Skip to main content

Gas Índice Etimoloxía | Características | Leis dos gases | Comportamento dos gases | Véxase tamén | Menú de navegacióne5922ID4019320-2gasessh8505338000566025gas1073

SólidoLíquidoGasPlasmaSólido amorfoCristalXelVaporNeutroniumPlasma quark-gluonColoideCristal líquido


Estados da materia


estado da materiamoléculasforza de atracciónvolumevaporcondensartemperaturaJan Baptist van Helmontquímica pneumáticadióxido de carbonomateriapresiónvolumetemperaturaRobert BoyleJacques CharlesJohn DaltonGay-LussacAmedeo Avogadrolei dos gases ideaispresiónvolumetemperaturalei de Boyle-MariotteRobert BoyleEdme Mariottevolumepresióntemperaturalei de Charleslei de Gay-Lussaclei xeral dos gaseslei dos gases ideaispresiónvolumemolesconstante universal dos gases ideaistemperaturalSistema Internacional de Unidadeslitros°Catmosferapresiónvolumetemperaturamasacantidade de substanciamolesfluídoelasticamenteUF6compresibilidadebarcoeficiente de dilataciónKdensidadelei dos gases ideaisconstante universal dos gases ideaismasa molartemperatura absolutaK°CatmKteoría cinéticapresiónmasamomento linearforzaáreaenerxía cinética










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

1000 12/16



Gas




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura






Representación dun sistema gaseoso segundo a teoría cinética dos gases.


O gas é o estado da materia cando non ten forma nin volume de seu. A súa principal composición son moléculas non unidas, expandidas e con pouca forza de atracción, provocando que o gas se expanda para ocupar todo o volume do recipiente que o contén.


É considerado nalgúns dicionarios como sinónimo de vapor, aínda que non hai que confundir os seus conceptos, pois este termo debe usarse estritamente para referirse a aquel gas que se pode condensar por presurización a temperatura constante.




Índice





  • 1 Etimoloxía


  • 2 Características


  • 3 Leis dos gases

    • 3.1 Lei de Boyle-Mariotte


    • 3.2 Lei de Charles


    • 3.3 Lei de Gay-Lussac


    • 3.4 Lei xeral dos gases


    • 3.5 Lei dos gases ideais



  • 4 Comportamento dos gases

    • 4.1 Cambios de densidade


    • 4.2 Presión dun gas



  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Outros artigos





Etimoloxía |


En 1648, o químico Jan Baptist van Helmont, considerado o pai da química pneumática, creou o vocábulo "gas" (durante un tempo empregouse tamén "estado aeriforme"), a partir do termo grego kaos (desorde) para definir as características do dióxido de carbono. Esta denominación estendeuse despois a todos os corpos gasosos, tamén chamados fluídos elásticos, fluídos compresibles ou aires, e empregouse para designar un dos estados da materia.



Características |


Como a meirande parte dos gases son difíciles de observar directamente cos nosos sentidos, están descritos a través do uso de catro propiedades físicas ou características macroscópicas: presión, volume, número de partículas e temperatura. Estas catro características foron observadas en repetidas ocasións por científicos como Robert Boyle, Jacques Charles, John Dalton, Gay-Lussac e Amedeo Avogadro para unha variedade de gases en diversos ámbitos. Os seus estudos detallados levaron finalmente a unha relación matemática entre esas propiedades expresada pola lei dos gases ideais.



Leis dos gases |


Existen varias leis derivadas de modelos simplificados da realidade que relacionan a presión, o volume e a temperatura dun gas.



Lei de Boyle-Mariotte |


A lei de Boyle-Mariotte, formulada por Robert Boyle e Edme Mariotte, é unha das leis que relaciona o volume e a presión dunha certa cantidade de gas mantida a temperatura constante. A lei di que a unha temperatura constante e para unha masa dada dun gas o volume do gas varía de xeito inversamente proporcional á presión absoluta do recipiente:


PV=kdisplaystyle PV=k,



Lei de Charles |


A lei de Charles di que a unha presión dada, o volume ocupado por unha certa cantidade dun gas é directamente proporcional á súa temperatura. Matematicamente a expresión é:



V1T1=V2T2displaystyle frac V_1T_1=frac V_2T_2   o   V1V2=T1T2displaystyle frac V_1V_2=frac T_1T_2.

en termos xerais:


(V1 * T2) = (V2 * T1)



Lei de Gay-Lussac |


A lei de Gay-Lussac indica que a presión dunha cantidade de gas que se mantén a un volume constante é directamente proporcional á temperatura:


P1T1=P2T2displaystyle frac P_1T_1=frac P_2T_2

Por iso para poder envasar gas, como gas licuado, primeiro debe arrefriarse o volume de gas desexado ata unha temperatura característica de cada gas, co fin de poder sometelo á presión requirida para licualo sen que se sobrequente e estoupe.



Lei xeral dos gases |


Combinando as tres leis anteriores obtense:


PVT=Cdisplaystyle qquad frac PVT=C


Lei dos gases ideais |


Da lei xeral dos gases obtense a lei dos gases ideais. A súa expresión matemática é:


P⋅V=n⋅R⋅Tdisplaystyle Pcdot V=ncdot Rcdot T

onde P é a presión, V o volume, n o número de moles, R a constante universal dos gases ideais e T a temperatura en kelvins. Tomando o volume dun mol a unha atmosfera de presión e a 273 K, como 22,4 L obtense o valor de R= 0,082 atm·l·K−1·mol−1. No Sistema Internacional de Unidades R = 8,31451 J·K−1·mol−1.


Desta lei dedúcese que un mol (6,022×1023 átomos o moléculas) de gas ideal ocupa sempre un volumen igual a 22,4 litros a 0 °C e 1 atmosfera.



Comportamento dos gases |


Para o comportamento térmico de partículas da materia existen catro cantidades medibles que son de grande interese: presión, volume, temperatura e masa da mostra do material (ou mellor, a cantidade de substancia, medida en moles).


Calquera gas consíderase un fluído porque ten as propiedades que lle permiten comportarse como tal. As súas moléculas, en continuo movemento, colisionan elasticamente entre elas e contra as paredes do recipiente que o contén, contra as que exercen unha presión permanente. Se o gas se quenta esta enerxía calorífica convértese en enerxía cinética das moléculas, é dicir, as moléculas móvense con maior velocidade, polo que o número de choques contra as paredes do recipiente aumenta en número e enerxía. Como consecuencia a presión do gas aumenta, e se as paredes do recipiente non son ríxidas, o volume do gas aumenta.


Un gas tende a ser activo quimicamente debido a que a súa superficie molecular é tamén grande, é dicir, ao estaren as súas partículas en continuo movemento chocando unhas coas outras fai máis fácil o contacto entre unha substancia e outra, aumentando a velocidade de reacción en comparación cos líquidos ou os sólidos.


Para entender mellor o comportamento dun gas, sempre se realizan estudos con respecto ao gas ideal, aínda que este en realidade nunca existe e as propiedades deste son:


  • Unha substancia gasosa pura está constituída por moléculas de igual tamaño e masa. Unha mestura de substancias gasosas está formada por moléculas diferentes en tamaño e masa.

  • Debido á gran distancia entre unhas moléculas e outras e a que se moven a gran velocidade, as forzas de atracción entre as moléculas considéranse desprezables.

  • O tamaño das moléculas do gas é moi pequeno, polo que o volume que ocupan as moléculas é desprezable en comparación co volume total do recipiente. A densidade dun gas é moi baixa.

  • As moléculas dun gas atópanse en constante movemento a gran velocidade, polo que chocan elasticamente de forma continua entre elas e contra as paredes do recipiente que as contén.

Para explicar o comportamento dos gases, as novas teorías empregan tanto a estatística como a teoría cuántica, ademais de experimentar con gases de diferentes propiedades ou propiedades límite, como o UF6, que é o gas máis pesado coñecido.


Un gas non ten forma nin volume fixo; caracterízase pola case nula cohesión e a grande enerxía cinética das súas moléculas.



Cambios de densidade |


O efecto da temperatura e a presión nos sólidos e nos líquidos é moi pequeno, polo que tipicamente a compresibilidade dun líquido ou dun sólido é de 10−6 bar−1 (1 bar=0,1 MPa) e o coeficiente de dilatación térmica é de 10−5 K−1.


Por outra banda, a densidade dos gases resulta fortemente afectada pola presión e a temperatura. A lei dos gases ideais describe matematicamente a relación entre estas tres magnitudes:



ρ=pMRTdisplaystyle rho =frac p,MR,T



onde Rdisplaystyle R, é a constante universal dos gases ideais, pdisplaystyle p, é a presión do gas, Mdisplaystyle M, a súa masa molar e Tdisplaystyle T, a temperatura absoluta.


Isto significa que un gas ideal a 300 K (27 °C) e 1 atm duplicará a súa densidade se se aumenta a presión a 2 atm mantendo a temperatura constante ou, alternativamente, se se reduce a súa temperatura a 150 K mantendo a presión constante.



Presión dun gas |


Na teoría cinética, a presión dun gas explícase como o resultado macroscópico das forzas implicadas nas colisións das moléculas do gas coas paredes do contedor. A presión pode definirse polo tanto facendo referencia ás propiedades microscópicas do gas.


En efecto, para un gas ideal con N moléculas, cada unha de masa m e que se moven cunha velocidade aleatoria media vrms contido nun volume V, as partículas do gas impactan coas paredes do recipiente dunha maneira que pode calcularse de estatisticamente intercambiando momento linear coas paredes en cada choque e efectuando unha forza neta por unidade de área, que é a presión exercida polo gas sobre a superficie sólida.


A presión pode calcularse como:


P=Nmvrms23Vdisplaystyle P=Nmv_rms^2 over 3V (gas ideal)


Este resultado é interesante e significativo non só por ofrecer unha forma de calcular a presión dun gas senón tamén porque relaciona unha variable macroscópica observable, a presión, coa enerxía cinética media por molécula, 1/2 mvrms², que é unha magnitude microscópica non observable directamente. O produto da presión polo volume do recipiente é dous terzos da enerxía cinética total das moléculas de gas contidas.



Véxase tamén |







Outros artigos |


  • Biogás

  • Gas natural

  • Gas nobre

  • Cambio de estado




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gas&oldid=5022448"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.360","walltime":"0.648","ppvisitednodes":"value":612,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":16651,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1306,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":432,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 451.143 1 -total"," 70.23% 316.825 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.69% 79.807 1 Modelo:Commonscat"," 17.38% 78.416 2 Modelo:Irmáns"," 16.51% 74.500 2 Modelo:Caixa_lateral"," 4.92% 22.205 2 Modelo:Icona_en_título"," 4.19% 18.913 1 Modelo:1000"," 3.48% 15.716 1 Modelo:Estados_da_materia"," 2.86% 12.920 1 Modelo:Navbox"," 1.75% 7.908 1 Modelo:1000_artigos_icona_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.222","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3247748,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1231","timestamp":"20190409215216","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":136,"wgHostname":"mw1330"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020