Skip to main content

Utrecht Índice Historia | Paisaxe urbana | Economía | Educación | Cidades irmandadas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación52°2′N 5°7′L / 52.033, -5.117Páxina oficialUniversidade de HumanidadesTiasNimbasGemiddelde bevolking per regio naar leeftijd en geslachtin Dutch Katholiek NederlandUtrecht Monitor 2007RonDomStationsgebied"ARWU2007-Top 500 World Universities"o orixinal"FT.com"Páxina web oficialMapa da cidadeMapa da Provincia de UtrechtWorldCat1241962214703549ID27459114062222-80000 0004 1794 7612n79022996ID7006926734047

Cidades dos Países BaixosProvincia de Utrecht


neerlandés[ˈytrɛxt]Países Baixosprovincia de UtrechtRandstadséculo XVIIIArcebispadoIgrexa católicaIgrexa Veterocatólica dos Países BaixosIgrexa Protestante nos Países BaixosBélxicaLuxemburgoÁmsterdamferrocarrilestradaÁmsterdanSuráfricaSuriname1713Tratado de UtrechtGuerra de Sucesión Española1843trenÁmsterdamNederlandse Spoorwegen2010Países BaixosUniversidade de Utrecht1636Países Baixos2004Universidade de Xangai Jiaotong2007Universidade de HumanidadesTiasNimbas2007MBAeducación primariasecundariasegregación












Utrecht




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 52°2′N 5°7′L / 52.033, -5.117




















Utrecht


Flag of Utrecht.svg

Utrecht gemeente wapen.svg

DomtorenUitzichtIn2009.jpg
Vista xeral de Utrecht
Localización


Utrecht en Países Baixos

Utrecht

Utrecht




País
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia
Utrecht (province)-Flag.svg Provincia de Utrecht
Xeografía
Altitude5 msnm
Superficie99,21 km²
Demografía
Poboación328,577 (2014)
Densidade3.483 hab./km²
XentilicioUtrechtenaar, Utrechter
Outros datos
Código postal3450–3455, 3500–3585
AlcaldeJan van Zanen (VVD)
Páxina oficial

Utrecht (en neerlandés [ˈytrɛxt] (AFI)) é unha cidade dos Países Baixos, capital da provincia de Utrecht, da que é ademais a súa cidade máis grande. Está localizada no límite nordeste do Randstad, e é a cuarta cidade neerlandesa máis poboada, con 299.484 habitantes. A aglomeración urbana máis pequena da cidade, que inclúe suburbios adxacentes e cidades anexas, suma 640.000 habitantes rexistrados, mentres que a rexión máis ampla acada os 820.000.[1]


O casco antigo de Utrecht ofrece numerosos edificios e estruturas dende as súas primeiras orixes en diante. Ademais ten sido o centro relixioso dos Países Baixos dende o século XVIII, sendo actualmente a sede do Arcebispado de Utrecht, o máis importante líder da Igrexa católica nos Países Baixos.[2] Utrecht é tamén sede dun arcebispo da Igrexa Veterocatólica dos Países Baixos, e ademais na cidade atópanse das oficinas centrais da Igrexa Protestante nos Países Baixos.


Durante a idade de ouro, Utrecht foi a cidade máis importante do norte dos Países Baixos (o actual país, excluíndo Bélxica e Luxemburgo), até que Ámsterdam se converteu no centro cultural e demográfico.


A cidade é ademais anfitrioa da Universidade de Utrecht, a universidade máis grande dos Países Baixos, así como de varios importantes institutos de educación superior. Debido á súa posición central no país é un importante eixo de transporte, tanto por ferrocarril como por estrada. Ademais na cidade celébrase o segundo maior número de eventos culturais do país despois de Ámsterdan.[3]


Hai dúas relativamente importantes localidades homónimas, unha en Suráfrica e outra en Suriname, ambas como froito da herdanza debida á presenza neerlandesa en ambos países.




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Paisaxe urbana


  • 3 Economía


  • 4 Educación


  • 5 Cidades irmandadas


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Ligazóns externas





Historia |


En 1713 asinouse aquí o Tratado de Utrecht, que selou os acordos que finalizaban a Guerra de Sucesión Española.


En 1843 inaugurouse a liña de tren que a unía con Ámsterdam, converténdose Utrecht a partir de entón no centro da rede ferroviaria holandesa (están aquí as oficinas centrais da compañía nacional de ferrocarril ou Nederlandse Spoorwegen).



Paisaxe urbana |




Oudegracht, a "vella canle" no centro de Utrecht.




Vista da canle dende a Torre Dom.


Unha das mostras máis características da paisaxe urbana de Utrecht é a Torre Dom, pertencente á antiga catedral (Catedral de San Martiño).[4] Ningún edificio da cidade supera a altura da Torre (112 m), porén, algúns edificios especialmente altos estanse a construír hoxe en día, de xeito que pasarán a formar parte da silueta da cidade. O segundo edificio máis alto da cidade, o 'Rabobanktoren', completarase en 2010 e erexirase a 105 m de altura, con dúas antenas o elevarán aos 120 m de altura. Outros dous grandes edificios alzanse ao redor do Estadio Nieuw Galgenwaard, o Kantoortoren Galghenwert e o Apollo Residence, rematados en 2007 de 85,5 e 64,5 metros de altura respectivamente. Por último, hai algo de controversia debido a plans para un rañaceos de 262 metros de altura no recentemente construído barrio de Leidsche Rijn: o Belle van Zuylen. Debido a que a localización se considera o suficientemente lonxe do centro da cidade, este proxecto non se considera que viola o acordo de non exceder a altura da torre Dom.



Economía |




Edificio De Inktpot, sede de ProRail.


A economía de Utrecht depende en gran medida das grandes institucións situadas na cidade. Porén, a industria da produción ten unha influencia relativamente pequena na cidade. Unha das institucións máis importantes situadas na cidade é o Rabobank, un banco de carácter multinacional.


Utrecht é o centro da rede ferroviaria neerlandesa, e onde está situada a Nederlandse Spoorwegen, a compañía de ferrocarrís dos Países Baixos. A antiga oficina central de Nederlandse Spoorwegen era De Inktpot, o edificio de ladrillo máis grande do país, que actualmente está ocupado por ProRail actual compañía ferroviaria encargada do mantemento e ampliación da infraestrutura ferroviaria do país, unha excisión de NS debido á normativa Europea que obriga a separar a xestión das vías das compañías encargadas das vendas.


Unha gran centro comercial cuberto chamado Hoog Catharijne atópase entre a estación central de tren e o centro da cidade. Os corredores foron considerados públicos, como rúas, e a principal ruta dende a estación até centro, polo que por tanto, está aberto toda a noite. Durante os próximos 20 anos, contando dende 2004, partes de Hoog Catharijne van desaparecer como consecuencia da renovación da estación[5]. Na beira oeste da estación central tamén atopamos o Jaarbeurs, un dos maiores centros de convencións dos Países Baixos.


Un dos maiores mercados de automóbiles usados atópase noi distrito de Voordorp, que está aberto tódolos martes, excepto en días festivos oficiais. Con miles de vehículos de segunda man en venda no mercado é un punto de especial interese para os clientes dos países de Europa oriental, que mesmo organizan viaxes en autobuses para ir a mercar alí.



Educación |




Vista do campus de Uithof da Universidade de Utrecht.


Utrecht é coñecida polas súas institucións de educación superior. A máis prominente delas é a Universidade de Utrecht (fundada en 1636), que é a universidade máis grande dos Países Baixos con 26.787 estudantes (2004). A universidade está principalmente situada no centro da cidade, así como no campus de Uithof, ao leste da cidade. De acordo coa listaxa da Universidade de Xangai Jiaotong de 2007 é a 42ª mellor universidade do mundo.[6] Utrecht alberga tamén a moito máis pequena Universidade de Humanidades (que conta duns poucos centos de estudantes).


Utrecht é sede dunha das localizacións da Escola de Negocios TiasNimbas, centrada na experiencia posterior á educación. É a escola de xestión máis grande do seu tipo dos Países Baixos. En 2007, o seu MBA (Master en Administración de Negocios) foi avaliado o 11º mellor do mundo no Financial Times.[7]


Utrecht é tamén o fogar doutras dúas grandes institucións de educación superior: a Universidade de Educación Profesional (Hogeschool Utrecht) (con 30.000 estudantes), situado ao redor de toda a cidade e no campos Uithof, e a Escola de Artes (con 3000 estudantes).


Hai moitas escolas de educación primaria e secundaria, que permiten diferentes filosofías e relixións, como é inherente ao sistema escolar neerlandés. Existe certa preocupación por segregación nas escolas primarias (que é un problema común en moitas grandes cidades nos Países Baixos), que é causado polos país neerlandeses que desexan enviar só aos seus fillos a escolas cunha gran proporción dos outros nenos nacidos no país, o que termina nunha espiral onde hai escolas cunha gran proporción de nenos inmigrantes, que atraen cada vez menos aos nenos neerlandeses.



Cidades irmandadas |


Utrecht está irmandada coas seguintes cidades.



  • Flag of Nicaragua.svg León


  • República Checa Brno


  • Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg Kinshasa


  • Alemaña Hannover (entre 1970 e 1976)


Notas |




  1. Gemiddelde bevolking per regio naar leeftijd en geslacht (en neerlandés)


  2. in Dutch Katholiek Nederland (en neerlandés)


  3. Utrecht Monitor 2007 (en neerlandés)


  4. RonDom


  5. Stationsgebied[Ligazón morta](en neerlandés)


  6. ARWU. "ARWU2007-Top 500 World Universities". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2007. Consultado o 28 de abril de 2009. 


  7. Financial Times. "FT.com". 



Véxase tamén |





Ligazóns externas |



  • Páxina web oficial (en neerlandés)

  • Mapa da cidade

  • Mapa da Provincia de Utrecht




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Utrecht&oldid=4912047"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.488","walltime":"0.601","ppvisitednodes":"value":1166,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":26661,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4261,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4291,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 516.199 1 -total"," 40.36% 208.314 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 16.87% 87.099 1 Modelo:Commonscat"," 16.03% 82.730 1 Modelo:Irmáns"," 15.38% 79.367 1 Modelo:Listaref"," 15.26% 78.758 1 Modelo:Caixa_lateral"," 11.22% 57.910 2 Modelo:Cita_web"," 9.34% 48.234 1 Modelo:Cidade"," 8.19% 42.265 1 Modelo:Coordenadas"," 8.11% 41.888 1 Modelo:Infobox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.253","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5821293,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1338","timestamp":"20190404151119","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Utrecht","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Utrecht","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q803","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q803","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-03-22T00:46:00Z","dateModified":"2018-09-08T02:58:09Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a0/Flag_of_Utrecht.svg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":169,"wgHostname":"mw1262"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos