Comarca do Morrazo Índice Municipios | Economía | Demografía | Galería de imaxes | Menú de navegacióneeWorldCat316429609
ArzúaA BarbanzaA BarcalaBergantiñosBetanzosA CoruñaO EumeFerrolFisterraMurosNoiaOrdesOrtegalSantiagoO SarA Terra de MelideA Terra de SoneiraO XallasAllariz - MacedaA Baixa LimiaO CarballiñoA LimiaOurenseO RibeiroA Terra de CaldelasA Terra de CelanovaA Terra de TrivesValdeorrasVerínVianaMariña de LugoTerra de MontesVal da LouriñaVal Miñor
Comarcas da provincia de Pontevedra
galegaprovincia de PontevedraCangasBueuCangasMarínMoañaría de Pontevedracomarca de Pontevedraría de Vigoocéano AtlánticoPenínsula do MorrazoVilaboaBértolaFigueiridoParedesVilaboapontevedresasLourizánSalcedoarciprestado do MorrazoVilaboapartido xudicial de Cangascomarca de PontevedraFandicostaMarínCangasBueuMoañaAldán
Comarca do Morrazo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Comarca do Morrazo | |
|---|---|
| Provincia | Provincia de Pontevedra |
| Capital | Cangas |
| Área | 140,7 km² |
| Poboación | 82.445 hab. (2018) |
Densidade | 585,96 hab./km² |
Concellos | Bueu Cangas Marín Moaña |
| Xentilicio | morracense |
A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Cangas. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.
É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia). Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).
É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.
O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.
Índice
1 Municipios
2 Economía
3 Demografía
4 Galería de imaxes
Municipios |
PP BNG Alternativa Canguesa de Esquerdas
Os municipios que forman a comarca do Morrazo son:
Bueu: Municipio de 12.000 habitantes situado ó noroeste
Marín: Municipio de preto de 25.000 habitantes situado ó nordeste. Posúe un dos portos de pesca conxelada máis importante de España, tamén é a sede da Mariña.
Moaña: Municipio de 19.000 habitantes situado ó sueste. Posúe a sede de Fandicosta e estaleiros.
Cangas do Morrazo: É o municipio máis poboado e importante da comarca, residen nel máis de 26 500 persoas. É un dos puntos turísticos máis importantes de Galicia.
Vilaboa: Este municipio foi historicamente da comarca do Morrazo, pero agora pertence á de Pontevedra.
Economía |
A economía da comarca basease no sector servizos e na pesca. Actualmente hai activas na comarca preto de 35.000 persoas.
Delas teñen emprego 27.618 (Setembro 2017) e están desempregadas arredor de 6.500.
O Morrazo posúe varios portos:
Porto de Marín: É un porto moi importante no ámbito da pesca fresca, sitúase nun dos postos máis importantes en descarga de peixe de España.
Porto de Cangas: É un porto de baixura, importante no ámbito galego. Un dos portos de baixura máis importantes de Galicia.
Porto de Bueu: É un porto de baixura, destaca pola descarga do polbo.
Porto de Moaña: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.
Porto de Aldán: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.
O turismo tamén é un factor moi importante na comarca sobre todo no municipio de Cangas, aínda que o turismo é importante en toda a comarca. Esta conta con numerosas praias e numerosos quilómetros de costa.
| Sectores productivos na Comarca do Morrazo | |
|---|---|
| Sector Primario | 8,76 % |
| Sector Secundario | 23,43 % |
| Sector Terciario | 67,74 % |
Demografía |
A poboación do Morrazo é de 83.109 habitantes. Cun saldo vexetativo negativo e un saldo migratorio que se alterna por anos. Dende Cangas ou Moaña que gañan poboación ata Marín que perde moita cantidade dela cada ano.
| Censo total 2016 | 83.109 habitantes |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 12.060 (14.51 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 54.719 (65.84 %) |
| Maiores de 65 anos | 16.330 (19,64%) |
Galería de imaxes |
- Vexa o artigo principal na Galería de imaxes da comarca do Morrazo

Mapa dos concellos da comarca.

Plano da vila de Bueu.

Plano da vila de Cangas.

Plano da vila de Marín.

Plano da vila de Moaña.
| |||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||
|
Categoría:
- Comarcas da provincia de Pontevedra
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.224","walltime":"0.332","ppvisitednodes":"value":609,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":32795,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2338,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":1,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3793,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":2,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 248.886 1 -total"," 48.04% 119.561 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.58% 43.752 1 Modelo:Sen_referencias"," 16.22% 40.378 1 Modelo:Ifsubst"," 14.66% 36.486 1 Modelo:Ambox"," 14.15% 35.206 1 Modelo:ConcellosMorrazo"," 12.65% 31.492 1 Modelo:Navbox_con_columnas"," 11.43% 28.442 2 Modelo:Navbox"," 7.22% 17.979 1 Modelo:Comarcas"," 2.12% 5.268 1 Modelo:Comarca_galega"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.090","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1807686,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1272","timestamp":"20190414100552","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":2283,"wgHostname":"mw1243"););