Yao Ming Índice Traxectoria | Estatísticas | Vida persoal | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónBasketball-Reference.com"Player Season Finder""Yao Ming — Biography""The Creation of Yao Ming"Sitio web da Fundación Yao MingEstatísticas de Yao Ming en Basketball-ReferenceeWorldCat119316736ID494736131833030nm14952440000 0001 1512 1188no200305316401000006303000092707yao-mingmingya0128491yao-ming-1
Yao MingJay WilliamsMike Dunleavy, Jr.Drew GoodenNikoloz TskitishviliDajuan WagnerNenê HilarioChris WilcoxAmar'e StoudemireCaron ButlerJared JeffriesMelvin ElyMarcus HaislipFred JonesBoštjan NachbarJiří WelschJuan DixonCurtis BorchardtRyan HumphreyKareem RushQyntel WoodsCasey JacobsenTayshaun PrinceNenad KrstićFrank WilliamsJohn SalmonsChris JefferiesDan Dickau
Nados en ShanghaiNados en 1980Xogadores de baloncesto da NBAXogadores de baloncesto da ChinaXogadores dos Houston RocketsEleccións no Draft da NBA dos Houston RocketsPivotes de baloncesto
chinéspinyin12 de setembro1980ShanghaibaloncestochinésNBAHouston RocketsmpivoteGheorghe MureşanManute BolShawn BradleyadolescenteDraft da NBAHouston RocketstexanoShanghaimpivoteChinainvestigación científicabaloncestoArvydas SabonislituanoEspañanorteamericanoNBAHouston RocketsHakeem Olajuwon19941995NikeParís1997Del HarrisLos Angeles LakersIndianápolisMichael JordanSanta BárbaraCaliforniaMelbourneAustraliaCalcutaIndiaMVPcm1999FukuokaXapónWang ZhizhiMengke BateerEstados Unidos2000Xogos Olímpicos de 2000Vince CarterNova ZelandiaFranciaLituaniaItaliaEspañaWang Zhizhi200001Draft da NBA19992001Eddy CurryTyson ChandleruniversidadeUniversidade de ChicagoEstados UnidosChicagoP.J. CarlesimopivoteOregónbaseHouston Rocketsoutubro2002dólaresIndiana PacersDenver NuggetsCharles Barkleyburroprimeira tempada na NBA17 de novembro2002Os Angeles Lakers21 de novembroDallas Mavericks3 de decembroSan Antonio Spurscampaña anteriorRookie do AnoAmar'e StoudemireAll-Star GameShaquille O'Nealsegunda tempadaRudy TomjanovichNew York KnicksJeff Van Gundyfebreiro de 2004Atlanta HawksOrlando MagicplayoffsConferencia OesteLos Angeles LakersTracy McGradySteve FrancisCuttino MobleyBryantMichael JordanDallas MavericksDallas18 de decembro200530 de xaneiro2006Memphis GrizzliesUtah Jazzquinta tempadaMVP da temporadaUtah Jazz9 de novembro2007temporada 2007-08Yi JianlianMilwaukee BucksChina26 de febreiro2008xullo de 201120052007internetNia LongXogos Olímpicos de 20046 de agosto20072004ESPNdocumentalForbesdólares20072003SRAS2007Baron DavisCarmelo AnthonySteve NashJackie Chan
Yao Ming
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Yao Ming | |
---|---|
Posición | Pivote |
Dorsal | 11 |
Altura | 2,29 m (7 ft 6 in) |
Peso oficial | 141 kg (310 lb) |
Nacemento | 12 de setembro de 1980 (38 anos) Shanghai, China |
Carreira | |
NBA Draft | 2002 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por Houston Rockets |
Tempadas | 1997–2011 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 9 247 (19,0 pp) |
Rebotes | 4 494 (9,2 pp) |
Asistencias | 920 (1,9 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Este é un nome chinés; o apelido é Yao (姚).
Yao Ming (en chinés: 姚明, pinyin: Yáo Míng), nado o 12 de setembro de 1980 en Shanghai, é un ex-xogador profesional de baloncesto chinés. Xogou oito temporadas na NBA, todas elas nos Houston Rockets. Cunha altura de 2,29 m xogaba na posición de pivote. É o quinto xogador máis alto da historia da competición, só por detrás de Gheorghe Mureşan, Manute Bol, e Shawn Bradley.[1] Actualmente é o presidente do Shanghai Sharks, equipo da liga de baloncesto da China.
Yao comezou xogar para os Shanghai Sharks como adolescente, xogando posteriormente para o equipo sénior da Chinese Basketball Association (CBA) durante cinco anos. Despois de negociar a súa saída cos Sharks e a CBA, presentouse ao Draft da NBA, onde foi seleccionado polos Houston Rockets como número un en 2002. Co equipo texano xogou os Playoffs en catro ocasións. En xullo de 2011, anunciou a súa retirada do baloncesto profesional debido a unha serie de problemas nos pés e nos tornecelos, que xa o levaran a perderse 250 partidos nas súas últimas seis temporadas.
Índice
1 Traxectoria
1.1 Comezos
1.2 China
1.3 Draft da NBA
1.4 NBA
2 Estatísticas
2.1 Estadísticas na CBA
2.2 Estadísticas na NBA
2.2.1 Temporada regular
2.2.2 Playoffs
3 Vida persoal
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Ligazóns externas
Traxectoria |
Comezos |
Yao Ming naceu en Shanghai, fillo de Fengdi Fang e Yao Zhiyuan, sendo o seu único fillo debido ás restricións do país en canto ao número de descendentes por familia. Tanto o seu pai como a súa nai gozaron de excelentes carreiras baloncestísticas na China, polo que Yao herdou deles as súas calidades e instintos necesarios para formarse como un xogador de nivel. Fang, con 1,88 m de estatura, xogaba na posición de pivote e foi capitán da selección nacional feminina de China, mentres que Zhiyuan (2,08 m) xogou nun equipo local de Shanghai.
Nun principio, Yao estaba interesado na investigación científica, aínda que os seus pais tentaron que se interesase polo baloncesto. Yao non comezou a practicalo até os nove anos, sendo xa por entón máis alto que os nenos da súa idade. Xogou o seu primeiro partido de baloncesto tras cumprir dez anos, nunha liga organizada sen ánimo de lucro. O seu pai prometíalle agasallos por cada canastra anotada e a súa nai ofrecíalle comidas especiais, ademais tamén lle ensinaban e ofrecían consellos e análises.
Aos 12 anos, Yao mellorara moito no baloncesto. Os seus pais enviárono a unha academia deportiva de Shanghai, onde adestraba varias horas ao día. Alí, ao estar lonxe do seu lar, centrouse máis no xogo. O seu ídolo era Arvydas Sabonis, pivote lituano que por entón xogaba en España, e tentaba emularlo nos partidos. O seu progreso axudoulle a gañarse un oco no equipo local Shanghai Sharks. Nesa época, descubriu o baloncesto norteamericano debido á emisión dunha serie de partidos da NBA na China. Yao seguiu aos particularmente aos Houston Rockets, que neses anos, liderados polo pivote Hakeem Olajuwon, foron dúas veces campións (1994 e 1995).[2]
China |
Yao entrou con 13 anos no equipo junior dos Shanghai Sharks da Chinese Basketball Association (CBA), onde adestrou durante 10 horas diarias. Tras xogar co equipo junior durante catro anos, Yao ascendeu ao sénior con 17, facendo unha media de 10 puntos e 8 rebotes por partido na súa primeira temporada. Por entón, varias compañías deportivas americanas xa se fixaran na CBA e mesmo Nike pechra un acordo cos Sharks para ser a marca patrocinadora do equipo. Yao era unha das promesas da liga, polo que Nike convidouno a un campus en París no verán de 1997, no que, entre outros, asistiu Del Harris, por esa época adestrador de Los Angeles Lakers. Alí competiu contra xogadores da súa idade e cegou ao público co seu xogo. Tras xogar nun campus patrocinado por Nike en Indianápolis e na Escola de Voo de Michael Jordan en Santa Bárbara, California, Yao regresou ao seu país para disputar o Campionato do Mundo da FIBA Sub-22 en Melbourne, Australia. Nel, o concurso de China foi gris, finalizando na última posición entre 12 equipos e sen gañar ningún do sete partidos disputados. Ao ano seguinte, China gañou o Campionato da Confederación Asiática de Baloncesto (ABC, polas súas siglas en inglés) en Calcuta, India, con Yao nomeado MVP do torneo.[2]
Con todo, na súa segunda campaña rompeu o pé por segunda vez na súa carreira, polo que a súa capacidade de salto diminuíu 14 cm. En 1999, Yao debutou coa selección absoluta chinesa e disputou o Campionato ABC en Fukuoka, Xapón. China coroouse campión con Wang Zhizhi, Mengke Bateer e Yao formando un trío demoledor. A pesar diso, no Campionato do Mundo Junior da FIBA, China non destacou e foi humillada polos Estados Unidos no primeiro partido do torneo cun marcador de 119-59. A nivel local, os Sharks chegaron ás Finais na súa terceira tempada e tamén na seguinte (cuarta de Yao), mais perderon ambas as ante os Bayi Rockets.
Tras as Finais de 2000, Yao comezou a prepararse para os Xogos Olímpicos de 2000. A China contaba coa denominada "Gran Muralla Andante" formada por Zhizhi, Bateer e el. Ante Estados Unidos deron o callo nos primeiros momentos do partido, liderando o marcador por 13-7 e 17-16. A actuación de Yao Ming foi notábel, rexeitando un lanzamento de Vince Carter e recibindo boas críticas dos medios de comunicación e afeccionados chineses, a pesar dos seus modestos 5 puntos e 3 rebotes en 16 minutos. Tras a derrota ante os estadounidenses, China venceu a Nova Zelandia por 75-60, mais un par de derrotas ante Francia e Lituania terminou coas esperanzas chinesas de conseguir medalla. Finalizaron o torneo de maneira respectábel, vencendo a Italia por 85-76 e caendo ante España. Yao foi o sexto máximo reboteador dos Xogos Olímpicos e segundo en tapóns. Cando Wang Zhizhi abandonou os Bayi Rockets na tempada 2000−01 para converterse no primeiro xogador chinés en chegar á NBA, os Sharks gañaron o seu primeiro campionato. Durante os playoffs no seu último ano en Shanghai, Yao fixo unha media de 38,9 puntos e 20,2 rebotes por partido, cun 76,6% en tiros de campo, anotando os seus 21 tiros nun dos encontros das Finais.[2]
Draft da NBA |
Un dos direcotres xerais dos Shanghai Sharks, Li Yaomin, foi o primeiro en animar a Yao a presentarse ao Draft da NBA de 1999. Li tamén influíu no contrato asinado por Yao con Evergreen Sports Inc. para converterse no seu axente. No acordo estabelecíase que un 33% das ganancias do xogador eran para axencia, mais posteriormente o contrato foi invalidado.[3] En 2001 tamén se especulou coa entrada de Yao no Draft. Nese ano, un par de xogadores procedentes do instituto, Eddy Curry e Tyson Chandler, eran dous dos mellores situados para ser escollidos nas primeiras posicións. Se Yao se tivese presentado os seus pasos, puido ter sucedido por vez primeira na historia que ningún dos tres primeiros do Draft pasase pola universidade. Con todo, co paso dos meses, as probabilidades de que Yao aterrase na NBA descendían.[2]
Cando Yao decidiu presentarse no Draft de 2002, un conxunto de asesores formaron o chamado "Equipo de Yao". Este equipo consistía en Erik Zhang, o negociador de Yao; Bill Duffy, o seu axente na NBA; Lu Hao, o seu axente chinés; John Huizinga, o profesor de economía da Universidade de Chicago e o vicepresidente de mercadotecnia de BDA Sports Management, Bill Sanders. Yao era o máximo candidato para ser elixido en primeira posición. Con todo, moitos equipos da NBA estaban preocupados debido á incerteza de se a CBA permitiría a Yao xogar nos Estados Unidos. En maio de 2002, Yao realizou un adestramento para 25 equipos da NBA no Ximnasio de Alumnos de Loyola, ao norte de Chicago. A hora que durou a sesión foi dirixida polo adestrador da NBA P.J. Carlesimo. Tamén participaron Chris Christoffersen, un pivote de Oregón, Cordell Henry, base de Marquette, e Mitch Henderson, adestrador asistente da Northwestern. Ming mostrou o seu repertorio de lazamientos, o seu xogo rápido de pés e as súas capacidades para taponar, mais padeceu de falta de intensidade. Moitos equipos da NBA abandonaron Chicago con máis preguntas que respostas sobre el.[2]
Ao pouco tempo prohibiron a Wang Zhizhi volver xogar coa selección chinesa tras negarse a regresar ao seu país para xogar coa selección, polo que a CBA estipulou a Yao que tería que volver para xogar co equipo nacional. A Asociación Chinesa de Baloncesto tamén declarou que Yao non xogaría na NBA a menos que Houston Rockets o elixisen na primeira posición. O "Equipo de Yao" asegurou que os Rockets o seleccionarían, polo que a CBA deu o permiso a Yao de xogar nos Estados Unidos durante a mañá do día do Draft. Unha vez elixido, o chinés converteuse no primeiro xogador internacional sen pasar pola universidade estadounidense en ser seleccionado na primeira posición da historia da liga. En outubro de 2002 asinou un contrato de catro anos e 17,8 millóns de dólares cos Rockets.[2]
NBA |
Yao xogou o seu primeiro partido da NBA ante os Indiana Pacers, onde capturou dous rebotes e non conseguiu anotar ningún punto. A súa primeira canastra na liga chegou no seguinte partido fronte os Denver Nuggets, sendo tamén a súa primeira vitoria. Yao fixo unha media de tan 4 puntos en só 14 minutos nos seus primeiros 7 encontros na NBA, polo que varios comentaristas estadounidenses como Bill Simmons e Dick Vitale predixeron o seu fracaso na liga. Charles Barkley mesmo se apostou con Kenny Smith que bicaría o traseiro dun burro se Yao anotaba máis de 19 puntos nun partido no seu primeira tempada na NBA. O 17 de novembro de 2002, o chinés logrou 20 puntos ante Os Angeles Lakers cun perfecto 9 de 9 en tiros de campo e 2 de 2 en tiros libres, polo que Barkley tivo que cumprir a súa aposta. Postrriormente, consegiu facer grandes actuacións comoo 21 de novembro, onde anotou 30 puntos e 16 rebotes ante os Dallas Mavericks a pesar da derrota dos Rockets, e o 3 de decembro onde chegou até os 27 puntos e 18 rebotes na vitoria fronte a San Antonio Spurs, e 15 días despois onde conseguiu 29 puntos, 10 rebotes e 6 tapóns noutra vitoria ante os Pacers.
A pesar de que Houston quedou fóra dos Playoffs pola mínima, a tempada resultou ser un éxito xa que se bateron con solvencia as 28 vitorias da campaña anterior. Yao fixo unha media de 13,5 puntos e 8,2 rebotes por partido, formando parte do mellor quinteto de rookies e finalizando segundo na votación do Rookie do Ano por detrás de Amar'e Stoudemire. O impacto de Yao Ming tamén se notou fóra das canchas, exemplo diso foi que disputou o All-Star Game de 2002 como titular por diante de Shaquille O'Neal debido aos votos recibidos por parte dos afeccionados. Tamén, o pavillón dos Rockets rexistrou máis público que outros anos, e o partido ante os Lakers en xaneiro de 2003 foi o segundo máis visto na historia da televisión por cable en Estados Unidos. Literalmente centos de millóns de telespectadores seguiron aos Rockets desde a China.[2]
Antes de comezar o seu segunda tempada na liga, o adestrador dos Rockets Rudy Tomjanovich tivo que deixar o seu posto debido a problemas de saúde, e o ex-adestrador de New York Knicks Jeff Van Gundy ocupou o cargo. Van Gundy centrouse máis nas capacidades ofensivas de Yao, polo que o pivote realizou a súa mellor tempada en medias anotadoras e reboteadores. En febreiro de 2004 anotou 41 puntos, récord da súa carreira, e repartiu 7 asistencias na vitoria por 123-121 ante os Atlanta Hawks en tres prórrogas. Un mes antes, sumou 37 puntos e 10 rebotes ante osOrlando Magic. Yao finalizou a tempada facendo unha media de 17,5 puntos e 9 rebotes por partido, e por segundo ano consecutivo foi votado como pivote titular para o All-Star Game. Por primeira vez desde a chegada de Yao, os Rockets accederon a playoffs tras terminar sétimos na Conferencia Oeste cun balance de 45 vitorias e 37 derrotas, aínda que caeron eliminados na primeira rolda en mans de Los Angeles Lakers por 4-1. Yao fixo unha media de 15 puntos e 7,4 rebotes por encontro na eliminatoria.
En xuño de 2004, os Rockets fixéronse cos servizos da estrela dos Magic Tracy McGrady a cambio de Steve Francis e Cuttino Mobley. Yao dixo dos seus dous ex-compañeiros que lle axudaron nos seus dúas primeiras tempadas na liga", pero sobre McGrady engadiu que "estou emocionado por xogar xunto a el. É un xogador que pode facer cousas asombrosas". Tras o traspaso, os Rockets convertéronse en candidatos ao título, e a parella Yao-McGrady foi comparada coa que formabanan O'Neal e Bryant nos Lakers.[2] Tanto McGrady como Yao foron votados como titulares para disputar o All-Star, e o chinés conseguiu o récord de máis votos para o All-Star que posuía Michael Jordan, cun total de 2.558.278. Os Rockets gañaron 51 partidos e finalizaron quintos no Oeste, alcanzando os Playoffs por segunda tempada consecutiva, enfrontáronse con Dallas Mavericks en primeira rolda. Houston gañou os dous primeiros partidos en Dallas, con Yao anotando 13 dos 14 lanzamentos que tentou, récord da franquía, e 33 puntos. Con todo, os Mavericks gañaron catro do seguintes cinco partidos, incluíndo o sétimo e definitivo duelo por unha diferenza de 40 puntos (116-76). Yao fixo unha media de 21,4 puntos e 7,7 rebotes por partido na serie cun 65% en tiros de campo.
Despois de perderse soamente dous partidos no seu tres primeiros anos na NBA, fóiselle diagnosticada osteomielite aguda no dedo gordo do seu pé esquerdo, polo que foi operado o 18 de decembro de 2005. Perdeuse un total de 21 partidos ata que regresou ao equipo o 30 de xaneiro de 2006 contra os Memphis Grizzlies. A pesar de todo, foi votado unha vez máis como titular no All-Star Game]]. Tras o All-Star, Yao explotou con medias de 25,7 puntos e 11,6 rebotes por partido, cun 53.7% en tiros de campo e un 87.8% en tiros libres. Con todo, as lesións non só lle afectaron a el, senón que tamén McGrady se perdeu 35 partidos por mor de espasmos nas costas. Os Rockets gañaron 34 partidos e quedaron fóra dos Playoffs]]. Ademais, a falta de catro encontros para o final da temporada regular, Yao rompeu un óso no seu pé esquerdo ante os Utah Jazz que o obrigou a estar seis meses afastado das canchas.
Xa na súa quinta tempada na NBA, Yao volveu caer lesionado o e perdeuse 34 partidos. Até entón a lesión estaba facendo unha media de 26,8 puntos, 9,7 rebotes e 2,3 tapóns por encontro, e era un claro candidato para o MVP da temporada. A pesar da baixa de Yao, os Rockets clasificáronse para Playoffs ao alcanzar 50 vitorias, mais foron eliminados en primeira rolda polos Utah Jazz. O 9 de novembro de 2007, xa coa temporada 2007-08 empezada, Yao xogou por primeira vez contra Yi Jianlian, xogador chinés de Milwaukee Bucks. O encontro, que gañaron os Rockets por 104-88, foi retransmitido en 19 cadeas en China e foi visto por máis de 200 millóns de persoas no país asiático, converténdose nun dos partidos da NBA máis vistos na historia. O 26 de febreiro de 2008 Yao sufriu unha fractura por fatiga no seu pé esquerdo e perdeuse o resto da tempada, incluídos os Playoffs. No que levaba de campaña estaba facendo unha media de 22 puntos e 10,8 rebotes por noite. Coa súa baixa, os Rockets non se perderon pulo, e conseguiron 22 vitorias consecutivas, sendo a terceira maior serie de vitorias consecutivos na historia da liga. O equipo finalizou con 55 partidos gañados e accedeu aos playoffs, aínda que por segundo ano consecutivo volveu ser derrotado polos Jazz en primeira rolda. En xullo de 2011 anunciaba a súa retirada definitiva do baloncesto, tras non superar as múltiples lesións que arrastraba desde 2005.
Estatísticas |
Lenda | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Partidos xogados | PT | Partidos de titular | MPP | Minutos por partido | ||
%TC | Porcentaxe de tiros de campo | %3P | Porcentaxe de tiros de 3 | %TL | Porcentaxe de tiros libres | ||
RPP | Rebotes por partido | APP | Asistencias por partido | ROU | Roubos de balón por partido | ||
TPP | Tapóns por partido | PPP | Puntos por partido | Negra | Máximo de súa carrera |
Estadísticas na CBA |
Ano | Equipo | PX | RPP | APP | TC% | TL% | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1997–98 | Shanghai | 21 | 8.3 | 1.3 | .615 | .485 | 10.0 |
1998–99 | Shanghai | 12 | 12.9 | 1.7 | .585 | .699 | 20.9 |
1999–00 | Shanghai | 33 | 14.5 | 1.7 | .585 | .683 | 21.2 |
2000–01 | Shanghai | 22 | 19.4 | 2.2 | .679 | .799 | 27.1 |
2001–02 | Shanghai | 24 | 19.0 | 1.9 | .721 | .759 | 32.4 |
Carreira | 122 | 15.4 | 1.8 | .651 | .723 | 23.4 |
Estadísticas na NBA |
Temporada regular |
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002-03 | Houston | 82 | 72 | 29.0 | .498 | .500 | .811 | 8.2 | 1.7 | .4 | 1.8 | 13.5 |
2003-04 | Houston | 82 | 82 | 32.8 | .522 | .000 | .809 | 9.0 | 1.5 | .3 | 1.9 | 17.5 |
2004-05 | Houston | 80 | 80 | 30.6 | .552 | .000 | .783 | 8.4 | .8 | .4 | 2.0 | 18.3 |
2005-06 | Houston | 57 | 57 | 34.2 | .519 | .000 | .853 | 10.2 | 1.5 | .5 | 1.6 | 22.3 |
2006-07 | Houston | 48 | 48 | 33.8 | .516 | .000 | .862 | 9.4 | 2.0 | .3 | 2.0 | 25.0 |
2007-08 | Houston | 55 | 55 | 37.2 | .507 | .000 | .850 | 10.8 | 2.3 | .4 | 2.0 | 22.0 |
2008-09 | Houston | 77 | 77 | 33.6 | .548 | 1.000 | .866 | 9.9 | 1.8 | .4 | 2.0 | 19.7 |
2010-11 | Houston | 5 | 5 | 18.2 | .486 | .000 | .938 | 5.4 | .8 | .0 | 1.6 | 10.2 |
Total | 486 | 476 | 32.5 | .524 | .200 | .833 | 9.2 | 1.6 | .4 | 1.9 | 19.0 | |
All-Star | 5 | 5 | 18.2 | .529 | .000 | .667 | 4.2 | 1.6 | .2 | .2 | 8.0 |
Playoffs |
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2004 | Houston | 5 | 5 | 37.0 | .456 | .000 | .765 | 7.4 | 1.8 | .4 | 1.4 | 15.0 |
2005 | Houston | 7 | 7 | 31.4 | .655 | .000 | .727 | 7.7 | .7 | .3 | 2.7 | 21.4 |
2007 | Houston | 7 | 7 | 37.1 | .440 | .000 | .880 | 10.3 | .9 | .1 | .7 | 25.1 |
2009 | Houston | 9 | 9 | 35.9 | .545 | .000 | .902 | 10.9 | 1.0 | .4 | 1.1 | 17.1 |
Total | 28 | 28 | 35.3 | .519 | .000 | .833 | 9.3 | 1.0 | .3 | 1.5 | 19.8 |
Vida persoal |
A comezos de 2007, unha azueira de internet dicía que Yao estaba a saír coa actriz estadounidense Nia Long, mais o xogador negouno. Posteriormente casou con Ye Li, baloncestista profesional de China, a quen coñeceu cando tiña 17 anos. A súa primeira aparición pública foi durante a cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos de 2004. O 6 de agosto de 2007, Yao casou con Yi nunha cerimonia na que asistiron unicamente familiares e amigos íntimos. En 2004, Yao co-escribiu unha autobiografía con Ric Bucher, analista de ESPN, titulada Yao: A Life in Two Worlds ("Yao: Unha Vida En Dous Mundos"). Ese mesmo ano tamén se rodou un documental relacionado con el, The Year of the Yao ("O Ano de Yao"), no que se centra na súa primeira tempada na NBA. O documental é narrado polo seu amigo e antigo intérprete Colin Pine, quen estivo con Yao no seu ano de novato e fixo de intérprete seu durante tres anos.
Yao é un dos deportistas máis recoñecidos da China. Liderou a lista de celebridades chinesas da Forbes en ingresos e en popularidade durante cinco anos consecutivos, percibindo 54,6 millóns de dólares en 2007. A maior parte dos seus ingresos débense aos seus contratos de patrocinio. Yao tamén participou en varios acontecementos benéficos, incluído o programa da NBA Baloncesto Sen Fronteiras. Na pretemporada da NBA de 2003, Yao presentou un maratón benéfico televisivo, co que reuniu 300.000 dólares para axudar a deter a propagación do SRAS. En setembro de 2007, conseguiu 965.000 dólares nunha poxa, que posteriormente doou aos nenos máis desfavorecidos da China tras xogar un partido de baloncesto benéfico con estrelas da NBA como Baron Davis, Carmelo Anthony e Steve Nash e o actor Jackie Chan. Debido ao terremoto de Sichuan de 2008, Yao doou 2 millóns de dólares para traballos de rescate e creou unha fundación para axudar a reconstruír as escolas destruídas polo sismo.
Notas |
↑ "Player Season Finder". Basketball-Reference (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2015.
↑ 2,02,12,22,32,42,52,62,7 "Yao Ming — Biography". JockBio (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2015.
↑ Larmer, Brook Larmer (7 de novembro de 2005). "The Creation of Yao Ming". Times (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2015.
Véxase tamén |
Ligazóns externas |
- Sitio web da Fundación Yao Ming
- Estatísticas de Yao Ming en Basketball-Reference
|
|
Categorías:
- Nados en Shanghai
- Nados en 1980
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da China
- Xogadores dos Houston Rockets
- Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets
- Pivotes de baloncesto
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.464","walltime":"0.716","ppvisitednodes":"value":1052,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":25556,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1267,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":13,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5980,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":14,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 604.116 1 -total"," 77.10% 465.745 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 12.26% 74.087 1 Modelo:Listaref"," 10.86% 65.608 3 Modelo:Cita_web"," 2.73% 16.476 1 Modelo:Draft_da_NBA_2002"," 2.24% 13.542 1 Modelo:Navbox"," 1.87% 11.297 1 Modelo:Xogador_da_NBA_retirado"," 0.99% 5.960 8 Modelo:Nbay"," 0.48% 2.904 1 Modelo:Idade"," 0.33% 2.018 1 Modelo:CHNb"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.298","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5230909,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1275","timestamp":"20190527064331","ttl":3600,"transientcontent":true););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Yao Ming","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Yao_Ming","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q58590","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q58590","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2015-11-07T16:22:04Z","dateModified":"2018-06-10T22:19:41Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a8/YaoMingonoffense2_crop.jpg","headline":"baloncestista chinu00e9s"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":855,"wgHostname":"mw1275"););