Skip to main content

Xosé Neira Vilas Índice Traxectoria | Obra | Listaxe da obra en galego | Listaxe da obra en castelán | Traducións | Recoñecementos | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Neira Vilas: 'Días de Cuba'"Entrevista"Galegos. Xosé Neira Vilas"Realismo y conciencia crítica en la literatura gallegaActas do primeiro Congreso da Emigración Galega. 1956. Buenos AiresDiez años de Zunzún: revista infantil cubana (1980-1990)"Orde do 22 de xaneiro de 1997 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Xosé Neira Vilas""Orde do 20 de febreiro de 1997 pola que se recoñece de interese galego … a Fundación Xosé Neira Vilas"Sitio web da Fundación Xosé Neira VilasBiografía de XoséMembros da Academia. Real Academia Galega"A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960""Falece aos 87 anos Xosé Neira Vilas""Falece o escritor Xosé Neira Vilas"o orixinal"Xosé Neira Vilas: a memoria dos “ninguén”"o orixinal"A Consellería de Cultura e Educación acompaña a Xosé Neira Vilas na presentación…""«Memorias dun neno labrego» chega á súa edición número 35"Imaxe da portadaNeira Vilas lendo un fragmento de Querido Tomás.A prensa galega de CubaDiscurso pronunciado por Xosé Neira Vilas na inauguración do instituto de BUP que leva o seu nome (en Perillo - Oleiros, o 2 de maio do 1989)Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. LoitasActo de investidura como "doutor honoris causa" do Excmo. Sr. D. Xosé Neira Vilas celebrado o día 16 de xaneiro de 1998Índice de Crónicas galegas de América. Rolda primeiraÍndice de Crónicas galegas de América. Rolda segundaÍndice de Crónicas galegas de América. Rolda terceiraDías de CubaDe Gres a CádizCorrespondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio FerreiroEpistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira VilasSocio de honra da AELG. Letra E 1999"O Concello de Cruces nomea a Neira Vilas «Fillo predilecto» e a Anisia Miranda, «Filla adoptiva»"Premio Laxeiro 2010: Xosé Neira Vilas"Decreto 100/2015, do 15 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro"Cartas a Balbino: homenaxe a Xosé Neira VilasHistoria da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1984)Do A ao Z con Neira VilasHomenaxe a Anisia Miranda"Entrevista. No 50 aniversario de “Memorias dun Neno Labrego”"1575-5509Historia xeral da literatura galegaBuenos Aires na obra de Neira VilasNeira Vilas. Os anos da Arxentina, 1949-1961Dictionary of the Literature of the Iberian PeninsulaLa visión de Galicia en Xosé Neira VilasDe Pondal a NovoneyraXosé Neira Vilas e Rachel de Queiroz, fabuladores artíficesXosé Neira Vilas e Xente no rodicioXosé Neira Vilas y Memorias dun neno labrego: acercamiento a la novela gallega más popular de la segunda mitad del siglo XXSingraduras da narrativa galega. De Castelao a Neira VilasA recepción inmanente na obra de Neira Vilas"Varios artigos"1136-3207"Varios artigos"1136-3207Fundación Neira VilasXosé Neira VilasNeira VilasRoteiro cultural e literario 2017"En Bos Aires acabamos na comisaría por cantar en galego nun bus"WorldCat7901839525812046339XX1024896118871009a1210521118920536746800457361187383640000 0001 2140 8695n81013641074520199694220026665840eee

Víctor FreixanesHenrique MonteagudoMarilar AleixandreFina CasalderreyAndrés Torres QueirugaXesús Alonso MonteroRosario Álvarez BlancoXosé Luís AxeitosXosé Ramón BarreiroDarío Xohán CabanaFrancisco Díaz-FierrosFrancisco Fernández ReiAndrés Fernández-Albalat LoisXesús Ferro RuibalXosé Luís Franco GrandeSalvador García-BodañoManuel González GonzálezBernardino GrañaMargarita Ledo AndiónRamón LorenzoChus PatoLuz Pozo GarzaXosé Luís RegueiraManuel RivasAna RomaníEuloxio R. RuibalPegerto SaavedraAntón SantamarinaRamón VillaresRicardo Carballo CaleroXosé Filgueira ValverdeÁnxel FoleAntón FraguasEmilio González LópezXaquín LorenzoRamón Martínez LópezIsidro Parga PondalValentín Paz-AndradeBen Cho SheyXoán Rof CarballoEnrique Vidal AbascalEulogio Gómez FranqueiraRamiro Isla CoutoMiguel Anxo Araúxo IglesiasXosé Neira VilasGiuseppe TavaniGonzalo Torrente BallesterMaría CasaresCamilo José CelaRafael Martínez CortiñaElena QuirogaAlejandro de la SotaLuís Moure MariñoFelipe Fernández ArmestoJosé Luis Puente DomínguezJosé María Acuña LópezManuel Torres MartínezMario Vázquez RañaJorge Castillo CasalderreyAntonio Couceiro TovarAmancio OrtegaJosé Antonio García CaridadAlejandro OuteiriñoNélida PiñonJosé RegojoEduardo Sánchez MillaresXesús Ferro RuibalAndrés Fernández-Albalat LoisRicardo Pérez RosónBenito Varela JácomeXosé Trapero PardoMarisol BuenoHipólito de Sá BravoÁngel Rodríguez GonzálezDieter KremerManuel Gallego JorretoBorobóFrancisco Río BarjaManuel Sánchez SalorioPilar Vázquez CuestaRamón VarelaXohana TorresAntonio Meijide PardoAntonio PernasManuel Gómez ÁlvarezJosé Luis Barros MalvarLuís CarunchoDionisio GamalloMarina MayoralJohn RutherfordJulián TrincadoJosé Ignacio Poch Gutiérrez de CaviedesJuan Manuel Pérez LópezCarlos Baliñas FernándezFrancisco LeiroChus LagoÁlvaro CamposFernando Caldeiro CaínzosAlfonso Zulueta de HazElixio Rivas QuintasXoán Ramón QuintásJosé Carlos Martínez Pérez MendañaJuan José Barcia GoyanesAdolfo DomínguezJulio Fernández RodríguezBlanca Jiménez AlonsoMaría do Carme KruckenbergConstantino GarcíaXulio Fernández GayosoFeliciano BarreraMilladoiroRosalía MeraArquivo da Emigración GalegaMaría Dolores Daparte SoutoBlanca García MontenegroXosé González MartínezManuel Lucas ÁlvarezXaime QuessadaJuan Vieites Baptista de SousaRosa Puente FogliaAvelino Pousa AnteloOlga GallegoÁngel CarracedoMaximino ZumalaveInmaculada Paz-AndradeXosé Lois González VázquezAntón LamazaresCésar Antonio MolinaLuz CasalRosalina CeladaPrudencia SantasmarinasMíchel SalgadoArsenio IglesiasManuela López BesteiroFederico Martinón SánchezRomán García VarelaCarmen Fraga EstévezObradoiro de Gaitas SeivaneFrancisco Javier Pitillas TorrasJuan Carlos EstévezPilar Iglesias OsorioCántigas da TerraAlfredo CondeXerardo EstévezMaría Teresa Miras PortugalXosé Antonio Vilaboa BarreiroIsabel AguirreMaría José AlonsoJesús Domínguez FernándezXesús Mato MatoCarteirosCorreosCastelaoXoán Carlos IAntonio Rosón PérezCentro Gallego de Buenos AiresXulio Prieto NespereiraXoán Paulo IIMário SoaresLuis Alberto LacalleCarlos MenemJuan Carlos WasmosyUniversidade de Santiago de CompostelaAgrupación Táctica GaliciaJorge SampaioMuseo de PontevedraCitroën Hispania, S.A.Julio María SanguinettiÁlvaro ArzúFernando Henrique CardosoAntonio María Rouco VarelaEsperidião Amin HelouAndrew Willoughby Ninian BertiePaulo CoelhoMiguel Ángel Rodríguez EcheverríaÁngelo Sodano


Xosé Neira Vilas


GresVila de Cruces3 de novembro192827 de novembro2015lingua galegalingua casteláArxentinaCubaReal Academia GalegaMedalla CastelaoMedalla de Ouro de Galicialiteratura galegaensaiopoesíaliteratura infantilGalicialabregosherdanzafamiliapasantíaCamanzocomerciocorrespondenciacontableserradoiro1949AméricagaleguistasLuís SeoaneRafael DiesteRamón Suárez PicalloLorenzo VarelaRamón de ValenzuelaEmilio PitaAlberto VilanovateatroRicardo Flores PérezUruguaiMéxico1953Mocedades GaleguistasCongreso da Emigración Galega21 de febreirocelanovesesAnisia Miranda FernándezBuenos AiresxornalismoxulloFrancisco Fernández del RiegoFollas NovaseditorialVilla Urquizaprosa1961Cariberevoluciónxubilados1992Fundación Xosé Neira Vilasmaiocultura galegamuseobibliotecaPremio ArumePremio EstornelaXesús Alonso MonteroAntón SantamarinaFrancisco Fernández ReicadeiraxaneiroMarilar Aleixandreliteratura galegaruralemigraciónagrolibros para nenosAnisia MirandaLalínVigoEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstradaEstrada










1000 12/16



Xosé Neira Vilas




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





































Xosé Neira Vilas
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Medalla de Galiza.svg

Xosé Neira Vilas (AELG)-2.jpg
Nome completoXosé Santiago Neira Vilas
Nacemento
3 de novembro de 1928
 Santiago de Gres
Falecemento
27 de novembro de 2015
 Santiago de Gres
SoterradoGres, Vila de Cruces
ResidenciaGalicia, Arxentina, Cuba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Buenos Aires
Ocupación
escritor e xornalista
CónxuxeAnisia Miranda
Fillosnon tivo
Período1960-2015
Movementorealismo social [1]
Xéneros
narrativa, ensaio, poesía
Coñecido/a porMemorias dun neno labrego
Premios
Medalla Castelao, Medalla de Galicia, Premios da Crítica Galicia, doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e Premio Laxeiro
Xosé Neira Vilas. Firma. Ourense 14-11-2011.jpg
[ editar datos en Wikidata ]

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.




Índice





  • 1 Traxectoria

    • 1.1 Infancia


    • 1.2 Na Arxentina


    • 1.3 En Cuba


    • 1.4 A volta definitiva a Galicia



  • 2 Obra


  • 3 Listaxe da obra en galego

    • 3.1 Narrativa


    • 3.2 Literatura infanto-xuvenil


    • 3.3 Poesía


    • 3.4 Ensaio


    • 3.5 Con Anisia Miranda


    • 3.6 Outras obras colectivas



  • 4 Listaxe da obra en castelán

    • 4.1 Narrativa


    • 4.2 Ensaio



  • 5 Traducións


  • 6 Recoñecementos


  • 7 Galería de imaxes


  • 8 Notas


  • 9 Véxase tamén

    • 9.1 Bibliografía


    • 9.2 Outros artigos


    • 9.3 Ligazóns externas





Traxectoria |



Véxase tamén: Cronobiografía de Xosé Neira Vilas.


Infancia |


Xosé Santiago foi o fillo máis vello de Xosé Neira Silva e Manuela Vilas Arteaga, labregos que tiveron en total sete rapaces (Xosé, María, Xesús, Mercedes, Santiago, Manuel e Carme). O pai estivo na Arxentina seis meses xestionando o cobro dunha herdanza. Cos cartos que trouxo fixo unha casa e a familia trasladouse da do Romano, onde nacera Xosé e os irmáns máis vellos, á nova, onde a familia seguiu medrando. O mozo Xosé complementou a súa escasa formación primaria nunha pasantía de Camanzo, estudou comercio por correspondencia e, con dezaseis anos de idade, traballou de contable nun serradoiro.[2]



Na Arxentina |




Entrada na Arxentina o 10/2/1949. José Neira Vilas tiña vinte anos.


En xaneiro de 1949 emigrou a América, inicialmente á Arxentina, exercendo traballos diversos de tipo comercial, sempre en calidade de asalariado. Alí publicou os seus primeiros traballos na prensa galega da emigración, como Opinión Gallega. Entrou en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela, Emilio Pita ou Alberto Vilanova. Integrou o grupo de teatro galego que dirixía Ricardo Flores Pérez. Estendeu a súa colaboración xornalística a publicacións de Uruguai e México.




Xosé e Anisia no día do seu casamento.


En 1953, con outros mozos e mozas emigrantes, fundou as Mocedades Galeguistas, grupo político nacionalista xuvenil, das que foi secretario xeral e participou no proxecto do seu boletín Adiante (1954), publicado integramente en galego, do que saíron poucos números.[3] Foi Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega (1956).[4] O 21 de febreiro de 1957 casou coa cubana de pais celanoveses Anisia Miranda Fernández, que se trasladara a Buenos Aires en 1953 e estudou xornalismo con Xosé. Nunca tiveron fillos. Vivindo nunha casa da rúa Asunción, en xullo dese mesmo ano, e por consello de Francisco Fernández del Riego, fundaron xuntos Follas Novas, unha modesta editorial e importante distribuidora en América de libros en galego[5] na que, despois de dez anos na capital arxentina e de reunir os poemas que foran aparecendo en distintos xornais e revistas, publica o seu propio primeiro libro: Dende lonxe (1960). Daquela traballaba nunha empresa de importación de madeiras, facía as xestións bancarias e cando remataba metíase no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza, a escribir. De aí, en tres meses, saíu o seu segundo libro, primeiro en prosa, Memorias dun neno labrego (1961).



En Cuba |


En 1961 o matrimonio marchou para Cuba, permanecendo trinta e un anos no Caribe, onde escribiu a maior parte da súa obra literaria. Na illa traballou a prol da revolución.[6] Alí fundou é dirixiu a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Desempeñou diversos traballos na administración, no Ministerio de Industria Básica (MINBAS), tendo ao seu cargo a división "Organismos internacionales y convenios de colaboración científica y técnica". Colaborou na prensa de dentro e fóra, como Nova Galicia, e exerceu durante seis anos (1983-1989) a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún.[7] Dende 1972 a parella fixo unha ducia de viaxes a Galicia.



A volta definitiva a Galicia |


Xa xubilados, regresaron definitivamente a Galicia en 1992, para viviren en Gres, onde continuaron co labor cultural e xornalístico e dirixiron a Fundación Xosé Neira Vilas, constituída en maio de 1993, catalogada oficialmente como de interese cultural[8] e de interese galego,[9] co obxecto de promover e divulga-la cultura galega nos seus máis diversos aspectos, en tódalas facetas da cultura universal que incidan no patrimonio cultural de Galicia. A fundación ten a súa sede na Casa do Romano, que alberga un museo etnográfico e unha biblioteca pública de 8 500 volumes[10] . A FXNV convoca bianual e alternativamente o Premio Arume de poesía e o Premio Estornela de teatro para nenos.




Na Fundación Neira Vilas, en 2008.


Neira Vilas escribiu as series "Memoria da emigración" e "Crónicas galegas de América", aparecidas inicialmente en Faro de Vigo (os domingos de 1992 a 1995) e despois en El Correo Gallego (1995-1999). Neste mesmo xornal, fixo a columna dominical "Arredor do mundo" e "O sarillo do tempo" e, máis adiante, puntualmente, artigos culturais en Galicia Hoxe.[11]


Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega no ano 2001, a proposta de Xesús Alonso Montero, Antón Santamarina e Francisco Fernández Rei,[12] pronunciando o discurso "A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960", respondido por Alonso Montero.[13] Tralo seu pasamento a súa cadeira foi ocupada, desde xaneiro de 2017, por Marilar Aleixandre.


Anisia Miranda finou o 22 de outubro de 2009. O de Gres faleceu na súa cama na súa casa de Vila de Cruces o 27 de novembro de 2015 ós 87 anos de idade.[14][15]



Obra |


A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega[16] con máis de 700 000 exemplares vendidos.[17][18] Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.


As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego (1961), Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977). Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta e recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio (1965),[19]A muller de ferro (1969)[a] e Querido Tomás (1980).


Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar (1973), Nai (1980) e Pan (1986). O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso (1967), na colección de contos Historias de emigrantes (1968), en Remuíño de sombras (1972) e en Tempo novo (1987).


Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo (1971), O cabaliño de buxo (1971), A marela Taravela (1976), Contos vellos pra rapaces novos (trad., 1983) e Chegan forasteiros (1992). En colaboración coa súa muller, Anisia Miranda, publicou un libro de de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda (1975).



Listaxe da obra en galego |





MEMORIAS DUN NENO LABREGO, DE
XOSÉ NEIRA VILAS, REMATOUSE DE
IMPENTAR EN ARTES GRAFICAS AL-
FONSO RUIZ, RUA GENERAL URQUIZA
Nº 564, BUENOS AIRES, O 5 DE XANEIRO
DO 1961.




Narrativa |



  • Memorias dun neno labrego. Edicións Follas Novas, 1961.


  • Xente no rodicio. Galaxia, 1965. Con prólogo de Salvador Lorenzana.[b]


  • Camiño bretemoso. Galaxia, 1967.


  • Historias de emigrantes. Patronato da Cultura Galega de Montevideo, 1968.


  • A muller de ferro. Galaxia, 1969.[a]


  • Remuíño de sombras. Colección Pombal. Edicións Castrelos, 1973.[20]


  • Lar. Akal, 1973; Colección Arealonga.


  • Aqueles anos do Moncho. Akal, 1977; Colección Arealonga.


  • O ciclo do neno. Akal, 1978.[c]


  • Nai. Akal, 1980; Colección Arealonga.


Estatua Memorias dun neno labrego, Lalín.JPG Estátua de Balbino, Vigo.jpg

Estatuas a Balbino, protagonista de Memorias dun neno
labrego
, en Lalín e Vigo.



  • Querido Tomás. Ediciós do Castro, 1980.[21]


  • Encrucilladas. Galaxia, 1981.[d]


  • Pan. Galaxia, 1986.


  • Tempo novo. Ediciós do Castro, 1987.


  • Papeis, As toupas e O home dos ferranchos. Contos do Castromil, 1992.


  • Charamuscas. Galaxia, 1993. Inclúe Lar, Nai e Pan.


  • Contos de tres mundos. Edicións Xerais de Galicia, 1995.


  • O home de pau. Xerais, 1999.


  • Relatos mariñeiros. Xerais, 2003.


  • A fuxida de Manuel. Pío García Edicións, 2007.


  • Esperando o leiteiro. Galaxia, 2012.


  • Romaría de historias. Galaxia, 2015.


  • Os papeis do vello mariñeiro (póstuma). Edicións Bolanda, 2017.


Literatura infanto-xuvenil |




Ficheiro:Entrevista Xose Neira Vilas.ogvReproducir o contido

Entrevista na Casa do Romano, en 2013.



  • O cabaliño de buxo, Ediciós do Castro, 1971.


  • Cartas a Lelo, Ediciós do Castro, 1971.


  • Espantallo amigo. Ediciós do Castro, 1971.[e]


  • A marela Taravela. Edicións Celta, 1976. 2ª edición en 1989, en Galaxia.


  • Contos vellos pra rapaces novos (trad.). Ediciós do Castro, 1983.


  • De cando o Suso foi carteiro, Ediciós do Castro, 1988.


  • Chegan forasteiros. Ediciós do Castro, 1992.


  • O xardín de Irene. Edicións Embora, 2015. Ilustrado por Leandro Lamas.


  • Quique na aldea. Edicións Bolanda, 2016.


Poesía |



  • Dende lonxe. Follas Novas. 1960.


  • Inquedo latexar. Xistral, 1969.


  • Poesía recadada. Espiral Maior, 1994.


  • Dende Gres. Espiral Maior, 2004.


  • Cantos de sol a sol. GaliNova, 2014.


  • Cantos que veñen de lonxe. Libro-CD con música de Xervasio Sánchez, 2014.


Ensaio |



  • Galegos no Golfo de México. Ediciós do Castro, 1980.[f]


  • Castelao en Cuba. Ediciós do Castro, 1983.


  • A prensa galega de Cuba. Edicións do Castro, 1985.[22]


  • Índice da revista El Eco de Galicia (A Habana, 1878-1901). Ediciós do Castro, 1988.


  • Discurso pronunciado por Xosé Neira Vilas na inauguración do instituto de BUP…. Ed. do Castro, 1990.[23]


  • Guerrilleiros. Ediciós do Castro, 1991.


  • Na outra banda do mar. Nº 70 da Biblioteca 114, Editorial Compostela, 1992.


  • Rosalía de Castro e Cuba. Patronato Rosalía de Castro, 1992.[24]


  • Memoria da emigración. I. Ediciós do Castro, 1994.


  • Eduardo Blanco-Amor, dende Buenos Aires. Edicións do Castro, 1995.


  • A lingua galega en Cuba. Consello da Cultura Galega, 1995.[24]


  • Memoria da emigración II. Ediciós do Castro, 1995.


  • Memoria da emigración III. Ediciós do Castro, 1996.


  • Galegos que loitaron pola independencia de Cuba. Ediciós do Castro, 1998.[24]


  • Acto de investidura como "doutor honoris causa"…. UDC, 1999.[25]


  • Crónicas galegas de América. Rolda primeira. Ediciós do Castro, 1999.[26]


  • Crónicas galegas de América. Rolda segunda. Ediciós do Castro, 2000.[27]


  • Manuel Murguía e os galegos da Habana. Ediciós do Castro, 2000.


  • A cultura galega en Buenos Aires, 1950-1960. Discurso de ingreso na RAG, 2001.[13]


  • Crónicas galegas de América. Rolda terceira. Ediciós do Castro, 2002.[28]


  • Prosas varias. Fundación Otero Pedrayo, 2004.


  • O sarillo do tempo. Xerais, 2004.


  • Xentes e camiños. Xerais, 2005.


  • Vinte anos retornando. Xerais, 2006.


  • Arredor do mundo. Xerais, 2007.


  • Neira Vilas, os anos da Arxentina: 1949-1961: textos recuperados. Galaxia, 2008. Ed. de N. Longhini.


  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación. Fundación Manuel María, 2009.


  • Encontros con Laxeiro. Ir Indo, 2009.


  • Lóstregos. Xerais, 2009.


  • Presenza galega en Cuba. Xerais, 2010.


  • Penúltimo dietario. Xerais, 2011.


  • 100 anos do Himno galego. Edicións Embora, 2012.


  • Cancela aberta. Xerais, 2013.


  • Neira Vilas. Memoria gráfica. Edicións Bolanda, 2013.


  • Con Anisia Miranda na Costa da Morte. Embora, 2014.


  • Días de Cuba. Galaxia, 2014.[29]


  • Epistolario diverso. Edicións Embora, 2014.


  • Galicia en Cuba. Lingua, Rosalía, loitas. Consello da Cultura Galega, 2014.[24]


  • Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade. Edicións Bolanda, 2014.


  • Semente galega en América. Bolanda, 2015.


  • Olladas no camiño. Edicións Fervenza, 2016.


  • De Gres a Cádiz. Galaxia, 2018.[30]


Con Anisia Miranda |



  • Cantarolas e contos prá xente miúda. Akal, 1975.


  • Cantarolas. Xerais, 1995.


Outras obras colectivas |




Homenaxe da AELG.



  • II Festival da Poesía do Condado. SCD Condado, 1982.


  • IV Festival da Poesía no Condado. SCD Condado, 1984.


  • Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía. Xerais, 1994.


  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade. Ediciós do Castro, 1995.


  • Construír a paz. Xerais, 1996.


  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996). Xerais, 1996.


  • E dixo o corvo.... Xunta de Galicia, 1997.


  • Manuel Ponte Pedreira: a resistencia antifranquista na comarca de Ordes. Obradoiro de História, 1997.


  • Novo do trinque. Bloque Nacionalista Galego, 1997.


  • 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973). USC, 1997.


  • Poetas e narradores nas súas voces. I. Consello da Cultura Galega, 2001.


  • Un futuro para a lingua. Xunta de Galicia, 2002.


  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra. Consello da Cultura Galega, 2003.


  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.


  • Narradio. 56 historias no ar. Xerais, 2003.


  • Palabra por palabra. Contos da Policía. Ir Indo, 2003.


  • Poemas pola memoria (1936-2006), Xunta de Galicia, 2006.


  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, Difusora, 2006.


  • Cartas de vellos amigos (1959-1998). Galaxia, 2010. Edición de Dolores Vilavedra.


  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Editorial Toxosoutos, 2010.


  • Correspondencia de Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro. Cadernos Ramón Piñeiro XXII, CIRP, 2012.[31]


  • Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego 1959-2007. Galaxia, 2013.


  • Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII, CIRP, 2015. Ed. de A. Requeixo.[32]


Listaxe da obra en castelán |



Narrativa |



  • En la extraña ciudad: cuentos y recuentos. Arte y Literatura, La Habana, 1982.


Ensaio |




Biblioteca na avda. Martínez Garrido, Vigo.



  • Los días cubanos de Alfonso Castelao. Unión, La Habana, 1988.


  • Presencia diversa de los gallegos en Cuba. Xunta de Galicia, 2007.


Traducións |


Do castelán ao galego



  • Itinerario galego, de Victor L. Molinari, 1958.


  • Trinta e nove poemas, de Nicolás Guillén. Ediciós do Castro, 1977.


  • Xornal de prisión, de Ho Chi Minh. Ediciós do Castro, 1978.


  • Mitos e lendas da vella Grecia, de Anisia Miranda, 1983.


  • A historia absolveráme, de Fidel Castro, 1990.


  • A idade de ouro, de José Martí. A Nosa Terra, 1991.


  • O Camiño de Santiago, de Alejo Carpentier. Ediciós do Castro, 1993.

Do galego ao castelán




Os seus restos repousaron en S. Domingos de Bonaval antes de ser enterrado en Gres.



  • Seis poemas galegos de Federico García Lorca, 1964.


  • Veintiún poemas de Uxío Novoneyra, 1966.

Igualmente, traduciu varios libros da súa propia autoría, previamente publicados en galego, para publicar en castelán en editoriais cubanas: Memorias de un niño campesino, Aquellos años de Moncho, Querido Tomás, Camino nebuloso, Pescadores gallegos de La Habana e Los días cubanos de Alfonso Castelao.



Recoñecementos |


A traxectoria de Neira Vilas foi recoñecida con varios premios e recoñecementos, destacando entre eles os seguintes:


  • Foi Premio da Crítica Española (narrativa), en 1978, por Aqueles anos do Moncho.


  • Premio da Crítica Galicia (ensaio), en 1981, por Galegos no Golfo de México.


  • Pedrón de honra, en 1986.


  • Medalla Castelao, en 1988.

  • Premio Celanova Casa dos Poetas, en 1989.

  • V edición dos Premios San Martiño de normalización lingüística, en 1995, Concello da Estrada.

  • Investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña en 1998.[33]

  • Vieira de prata do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, en 1998.

  • Premio do Arquivo da Emigración 1999 de prensa escrita, instituído polo CCG, por Crónicas galegas de América. Rolda primeira.

  • Foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en 1999.[34]

  • Investido doutor honoris causa pola Universidade da Habana en 2003.[35]


  • Premio Trasalba, en 2004.


Multimedia externa
Gravacións de son

"Neira Vilas: 'Días de Cuba'" RNE, 3/10/2015 (en castelán).
Vídeos

Entrevista, por Fernanda Tabarés, en V Televisión, 5/3/2012.

"Galegos. Xosé Neira Vilas" Televisión de Galicia, 31/5/2014.
  • Fillo predilecto do Concello de Vila de Cruces, en 2005.[36]


  • Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela, en 2009, no Concello da Estrada


  • Premio Laxeiro, en 2010.[37]

  • Unha biblioteca pública de Vigo leva o seu nome, inaugurada polo propio escritor o 24/3/2011.


  • Medalla de Ouro de Galicia, en 2015.[38]

  • Levan o seu nome tres centros públicos de ensino.[g]


Galería de imaxes |



Artigo principal: Galería de imaxes de Neira Vilas.


Notas |




  1. 1,01,1 Conxunto de 23 relatos. Inclúe: "A muller de ferro", "Home e gato", "Marcha", "O berro", "A parede", "O señor Manuel", "Formigas", "A casa engruñada", "Tres ovos de carrizo", "O corgo", "Despois do camiño", "Letreiros", "As toupas", "O crime de todos", "Ovellas, "O papel", "Valentín e o coto", "Un padriño", "Iñor", "O can doente", "O faiado", "O home dos ferranchos" e "A morte da árbore".


  2. Inclúe vinte relatos: "O muiñeiro", "O suicidio", "A ofrenda", "Vidro e sol", "María", "A serra", "Auga", "Noxo", "O delicto de Tomás", "O trebón", "Corredoira", "A sombra", "Lucinda", "A seca", "Abel", "¿Como é o mar?", "A irmá de Susiño", "Isaura", "O Pesco" e "Todo para Carme".


  3. Inclúe Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.


  4. Contén: Xente no rodicio, Camiño bretemoso e A muller de ferro. Con prólogo de Valentín Paz-Andrade.


  5. Traducido ao castelán no 1972 como Espantajo amigo por Basilio Losada.


  6. Traducido ao castelán no 1983, como Gallegos en el golfo de México, Letras Cubanas, La Habana.


  7. O Colexio Rural Agrupado de Boqueixón-Vedra Neira Vilas; o CEP Xosé Neira Vilas, en Peitieiros, Gondomar e o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, en Perillo, Oleiros.


Referencias


  1. Alonso Montero (1968). Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega Editorial Ciencia Nueva (en castelán).


  2. Rábade Paredes 1992, p. 7.


  3. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. p. 23-24. ISBN 84-8288-137-X. 


  4. Actas do primeiro Congreso da Emigración Galega. 1956. Buenos Aires Facsímile, 2006. ISBN 84-96530-18-3.


  5. "Follas Novas". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 


  6. Gómez & Queixas 2001, p. 298.


  7. Chouciño Fernandez, Ana (2007). Diez años de Zunzún: revista infantil cubana (1980-1990) (en castelán). USC. ISBN 978-84-9750-907-7. 


  8. "Orde do 22 de xaneiro de 1997 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Xosé Neira Vilas" DOG


  9. "Orde do 20 de febreiro de 1997 pola que se recoñece de interese galego … a Fundación Xosé Neira Vilas" DOG.


  10. Sitio web da Fundación Xosé Neira Vilas


  11. Biografía de Xosé Fundación XNV.


  12. Membros da Academia. Real Academia Galega


  13. 13,013,1 "A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960" Discurso lido o 17/11/2001.


  14. "Falece aos 87 anos Xosé Neira Vilas". Pontevedra Viva. 27/11/2015. 


  15. "Falece o escritor Xosé Neira Vilas". Praza Pública. 27/11/2015. Arquivado dende o orixinal o 06/09/2018. Consultado o 27/11/2015. 


  16. Montse Dopico (27/11/2015). "Xosé Neira Vilas: a memoria dos “ninguén”". Praza Pública. Arquivado dende o orixinal o 06/09/2018. Consultado o 27/11/2015. 


  17. "A Consellería de Cultura e Educación acompaña a Xosé Neira Vilas na presentación…". Xunta de Galicia. 14/1/2014. 


  18. F, X (22/7/2015). "«Memorias dun neno labrego» chega á súa edición número 35". La Voz de Galicia. Consultado o 4/1/2016. 


  19. Rábade Paredes 1992.


  20. Con prólogo de Basilio Losada. Imaxe da portada


  21. High-contrast-camera-video.svg Neira Vilas lendo un fragmento de Querido Tomás.


  22. Reeitado en 2011 polo CIRP: A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. 2011. ISBN 978-84-453-5020-1. 


  23. Discurso pronunciado por Xosé Neira Vilas na inauguración do instituto de BUP que leva o seu nome (en Perillo - Oleiros, o 2 de maio do 1989)


  24. 24,024,124,224,3 Neira Vilas, X. (2013). Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas. CCG. ISBN 978-84-92923-55-7. 


  25. Acto de investidura como "doutor honoris causa" do Excmo. Sr. D. Xosé Neira Vilas celebrado o día 16 de xaneiro de 1998 BNE.


  26. Índice de Crónicas galegas de América. Rolda primeira


  27. Índice de Crónicas galegas de América. Rolda segunda


  28. Índice de Crónicas galegas de América. Rolda terceira


  29. Días de Cuba ficha na páxina web da editorial.


  30. De Gres a Cádiz ficha na páxina web da editorial.


  31. Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro


  32. Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas


  33. Investido o 16 de xaneiro de 1998, sendo o seu padriño o catedrático de Lingua e Literatura Galega Xosé María Dobarro.[1]


  34. Socio de honra da AELG. Letra E 1999


  35. Baujín, José Antonio (2003). "Discurso de elogio a José Neira Vilas en el Acto académico de investidura como Doctor Honoris Causa en Letras por la Universidad de La Habana". Memoria II. La Habana: Arte y literatura / Cátedra de Cultura Gallega de la Universidad de La Habana.


  36. "O Concello de Cruces nomea a Neira Vilas «Fillo predilecto» e a Anisia Miranda, «Filla adoptiva»". La Voz de Galicia. 24/2/2005. 


  37. Premio Laxeiro 2010: Xosé Neira Vilas Fundación Laxeiro.


  38. "Decreto 100/2015, do 15 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro" DOG.



Véxase tamén |



Bibliografía |




  • Barrera, F., ed. (2002). "Neira Vilas, Xosé". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 393-394. ISBN 84-8064-113-4. 


  • Blanco, Concha (coord.) (2011). Cartas a Balbino: homenaxe a Xosé Neira Vilas. Xunta de Galicia/Gálix. 


  • Blanco Rosas, X. (setembro de 2015). Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1984) (PDF) (Tese). USC. 


  • Canosa, María (2010). Do A ao Z con Neira Vilas. Ler é vivir. Everest Galicia. ISBN 978-84-403-1142-9. 


  • García Gómez, Valentín (coord.) (2010). Homenaxe a Anisia Miranda (PDF). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-4868-0. 


  • Garrido, X. C.; Val, M. do (2010-2011). "Entrevista. No 50 aniversario de “Memorias dun Neno Labrego”" (PDF). Terra e Tempo (155-158): 5–17. ISSN 1575-5509. 


  • Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. pp. 298–303. ISBN 84-95350-79-3. 


  • Longhini Moreira, Nora (2003). Buenos Aires na obra de Neira Vilas. Ediciós do Castro. ISBN 978-84-8485-097-7. 


  • ———— (2008). Neira Vilas. Os anos da Arxentina, 1949-1961. Galaxia. ISBN 978-84-9865-060-0. [2] Con limiar de Freixanes.


  • Lorenzo Rivas, Pilar (1981). Contribución ao estudo da novela de protagonista infantil e xuvenil na literatura galega contemporánea. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-085-X. 


  • Martul Tobío, Luis (1993). Germán Bleiberg; Maureen Ihrie; Janet Pérez, eds. Dictionary of the Literature of the Iberian Peninsula (en inglés). 2. L-Z. Greenwood Press. pp. 1162–1163. 


  • Lucas, María (1977). La visión de Galicia en Xosé Neira Vilas. Investigación Universitaria. Ediciós do Castro. ISBN 84-85134-24-9. 


  • Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 248–250. ISBN 84-7507-139-2. 


  • Muleiro García, Avelino (coord.); VVAA (103)[3] (2015) [2009]. González, Ismael, ed. Homenaxe a Neira Vilas e Balbino. Ir Indo. ISBN 9788476807088. 


  • Oliveira Aragão, Cleudene de (2000). Xosé Neira Vilas e Rachel de Queiroz, fabuladores artífices. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-994-6. 


  • Rábade Paredes, Xesús (1992). Xosé Neira Vilas e Xente no rodicio. Ágora. Galaxia. ISBN 84-7154-836-4. 


  • Regueira, Ramón (2002). Xosé Neira Vilas: narrador, poeta, xornalista, historiador da nosa emigración. Ir Indo. 


  • Son, Corinne (2001). Xosé Neira Vilas y Memorias dun neno labrego: acercamiento a la novela gallega más popular de la segunda mitad del siglo XX (en castelán). Do Castro. ISBN 84-8485-026-9. 


  • Varela Jácome, Benito (1973). Singraduras da narrativa galega. De Castelao a Neira Vilas. Colección Ronsel. A Coruña: Librigal. 


  • Vilavedra, D. (1990). A recepción inmanente na obra de Neira Vilas. Ensaio. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-497-9. 


  • ———, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. I. Autores. Galaxia. pp. 403–405. ISBN 84-8288-019-5. 


  • ———, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. ISBN 84-8288-137-X. 


  • VVAA (2005). "Neira Vilas, Xosé". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 


  • VVAA (2006). "Neira Vilas, Xosé". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. p. 1452. ISBN 978-84-8288-942-9. 


  • VVAA (2010-2011). "Neira Vilas, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. p. 18-19. 


  • VVAA (novembro de 2011). "Varios artigos". Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (35). ISSN 1136-3207.  Inclúe os seguintes:

"Carta a Balbino" de Xosé Neira Vilas.

"Entrevista con Xosé Neira Vilas".

"Carta de Otero Pedrayo a Neira Vilas". 1961.

"As catro vidas de Neira Vilas" de A. Vázquez-Monxardín.

"O noso catecismo" de X. L. Axeitos.

"A humildade dun clásico" de Pilar Sampedro.

"Neira Vilas, sociológo e antropólogo…" de A. Muleiro.

"Catro ilustradores…" de Xabier Limia de Gardón.

"Trangalladas" de Cándido Pazó.

"Pepe Velo e Anisia Miranda…" de A. Piñeiro.

"Homenaxe Neira Vilas" de Rosa Aneiros.

"Neira Vilas, escenarios…" de Felipe Senén.

"O cura e o xudío, dous persoeiros…" de V. Pérez.

"Balbino" de Xosé Luís Rivas Cruz. Mini.

"Pepe Neira amigo" de B. Iglesias Dobarrio. Mero.

"As memorias para un neno de cidade" de X.M. Dobarro

"Memorias con R de rebeldía" de Marilar Aleixandre.

"Alén do mar e de Balbino" de Belén Regueira.

"Palabras dende Gres…" de Marga do Val.

"Datos para a historia".


  • VVAA (novembro de 2016). "Varios artigos". Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (39). ISSN 1136-3207.  Inclúe, entre outros, os seguintes:



Facsímile do n.º 35.



Outros artigos |






  • Emigración galega

  • Literatura galega do século XX


Ligazóns externas |


  • Fundación Neira Vilas


  • Xosé Neira Vilas na Biblioteca Virtual Galega.


  • Neira Vilas na páxina da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

  • Roteiro cultural e literario 2017


  • Marcos S. Pérez (4/12/2007). "En Bos Aires acabamos na comisaría por cantar en galego nun bus" (High-contrast-camera-video.svg). Vieiros. 




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Neira_Vilas&oldid=5105134"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.288","walltime":"1.771","ppvisitednodes":"value":6441,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":183990,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4529,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":15,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":47724,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":16,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1378.802 1 -total"," 33.45% 461.225 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 26.39% 363.859 2 Modelo:Infobox"," 25.43% 350.677 1 Modelo:Escritor"," 18.92% 260.828 26 Modelo:Propiedade"," 11.65% 160.691 25 Modelo:Cita_libro"," 11.22% 154.750 2 Modelo:Listaref"," 2.41% 33.197 1 Modelo:Multimedia_externa"," 2.03% 27.927 1 Modelo:Commonscat"," 1.97% 27.221 2 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.677","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5945861,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1262","timestamp":"20190514145519","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Xosu00e9 Neira Vilas","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Neira_Vilas","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3322486","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3322486","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-08-18T23:18:39Z","dateModified":"2019-03-31T04:03:10Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/9d/Xos%C3%A9_Neira_Vilas_%28AELG%29-2.jpg","headline":"narrador, ensau00edsta, xornalista e poeta galego"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":155,"wgHostname":"mw1325"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020