Inglaterra Índice Etimoloxía | Historia | Política e Goberno | Xeografía | Demografía | Menú de navegacióneeWorldCat14299580411930575r18213926749ID121992062691313035-1924014770-80000 0001 2293 4507n82068148IDge13402258447027215148700244524554868D004739
BedfordshireBerkshireBristolBuckinghamshireCambridgeshireCheshireCornuallesCumbriaDerbyshireDevonDorsetDurhamEssexGloucestershireLondresManchesterHampshireHerefordshireHertfordshireIlla de WightKentLancashireLeicestershireLincolnshireMerseysideMidlands OccidentaisNorfolkNorthamptonshireNorthumberlandNottinghamshireOxfordshireRutlandShropshireSomersetStaffordshireSuffolkSurreyWest SussexEast SussexTyne e WearWarwickshireWiltshireWorcestershireYorkshire NorteYorkshire OccidentalYorkshire OrientalYorkshire Sur
InglaterraReino Unido
inglésReino UnidoGran BretañaPaís de GalesnorteEscociaMar do NortesurCanal da ManchaoesteOcéano AtlánticoGalesMar de IrlandaLondresUnión Europeaanglostribos xermánicaslingua inglesaIgrexa AnglicanaDereito InglésDereitoRevolución IndustrialRoyal Societydemocracia parlamentariaReino de InglaterraGales1 de maio1707Lei de UniónTratado de UniónReino de EscociaReino Unido de Gran BretañaanglosAngelnDinamarcaAlemañaTácito98Nerthusséculo VIIIBedapobo inglésingléslatínpaísanglossaxónsxutosVIIVIIIIXEcgberhtWessex839reiAlfredo o Grande871899Guillerme, o Conquistador1066inglesesindependenciaaristocraciaanglosaxoaXulio CésarromanasReino UnidoGran BretañaEscociaPaís de GalesLondresBirminghamLiverpoolSheffieldTúnel do CanalDover
Inglaterra
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Inglaterra | |||
---|---|---|---|
England | |||
| |||
Lema: Dieu et mon droit (en francés: "Deus e o meu dereito") | |||
Himno: God Save the Queen | |||
Capital • Poboación | Londres n/d | ||
Cidade máis poboada | Londres | ||
Linguas oficiais | n/d | ||
Forma de goberno | Monarquía constitucional | ||
Raíña Primeiro Ministro do Reino Unido | Isabel II David Cameron | ||
Unificación | |||
por Aethelstan | 927 | ||
Superficie | |||
• Total | 130 395 km² | ||
• % auga | n/d | ||
Poboación | |||
• Total | 50 431 700 hab. | ||
• Densidade | 377 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | |||
• Total | 1 200 000 millóns USD | ||
• per cápita | n/d | ||
Moeda | Libra esterlina ( GBP ) | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | n/d | ||
Fuso horario | n/d | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .uk3 | ||
Prefixo telefónico | +44 | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido e unha das maiores da Unión Europea.
Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.
Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.
O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.
Índice
1 Etimoloxía
2 Historia
3 Política e Goberno
3.1 Política de Inglaterra
3.2 Subdivisións e Gobernos locais
4 Xeografía
4.1 Clima
4.2 Maiores áreas urbanas
5 Demografía
Etimoloxía |
O topónimo Inglaterra foi bautizado polo pobo dos anglos, a maior das tribos xermánicas asentadas en Inglaterra nos séculos V e VI, e supostamente orixinarios da península de Angeln, o que hoxe se coñece como Dinamarca e o norte de Alemaña.
O termo anglos, co que se coñece a este pobo, vai ser escrito de moi diferentes xeitos. A primeira referencia coñecida a este pobo atópase na versión latina Anglii usada por Tácito no capítulo 40 da súa Xermania, escrita arredor do ano 98. Non achega unha indicación precisa da súa situación xeográfica dentro da Xermania, mais apunta que, xunto con outras seis tribos, adoraban á raíña coñecida como Nerthus, cuxo santuario estaba situado "nunha illa no océano".
O antigo historiador do século VIII, Beda, na súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum ('Historia eclesiástica do pobo inglés'), refírese ao pobo inglés como Angelfolc (en inglés) ou Angli (en latín).
Historia |
- Artigo principal: Historia de Inglaterra.
O país chamado Inglaterra,, por contraponto cos estados e provincias que ocuparon o mesmo territorio en épocas anteriores formouse pola aglutinación gradual dos reinos anglos, saxóns e xutos durante os séculos VII, VIII e IX. Ecgberht, rei de Wessex (m. 839) é en xeral considerado o primeiro rei de toda Inglaterra, se ben que o seu título oficial fose Bretwalda (literalmente "Sobreseñor da Bretaña"), e fose tecnicamente un "primeiro entre iguais" cos outros líderes ingleses. O título de "Rei de Inglaterra" xurdiu dúas xeracións máis tarde con Alfredo o Grande (gobernou entre 871 e 899).
Algunhas historias de Inglaterra escolares inícianse coa subida ao trono de Guillerme, o Conquistador en 1066. Isto pode deberse ao orgullo que os ingleses teñen da súa longa historia de independencia, e gústalles, polo tanto, iniciar a contar só despois da última invasión con éxito. A verdade é que, aínda que Guillerme teña reorganizado (e, en gran parte, substituído) a aristocracia inglesa, non se pode dicir con verdade que el teña "fundado" ou "unificado" o país. Con efecto, moita da infraestrutura anglosaxoa que existía sobreviviu á conquista de Guillerme e persiste aínda hoxe.
Nas escolas inglesas, a historia do país tende a comezar coa área xeográfica que viría un día a transformarse na Inglaterra, e por iso refírese inicialmente a Xulio César e a expedicións romanas posteriores. Estes estudos da historia do lugar propiamente dito, antes de ter adquirido o nome Inglaterra, axúdannos a comprender o desenvolvemento posterior da Inglaterra en canto nación.
Política e Goberno |
Política de Inglaterra |
- Artigo principal: Política de Inglaterra.
Inglaterra non ten ningún goberno ou corpo de representantes independente do Reino Unido.
Subdivisións e Gobernos locais |
Tradicionalmente, divídese en condados (shires), de constitución que ten sido algo variable. Actualmente, a lista é a seguinte:
|
Xeografía |
- Artigo principal: Xeografía de Inglaterra.
Inglaterra corresponde á maior parte dos dous terzos sur da Gran Bretaña. Está limitada ao norte por Escocia e ao oeste polo País de Gales.
Clima |
A maior parte de Inglaterra está cuberta de outeiros ("Roling Hills"), sendo máis montañosa no norte. A liña divisora entre tipos de terreo está indicada xeralmente pola liña Tees-Exe. Hai tamén unha área de pantanos, ó leste, que foi drenada para uso agrícola.
Maiores áreas urbanas |
As maiores cidades de Inglaterra son, por orde decrecente: Londres, Birmingham, Liverpool, Sheffield.
O Túnel do Canal, preto de Dover, liga Inglaterra ao continente europeo.
Demografía |
- Artigo principal: Demografía de Inglaterra.
Inglaterra, cos seus 50 millóns de habitantes, dos cales cerca dunha décima parte pertencen a grupos étnicos non-brancos, é a nación coa poboación máis numerosa e etnicamente máis diversificada de todo o Reino Unido.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Inglaterra |
|
|
Categorías:
- Inglaterra
- Reino Unido
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.420","walltime":"0.529","ppvisitednodes":"value":1196,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":41372,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1792,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":18,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":19,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 426.170 1 -total"," 72.18% 307.606 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.04% 72.609 1 Modelo:País"," 13.69% 58.362 1 Modelo:Infobox"," 3.37% 14.342 1 Modelo:Commons"," 3.02% 12.857 1 Modelo:Condados_de_Inglaterra"," 2.78% 11.844 1 Modelo:Irmáns"," 2.51% 10.705 4 Modelo:Artigo_principal"," 2.37% 10.096 1 Modelo:Navbox"," 1.94% 8.263 1 Modelo:Caixa_lateral"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.280","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6127246,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1333","timestamp":"20190406223920","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":124,"wgHostname":"mw1328"););