Skip to main content

Fungo (bioloxía) Índice Estrutura | Reprodución | Nutrición e ecoloxía | Doenzas causadas por fungos no home | Fungos velenosos | Traxes importantes | Grupos relacionados e similares | Miscelánea | Clasificación | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasUBC Botanical Garden - Información sobre o Marasmius oreades, con foto aérea de "círculos das fadas"ArquivadoÁrbore do reino Fungoe300265679716XX52530723790084046076-9fungish8505243300565853864w890b1f947500d93b500003955591FUNGK90154151419547170555705901574751ID4

FungosBioloxía


DikaryaDeuteromycotaIncertae sedisheterotróficosreinoEukaryotacogomelosmofoslévedosmicólogos19911995ARN ribosómicoADN19911993ChytridiomycotaZygomycotaAscomycotaBasidiomycotaparasitosanimaismamíferospaxarosinsectosplantastroncosárboressimbióticasraízmicorrizasaugaShiitakePorto BelloChampiñónMaitakevelenosostalohifasalimentomicelioesporanxiosesporascélulasseptoscenocíticasparedes celularesquitinahaustoriosquitrídeosesporanxioslévedosascomicetosMicrosporidiaparasitosmicelioshaploidesplasmogamiadiploidescariogamiaZygomycotaBasidiomycotamiceliocogomeloslamelareprodución sexualgametanxiocigotocigosporaascomicetosDeuteromycotaflaxelorecombinación xenéticahaploidesheterotróficosmoléculasplantasexoenzimassubstratonichos ecolóxicosparasitosmicorrizassimbióticasplantasliquescianobacteriaalgaxénerosespeciesPtiriasemicosesuñascandidiasevaxinaintestinosmeninxesSIDAcancroácido cítricopenicilinaAlexander Flemingquimioterápicosalgas douradasdiatomáceasalgas castañasflaxeloscoanoflaxeladosorquídeasxerminarpenicilinaantibióticoclasificación taxonómicaalucinóxenosbosqueOregónEstados UnidosCírculos das Fadasraícesárbores










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

1000 12/16



Fungo (bioloxía)




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Fungi")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Fungos ou Fungi

Fungi Diversity.jpg


Clasificación científica





Dominio:

Eukarya


Reino:
Fungi
(L., 1753) R.T. Moore, 1980
Subkingdoms/Phyla/Subphyla

Blastocladiomycota

Chytridiomycota

Glomeromycota

Microsporidia

Neocallimastigomycota

Dikarya (inc. Deuteromycota)



Ascomycota
Pezizomycotina

Saccharomycotina

Taphrinomycotina



Basidiomycota
Agaricomycotina

Pucciniomycotina

Ustilaginomycotina


Subphyla Incertae sedis


Entomophthoromycotina

Kickxellomycotina

Mucoromycotina

Zoopagomycotina


Os fungos[1] (Fungi) son un vasto grupo de organismos heterotróficos clasificados como un reino pertencente ao Dominio Eukaryota. Están incluídos neste grupo organismos de dimensións considerables, como os cogomelos, mais tamén moitas formas microscópicas, como mofos e lévedos. Foron xa descritas preto de 70.000 especies, mais talvez existan até 1,5 millóns de especies, sendo que a maioría aínda está a ser identificada e descrita polos micólogos (Hawksworth, 1991; Hawksworth et al., 1995).


O Reino Fungi sufriu mudanzas substanciais no arranxo dos seus filos nas últimas décadas, especialmente a partir do momento no que as técnicas para comparar características bioquímicas (tales como o ARN ribosómico e o ADN) fóronse tornando máis sofisticadas. A filoxenia presentada aquí segue a de Bruns et al. (1991, 1993) para os Eumycota (fungos certos) e recoñece catro divisións: os Chytridiomycota, Zygomycota, Ascomycota e Basidiomycota.


Os fungos existen en todos os ambientes do planeta e inclúen importantes decompositores e parasitos. Fungos parasitos infectan animais, incluíndo humanos, outros mamíferos, paxaros e insectos, con resultados desde unha suave infección até a morte. Outros fungos parasitos infectan plantas, causando doenzas como o apodrecemento de troncos e aumentando o risco de caída das árbores. A gran maioría das plantas vasculares teñen asociacións simbióticas con fungos, a nivel da raíz, ao que se dá o nome de micorrizas. Esta asociación axuda as raíces na absorción de auga e nutrientes.


Algúns fungos, tales como o Shiitake, Porto Bello, Champiñón, Maitake, son empregados como alimento; outros son extremadamente velenosos.




Índice





  • 1 Estrutura


  • 2 Reprodución

    • 2.1 Sexual

      • 2.1.1 Heterotalismo



    • 2.2 Asexual


    • 2.3 Reprodución parasexual



  • 3 Nutrición e ecoloxía


  • 4 Doenzas causadas por fungos no home


  • 5 Fungos velenosos

    • 5.1 Exemplos de fungos velenosos



  • 6 Traxes importantes


  • 7 Grupos relacionados e similares


  • 8 Miscelánea

    • 8.1 O círculo das fadas


    • 8.2 O maior ser vivo do planeta



  • 9 Clasificación


  • 10 Notas


  • 11 Véxase tamén

    • 11.1 Outros artigos


    • 11.2 Ligazóns externas


    • 11.3 Bibliografía





Estrutura |


Os fungos posúen un corpo vexetativo chamado talo que está composto de finos filamentos unicelulares chamados hifas. Estas hifas xeralmente forman unha rede microscópica xunto ao substrato (fonte de alimento), chamada micelio, por onde o alimento é absorbido. Usualmente, a parte máis conspicua dun fungo son os corpos frutificantes ou esporanxios (estruturas reprodutivas que producen as esporas).


A división das hifas en células é incompleta, nese caso chámase septadas e as barreiras divisorias son chamadas septos, ou ausentes, nese caso chámanse aseptadas ou cenocíticas. Os fungos xeralmente posúen paredes celulares de quitina e outros materiais. As hifas poden ser modificadas para producir estruturas celulares altamente especializadas. Por exemplo, fungos que parasitan plantas posúen haustorios que perforan as células da planta e dixeren as substancias no seu interior.


A maioría dos quitrídeos, que son xeralmente considerados o grupo de fungos máis primitivos, non forma hifas, se non que medran directamente de esporas en esporanxios multinucleados. Algúns poucos fungos reverteran de miceliais para organización unicelular. É o caso dos lévedos, que pertencen aos ascomicetos, e dos Microsporidia, un pequeno grupo de parasitos cuxas relacións con outros fungos son incertas.



Reprodución |



Sexual |


Os micelios dos fungos son tipicamente haploides. Cando os micelios de diferentes sexos se atopan producen dúas células esféricas multinucleadas que forman unha ponte. Como resultado o núcleo móvese dun micélio cara o outro, formando un heterocario. Isto é chamado plasmogamia. A fusión actual para formar núcleos diploides é chamada cariogamia, e non debe acontecer até que os esporanxios estean formados.


No grupo Zygomycota, o heterocario produce múltiples corpos frutificantes, na forma de minúsculos caules con esporanxios no fin. A maioría dos ascomicetos produce corpos frutificantes chamados ascocarpos, compostos enteiramente de hifas. Estes teñen xeralmente forma de copa, mais algúns posúen estruturas semellantes a esponxas. Dentro das "copas", cada hifa remata nun ascus, que produce catro ou oito esporas.


No grupo Basidiomycota, o heterocario produce un novo micelio que pode vivir por anos sen formar un corpo frutificante. Os cogomelos son un exemplo. Xeralmente posúen unha haste, composta basicamente por hifas, e un "chapéu" (que é o micélio) , por debaixo deles hai estruturas foliáceas chamadas lamelas. Na superficie de cada lamela hai numerosas células hifas chamadas basidios, con 4 basideosporas na extremidade externa. Este corpo frutificante multicelular complexo chámase basidiocarpo, frecuentemente é aberto mais por veces pode ser pechado.



Heterotalismo |


Nalgúns fungos non existe diferenciación sexual no aspecto morfolóxico, con todo presentan diferenzas sexuais fisiolóxicas dicíndose existiren liñaxes positivas e negativas. Estes fungos son designados heterotálicos. (heteros = non semellantes). Neles a reprodución sexual só pode ocorrer entre talos con liñaxes positivas e negativas.


A reprodución sexual é isogámica: envolve a conxugación de dous gametos semellantes. Durante a conxugación as dúas hifas líganse (heterotalismo). As hifas conxugadas producen un progametanxio en forma de taco que libera a súa extremidade (chamada gametanxio). Os gametanxios fúndense, a parede mediana disólvese e os núcleos fúndense en pares, formando un cigoto. Este desenvolve unha parede grosa e resistente formando a cigospora. Cada zigospora, ao xerminar, produce un promicelio que desenvolve un esporanxio na súa extremidade. Cando o esporanxio rompe, as esporas libéranse e xerminan producindo novos micélios.



Asexual |


A maioría dos ascomicetos reprodúcense asexualmente, por exemplo a través da produción de esporas chamadas conidios, que fórmanse a partir de tipos especializados de hifas chamadas conidiosporas. Nalgúns fungos perdeuse a reprodución sexual ou é descoñecida. Estes foron orixinalmente agrupados na división Deuteromycota, ou os Fungos imperfectos, unha vez que o criterio primario de clasificación dos fungos é a reprodución sexual agora clasificados como o seu grupo ancestral.


Excepto entre os chytrids, onde as esporas son propelidas por un flaxelo posterior, todas as esporas fúnguicas son inmóbiles. Desenvólvense en novos micélios, que invaden un substrato e repiten o ciclo de vida. Estes poden tornarse moi grandes, frecuentemente atinxindo metros de tamaño; os aneis de fada son un exemplo.



Reprodución parasexual |


Sistema de recombinación xenética sen ocorrencia de meiose, peculiar en fungos.


A reprodución parasexual consiste na fusión de hifas e formación dun heterocarion que contén núcleos haploides. A pesar de ser raro, o ciclo parasexual é importante na evolución dalgúns fungos.


O ciclo parasexual consiste na unión ocasional de diferentes hifas monocarióticas (de individuos diferentes) orixinando unha hifa heterocariótica na que ocorre fusión nuclear. Posteriormente hai a formación de aneuploides por erros mitóticos e despois o retorno ao estado haploide por perda cromosómica. Deste xeito fórmanse hifas homocarióticas recombinantes. Non obstante, crese que este proceso non é moi común en condicións naturais debido á existencia da incompatibilidade somática que impide que hifas de micélios diferentes se anastomosen ao acaso, proceso que é evolutivamente interpretado como un mecanismo de seguridade e preservación do xenoma orixinal.



Nutrición e ecoloxía |




O cogumelo Oudemansiella nocturnum


Os fungos son heterotróficos, obteñen a súa enerxía pola ruptura de moléculas orgánicas, e non poden sintetizar moléculas orgánicas a partir de moléculas inorgánicas como as plantas fan. Aliméntanse pola secreción de exoenzimas no substrato ao redor. Estes fragmentos moleculares ou máis precisamente exoenzimas funcionan coma os encimas dixestivos dos animais, rompendo moléculas orgánicas grandes, porén traballan fóra do organismo. Os fragmentos moléculares (exoenzimas) son absorbidos polas células fúnguicas.


Os fungos ocupan dous nichos ecolóxicos, ou descompoñen, ou son saprófitas, ou son parasitos. A única diferenza entre descompositores e fungos parasitos é que este último desenvólvese en organismos vivos, mentres o outro, desenvólvese en organismos mortos. Moitos fungos descompositores viven como micorrizas, en relacións simbióticas con plantas. Algúns dos fungos descompositores tamén son considerados "parasitos facultativos", medrando en organismos enfraquecidos ou agonizantes. Entre os fungos predadores existen especies que son insectívoras ou helmintívoras (comedoras de vermes,especialmente nematódeos). As especies insectívoras producen substancias pegañentas que prenden insectos, mentres os fungos helmintívoros producen substancias que drogan e inmobilizan os nematódeos, sendo entón consumidos.


Algúns fungos, usualmente ascomicetos, viven como liques. Un lique é unha relación simbiótica moi estreita entre un fungo e un organismo fotosintético, usualmente unha cianobacteria ou unha alga verde. Un lique compórtase de xeito tan semellante a un organismo único que son clasificados en xéneros e especies.



Doenzas causadas por fungos no home |


Na pel causan inflamacións chamadas xenericamente de Ptiriase (Ptiriase vesicolor), e as micoses dos pés, e dobras en xeral. Causan tamén inflamacións nas uñas, tanto na base (candidiase) como na punta (escurece e descasca). Na boca son os grumos brancos principalmente en nenos, na vaxina tamén. Nos órganos internos poden medrar practicamente en calquera lugar, desde os intestinos até ás meninxes, aínda que isto acontece basicamente cos inmunodeprimidos como na SIDA e no cancro.



Fungos velenosos |


Hai fungos tóxicos e velenosos, como por exemplo a especie Amanita muscaria. Dependendo da cantidade que os cogomelos desa especie son inxeridos son capaces de causar alteracións no sistema nervioso. De acordo coa especie e cantidade inxeridos do fungo hai posibilidades de causar até a morte. Hai tamén cogomelos alucinóxenos que causan alucinacións e delirios.



Exemplos de fungos velenosos |


  • Amanita muscaria

  • Amanita phalloides


Traxes importantes |


Ese reino, de máis dun millón e medio de especies, algunhas delas microscópicas, é aínda case descoñecido para a ciencia. Mais xa sabemos que entre eles hai moitos que xa se tornaran imprescindibles para a saúde humana.


Á primeira vista, os fungos son pouco interesantes, mais eles contribúen de forma decisiva para a preservación da diversidade biolóxica do noso planeta e están presentes, de mil xeitos, na nosa vida cotián. O pan que comemos precisa dun fungo para fermentar. Esa levedura é o Saccharomyces cerevisae, fungo unicelular, base para moitas industrias.


A cervexa e todas as bebidas alcohólicas feitas a partir da fermentación tamén son produtos fúnguicos. O mesmo fungo que produce gas carbónico na masa de pan, a Saccharomyces cerevisae, axuda a transformar azucre en alcohol. Cando tomamos unha cervexa ou bebidas que sufriran pasteurización, as células vivas de fungo están contidas no líquido. Os refrixerantes tamén son produtos fúnguicos, porque a maioría teñen ácido cítrico, que tamén é producido por un fungo, o Aspergillus lividus, empregado industrialmente. (O nome do ácido suxire que se produce a partir de froitas cítricas, e de feito así era no pasado. Hoxe todo o ácido cítrico consumido é producido a partir do Aspergillus lividus.)


Con relación aos tipos de alimentos que utilizan, os fungos son clasificados en saprobióticos, parasitos e simbióticos. Os saprobióticos ou saprofíticos aliméntanse de material morto. É o caso dos mofos e de varios fungos comestibles, como o shitake, dos xaponeses. Asociados a bacterias, actúan no ambiente como reguladores naturais da poboación doutros organismos. De aí que o seu papel para o mantemento da biosfera ten importancia igual que o das plantas. Sen os fungos, a vida tal cal é hoxe na Terra non sería posíbel, pois eles son axentes da descomposición, permitindo a reciclaxe de nutrientes.A importancia antropolóxica dos fungos non se limita ao seu uso como alucinóxenos. Son apreciados na culinaria tamén desde épocas moi antigas. No Imperio Romano, a especie de cogomelo Amanita cesariae, foi así bautizada por ser reservada aos césares. Outros cogomelos comestibles eran de uso exclusivo dos nobres.


Un dos usos máis importantes dos fungos é, sen dúbida, a produción de medicamentos. A primeira e de máis famosa de todas as substancias medicamentosas extraída dos fungos foi a penicilina, descubrimento en 1929 por Alexander Fleming. A penicilina foi o primeiro antibiótico a ser producido industrialmente. Moito do que se aprendeu na transformación das observacións de Fleming nunha operación de larga escala, economicamente viable, pavimentou o camiño para a produción doutros axentes quimioterápicos, a medida que foron descubertos.



Grupos relacionados e similares |


Os mofos acuáticos amosan unha organización hifal e xa foron considerados fungos. Non obstante eles, e os hypochytrids estreitamente relacionados, non son actualmente correlacionados con certos fungos pertencendo en vez diso ao grupo chamado stramenopile, xunto coas algas douradas, diatomáceas, algas castañas e outros similares. Os chytrids foron tamén formalmente excluídos dos fungos debido á presenza de flaxelos nas esporas, tamén teñen relacións estreitas cos outros sendo xeralmente tratados xunto con eles.


Os Slime molds tamén foron colocados aquí, por que producen corpos frutificantes.


Xeralmente crese que os fungos evolucionaron do mesmo grupo dos flaxelados que deran orixe aos animais e tamén dos coanoflaxelados.



Miscelánea |


As sementes de moitas orquídeas requiren un fungo para xerminar.


Os fungos do xénero Penicillium producen penicilina, o primeiro antibiótico coñecido pola ciencia moderna. Desde entón, moitas bacterias tornáronse resistentes á penicilina, mais aínda é empregada contra Streptococcus e outros organismos potencialmente perigosos.


De acordo coa súa clasificación taxonómica (e utilidade) ao ser humano, os fungos poden ser divididos en tres grupos:


  • ficomicetos

  • ascomicetos

  • basidiomicetos

Outros fungos inclúen:


  • mofos

  • leveduras


  • Aspergillus niger (nome científico)

O corpo frutoso é moi apreciado na culinaria, e é utilizado na apuración de queixos.


Algúns fungos son usados como alucinóxenos.



O círculo das fadas |


Existe unha especie de cogomelo que forma estruturas curiosas. O micélio que forma este cogumelo é chamado Marasmius oreades e espállase sobre o chan producindo un círculo de cogomelos na superficie. Ese círculo pode alcanzar até 30 metros de diámetro e é coñecido no folclore europeo como círculo das fadas[2]. O micélio expándese en todas as direccións; na rexión central ocorre a morte das hifas mais nos bordos prodúcese o corpo de frutificación (cogomelo). Como consecuencia, os cogomelos aparecen en círculos e, a medida en que o micelio medra o círculo vai sendo cada vez maior. Na maioría das veces a parte interior do círculo semella seca, cunha cor máis clara. Isto ocorre pola ausencia de nutrientes na área, xa que os cogomelos xa agotaran a maioría dos nutrientes.



O maior ser vivo do planeta |


O maior ser vivo do planeta coñecido é o fungo Armillaria ostoyae coñecido popularmente como "cogomelo do mel". Posúe un tamaño aproximado de 8,8 millóns de metros cadrados (área equivalente a 1220 campos de fútbol). Non para de espallarse polos espazos subterráneos dun bosque en Oregón, nos Estados Unidos. Na súa superficie, existe unha infinidade de cogomelos que forman Círculos das Fadas. Estímase que xurdiu hai máis de 2,4 mil anos como unha partícula minúscula e que lentamente se foi abrindo camiño entre as raíces das árbores até matar todas.



Clasificación |


  • Na clasificación taxonómica de Jussieu (1789), fungi era unha orde da clase Acotyledones incluída dentros das plantas, con 17 xéneros. Na actualidade considéranse un reino independente.


Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fungo.


  2. UBC Botanical Garden - Información sobre o Marasmius oreades, con foto aérea de "círculos das fadas" Arquivado 12 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)



Véxase tamén |





Outros artigos |



  • Fungo dos lameiros.


  • Index Fungorum.


Ligazóns externas |



  • Árbore do reino Fungo (en inglés)


Bibliografía |


  • Bruns, T. D., T. J. White, and J. W. Taylor. 1991. Fungal molecular systematics. Annual Review of Ecology and Systematics 22:525-564.

  • Bruns, T. D., R. Vilgalys, S. M. Barns, D. Gonzalez, D. S. Hibbett, D. J. Lane, L. Simon, S. Stickel, T. M. Szaro, W. G. Weisburg, and M. L. Sogin. 1993. Evolutionary relationships within the fungi: analysis of nuclear small subunit rRNA sequences. Molecular Phylogenetics and Evolution 1:231 241.

  • Hawksworth, D. L. 1991. The fungal dimension of biodiversity: magnitude, significance, and conservation. Mycological Research 95:641-655.

  • Hawksworth, D. L., P. M. Kirk, B. C. Sutton, and D. N. Pegler. 1995. Ainsworth and Bisby's Dictionary of the Fungi (8th Ed.). CAB International, Wallingford, United Kingdom. 616p.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fungo_(bioloxía)&oldid=5015802"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.464","walltime":"0.548","ppvisitednodes":"value":1371,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":28665,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2942,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":21,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1410,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":22,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 417.978 1 -total"," 54.71% 228.674 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.44% 60.369 1 Modelo:Commonscat"," 13.78% 57.593 1 Modelo:Irmáns"," 12.81% 53.561 1 Modelo:Caixa_lateral"," 7.38% 30.841 1 Modelo:Taxobox"," 7.08% 29.578 1 Modelo:Listaref"," 4.69% 19.588 1 Modelo:Micoloxía"," 4.41% 18.419 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 4.16% 17.402 1 Modelo:Webarchive"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.223","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5318710,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1307","timestamp":"20190315102827","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Fungo (bioloxu00eda)","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Fungo_(biolox%C3%ADa)","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q764","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q764","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2009-09-04T14:32:26Z","dateModified":"2018-12-18T14:15:42Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/da/Fungi_Diversity.jpg","headline":"reino dos organismos eucariotas"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":194,"wgHostname":"mw1238"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020