Skip to main content

Dagor Dagorath A Profecía | O Texto | Menú de navegación

Batallas da Terra Media


Anos das LámpadasAnos das ÁrboresAnos do SolPrimeira IdadeSegunda IdadeTerceira IdadeCuarta Idade e posterioreslegendariumJ.R.R. TolkienSindarinO SilmarillionEärendilTerras ImperecedoirasMandosValaMansións dos MortosMorgothMelkorGuerra da IraSolLúaEärendilManwëEönwëTulkasTúrin TurambarElfosHumanosAnanosAr-PharazônNúmenorSauronGuerra do AnelorcostrollsNazgûlAncalagonGlaurungGothmogBerenLúthienScathaSmaugGandalfRei bruxoNazgûlValarTulkasGurthangPelóriSilmarilsFëanorYavanna KementáriDúas Árbores de ValinorArdaPoderes do OesteMúsica dos AinurFillos de IlúvatarAinurChristopher TolkienMandosArdaBerenFëanorSilmarilsRagnarök












Dagor Dagorath




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Arda.Tengwar.svg A Historia de Arda

Anos Valianos

Anos das Lámpadas
Anos das Árbores
Anos do Sol



Idades dos Fillos de Ilúvatar

Primeira Idade
Segunda Idade
Terceira Idade
Cuarta Idade e posteriores




Batalla Final

Liña Temporal de Arda

Dagor Dagorath é o nome dunha batalla ficticia incluída no legendarium do autor británico J.R.R. Tolkien. O nome está na lingua ficticia Sindarin e significa Batalla Final.


O Silmarillion remata, na versión editada polo fillo de Tolkien, coa viaxe de Eärendil até as Terras Imperecedoiras; a versión orixinal remata coa chamada Segunda Profecía de Mandos, o Vala responsábel das Mansións dos Mortos e que ten papel de Oráculo dos Valar. Esa profecía é sobre a Dagor Dagorath, frecuentemente chamada A Fin.



A Profecía |


De acordo coa profecía feita por Mandos, o ex-Vala Morgoth, ou Melkor, o Señor Escuro, descubrirá como atravesar de volta as Portas da Noite que o manteñen encerrado no Eterno Baleiro desde a Guerra da Ira, e destruirá o Sol e a Lúa. Eärendil retornará da súa vixilancia no ceo e encontrará a Manwë, Rei dos Valar, o seu heraldo Eönwë, Tulkas, outro Vala e Túrin Turambar, humano cuxa familia foi maldicida por Morgoth.


Todos os Pobos Libres da Terra Media entón irán participar na Batalla: os Elfos os Humanos e os Ananos como se fosen un só. Xunto cos Humanos loitará Ar-Pharazôn, rei de Númenor, que permaneceu soterrado no Continente Sagrado xunto con toda a súa frota por ter desobedecido a vontade dos Valar.


Moitos inimigos volverán para loitar ao lado de Morgoth. Sauron, cuxo espírito arruinado fuxiu ao Baleiro despois da Guerra do Anel, retornará. Tamén todas as creacións de Morgoth volverán, como orcos e trolls. Non se sabe se algúns dos seus máis poderosos servos, como os Nazgûl, Ancalagon, Glaurung e Gothmog retornarán como Beren e Lúthien e talvez Scatha e Smaug. Gandalf cre que o Rei bruxo e os outros Nazgûl non morreran, mais foran lanzados ao Baleiro tamén, e polo tanto, retornarán con Sauron.


As forzas dos Valar loitarán contra Morgoth, Tulkas principalmente, mais é a mans de Túrin Turambar, coa súa espada Gurthang, contra quen Melkor sucumbirá, atravesándolle o corazón, vingando así súa familia. Entón as montañas Pelóri afundiranse no chan, e os tres Silmarils serán rescatados, do Ar, da Terra e da Auga, e o espírito de Fëanor, creador das tres pedras, será perdoado e poderá deixar as Estancias de Mandos para entregarllos a Yavanna Kementári, que os quebrará e a partir de súa luz, acenderá novamente a vida nas Dúas Árbores de Valinor.


A Batalla entón concluirá e renovará a existencia do Reino de Arda, a Terra, e todos os Poderes do Oeste volverán a ser mozos, e os Elfos volverán espertar, sen as lembranzas da súa vida pasada. Axiña, haberá unha segunda Música dos Ainur, que será cantada para dar existencia a un novo Mundo. Nesa música, todos os Fillos de Ilúvatar cantarán xuntos, facéndoa aínda máis bela cá primeira. Mais desa Música e do novo Mundo, os Ainur nada saben.



O Texto |


Como xa se dixo, só na versión orixinal do Silmarillion esa Segunda Profecía aparece, mais Christopher Tolkien publicouno sen ela, baseado nunha versión do Valaquenta na que non se di nas profecías de Mandos se a desfiguración de Arda será corrixida. Ese treito foi usado no desenlace do Quenta Silmarillion. Sen a Profecía, Christopher presumiu que a Dagor Dagorath fóra quitada tamén. El quedou sorprendido ao encontrar referencias posteriores a ela e unha nova versión, na cal Beren tamén retornaba para loitar. Hai algunhas partes da Profecía que se encontran no Silmarillion, como no Akallabêth, cando Ar-Pharazôn e seus guerreiros mortais pisaran Aman e foran soterrados por outeiros que se desprenderan, aprisionados até a Última Batalla e o día do Xuízo. Outra referencia é con relación a Fëanor, o creador dos Silmarils, e no libro afírmase que soamente na fin será revelado de que material foron feitas as pedras . Sen dúbida isto está inspirado na lenda Nórdica do Ragnarök.









Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dagor_Dagorath&oldid=3797223"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.116","walltime":"0.150","ppvisitednodes":"value":70,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":656,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":0,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":2,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 121.137 1 -total"," 93.71% 113.520 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 6.16% 7.465 1 Modelo:Historia_de_Arda"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.074","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1242772,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1323","timestamp":"20190420225621","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":292,"wgHostname":"mw1323"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos