Skip to main content

Arxentina Índice Toponimia | Historia | Goberno e Política | Provincias da Arxentina | Xeografía | Clima | Economía | Demografía | Cultura | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación34°S 64°O / -34, -64e"Argentina - Acerca del Gobierno"o orixinal"Human Development Report""Gross domestic product 2007"International GDP rankingArquivadoArgentina Country Fact SheetArquivadoCountry Classifications by the World Bank"Emerging Markets - Argentina"o orixinalThe Global Emerging Markets Database"Martin del Barco Centenera"Declaracións, dereitos e garantías"Argentina"FMI"Estimacións trimestrais do balance de pagos e de activos e pasivos externos da República Arxentina""Información económica"o orixinal"Estadísticas"o orixinal"INDEC: a inflación de 2007 foi do 8,5%, a menor en catro anos""Incidencia da pobreza e indixencia no total de aglomerados urbanos e por rexión estadística. Primer semestre 2005"o orixinal"Crece el déficit comercial con Brasil" es"Gestiones para equilibrar la balanza comercial entre la Argentina y Brasil""El Acuerdo entre Argentina y Brasil"o orixinalPanorama histórico do cine latinoamericanoSitio web oficialPortal oficial del Estado ArgentinoSitio oficial de la Presidencia de la NaciónSitio oficial de la Secretaría de TurismoPerfiles de países: ArgentinaeeeWorldCat146499420XX530816011862283g3252173DA10147253ID1205614000504838654833035-28674002890-23391n79070134ID00560367ID286393026359537argentina7006477D001118

Antiga e BarbudaArxentinaBahamasBarbadosBelizeBoliviaBrasilCanadáChileColombiaCosta RicaCubaDominicaEcuadorEstados Unidos de AméricaEstados UnidosGranadaGuatemalaGüianaHaitíHondurasMéxicoNicaraguaPanamáParaguaiPerúRepública DominicanaSaint Kitts e NevisO SalvadorSan Vicente e as GranadinasSanta LucíaSurinameTrinidad e TobagoUruguaiVenezuelaXamaicaXamaica


Arxentina


castelánAméricarepúblicafederalAmérica do Suroitavo no mundoMalvinasIllas Xeorxia do Sur e Sandwich do SurIlla AuroraantárticaAntártida ArxentinaCono SurBoliviaParaguaiBrasilChileUruguaiocéano AtlánticoprovinciasBuenos Airesdesenvolvemento humanorenda per cápitacalidade de vidaAmérica LatinaBanco Mundialmercado emerxente25 de maio1810Revolución de MaiovicerreiespañolPrimeira Xunta9 de xullo1816a súa independencialatínprataSerra de la PlataportuguesesRío da PrataestuarioAmerigo VespucciJuan Díaz de SolísMartín del Barco CenteneratopónimocriouloasuncenoRuy Díaz de GuzmánépicoVicerreinado do Río da PrataProvincias Unidas do Río da PrataProvincias Unidas de SudaméricaConstitución de 1819Constitución de 1826Juan Manuel de RosasConstitución arxentina de 1853Estado de Buenos AiresParanáSantiago DerquiBartolomé Mitrepresidente da Nación ArxentinaTawantinsuyuamerindiosJuan Díaz de SolísRío da PrataEspañaséculo XVIXVIIprata181618531994segunda guerra mundialperonista198320011994Capital FederalprovinciasSanta FeCórdobaPatagoniaAconcaguaPampaAltiplanoterritoriozona temperadahemisferio surtropicaissubtropicaisáridosfríosclima tropicaloutubromarzoabrilsetembroPampaprovinciasBuenos AiresLa PampaMar del PlataMendozarecursos naturaiseducaciónindustrialAmérica LatinaAmérica LatinaBrasilMéxicoPBIparidade de poder adquisitivoFondo Monetario Internacional2007BrasilMéxicoPBI per cápitaparidade de poder adquisitivoUSDexportacións2007débeda externaProceso de Reorganización NacionalCarlos Menemlei de convertibilidadepresión tributariaImposto de Valor EngadidoImposto da rendaINDECinflación2007pobreza20072008indixenciadesemprego2007subempregoMercosurBrasilParaguaiUruguaiVenezuelabalanza comercial20061992pesogalegositalianosEspañaxudeusalemánsséculo XIXXX2001casteláncatólicaxudíaislámicaprotestantetangoestilo musicalbaileUruguaiBuenos AiresCarlos GardelAstor Piazzollaliteratura casteláséculo XIXJosé Hernándezséculo XXJorge Luis BorgesJulio CortázarJuan GelmanQuirino Cristiani1986Luis Puenzopremio Óscar










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Arxentina




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Coordenadas: 34°S 64°O / -34, -64




























































República Arxentina
República Argentina


Bandeira da Arxentina

Escudo da Arxentina



BandeiraEscudo
Argentina orthographic.svg

Lema: "En unión e liberdade"



Capital
 • Poboación

Buenos Aires
3 025 772 (2006 est.)1
Cidade máis poboadaBuenos Aires
Lingua oficial
Español2
Forma de goberno
Democracia Representativa, Republicana e Federal

Presidente
Vicepresidente

Mauricio Macri
Gabriela Michetti

Independencia de España
 • Primera Xunta
 • Declarada

25 de maio de 1810
9 de xullo de 18163
SuperficiePosto 8º
 • Total2 791 8104km²
 • % auga1,1%
Fronteiras9 665 km
Costas4 989 km
PoboaciónPosto 30º
 • Total (2008 est.1)40 051 242 hab.
 • Densidade
14 hab./km²

PIB (nominal)
Posto 31º
 • Total (2006)212 702 mill. USD5
 • per cápita
5 458 USD5

PIB (PPA)
Posto 19º
 • Total (2006)621 070 mill. USD5
 • per cápita
15 937 USD5
Moeda
Peso ($, ARS)
IDHn/d
Xentilicioarxentino, -na
Fuso horario
UTC-3
 • Horario de verán
Non aplica
Dominio de Internet.ar
Prefixo telefónico+54
Prefixo radiofónicoAYA-AZZ, LOA-LWZ, L2A-L9Z
Código ISO032 / ARG / AR
Membro de: ONU, OEA, CSN, Mercosur

1 Segundo datos do INDEC.
2 O guaraní é cooficial na provincia de Corrientes.
3 A Liga Federal proclamou a independencia o 29 de Xuño de 1815.
4 Corresponde á superficie continental americana que inclúe ás Illas Malvinas. Sumando á superficie continental antártica (Antártida Arxentina e as restantes illas das Illas do Atlántico Sur) de 969.464 km², a superficie total elevaríase aos 3 761 274 km² (segundo datos d Instituto Xeográfico Militar da República Arxentina).
5 Fonte: FMI.

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.


O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.


Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal.[1] Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina.[2] Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo,[3] aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo.[4][5] Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos[6] ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.[7][8]


O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.




Índice





  • 1 Toponimia


  • 2 Historia


  • 3 Goberno e Política


  • 4 Provincias da Arxentina


  • 5 Xeografía


  • 6 Clima


  • 7 Economía


  • 8 Demografía


  • 9 Cultura

    • 9.1 Música


    • 9.2 Literatura


    • 9.3 Cine



  • 10 Notas


  • 11 Véxase tamén

    • 11.1 Bibliografía


    • 11.2 Outros artigos


    • 11.3 Ligazóns externas





Toponimia |


O nome oficial do país é «República Argentina». Por elipse do substantivo, adoita dicirse «Arxentina». O nome «Arxentina» provén do latín argentum (‘prata’) e está asociado coa lenda da Serra de la Plata, común entre os primeiros exploradores europeos da rexión, tanto españois como portugueses. Foron estes quen denominaron Río da Prata ó gran estuario descuberto pola expedición portuguesa de 1502 na que participaba Amerigo Vespucci, e ó que despois chegou Juan Díaz de Solís en 1516, chamándoo Mar Doce.




Portada do poema La Argentina.


O nome menciónase por primeira vez no poema publicado en 1602 polo español Martín del Barco Centenera titulado La Argentina y conquista del Río de la Plata, no que describe a rexión do Río da Prata, como tamén a fundación da cidade de Buenos Aires.[9][10]


O topónimo aparece ratificado ó publicarse en 1612 a obra La Argentina manuscrita, do crioulo asunceno Ruy Díaz de Guzmán, obra de historia na que, no medio dun relato épico, faise unha descrición da rexión. A finais do século XVIII, a palabra era de uso común para denominar todo o relacionado co Río da Prata, a súa conca, o seu territorio e os seus poboadores, pero o vicerreinado creado en 1776, antecedente inmediato do país independizado en 1816, levou o nome de «Vicerreinado do Río da Prata».


A Primeira Xunta de Goberno empregou o nome de Provincias Unidas do Río da Prata, que foi tamén empregado polos gobernos que o sucederon ata que, en 1816, o Congreso de Tucumán proclamou a independencia das Provincias Unidas de Sudamérica, nome que mantivo na Constitución de 1819.


Oficialmente, empregouse por primeira vez a denominación República Arxentina na Constitución de 1826. Durante o goberno de Juan Manuel de Rosas (1835-1852) utilizáronse, entre outros, os nomes de Confederación Arxentina, República da Confederación Arxentina e Federación Arxentina.


A Constitución arxentina de 1853 sancionouse en nome do pobo da Confederación Arxentina, pero ó incorporarse o Estado de Buenos Aires, en 1860 cambiouse por Nación Arxentina e incorporouse o artigo 35:


As denominacións adoptadas sucesivamente dende 1810 até o presente, a saber: Provincias Unidas do Río da Prata; República Arxentina, Confederación Arxentina, serán en adiante nomes oficiais indistintamente para a designación do Goberno e territorio das provincias, empregándose as palabras «Nación Arxentina» na formación e sanción das leis.[11]

O 8 de outubro de 1860, na cidade de Paraná, daquela capital da Confederación Arxentina, o presidente Santiago Derqui decretou que:


[...] sendo axeitado a este respecto estabelecer a uniformidade nos actos administrativos, o Goberno ven de acordar que para todos estes actos se empregue a denominación República Arxentina.[12]

O nome foi confirmado definitivamente en 1862 por Bartolomé Mitre, primeiro presidente do país reunificado, ó utilizar o título de presidente da Nación Arxentina.



Historia |


A rexión noroeste da Arxentina formaba parte do imperio inca, chamado Tawantinsuyu, e as pampas eran dominadas por amerindios nómades. En febreiro de 1516, o navegante español Juan Díaz de Solís pilotou a súa nave ao grande esteiro do Río da Prata e reclamou a rexión arredor no nome de España.


O territorio foi colonizado por España ao longo do século XVI e XVII; derivando o nome da Arxentina das pranchas de prata (argentum en latín) que os primeiros colonos observaron en posesión dos indíxenas.


O país independizouse de España en 1816, tralo cal producíronse disputas internas entre faccións federalistas ("federais") e centralistas ("unitarios") até a proclamación da constitución de 1853 aínda hoxe vixente coas modificacións realizadas en 1994.


A historia posterior foi marcada por conflitos internos entre conservadores-militares e liberais-civís. Trala segunda guerra mundial, produciuse o triunfo do movemento popular peronista.


Até 1983 fóronse alternado no poder gobernos democráticos con xuntas militares cada vez máis sanguiñolentas, cuxa consecuencia máis directa, ademais das incontábeis perdas humanas, supuxeron a sangría económica do país. Desde entón producíronse eleccións democráticas que non permitiron consolidar o progreso democrático do país e estiveron acompañadas de problemas económicos, que provocaron unha recesión sen precedentes a finais de 2001.



Goberno e Política |


Desde a constitución de 1853 o sistema de goberno é representativo, republicano e federal. Politicamente, está dividida en provincias que gozan de autonomía. A constitución vixente na actualidade é a orixinal con algúns cambios realizados en 1994.


  • Lista de presidentes da Arxentina


Provincias da Arxentina |




Provincias. A Arxentina reclama as Illas Malvinas, un territorio de ultramar do Reino Unido, así como un anaco da Antártida, que se asigna á súa provincia de Tierra del Fuego.




Salta.


O territorio da república está dividido nunha Capital Federal e 23 provincias:







  • Buenos Aires

  • Catamarca

  • Capital Federal (Cidade Autónoma de Buenos Aires)

  • Córdoba

  • Corrientes

  • Chaco


  • Chubut

  • Entre Ríos

  • Formosa

  • Jujuy

  • A Pampa

  • La Rioja


  • Mendoza

  • Misiones

  • Neuquén

  • Río Negro

  • Salta

  • San Juan


  • San Luis

  • Santa Cruz

  • Santa Fe

  • Santiago del Estero

  • Tierra del Fuego

  • Tucumán

Algunhas das provincias máis importantes en canto á súa poboación e actividade económica son Santa Fe e Córdoba, situadas ao noroeste da Provincia de Buenos Aires.



Xeografía |



Artigo principal: Xeografía da Arxentina.



Mapa da Arxentina


A súa xeografía é moi variada, encontrándose maiormente chaturas (chairas) no leste, serranías no centro e montañas no oeste. Ao sur do país atópase a Patagonia, unha extensa meseta de orixe precámbrico, constantemente sucada por fortes ventos en dirección oeste-leste. O país encóntrase atravesado de sur a norte pola Cordilleira dos Andes, que marca o límite con Chile.


O pico más alto da Arxentina (e tamén de toda América) é o cerro Aconcagua, de 6950 m. No centro do país atópase a chaira pampeana, unha das máis fértiles do mundo: a Pampa. Cara ao nordeste atopamos unha rexión de vexetación espesa e selvática e cara ao oeste unha rexión de meseta alta chamada o Altiplano.



Clima |


Gran parte do territorio arxentino está situado na zona temperada do hemisferio sur. Verifícanse no país climas tropicais e subtropicais, áridos e fríos, con combinacións e contrastes diversos, resultantes das variacións de altitude e outros factores. En case todas as rexións da Arxentina rexístranse nevadas ocasionais, excepto no extremo norte, onde predomina un clima tropical. Nesa mesma área, os días son quentes de outubro a marzo e fríos e secos de abril a setembro.


Máis amenos son os índices predominantes na Pampa, húmido e fresco na súa parte oriental, nas provincias de Buenos Aires e La Pampa. Os veráns, aínda que son intensos, en Mar del Plata non superan unha media superior a 21 °C. Máis seco para o lado do oeste e Mendoza, o clima da Pampa, nesa faixa, ten as súas chuvias de verán rapidamente evaporadas.



Economía |



Artigo principal: Economía da Arxentina.



























Exportacións a[13]Importacións de[13]
País
Porcentaxe
País
Porcentaxe

Flag of Brazil.svgBrasil
17,5 %

Flag of Brazil.svgBrasil
32,6 %

Flag of the People's Republic of China.svgChina
9,4 %

Estados Unidos de América Estados Unidos
14,2 %

Estados Unidos de América Estados Unidos
7,6 %

Flag of the People's Republic of China.svgChina
8,7 %

Flag of Chile.svgChile
6,9 %

Alemaña Alemaña
5,7 %

España España
4,1 %


A economía arxentina vese beneficiada por unha gran riqueza e variedade de recursos naturais que posúe, unha poboación cun bo nivel de educación, un sistema de agricultura e unha importante base industrial, que chegou a ser a máis desenvolvida da América Latina, estancada a partir do último cuarto do século XX.


Na actualidade, a Arxentina é a terceira potencia en materia económica de América Latina, superada por Brasil e México. Se ao PBI o consideramos en paridade de poder adquisitivo, segundo o Fondo Monetario Internacional), en 2007 alcanzou os 523,739 millóns de dólares,[14] acortándose as distancias respecto ao PBI de Brasil ou de México. O PBI per cápita medido en paridade de poder adquisitivo (paridade de poder adquisitivo) de USD no 2007 foi estimado en 13.300,[13][14], un dos máis altos da rexión.


As exportacións de bens totalizaron no 2007 os 55.780 millóns de dólares, mentres que as importacións acadaron os 42.525 millóns, creando un superávit de 13.255 millóns de dólares. As exportacións e importacións de servizos nese mesmo ano, son uns totais de 10.283 e 10.782 millóns de dólares respectivamente, xerando un déficit de 499 millóns de dólares.[15]




Exportacións arxentinas, 2007. O complexo hidrocarburos-químico-petroquímico-plásticos reúne o 21,9% das exportacións totais,[16] mentres que a cadea da soia reúne un 16%.[17]


O país mantén unha débeda externa de 123.196 millóns de dólares (dec. 2007), equivalente ao 46,74% do PBI. A cantidade da mesma débese principalmente a operacións fraudulentas realizadas durante o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983),[18] período no cal a débeda medrou un 364%, e a toma masiva de préstamos externos durante os dous gobernos sucesivos de Carlos Menem, debido á política de dólar barato favorecida pola lei de convertibilidade. A relación entre o PBI e a débeda externa chegou ao seu punto crítico en xaneiro de 2002 cando representou o 190% do PBI. Dende entón unha combinación de redución da débeda, moderación na toma de novos créditos e aumento do PBI, reduciron a débeda a pouco menos da metade do PBI, que de todos os xeitos, é elevada.


A presión tributaria achábase ao finalizar 2007 no 25%. É un valor baixo comparado con Brasil (37%) e Europa (38%), mais no período 1997-2002, o valor da porcentaxe rexistrábase como o 16,7%. A estrutura impositiva descansa principalmente no Imposto de Valor Engadido (IVE), que aporta o 31% do total, aínda que a súa importancia relativa reducíase fronte á media do período 1997-02, que foi do 39%, debido a un aumento do Imposto da renda, que pasou dun 19% ao 21% do total, e sobre todo das retencións ás exportación, que pasou de supoñer do 1% ao 10%.


Segundo o INDEC, a inflación alcanzada no 2007 foi do 8,5%, a cal continuaba cunha tendencia descendente. Mais, a veracidade das medicións do INDEC está actualmente sendo cuestionada por manipulación de datos. Outros analistas económicos estiman unha inflación de entre o 16% e o 18% no 2007.[19]


Os últimos indicadores de nivel nacional mostraron que a taxa de pobreza no semestre de outubro de 2007 a marzo de 2008 representou o 20,6% da poboación e a de indixencia o 5,9%.[20] O desemprego no cuarto trimestre do 2007 encontrábase nun 7,5%, excluíndo aos beneficiarios de plans sociais de emprego como “empregados”, que farían unha cifra do 7,8%-8,1% . O subemprego, en tanto, situouse nun 6,0%.


A Arxentina forma parte do bloque rexional coñecido como Mercosur, integrado pola Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai, e tamén Venezuela, en proceso de volverse membro pleno do bloque. Como consecuencia do Mercosur, as relacións comerciais entre a Arxentina e Brasil aumentaron até volverse de primeira importancia para ambos países. En maio do 2002 comezou un proceso de desequilibro na balanza comercial entre ambos países, fortemente deficitario para a Arxentina, que foi motivo de preocupación para empresarios e funcionarios dese país.[21] No 2006 os gobernos da Arxentina e Brasil asinaron unha serie de acordos bilaterais, entre os que se encontra a cláusula de adaptación competitiva e os acordos referidos aos intercambios comerciais do sector dos automóbiles. O propósito de ambos acordos é reducir as asimetrías presentes no bloque.[22]


A moeda oficial da Arxentina dende 1992 é o peso ($).



Demografía |



Véxase tamén: Inmigración na Arxentina.

A poboación arxentina é na súa maior parte descendente de inmigrantes galegos e italianos, en menor medida tamén teñen presenza inmigrantes doutras zonas de España, xudeus, alemáns, así como tamén doutros países europeos que chegaron en ondas a fins do século XIX e inicios do XX. Hai ademais un importante continxente de inmigrantes do Medio Oriente, que se concentran nas grandes cidades. O 90% da súa poboación é de raza branca, cun 85% de descendentes de europeos (principalmente de italianos e espanois). A Arxentina ten relativamente poucos mestizos (persoas de orixe mixta europeo e indíxena).


Os indíxenas, cuxo número ronda os 400.000,[cando?] representa o 1% da total do pais.


Os mesmos conservan súas tradicións, concentrándose as súas poboacións nas provincias do norte, nordeste e sur. O censo realizado en 2001 incluía unha pregunta relativa á pertenza a pobos indíxenas co propósito de realizar con posterioridade unha enquisa complementaria para abordar en profundidade a cuestión indíxena.


Malia ser o castelán o único idioma oficial, estes grupos conservan os seus idiomas maternos.


A relixión oficial na Arxentina é a católica, aínda que a constitución consagra a liberdade de culto, existindo importantes comunidades xudía, islámica e protestante.



Cultura |



Música |



Artigo principal: Música da Arxentina.



Un espectáculo de tango en Buenos Aires.


O tango é un estilo musical e un baile nacido nos arrabaldes porteños con difusión internacional, ligado fortemente coa Arxentina e con Uruguai, pero sobre todo con Buenos Aires. Neste xénero musical destacaron Carlos Gardel, considerado como o Rei do Tango, e o marplatense Astor Piazzolla.



Literatura |



Artigo principal: Literatura da Arxentina.

A literatura arxentina ocupa un lugar destacado dentro da literatura castelá, con expoñentes de finais do século XIX como José Hernández (autor de Martín Fierro, traducido a máis de 70 idiomas), ou do século XX, como Jorge Luis Borges, Julio Cortázar e Juan Gelman, tres dos autores máis destacados da literatura en español.



Cine |



Artigo principal: Cine da Arxentina.

O cinema arxentino é, historicamente, un dos máis importantes de América Latina.[23] As primeiras longametraxes animadas, mudas e sonoras, foron realizadas por Quirino Cristiani. En 1986, a película La historia oficial, dirixida por Luis Puenzo, conseguiu un premio Óscar ao mellor filme estranxeiro.























































Festas
Data
Nome en galego
Nome local
Notas
1 de xaneiroAninovoAño Nuevo

marzo-abrilVenres SantoViernes Santo


2 de abril
Día do Veterano de Guerra e dos Caídos na Guerra das Malvinas
Día del Veterano de Guerra y de los Caídos en la Guerra de las Malvinas

8 de abrilEpifaníaEpifanía

1 de maioDía do TraballadorDía del Trabajador

25 de maioPrimeiro Goberno Nacional
Primer Gobierno Nacional

20 de xuño
Día da Bandeira - Morte do xeneral Manuel Belgrano
Día de la Bandera - Muerte del general Manuel Belgrano

9 de xulloDía da Independencia
Día de la Independencia

17 de agosto
Morte do xeneral José de San Martín
Muerte del general José de San Martín

12 de outubro
Día da Raza
Día de la Raza
8 de decembroInmaculada Concepción de María
Inmaculada Concepción de María
25 de decembroNadalNavidad


Notas |




  1. "Argentina - Acerca del Gobierno" (en español). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 


  2. United Nations Development Programme, ed. (2007). "Human Development Report" (PDF) (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2009. 


  3. Banco Mundial, ed. (01/07/2008). "Gross domestic product 2007" (pdf) (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2009. 


  4. International GDP ranking Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)


  5. Argentina Country Fact Sheet Arquivado 15 de xullo de 2010 en Wayback Machine. Nacións Unidas.


  6. Country Classifications by the World Bank


  7. "Emerging Markets - Argentina". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2008. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 


  8. The Global Emerging Markets Database


  9. "Martin del Barco Centenera" (en inglés). New Advent. Consultado o 27 de xuño de 2008. 


  10. Traba, Juan. Origen de la palabra «argentina». Rosario: Escola de Artes Gráficas do Colexio San Xosé, 1985.


  11. Declaracións, dereitos e garantías (segundo a Constitución).


  12. Rosenblat, Ángel (1964). El nombre de la Argentina. Buenos Aires: Eudeba Editorial Universitaria de Buenos Aires. 


  13. 13,013,113,2 CIA, ed. (19/06/2008). "Argentina". The World Factbook (en inglés). Consultado o 2008-06-22. 


  14. 14,014,1 FMI. (en inglés)


  15. Instituto Nacional de Estadística y Censos (ed.). "Estimacións trimestrais do balance de pagos e de activos e pasivos externos da República Arxentina" (pdf). Sector externo/Balanza de pagos (en español). Consultado o 2008-07-26. [Ligazón morta]


  16. Ministerio de Economía e Produción, ed. (2008). "Información económica". Información económica (en español). Arquivado dende o orixinal (xls) o 25 de maio de 2015. Consultado o 2008-06-22. 


  17. SENASA, ed. (2008). "Estadísticas" (en español). Arquivado dende o orixinal (xls) o 12 de xullo de 2008. Consultado o 2008-06-22. 


  18. Sentenza do xuíz Jorge Ballesteros no xuízo "Olmos, Alejandro c/ Martinez de Hoz y otros s/ Defraudación", do 13 de xuño de 2000


  19. Diario Clarín, ed. (08-01-2008). "INDEC: a inflación de 2007 foi do 8,5%, a menor en catro anos" (en español). Consultado o 2008-08-07. 


  20. Instituto Nacional de Estadística y Censos (ed.). "Incidencia da pobreza e indixencia no total de aglomerados urbanos e por rexión estadística. Primer semestre 2005" (en castelán). Arquivado dende o orixinal (xls) o 27 de xaneiro de 2006. 


  21. "Crece el déficit comercial con Brasil" es, Clarín, 8 de maio de 2006 (en castelán); "Gestiones para equilibrar la balanza comercial entre la Argentina y Brasil", La Nación, 26 de marzo de 2008. (en castelán)


  22. Graciela Baquero (3/2/2006). Mercosur ABC, ed. "El Acuerdo entre Argentina y Brasil" (en español). Arquivado dende o orixinal o 27/09/2007. Consultado o 22/6/2008. 


  23. Roman, José (2002) Panorama histórico do cine latinoamericano[Ligazón morta], Universidade de Chile. (en castelán)



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Alonso, María, Roberto Elisalde y Enrique Vázquez (1994). editor Aique, ed. Historia Argentina y el Mundo Contemporáneo. Buenos Aires. ISBN 950-701-203-6. 


  • Gerchunoff, Pablo, y Lucas Llach (1998). Ariel, ed. El ciclo de la ilusión y el desencanto: un siglo de políticas económicas argentinas. Buenos Aires. ISBN 950-9122-57-2. 


  • Automóvil Club Argentino, ed. (2008-2009). Guía Turística Argentina. Buenos Aires. ISBN 7-7980-5273052-7. 


  • LOPRESTI, Roberto P. (1998). Buenos Aires: Unilat, ed. Constitución Argentina Comentada. ISBN 987-96049-3-8. 


Outros artigos |


  • América

  • América Latina

  • América do Sur


Ligazóns externas |


  • Sitio web oficial

  • Portal oficial del Estado Argentino

  • Sitio oficial de la Presidencia de la Nación

  • Sitio oficial de la Secretaría de Turismo


  • Perfiles de países: Argentina FAO




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arxentina&oldid=5078562"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.276","walltime":"1.637","ppvisitednodes":"value":3533,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":146967,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":11317,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":22,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":21967,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":22,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1209.693 1 -total"," 32.22% 389.781 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 26.41% 319.439 4 Modelo:Navbox"," 17.34% 209.806 1 Modelo:América"," 15.09% 182.491 1 Modelo:Listaref"," 14.41% 174.330 62 Modelo:Nowrap"," 13.58% 164.316 1 Modelo:Commonscat"," 13.34% 161.354 1 Modelo:Irmáns"," 13.04% 157.745 1 Modelo:Caixa_lateral"," 10.54% 127.533 12 Modelo:Cita_web"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.621","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":14620389,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1303","timestamp":"20190327080140","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":162,"wgHostname":"mw1324"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020