Calendario chinés Índice Orixe | Principios do calendario chinés | Notas | Menú de navegaciónHistoria sobre o Calendario chinésArquivadoCrononauta.comIDchinese-calendarsh8501883101185556
CalendariosCultura da China
chinéspinyincalendario gregorianoAninovo Chinéssolsticio21 de decembroxaneirofebreirocalendario gregorianoHuang Ti2637rataboitigrecoellodragóncobracabaloovellamonogalocanporcoshǔzodíacolúa2205dinastía Shang1300estacións104ano480Ju Chongzchi1582ano embolismalciclo metónicognomonbudismoShuNiuHuMaoLongSheMaXanHouJiGouZhuano comezapiscesprimaveraveránoutonoinvernocalendario gregoriano
Calendario chinés
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O calendario chinés (chinés tradicional:農曆; chinés simplificado: 农历; pinyin: nónglì) é un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano occidental que emprega calendario solar.
O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.
Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.
Índice
1 Orixe
2 Principios do calendario chinés
2.1 Axustes
3 Notas
Orixe |
A súa orixe asóciase ao emperador Huang Ti, ó redor do ano 2637 aC, cando introduciu 5 ciclos de doce anos rexidos por animais distintivos: rata, boi, tigre, coello, dragón, cobra, cabalo, ovella, mono, galo, can e porco. As casas lunares ou shǔ son cada unha das 28 constelacións do zodíaco lunar. Dependendo da data e hora de nacemento da persoa, a lúa estará nalgunha das casas lunares, determinando así o signo da persoa.
O calendario chinés tradicional[1] é tan antigo que non se coñecen ben as súas orixes. Di a lenda que as súas primeiras bases se remontan ós xia, que habitaron aquelas terras sobre o 2205 a.C., mentres que outra tradición o atribúe directamente ó mítico Huang ti, unificador e primeiro emperador da China, que viviu alá polo século III a.C. Os historiadores sitúan as orixes cara á metade da dinastía Shang (1300 a.C.), data da primeira constancia documental da utilización das contas cíclicas para os días.
O problema para os sabios astrónomos chineses foi o mesmo que para o resto dos pobos antigos: tentar combinar os movementos da lúa e do sol, ciclos sempre difíciles de conxeniar. O calendario chinés tradicional era lunar, pero iso causaba graves problemas ós agricultores porque non había forma de fixar as estacións nel. Como para o resto de culturas, a procura dun calendario que reflectise correctamente as estacións era fundamental para o agro, polo que os pobos buscaron maneiras de observar o movemento dos astros (tomando a terra como referente) e reflectilo nun sistema cronolóxico de días completos.
Pasaron os séculos e cara o ano 104 a.C., por medio de sistemas de observación e de medición das sombras proxectadas por un pau vertical (gnomon), os antigos astrónomos chineses chegaron a estimar a duración do ano en 365,2502 días, unha aproximación excelente para a época. Xa sobre o ano 480 da nosa era, o gran sabio Ju Chongzchi estableceuno en 365,2428 días, cun exceso de tan só 52 segundos sobre o valor vixente (365,2422). Ata a reforma gregoriana (proclamada en 1582), o noso calendario acumulaba erros de 11 minutos e 14 segundos por ano (674 segundos). Ju Chongzchi foi trece veces máis preciso once séculos antes.
Principios do calendario chinés |
O calendario chinés é lunisola[1]. O ano chinés ordinario consta de 12 lunacións (doce meses lunares) o que supón entre 353 e 355 días. Cada certo tempo (máis ou menos, cada tres anos) intercálase un ano embolismal (un ano con 13 meses lunares) de entre 383 e 385 días.
Como coñecían con gran exactitude a duración dos ciclos lunares e solares, chegaron á mesma conclusión matemática que outras moitas culturas, descubrindo o ciclo de 19 anos (ciclo metónico) e considerando anos embolismais o anos 3º, 6º, 9º, 11º, 17º e 19º do ciclo, pois a norma básica é que o solsticio de inverno debe suceder sempre no 11º mes do ano.
Os chineses medían o ano polo retorno do solsticio de inverno, e para iso valíanse do gnomon, co que calibraban a lonxitude das sombras a mediodía. Considérase un ciclo de 60 anos, dividido noutro menor de 12 anos. Tamén hai un ciclo mensual meteorolóxico, con 24 puntos sinalados.
Dende a introdución do budismo en China cada ano, ademais do seu número, ten o nome dun signo do zodíaco. Os signos do zodíaco chinés son: Shu (rata), Niu (búfalo), Hu (tigre), Mao (coello), Long (dragón), She (serpe), Ma (cabalo), Xan (cabra), Hou (mono), Ji (galo), Gou (can) e Zhu (Porco). O ano comeza cando o sol entra en pisces, coa primeira lúa nova.
Cada mes o sol entra nunha constelación do zodíaco diferente. Se nun mes o sol non entra nunha constelación, ese acaba sendo o mes a intercalar. Chámase co nome do mes anterior antecedido do prefixo "shun-". Os meses agrúpanse en tres grupos: meng (primeiro), zhong (medio) e ki (último); e en catro estacións, chun (primavera), xia (verán), qiu (outono) e dong (inverno). O nome dos meses fórmanse combinado ámbolos dous conceptos, por exemplo "ki-tsin" é o último mes do outono. Os meses tamén se poden denominar como os anos.
Os meses chineses están compostos por tres semanas de 10 días cada unha. O grupo dos primeiros 10 días do mes recibe o nome de tschu. Os días do mes cóntanse polos seus ordinais. O día comeza a media noite e divídese en 12 schis. Cada schi consta de dúas horas, a primeira hora chámase schi-kjao e a segunda schi-tssching. Cada schi divídese en oito ko (cuartos de hora), o ko ten 15 feus, polo que un feu equivale a un minuto. Unha hora chámase tschuco, un jiko é un cuarto de hora.
Axustes |
Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada 2 ou 3 anos, a diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.
Notas |
↑ 1,01,1 Historia sobre o Calendario chinés Arquivado 23 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. en Crononauta.com
|
Categorías:
- Calendarios
- Cultura da China
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.220","walltime":"0.310","ppvisitednodes":"value":206,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":5670,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":61,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":6,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":4,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1044,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":5,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 272.551 1 -total"," 73.27% 199.709 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.89% 37.861 1 Modelo:Contén_texto_chinés"," 12.70% 34.621 1 Modelo:Contén_caracteres_especiais"," 11.18% 30.475 1 Modelo:Caixa_lateral"," 4.77% 13.004 1 Modelo:Listaref"," 2.90% 7.917 1 Modelo:Webarchive"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.132","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2376643,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1274","timestamp":"20190515193015","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Calendario chinu00e9s","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Calendario_chin%C3%A9s","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q134032","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q134032","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-12-22T13:42:14Z","dateModified":"2018-09-03T13:44:46Z"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":155,"wgHostname":"mw1240"););