Década de 1990 Índice1990199119921993199419951996199719981999NotasMenú de navegación"Tres niños excursionistas muertos al arrollarles un tren en el interior de un túnel lucense"sh96010818
Década de 1990
1 de xaneiro31 de decembro
Década de 1990
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Segundo milenio | |||||
Século XX | |||||
| |||||
|
A década de 1990 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1990 e remata o 31 de decembro de 1999.
Índice
1 1990
2 1991
3 1992
4 1993
5 1994
6 1995
7 1996
8 1997
9 1998
10 1999
11 Notas
1990
- Artigo principal: 1990.
1 de xaneiro - O presidente do Consello de Salvación Nacional de Romanía anuncia a legalización do multipartidismo e outras medidas para acabar co réxime comunista de Ceausescu.
3 de xaneiro - O líder de Panamá, Manuel Noriega, réndese as forzas estadounidenses.
20 de xaneiro - Xaneiro Negro foi unha acción do exército soviético para deter a violencia entre armenios e azarís.
11 de marzo - independencia de Lituania.
24 de abril - o transbordador espacial Discovery pon en órbita o telescopio espacial Hubble
3 de outubro - A Alemaña Oriental e a Occidental unifícanse definitivamente.
11 de outubro - Un artefacto explosivo colocado por membros do EGPGC mata tres persoas na discoteca Clangor de Santiago de Compostela.
1 de decembro - As dúas bocas do túnel baixo o Canal da Mancha quedan unidas ó atoparse os obreiros dunha e doutra sección. Francia e Inglaterra quedan unidas por terra.
9 de decembro - Lech Wałęsa vence nas eleccións presidenciais polacas.
23 de decembro - A República de Eslovenia vota a favor da secesión da República Federal Socialista de Iugoslavia.
1991
- Artigo principal: 1991.
16 de xaneiro - Unha coalición internacional liderada por Estados Unidos comeza a operación Tormenta do Deserto, para obrigar ó exército de Hussein a retirarse de Kuwait.
26 de maio - Celébranse as IV Eleccións municipais en España desde a Transición.
20 de agosto - Estonia independízase da Unión Soviética.
24 de agosto - Ucraína declárase independente da URSS.
25 de agosto - Belarús declárase independente.
27 de agosto - Independencia da Moldavia.
31 de agosto - Kirguizistán declara a súa independencia.
1 de setembro - Uzbekistán declárase independente.
9 de setembro - Taxiquistán declárase independente.
19 de setembro - Áchase nos Alpes de Venoste, no glaciar do Similaun, a momia de Ötzi ou momia do Similaun (dito tamén home de Similaun e home dos xeos).
23 de setembro - Armenia declárase independente da URSS.
27 de outubro - Independencia de Turkmenistán.
1 de decembro - Panamá recibe o control do Canal do Panamá.
8 de decembro - Os líderes de Rusia, Belarús e Ucraína deciden disolve-la URSS e crea-la Comunidade de Estados Independentes.
16 de decembro - Independencia do Casaquistán.
26 de decembro - Disólvese a URSS.
1992
- Artigo principal: 1992.
1 de xaneiro: na Arxentina, o peso substitúe o austral como moeda arxentina.
2 de xaneiro: entra en vigor a libre circulación de traballadores españois na CE.
2 de xaneiro: Paraguai entra a formar parte da Convención de Berna.
4 de xaneiro: George H. W. Bush anuncia o fin do embargo imposto a Camboxa durante 17 anos.
5 de abril: independencia de Bosnia e Hercegovina.
25 de novembro: prodúcese o Divorcio de Veludo, a Asemblea Federal checoslovaca vota a favor de dividir o país en dous.
1993
- Artigo principal: 1993.
1 de xaneiro: entrada en vigor do Mercado Único Europeo.
1 de xaneiro: Checoslovaquia divídese en dous novos Estados: Chequia e Eslovaquia.
2 de xaneiro: as tres partes no conflito en Bosnia e Hercegovina reúnense en Xenebra.
3 de xaneiro: en Moscova, George H. W. Bush e Boris Eltsin firman o segundo Pacto Estratéxico de Redución Armamentística.
4 de xaneiro: Daniel Arap Moi é investido presidente de Kenya, tras ser reelixido nas primeiras eleccións multipartidistas en 26 anos, celebradas o 29 de decembro anterior.
20 de febreiro: lanzamento do observatorio espacial xaponés ASCA.
30 de outubro: accidente ferroviario preto dos Peares. Tres adolescentes mortos ao seren atropelados no interior dun túnel[1].
1 de novembro: entra en vigor o Tratado de Maastricht, dando comezo á Unión Europea.
10 de decembro: a UNESCO declara o Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade.
1994
- Artigo principal: 1994.
1 de xaneiro: entran en funcionamento o Espazo Económico Europeo (EEE) e o Tratado de Libre Comercio (TLC) do Canadá, os Estados Unidos e México.
1 de xaneiro: Guerrilleiros do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) inician unha rebelión no estado mexicano de Chiapas contra a pobreza do campesiñado indíxena.
3 de xaneiro: O avión Tupolev TU-154 da Aeroliña Rusa estrélase e estoupa pouco despois de engalar de Irkhutsk, Rusia, morrendo 125 persoas.
4 de xaneiro: Inaugúrase en Xenebra a Corte de Justicia da Asociación Europea de Libre Cambio (EFTA).
Camilo José Cela recibe o Premio Planeta polo libro La Cruz de San Andrés.
18 de xaneiro: ten lugar o evento de Cando;
3 de agosto - Lanzamento do satélite artificial APEX.
1995
- Artigo principal: 1995.
- O Tratado de Dayton establece a división de Bosnia e Hercegovina en dúas entidades: a Federación de Bosnia e Hercegovina e a República Serbia.
1 de xaneiro, creación da Organización Mundial do Comercio.
1 de xaneiro, cuarta ampliación da Unión Europea, que conta quince países membros ó integrarse oficialmente Austria, Finlandia e Suecia.
1 de xaneiro, as tropas rusas toman Grozni durante a primeira guerra con Chechenia.
28 de maio, celébranse as V Eleccións municipais en España desde a Transición.
30 de novembro, O Consello de Ministro da Unión Europea designa a Santiago de Compostela como Cidade Europea da Cultura no ano 2000, xunto a outras cidades europeas.
1996
- Artigo principal: 1996.
27 de febreiro - Lánzase no Xapón o primeiro par de xogos de Pokémon: Pocket Monsters Green e Pocket Monsters Red.
3 de marzo - O PP gaña as eleccións xerais de España. José María Aznar, presidente do goberno español.
16 de maio - Lanzamento do primeiro satélite de comunicacións israelí, AMOS 1.
30 de decembro - Reformado o estatuto de autonomía das Illas Canarias.- Celébrase a Eurocopa de Inglaterra. Gaña na final Alemaña á República Checa.
Xogos Olímpicos de Atlanta.
Manuel Rivas obtén o Premio Nacional de Narrativa coa obra Que me queres, amor?.- Fórmase a banda galega de Rock Ruxe Ruxe
1997
- Artigo principal: 1997.
1 de xaneiro - O ghanés Kofi Annan toma posesión coma secretario xeral da ONU, en substitución do exipcio, Butros Ghali.
2 de xaneiro - Miguel Indurain anuncia a súa retirada do ciclismo profesional.
22 de febreiro - Anúnciase que en Roslin, Escocia, unha ovella adulta, Dolly, fora clonada con éxito en xullo de 1996.
1 de xullo -O Reino Unido traspasa a soberanía de Hong Kong a China
25 de agosto - Lanzamento do satélite artificial ACE.
29 de decembro - Hong Kong comeza a matar todos os polos da illa para evitar a propagación da gripe aviaria.
1998
- Artigo principal: 1998.
2 de xaneiro - Ernesto Zedillo, presidente de México, destitúe o ministro do Interior, Emilio Chuayffet, como responsábel da matanza de Chiapas o 22 de decembro.
2 de xaneiro - Comandos integristas asasinan a 412 persoas en tres aldeas de Relizan (Alxeria).
13 de xaneiro - O buque Dicoverer Enterprise racha as estachas de madrugada e vai bater contra a Ponte das Pías, deixando a Ferrol sen a súa principal vía de comunicación.
1 de novembro - Institúese o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.- Publícase O lapis do carpinteiro, unha das novelas de maior éxito do escritor galego Manuel Rivas
1999
- Artigo principal: 1999.
1 de xaneiro - Entra en vigor o euro, moeda única para once países da UE.
2 de xaneiro - Juan José Ibarretxe toma posesión coma novo lehendakari do Goberno do País Vasco.
12 de marzo - A República Checa, Hungría e Polonia ingresan na OTAN.
28 de abril - Lanzamento do observatorio espacial alemán ABRIXAS.
13 de xuño - Celébranse as VI Eleccións municipais en España desde a Transición.
30 de agosto - Un 95 % da poboación de Timor Leste, ocupada por Indonesia, vota pola independencia.
14 de novembro - Boris Trajkovski é elixido Presidente de Macedonia do Norte.
21 de decembro - Lanzamento do satélite científico ACRIMSAT.
Notas
↑ "Tres niños excursionistas muertos al arrollarles un tren en el interior de un túnel lucense", artigo en ABC, 31 de outubro de 1993, p. 79 (en castelán).
|
Categoría:
- Década de 1990
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.284","walltime":"0.398","ppvisitednodes":"value":1760,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":40981,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1192,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":17,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":11,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":643,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":2,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 323.294 1 -total"," 47.40% 153.246 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 40.87% 132.129 1 Modelo:Lista_década"," 11.68% 37.760 1 Modelo:Década"," 8.56% 27.678 3 Modelo:Atopar"," 5.64% 18.235 10 Modelo:AP"," 5.22% 16.892 1 Modelo:Milenio_ordinal"," 4.45% 14.376 1 Modelo:Ordinal"," 3.08% 9.958 1 Modelo:Século_romano"," 2.21% 7.149 1 Modelo:Romano"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.107","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2170494,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1330","timestamp":"20190522190621","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Du00e9cada de 1990","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%A9cada_de_1990","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q34653","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q34653","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2017-02-23T03:56:32Z","dateModified":"2018-07-16T20:38:50Z"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":147,"wgHostname":"mw1319"););