Skip to main content

Aleta Índice Características | Tipos | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónBioloxía dos peixes4513267-7D058500

Termos zoolóxicosAnatomía rexional animal


peixesmamíferos mariñosanatómicoóseacartilaxinosamúsculosvertebradosnotocordaespeciespeixe sapolofiformespeixe de san Pedropescadabacallauseláceosquenllastúnidosquenllascelacantoatún vermellobranquiaisgóbidosScombridaesalmónidostroitasalmóncarácidossiluriformesodontocetoscachalotenarvalgolfiñosmisticetosbalea borealevolutivamamíferosesqueletovértebrasidentificacióncandorcacachalotegolfiñoarroás












Aleta




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Esquema típico dun peixe, coa disposición das aletas




Esqueleto dun peixe sapo no que se aprecian os radios óseos das aletas


Denomínase aleta a cada un dos membros ou apéndices externos que posúen os peixes e, por extensión, os mamíferos mariños, aínda que nestes últimos as aletas posúen unha orixe e estrutura moi diferentes. As aletas cumpren unha función locomotora e estabilizadora, se ben nalgúns casos sofren notables modificacións para adaptarse a funcións particulares dalgunhas especies.




Índice





  • 1 Características


  • 2 Tipos

    • 2.1 Aleta dorsal


    • 2.2 Aleta caudal


    • 2.3 Aletas pectorais


    • 2.4 Aletas pelvianas


    • 2.5 Aleta anal


    • 2.6 Pínnulas


    • 2.7 Aleta adiposa


    • 2.8 As aletas dos cetáceos



  • 3 Notas


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Ligazóns externas





Características |


Desde o punto de vista anatómico, as aletas dos peixes son formacións membranosas que se estenden sobre unha estrutura ósea ou cartilaxinosa formada por radios, que poden ser duros (espiñosos) ou brandos e segmentados, estes, á súa vez, simples ou ramificados. Segundo a especie, unha aleta pode presentar só radios espiñosos, só radios brandos ou unha combinación dos dous tipos. Polo común, os radios das aletas asentan sobre articulacións que os conectan á espiña vertebral. Estas articulacións permiten que as aletas se poidan pregar ou despregar grazas a uns pequenos músculos.


O número, forma e disposición das aletas serve como elemento diferenciador dos peixes e constitúe un dato importante a ter en conta á hora de identificalos.


As aletas clasifícanse en pares (pectorais e pelvianas) e impares (dorsal, anal e caudal). As aletas pares están relacionadas evolutivamente coas extremidades anteriores e posteriores, respectivamente, dos vertebrados terrestres.



Tipos |


Podemos diferenciar cinco tipos básicos de aletas, ademais doutras formacións semellantes:



Aleta dorsal |


É a aleta colocada na liña superior dorsal dos peixes, paralelamente á notocorda. A súa función está unicamente relacionada co equilibrio. Os peixes poden ter unha, dúas ou tres; e, no caso de ter máis dunha, poden estar unidas ou separadas. Poden estar sostidas por raios espiñosos ou brandos.


Algunhas especies desenvolveron mecanismos de defensa na aleta dorsal, tales como espiñas provistas ou non de veleno. Noutros casos, unha forte espiña sérvelles para suxeitarse nas gretas nas que se acobillan.


Outra curiosa modificación é a que presenta, por exemplo, o peixe sapo e outras especies dos lofiformes: a primeira aleta dorsal consiste nun longo filamento –illicium- engrosado no extremo a modo dunha cana de pescar co seu engado.



Aleta caudal |


É unha aleta impar, situada no extremo posterior do corpo dos peixes, rematando o pedúnculo caudal. É sempre a aleta máis forte, máis musculada, e constitúe o principal órgano locomotor destes animais.


Pode presentar diferentes formas e tamaños. A forma típica é aforquitada, dividida en dous lóbulos separados por unha incisura central, máis ou menos marcada; eses lóbulos poden ser iguais ou non. No caso dos seláceos (quenllas) adopta unha forma de fouce, co lóbulo superior moi desenvolvido.


Descríbense catro tipos de aletas caudais:




Tipos de aleta caudal: (A) - Heterocerca, (B) - Protocerca, (C) - Homocerca, (D) - Dificerca



  • Homocerca: cos dous lóbulos iguais. É a cola simétrica típica dos peixes nos que as vértebras non se estenden cara ningún lóbulo.
    • Arredondada

    • Truncada

    • Incisada

    • Lunata



  • Heterocerca: asimétrica. A columna vertebral prolóngase ó longo dun dos dous lóbulos.
    • Epicerca: co lóbulo superior máis desenvolvido có inferior (caso das quenllas).

    • Hipocerca: co lóbulo inferior máis desenvolvido có superior (caso dos peixes voadores).


  • Protocerca: rematada en punta, continuándose cara adiante ó longo da columna vertebral. É o caso dos mixinoideos e tamén a forma típica no estado embrionario dos peixes. Non debe confundirse coa que se transforma nunha aleta continua por riba ata unirse coa aleta dorsal, e por baixo ata unirse coa anal.

  • Dificerca: trilobulada. Tamén remata en punta (a columna vertebral esténdese ata o final da cola) pero sen continuarse coas aletas dorsais e anal. Preséntana os celacantos e peixes pulmonados.

Nalgunhas especies migratorias, como os túnidos, aparecen unhas formacións en forma de crista ou quilla a ámbolos lados do pedúnculo caudal e por diante da aleta caudal; por veces poden presentar un par destas quillas a cada lado. Están constituídas por unhas escamas modificadas e serven para proporcionar estabilidade ó animal e como soporte da aleta caudal.


Nos peixes, a aleta caudal é sempre vertical; nos mamíferos mariños (cetáceos) é sempre horizontal.



Aletas pectorais |


Sitúanse detrás das aberturas branquiais, tralo opérculo. Nalgunhas especies alcanzan un notable desenvolvemento e permite a creación de forzas de elevación dinámica como a que permite ás quenllas mante-la profundidade ou o voo ós peixes voadores.



Aletas pelvianas |





Linguado: no bordo inferior, a aleta pelviana moi pequena e a anal ben desenvolvida.


As aletas pelvianas ou ventrais sitúanse baixo as aletas pectorais aínda que poden estar moi adiantadas (xugulares) ou atrasadas, servindo esta característica como trazo identificador.


Nos góbidos únense as dos dous lados e modifícanse para formar un disco succionador que utilizan para adherirse a outros peixes ou outros obxectos.



Aleta anal |


É tamén unha aleta impar, situada na rexión ventral dos peixes, por detrás da abertura anal. Utilízana para estabiliza-lo corpo durante a natación.



Pínnulas |


Os peixes da familia Scombridae presentan dúas series de pequenas aletas ríxidas chamadas pínnulas na liña superior (entre a segunda aleta dorsal e a aleta caudal) e inferior (entre a aleta anal e a caudal) do pedúnculo caudal. Noutros casos, como nos Polypteridae, só hai pínnulas na superficie dorsal, faltando a aleta dorsal. Estas aletas modificadas non posúen radios nin son retraíbles.


O número de pínnulas, no caso dos túnidos, tamén é un trazo identificador da especie.



Aleta adiposa |




Salmón


Algúns peixes, coma os salmónidos (troita ou salmón), carácidos e siluriformes presentan unha aleta adiposa detrás da aleta dorsal e xusto por diante da caudal. É de pequeno tamaño, de natureza carnosa e sen os raios que posúen as outras aletas.


Carece de función locomotora.



As aletas dos cetáceos |


Os cetáceos posúen en tódolos casos aletas pectorais e aleta caudal. No caso dos odontocetos, coa excepción do cachalote, o narval ou dos golfiños de auga doce, presentan tamén unha aleta dorsal patente. Os misticetos (baleas) carecen de aleta dorsal, como no caso da balea boreal (Balaena mysticetus), ou está reducida a unha protuberancia lonxitudinal no dorso, pouco evidente. A ausencia ou diminución da aleta dorsal atribúese a unha adaptación evolutiva nas especies que adoitan nadar baixo a capa de xeo.


Nestes animais, as aletas pectorais corresponden ás extremidades anteriores dos mamíferos, modificadas pola adaptación á vida acuática. Fórmanse sobre un esqueleto equivalente ó destes (úmero, cúbito, radio, carpo, metacarpo e falanxes) [1]. A aleta caudal dos cetáceos é o elemento motriz por excelencia, carece de radios e o desenvólvese horizontalmente ós dous lados das últimas vértebras coccíxeas. A aleta dorsal, cando existe, é de natureza graxa, sen base ósea ningunha.


Segundo medran os cetáceos, é frecuente que aparezan nas aletas manchas ou marcas características que permiten ós estudosos destes animais a identificación individual dos distintos exemplares que se avistan.



Notas |




  1. O esqueleto correspondente ás extremidades posteriores practicamente desapareceu, e queda reducido a un par de ósos pelvianos de pequeno tamaño, sen conexión coa columna, perdidos na masa muscular da parede abdominal.



Véxase tamén |



Ligazóns externas |



  • Bioloxía dos peixes (en castelán)



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aleta&oldid=4441206"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.212","walltime":"0.270","ppvisitednodes":"value":217,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":3963,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":45,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":7,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":2,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":9232,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":3,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 223.434 1 -total"," 60.77% 135.788 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 3.44% 7.692 1 Modelo:Listaref"," 2.11% 4.709 1 Modelo:Outros_homónimos"," 1.24% 2.779 1 Modelo:Es"," 1.23% 2.747 1 Modelo:Column-count"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.092","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1725557,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1294","timestamp":"20190315102943","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":114,"wgHostname":"mw1251"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020