Skip to main content

Alfredo Di Stéfano Índice Carreira deportiva | Derradeiros anos | Curiosidades | Estatísticas | Títulos | Menú de navegaciónWorldCat40611149XX116821114093280b1959256a10714947alfredo-di-stefanoID457000118679821nm02243490000 0000 7823 5759n001049670100005004200035201117449918294

Nados en 1926Finados en 2014Nados en Buenos AiresFutbolistas da ArxentinaFutbolistas de EspañaDianteiros de fútbolBalón de OuroFIFA 100Xogadores do CA River PlateXogadores do Real Madrid CFXogadores da selección de fútbol de EspañaAdestradores de fútbol da ArxentinaAdestradores do Rayo VallecanoEspañois de ascendencia irlandesaEspañois de ascendencia francesaEspañois de ascendencia arxentina


Buenos Aires4 de xullo1926Madrid7 de xullo2014futbolistaadestradorarxentinocentrocampistaArxentinaColombiaEspañaMaradonaPeléCruyffRiver Plate11 de xullo1945Huracán1947Hugo ReyesJosé Manuel MorenoAngel LabrunaFélix LoustauSelección ArxentinaCopa América de Fútbol1949colombianosudaméricaMillonarios de Bogotá1952NorrköpingsuecoReal MadridSantiago Bernabéu1953FC BarcelonaRiver PlateFIFAfederación española13 de maio1953BarcelonaSantiago BernabéuFC BarcelonaReal MadridBarçaReal MadridTorino FC15 de setembrofederación españolaLiga españolacatalán23 de outubroFC Barcelona23 de setembro1953francésCopa do Rei de FútbolpichichiCopas de EuropaCopa IntercontinentalEintrach FrackfurtPuskásGentoRaymond KopaReal Madrid27 de maio1964Copa de EuropaInter de MilánRCD Espanyol1966estadio Santiago BernabéuReal MadridCeltic FCmundialChile 62selección arxentinacolombianaespañola1990ElcheBoca JuniorsValenciaReal MadridSporting de LisboaRayo VallecanoCastellónRiver PlateRecopa de EuropaSupercopa de EspañaReal Madrid5 de novembro2000FIFA24 de decembroValencia9 de maio2006estadio Alfredo Di StéfanoArxentinaEspaña20 de setembro1949Astor PiazzollaEspañaLadislao KubalaArxentinaColombiaEspaña












Alfredo Di Stéfano




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura
















































































Alfredo Di Stéfano

Di stefano argentina (cropped).jpg
Di Stéfano en 1947.

Información persoal
Nome completo
Alfredo Stéfano Di Stéfano Laulhé
Nacemento
4 de xullo de 1926
Lugar
Buenos Aires, Arxentina
Falecemento
7 de xullo de 2014 (88 anos)
Lugar
Madrid, España
Altura
1,78 m
Posición
Centrocampista / Dianteiro
Carreira sénior
Anos
Equipos

Aprs

(Gls)
1945–1949
River Plate

95

(79)
1946
→ Huracán (cedido)

55

(40)
1949–1953
Millonarios

131

(120)
1953–1964
Real Madrid

302

(246)
1964–1966
Espanyol

77

(41)
Total

660

(526)
Selección nacional
1947
Arxentina

6

(0)
1949
Colombia

4

(0)
1957–1961
España

31

(23)
Adestrador
1967
Elche
1969–1970
Boca Juniors
1970–1974
Valencia
1974
Sporting de Lisboa
1975–1976
Rayo Vallecano
1976–1977
Castellón
1979–1980
Valencia
1981–1982
River Plate
1982–1984
Real Madrid
1985
Boca Juniors
1986–1988
Valencia
1990–1991
Real Madrid

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Alfredo Stéfano Di Stéfano Laulhé, nado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1926 e finado en Madrid o 7 de xullo de 2014, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coas seleccións de Arxentina, Colombia e España.


Coñecido coma La saeta rubia, é xunto con Maradona o mellor futbolista arxentino da historia, e ademais un dos catro grandes de tódolos tempos, xunto con Pelé, Cruyff e o propio Maradona.[Cómpre referencia].




Índice





  • 1 Carreira deportiva

    • 1.1 Comezos na Arxentina


    • 1.2 Colombia


    • 1.3 Barcelona e Real Madrid


    • 1.4 Retiro


    • 1.5 Seleccións Nacionais


    • 1.6 Adestrador



  • 2 Derradeiros anos


  • 3 Curiosidades


  • 4 Estatísticas

    • 4.1 Fútbol arxentino


    • 4.2 Fútbol colombiano


    • 4.3 Fútbol español

      • 4.3.1 Liga Española


      • 4.3.2 Copa de Europa



    • 4.4 Seleccións Nacionais



  • 5 Títulos

    • 5.1 Coma xogador

      • 5.1.1 Campionatos Nacionais


      • 5.1.2 Copas Internacionais



    • 5.2 Coma adestrador


    • 5.3 Distincións Individualis





Carreira deportiva |



Comezos na Arxentina |


Alfredo di Stéfano disputou os seu primeiro encontro co River Plate o 11 de xullo de 1945 fronte ó Huracán. Ao longo daquela tempada esta sería a súa única aparición nos terreos de xogo profesionais.


Ao ano seguinte é cedido ó propio Huracán, onde comeza a despuntar, xogando 25 encontros e anotando 10 goles. Dado o seu rendemento quixeron contar co xogador en traspaso mais o River Plate pedía unha cantidade desorbitada e o Huracán non puido merca-lo xogador.


Volta a River en 1947 e xunta Hugo Reyes, José Manuel Moreno, Angel Labruna e Félix Loustau forman a dianteira coñecida coma A Máquina. Alzaríanse co campionato arxentino ese ano e Di Stéfano remata coma máximo anotador con 27 goles en 30 encontros.
Ese mesmo ano debuta coa Selección Arxentina, participando na Copa América de Fútbol na que saíron vencedores. Di Stéfano anotou 6 goles en 6 encontros.



Colombia |


En 1949 comezou unha folga de futbolistas e Di Stéfano marchou ao futbol colombiano, que daquela contaba cunha das mellores ligas de sudamérica
Fichou polo Millonarios de Bogotá, onde se xuntou con figuras coma Pedernera, Rossi, Báez e Cozzi. Esta escadra tiña o alcume "O Ballet Azul" debido ao seu formidable xogo. Mentres Di Stéfano estivo no club, foi catro veces campión de Colombia e o propio Alfredo dúas veces máximo anotador do torneo.


En 1952 o Millonarios foi invitado, xunta o Norrköping sueco, para xoga-lo torneo de celebración dos 50 anos do Real Madrid. A escadra colombiana fíxose con trofeo, e o presidente do club madrileño, Santiago Bernabéu, ficou abraiado polo xogo de Di Stéfano.



Barcelona e Real Madrid |


No ano 1953 Di Stéfano chega a un acordo co FC Barcelona para fichar polo club catalán. O River Plate, que era quen tiña os seus dereitos, traspásaos ó Barcelona coa autorización da FIFA. Mais a federación española non deu a súa conformidade. O 13 de maio de 1953 chega a Barcelona para asina-lo contrato, mais debido ós atrancos postos pola federación, Santiago Bernabéu conseguiu tempo para falar con el, e convencelo de racha-lo acordo que tiña co FC Barcelona e fichar polo Real Madrid. No Barça crían que o goberno metera presión para que finalmente Di Stéfano fichara polo Real Madrid, e cando caeron na conta de que non podían quedar co xogador tentaron traspasalo ao Torino FC, mais nunca se chegou a concretar esta operación.


O 15 de setembro a federación española emitiu un comunicado no que autorizaba a Di Stéfano a xogar catro tempadas na Liga española, dúas no Madrid e dúas no Barcelona. A directiva do club catalán protestou esta decisión, mais o 23 de outubro asinou un comunicado no que renunciaba a tódolos dereitos sobre o xogador. Con todo, no medio destes sucesos, Di Stéfano chegou a xogar tres encontros amigables coa camisola do FC Barcelona. Finalmente a súa estrea co club madrileño tivo lugar o 23 de setembro de 1953 contra o Nancy francés, un encontro que rematou 4-2 a favor dos galos.


Aquí comeza unha etapa de grandes éxitos tanto para o club como para o xogador en particular. A nivel doméstico gañou oito ligas (1953-54, 1954-55, 1956-57, 1957-58, 1960-61, 1961-62, 1962-63, y 1963-64) e unha Copa do Rei de Fútbol en 1962. A nivel individual, foi pichichi (máximo anotador da liga) en cinco ocasións.


A nivel internacional non foron menos os éxitos que o acompañaron, xa que gañou cinco Copas de Europa consecutivas, amais de dous subcampionatos e unha Copa Intercontinental. Entre estas finais da Copa de Europa está a inesquecible vitoria por 7-3 ao Eintrach Frackfurt, con catro goles de Puskás e tres do propio Di Stéfano. Xunta estes dous estaban tamén na dianteira outros grandes xogadores coma Gento ou Raymond Kopa. O seu derradeiro encontro oficial co Real Madrid disputouno o 27 de maio de 1964, unha final da Copa de Europa que perderon contra o Inter de Milán por 3-1.



Retiro |


Tralo seu periplo madridista xogou un par de tempadas para o RCD Espanyol, retirándose finalmente en 1966, nunha homenaxe no estadio Santiago Bernabéu onde desputaron un encontro o Real Madrid e o Celtic FC.



Seleccións Nacionais |


Di Stéfano chegou a xogar con tres seleccións, aínda que nunca puido disputar un mundial. A única vez que puido acudir á gran cita do fútbol foi en Chile 62, coa selección española. A pesar de que viaxou mancado ó país andino confiábase na súa recuperación, mais foron eliminados antes de que puidera volver ós terreos de xogo.


En total xogou seis encontros coa selección arxentina, catro coa colombiana e trinta e un coa española, da cal foi o máximo goleador ata que racharon a súa marca en 1990.



Adestrador |


Despois do seu retiro, adicouse a adestrar, dirixindo a clubs coma o Elche, Boca Juniors, Valencia, Real Madrid, Sporting de Lisboa, Rayo Vallecano, Castellón e o River Plate.


Entre os seus logros acadados está un campionato co Boca Juniors, outro co River Plate, unha liga española e unha Recopa de Europa co Valencia e unha Supercopa de España co Real Madrid.


Coma curiosidade, Di Stéfano ten declarado en repetidas ocasións que el nunca se viu coma un adestrador de fútbol, senón sinxelamente coma un xogador retirado que se tivo que pór a adestrar porque "morría de fame".



Derradeiros anos |


Alfredo Di Stéfano seguiu a vivir en España. O 5 de novembro de 2000 foi nomeado Presidente de Honra do Real Madrid, uns días despois recolleu, en representación da entidade, o trofeo ó Mellor club do século XX outorgado pola FIFA.


O 24 de decembro de 2005 sufriu un ataque ó corazón do que se repuxo en Valencia.


O 9 de maio de 2006 o Real Madrid ingaurou o estadio no que o seu filial vai disputa-los seus encontros e o club decide por unanimidade chamarlle estadio Alfredo Di Stéfano



Curiosidades |


Ao longo da súa vida Alfredo Di Stéfano participou en varias películas, tanto na Arxentina coma en España. A súa primeira aparición foi en Con los mismos colores, unha película de orixe arxentina estreada o 20 de setembro de 1949. A película dirixiuna Carlos Torres Ríos e contaba con música orixinal de Astor Piazzolla. En España fixo varias películas máis, coma actor ou interpretándose a si mesmo: Once pares de botas (1954), La saeta rubia (1956), La batalla del domingo (1963), Sinfonía española (1964), La técnica del fútbol (1970) e Real, la película (2005).


Alfredo Di Stéfano é, xunta Ladislao Kubala, un dos únicos xogadores do mundo que xogou con 3 seleccións de fútbol distintas: Arxentina, Colombia e España.



Estatísticas |



Fútbol arxentino |


























TempadaEscadraP. X.Goles
1945

River Plate
1
0
1946

Huracán
25
10
1947

River Plate
29
27
1948

River Plate
23
13
1949

River Plate
12
9


Fútbol colombiano |






















TempadaEscadraP. X.Goles
1949

Millonarios
15
15
1950

Millonarios
29
23
1951

Millonarios
34
31
1952

Millonarios
24
22


Fútbol español |



Liga Española |


























































TempadaEscadraP. X.Goles
1953-54

Real Madrid
28
28
1954-55

Real Madrid
30
25
1955-56

Real Madrid
30
24
1956-57

Real Madrid
30
31
1957-58

Real Madrid
30
19
1958-59

Real Madrid
28
23
1959-60

Real Madrid
23
12
1960-61

Real Madrid
23
21
1961-62

Real Madrid
23
10
1962-63

Real Madrid
13
12
1963-64

Real Madrid
24
11
1964-65

Español
24
7
1965-66

Español
23
4


Copa de Europa |










































TempadaEscadraP. X.Goles
1955-56

Real Madrid
7
5
1956-57

Real Madrid
8
7
1957-58

Real Madrid
7
10
1958-59

Real Madrid
8
6
1959-60

Real Madrid
7
8
1960-61

Real Madrid
2
0
1961-62

Real Madrid
10
7
1962-63

Real Madrid
2
1
1963-64

Real Madrid
9
5


Seleccións Nacionais |


































AnosSelecciónP. X.Goles
1947

Arxentina
6
6
1949

Colombia
4
0
1957

España
7
7
1958

España
4
1
1959

España
5
6
1960

España
8
6
1961

España
7
3


Títulos |



Coma xogador |



Campionatos Nacionais |



  • River Plate - (Arxentina) - 1945 - Liga


  • River Plate - (Arxentina) - 1947 - Liga


  • Millonarios - (Colombia) - 1949 - Liga


  • Millonarios - (Colombia) - 1951 - Liga


  • Millonarios - (Colombia) - 1952 - Liga


  • Millonarios - (Colombia) - 1953 - Liga e Copa


  • Real Madrid - (España) - 1954 - Liga


  • Real Madrid - (España) - 1955 - Liga


  • Real Madrid - (España) - 1957 - Liga


  • Real Madrid - (España) - 1958 - Liga


  • Real Madrid - (España) - 1961 - Liga


  • Real Madrid - (España) - 1962 - Liga e Copa


  • Real Madrid - (España) - 1963 - Liga


  • Real Madrid - (España) - 1964 - Liga


Copas Internacionais |



  • Selección arxentina - 1947 - Copa América


  • Millonarios - 1952 - Campionato Bodas de Ouro do Real Madrid


  • Millonarios - 1953 - Pequena Copa do Mundo de Clubs


  • Real Madrid - (España) - 1955 - Copa Latina


  • Real Madrid - (España) - 1956 - Copa de Europa e Pequena Copa do Mundo de Clubs


  • Real Madrid - (España) - 1957 - Copa de Europa e Copa Latina


  • Real Madrid - (España) - 1958 - Copa de Europa


  • Real Madrid - (España) - 1959 - Copa de Europa


  • Real Madrid - (España) - 1960 - Copa de Europa e Copa Intercontinental


Coma adestrador |



  • Boca Juniors - (Arxentina) - 1969 - Campionato Nacional


  • Valencia - (España) - 1971 - Liga


  • Valencia - (España) - 1980 - Recopa de Europa


  • River Plate - (Arxentina) - 1981 - Campionato Nacional


  • Real Madrid - (España) - 1991 - Supercopa de España


Distincións Individualis |



  • Máximo goleador da Liga arxentina - 1: 1947.


  • Máximo goleador da Liga colombiana - 2: 1951 e 1952.


  • Máximo goleador da Liga española (Pichichi) - 5: 1954, 1956, 1957, 1958 e 1959.


  • Balón de Ouro - 2: 1957 e 1959.

  • Balón de Prata - 1: 1956


  • Medalla de Ouro ó Mérito Deportivo: 1966


  • Súper Balón de Ouro: 1989


  • Trofeo Mejor Futbolista de los 35 Años (Revista Don Balón): 1990


  • Medalla ó Mérito da FIFA: 1994


  • Medalla ó Mérito Deportivo (Concello de Madrid): 1996


  • Tambor de Ouro de San Sebastián: 1997


  • Salón da Fama da FIFA: 1998


  • Premio Marca Lenda: 1999


  • Gran Cruz da Orde do Mérito Deportivo: 1999




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfredo_Di_Stéfano&oldid=4690744"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.516","walltime":"0.585","ppvisitednodes":"value":1716,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":40246,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2634,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":16,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":17,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 452.279 1 -total"," 60.97% 275.756 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 37.30% 168.682 1 Modelo:Futbolista"," 31.18% 141.031 1 Modelo:Infobox3cols"," 14.51% 65.614 1 Modelo:Propiedade"," 1.59% 7.177 1 Modelo:Cómpre_referencia"," 1.21% 5.485 1 Modelo:Small"," 0.78% 3.545 1 Modelo:Ifsubst"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.311","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5013663,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1306","timestamp":"20190320145344","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Alfredo Di Stu00e9fano","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Alfredo_Di_St%C3%A9fano","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q164546","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q164546","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-08-26T10:36:58Z","dateModified":"2018-03-29T17:28:42Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/1b/Di_stefano_argentina_%28cropped%29.jpg","headline":"futbolista espau00f1ol"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":182,"wgHostname":"mw1325"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020