París Índice Historia | Xeografía | Demografía | Monumentos máis importantes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación48°51′23.68″N 2°21′6.58″L / 48.8565778, -2.3518278Páxina oficial de ParísDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"Populations légales 2016""INSEE - 99 % des franciliens vivent dans l’aire urbaine de Paris""Madrid puede convertirse en la metrópoli más importante de Europa tras París y Londres""Défense 2015"o orixinal"Visitan París 26 millones de personas al año""Paris""Key figures for Paris"o orixinal"Climate"o orixinal"Climate in Paris"o orixinal"Visiting Paris in the Winter: A Complete Guide""Weather in France - Climate and Temperatures of French Cities""Géographie de la capitale – Le climat"o orixinal"Climatological Information for Paris, France""Paris–Montsouris (984)"o orixinal"Normes et records 1961-1990: Paris-Montsouris (75) - altitude 75m"o orixinal"Paris, France - Climate data"The Architecture of ParisPáxina web oficial da cidadeGalegos no Mundo, ParíseeWorldCat158822968ADV12362772XX4512221528215672320508ID1205283004906029688153035-4874044660-866040000 0001 2114 268Xn79058874ID00629026ge130380715250804670087008038D010297
ÁmsterdamAtenasBerlínBratislavaBruxelasBucarestBudapestCopenhagueDublínHelsinquiLisboaLiublianaLondresLuxemburgoMadridNicosiaParísPragaRigaRomaSofíaEstocolmoTalínA ValetaVienaVilniusVarsoviaZagrebAtenasFlorenciaÁmsterdamBerlínParísGlasgowDublínMadridAntuerpenLisboaLuxemburgoCopenhagueTesalónicaEstocolmoWeimarReiquiavikBergenHelsinquiBruxelasPragaCracoviaSantiago de CompostelaAviñónBoloñaRotterdamPortoBruxasSalamancaGrazXénovaLilleCorkPatrasLuxemburgoSibiuLiverpoolStavangerLinzVilniusEssenPécsIstambulTurkuTalínGuimarãesMariborMarsellaKošiceRigaUmeåMonsPlzeňDonostiaWrocławAarhusPaphosLeeuwardenA ValetaMateraPlovdivGalwayRijekaTimișoaraNovi SadEleusis
París
francésFranciaIlla de Franciacomunadepartamentomeandrorío SenaConca parisienserío MarneOiseséculo XXárea metropolitana de ParísIlla de FranciaeurosdólaresLa Défenseorganizacións internacionaisUnescoOCDECorte Penal InternacionalClub de ParísturísticoTorre EiffelCatedral de Notre-DameCampos ElisiosArco do TriunfoBasílica do Sacré CœurOs InválidosPanteónArco de La DéfenseÓpera GarnierMontparnasseLouvreMuseo de OrsayMuseo Nacional de Historia Natural de FranciagaloÎle de la CitéNôtre Dame250 a.C.200 a.C.gala52 a.C.romanosséculo Irío SenaSan DionisioSéculo IIIXenoveva451hunosséculo IVClodoveo Ifrancos508CapetosFrancia987Filipe Augusto11901220século XIVCarlos V13711380século XVIXVIIHenrique IVPlace des VosgesLuís XIIILuís XIVséculo XVIIIBastillaRevolución FrancesaNapoleón BonaparteLiónLuís FilipeNapoleón IIIBarón HaussmannÓpera Garnierguerra franco-prusianaséculo XIX1889Torre Eiffelséculo XXmetro1940WehrmachtAdolf HitlerSegunda Guerra MundialFrançois MitterrandVilletteArco da DefensaMuseo de OrsayMuseo do LouvreÎle Saint-LouisÎle de la CitéCanal da Manchametros sobre o nivel do marMontmartreBosque de BoulogneVincennesestrada periférica de París1860clima oceánicoCorrente do Atlántico Norteveránvaga de calor de 2003primaveraoutonoinverno194718791999192119621975195420041999Francia10 de xullo19641 de xaneiro1968departamento do SenaIlla de FranciaaglomeraciónIlla de Francia
París
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
- Esta páxina é sobre a capital de Francia. Para a figura mitolóxica vexa Paris.
Coordenadas: 48°51′23.68″N 2°21′6.58″L / 48.8565778, -2.3518278
París | |||
---|---|---|---|
Paris | |||
Pirámide do Louvre, Torre Eiffel, Arc de Triomphe, Palacio de Versalles, Skyline de París no río Sena. | |||
Localización | |||
París | |||
País | Francia | ||
Rexión | Illa de Francia | ||
Departamento | París | ||
Xeografía | |||
Altitude | 30 msnm | ||
Superficie | 105,4 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2 190 327 hab. (2016) | ||
Densidade | 21 289 hab./km² | ||
Xentilicio | Parisiense[1] | ||
Outros datos | |||
Código postal | 75056/ 75001-75020, 75116 | ||
Alcalde | Anne Hidalgo (PS) (2014-2018) | ||
Páxina oficial de París |
París (en francés Paris [pa.ʁi] (axuda · info)) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo.
A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2 190 327 habitantes (2016).[2] Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11 174 740 habitantes (1999).[3]
A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa.[4] Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. La Défense é o primeiro barrio de negocios de Europa,[5] alberga a sede social de case a metade das grandes empresas francesas, así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu a moitas organizacións internacionais como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.
A cidade é o destino turístico máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano.[6] Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a Torre Eiffel, a Catedral de Notre-Dame, os Campos Elisios, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacré Cœur, d'Os Inválidos, o Panteón, o Arco de La Défense, a Ópera Garnier ou o barrio de Montparnasse, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o Louvre, o Museo de Orsay e o Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
Índice
1 Historia
2 Xeografía
2.1 Clima
3 Demografía
3.1 Densidade
3.2 Organización administrativa
3.3 A aglomeración de París
4 Monumentos máis importantes
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Outros artigos
6.2 Bibliografía
6.3 Ligazóns externas
Historia |
- Artigo principal: Historia urbana de París.
Os Parisii, pobo galo do que provén o nome de París, habitaron o emprazamento encravado na 'Île de la Cité' ou illa da cidade, na que na actualidade se atopa a catedral de Nôtre Dame. Crese que os Parisii fundaron a cidade entre 250 a.C. e 200 a.C., aínda que se descoñece o lugar exacto do emprazamento da cidade gala.
En 52 a.C. cando os romanos tomaron a cidade, a rebautizaron chamándoa Lutetia, reconstruíndoa durante o século I na beira esquerda do río Sena.
Segundo a tradición medieval, San Dionisio foi o primeiro bispo da cidade a mediados do Século III. Outra lenda conta que Xenoveva, patroa de París, axudou no 451 á defensa da cidade contra os hunos.
París tomou o seu nome actual no século IV e Clodoveo I, rei dos francos a fixo capital 508, trala vitoria sobre os romanos.
Cando os Capetos conseguiron o trono de Francia en 987, París converteuse nunha das dúas grandes cidades do seu dominio persoal. Con Filipe Augusto (1190-1220) París converteuse definitivamente na capital do reino, construíndose daquela unha nova muralla que protexese un sector máis amplo da cidade. No século XIV, Carlos V (1371-1380) construíu unha muralla meirande a anteriormente citada.
Entre finais do século XVI e comezos do XVII, Henrique IV, construíu os primeiros conxuntos arquitectónicos modernos como a Place des Vosges. O seu sucesor Luís XIII estendeu a muralla de Carlos V sobre a beira dereita. Luís XIV destruíu esa muralla e ordenou construír no canto dela os primeiros grandes bulevares.
A finais do século XVIII, na fortaleza da Bastilla, atopada na parte oriental da cidade, iniciouse oficialmente o movemento que coñecido como a Revolución Francesa.
Trala súa autoproclamación de Emperador, Napoleón Bonaparte decidiuse por París para a capital do seu Imperio, logo de ter contemplado a Lión para tal privilexio.
Baixo o reinado de Luís Filipe, a cidade acelerou o seu ritmo de crecemento.
Con Napoleón III a cidade sufriu a súa transformación urbana máis significativa. O emperador comisionou ao Barón Haussmann para que executase os cambios necesarios para converter París na cidade máis moderna do mundo naquela época. Derrubándose unha gran parte da cidade antiga e medieval, dando paso aos grandes bulevares e edificios modernos, sendo o máis destacado a Ópera Garnier. Tamén se construíron canalizacións de augas e outros importantes adiantos en obras públicas. Este período chegou á súa fin trala caída do emperador como consecuencia da derrota sufrida polo seu exército na guerra franco-prusiana.
Durante a segunda metade do século XIX, París albergou varias exposicións que reunían a expositores de todo o mundo. A máis destacada tivo lugar en 1889 con motivo da conmemoración do primeiro centenario da revolución. Para este evento foi construída a Torre Eiffel, que, aínda que debía ser desmontada unha vez rematada a exposición, continúa actualmente no seu emprazamento orixinal (48º51'29.04"N 2º17'40.10"L).
Coa chegada do século XX a cidade comezou a construción do seu metro.
En 1940 a cidade foi tomada polo Wehrmacht (exército alemán) de Adolf Hitler no marco da Segunda Guerra Mundial. Durante a guerra, París estivo administrada polas forzas de ocupación, as cales a abandonaron despois de catro anos, sen causarlle danos de consideración, en comparación cos danos sufridos por outras cidades europeas durante a guerra.
Baixo a administración do segundo presidente François Mitterrand, na década dos 80 e comezos dos 90, a cidade recibiu un renovado impulso no seu urbanismo e infraestruturas. Renovándose sectores deprimidos da cidade, en particular barrios da beira esquerda e a Villette; levantándose novos edificios emblemáticos, como a biblioteca, o Arco da Defensa e o Museo de Orsay; renovándose tamén dun xeito radical o Museo do Louvre.
Xeografía |
Paris está situado na parte central do norte de Francia, nun arco do río Sena no que hai dúas illas, a Île Saint-Louis e a máis grande Île de la Cité, e no que está a parte máis antiga da cidade. A desembocadura do Sena no Canal da Mancha está a 375 km de París. A cidade espállase amplamente por ambas beiras do río.[7] En xeral, a cidade é relativamente chá; o punto máis baixo está a 35 metros sobre o nivel do mar (msnm) e o máis alto, que é Montmartre, áchase a 135 msnm.
Excluíndo os parques periféricos do Bosque de Boulogne e o de Vincennes, París forma un óvalo de aproximadamente 87 km2 de superficie, rodeado por un anel de 35 km que forma a estrada periférica de París.[8]:69 A última gran anexión de París en 1860 de territorios periféricos non só lle deu a súa forma moderna senón que tamén creou os 20 distritos (municipios) nomeados en sentido horario. A superficie da cidade de 78 km2 en 1860 foi expandéndose marxinalmente ata chegar a ter 86,9 km2 na década de 1920. En 1929, os bosques de Boulogne e de Vincennes foron oficialmente anexados á cidade, co cal a superficie aumentou ata os arredor de 105 km2.[9] A superficie da área metropolitana de París é de 2.300 km2.[7]
Clima |
París ten o típico clima oceánico do oeste europeo, influído pola Corrente do Atlántico Norte. O clima durante todo o ano é suave e moderadamente húmido.[10] Os días de verán son xeralmente cálidos e agradables cunha temperatura media entre 15 e 25°C, e boa cantidade de sol.[8]:309 Porén, cada ano hai uns poucos días nos que a temperatura elévase por riba dos 32°C. Ás veces ocorre que hai períodos máis longos de intensa calor, como sucedeu na vaga de calor de 2003 cando as temperaturas superaron os 30°C durante semanas, alcanzando os 40°C nalgúns días e refrescando poucas veces pola noite. A primavera e o outono teñen días suaves e noites frescas, aínda que as condicións son cambiantes e inestables; o tempo quente ou frío ocorre sorprendentemente en ambas estacións.[11] No inverno, os días son fríos e a luz solar escasa, as noites son frías mais xeralmente con temperaturas por riba da conxelación, ao redor de 3°C.[12] Non obstante, as xeadas nocturnas son moi comúns, pero a temperatura descende por baixo de -5°C só uns días ao ano. A neve cae todos os anos, pero raramente permanece no chan. Ás veces hai nevaradas lixeiras con ou sen acumulación.[13]
París ten unha precipitación anual media de 641 mm, e experimenta lixeiras choivas distribuídas ao longo de todo o ano. Porén, a cidade é coñecida polos abruptos e intermitentes ballóns que sofre. A maior temperatura rexistrada foi de 40,4°C o 28 de xullo de 1947, e a máis baixa foi de -23,9°C o 10 de decembro de 1879.[14]
Datos climáticos para Paris (Parc Montsouris), medias 1981–2010, extremas 1872–presente | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 16,1 | 21,4 | 25,7 | 30,2 | 34,8 | 37,6 | 40,4 | 39,5 | 36,2 | 28,9 | 21,6 | 17,1 | 40,4 |
Media máxima en °C | 7,2 | 8,3 | 12,2 | 15,6 | 19,6 | 22,7 | 25,2 | 25,0 | 21,1 | 16,3 | 10,8 | 7,5 | 16,0 |
Media diaria en °C | 4,9 | 5,6 | 8,8 | 11,5 | 15,2 | 18,3 | 20,5 | 20,3 | 16,9 | 13,0 | 8,3 | 5,5 | 12,4 |
Media mínima en °C | 2,7 | 2,8 | 5,3 | 7,3 | 10,9 | 13,8 | 15,8 | 15,7 | 12,7 | 9,6 | 5,8 | 3,4 | 8,8 |
Temperatura mínima en °C | −14,6 | −14,7 | −9,1 | −3,5 | −0,1 | 3,1 | 2,7 | 6,3 | 1,8 | −3,8 | −14,0 | −23,9 | −23,9 |
Precipitación media mm | 51,0 | 41,2 | 47,6 | 51,8 | 63,2 | 49,6 | 62,3 | 52,7 | 47,6 | 61,5 | 51,1 | 57,8 | 637,4 |
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) | 9,9 | 9,0 | 10,6 | 9,3 | 9,8 | 8,4 | 8,1 | 7,7 | 7,8 | 9,6 | 10,0 | 10,9 | 111,1 |
Media de días con neve | 3,0 | 3,9 | 1,6 | 0,6 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,7 | 2,1 | 11,9 |
Humidade relativa media (%) | 83 | 78 | 73 | 69 | 70 | 69 | 68 | 71 | 76 | 82 | 84 | 84 | 75,6 |
Media de horas de sol mensuais | 62,5 | 79,2 | 128,9 | 166,0 | 193,8 | 202,1 | 212,2 | 212,1 | 167,9 | 117,8 | 67,7 | 51,4 | 1 661,6 |
Porcentaxe de sol | 22 | 28 | 35 | 39 | 42 | 42 | 43 | 49 | 43 | 35 | 26 | 21 | 35,4 |
Fonte #1: Meteo France,[15][16] Infoclimat.fr (humidade 1961–1990)[17] | |||||||||||||
Fonte #2: Weather Atlas (porcentaxe de sol) [18] |
Demografía |
Ile-de-France départements | ||||
Áreas | Poboación 2005 est. | Área (km²) | Densidade (/km²) | 1999-2005 crecemento pob. |
Cidade de París (departamento 75) | 2.153.600 | 105 | 20.433 | +1,33% |
Anel interno (Petite Couronne) (Depts. 92, 93, 94) | 4.254.600 | 657 | 6.477 | +5,34% |
Anel externo (Grande Couronne) (Depts. 77, 78, 91, 95) | 4.991.100 | 11.249 | 426 | +4,25% |
Illa de Francia (rexión) | 11.399.300 | 12.011 | 949 | +4,08% |
Crecemento estatístico (Censo INSEE do 1999) | ||||
Áreas | Poboación 1999 census | Área (km²) | Densidade (/km²) | 1990-1999 crecemento pob. |
Área urbana (Paris aglomeración) | 9.644.507 | 2.723 | 3.542 | +1,85% |
Área metropolitana (Paris área urbana) | 11.174.743 | 14.518 | 770 | +2,90% |
A cidade de París tiña unha poboación de 2.125.246 habitantes no censo de 1999, cifra menor ao máximo de 2,9 millóns de habitantes que acadou en 1921. A perda de poboación da cidade reflicte a experiencia da maioría das grandes cidades do mundo desenvolvido que non expandiron as súas fronteiras. Os principais factores da perda foron a caída significante do tamaño dos fogares, e a espectacular emigración de residentes aos arrabais entre 1962 e 1975. Os factores da emigración inclúen a desindustrialización, as altas rendas, o aburguesamento dos barrios céntricos, a transformación do espazo residencial en espazo para oficinas e a mellora da calidade de vida das familias traballadoras.
As perdas poboacionais da cidade de París constitúen as maiores no mundo sobre unha poboación de 2 millóns de habitantes. As perdas de poboación son negativas para a cidade, polo que as autoridades están levando a cabo unha serie de medidas para fixar poboación con bastante éxito, conseguindo o primeiro medre poboacional na cidade dende 1954, en xullo do 2004, acadando unha poboación de 2.144.700 habitantes.
Densidade |
París é unha das cidades de máis de 1 millón de habitantes máis densamente poboadas do mundo occidental. A súa densidade, excluíndo os parques periféricos de Boulogne e Vincennes, era de 24.448 habitantes por km² no censo oficial de 1999. Incluíndo estes dous parques era de 20.164/km², sendo a quinta comuna máis poboada de Francia despois de Le Pré-Saint-Gervais, Vincennes, Levallois-Perret, e Saint-Mandé, tódalas comunas situadas preto dos arrabais da cidade.
Os distritos cunha menor densidade poboacional atópanse na parte central e occidental da cidade. Os distritos maior poboados atópanse ao norte e no leste da cidade.
Organización administrativa |
Logo da lei do 10 de xullo de 1964 sobre a reorganización da rexión parisiense, que entrou totalmente en vigor o 1 de xaneiro de 1968, a vila de París é á vez un departamento e un concello. Anteriormente e desde 1790, París era a capital do departamento do Sena. O concello de París divídese en 20 distritos municipais e en 21 circunscricións electorais. A sede da administración municipal está na Mairie de Paris, tamén coñecida como Hôtel de ville de Paris.
A aglomeración de París |
A cidade de París é moito máis pequena que a súa área urbana e metropolitana. Actualmente, a área urbana da cidade (agglomeration) ocupa un anel de tres "départements" ou barrios - tamén coñecido como "petite couronne" (pequeno anel) - e esténdese cara a un anel exterior de catro "grande couronne départements". Estes oito départements xuntos completan a rexión de Illa de Francia.
A aglomeración de París ou área urbana (unité urbaine) ten unha extensión de 2.723 km², sendo 26 veces maior que a propia cidade de París. Ao unirse a aglomeración urbana de París máis a súa área metropolitana (aire urbaine) forman unha extensión de 14.518 km2 ou o que é o mesmo, unha área 138 veces maior á propia cidade de París, chegando a superar as fronteiras da rexión da Illa de Francia.
Monumentos máis importantes |
Edificios
- A Sainte-Chapelle
- A Catedral de Nôtre Dame
- O Panteón
- A Torre Montparnasse
Os Inválidos e a tumba de Napoleón- A Torre Eiffel
- Arco do Triunfo
- A Ópera Garnier
- O Sagrado corazón
Xardíns
- Parque do Bois de Boulogne
- Parque do Bois de Vincennes
- Parque Monceau
- Parque Montsouris
- Parque das Buttes-Chaumont
- Xardín das Tullerías
- Xardín de Luxemburgo
Principais museos
- Museo do Louvre
- Centro Georges Pompidou
- Museo Picasso
- Museo de Orsay
- Museo Rodin
- Instituto do Mundo Árabe
Lugares públicos
- As ribeiras do Sena
- O barrio de Saint-Germain-des-Prés
- O Marais
- A Praza da Bastilla
- A Ponte de Alexandre III
- A Praza da Concordia
- Os Campos Elisios
- Montmartre
Predecesor: Berlín | Capital Europea da cultura 1989 | Sucesor: Glasgow |
Notas |
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parisiense.
↑ INSEE. "Populations légales 2016" (en francés). Consultado o 7 de febreiro dee 2019.
↑ INSEE. "INSEE - 99 % des franciliens vivent dans l’aire urbaine de Paris" (PDF) (en francés). Consultado o 2 de marzo de 2009.
↑ "Madrid puede convertirse en la metrópoli más importante de Europa tras París y Londres". El Economista (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2009.
↑ "Défense 2015". ViaMichelin (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 2 de marzo de 2009.
↑ "Visitan París 26 millones de personas al año". El Universal (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2009.
↑ 7,07,1 Encyclopædia Britannica Online (ed.). "Paris" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2013.
↑ 8,08,1 Lawrence, Rachel; Gondrand, Fabienne (2010). Insight Guides, ed. Paris (City Guide) (en inglés) (12 ed.). Londres. ISBN 9789812820792.
↑ Paris.fr, ed. (15 de novembro de 2007). "Key figures for Paris". Mairie de Paris. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2009. Consultado o 5 de maio de 2009.
↑ Paris.com (ed.). "Climate" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
↑ Paris Convention and Visitors Bureau (ed.). "Climate in Paris". ParisInfo (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2013.
↑ Courtney Traub (31 de xaneiro de 2018). "Visiting Paris in the Winter: A Complete Guide". tripsavvy (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2018.
↑ Kelby Carr (30 de novembro de 2017). "Weather in France - Climate and Temperatures of French Cities". tripsavvy (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2018.
↑ Institut National de la Statistique et des Études Économiques (ed.). "Géographie de la capitale – Le climat" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2006. Consultado o 24 de maio de 2006 – vía Paris.fr.
↑ Meteo France, ed. (agosto 2011). "Climatological Information for Paris, France".
↑ Meteo France (ed.). "Paris–Montsouris (984)" (PDF). Fiche Climatologique: Statistiques 1981–2010 et records (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2018.
↑ Infoclimat (ed.). "Normes et records 1961-1990: Paris-Montsouris (75) - altitude 75m" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2017. Consultado o 19 de maio de 2015.
↑ Weather Atlas (ed.). "Paris, France - Climate data" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2017.
Véxase tamén |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: París |
Outros artigos |
Paris
Bibliografía |
Ayers, Andrew (2004). The Architecture of Paris. Axel Mendes. ISBN 9783930698967.
Rachel Lawrence, Fabienne Gondrand ‘’et al.’’ (2010). Paris (City Guide) (12th ed.). London: Insight Guides. ISBN 9789812820792.
Paris (Tourist Guide). Paris: Michelin. 1990. ISBN 2060135516.
Vincent Cronin (1989). Paris on the Eve, 1900–1914. New York: Harper Collins. ISBN 0-312-04876-9.
Vincent Cronin (1994). Paris: City of Light, 1919–1939. New York: Harper Collins. ISBN 0-00-215191-X.
Jean Favier (23 April 1997). Paris (en French). Fayard. ISBN 2-213-59874-6.
Jacques Hillairet (22 April 2005). Connaissance du Vieux Paris (en French). Rivages. ISBN 2-86930-648-2.
Colin Jones (2004). Paris: The Biography of a City. New York: Penguin Viking. ISBN 0-670-03393-6.
Bernard Marchand (1993). Paris, histoire d'une ville : XIXe-XXe siècle (en French). Paris: Le Seuil. ISBN 978-2-02-012864-3.
Rosemary Wakeman (2009). The Heroic City: Paris, 1945–1958. University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-87023-6.
Ligazóns externas |
- Páxina web oficial da cidade
Galegos no Mundo, París, programa da TVG.
|
|
|
|
Categoría:
- París
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.024","walltime":"1.329","ppvisitednodes":"value":4125,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":133527,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6203,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":23,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":21782,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":24,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 976.472 1 -total"," 39.95% 390.128 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 16.73% 163.394 1 Modelo:Listaref"," 12.75% 124.544 16 Modelo:Cita_web"," 10.27% 100.247 1 Modelo:Weather_box"," 8.71% 85.092 1 Modelo:Capitais_UE"," 8.50% 83.008 2 Modelo:Navbox"," 7.35% 71.803 11 Modelo:Cita_libro"," 7.17% 69.982 1 Modelo:Cidade"," 6.61% 64.521 1 Modelo:Infobox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.553","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":9620394,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1322","timestamp":"20190408194025","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":158,"wgHostname":"mw1267"););