Baloncesto Índice Obxectivo do xogo | Posicións | Regulamento (FIBA) | Recinto de xogo | Historia | Termos e xestos técnicos | Véxase tamén | Menú de navegaciónFIBA - Federación Internacional de BaloncestoNBA - National Basketball AssociationFederación galega de baloncestoFlash - adestre con desafío de 3 puntos3002227297101194028431863840ID182300835604004646-1basketballsh85012111005605469944
Baloncesto
deporte1891Educación FísicaJames NaismithAsociación Cristiá de MozosSpringfieldEUAxogadorespistadeporteFIBANBAOlímpicobaloncesto en cadeira de rodasdeportes para persoas discapacitadas20 de xaneiro189211 de marzoUnión Atlética Amadora4 de abril1896Universidade StanfordUniversidade de California1894Chicope FallsSpringfieldMassachusettsfútbol
Baloncesto
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O baloncesto (basketball en inglés) é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor de Educación Física James Naismith, na Asociación Cristiá de Mozos de Springfield, EUA. Cada un dos dous equipos está formado por cinco xogadores. Ten como obxectivo pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Actualmente pode xogarse tamén en pistas ao aire libre. Neste deporte pódense facer os cambios de xogadores que o adestrador estime necesarios. As posicións máis comúns dos xogadores son: base, escolta, aleiro, ala-pivote e pivote. O base ten a función de dirixir o xogo.
Os xogadores poden camiñar na pista sempre que boten contra o chan a pelota a cada paso dado. Tamén é posíbel dar un pase, ou sexa, lanzar a pelota en dirección a un compañeiro de equipo.
Cesta ou canastra é o nome dado comunmente ao tiro de facer a pelota pasar por ese aro; entón márcanse puntos:
- Dous puntos no caso do lanzamento entre a liña de fondo e a chamada liña dos 3 puntos
- Tres puntos se o lanzamento viñer de fóra desa área
- E un punto cando o lanzamento viñer dun tiro libre.
Unha grande habilidade no baloncesto é a puntería certeira. Polo tanto, os equipos deben facer puntos sempre do mesmo lado - é a media pista de ataque - e defender a cesta oposta - na media pista de defensa. Obviamente o equipo que defende tenta impedir que o equipo que ataca faga canastra, a través da marcación, da interceptación de pases ou ata mesmo do bloqueo ao lanzamento. No entanto, os contactos máis fortes púnense como falta. Se o xogador fixer cinco faltas, debe ser substituído e non pode volver á pista. A partir da cuarta falta colectiva dun equipo, o equipo adversario ten dereito a tiros libres toda vez que sufra unha falta. En caso de que estea no acto do lanzamento e a pelota entre na cesta, terá dereito a un tiro libre. No caso de a pelota non entrar na cesta, terá tantos tiros libres como o valor do lanzamento tentado ao sufrir a falta.
Actualmente o baloncesto internacional atópase organizado na FIBA - Federación Internacional de Baloncesto. A súas determinacións valen para todos os países onde se xoga o baloncesto, excepto para a liga profesional dos EUA, a NBA, que mantén regras propias un pouco diferentes das internacionais. A expectativa é que as dúas entidades aproximen cada vez máis os seus regulamentos.
Para xogos regulamentados pola FIBA, o tempo de xogo oficial é de 40 minutos, divididos en catro períodos iguais de 10 minutos cada un. Entre o 2º e 3º períodos, hai intervalo de 15 minutos, e invértense as pistas de ataque e defensa dos equipos; logo, cada equipo defende en dous períodos cada cesta. Ao contrario doutros deportes colectivos, non hai sorteo para definir quen ten a posesión de pelota no comezo do xogo: a pelota lanzase para cima por un árbitro, e un xogador de cada equipo (naturalmente o máis alto) colócase para saltar e tentar obter a posesión.
Non se permite saír dos límites da pista, e nos xogos oficiais tampouco se permite que o xogador leve a pelota para a pista de ataque e retorne para a pista de defensa. Alén diso, hai tamén unha limitación de tempo (24 segundos) para facer a cesta, e a prohibición de que o atleta salte e retorne ao chan coa posesión de pelota, sen executar lanzamento ou pase. As faltas cóbranse da lateral de pista, así como as demais violacións; no entanto, en caso de que un equipo cometa máis de 4 faltas nun período, as faltas do adversario pasan a cobrarse na forma de tiro libre: o xogador colócase nunha liña a 4,60 metros da cesta e lanza sen a marcación dos rivais. O tiro libre tamén se cobra cando un xogador sofre falta no momento en que está tentando un lanzamento - independentemente do número total de faltas do equipo adversario.
Alén da NBA, que se considera unha liga moi emocionante e espectacular, o principal torneo de clubs de baloncesto é a Euroliga. Se dun lado a NBA conta cos xogadores de maior poder defensivo e de forza, a Euroliga conta con xogadores máis cerebrais e técnicos. Xa entre as seleccións, o torneo máis importante aínda é o Olímpico.
O baloncesto en cadeira de rodas é unha modalidade bastante coñecida entre os deportes para persoas discapacitadas.
O Mini Baloncesto é a forma de disputa do deporte para nenos con menos de 12 anos. Foi desenvolvido como unha forma divertida de descubrir o baloncesto. Algunhas regras son diferentes do baloncesto tradicional. A altura da cesta (do aro ata o solo) é de 2,60 m. O tempo de xogo recomendado pola FIBA é de 2 (dous) períodos de 20 minutos; no entanto, algúns Estados introduciron adaptacións a esta regra visando un maior desenvolvemento do xogo. No Río de Xaneiro, por exemplo, úsanse 3 (tres) períodos de 5 minutos. Xa en Sao Paulo se empregan 2 (dous) períodos de 7 minutos.
Tamén como recomendación da FIBA, visando a participación do maior número de xogadores, existe unha regra referente á substitución de atletas: "cada xogador debe xogar no mínimo en dous períodos, excepto aqueles que tiveren sido substituídos por lesión, descualificación ou que teñan cometido 5 faltas persoais." Esta regra tamén sofre adaptacións nalgúns Estados.
Outra gran diferenza cando se compara co baloncesto tradicional obsérvase ao final do xogo, en caso de que o partido presente empate, este é o resultado final, non se debendo xogar ningunha prorrogación.
Índice
1 Obxectivo do xogo
2 Posicións
3 Regulamento (FIBA)
4 Recinto de xogo
5 Historia
5.1 O primeiro xogo
5.2 A primeira pelota de baloncesto
6 Termos e xestos técnicos
6.1 Asistencia
6.2 Drible
6.3 Pase
7 Véxase tamén
7.1 Outros artigos
7.2 Ligazóns externas
Obxectivo do xogo |
O obxectivo do xogo é introducir a pelota no cesto do equipo adversario (marcando puntos) e, simultaneamente, evitar que esta sexa introducida no propio cesto, respectando as regras do xogo. O equipo que obtiver máis puntos no fin do xogo vence.
A competición é dirixida por:
Tres árbitros, que teñen con función aseguraren o cumprimento das regras do xogo.
Un marcador e o seu auxiliar, que teñen como funcións encher previamente o boletín de xogo, onde rexistran os puntos marcados, as faltas persoais e técnicas etc.
O cronometrista, que verifica o tempo de xogo e os descontos de tempo
Un operador de vinte e catro segundos, que controla os 24 segundos que cada equipo dispón para a posesión ininterrompida da pelota.
Posicións |
Son usadas, xeralmente, tres posicións: alas, pivotes e armador (ou base). Na maioría dos equipos temos dous alas, dous pivotes e un armador.
Armador ou base é como o cerebro do equipo. Arma as xogadas e xeralmente comeza coa pelota.
Alas ou extremos xogan polos cantos. A función do ala muda bastante. Pode axudar o armador, ou facer cestas.
Pivotes ou postes son, na maioría das veces, os máis altos do equipo.
Regulamento (FIBA) |
Equipo - Existen dous equipos, cada un con 5 participantes (en xogo), máis 7 suplentes.
Comezo do xogo – O Xogo comeza co lanzamento da pelota ao ar, polo árbitro, entre dous xogadores adversarios no círculo central. A pelota só pode tocarse cando alcance o punto máis alto. O equipo que non gañou a posesión de pelota ten a frecha de posesión alterna ó seu favor.
Duración do xogo – Catro períodos de 10 minutos de tempo útil cada un, cun intervalo de 15 minutos entre o segundo e o terceiro período, e con intervalos de dous minutos entre o primeiro e o segundo período e entre o terceiro e o cuarto período. O cronómetro só avanza cando a pelota se atopa en xogo, isto é, sempre que o árbitro interrompe o xogo, o tempo párase de inmediato.
Reposición da pelota en xogo - Despois de sinalar unha falta, o xogo recomeza cun lanzamento fóra das liñas laterais, excepto no caso de tiros libres. Despois da marcación de punto, o xogo prosegue cun pase realizado atrás da liña do campo do equipo que defende.
Como xogar a pelota - A pelota sempre se xoga coas mans. Non se permite andar coa pelota nas mans ou provocar o contacto da pelota cos pés ou pernas.
Puntuación - Un cesto é válido cando a pelota entra no cesto, por cima, e pasa a través del. Un cesto de campo vale 2 puntos, a non ser que teña sido conseguido por detrás da liña dos 3 puntos (valendo, polo tanto, 3 puntos); un cesto de tiro libre vale 1 punto.
Empate – Os xogos non poden terminar empatados. O desempate alcánzase a través de períodos suplementarios de 5 minutos.
Resultado – O xogo é gañado polo equipo que marque maior número de puntos no tempo regulamentario.
Lanzamento libre – Na execución, os xogadores ocupan os respectivos espazos ao longo da liña de marcación, non poden deixar os seus lugares ata que a pelota saia das mans do executante do tiro libre; non poden tocar a pelota na súa traxectoria para o cesto, ata que esta toque no aro.
Penalizacións de faltas persoais – Se a falta for cometida sobre un xogador que non está en acto de lanzamento, a falta será cobrada por unha reposición de pelota lateral. Se a falta for cometida sobre un xogador no acto de lanzamento, o cesto conta e debe, aínda, ser concedido un tiro libre. No caso de que o lanzamento non encestase, o lanzador irá executar o(s) tiro(s) libres correspondentes ás penalizacións (2 ou 3 tiros libres, conforme se trate dunha tentativa de lanzamento de 2 ou 3 puntos).
Regra dos 5 segundos - Cada xogador dispón de 5 segundos para repor a pelota en xogo.
Regra dos 3 segundos - Un xogador non pode permanecer máis de 3 segundos dentro da área restritiva do adversario, en canto o seu equipo estea de posesión de pelota.
Regra dos 8 segundos - Cando un equipo gaña a posesión da pelota na súa zona de defensa, debe, dentro de 8 segundos, facer pasar a pelota para a zona de ataque.
Regra dos 24 segundos - Cando un equipo está de posesión da pelota, dispón de 24 segundos para a lanzar ao cesto do adversario.
Pelota presa – Considérase pelota presa cando dous ou máis adversarios tiveren unha ou ambas as mans sobre a pelota, ficando esta presa. A posesión de pelota será do equipo que tivese a frecha de posesión alterna ao seu favor.
Transición de campo – Un xogador cuxo equipo está na posesión de pelota, na súa zona de ataque, non pode lanzar a pelota para a súa zona de defensa.
Dribles - Cando se dribla pódese executar o número de pasos que pretenda. O xogador non pode bater a pelota coas dúas mans simultaneamente, nin efectuar dous dribles consecutivos (bater a pelota, agarrala coas dúas mans e volver a batela).
Pasos – O xogador non pode executar máis de dous pasos coa pelota na man.
Faltas persoais – É unha falta que implica contacto co adversario, e que consiste nos seguintes parámetros: Obstrución, Cargar, Marcar pola retagarda, Deter, Asegurar, Uso ilegal das mans, Empurrar.
Falta antideportiva – Falta persoal que, no entender do árbitro, foi cometida intencionalmente, con obxectivo de prexudicar o equipo adversario.
Falta técnica – Falta cometida por un xogador sen supoñer contacto persoal co adversario, como, por exemplo, contestación das decisións do árbitro, usando xestos ou actitudes ofensivas, ou mesmo cando non levante inmediatamente o brazo, despois de lle sinalar falta.
Falta do equipo – Se un equipo cometer nun período un total de cinco faltas, para todas as outras faltas persoais sufrirá a penalización de dous lanzamentos libres.
Número de faltas – Un xogador poderá facer un máximo de 5 faltas durante o xogo.
Recinto de xogo |
O recinto oficial de xogo é unha superficie rectangular con 28 metros de lonxitude (liñas laterais) e 15 metros de largura (liñas finais), limitado por dúas liñas laterais e dúas liñas de fondo.
Xunto a cada liña final está colocada unha táboa, onde se fixa o cesto, que se atopa colocado a 3,05 metros do chan. A medición faise a partir do bordo interior das liñas limite. A superficie do campo é dura, rectangular, plana e sen obstáculos.
Historia |
O primeiro xogo |
O primeiro xogo de baloncesto disputouse o 20 de xaneiro de 1892 e visto apenas por funcionarios da ACM. O 11 de marzo aconteceu un xogo coa presenza de público externo.
Duascentas persoas viron os alumnos venceren os profesores por 5 a 1. A novidade ficou confinada na ACM por dous anos, ata que a Unión Atlética Amadora formalizou as regras. O primeiro partido de baloncesto feminino aconteceu o 4 de abril de 1896. A Universidade Stanford venceu á Universidade de California.
A primeira pelota de baloncesto |
En 1894, a empresa Chicope Falls, de Springfield, Massachusetts, fabricou a primeira pelota específica de basket. Antes, usábase unha de fútbol.
Termos e xestos técnicos |
Asistencia |
Asistencia é un pase certeiro que atopa outro compañeiro de equipo, libre de marcación, e acaba convertido nunha cesta. Para os americanos, o xogador que fai asistencias é tan ou máis importante que o xogador que marca os puntos.
Drible |
Drible de progresión – Utilizado fundamentalmente para saír dunha zona conxestionada e avanzar no terreo.
Drible de protección - Serve fundamentalmente para abrir liñas de pase e para garantir a posesión de pelota.
Pase |
O pase ten como obxectivo a colocación da pelota nun compañeiro que se atope en mellor posición, para a creación de situacións de finalización ou para a progresión no terreo de xogo. Existen varios tipos de pase: peito, picado, por cima con 2 mans, lateral con 1 man, por tras das costas etc.
Pase de peito - Como o nome indica, coa pelota á altura do peito esta lánzase frontalmente na dirección do albo. Neste movemento os polgares son os que darán a forza ao pase e as palmas das mans deberán apuntar para fóra no final do xesto técnico.
Pase picado - Moi semellante ao pase de peito, tendo en conta que o branco inicial é o solo. O resalto da pelota terá un obxectivo común ao do pase de peito, isto é, a man branco do colega ou as zonas próximas do peito.
Pase de ombro (ou de béisbol) - É utilizado nas situacións que solicitan un pase cumprido. A pelota lánzase como no lanzamento dunha pelota no béisbol (de aí o nome). É un tipo de pase cunha traxectoria tensa (sen arco), e en dirección ao branco.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baloncesto |
Outros artigos |
- Selección de baloncesto de Galicia
Ligazóns externas |
- FIBA - Federación Internacional de Baloncesto
- NBA - National Basketball Association
- Federación galega de baloncesto
- Flash - adestre con desafío de 3 puntos
|
Categoría:
- Baloncesto
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.296","walltime":"0.380","ppvisitednodes":"value":390,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":12321,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1169,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":12,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":13,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 307.603 1 -total"," 60.39% 185.751 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.38% 53.471 1 Modelo:Commonscat"," 16.36% 50.315 1 Modelo:Irmáns"," 15.26% 46.939 1 Modelo:Caixa_lateral"," 13.95% 42.900 1 Modelo:Sen_notas"," 13.18% 40.543 1 Modelo:Ambox"," 5.70% 17.519 2 Modelo:Icona_en_título"," 5.07% 15.593 1 Modelo:1000"," 3.02% 9.295 1 Modelo:1000_artigos_icona_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.179","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4504244,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1310","timestamp":"20190315091726","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":145,"wgHostname":"mw1249"););