Skip to main content

Calendario gregoriano Índice Historia do calendario | Estrutura do calendario | Adopción dun novo calendario | Reformas do calendario gregoriano | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación314042379162ID4158128-3gregorian-calendarsh85018834

Calendarios


calendarioEuropapapaGregorio XIII1582calendario xulianoXulio César46a. C.I Concilio de NiceaPascuaConcilio de TrentoCristovo ClavioLuís LilioxesuítaGalileo Galilei1576Afonso X o SabioTáboas afonsinasPedro Chacón14 de setembro15801582Pascuaequinoccioprimaveracalendario XulianoRoma clásicaTerraSoldíashorasminutossegundosanoanos bisestos29 de febreirosemanalunsmartesmércoresxovesvenressábadodomingoReino UnidoIgrexa1582Gregorio XIIIxoves4 de outubro1582venres15 de outubrosanta Tareixa de Ávila1582EspañaPortugalPoloniaFranciaInglaterra1752Johannes Keplerrevolución de outubro1917RusiaTurquía1927Atatürk10 de xaneiro160315 de xaneiroWilliam ShakespeareMiguel de Cervantes23 de abril1616ortodoxoNadalReiscalendario republicanorevolución francesacalendario universalcalendario fixoséculo XXSociedade de NaciónsONUEstados UnidosReino UnidoPaíses BaixosIndonesia










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Calendario gregoriano




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura






Gregorio XIII


O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea actualmente utilizado en Europa, as súas antigas colonias e en boa parte do resto do mundo. Recibe este nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, e substituíu en 1582 ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a. C.




Índice





  • 1 Historia do calendario

    • 1.1 A Comisión do Calendario


    • 1.2 O axustamento gregoriano



  • 2 Estrutura do calendario

    • 2.1 Subdivisións



  • 3 Adopción dun novo calendario


  • 4 Reformas do calendario gregoriano


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos





Historia do calendario |


O I Concilio de Nicea fixaba que a Pascua se celebraría o domingo seguinte á primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera, o que significaba que o domingo de Pascua tería que caer entre o 22 de marzo e o 20 de abril.
Pola contra, nos tempos do papado de Gregorio XIII a Pascua caía xa a primeiros de marzo e os astrónomos decatábanse que pouco a pouco, ao longo dos séculos, a Pascua se ía achegando ao Nadal. Xa o Concilio de Trento advertía deste problema e dispuña que se lle dese estudo e solución ao problema.



A Comisión do Calendario |


Gregorio XIII, para poder levar adiante a reforma, constitúe a chamada Comisión do Calendario, un grupo de eclesiásticos e expertos na que destacaban Cristovo Clavio[1] e Luís Lilio. Clavio, astrónomo e xesuíta, o "Euclides do seu tempo", era un reputado matemático e astrónomo, o mesmo Galileo Galilei o chamou como aval científico das súas observacións telescópicas. En canto a Lilio, médico e astrónomo, sabemos que foi o principal autor da reforma do calendario aínda que morreu en 1576 sen ver rematado o proceso. Finalmente, un personaxe máis nesta historia: Afonso X o Sabio, o valor dado ao ano trópico nas Táboas afonsinas de 365 días 5 horas 49 minutos e 16 segundos é o tomado como correcto pola Comisión do Calendario. Pedro Chacón, matemático español, redacta o Compendium co ditame de Lilio, apoiado por Clavio, e chégase ao 14 de setembro de 1580 cando se aproba a reforma, para levala á práctica en outubro de 1582.



O axustamento gregoriano |


A diferenza principal entre o calendario gregoriano e o seu precedente, o calendario xuliano, está na distribución dos anos bisestos .


Como xa se dixo, o ano tropical medio, é dicir, o período de translación da Terra ó redor do Sol, dura 365,2422 días. Engadindo un día bisesto cada catro anos, o calendario xuliano atribuía ó ano unha duración media de 365,25 días. Isto inducía un desprazamento duns 8 días por milenio con respecto ó tempo real, facendo que por exemplo a festa de Pascua, determinada polo equinoccio de primavera, caese alá por febreiro.


Foi preciso entón suprimir os anos bisestos para os anos que son múltiplos de 100 sen ser múltiplos de 400. Así 1600 e 2000 son bisestos, pero non 1700, 1800 nin 1900.


Aplicando esta regra chegamos a un ano de 365,2425 días no canto dos 365,2424 días en exceso de tres días cada 10.000 anos. Foi proposta unha emenda na regra para consideraren os anos múltiplos de 4.000 como normais. Pero do feito do acurtamento do ano tropical avaliado en 0,5 s por século e do alongamento do día de 1,64 milisegundos por século, é ilusorio chegar a este nivel de precisión, as incertezas sobre a duración do ano cada 10.000 anos está na mesma orde de diferenza.



Estrutura do calendario |


A súa forma baséase no calendario Xuliano da Roma clásica. É un calendario solar, baseado na translación da Terra arredor do Sol de 365,2422 días de 24 horas de 60 minutos de 60 segundos métricos. O calendario gregoriano dá un tempo medio para o ano de 365,2425 días; para asegurar un número enteiro de días por ano, engadimos regularmente (97 anos bisestos cada 400 anos) un día bisesto, o 29 de febreiro.



Subdivisións |


O calendario gregoriano está dividido en doce meses:










































Nome
Días
1Xaneiro31
2Febreiro28 ou 29
3Marzo31
4Abril30
5Maio31
6Xuño30
7Xullo31
8Agosto31
9Setembro30
10Outubro31
11Novembro30
12Decembro31

Ademais, cada período de sete días forma unha semana, herdanza dun calendario luar. Os días da semana son: luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo. A orde dos días é igual en todo o mundo, pero segundo a área cultural o primeiro día da semana pode ser o domingo (como en Reino Unido e nas súas antigas colonias, ou como no calendario litúrxico que usa a Igrexa), ou o luns (como en España).


  • O ano solar fai necesaria unha media de 365,2425 días =8.765,82 horas= 525.949,2 minutos = 31 556 952 segundos.

  • Un ano común ten 365 días =8.760 horas= 525.600 minutos = 31 536 000 segundos.

  • Un ano bisesto ten 366 días =8.784 horas= 527.040 minutos = 31 622 400 segundos.

  • A era normalmente usada co calendario gregoriano é a era cristiá, é dicir, "antes / despois de Cristo", segundo os cálculos de Dionisio o Exiguo. Cómpre salientar que non hai un ano "cero"; os séculos e milenios comezan co ano "un". Así que, o século XXI e o terceiro milenio comezan 1 de xaneiro do ano 1 do terceiro milenio, 2001.


Adopción dun novo calendario |


En 1582, o papa Gregorio XIII decidiu mediante a bula Inter gravissimas que o xoves 4 de outubro de 1582 sería inmediatamente seguido polo venres 15 de outubro para compensar o desfase acumulado dende o ano 45 d. C. (Anécdota: Pola supresión de dez días, santa Tareixa de Ávila morreu na noite do 4 e foi enterrada ao día seguinte, o 15 de outubro de 1582).


É necesario salientar que o paso ó calendario gregoriano non foi adoptado en toda Europa ó mesmo tempo. Foi imposto por Gregorio XIII nos estados onde era soberano pontífice. España, Portugal e Polonia adoptárono inmediatamente. Outros, coma Francia, seguírono rapidamente. Pero Inglaterra (protestante) non adoptará o calendario gregoriano ata 1752.


Outros países foron moito máis lentos en adoptar esta reforma gregoriana, preferindo como di o astrónomo Johannes Kepler "estar en desacordo co Sol, antes que de acordo co papa".


Cumprirá esperar á revolución de outubro de 1917 para que Rusia o adopte. Iso fixo que a revolución chamada de "outubro" tivese lugar... a comezos de novembro, segundo o calendario gregoriano!


En Turquía foi no 1927, como parte do proceso occidentalizador de Atatürk.




191219261923192219191918191619151912187518731867181115841760175217531700168216481582161016051587158615831582

Estas variacións de calendario supoñen un crebacabezas para os historiadores, xa que un documento inglés datado por exemplo o 10 de xaneiro de 1603 é de feito posterior a un documento francés ou español datado o 15 de xaneiro dese mesmo ano. Por exemplo, William Shakespeare e Miguel de Cervantes morreron na mesma "data" (23 de abril de 1616), pero non no mesmo "día".


Ademais, en cada país onde se adoptaba o novo calendario, protestábase, dicindo por exemplo que se tería que pagar un alugueiro mensual enteiro habendo só 21 días no mes laboral!


Con todo, segue quedando algún resto do antigo calendario xuliano, por exemplo, no calendario litúrxico ortodoxo. Deste xeito, os ortodoxos celebran o Nadal, nas datas nas que os católicos celebran os Reis.



Reformas do calendario gregoriano |


Se o principio de axuste gregoriano non foi posto en causa, non sucede o mesmo coa súa estrutura interna.


Os críticos ven os seus vínculos co cristianismo, a través das festas cristiás e das referencias ós santos. Iso motivou moitos proxectos de calendarios laicos, como por exemplo o calendario republicano da revolución francesa.


Outras críticas atinxen á construción mesma do calendario:


  • meses de lonxitude variable (de 28 a 31 días), que falsean por exemplo as estatísticas económicas;

  • ausencia de sincronización entre o nome dos días e o seu número de mes;

  • variación da data de certos días festivos que se rexen polo calendario lunar, como a Pascua e as festas que se celebran segundo o día que se fixa esta: por orde cronolóxica Entroido, Coresma, Semana Santa todas antes da Pascua, Ascensión, Pentecoste e Corpus Christi, despois dela. Ou o Ramadán para os musulmáns.

No curso dos tres últimos séculos as proposicións de reforma multiplicáronse. As máis coñecidas son as propostas do calendario universal e do calendario fixo. A mediados do século XX, a Sociedade de Nacións (antecesora da ONU) fixo estudos para reformar o calendario. Pero foron abandonados pola presión de países como Estados Unidos, Reino Unido, Países Baixos ou Indonesia, oficialmente por razóns relixiosas.



Notas |




  1. En homenaxe a Clavius, un dos cráteres da Lúa leva o seu nome.



Véxase tamén |





Outros artigos |



  • Calendario xuliano.



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Calendario_gregoriano&oldid=4676509"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.320","walltime":"1.037","ppvisitednodes":"value":412,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":7599,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":733,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":6,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3016,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":7,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 978.794 1 -total"," 62.05% 607.307 1 Modelo:Crono_CalendarioGregoriano"," 23.64% 231.343 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 9.26% 90.590 1 Modelo:Commonscat"," 8.87% 86.811 1 Modelo:Irmáns"," 8.46% 82.808 1 Modelo:Caixa_lateral"," 1.21% 11.847 1 Modelo:1000"," 0.91% 8.864 1 Modelo:Icona_en_título"," 0.74% 7.206 1 Modelo:Listaref"," 0.69% 6.757 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.168","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3740318,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1338","timestamp":"20190512095759","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Calendario gregoriano","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Calendario_gregoriano","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q12138","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q12138","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-03-29T15:50:24Z","dateModified":"2018-03-16T05:35:34Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/50/Gregory_XIII.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":176,"wgHostname":"mw1239"););

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos