupación Cultural O Facho.

  • Entre 1995 e 1997, formou parte do Consello Rector do IGAEM.

  • Membro do Consello Asesor da Colección Teatro nas Aulas, patrocinada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

  • Incluído no International Who's Who of Intellectuals e Men of Achievement do International Biographical Centre (Cambridge) en 1981.

En 1996, doou a súa Biblioteca-Arquivo de Teatro á Universidade da Coruña, que pasou a denominarse Biblioteca-Arquivo de Teatro Francisco Pillado Mayor. Foi nomeado Presidente de Honra da citada Biblioteca, figura, ademais, no Consello Científico dos libros que se promoven desde esa institución académica. Tamén en 1996 cedeu á Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela a biblioteca que herdara do seu pai.


En 1997, foi elixido polo Parlamento de Galicia e a proposta do BNG, membro do Consello de Administración de Compañía de Radio-Televisión de Galicia. Ocupou este cargo durante dúas lexislaturas.


Fixo parte, ademais, de diversos xurados literarios.


Está casado con Noli Vega desde 1966, e ten dúas fillas.



Obras |



Ensaio |



  • O teatro de Manuel Lugrís Freire, 1991, Edicións do Castro.


  • Cinco aspectos do teatro galego, 1992, Biblioteca 114, El Correo Gallego.


  • Manuel Lugrís Freire, 2006, Edicións Fervenza.


  • Camiño sen retorno, 2014, Laiovento.


Teatro |



  • Fígaro ou a inútil precaución, 2003, Espiral Maior. Estrada na Coruña en 1997 polo Grupo Teatral Librescena.


  • Na outra banda da ponte, 2006, Deputación da Coruña.


Conversas co autor e libros de homenaxe |



  • No País da Irmandade. Homenaxe a Francisco Pillado Maior, 2007.


  • No pazo de Laiovento, 2008, Espiral Maior. Con Xosé Luna.


Edicións |



  • Prosas de combate e maldicer, de Xosé Manuel Beiras, 1991, Laiovento. Autor de escolma, edición e notas.


  • A ponte, de Manuel Lugrís Freire, 1997, AS-PG/A Nosa Terra.


  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Con Xavier Seoane.


Traducións |



  • Dúas farsas: A doncela, o mariñeiro e mais o estudante, e O paseo de Buster Keaton, de Federico García Lorca, 1978, Cadernos da Escola Dramática Galega.


  • Petición de man, de Anton Chekhov, 1979, Cadernos da Escola Dramática Galega.


  • O irlandés astrólogo, de Luís Seoane, 1980, Edicións do Castro.


  • A boda de Esganarello, versión da obra Le mariage forcé, de Molière, 1982, Edicións Castrelos. A obra foi estreada pola Escola Dramática Galega en 1981, baixo a dirección de Agustín Vega.


  • Catro pezas (O oso, Petición de man, A boda e O aniversario), de Anton Chekhov, 1982, Castrodouro. Foron representadas en diversas ocasións.


  • O seguinte, de Terrence MacNally, 1983, Cadernos da Escola Dramática Galega. Estreada na Coruña en 1984.


  • Historia de como o noso amigo Panchiño González se sentiu responsábel do andacio de peste bubónica na África do Sul, de Oswaldo Dragún, 1984, Cadernos da Escola Dramática Galega, estreado na Coruña nese mesmo ano.


  • A máis forte, de August Strindberg, 1985. Estreado polo Grupo de Teatro Danthea.


  • Máxia vermella: tres actos, de Michel de Ghelderode, 1985, Libros de Teatro Don Satúrio. Estreado na Coruña no 1991, co título Gargalladas do espectro polo Grupo de Teatro Maxia Vermella, baixo a dirección de Fernando Morán.


  • Sobre os males que provoca o tabaco e outras pezas, de Anton Chekhov, 1987, Libros de Teatro Don Satúrio. Reeditado en 1991 xunto á obra Tráxico á forza, en Sotelo Blanco.


  • As tres irmás (drama en catro actos), de Anton Chekhov, 1987, Libros de Teatro Don Satúrio. Estreado en Vigo en 1987 polo Centro Dramático Galego.


  • Os cravos de prata, de Nicolas Bela, 1990, Sotelo Blanco. Estreado polo Grupo de Teatro do Facho no 1986.


  • A lición, de Eugène Ionesco, 1991, Cadernos da Escola Dramática Galega. Reeditado en 2002 en Laiovento xunto á obra A cantante calva, do mesmo autor, traducida por Henrique Harguindey.


  • Un grao de millo. Conversas de Fidel Castro con Tomás Borge, 1994, Asociación de Solidariedade Galego-Cubana Curros Enríquez.


  • Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand, 1999, Baía Edicións. Con Paulino Pereiro.


  • Á espera de Godot, de Samuel Beckett, 2003, Laiovento. Estreada en 1984 pola Compañía Luís Seoane na Coruña, e representada en 1989 por Teatro Galileo e en 1991 pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago, as dúas nesta cidade.


  • Pedro e o capitán, de Mario Benedetti, 2003, Xerais. Estreado no 1993 na Coruña.


  • A porta pechada, de Jean-Paul Sartre, representada en 2008 por Andrómena Teatro.


  • Náufragos, versión escénica de La petite hutte, de André Roussin, representada no 2009 por Teatro Galileo.


  • Des(f)eitos, de Febe Chaves, representada no 2012 por Teatro Galileo.


Artigos e tradución en publicacións |



  • Poema con nenos (tradución de teatro), Grial, número 59, 1978.


  • O Escorial (tradución de teatro), de Michel de Ghelderode, Don Saturio. Boletín Informativo do Teatro Galego, número 4, 1982.


  • A Escola Rexional de Declamación, revista Agália, número 23, 1990.


Obras colectivas |



  • Textos pra o ensino do galego, 1976, Edicións do Rueiro.


  • A Compañía Galega María Villanueva, 1979, Cadernos da Escola Dramática Galega. Con Manuel Lourenzo.


  • O teatro galego, 1979, Edicións do Castro. Con Manuel Lourenzo.


  • Xeografía descriptiva de Galicia, 1979, Edicións do Rueiro.


  • Antoloxía do teatro galego, 1982, Edicións do Castro. Con Manuel Lourenzo.


  • As criadas, de Jean Genet, 1982, Compañía Luís Seoane. Con Manuel Lourenzo. Estreada na Coruña, en 1980, pola Compañía Luis Seoane.


  • Glosa do Teatro Galego, en A nosa literatura. Unha interpretación para hoxe. II, 1985, Xistral.


  • Conversas en Compostela con Carballo Calero, 1986, Sotelo Blanco. Con Miguel Anxo Fernán-Vello.

  • Dicionário do Teatro Galego (1671-1985), 1987, Sotelo Blanco. Con Manuel Lourenzo.


  • A nación incesante: conversas con Xosé Manuel Beiras, 1989, Sotelo Blanco. Con Miguel Anxo Fernán-Vello.


  • A poesía e o teatro interseculares, 1996, AS-PG e A Nosa Terra. Con Xosé Ramón Freixeiro Mato.


  • A mandrágora, de Niccolò Machiavelli, 1998, Laiovento. Con Luísa Villalta.


  • Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand, 1999, Baía. Con Paulino Pereiro. Estreado ese mesmo ano en Ourense polo Grupo de Teatro Librescena.


  • A estrela na palabra. Novas conversas con Xosé Manuel Beiras, 2004, Espiral Maior e Laiovento. Con Miguel Anxo Fernán-Vello.


  • A Galicia moderna. Teatro, en A Galicia moderna. 1916-1936, 2005, Xunta de Galicia.


  • Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro, 2006, Casahamlet/Deputación da Coruña. Con Manuel Lourenzo.


  • Na outra banda da Ponte (materiais para un espectáculo didáctico sobre Manuel Lugrís Freire), 2006, Casahamlet.


  • No país da irmandade: homenaxe a Francisco Pillado Maior, 2007, Deputación da Coruña.


  • Feijoo, o galego e nós, 2010, Laiovento. Colabora tamén como prologuista.


  • Banqueiros, 2012, Laiovento. Colabora como coordinador e prologuista.


Premios e mencións |



  • Premio da Crítica en 1989, polo seu labor como director dos Cadernos da Escola Dramática Galega.


  • Premio Compostela de Honra, de El Correo Gallego, o 27 de marzo de 1993, polos Cadernos de Escola Dramática Galega.

  • Premio á modalide editorial das IX Edicións de Premios Irmandade do Libro, pola Editorial Laiovento, no 2000.

  • Galardoado no 2005 co premio Galego do mes de xuño polo xornal El Correo Gallego.

  • Galardoado co XVI Premio San Martiño de Normalización Lingüística na Estrada no 2008. Nese mesmo ano, foi homenaxeado no Teatro Principal desa vila pola Editorial Fervenza.

  • Presidente de honra do xornal dixital Praza Pública desde o 2011.

  • Premio Abrente de honra da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no 2012.

  • Premio da AELG á mellor obra teatral publicada no 2012, por Banqueiros, no 2013.

  • Premio Ibán Toxeiro da A. C. Alexandre Bóveda da Coruña pola súa dedicación ao teatro, no 2014.


Véxase tamén |



Bibliografía |


  • "Pillado Mayor, Francisco" en Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 107. 

  • "Pillado Mayor, Francisco" en Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 465. ISBN 84-8288-019-5. 

  • "Pillado Mayor, Francisco" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD)|format= require |url= (Axuda). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 

  • "Pillado Mayor, Francisco" en Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1632. 

  • "Pillado Mayor, Francisco" en Diccionario enciclopédico galego universal 49. Ir Indo para La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 35. ISBN 84-7680-429-6. 

  • "Pillado Mayor, Francisco" en Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 438. ISBN 84-7680-288-9. 


Ligazóns externas |





  • Francisco Pillado Mayor na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.


  • Entrevista a Francisco Pillado Mayor (2006)[Ligazón morta]

  • Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_Pillado_Mayor&oldid=5023347"










Menú de navegación

























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.468","walltime":"0.684","ppvisitednodes":"value":3141,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":18792,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":470,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 588.659 1 -total"," 54.29% 319.568 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 31.73% 186.757 1 Modelo:Escritor"," 30.33% 178.548 1 Modelo:Infobox"," 19.16% 112.804 26 Modelo:Propiedade"," 11.98% 70.535 6 Modelo:Cita_libro"," 2.09% 12.307 1 Modelo:Se_é_muller"," 1.23% 7.228 2 Modelo:Título_sen_retrouso"," 1.00% 5.879 1 Modelo:Ligazón_morta"," 0.83% 4.911 1 Modelo:AELG"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.296","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5164278,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1302","timestamp":"20190516185329","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Francisco Pillado Mayor","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Pillado_Mayor","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q20534671","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q20534671","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-03-07T21:09:03Z","dateModified":"2018-12-28T19:21:47Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d4/Francisco_Pillado_Mayor.jpg","headline":"escritor e editor galego"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":141,"wgHostname":"mw1270"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020