Skip to main content

Alzamento de Pascua Índice Antecedentes | A Planificación do Alzamento | O Alzamento | O Alzamento fóra de Dublín | Consecuencias | O Alzamento e o seu apoio na historiografía | O legado do Alzamento | 90º aniversario do Alzamento de 1916 | O Alzamento na cultura popular | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Department of Taoiseach - Éirí Amach na Cásca 1916"Leaders and Men of the Easter Rising: Dublin 1916"The 1916 Rising: Personalities & Perspectives (an online exhibition): Those who set the stage"o orixinal"History of The Irish Volunteers""CURIOUS JOURNEY: An Oral History of Ireland’s Unfinished Revolution""Castles of Ireland: Part II - Dublin Castle"o orixinal"Dublin may seek surrender letter""BBC - History - 1916 Easter Rising - Aftermath - The Executions"The Green Dragon No 4, Autumn 1997"1916 Easter Rising - Newspaper archive"o orixinalRTÉ: 1966 News Items Relating to the 1916 Easter Rising Commemorations"In pictures: Easter Rising commemorations""Easter, 1916 (1921)"The Easter Rising and Its Effect on Irish Literature and Music.«Levantamento de Pascua en Irlanda. Derrota militar e triunfo político»Alzamento de 1916 —unha exposición en liña.Ensaio sobre o AlzamentoSuplemento especial sobre o 90º AniversarioMaterial audiovisual sobre o 50º Aniversario do AlzamentoItinerario polos lugares de Dublín onde tivo lugar o Alzamento de 1916Artigos de xornais e cartas ao director no xornal "The Age", o 27 de abril de 1916Comentarios de prensa 1916-1996O Alzamento de 1916 segundo Norman TeelingeID4172931-6sh85068025

Patrick PearseThomas J. ClarkeThomas MacDonaghJoseph Mary PlunkettÉamonn CeanntSeán Mac DiarmadaJames ConnollyÉamon de ValeraConstance MarkieviczThe O'RahillyEoin MacNeillCathal BrughaRichard MulcahyLiam MellowsSeán MacEnteeTomás Mac CurtainThomas AsheFrancis Sheehy-SkeffingtonHelena MoloneyMichael Collins


Alzamento de Pascua


gaélicoIrlandaPascua1916dominio británicoprimeira guerra mundialrebelión irlandesa de 1798Irmandade Republicana Irlandesa24 de abril30 de abril1916Voluntarios IrlandesesPatrick PearseExército Cidadán IrlandésJames ConnollyLiga das MulleresDublínRepública IrlandesaPolicía Real Irlandesacondado de Meathnacionalismo irlandéscoroa británicaActa de Goberno de Irlandainglés1914primeira guerra mundialActa de Unión de 1800Reino de IrlandaReino de Gran BretañaDaniel O’ConnellCámara dos Comúns do Reino UnidoIrlanda NovaConfederación IrlandesaWilliam Smith O'BrienThomas Francis MeagherJohn Blake DillonRebelión de Irlanda Nova de 1848FenianosAlzamento FenianoDublínRepública IrlandesaLiga da Home RulePartido Parlamentario IrlandésCharles Stewart ParnellParlamento do Reino UnidoActa de Goberno de IrlandaCámara dos ComúnsCámara dos LordsH. H. AsquithJohn RedmondEdward CarsonPartido Conservador británicoCámara dos LordsAndrew Bonar LawVoluntarios Irlandesesprimeira guerra mundialThomas J. ClarkeSeán MacDermottcoroa británicaAlemañaarredistaTom ClarkePatrick PearseÉamonn CeanntJoseph PlunkettSeán Mac DiarmadaGaelic Athletic AssociationLiga GaélicaSinn FéinExército Cidadán IrlandésEoin MacNeillJoseph PlunkettBerlínRoger Casementbrigada de Prisioneiros de Guerra Irlandeses en campos alemánsAméricaWashington, D.C.conde Johann Heinrich von BernsdorffJohn DevoyClan na GaelExército Cidadán IrlandéssindicalistassocialistasJames ConnollyinglésSemana SantaThomas MacDonaghcastelo de DublínRoger Casementsubmarinocondado de KerryBulmer HobsonThe O'RahillyEstados UnidoscriptografíaMatthew Nathanlord Wimbornelord tenente de IrlandaLiberty HallKimmageAugustine BirrellbatallónsNed DalyFour CourtsSeán HeustonThomas MacDonaghSt. Stephen's GreenOficina Xeral de CorreosÉamon de ValeraDún LaoghaireÉamonn CeanntCurragh CampLiberty HallJames ConnollyMichael MallinSt. Stephen's Greencastelo de DublínOficina Xeral de CorreosPatrick PearseTom ClarkeSeán Mac DiarmadaJoseph Plunkettcastelo de Dublíncondesa MarkiewiczSt. Stephen's GreenbarricadasOficina Xeral de CorreosinglésProclamación da República IrlandesaLovick FriendColumna de NelsonwhiskyJameson's25 de abrilMichael MallinAthloneLei Marcial26 de abrilSherwood ForestersCathal BrughaOficina Xeral de Correos29 de abrilThomas AsheRichard MulcahySlaneguerrillaExército Republicano Irlandésguerra de Independencia irlandesa19191921Seán MacEnteecondado de Louthcondado de WexfordEnniscorthybatalla de Vinegar HillRebelión Irlandesa de 1798Patrick PearseLiam MellowsOranmoreClarinbridgecondado de GalwayCarnmoreAthenry29 de abrilcondado de TyroneBelfastCorkTomás Mac CurtainSinn FéinSinn FéinÉamon de ValeraSinn FéinArthur Griffith1905monarquíaGeorge Noble Plunkett19 de abril1917Sinn Féin25 de outubro1917Partido Parlamentario Irlandés1918Parlamento Británico14 de decembro1918deputados21 de xaneiro1919Dáil ÉireannDeclaración de Independenciacondado de Cork2 de maioArthur GriffithCampo de Internamento de FrongochMichael CollinsTerence McSwineyJ.J. O’ConnellProclamación da República Irlandesa312 de maioWillie PearseJohn MacBrideThomas KentÉamon de ValeraRoger CasementLondres3 de agosto191618 de maio26 de xuño199119 de abril1917gaélico25 de outubro14 de decembro191821 de xaneiro1919Dáil Éireann19731977Conor Cruise O'Brien1916IRASinn FéinIrlanda do Norte1976gaélicoPartido LaboristaMáire Comerford1991IRA Provisional1996TaoiseachFine GaelJohn Bruton2005Bertie AhernOficina Xeral de Correos200616 de abril2006Presidente de IrlandaMary McAleeselord Mayor de DublínCatherine ByrneTaoiseachBertie AhernGoberno irlandésOficina Xeral de CorreosGarda Síochánacastelo de DublínWilliam Butler YeatsSean O'Casey1926Abbey Theatre1947ParísRaymond QueneauRoddy Doyle1999U2John Ford1936libro homónimo1969ZDFWolfgang SchleifKarl-Michael VoglerÉamon de Valera1996Neil JordanLeón de OuroFestival Internacional de Cine de Venecia19962001BBCIRAIrlanda do NortePartido Unionista do UlsterDavid TrimbleProvisional Irish Republican Army










Este é un artigo de calidade da Galipedia



Alzamento de Pascua




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura











Alzamento de Pascua

Sackville Street (Dublin) after the 1916 Easter Rising.JPG
Sackville Street (actual O'Connell Street) en Dublín, logo do Alzamento.







Data

24-30 de abril de 1916
Lugar

Dublín
pequena acción en Ashbourne
escaramuzas nos Condados de Galway, Louth e Meath.
Resultado
Rendición incondicional das forzas rebeldes e execución dos seus líderes.
Belixerantes

Flag of Ireland.svg Irmandade Republicana Irlandesa
Voluntarios Irlandeses
Exército Cidadán Irlandés
Liga das Mulleres
Fusileiros Hibernios
Soldados de Irlanda

Flag of the United Kingdom.svg Exército Británico
Policía Metropolitana de Dublín
Policía Real Irlandesa
Líderes

Flag of Ireland.svg Patrick Pearse
Flag of Ireland.svg James Connolly

Flag of the United Kingdom.svg Xeneral de brigada W. H. M. Lowe
Flag of the United Kingdom.svg Xeneral Sir John Grenfell Maxwell
Forzas en combate
1.250 en Dublín, c. 2-3.000 habitantes, mais tiveron pouca ou ningunha participación nos combates
16.000 soldados e 1.000 policías armados en Dublín ata ao final da semana.
Baixas
64 mortos
16 executados
un número indeterminado de feridos
132 mortos
397 feridos

O Alzamento de Pascua (en gaélico: Éirí Amach na Cásca)[1] foi unha rebelión que tivo lugar en Irlanda durante a Pascua de 1916. O alzamento foi un intento de republicanos irlandeses co obxectivo de rematar co dominio británico en Irlanda e establecer unha República Irlandesa nun momento no que o Imperio Británico estaba inmerso na primeira guerra mundial. Foi a sublevación máis significativa que houbo en Irlanda tras a rebelión irlandesa de 1798.


Organizado polo Consello Militar da Irmandade Republicana Irlandesa,[2] o alzamento durou dende o luns santo do 24 de abril ata o 30 de abril de 1916. Membros dos Voluntarios Irlandeses, liderados polo profesor e avogado Patrick Pearse, xunto co pequeno Exército Cidadán Irlandés de James Connolly e mais 200 membros da Liga das Mulleres, tomaron lugares clave en Dublín e proclamaron unha República Irlandesa independente de Gran Bretaña. Houbo algunhas accións máis noutras partes de Irlanda aínda que foron de escasa relevancia, agás o ataque aos barracóns da Policía Real Irlandesa en Ashbourne, no condado de Meath.


O Alzamento foi sufocado tras sete días de loita, e os seus líderes foron sometidos a consellos de guerra e posteriormente executados, pero tiveron éxito en facer que os políticos irlandeses volveran a tomar en consideración unha vía de republicanismo irlandés a través das armas.


O acontecemento acostuma interpretarse como o momento clave do proceso de independencia irlandesa, aínda que tamén marcou a división entre republicanismo e nacionalismo irlandés, que ata o momento aceptara a promesa dunha autonomía limitada baixo a coroa británica. Tal autonomía fora plasmada na terceira Acta de Goberno de Irlanda, ou Home Rule en inglés, aprobada en 1914 e suspendida durante a primeira guerra mundial.




Índice





  • 1 Antecedentes


  • 2 A Planificación do Alzamento


  • 3 O Alzamento

    • 3.1 O Luns de Pascua

      • 3.1.1 A mañá: toma de posicións dos Rebeldes


      • 3.1.2 Primeiros enfrontamentos



    • 3.2 Dende o martes ata o sábado



  • 4 O Alzamento fóra de Dublín

    • 4.1 Ashbourne


    • 4.2 Enniscorthy


    • 4.3 No oeste


    • 4.4 No norte e no sur



  • 5 Consecuencias

    • 5.1 Baixas


    • 5.2 Persecución do Sinn Féin


    • 5.3 Arrestos


    • 5.4 Execucións


    • 5.5 Investigación das autoridades británicas



  • 6 O Alzamento e o seu apoio na historiografía


  • 7 O legado do Alzamento


  • 8 90º aniversario do Alzamento de 1916


  • 9 O Alzamento na cultura popular

    • 9.1 Na literatura


    • 9.2 Na música


    • 9.3 No cine



  • 10 Galería de imaxes


  • 11 Notas


  • 12 Véxase tamén

    • 12.1 Bibliografía


    • 12.2 Outros artigos


    • 12.3 Ligazóns externas





Antecedentes |





Oficina Xeral de Correos de Dublín, unha das sedes do alzamento.


Dende a Acta de Unión de 1800 que uniu o Reino de Irlanda e o Reino de Gran Bretaña para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, a oposición a esta unión tomou forma de dous xeitos: o constitucionalismo parlamentario e a forza física.


Daniel O’Connell, que fundou a Repeal Association en 1840, tentou conseguir a revogación da Acta na Cámara dos Comúns do Reino Unido e mediante mitins colectivos. Os membros da asociación Irlanda Nova eran tamén membros activos nese movemento, pero desligáronse de O’Connell en 1846 e estableceron o movemento da Confederación Irlandesa, e os seus líderes , William Smith O'Brien, Thomas Francis Meagher e John Blake Dillon, encabezaron a Rebelión de Irlanda Nova de 1848. Os Fenianos protagonizaron outra revolta en 1867, o Alzamento Feniano. A pesar de seren derrotados, continuaron a súa actividade coma sociedade secreta.[3] En 1873, tivo lugar unha convención Feniana en Dublín, e decidiron adoptar o nome de Bráithreachas na Poblachta, en inglés Irish Republican Brotherhood, ou IRB, e en galego Irmandade Republicana Irlandesa, e mais uns estatutos. Aprobaron dúas resolucións: que o comité central da IRB fora constituído para actuar como goberno da República Irlandesa, e que o Presidente da IRB sería o Presidente da República, ata que o pobo irlandés puidese elixir libremente o seu goberno.[4]


A Liga da Home Rule e o Partido Parlamentario Irlandés de Charles Stewart Parnell conseguiron ter un gran número de membros no Parlamento do Reino Unido onde, mediante a táctica do obstrucionismo e pola habilidade de saber manter a balanza do poder no Parlamento, tiveron éxito en introducir tres proxectos de lei na Acta de Goberno de Irlanda. Porén, os obxectivos de Parnell ían máis aló das limitacións da Acta de Goberno de Irlanda. Iso fíxose máis que claro cando nun discurso en xaneiro de 1885 dixo: "Ningún home ten o dereito de fixar os límites da marcha dunha nación..." [5] O primeiro deses tres proxectos de lei, o Proxecto de Lei do Goberno Irlandés de 1886 foi rexeitado na Cámara dos Comúns. O segundo Proxecto de Lei do Goberno Irlandés de 1893 foi aprobado polos Comúns, pero rexeitado pola Cámara dos Lords. O terceiro Proxecto de Lei do Goberno Irlandés de 1912 foi de novo rexeitado polos lords, mais baixo a Acta do Parlamento de 1911 (aprobada polo Primeiro Ministro británico H. H. Asquith co apoio de John Redmond que se convertera no líder do Partido Parlamentario Irlandés tras a morte de Parnell) converteuse en lei dous anos máis tarde. Redmond, ao contrario que Parnell, contemplaba a Home Rule como unha fin en si mesma.[6]


Os Unionistas do Ulster, liderados por sir Edward Carson, xunto co Partido Conservador británico e a Cámara dos Lords opoñíanse á Acta de Goberno de Irlanda, e considerábana unha ameaza aos seus intereses. Os Unionistas formaron o grupo paramilitar Forza de Voluntarios do Ulster[7], en inglés Ulster Volunteer Force, o 13 de xaneiro de 1913, que estaba preparado para resistir violentamente a imposición da Home Rule, e tanto o líder Conservador Andrew Bonar Law coma outros membros do seu partido ameazaron co uso da forza.[8][9][10] Isto levou á formación dos Voluntarios Irlandeses, en inglés Irish Volunteers, o 25 de novembro de 1913, unha forza dedicada a defender a Home Rule.[11] A Acta de Goberno de Irlanda recibiu a Aprobación Real o 18 de setembro de 1914, mais excluía unha área aínda sen definir na Provincia do Ulster.[12] O Proxecto de Lei foi suspendido ata despois da primeira guerra mundial, que estalara un mes antes, causando unha escisión entre os Voluntarios Irlandeses, posto que un bo número deles se alistara nos Voluntarios Nacionais apoiando os Aliados e o esforzo de guerra británico.[13] Mentres tanto, a IRB, reorganizada con homes determinados coma Thomas J. Clarke[14] e Seán MacDermott, continuou facendo plans, non para unha acta de goberno limitada baixo a coroa británica, mais para unha República Irlandesa independente.[15]



A Planificación do Alzamento |




Unha das dúas bandeiras izadas sobre a Oficina Xeral de Correos de Dublín durante o Alzamento.


Os plans para o Alzamento de Pascua comezaron os días de agosto nos que tivo lugar a declaración de guerra contra Alemaña. O Consello Supremo da IRB mantivo unha reunión no número 25 de Parnell Square e, baixo o lema "A dificultade de Inglaterra é a oportunidade de Irlanda", decidiron actuar xa antes da fin da guerra. O Consello tomou tres decisións: formar un consello militar, procurar calquera axuda posible de Alemaña e asegurar o control dos voluntarios.


A pesar de que o obxectivo principal da IRB era o establecemento dunha República Irlandesa independente, iso non tiña por que acadarse necesariamente mediante un único acto de rebelión. O historiador Eoin Neeson suxire que nunca se chegou a considerar que o plan concluiría cunha vitoria militar, aínda que os líderes si que consideraron que habería unha certa vitoria militar parcial.[16]


A IRB estableceu tres obxectivos para o Alzamento: primeiro, declarar unha República Irlandesa, segundo, revitalizar o espírito do pobo e espertar o fervor nacional arredista, e terceiro, reclamar un posto na conferencia de paz posterior á guerra.[17]





Tom Clarke.


Para acadar este obxectivo, o tesoureiro da IRB, Tom Clarke, formou un Consello Militar para planear o Alzamento, do cal formaron parte inicialmente Patrick Pearse, Éamonn Ceannt, e Joseph Plunkett, así coma el mesmo e Seán Mac Diarmada, que se uniría pouco despois. Todos eles eran membros da IRB, e todos agás Clarke eran membros dos Voluntarios Irlandeses.[17]


O segundo dos obxectivos da IRB xa estaba ben avanzado para este tempo. A Irmandade xa se infiltrara nunha gran cantidade de organizacións sociais, incluíndo a Gaelic Athletic Association[18], a Liga Gaélica, o Sinn Féin, sindicatos, e máis tarde o Exército Cidadán Irlandés. Por medio desas organizacións querían proporcionar o empuxe preciso ao nacionalismo e ao cambio definitivo.[17]


Dende o seu inicio en 1913, os Voluntarios, cuxa formación foi instigada precisamente pola IRB co propósito de organizar un levantamento,[19] foi caendo paulatinamente baixo o control desa organización, a medida que os membros da IRB traballaban para que outros membros foran ascendendo a postos superiores sempre que fora posible; de aí foi que para 1916 unha gran parte dos líderes dos Voluntarios eran republicanos devotos. Unha excepción notable era o seu fundador e presidente Eoin MacNeill quen daquela non era consciente das intencións da IRB. MacNeill planeaba empregar os Voluntarios como baza a xogar con Gran Bretaña tras a I guerra mundial.[20][21]


Negociouse co Alto Mando Alemán, representado polo conde Bethmann-Hollweg, o conde Rudolph Nadolny e o Capitán Heydal en Alemaña. A IRB estaba representada por Joseph Plunkett (que viaxou a Berlín en 1915) e máis o seu pai, o conde Plunkett.[16]Roger Casement, que xa estaba en Alemaña dende 1914, negociou separadamente coma representante dos Voluntarios. Casement nunca foi un membro da IRB, e non estaba ao corrente de ata que punto a IRB se infiltrara nos Voluntarios.[22] Os obxectivos de Casement eran os de formar unha brigada de Prisioneiros de Guerra Irlandeses en campos alemáns que serían liberados para loitar contra Inglaterra dende o lado irlandés, así coma asegurar un envío de armas dende Alemaña para os Voluntarios, que estaban escasamente equipados. O primeiro deles foi un fracaso, e aínda que conseguiu organizar un envío de rifles, a axuda alemá resultou ser menor da esperada.


En América tamén houbo negociacións entre o embaixador alemán en Washington, D.C., o conde Johann Heinrich von Bernsdorff, e o primeiro secretario, Wolf von Igel. John Devoy, líder do Clan na Gael, tamén estivo involucrado nesas negociacións, que tiveron lugar ao longo de 1914, 1915 e 1916. Desas negociacións a IRB conseguiu o acordo do Goberno alemán de que se os irlandeses puidesen establecer o seu status como unha nación "privada legalmente de condición de Estado", entón Alemaña permitiríalles o seren escoitados na conferencia de paz que tería lugar despois da guerra.[23]


O Exército Cidadán Irlandés, un grupo de sindicalistas socialistas con James Connolly á cabeza, non era consciente dos plans da IRB, e ameazou con iniciar unilateralmente unha rebelión se os outros partidos se negaban a actuar. Posto que a ICA (abreviatura en inglés do Exército Cidadán Irlandés) contaba con apenas 200 efectivos, calquera acción que puideran ter levado a cabo tería sido unha heroica mais infrutuosa misión suicida. Aínda que decidisen ir sós, a IRB e os Voluntarios posiblemente teríanos axudado.[16] Por iso os líderes da IRB se reuniron con Connolly en xaneiro de 1916 e convencérono de unir as súas forzas. Accederon a actuar conxuntamente na próxima Semana Santa e nomearon a Connolly o sexto membro do Comité Militar (Thomas MacDonagh converteríase máis adiante no sétimo e derradeiro membro).




Un camión blindado británico, apresuradamente construído a partir dunha locomotora de vapor.[24]


Nun esforzo para neutralizar os informadores, e os propios líderes dos Voluntarios, Pearse emitiu ordes a comezos de abril para que o domingo de Pascua os Voluntarios levasen a cabo tres días de "desfiles e manobras" (el tiña autorización para facelo, como director da Organización). A idea era que os republicanos da organización (en particular os membros da IRB) saberían exactamente o que iso significaba, mentres que homes como MacNeill e as autoridades británicas no castelo de Dublín tomaríano o pé da letra, e non lle darían maior importancia ao feito. Porén, MacNeill decatouse do que se estaba tramando e ameazou con "facer todo o posible agás chamar ao castelo de Dublín" para evitar o alzamento.


En pouco tempo MacNeill foi convencido de continuar con algún tipo de acción cando Mac Diarmada lle revelou que un envío de armas alemás estaba a piques de ser desembarcar no condado de Kerry, o cal fora planeado pola IRB xunto con Roger Casement; estaba seguro de que o descubrimento por parte das autoridades de tal envío levaría á supresión dos Voluntarios, aínda que os Voluntarios puidesen emprender accións defensivas xustificadamente (incluíndo as manobras que se planearan orixinalmente).[25] Casement, defraudado polo escaso apoio ofrecido polos alemáns, volveu a Irlanda nun submarino alemán e foi capturado desembarcando na praia de Banna Strand, situada na baía de Tralee, no condado de Kerry. A Mariña británica comisou o envío de armas, que se atopaba a bordo do barco alemán Aud —que estaba camuflado como barco pesqueiro de arrastre noruegués—, cando o interceptou despois de que os Voluntarios fracasasen en atoparse con el.


Ao día seguinte, cando MacNeill soubo que o barco que levaba as armas fora interceptado, mudou a súa posición orixinal de apoio ao Alzamento. Co apoio doutros líderes que eran da súa opinión, dos que destacan Bulmer Hobson e The O'Rahilly, emitiu unha contraorde a todos os Voluntarios na que cancelaba todas as accións do Domingo de Pascua. O único que conseguiu foi adiar o Alzamento un día, aínda que reduciu notablemente o número de Voluntarios que tomaron parte nel.


A Intelixencia Naval Británica soubera do envío das armas e da volta de Casement, e da data da sublevación de Pascua por medio das mensaxes entre Alemaña e a súa embaixada nos Estados Unidos, que foran interceptadas e descifradas na "Habitación 40", o departamento de criptografía do Almirantado británico.[26] A información pasouse ao subsecretario británico para Irlanda, sir Matthew Nathan, o 17 de abril, mais sen revelar a súa fonte, polo que Nathan dubidaba sobre a súa exactitude.[27] Cando chegaron a Dublín as novas da captura do Aud e do arresto de Casement, Nathan reuniuse con lord Wimborne, o lord tenente de Irlanda. Nathan propuxo asaltar Liberty Hall, o cuartel xeral do Exército Cidadán, e as propiedades dos Voluntarios en Father Matthew Park e en Kimmage, mais Wimborne insistiu en arrestar sistematicamente a todos os seus líderes. Decidiron pospoñer calquera acción ata despois do luns de Pascua e mentres tanto Nathan telegrafou a Londres, ao Secretario en Xefe para Irlanda, Augustine Birrell, buscando a súa aprobación.[28] Para cando Birrell mandou por cable a súa resposta o mediodía do luns 24 de abril de 1916 autorizando a acción, o Alzamento xa comezara.



O Alzamento |



O Luns de Pascua |


O luns de Pascua foi o primeiro día do Alzamento. Durante a mañá, os rebeldes tomaron posicións. Contra o mediodía producíronse os primeiros enfrontamentos entre os dous bandos.



A mañá: toma de posicións dos Rebeldes |




A Proclamación da República Irlandesa que foi lida por Pearse dende a Oficina Xeral de Correos e que foi distribuída polas rúas de Dublín.


Os Voluntarios de Dublín estaban organizados en catro batallóns. Como resultado da contraorde emitida por MacNeill, todos eles tiveron unha asistencia moito menor do que planearan orixinalmente. O 1º batallón, baixo o mando de Ned Daly, logrou formar en Blackhall Street un número aproximado de 250 homes encargados de ocupar os xulgados de Four Courts e as áreas do noroeste para defenderse do ataque dende o oeste, principalmente dos Cuarteis Reais e Marlborough; a excepción da Compañía D, 12 homes liderados polo Capitán Seán Heuston, que estaban encargados de ocupar o Asilo de Mendigos, seguindo o río dende os xulgados. O 2º batallón, formado por uns 200 homes baixo o mando de Thomas MacDonagh, reuniuse no parque de St. Stephen's Green coa orde de tomar a Fábrica de Galletas Jacob en Bishop Street, ao sur do centro da cidade, e un número menor de homes reuniuse en Fairview, no nordeste, que logo se dirixiu á Oficina Xeral de Correos.[29] No sueste, o comandante Éamon de Valera lideraba uns 130 homes do 3º batallón que debían tomar a panadería Boland e algúns edificios lindeiros para cubrir o posible ataque británico procedente do cuartel de Beggars Bush e da estrada principal e o ferrocarril do porto de Kingstown (o actual Dún Laoghaire). O 4º batallón do comandante Éamonn Ceannt, que contaba cuns 100 homes, formou en Emerald Square, no barrio de Dolphin's Barn. Tiñan a misión de ocupar a Workhouse (asilo onde pobres que non tiñan medios podían vivir e traballar) coñecida coma o South Dublin Union no suroeste, e defenderse contra os ataques dende a base militar de Curragh Camp.[30] Unha forza mixta duns 400 Voluntarios e homes do Exército Cidadán Irlandés reuniuse no Liberty Hall baixo o mando do comandante James Connolly. Deles, uns 100 homes e mulleres do Exército Cidadán, liderados polo comandante Michael Mallin, foron enviados a ocupar o parque de St. Stephen's Green, e un pequeno destacamento do Exército Cidadán, dirixido polo Capitán Seán Connolly, dirixiuse a tomar a área ao redor da casa do concello (preto do castelo de Dublín) así como as oficinas do xornal Daily Express.[31] Os demais homes ocuparon a Oficina Xeral de Correos, que acabou sendo o cuartel xeral do batallón, e ademais de Connolly, outros catro membros do Consello Militar atopábanse alí: Patrick Pearse (presidente e comandante en xefe), Tom Clarke, Seán Mac Diarmada e Joseph Plunkett.[32]



Primeiros enfrontamentos |


Ao mediodía, un pequeno grupo de voluntarios e membros fenianos atacaron o Forte Magazine no Parque Phoenix (situado a 3 quilómetros ao noroeste do centro de Dublín) e desarmaron os gardas nun intento de apropiarse de armas e de voar o edificio como sinal de que a sublevación comezara. Este pequeno grupo colocou os explosivos, mais fracasou no cometido de conseguir as armas. Porén, a explosión non foi o suficientemente potente como para que a oísen na cidade.[33] Ao mesmo tempo, as forzas dos voluntarios e do Exército Cidadán que estaban na cidade dirixíronse a ocupar e asegurar as súas posicións.


A unidade de Seán Connolly asaltou o castelo de Dublín, matando a un policía de garda e superando os soldados da caseta de garda, mais non tiveron éxito no ataque, posto que os disparos alertaron o subsecretario, sir Matthew Nathan, que se atopaba na súa oficina co coronel Ivor Price (oficial da Intelixencia Militar), e A.H. Norway (director da Oficina de Correos), e axudou a pechar as portas do castelo.[34] Os rebeldes ocuparon a Casa do Concello de Dublín e os edificios lindeiros. O destacamento de Mallin, ao cal se lle uniu a condesa Markiewicz, ocupou St. Stephen's Green, cavou trincheiras e requisou vehículos para formar barricadas. Tomaron moitos edificios, incluíndo a Facultade Real de Cirurxáns de Irlanda, mais deixaron sen tomar o Hotel Shelbourne, un edificio alto que tiña vistas a todo o parque.[35]


Os homes de Daly, que estaban a levantar barricadas nos xulgados de Four Courts, foron os primeiros en ver algo de acción. Unha compañía do 5º e do 12º de lanceiros, que eran parte do VI Rexemento de Reserva de Cabalaría, estaban a escoltar un convoi de munición polos peiraos do norte cando recibiron disparos dos rebeldes. Incapaces de abrirse paso, refuxiáronse nos edificios máis próximos.[36] O batallón do cuartel xeral, liderado por Connolly, marchou cara á rúa O'Connell, asaltando a Oficina Xeral de Correos e botando fóra aos clientes e aos empregados, e tomaron varios soldados británicos como prisioneiros; logo izaron dúas bandeiras nos mastros de cada extremo do tellado do edificio: a bandeira tricolor de Irlanda na esquina da dereita que dá á rúa Henry, e unha bandeira verde coa inscrición 'Irish Republic' (República Irlandesa, en inglés) na esquina esquerda da rúa Princess. A continuación, Pearse leu a Proclamación da República Irlandesa afora do edificio de Correos.[37]





"Birth of the Irish Republic", por Walter Paget.


O comandante en xefe do Exército Británico en Irlanda, o xeneral Lovick Friend, atopábase de permiso en Inglaterra, e cando comezou a insurrección non puideron localizar o oficial que dirixía a gornición de Dublín, o coronel Kennard; o seu axudante, o coronel H.V. Cowan, chamou por teléfono ao cuartel de Marlborough e pediu que se enviase un destacamento de soldados á rúa Sackville (rúa O'Connell) para investigar como estaba a situación na Oficina Xeral de Correos. Entón chamou por teléfono aos cuarteis de Portobello, Real e Richmond e ordenoulles que enviaran tropas para liberar o castelo de Dublín. Por último, contactou coa base de Curragh e pediu que se enviaran reforzos a Dublín.[38] Un escuadrón do VI Rexemento de Cabalaría de Reserva, enviados dende o cuartel de Marlborough, comezaron a baixar pola rúa O'Connell, mais cando pasaban pola Columna de Nelson, á altura do edificio de Correos, os rebeldes abriron fogo matando a tres soldados e dous cabalos[39] e ferindo de morte a un cuarto home. Os soldados retiráronse e se repregaron ao cuartel. A miúdo faise referencia —erroneamente— a esta acción como a "Carga dos Lanceiros".[40]


Unha escuadra do 3º batallón de Reserva do Rexemento Irlandés Real (RIR) que se achegaba dende o Cuartel de Richmond, atopouse cun posto avanzado das forzas de Éamonn Ceannt baixo as ordes do comandante de sección John Joyce no Monte Brown, no curruncho noroeste do asilo de South Dublin Union. Ordenóuselle a un grupo de vinte homes baixo as ordes do tenente George Malone que marcharan cara ao castelo de Dublín. Avanzaron ata chegar a curta distancia cos rifles calados e fixeron unha descarga de disparos xusto antes de que lles devolveran o fogo, baixo o cal perderon tres homes na primeira descarga. Unha bala esnaquizou a mandíbula de Malone cando dirixía o ataque. O oficial en xefe, o tenente-coronel R.L. Owens, colleu ao resto de homes que quedaban no cuartel de Richmond. Enviouse a unha compañía provista dunha metralladora Lewis ata o Hospital Real de Kilmainham (que daquela aínda non era un hospital, senón o cuartel xeral británico), que daba ao asilo no que estaban os sublevados. O grupo principal tomou posicións ao longo dos muros leste e sur do edificio, ocupando edificios e un bloque de apartamentos, tras o cal abriron fogo contra as posicións rebeldes, obrigando a Joyce e aos seus homes a retirarse a través de campo aberto. Un grupo liderado polo tenente Alan Ramsey abriu unha brecha por unha pequena porta ao carón da porta Rialto, mais Ramsey resultou morto dun disparo, e o ataque foi repelido. Un segundo ataque encabezado polo capitán Warmington arremeteu pola porta, mais Warmington acabou tamén morto. Os soldados que quedaban tentaron entrar ao longo de todo o muro, pero atopábanse expostos e enfilados dende as posicións rebeldes da destilería de whisky de Jameson's, na rúa Marrowbone Lane. Finalmente, a superioridade numérica e de potencia de fogo dos británicos foros decisivos; acabaron por entrar á forza dentro do recinto, e a pequena forza rebelde que estaba nas casetas da parte leste do asilo terminaron por renderse.[41]



Dende o martes ata o sábado |




Emprazamentos das forzas rebeldes e das tropas británicas ao longo do río Liffey en Dublín durante os enfrontamentos.


As forzas británicas esforzáronse inicialmente en asegurar os accesos ao castelo de Dublín e en illar o cuartel xeral rebelde, que crían que se atopaba no edificio do Liberty Hall (sede do Sindicato Xeral e de Transportes Irlandés). O comandante británico, o xeneral de brigada Lowe traballaba devagar, xa que non estaba seguro do tamaño das forzas coas que se estaba a enfrontar e só contaba con 1.269 soldados na cidade cando chegou da base de Curragh nas primeiras horas do martes 25 de abril. A Casa do Concello foi tomada o martes pola mañá. A posición rebelde do parque de 'St Stephen's Green', ocupada polo Exército Cidadán baixo o mando de Michael Mallin, converteuse en insostible cando os británicos tomaron o Hotel Shelbourne e os edificios lindeiros e situaron neles a francotiradores e metralladoras aproveitando a grande altura deses edificios e as vistas ao parque que lles proporcionaron esas posicións o que dou como resultado que Mallin se retirase ao edificio da Facultade Real de Cirurxiáns de Irlanda. A alta capacidade de poder de fogo británico proviña da artillería proporcionada pola gornición de Athlone, que situaron ao norte da cidade, no barrio de Phibsborough e no Trinity College, e tamén da patrulleira Helga, que remontou o río dende Kingstown. O lord tenente de Irlanda, declarou a Lei Marcial o martes pola tarde.


O mércores 26 de abril, os canóns do Trinity College e do Helga bombardearon o Liberty Hall e máis tarde, a artillería do Trinity College comezou a disparar ás posicións rebeldes da rúa O'Connell. Foron enviados dende Inglaterra a Dublín, que desembarcaron en Kingston esa mesma mañá. Producíronse duras loitas nas posicións dominadas polos rebeldes ao redor do Gran Canal, mentres que as tropas avanzaban cara a Dublín. Os Sherwood Foresters foron collidos repetidamente baixo fogo cruzado tratando de cruzar a canle na rúa Mount. Dezasete voluntarios foron capaces de danar severamente o avance británico, matando ou ferindo 240 homes. A posición rebelde no South Dublin Union (no que se sitúa o Hospital de St. James), situada máis ao oeste ao longo da canle, tamén foi quen de inflixir graves perdas ás tropas británicas que tentaban avanzar cara ao castelo de Dublín. Cathal Brugha, un oficial rebelde, distinguiuse nesta acción resultando gravemente ferido.


A gornición do cuartel xeral, logo de días de intensos bombardeos, viuse obrigada a abandonalo cando o lume causado polas bombas se espallou cara á Oficina Xeral de Correos. Abríronse paso facendo buracos nos muros dos edificios contiguos para evacuar a Oficina de Correos sen exporse ao fogo inimigo, e tomaron unha nova posición no 16 de Moore Street.


O sábado 29 de abril, desde este novo cuartel xeral, e despois de darse conta de que non podían saír desa posición sen expor a vida de civís, Pearse deu a orde de renderse a tódalas compañías. Pearse rendeuse incondicionalmente perante ao xeneral de brigada Lowe. O documento da rendición dicía o seguinte:


Para evitar unha maior matanza de cidadáns dublineses, e coa esperanza de salvar a vida dos nosos seguidores que se atopan arrodeados e nunha desesperada situación de inferioridade, os membros do Goberno Provisional presentes no cuartel xeral acordaron renderse incondicionalmente, e os comandantes dos varios distritos da cidade e do condado ordenarán os seus comandos que depoñan as armas.[42]


O Alzamento fóra de Dublín |


Unidades de Voluntarios Irlandeses uníronse ao Alzamento en moitos sitios fóra de Dublín, pero debido á contraorde de Eoin MacNeill, moitos deles volveron ás súas casas sen loitar sequera. Ademais, debido á incautación das armas alemás a bordo do Aud, os Voluntarios da provincia estaban moi mal provistos de armas. As principais accións fóra de Dublín tiveron lugar en Ashbourne e Ennescorthy.



Ashbourne |


En Ashbourne, no condado de Meath, os Voluntarios do Norte do condado de Dublín (tamén coñecidos coma os Voluntarios de Fingal), liderados por Thomas Ashe e o seu lugartenente Richard Mulcahy, atacaron o cuartel da Policía Real Irlandesa, RIC, abreviatura en inglés de Royal Irish Constabulary. Chegaron reforzos dende Slane e tras un combate que durou cinco horas, os Voluntarios deron capturado sobre uns 90 prisioneiros. Houbo entre 8 e 10 mortos por parte da RIC e dous por parte dos Voluntarios, John Crennigan e Thomas Rafferty. A acción foi un adianto das tácticas de guerrilla que o Exército Republicano Irlandés seguiría a empregar na guerra de Independencia irlandesa dende 1919 ata 1921.



Enniscorthy |




Un mural en Belfast conmemorando o Alzamento.


Nalgunha parte do leste, Seán MacEntee e os Voluntarios do condado de Louth mataron a un policía e a un garda de prisión.
No condado de Wexford, os Voluntarios tomaron a vila de Enniscorthy (famosa por ser a vila na que tivo lugar a batalla de Vinegar Hill durante a Rebelión Irlandesa de 1798) dende o martes ata o venres. Os Voluntarios tomaron o control da liña de ferrocarril para evitar que chegaran reforzos británicos a Dublín. Ao redor duns 600 Voluntarios tomaron a vila, liderados por Robert Brennan, Seamus Doyle e J R Etchingham. Sitiaron a comisaría de policía, aínda que non intentaron tomala. Tan só un inspector e cinco axentes gardaban o cuartel da RIC, mentres que por outra banda, un sarxento da RIC e un axente vixiaban no banco da vila para evitar que os rebeldes o tomaran. Estableceron o seu cuartel xeral no Ateneo, e mantiveron o control ata que Patrick Pearse deu a orde de rendición das tropas.


Os Voluntarios tamén estableceron unha forte posición defensiva no outeiro de Vinegar Hill, xa que tiña vistas a toda a vila. Cortaron a liña do ferrocarril e mandaron homes a Gorey e a Ferns. O Goberno respondeu enviando unha forza de máis de 1000 homes para retomar Enniscorthy, e os rebeldes se retiraron ás súas posicións en Vinegar Hill. Antes de que se produciran as primeiras hostilidades, chegaron as novas da rendición de Dublín por parte rebelde, mais os Voluntarios rexeitaron crer esas novas. O comandante do exército británico, o coronel F.A. French, era un home nado nese mesmo condado, e para evitar o derramamento de sangue ofreceulles un salvoconduto aos líderes de Wexford para que puideran ir ata Dublín e escoitar a rendición directamente da boca de Pearse. Non houbo vítimas mortais.



No oeste |


No oeste, Liam Mellows liderou entre 600 e 700 Voluntarios en varios ataques frustrados as comisarías de policía en Oranmore e Clarinbridge, no condado de Galway. Tamén houbo unha escaramuza en Carnmore na que morreron dous policías da RIC. Os Voluntarios estaban pobremente armados, con só 25 rifles e 300 escopetas, e moitos deles estaban tan só equipados con lanzas. Cara ao final da semana, aos seguidores de Mellows se lles estaba a acabar a escasa comida da que dispuñan, e escoitaban que se estaban a enviar moitos reforzos británicos para o oeste, ademais o buque de guerra británico HMS Gloucester chegara ata a baía de Galway e bombardeara os campos ao redor de Athenry, onde os rebeldes tiñan a súa base. O 29 de abril, os Voluntarios, vendo que a situación era desesperada, abandonaron a vila de Athenry e se dispersaron. Moitos deses Voluntarios foron arrestados no período seguinte ao Alzamento, mentres outros, incluíndo a Mellows, tiveron que fuxir para non ser apresados. Para cando os reforzos británicos chegaran ao oeste, o Alzamento xa desaparecera.



No norte e no sur |


No norte, moitas compañías de Voluntarios foron mobilizadas no condado de Tyrone, e 132 homes o fixeron en Falls Road, en Belfast. No sur, ao redor de 1000 voluntarios subleváronse na cidade de Cork baixo o mando de Tomás Mac Curtain o Domingo de Pascua, mais deron en dispersarse tras recibir varias ordes contraditorias dende o alto mando dos Voluntarios en Dublín.



Consecuencias |



Baixas |


O Exército Británico informou que as súas baixas ascenderan a 116 mortos, 368 feridos e 9 desaparecidos. Houbo 16 policías mortos e 29 feridos. As baixas irlandesas foron de 318 mortos e 2.217 feridos. Os Voluntarios e o Exército Cidadán Irlandés rexistraron 64 mortos en acción, aínda que as baixas irlandesas non foron divididas entre rebeldes e civís.[43]



Persecución do Sinn Féin |


O xeneral Maxwell expresou dende o primeiro momento a súa intención de "arrestar a todos os membros perigosos do Sinn Féin", incluídos "aqueles que formaran parte activa do movemento aínda que non o fixeran nesa rebelión en particular,”[44] amosando así a crenza popular de que o Sinn Féin, unha organización separatista que non era nin militante nin republicana, estaba tras o Alzamento.


As execucións marcaron o inicio dun troco na opinión pública irlandesa, que ata aquela vira aos rebeldes como aventureiros irresponsables cuxas accións podían danar a causa nacionalista. A medida que os prisioneiros ían sendo liberados e reorganizaban as forzas republicanas, o sentimento nacionalista comezou a decantarse cara ao pequeno partido monárquico que era daquela o Sinn Féin, que ironicamente no estivera implicado, mais que era erroneamente acusado polo goberno británico e os medios de comunicación irlandeses de estar tralo Alzamento.


Os líderes superviventes, baixo as ordenes de Éamon de Valera, infiltráronse no Sinn Féin e depuxeron á súa anterior cúpula monárquica encabezada por Arthur Griffith, que fundara o partido en 1905 para influír a favor da monarquía dual Angloirlandesa. Unha reunión convocada por George Noble Plunkett o 19 de abril de 1917 conducía á formación dun movemento político amplo baixo a pancarta do Sinn Féin que foi formalizada no Sinn Féin Ard Fheis o 25 de outubro de 1917. O Sinn Féin e o Partido Parlamentario Irlandés enfrontáronse nunha serie de batallas de indefinido resultado, xa que cada un gañou varias eleccións menores, ata que durante a crise de recrutamento de 1918 (cando os británicos tentaron impoñer levas en Irlanda) inclinou a balanza da opinión pública do lado do Sinn Féin antes das eleccións xerais ao Parlamento Británico o 14 de decembro de 1918, que daba lugar a unha vitoria para o Sinn Féin, cuxos deputados se reuniron en Dublín o 21 de xaneiro de 1919 para formar o Dáil Éireann e adoptar a Declaración de Independencia.



Arrestos |


Foron arrestados un total de 3.430 homes e 79 mulleres[45], aínda que a meirande parte foron liberados posteriormente. No intento de arrestar aos membros da familia Kent no condado de Cork o 2 de maio, un xefe de policía morreu dun disparo durante un tiroteo. Richard Kent tamén resultou morto, e Thomas e William Kent foron arrestados.


Internouse a uns 1.841 homes en Inglaterra e Gales baixo o Regulamento 14B da Acta de Defensa do Reino de 1914, moitos dos cales tiveron moi pouco que ver coa sublevación, e ás veces, mesmo nada que ver en absoluto, coma Arthur Griffith. Os campos coma o Campo de Internamento de Frongoch convertéronse en "Universidades da Revolución", onde futuros líderes coma Michael Collins, Terence McSwiney e J.J. O’Connell comezaron a planificar a futura loita pola independencia.[46]



Execucións |




Patrick Pearse, designado Presidente do Goberno Provisional, foi o primeiro líder da revolta executado tralo Alzamento.


Tras unha serie de consellos de guerra que comezaron o 2 de maio, noventa persoas foron sentenciadas a morte.[45] Maxwell confirmou a sentenza de quince deles (incluídos os sete que asinaron a Proclamación da República Irlandesa) e foron executados por un pelotón de fusilamento entre os días 3 e o 12 de maio (incluído Connolly, que estaba seriamente ferido e tivo que ser atado a unha cadeira debido a que tiña un xeonllo esnaquizado). Non todos os executados eran líderes: Willie Pearse describiuse a si mesmo coma "un asistente persoal do meu irmán, Patrick Pearse"; John MacBride non estivera ao tanto do Alzamento ata que comezou, mais loitara contra os británicos na segunda guerra dos Boers quince anos atrás; Thomas Kent non tomou parte en absoluto na revolta, mais foi executado por matar a un axente de policía durante unha redada na súa casa unha semana antes do Alzamento. O líder máis prominente que se librou de ser executado foi Éamon de Valera, comandante do 3º batallón. Os condenados a morte foron executados nas seguintes datas:


  • 3 de maio: Patrick Pearse, Thomas MacDonagh e Thomas J. Clarke

  • 4 de maio: Joseph Plunkett, William Pearse, Edward Daly e Micheal O'Hanrahan

  • 5 de maio: John MacBride

  • 8 de maio: Éamonn Ceannt, Micheal Mallin, J.J. Heuston e Cornelius Colbert

  • 12 de maio: James Connolly e Sean MacDiarmada

Ademais Roger Casement foi xulgado en Londres por alta traizón e foi aforcado na Prisión de Pentonville o 3 de agosto de 1916.



Investigación das autoridades británicas |


Creouse unha Comisión Real para pescudar cales foran as causas do Alzamento. As exposicións comezaron o 18 de maio baixo a presidencia do lord Hardinge of Penshurst. A Comisión escoitou as probas de sir Matthew Nathan, Augustine Birrell, lord Wimborne, sir Neville Chamberlain (inspector xeral da Policía Real Irlandesa), o xeneral Lovick Friend, o Maior Ivor Price da Intelixencia Militar, entre outros.[47] O informe, publicado o 26 de xuño, foi moi crítico coa administración de Dublín, e dicía que "durante moitos anos Irlanda fora administrada baixo o principio de que era máis seguro e conveniente deixar a lei suspendida se con iso se puidera evitar calquera enfrontamento con calquera facción do pobo irlandés."[48] Birrell e Nathan presentaron a súa dimisión inmediatamente despois do Alzamento. Wimborne tamén dimitira de mala gana, mais foi renomeado de novo, e Chamberlain dimitiu pouco despois.



O Alzamento e o seu apoio na historiografía |




Poster do Sinn Féin nunha rúa de Dublín co gallo da conmemoración do Alzamento.


Segundo Peter Berresford Ellis, inculcouse firmemente nas mentes das persoas que a xente apupou os prisioneiros cando eran levados ás prisións, e que esa descrición de como Dublín viu a insurrección converteuse nun feito verídico e irrefutable. Suxire que certamente foi unha visión que a propaganda imperialista británica daquel tempo quería inculcar en todo o mundo,[49] e que os xornais eran remisos a publicar calquera cousa en sentido contrario.[50]


Berresford citou exemplos,[49] incluíndo a Dorothy Macardle, que escribiu na súa obra The Irish Republic (A República Irlandesa), "O pobo non se sublevou. Algúns maldiciron aos insurxentes."[51] Thomas M. Coffey na obra Agonía na Pascua: O Alzamento Irlandés de 1916 escribe, "Os vencidos insurxentes aprenderon rapidamente o que a maioría dos dublineses pensaban sobre a súa rebelión cando unha multitude apareceu dende as beirarrúas tentando abordalos... A choiva de insultos era tan fera e virulenta que alcanzou aos prisioneiros que marchaban cun impacto case físico."[52]


Segundo Berresford Ellis esta perspectiva converteuse en menos defendible cando en 1991 rexurdiu un testemuño que permanecera escondido todo ese tempo. O xornalista e escritor canadense, Frederick Arthur McKenzie[53], foi un dos correspondentes de guerra máis coñecidos e de maior reputación neses días segundo Berresford Ellis. Foi un dos dous xornalistas canadenses que chegaron a Dublín cos reforzos británicos que foran enviados para sufocar a rebelión. McKenzie non tiña simpatía polos ‘rebeldes’ irlandeses e os simpatizantes alemáns, como el os vía, e non era antiimperialista.[54] McKenzie publicou A Rebelión Irlandesa: Que Pasou e Por Que, con C. Arthur Pearson en Londres en 1916, e alí escribiu: "Lin moitos informes sobre o que pensaba a opinión pública en Dublín naqueles días. Todos concordaban en que había un apoio aberto e forte das masas populares cara ás tropas británicas. Isto era así nas mellores partes da cidade, non teño dúbida, mais abofé que o que vin nos barrios máis pobres non confirmaba tal cousa. Mais ben indicaba que había unha gran cantidade de apoio aos rebeldes, sobre todo despois de que foran derrotados." Berresford Ellis entón cita unha pasaxe de McKenzie onde describe unha ocasión na que viu como a xente saudaba e vitoreaba a un rexemento mentres se aproximaba, e que lle comentou ao seu compañeiro que estaban a aplaudir aos soldados. Deuse de conta entón de que estaban a escoltar a prisioneiros irlandeses, e inmediatamente se decatou de que de feito estaban a aclamar aos rebeldes. Os rebeldes que viu estaban desfilando en formación militar e estaban a cantar unha canción rebelde en voz alta e triunfante. McKenzie informa a continuación das conversas que tivo cun grupo de homes e mulleres que estaban nos cruces das rúas. "Claro, os vitoreamos —dixo unha muller—, por que non deberiamos facelo? Acaso non son a nosa mesma carne e sangue?" Como ía vestido de cor caqui, a McKenzie o tomaron por un soldado británico cando ía polas rúas de Dublín e a xente o insultou abertamente, e o fixeron tal e como "insultaban a todos os estranxeiros que estaban na súa cidade coma min." J.W Rowath, un oficial británico tivo unha experiencia similar á de McKenzie, e observou como "multitudes de homes e mulleres nos recibían cos puños levantados e insultos."[54]


Brian Barton e Micheal Foy citan a Frank Robbins, do Exército Cidadán Irlandés, que describe como viu a un grupo de dublineses reunidos para aplaudir aos prisioneiros cando os metían no Cuartel de Richmond.[55] Tamén informan de cando de Valera rendeu o muíño de Boland, e de que multitudes estaban aliñadas a ambos lados da rúas Grand Canal e Hogan Place e suplicaban aos insurxentes que se atrincheiraran nas súas casas antes que renderse. Foy e Barton concluíron que "nun area que a policía chegara a considerar como cada vez máis militante nos meses antes do Alzamento, as actitudes públicas na zona non eran uniformemente hostís. Algúns dos soldados británicos que loitaron alí notaron unha forte xenreira cara a eles." No asilo da South Dublin Union, o Maior de Courcy Wheeler notou que non había hostilidade da xente cara aos insurxentes: "Estaba perfectamente claro que toda a súa admiración era para os heroes que se renderan." [56]


Este informe contradí rotundamente á maioría dos informes contemporáneos, di Berresford Ellis.[57] Michael Foy e Brian Barton tamén comparten esta opinión[58] que tamén destacaban as expresións de afecto da xente que estaba a ollar aos prisioneiros mentres os levaban. Citando o diario de John Clarke, un tendeiro que escribiu "Así remata o derradeiro intento da pobre vella Irlanda. Que tipos máis nobres. O melloriño da terra. Nada de delincuentes xuvenís de pouca monta." [59]


Foy e Barton pensaron que as contradicións puideron ser modificadas por outros factores. Examinaron as rutas polas que os soldados británicos levaron aos prisioneiros. A columna de prisioneiros de Michael Mallin que viron foi levada durante algo máis de 3 quilómetros cara ao Cuartel de Richmond a través dun "barrio de clase media de artesáns protestantes e fortemente partidarios do goberno británico." Foi neste barrio onde os Royal Dublin Fusiliers e outros rexementos irlandeses do exército británico captaban aos seus recrutas. Aseguran que ao redor do Cuartel de Richmond vivía xente que dependía economicamente dos militares. Outro aspecto que aumentou foi o grado de hostilidade por parte das mulleres de Dublín que tiñan fillos servindo no exército en Francia. Tamén informan de que algúns curas de Church Street reprendían aos prisioneiros insurxentes e aos feridos. Porén, a crenza aceptada de xeito xeral de que a poboación de Dublín era totalmente hostil cara aos insurxentes que se renderan, é un deses mitos que por ser repetido tan a miúdo, acaba converténdose en 'historia'.[60]


Berresford Ellis conclúe que se deixou claro que a insurrección de 1916 precisa dunha investigación e unha análise máis exhaustiva antes de que poidamos asegurar que foi "avaliada no seu apropiado contexto histórico." A afirmación de que foi un alzamento impopular por parte dunha pequena banda, que foi apoupada e insultada tras a súa derrota cando eran levados prisioneiros é un dos "mitos que se propagaron." [61]


Unha reunión organizada polo conde Plunkett o 19 de abril de 1917 levou á formación dun amplo movemento político baixo a bandeira do Sinn Féin[62], que foi formalizado na convención (Ard Fheis en gaélico) do Sinn Féin o 25 de outubro de 1917. A Crise do Recrutamento de 1918 intensificaría máis adiante o apoio popular ao Sinn Féin antes das eleccións xerais ao parlamento británico do 14 de decembro de 1918, que resultou nunha vitoria esmagante para o Sinn Féin. Os seus parlamentarios se reuniron en Dublín o 21 de xaneiro de 1919 para formar o Dáil Éireann e aprobar a Declaración de Independencia Irlandesa.[63]



O legado do Alzamento |




Unha placa conmemorativa do Alzamento de Pascua situada na Oficina Xeral de Correos de Dublín, co texto en gaélico e en inglés.


Algúns dos superviventes do Alzamento acabarían por se converter en líderes do estado irlandés independente, e os que morreran foron venerados como mártires. As súas tumbas na prisión militar de Arbour Hill en Dublín convertéronse en monumento nacional, e o texto da Proclamación da República Irlandesa ensinouse nas escolas. Cada Domingo de Pascua se celebraba unha conmemoración anual en forma de desfile militar. En 1966 tivo lugar unha enorme festa nacional co gallo do 50 aniversario.[64]


Co estalido do conflito norirlandés a partir da década dos 60 —coñecido como the Troubles, (os Problemas)—, o goberno, os intelectuais e os medios de comunicación comezaron a revisar o pasado militar do país, e particularmente o Alzamento de Pascua. A coalición de goberno que dirixiu Irlanda entre os anos 1973-1977, en particular o Ministro de Correos e Telégrafos, Conor Cruise O'Brien, comezou a promocionar a opinión de que a violencia de 1916 non era moi diferente da violencia que tiña lugar naqueles días nas rúas de Belfast e Derry.
Cruise O'Brien e outros aseguraban que o Alzamento estaba condenado dende o principio a unha derrota militar, e que fracasou en explicar a determinación dos Unionistas do Ulster de permanecer no Reino Unido.[65] Historiadores "revisionistas" [66] comezaron a escribir sobre aqueles tempos como se dun "sacrificio de sangue" se tratara.[67]
O Alzamento e os seus líderes seguiron a ser venerados polos republicanos irlandeses —incluíndo aos membros e os simpatizantes do IRA e do Sinn Féin— con murais en zonas republicanas de Belfast e de outras vilas de Irlanda do Norte, festexando as accións de Pearse e os seus camaradas, e facendo desfiles anualmente conmemorando o Alzamento. Porén, o goberno irlandés suspendeu as celebracións deses desfiles a comezos dos anos 70, e en 1976 nunha acción sen precedente prohibiu unha cerimonia de conmemoración na Oficina Xeral de Correos organizada polo Sinn Féin e o Comité de Conmemoración Republicano, baixo a Acta de Ofensas contra o Estado.[68] Un deputado do Dáil (Teachta Dála, en gaélico) do Partido Laborista, David Thornley, avergonzou ao goberno (do cal os Laboristas eran parte) cando apareceu no palco da cerimonia xunto con Máire Comerford, unha sobrevivente do Alzamento, e con Fiona Plunkett, irmá de Joseph Plunkett.[69] Iso fixo que o Estado ignorara por completo o 75º aniversario do Alzamento en 1991. Coa chegada dunha tregua por parte do IRA Provisional e o comezo do que se chegou a coñecer coma o Proceso de Paz de Irlanda do Norte durante os anos 90, a visión oficial sobre o Alzamento trocouse máis positiva, e en 1996 o Taoiseach e líder do Fine Gael, John Bruton presidiu a conmemoración do 80º aniversario no Xardín da Lembranza en Dublín.[70] No 2005 o Taoiseach, Bertie Ahern, anunciou a intención do goberno de que o desfile militar volvese pasar pola Oficina Xeral de Correos a partir da Pascua do 2006, e de formar un comité para que se organicen as celebracións do centenario do Alzamento que terá lugar no ano 2016.[71]



90º aniversario do Alzamento de 1916 |




Xardín da Lembranza de Dublín "dedicado a todos aqueles que deron a vida na loita pola liberdade de Irlanda."


O 90º aniversario do Alzamento de Pascua de 1916 celebrouse cun desfile militar no domingo de Pascua, o 16 de abril do 2006. O Presidente de Irlanda (Mary McAleese), a lord Mayor de Dublín (Catherine Byrne), o Taoiseach (Bertie Ahern), membros do Goberno irlandés e outros convidados observaron o desfile mentres pasaba pola Oficina Xeral de Correos de Dublín, cuartel xeral dos sublevados no Alzamento. O desfile estaba composto por 2.500 membros das Forzas de Defensa Irlandesa (representando ao Exército, ás Forzas Aéreas, á Mariña, e ás Reservas do Exército e da Mariña), a Garda Síochána (a policía irlandesa), a Asociación de Veteranos das Nacións Unidas Irlandesas e os membros da Organización Nacional de Veteranos (Organisation of National Ex-Servicemen and Women). O desfile comezou no castelo de Dublín e continuou polas rúas Dame Street e College Green cara á Oficina Xeral de Correos, onde o Presidente depositou unha coroa de flores. Con anterioridade Ahern depositara outra coroa de flores no cárcere de Kilmainham, onde foran executados os líderes da sublevación. O Taoiseach dixo que as cerimonias estaban a 'descargar a débeda de honor dunha xeración noutra.' A colocación da coroa foi presenciada polo Pai Joseph Mallin (fillo do líder do Exército Cidadán Irlandés Michael Mallin) , de 92 anos, único fillo dos rebeldes executados que seguía vivo, e que fora levado a Dublín polo Goberno irlandés en avión dende Hong Kong para o evento.[72] Esta foi a primeira conmemoración oficial que tivo lugar en Dublín dende comezos dos anos 70.



O Alzamento na cultura popular |




O Xardín da Lembranza foi inaugurado en 1966, para conmemorar o 50º aniversario do Alzamento.



Na literatura |


Un tratamento literario temperán e importante do Alzamento é o poema de William Butler Yeats Easter 1916[73], que caracteriza á rebelión como "unha terrible beleza".


O drama The Plough and the Stars de Sean O'Casey, estreado en 1926 no Abbey Theatre de Dublín, ten o Alzamento de Pascua como marco, mais mostra dende a perspectiva da xente sinxela, a xente pobre de Dublín, o impacto tráxico dos acontecementos nas súas vidas.


En 1947 publicouse en París El est toujours avec trop bon les femmes, na que Raymond Queneau describe a batalla pola Oficina Xeral de Correos como un erótico grotesco.
A novela A Star Called Henry de Roddy Doyle (1999) manexa a rebelión no segundo terzo do libro dun xeito interesante: o protagonista de Henry, un neno da rúa intelixente de 14 anos, é un protexido de James Connolly na GPO e narra os acontecementos dende a súa perspectiva.



Na música |


Hai multitude de cancións que teñen como temática o Alzamento de Pascua ou aos seus protagonistas. Non só na música tradicional irlandesa con cancións como The Foggy Dew de Charles O'Neill, James Connolly e Padriac Pearse de The Wolfe Tones, senón que moitos grupos de música moderna tomaron os acontecementos da Semana Santa de 1916 como referencia nalgunhas das súas cancións. A canción Zombie do grupo The Cranberries trata os efectos duradeiros do Alzamento. Unha interpretación controvertida da canción de U2 Sunday Bloody Sunday ten tamén referencias ao Alzamento.[74]



No cine |


A primeira película que se rodou en relación ao Alzamento de Pascua foi The Plough and the Stars, dirixida por John Ford en 1936 e baseada no libro homónimo de Seán O'Casey. En 1969, a ZDF produciu Der irische Freiheitskampf, realizada por Wolfgang Schleif e con Karl-Michael Vogler no papel de Éamon de Valera. En 1996, Neil Jordan dirixiu a película Michael Collins, gañadora dun León de Ouro no Festival Internacional de Cine de Venecia en 1996. Posteriormente, no 2001, a BBC produciu a miniserie en catro partes titulada Rebel Heart, que foi motivo dunha gran controversia, xa que algúns sectores consideraron que era propaganda para o IRA durante o delicado proceso de paz en Irlanda do Norte, a miniserie foi especialmente criticada polo líder do Partido Unionista do Ulster David Trimble, quen atacou á corporación dicindo que realizaban películas que podían ser empregadas como propaganda polo Provisional Irish Republican Army (PRIRA).



Galería de imaxes |



Soldados británicos buscando armas e munición no río Tolka, en Dublín, despois do alzamento. Maio 1916. 
Kilmainham Gaol, a prisión onde foron recluídos os arrestados polo Alzamento. 
Cruz no lugar onde foi executado James Connolly en Kilmainham Gaol. 
Xardín da lembranza. 
Mural en Belfast. 


Notas |





  1. "Department of Taoiseach - Éirí Amach na Cásca 1916" (en en gaélico). Consultado o 24 de febreiro de 2012. 



  2. Leaders and Men of the Easter Rising: Dublin 1916 Francis X. Martin 1967 p105 (en inglés)


  3. Sean Cronin, The McGarrity Papers, Anvil Books, 1972. (en inglés)


  4. Eoin Neeson, Myths from Easter 1916, p. 67 (en inglés)


  5. F.S.L. Lyons, "Charles Stewart Parnell", Ed. Gill & Macmillan, FP 1977, ISBN 978-0-7171-3939-2 px. 264 (en inglés)


  6. Eoin Neeson, Myths from Easter 1916 (en inglés)


  7. National Library of Ireland (ed.). "The 1916 Rising: Personalities & Perspectives (an online exhibition): Those who set the stage" (PDF) (en en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de abril de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012. 


  8. The Green Flag, Kee, p.400-1. The IRA, Coogan, p.8-11 (en inglés)


  9. Kee, 170-2


  10. Tony Geraghty, The Irish War: The Hidden Conflict Between the IRA and British Intelligence, Harper Collins, ano 2000, páxinas 314–315, ISBN 978-0-8018-6456-8 (en inglés)


  11. Kee, 201-2


  12. Kee, 181-2


  13. IrishVolunteers.org (ed.). "History of The Irish Volunteers" (en en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 


  14. Easter 1916: The Irish rebellion, Charles Townshend, 2005, páxina 18, The McGarrity Papers: revelations of the Irish revolutionary movement in Ireland and America 1900 – 1940, Sean Cronin, 1972, páxina 16, 30, The Provisional IRA, Patrick Bishop & Eamonn Mallie, 1988, páxina 23, The Secret Army: The IRA, Rv Ed, J Bowyer Bell 1997, páxina 9, The IRA, Tim Pat Coogan, 1984, páxina 31 (en inglés)


  15. The Fenians, Michael Kenny, The National Museum of Ireland in association with Country House, Dublin, 1994, ISBN 978-0-946172-42-9 (en inglés)


  16. 16,016,116,2 Eoin Neeson, Myths from Easter 1916


  17. 17,017,117,2 Michael Foy & Brian Barton, The Easter Rising, J.H. Haynes & Co., ISBN 978-0-7524-5703-1


  18. P. S. O’Hegarty escribe que "dos sete membros fundadores probablemente todos eran Fenianos, mais catro deles érano seguro.” Mentres os Fenianos o usaban naturalmente, non era unha organización política, segundo O'Hegarty; permaneceu fiel ao seu propósito: a Preservación e o Cultivo dos Pasatempos Nacionais, aínda que o empregaban xeralmente para fortalecer o sentimento nacional. A Historia de Irlanda Baixo a Unión 1801 ao 1922, pp. 611-612, P. S. O'Hegarty, Methuen & Co. Ltd, London


  19. Myths from Easter 1916, Eoin Neeson, 2007, páxina 79, Easter 1916: The Irish Rebellion, Charles Townshend, 2005, páxina 41, The IRA, Tim Pat Coogan, 1970, páxina 33, The Irish Volunteers 1913-1915,F. X. Martin 1963, páxina 24, The Easter Rising, Michael Foy & Brian Barton, 2004, páxina 7, Myths from Easter 1916, Eoin Neeson, 2007, páxina 79, Victory of Sinn Féin, P.S. O’Hegarty, páxinas 9-10, The Path to Freedom, Michael Collins, 1922, páxina 54, Irish Nationalism, Sean Cronin, 1981, páxina 105, A History of Ireland Under the Union, P. S. O’Hegarty, páxina 669, 1916: Easter Rising, Pat Coogan, páxina 50, Revolutionary Woman, Kathleen Clarke, 1991, páxina 44, The Bold Fenian Men, Robert Kee, 1976, páxina 203, The IRB: The Irish Republican Brotherhood from the League to Sinn Féin, Owen McGee, 2005, 353-354


  20. F.S.L. Lyons, Ireland Since the Famine, Collins/Fontana, 1971; p. 341


  21. MacNeill aprobaba a resistencia armada só se os británicos tentaban impoñer o servizo militar obrigatorio en Irlanda para a Guerra Mundial, ou ben se lanzaban unha campaña de represión contra os movementos nacionalistas irlandeses, posto que en tal caso cría que terían un apoio masivo. A visión de MacNeill era apoiada dende a IRB, por Bulmer Hobson. Porén, a IRB esperaba conseguir o seu apoio (por medio de enganos se for preciso) ou evitando o seu mando por completo. Myths from Easter 1916, Eoin Neeson, 2007


  22. Brian Inglis, Roger Casement, HBJ, 1973, p. 299


  23. "Desmond's Rising" Memorias de Desmond FitzGerald; Liberties Press, Dublin, 1968 e 2006, páx.142-144.


  24. Kenneth Griffith, Timothy O’Grady (Mercier Press, 1998) (30.10.2001). BBC - History - 1916 Easter Rising - Witnesses to History - Joseph Sweeney, ed. "CURIOUS JOURNEY: An Oral History of Ireland’s Unfinished Revolution" (HTML) (en en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2012. 


  25. Michael Tierney, Eoin MacNeill, pp. 199, 214


  26. Ó Broin, Leon, O Castelo de Dublín e o Alzamento de 1916, p. 138


  27. Ó Broin, Leon, O Castelo de Dublín e o Alzamento de 1916, p. 79


  28. Ó Broin, Leon, O Castelo de Dublín e o Alzamento de 1916, pp. 81-87


  29. Michael McNally e Peter Dennis, O Alzamento de Pascua de 1916: o Nacemento da República Irlandesa, p. 39


  30. Michael McNally e Peter Dennis, O Alzamento de Pascua de 1916: o Nacemento da República Irlandesa, p. 40


  31. Barrett, Suzanne. "Castles of Ireland: Part II - Dublin Castle". Ireland for Visitors. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2009. 


  32. Michael McNally e Peter Dennis, O Alzamento de Pascua de 1916: o Nacemento da República Irlandesa, p. 41


  33. Max Caulfield, A Rebelión de Pascua, pp. 48-50


  34. Foy e Barton, O Alzamento de Pascua, pp. 84-85


  35. Foy e Barton, O Alzamento de Pascua, pp. 87-90


  36. Max Caulfield, A Rebelión de Pascua, pp. 54-55


  37. Foy e Barton, O Alzamento de Pascua, pp. 192, 195


  38. Caulfield, Max, The Easter Rebellion, p. 69


  39. Agony at Easter:The 1916 Irish Uprising, Thomas M. Coffey, páxinas 38, 44, 155


  40. Foy and Barton, pp. 197-198


  41. Caulfield, Max, The Easter Rebellion, pp. 76-80


  42. BBC, ed. (09.01.2006). "Dublin may seek surrender letter" (en en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2012. 


  43. Michael Foy & Brian Barton, The Easter Rising, páxina 325


  44. Townshend, Easter 1916, páxina 273


  45. 45,045,1 "BBC - History - 1916 Easter Rising - Aftermath - The Executions" (en en inglés). 30.outubro.2001. Consultado o 15 de marzo de 2012. In total, the security forces arrested 3,430 men and 79 women and of these 1,841 were sent to England and interned there. They were substantial figures in relation to the scale of the outbreak, though most (about 2,700) had been released by early August 1916. Meanwhile, those thought to have organised the insurrection had been held back in Ireland for trial – 190 men and 1 woman, Countess Markievicz. In 90 cases the court’s verdict was ‘Death by being shot’. Maxwell confirmed this judgement on 15 defendants, and these were executed between 3-12 May 1916. 


  46. The Green Dragon No 4, Autumn 1997


  47. Ó Broin, Leon, Dublin Castle & the 1916 Rising pp. 153-159


  48. Townshend, Charles, Easter 1916: The Irish Rebellion p. 297


  49. 49,049,1 The Impact of the 1916 Rising: Among the Nations, Editado por Ruán O’Donnell, Irish Academic Press Dublin 2008, ISBN 978-0-7165-2964-4, px. 195-96


  50. "1916 Easter Rising - Newspaper archive". BBC History (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de marzo de 2009. 


  51. The Irish Republic, Dorothy Macardle, Victor Gollancz London 1937 (Hard Cover), px.191


  52. Agony at Easter: The 1916 Irish Uprising, Thomas M. Coffey, Pelican, Harmondsworth 1971, px.259-60


  53. Entre os seus numerosos libros atópase o seu informe sobre a Guerra Ruso-Xaponesa dos anos 1904—5 e outro sobre a ocupación xaponesa de Korea. En 1931 McKenzie converteuse nun dos primeiros biógrafos oficiais de Lord Beaverbrook. En 1916 era correspondente de guerra para xornais canadenses e War Illustrated (Guerra Ilustrada), unha publicación de propaganda británica.


  54. 54,054,1 The Impact of the 1916 Rising: Among the Nations, Edited by Ruán O’Donnell, Irish Academic Press Dublin 2008, ISBN 978-0-7165-2964-4, px. 196-97


  55. Under the Starry Plough, Frank Robbins, Academy Press (Dublin 1977), ISBN 978-0-906187-00-5, px. 127


  56. The Easter Rising, Brian Barton & Micheal Foy, Sutton Publishing Ltd. Gloucestershire, UK, ISBN 978-0-7524-5703-1, px.206


  57. The Impact of the 1916 Rising: Among the Nations, Edited by Ruán O’Donnell, Irish Academic Press Dublin 2008, ISBN 978-0-7165-2964-4, px. 197


  58. The Easter Rising, Brian Barton & Micheal Foy, Sutton Publishing Ltd. Gloucestershire, UK, ISBN 978-0-7524-5703-1


  59. Foy & Barton cited in John Clarke Diary, National Library of Ireland, MS 10485


  60. The Easter Rising, Brian Barton & Micheal Foy, Sutton Publishing Ltd. Gloucestershire, UK, ISBN 978-0-7524-5703-1, px.203-9


  61. The Impact of the 1916 Rising: Among the Nations, Edited by Ruán O’Donnell, Irish Academic Press Dublin 2008, ISBN 978-0-7165-2964-4, px. 198


  62. J. Bowyer Bell, The Secret Army: The IRA, páxina 27


  63. Robert Kee The Green Flag: Ourselves Alone


  64. RTÉ: 1966 News Items Relating to the 1916 Easter Rising Commemorations


  65. O'Brien, Conor Cruise, States of Ireland Hutchinson, 1972 ISBN 978-0-586-04008-9, pp. 88, 99


  66. Deane, Seamus, Wherever Green is Read, editores Máirín Ní Donnchadha e Theo Dorgan, Revising the Rising, Field Day, Derry, 1991 ISBN 978-0-946755-25-7, p. 91


  67. Foster, Roy F., Modern Ireland 1600 – 1972, Penguin 1989 ISBN 978-0-14-013250-2, p. 484


  68. Irish Times, 22 de abril de 1976.


  69. Irish times, 26 de abril de 1976.


  70. Reconstructing the Easter Rising, Colin Murphy, The Village, 16 de febreiro de 2006.


  71. Irish Times, 22 de outubro de 2005.


  72. BBC, ed. (16.04.2006). "In pictures: Easter Rising commemorations" (en en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2012. 


  73. William Butler Yeats. Wikisource, ed. "Easter, 1916 (1921)" (en en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2012. 


  74. Frederick C. Millett: The Easter Rising and Its Effect on Irish Literature and Music.



Véxase tamén |





Bibliografía |


  • Bell, J. Bowyer, The Secret Army: The IRA ISBN 978-1-56000-901-6

  • Caulfield, Max, The Easter Rebellion, Dublin 1916 ISBN 978-0-7171-2293-6


  • Coogan, Tim Pat, 1916: The Easter Rising ISBN 978-0-7538-1852-7

  • Coogan, Tim Pat, The IRA (Fully Revised & Updated), HarperCollins, Londres, 2000, ISBN 978-0-00-653155-5

  • De Rosa, Peter. Rebels: The Irish Rising of 1916 Fawcett Columbine, Nova York. 1990. ISBN 978-0-449-90682-8

  • Foy, Michael e Barton, Brian, The Easter Rising ISBN 978-0-7524-5703-1


  • Greaves, C. Desmond, The Life and Times of James Connolly, ISBN 978-0-85315-234-7


  • Kee, Robert, The Green Flag ISBN 978-0-14-029165-0


  • Kostick, Conor & Collins, Lorcan, The Easter Rising, A Guide to Dublin in 1916 ISBN 978-0-86278-638-0


  • Lyons, F.S.L., Ireland Since the Famine ISBN 978-0-00-733095-9

  • Martin, F.X. (ed.), Leaders and Men of the Easter Rising, Dublin 1916


  • Macardle, Dorothy, The Irish Republic

  • McNally, Michael e Dennis, Peter, Easter Rising 1916: Birth of the Irish Republic (2007), Osprey Publishing, ISBN 978-1-84603-067-3

  • Murphy, John A., Ireland In the Twentieth Century

  • Neeson, Eoin, Myths from Easter 1916, Aubane Historical Society, Cork, 2007, ISBN 978-1-903497-34-0

  • Ó Broin, Leon, Dublin Castle & the 1916 Rising, Sidgwick & Jackson, 1970

  • Purdon, Edward, The 1916 Rising

  • Townshend, Charles, Easter 1916: The Irish Rebellion


  • The Memoirs of John M. Regan, a Catholic Officer in the RIC and RUC, 1909–48, Joost Augusteijn, editor, Witnessed Rising, ISBN 978-1-84682-069-4

  • Clayton, Xander: AUD, Plymouth 2007.

  • Eberspächer, Cord/Wiechmann, Gerhard: "Erfolg Revolution kann Krieg entscheiden". Der Einsatz von S.M.H. LIBAU im irischen Osteraufstand 1916 ("Success revolution may decide war". The use of S.M.H. LIBAU in the Irish Easter rising 1916), in: Schiff & Zeit, Nr. 67, Frühjahr 2008, S. 2-16.


Outros artigos |


  • Domingo Sanguento (1887)

  • Domingo Sanguento (1920)

  • Tratado Angloirlandés

  • Domingo Sanguento (1972)

  • Republican Sinn Féin

  • Acordo de Belfast


Ligazóns externas |


W.gl.Alzamento de Pascua.png


  • Mera, Manuel: «Levantamento de Pascua en Irlanda. Derrota militar e triunfo político» Confederación Intersindical Galega, 22/4/2006.


  • Alzamento de 1916 —unha exposición en liña. Biblioteca Nacional de Irlanda (en inglés).


  • Ensaio sobre o Alzamento, por Garret FitzGerald (en inglés).


  • Suplemento especial sobre o 90º Aniversario do xornal The Irish Times (en inglés).


  • Material audiovisual sobre o 50º Aniversario do Alzamento da RTÉ (Televisión Pública Irlandesa) (en inglés).


  • Itinerario polos lugares de Dublín onde tivo lugar o Alzamento de 1916 (en inglés).


  • Artigos de xornais e cartas ao director no xornal "The Age", o 27 de abril de 1916 (en inglés).


  • Comentarios de prensa 1916-1996, BBC (en inglés).


  • O Alzamento de 1916 segundo Norman Teeling unha colección de dez óleos adquiridos polos Servizos Postais Irlandeses (An Post) que se exhiben permanentemente na Oficina Xeral de Correos de Dublín (en inglés).





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alzamento_de_Pascua&oldid=5060765"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.644","walltime":"0.868","ppvisitednodes":"value":2648,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":47752,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":5386,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":44052,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 595.875 1 -total"," 30.55% 182.059 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 29.95% 178.435 1 Modelo:Listaref"," 19.95% 118.891 10 Modelo:Cita_web"," 6.13% 36.538 1 Modelo:Alzamento_de_Pascua"," 5.99% 35.714 1 Modelo:Commonscat"," 5.42% 32.292 1 Modelo:Irmáns"," 4.52% 26.914 1 Modelo:Caixa_lateral"," 4.24% 25.238 1 Modelo:Galería"," 2.27% 13.548 1 Modelo:Infobox_conflito_militar"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.215","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3719596,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1321","timestamp":"20190503212128","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Alzamento de Pascua","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Alzamento_de_Pascua","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q193689","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q193689","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2009-03-18T22:23:29Z","dateModified":"2019-02-12T16:34:56Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/1f/Sackville_Street_%28Dublin%29_after_the_1916_Easter_Rising.JPG","headline":"Rebeliu00f3n en Irlanda en 1916"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":145,"wgHostname":"mw1269"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020