Dezasete Provincias Índice Composición | Desenvolvemento histórico | Escudos | Notas | Menú de navegaciónUniversidade de Leiden"Collectie Nationaal Archie"o orixinalTranscrición da Acta de Abxuración.WHKMLA History of the Netherlands - The Dutch Revolt, 1572-1609Historia xeral de España, Juan de Mariana (1820)Boletín da Real Academia da Historia, xullo de 1906
Estados desaparecidos de EuropaHistoria dos Países BaixosHistoria de Bélxica
Países Baixosdinastía Habsburgoséculo XVIPaíses BaixosBélxicaLuxemburgoNorte de FranciaAlemañaLiexaIlla de Ameland1549Pragmática Sanción25 de outubro1555Carlos VFilipeducado de Borgoña1568Guerra dos Oitenta Anos5 de xaneiro157923 de xaneiro26 de xullo1581Francisco de AnjouAlexandre FarnesioFilipe IIMauricio de NassauFilipe IIIAlberte de Austria6 de maio159815981604Provincias UnidasDrenteA HaiaBruxelas15811609Provincias UnidasPaíses Baixos dos HabsburgoProvincias Unidas16211598Filipe IVGuerra dos Trinta Anos30 de xaneiro1648República das Provincias Unidas
Dezasete Provincias
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Zeventien Provinciën Dix-sept Provinces Dezasete Provincias | ||||
| ||||
Bandeira | ||||
As Dezasete Provincias en 1477 | ||||
Capital | n/d | |||
Lingua | Neerlandés e francés | |||
Goberno | Monarquía | |||
Historia | ||||
| • Establecido | 1482 | |||
| • Disolución | 1581 | |||
As Dezasete Provincias é a denominación que se outorgou aos dezasete territorios da rexión dos Países Baixos (Nerderlanden ou Lage Landen) que formaron unha entidade territorial vinculada á dinastía Habsburgo durante o século XVI; e que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Norte de Francia) e unha pequena parte do Oeste de Alemaña.
Índice
1 Composición
2 Desenvolvemento histórico
2.1 Formación
2.2 A Guerra de Flandres
2.3 Escisión
3 Escudos
4 Notas
Composición |
O mapa (Low coutries, 1477) corresponde ás seguintes provincias:
Condado de Artois
Condado de Flandres, incluíndo os Burgrave de Lille, Douai, Orchies e Señorío de Tournai
Señorío de Malinas
Condado de Namur
Condado de HainautCondado de Zelandia
Condado de Holanda
Ducado de Brabante, incluíndo o Margrave de Antuerpen, os condados de Leuven e Bruxelas
Ducado de Limburgo, incluíndo os condados de Dalhem e Valkenburg o señorío de Herzogenrath
Ducado de Luxemburgo
Príncipe-Bispado de Utrecht, máis tarde Señorío de Utrecht
Señorío de Frisia
Ducado de Gueldria e Condado de Zutphen
Señorío de Groninga- Ommelanden
Señoríos de Drenthe, Lingen, Wedde, e Westerwolde
Señorío de Overijssel
Non sempre as Dezasete Provincias foron as mesmas, sendo representadas no Estados Xerais dos Países Baixos de diferentes xeitos, incluíndose ás veces algunhas provincias dentro doutras. Por exemplo, nos últimos anos o Condado de Zutphen converteuse en parte do Ducado de Gueldria, e o Ducado de Limburgo dependía do Ducado de Brabante. Por outra banda, as cidades francófonas de Flandres ás veces tamén foron recoñecidas como unha provincia.
Ademais, houbo unha serie de feudos da rexión que non chegaron a formar parte das Dezasete Provincias. O maior deles foi o Prince-Bispado de Liexa (a zona verde no mapa), que incluía o Condado de Horne. No norte, tamén houbo algunhas entidades máis pequenas como a Illa de Ameland, que chegou a manter os seus propios señores até a Revolución Francesa.
Así pois os historiadores manexan distintas variacións da lista. O número de pronvincias probabelmente puido ser elixido debido á súa connotación cristiá.[1]
Desenvolvemento histórico |
Formación |
En 1549, estabeleceuse na Pragmática Sanción que os territorios dos Países Baixos formarían unha entidade territorial indivisible, as Dezasete Provincias, que sería herdada polo mesmo monarca, o Señor dos Países Baixos (Heer der Nederlanden).
Desta forma, o Señor dos Países Baixos é unha forma descritiva para designar ao soberano dos territorios das Dezasete Provincias, e que englobaba os títulos de Duque de Brabante e Lotarinxia, Limburgo, Luxemburgo e Gueldria, conde de Flandres, Artois, Hainaut, Holanda, Zelandia, Namur e Zutphen, Margrave do Sacro Imperio Romano, Señor de Frisia, Malinas, e das cidades, pobos e terras de Utrecht, Overijssel e Groninga.
O 25 de outubro de 1555, o emperador Carlos V abdicou en favor do seu fillo Filipe a xefatura de Orde do Vélaro de ouro, o ducado de Borgoña e por tanto, os dezasete territorios dos Países Baixos.
A Guerra de Flandres |
- Véxase tamén: Guerra dos Oitenta Anos.
Unión de Utrech e Unión de Arrás (1579)
Dentro da monarquía hispánica, os Países Baixos ofrecían unha boa vitalidade económica, cunha asentada clase mercantil, así que os intentos de incrementar os impostos para sufragar as guerras, a defensa dos seus privilexios e a difusión do calvinismo creou un foco de resistencia que conduciu á rebelión xeral na zona contra a política española.
En 1568, comezou a rebelión nos Países Baixos, que daría lugar Guerra dos Oitenta Anos. O 5 de xaneiro de 1579, os Católicos formaron a Unión de Arras, coas provincias de Artois, Hainaut e parte de Flandres (Lille, Douai e Orchies). Os Protestantes en contraposición constituíron o 23 de xaneiro a Unión de Utrecht con Holanda, Zelandia, Utrecht, Gueldria, Groniga, e posteriormente cidades de Brabante e Flandres.[2]
O 26 de xullo de 1581, as provincias de Brabante, Gueldria, Zutphen, Holanda, Zelandia, Frisia, Malinas e Utrech,[3] anularon nos Estados Xerais a súa vinculación co Rei de España Filipe II, polo Acta de Abxuración, e elixiron como soberano a Francisco de Anjou.
Porén, legalmente Filipe II non renunciou a eses territorios, e o gobernador dos Países Baixos Alexandre Farnesio iniciou a contraofensiva, recuperando á obediencia do rei de España Filipe II gran parte do territorio,[4] especialmente tralo asedio de Antuerpen, mais parte deles volvéronse a perder trala campaña de Mauricio de Nassau.
Antes da morte do Rei de España, o territorio dos Países Baixos, en teoría as Dezasete Provincias, non pasou ao seu fillo Filipe III, senón conxuntamente á súa filla, Sabela Clara Euxenia, e o seu xenro o arquiduque Alberte de Austria pola Acta de Cesión do 6 de maio de 1598.[5][6]
Os Países Baixos coa liña delimitadora da Tregua dos doce anos
Os tratados de paz con Francia (1598) e con Inglaterra (1604) e o esgotamento pola guerra levaron ao establecemento da tregua dos doce anos.
Escisión |
Na práctica os territorios do norte formaban as Provincias Unidas: Holanda, Zelandia, Utrecht, Gueldria (con Zutphen), Overijssel (con Drente), Frisia e Groniga, ademais dos territorios da Xeneralidade (partes de Brabante, Flandres e Limburgo). E os territorios do sur baixo a soberanía dos Habsburgo, formaron os Países Baixos españois: Flandres, Artois, Hainaut, Namur, Luxemburgo, Brabante, Antuerpen, Malinas e Limburgo. Isto reflectiuse nos Estados Xerais xa que en na parte norte establecéronse n'A Haia e na parte sur en Bruxelas.
Deste xeito pola Acta de Abxuración de 1581 e a Tregua dos doce anos de 1609 formáronse dúas entidades políticas: ao norte, as Provincias Unidas e ao sur os Países Baixos españois. E pode darse por finalizado o período propiamente histórico das Dezasete Provincias e iníciase o dos Países Baixos dos Habsburgo ao sur do territorio, e as Provincias Unidas ao norte do territorio.
En 1621, morreu o arquiduque Alberte sen ter descendencia, e pola Acta de Cesión de 1598, a pretendida soberanía sobre as 17 provincias (de feito a parte sur soamente), pasou ao rei de España e sobriño de Sabela Clara Euxenia, Filipe IV, o que coincidiu co final da tregua e o comezo da Guerra dos Trinta Anos.
Finalmente, tras unha guerra infrutuosa, o 30 de xaneiro de 1648, no tratado de Münster, España recoñeceu a total independencia da República das Provincias Unidas e o Rei eliminou dos seu títulos o de Conde de Holanda, Zelandia e Zutphen,Señor de Frisia e das cidades, pobos e terras de Utrech, Overijssel e Groninga. Con este acto España recoñecía definitivamente a extinción das Dezasete Provincias.
Escudos |

Señorío de Drente

Condado de Artois

Ducado de Brabante

Señorío de Malinas

Condado de Flandres

Señorío de Frisia

Señorío de Groninga

Ducado de Gueldria

Condado de Hainaut

Condado de Holanda

Ducado de Limburgo

Ducado de Luxemburgo

Marquesado de Antuerpen

Condado de Namur

Señorío Overijssel

Señorío de Utrecht
Condado de Zelandia

Condado de Zutphen

Bispado de Tournai
Notas |
↑ Universidade de Leiden
↑ "Collectie Nationaal Archie". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 29 de abril de 2009.
↑ Transcrición da Acta de Abxuración.[Ligazón morta]
↑ WHKMLA History of the Netherlands - The Dutch Revolt, 1572-1609
↑ Historia xeral de España, Juan de Mariana (1820)
↑ Boletín da Real Academia da Historia, xullo de 1906
Categorías:
- Estados desaparecidos de Europa
- Historia dos Países Baixos
- Historia de Bélxica
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.272","walltime":"0.375","ppvisitednodes":"value":778,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":8834,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1227,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":18220,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 286.895 1 -total"," 32.76% 93.991 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 21.05% 60.387 1 Modelo:Listaref"," 16.19% 46.446 1 Modelo:Cita_web"," 13.52% 38.790 1 Modelo:País_desaparecido"," 2.98% 8.561 1 Modelo:VT"," 1.91% 5.474 1 Modelo:Ligazón_morta"," 1.37% 3.922 1 Modelo:Ligazóns_multiparámetros"," 0.87% 2.496 1 Modelo:Ifsubst"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.078","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2290248,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1296","timestamp":"20190411025136","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":122,"wgHostname":"mw1333"););