Skip to main content

Anfiteatro de Mérida Índice Historia | Descrición | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación38°55′3.42″N 6°20′11.92″O / 38.9176167, -6.336644438°55′3.42″N 6°20′11.92″O / 38.9176167, -6.3366444664-005eBase de datos de Bienes inmuebles de Interés CulturalAnfiteatro RomanoAnfiteatro romano24028664

Conxunto arqueolóxico de MéridaPatrimonio da Humanidade en EspañaMérida


gladiadoresImperio romanocoloniaEmerita AugustaMéridaséculo I aCteatro romanoLusitaniaséculo IVBen de Interese CulturalPatrimonio da HumanidadeUnescoConxunto arqueolóxico de MéridateatroEmerita AugustaLusitaniagladiadorescircocristianismocáveasMuseo Nacional de Arte RomanaNémesis












Anfiteatro de Mérida




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura
















Conxunto arqueolóxico de Mérida

VR Merida 02.JPG
O anfiteatro romano de Mérida.

Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País
España España
Localización
38°55′3.42″N 6°20′11.92″O / 38.9176167, -6.3366444Coordenadas: 38°55′3.42″N 6°20′11.92″O / 38.9176167, -6.3366444
TipoCultural
CriteriosIII, IV
Inscrición1993
Rexión da UNESCO
Europa e América do Norte
Identificador664-005

O anfiteatro de Mérida é un antigo recinto para espectáculos de loitas de gladiadores que foi construído polo Imperio romano na colonia de Emerita Augusta, actual Mérida, a finais do século I aC. A súa construción planificouse xunto á do adxacente e famoso teatro romano, co que conformaba a grande área pública de espectáculos da capital da Lusitania. Foi abandonado cara ao século IV e ata principios do século XX permaneceu parcialmente enterrado. En 1912 foi nomeado Ben de Interese Cultural[1] e desde 1993 é Patrimonio da Humanidade pola Unesco como parte do Conxunto arqueolóxico de Mérida.




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Descrición


  • 3 Notas


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Bibliografía


    • 4.2 Outros artigos


    • 4.3 Ligazóns externas





Historia |




Restos das bancadas do anfiteatro.


A construción do anfiteatro planificouse xunto coa do teatro e levantouse moi pouco despois. Segundo dedúcese das inscricións achadas no seu interior, foi inaugurado no ano 8 a.C. Con esta obra completábase o proxecto de dotar á colonia Emerita Augusta, xa entón capital da provincia Lusitania, dunha grande área pública para espectáculos, acorde coa súa categoría política e administrativa. Este edificio estaba destinado ás loitas entre gladiadores, entre feras ou entre homes e feras, as denominadas venatio, que xunto ás carreiras no circo eran as preferidas polo pobo romano.[2]


Tralo seu abandono, ligado á oficialización do cristianismo no século IV, parte da súa estrutura foise ocultando baixo terra e a que quedou descuberta, sobre todo a summa cavea, serviu como canteira de extracción de materiais para outras obras.[3] Desde o século XVI algúns autores chamaron ao edificio naumaquia coa crenza errónea de que era o lugar de celebración de simulacros de batallas navais, para o que se baseaban na profundidade do seu foso central e a proximidade dalgúns tramos do acueduto. As escavacións a partir de 1919 emendaron o erro e devolvéronlle a súa verdadeira identidade.[3]



Descrición |




Pintura que describe unha venatio, achada no anfiteatro e hoxe exposta no próximo Museo Nacional de Arte Romana.


O anfiteatro ten forma elíptica, cun eixe principal de 126 metros e un menor de 102 metros, mentres que a area mide 64 metros por 41 metros. As bancadas ou cáveas do seu lado leste construíronse sobre o cerro de San Albín, do mesmo xeito que as do teatro adxacente. Dezaseis portas ábrense ao exterior na fachada, a principal das cales é a que se atopa no extremo do eixe occidental. Dous das portas situadas ao nordeste están pechadas pola muralla e non hai opinión unánime do por que diso.[3]


Como en case todos os edificios romanos deste tipo, as súas bancadas divídense en tres sectores: ima, media e summa cavea inferior, media e superior. Da superior non quedan apenas restos e na ima cavea pódense observar as restauracións que efectuou José Menéndez Pidal a mediados do século XX.[3]




Acceso principal ao anfiteatro romano de Mérida.


Sobre as primeiras bancadas construíronse dúas tribunas, unha en cada extremo do eixe menor do anfiteatro. Á do oeste, reservada para as autoridades, accédese por dúas escaleirillas que parten da galería que vén da porta principal. A do leste, que conta con dúas escaleiras que a comunican directamente coa area, era ocupada pola persoa que financiaba o espectáculo. Nas frontes de ambas estiveron colocadas as inscricións que permitiron coñecer a data de inauguración do edificio e que hoxe se achan no próximo Museo Nacional de Arte Romana (MNAR).[4] Algúns restos atopados fan supoñer a existencia doutros dous palcos de honra sobre as portas de acceso á area que se abren nos extremos do eixe maior.[4]


A area, de forma elíptica, era onde se desenvolvían os espectáculos. Está separada da cávea por un alto podio para protexer ao público. Na antigüidade este murete estivo recuberto de mármore, rematado por unha cornixa e decorado coas pinturas murais que hoxe se custodian no MNAR e que representan os espectáculos que se desenvolvían no anfiteatro. No centro da area cavouse unha gran fosa en forma de cruz sobre a que se verteron numerosas opinións. Case sen ningunha dúbida estivo recuberta por un entarimado que a facía invisible e o seu interior serviu para almacenar as gaiolas das feras e o material escénico.[5]


Dúas longas galerías nos extremos do eixe maior permitían, ademais do acceso ás bancadas, a entrada dos gladiadores á area. A ambos os dous lados de cada unha delas, xunto á area, ábrense habitacións reservadas para os gladiadores ou para as feras. Segundo dedúcese dunha inscrición atopada na galería sur, é probable que algunhas destas estancias estivesen dedicadas ao culto da deusa Némesis, á que se encomendaban os participantes nos xogos.[5]




Imaxe panorámica do anfiteatro.



Notas |




  1. Base de datos de Bienes inmuebles de Interés Cultural. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España.


  2. Barroso & Morgado 1996, p. 17.


  3. 3,03,13,23,3 Barroso & Morgado 1996, p. 18.


  4. 4,04,1 Barroso & Morgado 1996, p. 19.


  5. 5,05,1 Barroso & Morgado 1996, p. 20.



Véxase tamén |



Bibliografía |



  • Barroso, Yolanda; Morgado, Francisco (1996). Mérida, Patrimonio de la Humanidad. Conjunto monumental. Mérida: Consorcio de la Ciudad Monumental Histórico-Artística y Arqueológica de Mérida (Depósito legal: BA-335-1996). 


Outros artigos |


  • Anfiteatro

  • Anfiteatro de Tarraco

  • Anfiteatro de Itálica

  • Emerita Augusta

  • Circo romano de Mérida

  • Teatro romano de Mérida


Ligazóns externas |





  • Anfiteatro Romano, Turismo de Mérida.


  • Anfiteatro romano, Consorcio Ciudad Monumental de Mérida.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anfiteatro_de_Mérida&oldid=4788804"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.280","walltime":"0.383","ppvisitednodes":"value":643,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":19168,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2117,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":2,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4176,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":3,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 312.092 1 -total"," 33.07% 103.194 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 16.96% 52.938 1 Modelo:Patrimonio_Mundial"," 16.89% 52.713 1 Modelo:Commonscat"," 16.04% 50.065 1 Modelo:Infobox"," 14.30% 44.617 1 Modelo:Irmáns"," 14.27% 44.521 1 Modelo:Cita_libro"," 12.84% 40.065 1 Modelo:Caixa_lateral"," 8.76% 27.333 9 Modelo:Harvnp"," 5.13% 16.023 1 Modelo:Coord"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.130","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2992208,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1271","timestamp":"20190315094601","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Anfiteatro de Mu00e9rida","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Anfiteatro_de_M%C3%A9rida","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q2360379","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q2360379","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2016-02-14T13:20:14Z","dateModified":"2018-07-16T10:30:17Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/55/VR_Merida_02.JPG"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":141,"wgHostname":"mw1323"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020